1963
Índice
Cultura galega
Día das Letras Galegas
Rosalía de Castro (Primeira celebración).
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos |
---|
Literatura |
Antonio Valcárcel López (Madrid; 1887 Ourense). |
Gonzalo López Abente (Muxía; ibidem 1878). Nunha carta de 19-V-1960 de Ramón Piñeiro a Carballo Calero di o seguinte: “Con López Abente estivemos hai 15 días en Muxía. Por certo que nos amostrou a casa dos seus abós, na que estivo Rosalía co tifus e máis Eduardo Pondal. Pregunteille si Rosalía e o Pondal se conocían con anterioridade e díxome que non e que a coincidencia alí en Muxía fora casual”.(Cadernos Ramón Piñeiro XXXIII. Epistolario Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro. Xunta de Galicia. 2015). |
Vicente Risco (Ourense; ibidem 1884). O 1 de xuño escribe Álvaro Cunqueiro: “A min éme dificilísimo dicir o que perdo, de amistade, de axuda, de consello, coa morte de don Vicente. É unha desas mortes que un sofre ao longo da vida e que obrigan a empregar a palabra orfandade”. (“Grial” nº 86, páx. 512).
En carta de 14 de maio escribe Ramón Piñeiro a Basilio Losada: “Tocante ó Risco (…) En realidade trátase dun home que tiña máis talento que folgos. De ahí que fose –digan o que queiran- unha figura en gran parte malograda. A súa capacidade inteleitual era superior á súa capacidade anímica. Tiña unha boa cabeza i un corazón fraco. E xa sabemos que a cabeza soio acada o seu pleno rendimento creador cando está ben asistida pola quentura xenerosa do corazón.A súa vida pódese dividir en tres etapas: antes do 18 –de intensa curiosidade, orientalismo, teosofismo, decadentismo, etc.; do 18 ó 36 –galeguismo, etnografía, devoción por Xenius (Eugeni d’Ors) e por Spengler, descoberta do popular e da tradición, mística da terra, etc; e derradeiramente do 36 ó 63 –claudicación, evasión do galego ó castelá, da Terra á Eirexa, fracaso.A súa personalidade estaba radicalmente condicionada por dúas notas: vanidade e cobardía. Na primeira etapa –exotismo, orientalismo, teosofismo e demais- predominou libremente a vanidade egotista; na segunda etapa –a etapa galeguista- vanidade e cobardía individuás estaban contrarrestadas pola identificación comunitaria, polo sentir i o obrar en común, polo entusiasmo i a fe, e foi, polo mesmo, a súa etapa más fecunda, a que quedará; a terceira etapa –a do 36 en diante- estivo totalmente dominada pola cobardía, pola evasión, pola traición a si mesmo i ós seus irmáns da segunda etapa (chegou a evitar o saúdo a Otero: chegou –i esto é arrepiante- a lle decir a un galeguista que se lle queixaba de ter ido á cárcel por crer nas ideas de Vicente Risco e de se ter atopado, un día, coa amarga sorpresa de que Vicente Risco en persoa, con boina roxa e camisa azul, lles foi a predicar ós presos as escelencias da política unitarista dos Reis Católicos, esta cousa tremenda: “Coño, coño, a culpa é súa por facer caso daquelo, que eran pasatempos literarios”).(…) Realmente o Risco soio tivo tres grandes sentimentos: vanidade, medo e Galicia. Os tres foron sentimentos fondos. O primeiro i o segundo, perniciosos, estériles; o terceiro, fecundo. Iste é o que dil se salva i o que nós, piadosamente, debemos axudar a salvar”. (Ramón Piñeiro, Basilio Losada Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984. Galaxia Páx. 228). O 1 de maio escribe Otero Pedrayo en “La Región”: “Baixa á terra santa dun adral galego seu corpiño marchado nesta raiolante primavera. Xa perto duns días e festas máis fermosas de Ourense. Non ha ser enxemáis esquecido. Pois ata seus silencios, nos seus días criadores, latexaban de amor á súa xente e terra, e xamais foi desamparado pola seguranza da inmortalidade do esprito. Cecais xuntou algo de Vicetto e moito de Murguía na súa obra de historiador”. (Carlos Casares: Para ler a Vicente Risco. Galaxia, 1997, páx. 106). |
