1973

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Día das Letras Galegas

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Afonso Becerra (Becerreá).
Anxo Xoán Rajó Pazó (Vigo).
Arantza Portabales (Donostia).
Beatriz García Turnes (Santiago de Compostela).
Fran P. Lorenzo (Vigo).
Manuel Darriba Blanco (Sarria).
Navia Franco Barreiro (Santiago).
Ramón Vilar Landeira (Rodís, Cerceda).
Xabier Campos Villar (Bralo, Rois).
Outros
O escritor Jaime Moreda (Rivadavia).
O debuxante Henrique Neira Pereira (Caracas).
O debuxante e ilustrador Manuel Ángel Pena Villar (A Coruña).
O artista Manel Cráneo (A Coruña).




Skull.png
Pasamentos



Literatura
Augusto María Casas Blanco (Barcelona; 1906 Ourense)
Fermín Bouza-Brey (Santiago de Compostela; 1901 Ponteareas).
Francisco Álvarez de Nóvoa (Ourense; 1873 Granada).
Francisco Cabo Pastor (Ferrol; ibídem 1872).
Outros
O pintor Urbano Lugrís (Vigo; 1908 A Coruña).
O arquitecto e compositor Eduardo Rodríguez-Losada Rebellón (A Coruña; ibidem 1886).
O arqueólogo, sacerdote e escritor Xesús Carro García (Santiago; ibídem 1884).
O avogado e político Xoán López Durá (México; 1910 La Habana).

Publicacións

Galegas

  • Alonso Montero : Azorín (1873-1967): Rosalía de Castro y otros motivos gallegos (Ediciones Celta, Lugo) e Informe –dramático- sobre la lengua gallega. Este último libro inicia a colección Arealonga que dirixe Alonso Montero, e que segue a liña de compromiso social marcada pola editorial Akal que dirixía o galego Ramón Akal González. En carta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada (28/XI), escribe: “¡Estámosche ben! O Alonso diagnosticando a morte do galego a prazo fixo –e corto- e o Lapa decretando a incapacidade cultural desa lingua rústica e dándonos como solución o portugués. O primeiro por irreprimible tendencia a chamar a atención e o segundo por despiste da verdadeira realidade, crean confusión e desalento na xente de boa fe e pouco informada, que é a maioría. En Madrid os da Estafeta Literaria pensan ocuparse do tema”. (Ramón Piñeiro, Basilio Losada. Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Galaxia, páxina 913).
  • Álvaro Cunqueiro : A cociña galega (Galaxia. “Grial” nº 42, páx. 507) e traduce co pseudónimo de Manuel María Seoane “Dous anónimos cataláns do século XVI”: “Cravo, así me axude” e “Cando a noite chega” (Faro de Vigo 18 de marzo).
    Biblioteca Básica da Cultura Galega, 21, A cociña galega, Álvaro Cunqueiro
  • Álvaro Paradela Criado : Irmaus tolos. Tolerías de tolos.
  • Antonio García Hermida (1885-1939): Charetas (a súa poesía en galego, con prólogo de Manuel María e epílogo de Rábade Paredes).
  • Ánxel Fole : Contos da néboa (Ed. Castrelos. “Grial” nº 43, páx. 115 e “Grial” nº 116).
  • Arcadio López Casanova : O bosque de Ouriol (premio de “Contos pra nenos” de O Facho. Galaxia. “Grial” nº 46, páx. 506).
  • Avelino Gómez Ledo : Amores de Dido e Eneas (libro IV da Eneida. No mosteiro de Oseira hai máis libros da epopeia inéditos); Escolma de poetas gregos e latinos voltos en linguaxe galego e A estrela de Belén (poemas).
  • Benito Varela Jácome : Singraduras da narrativa galega. De Castelao a Neira Vilas (Colección Ronsel. Librigal. A Coruña); Estructuras de la narrativa de Castelao (Librigal); Estructuras novelísticas del siglo XIX e Estructuras novelísticas de Emilia Pardo Bazán.
  • Blanco Amor : Farsas para títeres, (1953 en Buenos Aires en castelán; 1962 tamén en castelán, en México, en edición feita por Alejandro Finisterre). Edición bilingüe con ilustracións de Seoane (Edic. do Castro. “Grial” nº 42, páx. 498). “Su traducción al gallego me costó infinitamente más trabajo que el original, pero contrariamente a la d’A esmorga, esta vez me complace”.
  • Carlos Casares : As laranxas máis laranxas de tódalas laranxas, con ilustracións de Luís Seoane (Primeiro Premio de Teatro Infantil “O Facho” 1973).
  • Carlos Durán : A teima (novela. Galaxia. “Grial” nº 42, páx. 503) .
  • Celso Emilio Ferreiro : Cimenterio privado (publicado en Xenebra por un fato de emigrantes en Edicións Roi Xordo. Prólogo de Luis Felipe Vivanco e epílogo de Xosé Sesto). Os autentes, (Novas Cantigas de Escarño, cun Introito, Sete Gómitos e unha Náusea final) (co pseudónimo Alexis Vainacova. Ediciós Piratas S.A, Caracas). Fóronse á puñeta “Romance de cego” por Neskezas Cokhan Mordhe, pseudónimo (Alén, Venezuela).
  • Darío Xohán Cabana : Romanceiro da Terra Chá (Prólogo de Manuel María. Colección “Pico Sagro” de Edicións Castrelos) e Memoria dunha aldea. Tamén publicou co pseudónimo Daniel Méndez O’Donell un folleto clandestino: Mortos porque Galicia viva, con 4 poemas: “Alfonso Daniel Rodríguez Castelao”, “Alexandre Bóveda”, “Roi Xordo” e “Daniel Niebla e Amador Rei” (Xenebra). O 11 de febreiro de 1971, Manuel María escribe a Neira Vilas: “O Darío Xohan Cabana é realmente un escelente poeta. Ten un libro inédito, Romanceiro da Terra Chá, que pra min é unha maravilla. Este rapaz procede de Roás, aldeiña de Cospeito, é o maior de cinco irmaos e seu pai é un labrego que ten unha fanega de terra por toda propiedade, O resto dos eidos que cultiva son alugados. Suponte a situación desta familia […]”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 292). O 19 de novembro de 2021, ano da morte de Darío, escribe Xosé Lois García en " Nós Diario ", o artigo " Darío Xohán Cabana, a súa voz en facho luminoso ": [...]A súa creación literaria merece ser gardada ben acochadiña no memorando dos rexos sentimentos galegos, ou no caixa da mesa de escritorio, como facía Salvador Espriu co poemario de Darío Xohán Cabana: “ Romanceiro da Terra Chá ” (1973), que o poeta catalán mostroume naquel verao de 1974, no seu despacho de avogados no Passeig de Gràcia de Barcelona. Unha enorme sorpresa, ao abrir a gabeta e mostrarme este libro e lerme un dos poemas, do seu gusto e prioridade, ademais de advertirme da súa premonición, sinalando: “ Non perda de vista a creación poética de Darío Xohán, que será un dos grandes das letras galegas e non deixe de ler a Pere Ginferrer outra promesa da literatura catalá que compre estar atento a eles. Coido que son dous futuribles avantaxados na literatura galega e catalá dos que se falará excelencias ”. Moito máis tarde conteillo a Darío e díxome que era sabedor desa opinión e que mantivo unha curta correspondencia con Espriu. [...]
  • Dora Vázquez : Tres cadros de teatro galego (lit. infantil).
  • Enrique Chao Espina : Algumas diferenças entre o galego e o português (Braga).
  • Fiz Vergara Vilariño : Encontro cos tiburós (poemas. Colec. Val de Lemos).
  • Francisco Rodríguez Sánchez : A evolución ideolóxica de Manuel Curros Enríquez (Galaxia).
  • Francisco Sesto Novás : UPGpoemas.
  • Francisco Barxa : Viaxeiro da risa (Vigo).
  • Francisco Xavier Carro Rosende : As calexas do cigurath (colección Illa Nova de Galaxia; mutilado pola censura. Nova edicción íntegra no 1997. “Grial” nº 40, páx. 254).
  • Gerald Denley . Poeta alófono (1926 Londres-2003 A Coruña): publica poemas no nº 42 de “Grial”.
  • Isaac Alonso Estravís : Contos con reviravolta: arando no mencer. Castrelos.
  • José Gayoso Veiga : Coa nosa xente (Vigo).
  • Luís Seoane : Comunicacións mesturadas (Ensaio. Galaxia. Escolma das súas colaboracións radiais. “Grial” nº 41, páx. 372). Publica o álbum de gravados en madeira Oito testas e dez paisaxes (Edicións Cuco-Rey, A Coruña).
  • Manuel María : Informe pra axudar a alcender unha cerilla (Patronato da Cultura Galega de Montevideo); Aldraxe contra a xistra (Edicións Roi Xordo de Xenebra); Laio e cramor pola Bretaña (Editorial Poesia & Ficção de Lisboa) e Kricoi, Fanoi e don Lobonís (fábula labrega, na editorial Castrelos). No opúsculo clandestino Seis pétalos de rosa en xeito de retrato, hai un “Retrato de Paco do Pardo”, asinado co pseudónimo Xohán Carneiro, que corresponde a Manuel María.
  • Margarita Ledo Andión : O corvo érguese cedo (poesía; Monforte).
  • María Victoria Fernández-España : Verbas galegas.
  • María Victoria Moreno : Mar adiante (lit. infanti. “Grial” nº 41, páx. 379).
  • Martín Sarmiento (1695-1772): Catálogo de voces y frases de la lengua gallega (Colleita de voces comezada na súa viaxe a Galicia no 1745. Edición e estudio de J. L. Pensado. Salamanca. “Grial” nº 44, páx. 249).
  • Neira Vilas : Remuíño de sombras e Lar. En carta de Xosé María Álvarez Blázquez de 7 de agosto:“Hoxe puxen no correo os exemplares de Remuíño de sombras que me indicache mandase ao teu hirmán. Certo é que o libro xa está hai un par de semanas na rúa, pro eu tiña máis presa en espallalo por todas as librerías de Galicia –cousa que xa está feita- e por iso o derradeiro paquete foi o voso. (…) O libro leva data do Día das Letras Galegas no colofón, pro isto non é outra cousa que unha das moitas mentiras que se din nos libros (…)”. “Grial” nº 178.
  • Otero Pedrayo : Obras selectas, parladoiro, artículos (Galaxia. “Grial” nº 42, páx. 500).
  • Rafael Dieste : Dos arquivos do Trasno (3ª edición. Definitiva).
  • Ramón María Blanco González : A corazón aberto. Prólogo de Otero Pedrayo.
  • Ramón Piñeiro : Carta a don Manuel Rodrigues Lapa (Grial nº 42).
  • Rodrigues Lapa : A recuperação literária do galego (Grial nº 41. Antes aparece no nº 13 da revista lisboeta Colóquio / letras).
  • Xavier Rodríguez Barrio : Pranto irmán (Lugo).
  • Xoán Manuel Casado Martínez : Rexistro de menores espantos (14 poemas en edición do autor. Barcelona). Fai referencia a estes poemas Basilio Losada en carta a Ramón Piñeiro do 20 de xaneiro de 1974: “Os poemas parécenme francamente bos, especialmente os que mostran algo totalmente novo nas letras galegas: a crise dun rapaz, un señorito. o diario do seu descobremento da política, do sexo, etc. Polo menos é un poeta presentable, non como os Darío Cabana, Lois Diéguez, Rabade Paredes e todos eses da nova camada, que realmente son malísimos (Ramón Piñeiro, Basilio Losada. Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Galaxia, páxina 920).
  • Xoaquín Lorenzo Fernández : Cantigueiro popular da Limia Baixa (Editorial Galaxia. Fundación Penzol. “Grial” nº 43, páx. 111).
  • Xosé Antonio Moreiras Santiso : Os mil e un refráns galegos da muller.
  • Xosé Filgueira Valverde : Da épica na Galicia Medieval (Discurso de ingreso na Real Academia Gallega lido o 27 de xullo de 1941, coa resposta de Otero Pedrayo).
  • Xosé María Castroviejo : Memoria dunha terra (relatos con ilustracións de Manuel Prego).
  • Xosé María García Rodríguez : Río Tambre (poesía en galego e castelán) e Cuentos de cornudos y otras picardías (Barcelona).
  • Xosé María Monterroso Devesa-Juega : Cara ó lonxe, noite adiante (Poemas en galego e castelán).
  • Xosé María Pérez Pallaré : Esconxuro da queimada. (Xuvia).
  • Xosé Pérez Vilariño : Relixión e libertade (Edit. Sept. Colección Xeira Nova. “Grial” nº 43, páx. 118).
  • Xosé Ramón Fernández Oxea : Contos do fiadeiro. Con data de 8 de agosto escríbelle a Neira Vilas dende Madrid: “Pergúntame vostede que tíduos, que temas e que xéneros intresaron mais na Feira do Libro. Sigue estando en primeira liña Castelao e toda a sua obra. Vendéronse moito os libros referentes á economía galega e os métodos para adeprender o galego feitos pola Universidade de Santiago”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010). Noutra carta datada no San Martiño, escribe referíndose a Contos do fiadeiro: “Como verá, cando o lea, son contos vellos dos que tivo que quedar fora o das “Bágoas do escolante” porque non o deixou pasar a censura. A edición está moi descoidada. Eu dixéralle a Xosé Mª que lle puxera a cada conto a data da sua primeira publicación e non o fixo, como tampouco lle puxo unhas verbas limiares nas que lle expricase aos leutores a edade dos contos. Un desastre”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).
  • Xulio López Valcárcel : Alientos vivos (La Voz de la Verdad; Lugo).
  • Publícase a escolma Os novísimos da poesía galega (Madrid), con prólogo e selección de textos de Mª Victoria Moreno.