Xosé Rubinos Ramos (Miami; 1898 A Coruña). |
Outros |
O debuxante Ignacio Vidales Tomé (Ponteareas; ibidem 1896). |
O escritor Xavier Bóveda Pérez (Madrid; 1898 Gomesende, Ourense). Con data de 1 de novembro escribe Luís Seoane a José Villamarín Prieto: “Apareció repentinamente muerto sentado en un sillón de su habitación de la pensión que habitaba, con su mismo gesto apacible de siempre.Yo no sé qué decir. A su lado estaba la pequeña maleta de manuscritos literarios que traía para dar a conocer en Madrid.(…) Fue un miembro muy destacado del Centro Gallego y de nuestra colectividad. Fue una honra de ella y de Galicia en Buenos Aires”. |
O escritor Alberto Insúa (Madrid; 1883 La Habana). |
A pintora Mª Dolores Díaz Baliño (A Coruña; ibidem 1905). |
O arquitecto Jenaro de la Fuente Álvarez (Vigo; ibidem 1891). |
O médico e político da dereita Víctor Lis Quibén (Pontevedra; 1883 Buenos Aires). |
O mestre e pedagogo José Toba Fernández (A Coruña; ¿? Muxía). |
O mestre e político Marcial Fernández Vázquez (Veracruz; 1898 Ferrol). |
Publicacións
Galegas
- Ánxel Sevillano: As dornas da preguiza (poemas).
- Aquilino Iglesia Alvariño: (1909-1961): Leva o seu cantare.
- Arcadio López Casanova: Orestes (teatro. Nº 2 de "Grial").
- Avelino Díaz: Pallaregas (Buenos Aires).
- Blanco Amor: Los miedos (Edic. Destino, Barcelona). En carta de 28 de marzo, escribe Ramón Piñeiro a Basilio Losada: “Coido que o Blanco Amor xa estivo por ahí con motivo da aparición da súa novela Los miedos. Trátase dun home intelixente, áxil, superficialmente culto, de pluma e palabra garbosa e fluente. O seu talento, que o ten, é esencialmente receptivo, ou seña, moito máis mimético que orixinal e creador. Non se trata dun mimetismo servil, de pura copia. Non, o seu mimetismo é máis asimilativo, máis de reelaboración que de copia. Agora está na fase do feísmo, do aproveitamento literario dos temas canallas. Esa veta vaille ben por ser a súa unha das almas máis noxentamente cínicas que eu conoza. A súa intelixencia podía ser máis ben fecunda si non estiver escravizada pola paixón da egolatría e pola ponzoña da insidia. Con todo e con eso, a súa obra literaria resulta interesante. E val a pena de o conocer persoalmente, pois dispón de gran desenvoltura e amenidade”. (Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Ramón Piñeiro, Basilio Losada. Galaxia; Páx 205).
Noutra carta de Basilio Losada a Ramón Piñeiro (14/09) comenta: “Los miedos pasou sin pena nin groria. A min paréceme unha novela ben escrita pero sen interés. A ouservación psicolóxica dos nenos está feita con habelencia cara ao leitor, pero dá a impresión de ser máis froito da leitura que da esperencia ou da ouservación direita. O estilo é moi castigado e, ás veces, ingrato pra o leitor. Non embargantes é mellor que muitas novelas que outiveron da crítica louvanzas e louvanzas. Blanco Amor di que a crítica recibeu ordes da censura pra facerlle o silenzo. Poida que algo de eso seña verdade”. (Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Ramón Piñeiro, Basilio Losada. Galaxia; Páx 260). Efectivamente, estes problemas coa censura existiron, como recolle Xosé Manuel Dasilva no artigo “Los miedos de Eduardo Blanco Amor condenada por la censura” no nº 236 da revista “Grial” (2022). A obra foi autorizada nun primeiro momento (14/12/1962) pero a raíz dunha denuncia de Xosé María Castroviejo e cando xa estaba nas librarías emitiuse un segundo informe, esta vez desfavorable o 28 de marzo de 1963.