Relativas a Galicia

  • A Cátedra de Lingüística e Literatura Galega publica o opúsculo: "Algunhas características do galego de Lago González" (Santiago. “Grial” nº 42, páx. 508).
  • A revista “Novelum” do Instituto de Estudos Occitanos, publica no nº 11 unha tradución do poema “Abedoeiras” de Aquilino Iglesia Alvariño.
  • En Xenebra, Chichi Campos e Xesús Díaz, publican o único número da revista de banda deseñada “A cova das choias”, en Edicións Roi Xordo.
  • O número 10 da colección Pombal de edicións Castrelos é a antoloxía colectiva Falemos galego que recolle medio cento de textos reivindicativos a prol do emprego da lingua. O prólogo é de Alfonso Álvarez Gándara.
  • A Asociación A Nosa Galiza de Xenebra, publica a revista monolingüe “A Nosa Galiza”.
  • Galaxia publica La economía gallega en los escritos de Pedro Sánchez (Limiar de Xosé M. Beiras “Grial” nº 46, páx. 503).
  • Alfonso Gallego Vila: Ayer está a volver (Poemas. A Coruña).
  • Alonso Zamora Vicente (Edición, prólogo e notas): Ramón del Valle-Inclán: Luces de bohemia (Espasa-Calpe. Madrid. “Grial” nº 43, páx. 110)
  • Antón Fraguas: Galicia insólita (A Coruña).
  • Antonio Meijide Pardo: Negociantes catalanes y sus fábricas de salazón en la ría de Arosa. 1780-1830 (Imp. Moret. A Coruña. “Grial” nº 40, páx. 251).
  • Antonio Pérez Prado: Los gallegos y Buenos Aires (Ediciones La Bastilla. Buenos Aires. “Grial” nº 42, páx. 505).
  • Baldomero Cores: Sociología rural de Galicia (A Coruña).
  • Benito Varela Jácome: Estructuras novelísticas del siglo XIX.
  • Daniel Cortezón: El mástil; e Compañero presidente, compañero.
  • Emilio Duro Peña: El monasterio de San Pedro de Rocas y su colección documental (Instituto de Estudios Orensanos “Padre Feijoo”. Ourense. “Grial” nº 43, páx.106) e Catálogo de los documentos privados en pergamino del archivo de la catedral de Orense (888-1554). (Instituto de Estudios Orensanos “Padre Feijóo”. “Grial” nº 43, páx. 113).
  • Emilio González López: El águila caída (Vigo) e La poesía de Valle-Inclán. Del Simbolismo al Expresionismo (Editorial Universitaria. Universidad de Puerto Rico. “Grial” nº 51, páx. 116).
  • Enrique Vidal Abascal: Influencia de algunos matemáticos y universitarios en el renacimiento cultural de Galicia (Discurso de inauguración do ano académico 1973-1974. Universidade de Santiago).
  • Fernando García Pereira: Latidos.
  • Eugenio Granell: La Leyenda de Lorca, y otros ensayos (México).
  • Felipe Martínez Marzoa: Historia de la Filosofía (Madrid).
  • Francisco Javier Sánchez Cantón (1891-1971): Pontevedra y los pontevedreses.
  • Isidoro Millán González-Pardo traduce ao galego a obra de T.S. Eliot Morte na catedral (Galaxia. “Grial” nº 41, páx. 374).
    Morte na catedral.jpg
  • Isidro Buceta: Aquel día (Veinticuatro horas) Ocaña. Toledo.
  • J.L. Pensado publica o manuscrito de Sarmiento Catálogo de frases y voces de la lengua gallega.
  • Jaime García-Lombardero y Viñas: La agricultura y el estancamiento económico de Galicia en la España del Antiguo Régimen (Ed. Siglo XXI. Madrid. “Grial” nº 43, páx. 117).
  • Jean Marie D’Heur: Troubadours d’oc et troubadours galiciens-portugais (Fundação Calouste-Gulbenkian, París).
  • Jesús Bal y Gay: Cancionero Gallego (Madrid).
  • José Ángel Basanta Folgueira: Juan García Hortelano en la Generación del Medio Siglo (Santiago).
  • José Luis Casas Teixeira: Historia de una obsesión.
  • Juan Miguel Moreiras Montero: Os mil e un refráns galegos da muller (Edit. Celta. Lugo).
  • Julio Caro Baroja Los pueblos del norte (Burgos).
  • Lois Vázquez Fernández: Galegos en Europa (Vigo) e Cayó mi sed al fondo de tu pozo (Palencia).
  • Luís Bello Trompeta: Viaje por las escuelas de Galicia (Prólogo de Gonzalo Anaya. Akal Editor. Madrid. “Grial” nº 45, páx. 375).
  • Luis Iglesias de Souza: Sirena en el azul.
  • Manuel Fabeiro Gómez: A Filatelia na cultura galega.
  • María Luz Morales: Alguien a quien conocí (Barcelona: Juventud).
  • Ramón Barral Andrade: O aforro e a inversión na Galicia (Edit. Sept. Santiago. “Grial” nº 40, páx. 250).
  • Raúl Rien: Aspectos económicos del futuro de Galicia (Caracas).
  • Reyna Pastor: no seu libro Conflictos sociales y estancamiento económico en la España Medieval, aparece o apartado “Diego Gelmírez: Una mentalidad al día. Acerca del rol de ciertas élites del poder” (Barcelona).
  • Santiago Jiménez Gómez: Guía para el estudio de la Edad Media Gallega (1100-1480) (Universidade de Santiago. “Grial” nº 41, páx. 375).
  • Úrsula Heinze e Ramón Lorenzo traducen ao castelán a obra de Uwe Johnson Conjeturas sobre Jakob (1959).
  • Xosé Manuel López Nogueira: Dialéctica existencial y psicoanálisis (Galaxia).

Acontecementos

  • En novembro, o grupo de teatro “ Bululú” de Barcelona pon en escena no teatro Capsa Os vellos non deben de namorarse en versión en castelán de Manuel María, que se mantivo en cartel durante 15 días. Neste mesmo teatro, en sesión única representouse en galego, a farsa de Eduardo Blanco Amor Romance de Micomicón e Adhelala, presentada polo autor ao público catalán.
  • Segundo consta nun informe do delegado provincial en Ourense do 4 de xaneiro dirixido ao Gabinete de Enlace do ministro de Información y Turismo “Celso Emilio Ferreiro Míguez […] con anterioridad al Glorioso Movimiento Nacional simpatizaba abiertamente con el Partido Galleguista, de tendencia derechista. Colaboró en el Movimiento, incorporándose voluntariamente al Ejército Nacional y tomando parte en diversos frentes de combate, entre los que puede citarse Asturias […] Más tarde se observó en él cierto cambio político, mostrando acentuadas inquietudes en relación con el campo gallego […] A partir de entonces empezó a relacionarse con elementos significados como galleguistas y de ideología contraria al Régimen […] Recibía habitualmente diversas revistas y periódicos del extranjero, señalados como de tendencia contraria al Regímen español, tal como la revista Vieiros […] Es autor de varias poesías, escritas en lengua gallega, algunas de las cuales han servido de base para las canciones protesta y que fueron interpretadas muchas de ellas, por el conjunto Voces Ceibes […] Regresará Venezuela en el presente mes y según unas declaraciones que ha hecho a la prensa La Región el pasado 27, piensa regresar definitivamente a España en el próximo mes de marzo”. (“Grial” nº 211). Nunha nota informativa do 25 de maio da Dirección General de la Guardia Civil infórmase: “En la mañana del día 22 de los corrientes […] llegó al puerto de Vigo […] el periodista y poeta D. Celso Emilio Ferreiro Míguez […] Está conceptuado como un destacado galleguista-separatista […] Por su catalogación política y en previsión de que pudiera ser portador de material subversivo, a requerimiento de funcionarios de la Comisaría de Policía se efectuó un reconocimiento en el equipaje de bodega […]”. (“Grial” nº 211).
  • Celso Emilio Ferreiro establécese en Madrid, comezando a traballar na revista “Tribuna Médica”.
  • Un vendaval arrinca a araucaria “o meu irmanciño”, que o pai de Otero Pedrayo plantara o mesmo día do nacemento do neno.
  • O Teatro Circo estrea o Entremés famoso sobre da pesca do río Miño (Ver 1671).
  • Xerardo Moscoso, membro da nova canción galega é expulsado de España.
  • José Afonso volve actuar en Galicia no mes de marzo e saca o disco Venham mais cinco.
  • Ricardo Carballo Calero convidado de honra nas xornadas galegas en Buenos Aires organizadas polo Centro Galego. Pronunciou catro conferencias: “Pasado, presente y futuro del idioma gallego”; “Desenrolo da cultura galega no século XX”; “Gallego y castellano en la expresión lírica española” e “Quince anos en Lugo”. (“Grial” nº 46, páx. 509).
  • Arde o Gran Hotel de Mondariz, obra do arquitecto Jenaro de la Fuente Domínguez.
  • Luís Seoane pasa case todo o ano en España. O seu regreso a Buenos Aires, a onde chegará o 13 de decembro, vese interrompido por un accidente de coche na zona da Gañidoira, en Lugo.
  • Mentres rodaba a película La campana del infierno morre o director de cine Claudio Guerín Hill ao cair dende o campanario da igrexa de Noia.
  • Desaparece a “Irmandade Galega de Buenos Aires” (1941).
  • Entre os días 13 e 28 de agosto ten lugar na Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística, da Academia de Ciencias de Cuba, unha exposición sobre a prensa galega da Illa. Esta exposición tiña un precedente en América: a Primeira Esposición do Periodismo Galego na Argentina, que se levou a cabo entre os días 22 de xullo e o 5 de agosto de 1960 en Buenos Aires, organizada pola entidade libreiro-editorial “Follas Novas". No libro A prensa galega de Cuba, Neira Vilas establece unha comparación entre a prensa que fixeron os emigrantes nun e outro país: “En Buenos Aires chegamos a catalogar 49 publicacións galegas. Delas, somentes 13 son independentes; as 36 que restan aparecen como voceiros de asociacións de emigrantes. En Cuba, ocurre o contrario. Das 71 que rexistramos, hai 43 independentes, e 28 de institucións [...] as independentes saen na percura do lector, ó que tratan de atraguer. Esfórzanse. Compiten. Non teñen respaldo ou apadriñamento societario. A calidade soe ser sustancialmente mellor”.
  • Xosé Agrelo funda en Noia o grupo de teatro “Candea”.
  • Convócase en Ribadavia a I Mostra de Teatro en Galego e o “I Concurso de Obras Teatrás en Galego” “Abrente”.
  • Comeza a celebrarse en Ourense a Semana do cine.
  • Celébranse entre o 1 e o 17 de maio unhas xornadas galegas na Universidade de Mayagüez en Puerto Rico.
  • En xuño celébranse en Santiago de Compostela as Primeiras Xornadas de Traballo sobre Bilingüismo.
  • Eloy Lozano realiza a primeira curtametraxe en 35 milímetros rodada en galego: Retorno a Tagen Ata.
  • Urbano Lugrís pinta “Homaxe aos músicos do mar”.
  • Nace o MCG, Movemento Comunista de Galicia.
  • Fúndase en Compostela o Grupo Ornitolóxico Galego.
  • Nace o sindicato agrario "Comisións Labregas" que non será legalizado ata 1977.
  • O 13 de agosto, o Caravelle de Aviaco que cubría a rota Madrid–A Coruña estrélase cando ía tomar terra no aeroporto de Alvedro, morrendo as 85 persoas que viaxaban.

Premios

  • Pedrón de Ouro: Xosé Filgueira Valverde.
  • Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho: Sabeliña e os ratos de Paco Martín.
  • Premio de Teatro Infantil O Facho: As laranxas máis laranxas de todas as laranxas de Carlos Casares.
  • Víctor Fernández Freixanes obtén o Premio Nacional de Novela Universitaria con Abuela Elvira.
  • Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia: Euloxio R. Ruibal, Zardigot. Manuel María, A farsa de Bululú e O meu reino non é deste mundo. Premio da Asociación de Emigrantes: Elibrief de Xosé Luís López Cid.

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario


Alonso Montero publica Informe –dramático- sobre la lengua gallega. En carta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada (28/XI), escribe: “¡Estámosche ben! O Alonso diagnosticando a morte do galego a prazo fixo –e corto- e o Lapa decretando a incapacidade cultural desa lingua rústica e dándonos como solución o portugués. O primeiro por irreprimible tendencia a chamar a atención e o segundo por despiste da verdadeira realidade, crean confusión e desalento na xente de boa fe e pouco informada, que é a maioría. En Madrid os da Estafeta Literaria pensan ocuparse do tema”.Ramón Piñeiro, Basilio Losada. Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Galaxia, páxina 913.