- Carballo Calero: Historia da literatura galega contemporánea (Galaxia. “Grial” nº 1, páx. 101 e “Grial” nº 49, páx. 397). O 26 de febreiro escríbelle Ramón Piñeiro sobre a aparición desta obra: “Acabamos de dar, meu querido e ademirado amigo, un paso cultural firme e importante. Non se poderá decir que non libramos a nosa batalla. O legado que Galaxia aporta ó país non deixará de pesar e fecundará a evolución da nosa cultura. Os que veñan detrás herdarán o exemplo i o froito do noso teimoso esforzo. Dá xenio ollar iste fermoso libro”. (Cadernos Ramón Piñeiro XXXIII. Epistolario Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro. Xunta de Galicia. 2015).
Publícase a recompilación dirixida por Carballo Calero Contos populares da provincia de Lugo (Galaxia. “Grial” nº 2, páx. 213 e “Grial” nº 40, páx. 249).
- Carlos Antonio Areán González: Vereda en el tiempo.
- Celestino Fernández de la Vega: O segredo do humor (Galaxia. “Grial” nº 1, páx, 109). Con data de 4 de xullo escribe dende Lugo a Neira Vilas: “Coido, efeitivamente, que a meta das nosas preocupacións troen que ser a Galicia deiquí, a Galicia territorial. Agora ben: o mal da emigración tivo e ten a contrapartida de que a Galicia espiritual trascende con moito a Galicia física. A proba é ben doada: estas mesmas cartas nosas que estamos a escribir” (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).
- Emilia Estévez Villaverde: Airiños do meu lugar.
- Emilio Pita: Polos camiños do pobo.
- Ernesto Guerra da Cal: Rio de sonho e tempo (poemas. Galaxia. “Grial” nº 2, páx.218).
- Faustino Rey Romero: Poema das materias sagras (edición ampliada da de 1960).
- Florencio Delgado Gurriarán: Galicia infinda (poemas. Col. Salnés. “Grial” nº 4, páx. 267).
- García-Sabell: Ensaios I. (Galaxia. “Grial” nº 1, páx. 103).
- Luís Rodríguez Fernández: Bretemada.
- Manuel María: Mar maior (Número 9 da colección Salnés. Escrito nos 50). En carta do 5 de xuño, escribe Basilio Losada a Ramón Piñeiro: “… Vin o novo libro de Salnés. Manuel María é outro que non atopa o seu camiño. Fai ben cousas de imitación pero nada persoal, sigue apaixoadamente as modas do momento e faino con bon tino. O libro pareceume discreto e mellor que todo o que lle teño visto deica agora…”. Na resposta do día 9 do mesmo mes, escribe Ramón Piñeiro: “Estou totalmente de acordo coa súa opinión encol do amigo Manoel María, dotado de indudábel talento receitivo e carente de talento verdadeiramente creador. Entrégase a un verbalismo fácil que irá parar, si Deus nono remedia nunha retórica poética de escaso valor. Trátase dun home cuia persoalidade é interiormente moi mol e, tendo en conta que xa cumpriu os trinta anos, non cabe agardar ningún cambio sustancial” (Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Ramón Piñeiro, Basilio Losada. Galaxia Páx. 244 e 246).
- María Mariño Carou: Palabra no tempo (poemas con prólogo de Otero Pedrayo. Nº 1 da colección Tesos Cumes de Ediciones Celta. “Grial” nº 3, páx. 129).
- Pura Vázquez: A saudade e outros poemas.