O 11 de febreiro de 1971, Manuel María escribe a Neira Vilas: “O Darío Xohan Cabana é realmente un escelente poeta. Ten un libro inédito, Romanceiro da Terra Chá, que pra min é unha maravilla. Este rapaz procede de Roás, aldeiña de Cospeito, é o maior de cinco irmaos e seu pai é un labrego que ten unha fanega de terra por toda propiedade, O resto dos eidos que cultiva son alugados. Suponte a situación desta familia […]”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 292).


Xosé Ramón Fernández-Oxea: Contos do fiadeiro. Con data de 8 de agosto escríbelle a Neira Vilas dende Madrid: “Pergúntame vostede que tíduos, que temas e que xéneros intresaron mais na Feira do Libro. Sigue estando en primeira liña Castelao e toda a sua obra. Vendéronse moito os libros referentes á economía galega e os métodos para adeprender o galego feitos pola Universidade de Santiago”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010). Noutra carta datada no San Martiño, escribe referíndose a Contos do fiadeiro: “Como verá, cando o lea, son contos vellos dos que tivo que quedar fora o das “Bágoas do escolante” porque non o deixou pasar a censura. A edición está moi descoidada. Eu dixéralle a Xosé Mª que lle puxera a cada conto a data da sua primeira publicación e non o fixo, como tampouco lle puxo unhas verbas limiares nas que lle expricase aos leutores a edade dos contos. Un desastre”.(Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).


Con data de 1 de marzo de 1973 escribe Celso Emilio (…) No meu viaxe a Galicia non poiden ver mais xente que a que atopei no camiño, pois ocurriume que o frío tívome acorralado nunha aldea de Celanova […]. (A Nosa Terra. Celso Emilio Ferreiro. A Nosa Cultura 11. 1989).


Noutra misiva dirixida dende Caracas a Ediciós Roi Xordo, Ginevra (15 de marzo de 1973): Na actualidade non se está facendo eiquí pubricación algunha, e coido que ó marcharme eu acabarase niste país o galeguismo UPG, non porque eu seña imprescindibel, sinón porque a pouca xente que hai carece de pulo activo: son militantes pasivos e cómodos.[…] O meu viaxe foi en verdá lamentábel, anque por outra parte, reconfortoume moito respirar o aire da Terra. Cando estiven en Vigo, dixéronme que Méndez Ferrín se achaba escondido por mor da folga. Dempois soupen que xa estaba na súa casa, e que houbera sido doado velo. Mala sorte. Non embargantes, cando volva de Madrí terei que estar unha longa tempada calado e quedo, porque sei que me van estar ouservando con lupa […]. (A Nosa Terra. Celso Emilio Ferreiro. A Nosa Cultura 11. 1989).


En carta de Celso Emilio a Neira Vilas (1 de abril) expón: “O comportamento da censura conmigo dáme a impresión de que me censuran a min, non ós libros. Esta opinión sácoa do feito comprobado de que en España estanse pubricando outros libros –e na imprensa artigos- moito máis atrevidos que os meus poemas e que as miñas narracións. Esta inquina contra do meu nome prodúcese somente nos libros escritos en galego. Iste detalle, máis outros varios indicios que sería longo describir, fanme pensar, fai xa tempo, que os lectores ó servicio da O. de Consulta, viven en Galicia, andan entre os nosos amigos, e, cando se trata de min, informan en contra por razóns persoales de enemistá política”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 195).


Con data de 30 de abril de 1973, Celso Emilio escribe a Alonso Montero dende Caracas: “Anque arelo verme pronto ahí, non deixo de sentir aquilo de que partir é morrer un pouco. marcharme de esta terra supón unha doorosa rachadura interior, pois anque iste foi un lugar de grandes sofrimentos e amarguras pra min, resúltame angurioso deixar eiquí a parte dos meus fillos e algunhos, poucos, grandes amigos a quenes aprecio fondamente pola sua lealtade e cordial comportamento conmigo i os meus”. (A Nosa Terra. Celso Emilio Ferreiro, Extra Cultura 11, 1989).


O 3 de maio de 1973 expón noutra carta, dende Caracas: Queridos amigos:(…) Respecto as miñas relaciós con U, direiche que de momento terán que ser totalmente pasivas. Sei, de unha maneira evidente, que vou estar estreitamente observado, como o estiven tamén no meu viaxe de Nadal […] Por outra parte áchome nun estado de ánimo un tanto comprexo. sete anos en Venezuela tratando inutilmente de soerguer un movimento galeguista rexo e social, deixáronme moi canso e, sobre todo moi decepcionado respecto a calidade política dos galegos en xeneral. Estou farto de non atopar eiquí –salvo unhas poucas esceuciós- mais que galegos reaccionários, logreiros, vividores e desleigados. Tardarei algún tempo en recuperar a fe i o entusiasmo. Os contactos de Upeguerto con Venezuela podedes telos a traveso de Luis Ferreiro Loredo (…). (A Nosa Terra. Celso Emilio Ferreiro. A Nosa Cultura 11. 1989).


Xosé María Álvarez Blázquez escribe a Xosé Neira Vilas o 9 de abril: “Respondo, con 5 meses de demora, á túa carta do 5 de Nadal reiterada en copia no 22 de Febreiro. Non te estrane. Sempre fun nugallán para escribir cartas, pro nesta ocasión hai outra cousa máis grave: o 26 de Xaneiro pasado ardéume parte da librería (…) Queimáronse arredor de 3.000 libros, que na meirande parte non eran meus, senón depósitos de América e Portugal. Calculo todo isto en 300.000 pts., que para un probe é moito diñeiro. (…) Queimáronse papeles e cartas, pro nada teu, e así podo anunciarche que Remuíño de sombras está composto e nas segundas probas, disposto para o montaxe, que se fará nista semán (…) O prólogo de Basilio Losada, que recibín a pouco de ti marchares, é moi bo, e, naturalmente, tamén está xa composto”. “Grial” nº 178. Volve a escribirlle a 7 de agosto:“Hoxe puxen no correo os exemplares de Remuíño de sombras que me indicache mandase ao teu hirmán. Certo é que o libro xa está hai un par de semanas na rúa, pro eu tiña máis presa en espallalo por todas as librerías de Galicia –cousa que xa está feita- e por iso o derradeiro paquete foi o voso. (…) O libro leva data do Día das Letras Galegas no colofón, pro isto non é outra cousa que unha das moitas mentiras que se din nos libros […]”. “Grial” nº 178.