- Ramón Lugrís Pérez: Vicente Risco na cultura galega (Prólogo de Ramón Piñeiro. Galaxia. “Grial” nº 3, páx. 125). Ramón Piñeiro escribe a Basilio Losada (5/12): “Moita gracia me fai ise enrabechamento do Casado Nieto polo prólogo ó libro de Lugrís. Debe ser bastante arroutado, pois do contrario non se comprende a indiñación. Por moi risquista que seña, non vexo como vai negar os feitos. I o que se sinala no prólogo son feitos ben conocidos de todos. E non poderá decir que se ocultan os méritos ou se deforman, pois están sinalados ben esplicitamente. Pola contra, si algo se silencia son os tremendos fallos do Risco home. Si leera sin prexuicios o prólogo comprobaría que nil se fai unha semblanza espritoal do Risco da que se poderá decir todo menos que non é serena, ouxetiva e… benévola. Confeso, dende logo, que agardaba incomprensión por parte de algúns risquistas, sobre todo os que tomaron ó probe D. Vicente como bandeira na que gorecer as súas propias fallas e claudicaciós”. (Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Ramón Piñeiro, Basilio Losada. Galaxia Páx. 289).
- Ramón Rey Baltar: “As sociedades galegas de Bos Aires. O deber da hora” (“A Nosa Terra nº 505): “Máis de trescentas sociedades galegas eisisten nesta capital…”. No nº 506 “Eisame de concencia”.
- Silvio Santiago: no 1962, remata o libro O silencio redimido, que non verá a luz ata 1976. No seu intento por publicalo enviara os orixinais a Xosé Ramón Fernández Oxea, quen con data de 21 de novembro llos devolve: “Meu querido amigo: En vista de que a censura non deixou pasala “Terra Coutada” de Ánxel Fernández Pérez, devólvolle o seu orixinal para non andar a perdelo tempo. A pesares de todolos discursos, declaraciós e ditos do Sr. Fraga, as cousas siguen pola misma e non se pode falar máis do que iles queren e como iles queren. (…) Sinto moito o ocurrido, polo que vostede atingue, si ben celebro que estas xentes sigan na súa liña do 36 pra que a xente se non trabuque coas aparencias de liberdade falsas de toda falsía. (…) O 23 de abril pídelle consello a Camilo José Cela para presentar a obra ao premio Formentera e sinálalle: “A novela, feita en galego, cecais quede con este título O silenzo redimido”. O 24 de outubro, sabedor xa de que as bases piden orixinais en castelán, escríbelle a Cela: “Si pensé en ese premio, no ha sido tanto por mi particular egoísmo (cualquier tipo de egoísmo) como por la eventual dignificación de nuestro idioma en un lance internacional. Vuelvo, pues, mi novela (mi novela o lo que sea) a su dimensión y título originales. Queda llamándose “Historia dun home que pode ser outro”, y busco ahora una compensación a mis fallidas e íntimas aspiraciones patrióticas. La compensación sería que el libro llevase un prólogo tuyo, en gallego, ¿Quieres hacérmelo? Entiéndese –naturalmente- si el libro es de tu gusto. (…)” O 7 de marzo de 1964 Cela envíalle o prólogo: “Querido Silvio. Ahí va mi página prologal. Tu libro es magnífico –o yo lo pienso así- y sería una lástima que no se publicase en España”. O día 2 de abril de 1964 preséntase a obra perante a censura e pese a dirixirse por carta a Fraga, daquela Ministro de Información e Turismo, pedíndolle mover no seu favor a intervención perante a censura, o día 21 de outubro de 1964 comunícaselle á Editorial Galaxia a denegación administrativa da publicación Historia dum home que pode ser outro de Silvio Santiago García. Prólogo de Camilo José Cela. Pese aos intentos de publicar a obra en Portugal na editorial “Seara Nova” cun prólogo de Manuel Rodrigues Lapa, non verá a luz ata dous anos despois da morte de Silvio Santiago, da man de Galaxia e sen ningún prólogo. (“Un prólogo (inédito) de Camilo José Cela para O silencio redimido de Silvio Santiago”. En Homenaxe a Modesto Hermida. Ir Indo 2015).
- Teodoro Morgade Varela (1915-1935): Cartafol. Versos e prosas inéditos.
- Tomás Barros Pardo: Berro diante da morte (poemas. Editorial Salnés, Vigo).
- Vicente Risco: Mitología critiana (Editora Nacional, Madrid); "A predestinación, a adquisición e a trasmisión de poderes supranormales na tradición popular galega" (Actas do I Congreso de Etnografía e Folklore. Lisboa). Publícase en Galaxia a tradución ao galego feita por Vicente Risco uns dez anos antes, de A familia de Pascual Duarte de Camilo José Cela.
- Xavier Costa Clavell: A rouca gorxa do meu ser (Poemas; Buenos Aires. Edit. Tiempo Nuevo. Limiar de Manuel María e ilustracións de Seoane).Con data de 2 de novembro escríbe Basilio Losada a Ramón Piñeiro: “Xavier Costa envioume A rouca gorxa do meu ser. Este é un periodista, bohemio impenitente según parez (eu non o conozo persoalmente), que fai a súa primeira laboura en galego. É unha obra feble, tópica, chea de erros espresivos e gramaticales, dentro da tendencia espresionista e social da poesía de hogano pero como un epígono de pouca calidade”.(Páx. 276).
En resposta de Ramón Piñeiro (19 de novembro) di: “Tamén eu recibín A rouca gorxa do meu ser e comparto totalmente o teu xuício (…) Xa ten publicados dous ou tres libros en castelán, moi apaixoados emotivamente pro sin fondura. (…) É un rapaz emotivo –con emoción galega sinceira e con emoción social máis ou menos mimética, pro é inteleitualmente superficial i espritualmente inconsistente” (páx. 279). (Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Ramón Piñeiro, Basilio Losada. Galaxia Páx. 276).
- Xosé Alvilares Moure pronuncia a conferencia no Círculo das Artes de Lugo, “O crego e o uso do idioma galego” (publicada polo Ateneo en Lugo no 1965. Hai unha recensión de Ramón Piñeiro en “Grial” nº 10).
- Xosé Díaz Jácome: Pombal (Colección Salnés, Galaxia).
Relativas a Galicia
- Alfonso Gallego Vila: La señal del viento (Poemas. A Coruña).
- Álvaro Paradela Criado: Asimetría glandular (Betanzos).
- Benito Varela Jácome: Literatura española contemporánea.
- Daniel Cortezón: El hombre de estroncio; Lo que fue de Lilí; La torre de la luz e El rey de Harlem.
- Emilio González López: La insumisión gallega. Mártires y rebeldes. Galicia y Portugal en la Baja Edad Media (siglos XIV y XV) (Edit. Citania. Buenos Aires. “Grial” nº 6, páx. 532).
- Fernando Mon Rodríguez: Del hoy histórico a la joven pintura gallega (Sada).
- Francisco Vales Villamarín: Simón Bolívar, gallego: la coruñesa mansión solariega de los ascendientes gallegos de Bolívar (A Coruña).
- Fritz Krüger: O mobiliario popular nos países románicos (Coimbra).
- Gumersindo Placer López: Bibliografía mercedaria (Madrid 1963, 1968, 1983).
- José Landeira Yrago: Elucidario de Camoes.
- José Luis Prado Nogueira: Sonetos de una media muerte (Madrid).
- José María Fórneas Besteiro traduce ao castelán a obra La ciudad inicua de Kámil Husain.
- José Santiago Crespo Pozo: Contribución a un vocabulario castellano-gallego (con indicación de fuentes (Revista “Estudios” de Madrid).
- Lauro Olmo estrea: La pechuga de la sardina.
- Lorenzo Varela: Homenaje a Picasso (Poesía. Editorial Buril. Buenos Aires. “Grial” nº 2, páx. 211).
- Mariano Tudela: Nueva tierra de promisión (Madrid).
- Tomás Barros Pardo: Los ojos de la colina (Col. Alrededor de la Mesa, Bilbao).
- Xerardo Álvarez Gallego: Los Pazos (Vigo).
- Xesús Alonso Montero : Textos literarios sobre Lugo y su provincia; con Enrique Santín Díaz (Editorial Celta) e La palabra en la realidad (Lugo, na colección que el dirixía "Aquí y ahora". Edit. Celta). En decembro, xunto co profesor Epifanio Ramos de Castro, organiza no Círculo das Artes de Lugo unha mostra bibliográfica co título “Cen anos de literatura galega”, para homenaxear, no seu centenario, a edición de Cantares gallegos de Rosalía de Castro.