Un vendaval arrinca a araucaria “o meu irmanciño”, que o pai de Otero Pedrayo plantara o mesmo día do nacemento do neno. Con data de 15 de agosto escribe Otero Pedrayo a García –Sabell: “Os vellos somos ás vegadas ben disgraciados. Eu co gallo dos latexos do curazón soio bebo auga, cecáis un pouco de tinto no xantar, deixei o coñac en absoluto e o café, son un ente ridículo, un vencido da vida. E ando aqueloutrado e trasposto como os astronautas, sen conciencia desa gravedade especulativa e física que remanece dos grolos de coñac”. O 1 de outubro, escribe Otero Pedrayo a Domingo García-Sabell: “Fai un minuto, na serán xa de labro xiado, chegou súa derradeira carta. Un consóo e un fortalecemento. Cumpro con fidelidade de monxe a liturxia medicinal. Coido ire millor, pro é moi logo e non é bon deixarse enfeitizare pola espranza”.

Sumarios


GRIAL Nº 39

Emilio González López: A visión epifánica de Valle-Inclán, “La lámpara maravillosa”. X. L. Franco Grande: A festa das sete vacas, en Tebra: ¿Reminiscencia dun vello culto xermánico? Manuel Ramírez Jiménez: Pervivencia política del siglo XIX. Leibniz: Carta a Arnauld (Trad. de C.G.S.). R. Carballo Calero: Unha ducia de poemas. X. Fernández Ferreiro: O espantallo. Xosé Manuel González Reboredo: A emigración galega e outros temas nun viaxeiro inglés do século XVIII. Álvaro Labrada: Sandor Petöfi e Charles Péguy. Fr. José S. Crespo: 25 topónimos de Xunqueira de Ambía y su municipio: Su significación y breve etimología. F. Pérez Barreiro- Nolla: Acenos náufragos-Lendo a Manoel Antonio. Xoán Xulio Alfaya: Pracer e realidade. Fr. Gumersindo Placer: Mercedario francés pelegriño a Sant Yago, no ano 1709. Xulián Maure: Notas pra un “Catecismo do emigrante”.


GRIAL Nº 40

Lois Tobío: Gondomar e o galego. María R. Uría-Santos: O antiteísmo do teatro de Carlos Solórzano. Antolín Faraldo: Artigos de “El Recreo Compostelano”. Fr. Gumersindo Placer: “Mari-Hernández la Gallega”. Notas pra un prólogo. Ramón Otero Pedrayo: Noite compostelá. Maruxa Fernández: Lembranzas. Miguel Serrano: Rexurdimento do mito: o Grial. Xohán Ledo: En memoria dun neno chamado Pabliño. Domingo Blanco: Aspectos do galego na comarca de Ortigueira. Vicente Risco: Presencia del mito en la vida gallega. Xosé M. Rabón: Á percura dun cine galego. Miloslav Pluhar: Escritores da Península Ibérica en checoslovaco. Un poema de Iglesia Alvariño en occitano.


GRIAL Nº 41

Domingo García-Sabell: Doutrina xeneral da persoalidade. M. Rodrigues Lapa: A recuperação literária do galego. Antolín Faraldo: Artigos de “El Recreo Compostelano”. José Carlos González: Dimensão. Comentario sobre o poeta. A. Cunqueiro: Comezando por un morto. Bertolt Brecht: Contos de almanaque. Historias do Señor Keuner. X. Landeira Irago: Viaxe sentimental por Galicia do autor de “El viaje entretenido”. Carlos Casares: Leria con Eduardo Blanco-Amor. Jesús Bal y Gay: Panorama de la música popular gallega. R. Carballo Calero: Na morte de Fermín Bouza Brey. Carlos Durán: Outro libro do Dr. Bowlby. Mª Lydia Fontoira: O teatro en “Illa Nova”. Xornadas galegas en Puerto Rico.


GRIAL Nº 42

Ramón Piñeiro: Carta a Don Manuel Rodrigues Lapa. X. L. Franco Grande: Introducción a Álvaro Cunqueiro. J. L. Pensado: Emigración e promoción económica de Galicia. X. Vilas Nogueira: Federales e rexionalistas galegos no XIX. Un exemplo de mistificación histórica. Lois Castro Nogueira: Relato. Gerald Denley: Poemas galegos. María Silgar: Historias da miña terra: o Herdeiro da Degolada. Aurora Marco: Rubindo á lúa. Dámaso Alonso, M. Rodrigues Lapa, Alonso Zamora Vicente, Joseph M. Piel, Giuseppe Tavani e Agostinho da Silva no 1º decenio da revista “Grial”. J. Filgueira Valverde: Un poeta con su tema: Don Juan de la Cueva Gómez y su lengua poética. J. L. P. Un vilancico galego inédito. Salvador Rodríguez del Pino: O idioma de Aztlán: Unha lingua que xurde. Xosé Manuel López Nogueira: Fernando Pérez-Barreiro, traductor de Shakespeare. Carlos Durán: Autonomía pra Escocia.

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: Patrick White

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen





Morren:

  • Amílcar Cabral (Asasinado en Conacri; 1924 Bafatá).
  • António Pina Coelho (São Paulo; 1938 Guarda).
  • Carlos Selvagem (Carlos Tavares de Andrade Afonso dos Santos) (Lisboa; ibídem 1890).
  • Edmundo de Bettencourt (Lisboa; 1899 Funchal).
  • Jorge Dias (Lisboa; 1907 Porto).
  • Viriato da Cruz (Pequín, China; 1928 Porto Amboim).





José Saramago dirixe o Suplemento Literario de o “Diario de Lisboa”.


Publícase a antoloxía Poilão. Caderno de poesias na que aparecen catro autores guineanos de un total de once poetas.


Agustina Bessa Luís: Santo António (biografía).


Alberto Pimenta: Corpos estranhos.


Álvaro Guerra: O capitão Nemo e eu.


Amândio César: Roxo-rei e outras estórias.


Ana Hatherly: 63 tisanas.


António Alçada Baptista: O tempo das palavras e Conversas com Marcelo Caetano.


António Gedeão: A poltrona e outras novelas.


António Manuel Couto Viana: Raiz da lágrima.


António Modesto Navarro: Emigração e crise no nordeste transmontano.


Antunes da Silva: Rio Dejebe (poesía) e O exilado e outros contos.


Assis Esperança: Fronteiras.


Bento da Cruz: Contos de Gostofrio.


Carlos Drummond de Andrade (Brasil): As impurezas do branco (Río de Janeiro. “Grial” nº 45, páx. 379).


Clarice Lispector (Brasil): Água viva.


David Mourão-Ferreira: Matura Idade (poesía).