- Edicións Castrelos comeza a publicación de Cuadernos de Arte Gallego sendo o primeiro título Los Pazos.
Acontecementos
- O 28 de novembro Sebastián Martínez Risco pronuncia en Barcelona a conferencia “El mundo de los animales en la poesía gallega” e o 30 “Personalidad del idioma gallego”.
- Manuel Lueiro Rey acada o segundo premio de poesía nos Xogos Florais de Ourense con Orense en un pregón y varias estancias. En canto aos Xogos Florais de Ourense, na súa convocatoria non se admitía a poesía galega, dando lugar a numerosas protestas. A Frol Natural e as 10.000 pts foron para Celso Emilio Ferreiro En carta de Basilio Losada a Ramón Piñeiro (1 de xullo) escribe “Entereime onte da concesión da Frol Natural nos Xogos de Ourense a C. E. Ferreiro. Non dubido que a terá ben merecida, especialmente visto os nomes cativos que se levaron os premios de consolación. Gustoume que apesares das apetitosas 10.000 pts. non se presentara ningún dos nomes fortes da poesía castelán, nin aínda os nados ou afincados en Galicia –J. A. Valente por exemplo- e por iso sinto máis que se presentara ao premio C. E. Ferreiro, despois da aldraxe que supón a eliminación conscente e adrede da poesía galega”, Na resposta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada (2 de xullo) dise o seguinte: “Coido que a razón de concurrir ó certamen ourensán débese escrusivamente a consideraciós económicas (Celso Emilio atravesa unha situación económica malísima), pois ós 50 anos xa non resulta moi airoso andar concurrindo ós Xogos Frorás, cousa máis propia de poetas mozos. Por certo que, en relación coa convocatoria dise certame ocurriron os feitos seguintes: ofrecéronlle a presidencia do Xurado a D. Ramón Otero Pedrayo, que a refugou por non estar de acordo coa convocatoria, ofrecéronlla entón a Filgueira Valverde, que, naturalmente, aceptouna decontado. (…) Tal ambiente de protesta se foi producindo que, no banquete, o alcalde de Ourense considerouse obrigado a dar disculpas no seu discurso asegurando que non houbo mala fe nin intención antigalega de ningunha cras, senón únicamente inadvertencia…(”Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Ramón Piñeiro, Basilio Losada. Galaxia).
- Galaxia comeza a publicación de GRIAL , “Revista galega de cultura”. O consello de redacción estaba formado por: Ramón Piñeiro (director), Fernández del Riego (subdirector). No consello de redacción: Carballo Calero, García-Sabell, Fernández de la Vega, M. López Nogueira, Marino Dónega, Camilo G. Suárez-Llanos, Basilio Losada, Ricardo García Suárez. Como a censura franquista impuña un director franquista, o cargo foi desempeñado primeiro por Ánxel Sevillano (nº 13, 1966) e a partir do nº 39 (1973) por Xosé Landeira Yrago.
- Luís Seoane e Isaac Díaz Pardo fundan o Laboratorio de Formas de Galicia e Ediciós do Castro en Sada. El toro Jubilo (gravados de Luís Seoane), foi o primeiro título publicado por esta editorial.
- Seoane expón en Madrid.
- Luís Seoane pinta o óleo sobre lenzo “El caído. Homenaje a Grimau” e publica en Ed. do Castro: El toro Júbilo e O Meco (gravados en madeira).
- Isaac Díaz Pardo viaxa a Magdalena o 3 de decembro e permanece alí ata o 6 de abril de 1964.