Eduardo Guerra Carneiro: É assim que se faz a história.


Eduardo Lourenço: Pessoa revisitado.


Ernesto Manoel de Melo e Castro: Ciclo queda livre (poesía) e O próprio poético (ensaio).


Eugénio de Andrade: Véspera de Água.


Eugénio Lisboa: Crónica dos anos da peste I e con Jorge de Sena e Maria Lourdes Cortez Poesia de Moçambique I.


Fernando Echevarría: A base e o timbre (poesía).


Francisco Costa: Promontório agreste.


Geraldo Bessa Victor (Angola): Monandengue (poesía).


Isabel da Nóbrega: Solo para gravador.


J. H. Santos Barros: Topiária.


João de Araújo Correia: Rio Morto (conto).


João Fumane (Mozambique): O feitiço e a religião (teatro).


João Gaspar Simões: Fernando Pessoa. Heteropisicografia.


João Medina: Eça de Queirós e o Iberismo: Reflexos da questão ibérica na obra de Eça de Queirós de 1867 a 1888.


João Miguel Fernandes Jorge: Turvos dizeres.


Jorge de Sena: Trinta Anos de poesia (antoloxía).


José Augusto Seabra: Le retour d’Orphée (ensaio).


José Gomes Ferreira: Poesía V.


José Manuel Mendes: A esperança agredida.


José Marmelo e Silva: O Ser e o Ter.


José Martins Garcia: Feldegato cantabile (poesía) e Linguagem e criação.


José Rodrigues Miguéis: Comércio com o inimigo (prosa).


José Sebastião da Silva Dias: Os descobrimentos e a problemática cultural do século XVI.


Josué da Silva: Um deus na palma da mão.


Lêdo Ivo (Brasil): Ninho de cobras e Finisterra.


Luís Pignatelli: Galáxias.


Luís Romano de Madeira Melo (Cabo Verde): Negrume / Lzimparin.


Luiz Francisco Rebello: Os Autos das barcas de Gil Vicente e Visita guiada ao mundo do direito de autor.


Luiza Neto Jorge: Os sítios sitiados.


Lygia Fagundes Telles (Brasil): As Meninas.


Manuel Antunes: Grandes derivas da história contemporânea.


Manuel da Fonseca: Tempo de Solidão (conto).


Maria da Glória Padrão: A metáfora em Fernando Pessoa.


Maria Judite de Carvalho: Tempo de mercês.


María Manuela Couto Viana: Bruxas, feitiços, defuntos, aparições.


Mário-Henrique Leiria: Contos do Gin Tónico.


Mário Sacramento (1920-1969): Ensaios de domingo II e Carta testamento.


Manuel Rodrigues Lapa: "A recuperação literária do Galego" (reproducido no nº 41 de “Grial” e tamén no libro Estudos Galego-Portugueses de Rodrigues Lapa. Livraria Sá da Costa Editora. 1979 Lisboa). ). O artigo, publicado na revista portuguesa “Coloquio/Letras” nº 13 crea unha viva polémica ao declararse partidario de que o galego se escriba coa ortografía portuguesa. Toman postura en contra intelectuais galegos como Ramón Piñeiro, Álvaro Cunqueiro e Ramón Otero Pedrayo e a favor Carballo Calero, Valentín Paz-Andrade e Ernesto Guerra Dacal. O artigo comeza así: "Um dos grandes méritos desta revista é o de, por mão hábil dos seus directores (honra lhes seja), abarcar num mesmo complexo os três ramos da nossa cultura: o galego, o português e o brasileiro, seguindo a ordem do seu respectivo surgimento. Antes de o fazer na revista, já Prado Coelho tinha demonstrado no Dicionário das Literaturas Portuguesa, Galega e Brasileira, que também dirigiu, essa larga e oportuna visão". [...]

“Nada mais resta senão admitir que, sendo o português literário actual a forma que teria o galego se o não tivessem desviado do caminho própio, este aceite uma língua que lhe é brindada numa salva de plata. É com este material da velha casa comum, e sêm por de lado o castelhano para o que for provisoriamente necessário, que se deve forjar progressiva mas aceleradamente a língua de cultura indispensável à Galiza”.


Natália Correia: O Anjo de Ocidente á Entrada do Ferro (poesía) ; A Mulher e O Surrealismo na Poesia Portuguesa.


Nuno Bermudes: Um pássaro num ramo e O círculo de luz.


Óscar Lopes: História ilustrada das grandes literaturas. Literatura Portuguesa II.


Osman Lins (Brasil): Avalovara.


Ovídio Martins (Cabo Verde): Gritarei, berrarei, matarei – não vou para Pasárgala.


Maria Gabriela Llánsol: Depois de os pregos na erva.


Maria Ondina Braga: Os Rostos de Jano (conto).


Maria Velho da Costa: Desescrita.


Pedro Tamen: Escrito de memória e Os quarenta e dois sonetos.


Pepetela (Angola): As Aventuras de Ngunga.


Reynaldo Valinho Álvarez (Brasil): Cidade em grito.


Rogério de Freitas: Memória destruída.


Ruben A.: Silêncio para 4.


Rubem Fonseca (Brasil): O homem de fevereiro ou março (antoloxía) e O caso Morel.


Ruy Belo: Transporte no tempo e Pais possivel.


Sant’Anna Dionísio: Alto Douro ignoto.


Sum Marky(São Tomé): As mulatinhas.


Vasco Graça Moura: Quatro sextinas.


Virgílio Martinho: Filopópulos (teatro) e Relógio de cuco.






Cataluña


Nacen:

Morren:

PREMI VÍCTOR CATALÀ: Jaume Cabré por Atrafegada calor.


PREMI D’HONOR DE LES LLETRES CATALANES: Josep Vicenç Foix.


PREMI JOSEP PLA: Llorenç Villalonga: Andrea Victrix.


Nace a colección poética Llibres del Mall que no 1975 converterase en Edicións del Mall, publicando poesía e teatro ata fins de 1987.

Avel.lí Artís-Gener: L‘enquesta del canal 4 (novela).


Clementina Arderiu: Obra poètica.


Feliu Formosa i Torres: Albes breus a les mans (poesía) e Llibre de les meditacións (poesía).


Francesc Candel: Encara més sobre els altres catalans.


Gabriel Janer Manila: L’agonia dels salzes.


Guillem Viladot i Puig: Entre Opus i Opus.


Joan Brossa: Cappare.


Joan Navarro Tercero: Grills esmolen ganivets a trenc de por (Premi Vicent Andrés Estelles de poesía 1973).


Josep Piera: Natanael (poesía).


Lluís Ferran de Pol: De lluny i de prop.


Manuel de Pedrolo: Espais de fecundidat irregulars.


Marià Manent: Poesia, llenguatge, forma: dotze poetes catalans i altres notes crítiques.


Miquel Àngel Riera Nadal: Fuita i martiri de Sant Andreu Milà (Traducida ao galego no 1994 para Xerais por Xavier Rodriguez Baixeras).


Miquel de Palol: Delta (poesía).


Oriol Pi de Cabanyes: Oferiu flors als rebels que fracassaren.


Pere Gimferrer: Foc cec (poesía).


Ramon Folch i Camarasa: Tota una altra cosa.


Valerià Pujol i Bosch: El crit y la paraula (poesía).


Xavier Casp: Confesión con Ausiàs March.

Flag of Spain

Nacen:








Morren:

  • Juan Eduardo Cirlot (Barcelona; ibídem 1916).





Antonio Gala: Anillos para una dama.

Camilo José Cela: Oficio de tinieblas e A vueltas con España.


Carlos Barral: Usuras y figuraciones.


Carlos Bousoño: Las monedas contra la losa.


Carlos Sahagún: Estar contigo.


Elena Quiroga Abarca: Presente profundo.


Enrique Vila-Matas: Mujer en el espejo contemplando el paisaje.


Fernando Quiñones: Crónicas americanas.


José Ángel Valente: El fin de la edad de plata.


José Martín Helizondo: Actos experimentales II.


José María Millares: Ritmos alucinantes.


Juan Benet. La otra casa de Mazón.


Juan Marsé. Si te dicen que caí.


Julián Ríos: Solo a dos voces.


Luis Goytisolo: Antagonía.


Luis Mateo Díez: Memorial de hierbas.


Luis Riaza: Cinco francos de humo (narrativa).


Osvaldo Soriano: Triste, solitario y final (novela).


Sergio Vilar: Cuba, socialismo y democracia.







Máis culturas:


Nacen:


Morren:.

  • José Gorostiza (Ciudad de México; 1901 San Juan Bautista, México).
  • Manuel Rojas (1896 Chile).
  • Pablo Neruda (Santiago de Chile; 1904 Parral).
  • Carlo Emilio Gadda (Roma; 1893 Milán).
  • John R. Tolkien (Gran Bretaña; 1892 Sudáfrica).
  • Wystan Hugh Auden (Viena; 1907 York, Inglaterra).



Mario Benedetti abandona Uruguai por motivos políticos.

Álvaro Mutis Jaramillo: La mansión de Araucaima.

Bioy Casares: Dormir al sol.


Eduardo Galeano: Vagamundo.


Enrique Buenaventura: La denuncia (teatro) e La orgía (teatro).


Fernando Lamberg: Señoras y señores (poesía).


Jorge Edwards: Persona non grata.


José Emilio Pacheco: Irás y no volverás.


Juan Gelman: Relaciones.


Julio Cortázar: Libro de Manuel (prosa).


Luis Spota: Las cajas.


Mario Vargas Llosa: Pantaleón y las visitadoras.


Manuel Puig: The Buenos Aires affair.


Roberto Fernández Retamar: Cuaderno paralelo.


Salvador Elizondo: Contextos.


Tomás Mojarro: Trasterra.



Alan Bennett: Habeas corpus.


Aleksandr Solzhenitsyn: Arquipélago Gulag.


Amos Oz: Tocar a auga, tocar o vento.


Charles Bukowski: South of non north.


Derek Walcott: Outra vida.


Edward Bunker: No beast so fierce.


Elias Canetti: A provincia do home.


Gore Vidal: Burr.


James Graham Ballard: Crash.


John Banville “Benjamín Black”: Birchwood.


John Barth: Gravity’s rainbow.


Léopold Sédar Senghor: Lettres d’hivernage (poesía).


Martin Amis: The Rachel papers.


Max Gallo: Un pas vers la mer.


Michael Ende: Momo.


Natalia Ginzburg: Caro Michele.


Patrick White: O centro da tormenta.


Patti Smith: Witt.


Paul Theroux: Saint Jack.


Philip Roth: The Great American Novel.


Robert Lowell: History (poesía).


Roland Barthes: Le plaisir du texte.


Sam Shepard: O dente do delito (teatro).


Thomas Pynchon: Gravity’s rainbow.


William Burroughs: Port of Saints.


Wole Soyinka: A estación do caos.




Tamén sucedeu...

  • CINE

- Luchino Visconti: Luis II de Baviera.

Amarcord-119975263-mmed.jpg


- Marco Ferreri: Touche pas la femme blanche.


- Federico Fellini: Amarcord.


- Morre John Ford (1895).


- Luis Buñuel galardoado en Hollywood co premio ao mellor filme estranxeiro por “El discreto encanto de la burguesía”, película producida en Francia e censurada en España.

  • Carrero Blanco nomeado o 4 de xuño presidente de Goberno. Morre nun atentado de ETA (20 de decembro), sendo substituído por Arias Navarro.
  • Crise enerxética.
  • Folgas en todo o país.
  • O “Tribunal de Orden Público” condena os acusados de pertencer á ilegal “Comisiones Obreras” (Proceso 1001).
  • Golpe de Estado en Chile; asasinato de Salvador Allende polas Forzas Armadas chilenas e comezo da sanguiñenta ditadura de Pinochet. Allende, gañador das eleccións de 1970, puxo en práctica un programa de reformas sociais e económicas que incluíron a nacionalización da banca e das minas de cobre, así como múltiples medidas sociais tendentes a unha redistribución máis xusta da riqueza. Estes cambios afectaron directamente os intereses estadounidenses e da poderosa oligarquía chilena que comezou a conspirar na súa contra co apoio de Estados Unidos, O Secretario de Estado Henry Kissinger encargou ao FBI e a CIA un plan que incluía accións secretas de boicot e a creación artificial de focos de presión en apoio aos sectores de oposición ao réxime. Ao mesmo tempo mantivo permanentes contactos cos militares coa finalidade de organizar o golpe de estado.
  • Conflito árabe-israelí: guerra do Yom Kippur.
  • Os países da OPEP duplican os prezos do petróleo.
  • Gran Bretaña, Irlanda e Dinamarca incorpóranse á CEE.
  • Paz de París: Estados Unidos retírase derrotado do Vietnam. É a fin de oito anos de guerra que custou case 900.000 vítimas.
  • Kissinger, secretario de estado nos EEUU; escándalo Watergate.
  • As dúas Alemañas establecen relacións diplomáticas.
  • Morren:

- Torturado e asasinado Víctor Jara (Santiago de Chile; 1932 San Ignacio, Chile).

- Pablo Picasso (Mougins; 1881 Málaga).

- O compositor Pau Casals (1876 El Vendrell).