- O 29 de abril, na audición radial de “Galicia Emigrante”, Seoane comenta unha noticia aparecida o 27 do mesmo mes en “La tribune de Genéve” sobre unha muller galega de 27 anos que chega á estación de Cornavin, cun cartel no pescozo escrito en francés e alemán que di “Chámome Dolores R. Son analfabeta. Prestádeme axuda” e a continuación leva anotados os horarios dos trens que ten que tomar para chegar a Ourense. Seoane pinta un cadro sobre a historia desta muller que titulará “Emigrantes”. Neste caso o cartel que colga do pescozo da rapaza di “Elle s’appelle Manuela Rodríguez Elle est analphabéte aidez-la”. Genève 1963.
- Nace a colección “Illa Nova”.
- No nº 504 de “A Nosa Terra”, infórmase da creación de unha “Cátedra de Lingoa Galega na Universidade Compostelán”: “Sabemos ben das limitacións que acharán as xentes que dende esta cátedra de Lingoa Galega desexen desenrolar a gran laboura que Galiza espera dela, e non nos facemos demasiadas ilusións sobor da súa laboura inmediata. Pro a creación d-esta cátedra foi sempre unha arela do galeguismo e de todal-as xentes que peneiran arelas de progreso e liberdade para a nosa nación…”.
- Urbano Lugrís fai dez debuxos para o libro de poesía Isla de dos.
- Lois Tobío regresa a España.
- Ánxel Fole ingresa na Real Academia Galega, ocupando a vacante de Manuel Casás Fernández, co discurso “Castelao i-a tradición galeguista”. Colabora en “El Progreso” na serie “Meridiano siete”.
- Avelino Pousa Antelo recibe o Premio Luís Sánchez Harguindey.
- O Padre Jesús Silva organiza en Barcelona as “Jornadas de confraternización juvenil galaico-catalana”, que serven para presentar na cidade a literatura e a arte galegas.
- Arcadio López Casanova dá unha conferencia no Centro Galego de Barcelona. O 14 de abril, Basilio Losada escribe a Ramón Piñeiro: “En puros valores poéticos, os poemas de Arcadio son superiores aos de Celso Emilio e teñen o mesmo vigor e rexedume ideolóxica, xunto cun maior respecto pola forma e unha téinica máis depurada. (…) A conferencia de Arcadio rigorosa, valente, precisa e a un tempo chea de engado poético…”. (Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Galaxia 2009, páxina 212).
- O 18 de abril chega Otero Pedrayo a Barcelona. En carta de Basilio Losada a Ramón Piñeiro dise: “O sábado deu a súa primeira conferencia. Deuna en castelán porque a ela estaba invitada unha boa representación do mundo catalán e da crítica de Barcelona. Falou do “Valle de las despedidas” unha interpretación fermosa e fonda dos escritores que se formaron nas ribeiras do Ulla: Rosalía, Castelao, Valle Inclán e Cabanillas (…) Falou unha hora e media, cunha oratoria torrencial e vibradoira, cunha fluencia de imaxes brilantísimas que dan ás veces a impresión de que é a súa oratoria un puro xogo formal, cando en realidade vai coallada de novidás interpretativas. O ésito foi rotundo. (…) Logo veu a cea (…) Logo pedín eu que falara Arcadio (¡qué gran rapaz!). Fixo a lembranza da xeneración de Nós (sin citar a Risco) e do maxisterio de D. Ramón nas novas xeneracións de Galicia. Arcadio é un excelente orador, sinxelo e fondo, a súa presencia tímida e fuxidia gana moi axiña o ánimo da xente, e logo fala moi ben, seguro, ben construído, e cunha barileza e valentía que parecen imposibles na súa edade e na súa apariencia. Arcadio, nestes días que leva cabo de nós, ganou a amistade i o afecto de todos. Revelouse dun galeguismo sereo e fondo, destemido, enérxico…”. (Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Galaxia 2009, páxina 212).
- Nunha entrevista para “La Vanguardia” (21 de abril) di Otero Pedrayo:- ¿Dónde le gustaría morirse? - O en Santiago o en la casa donde he nacido. Todos los gallegos queremos ser enterrados en esta tierra. - ¿Por qué? -Por querer oír en gallego la trompeta del juicio final. - En gallego suena distinta? - Más afectuosa y más propicia al perdón. Pero no tengo prisa en oírla. Cuando Dios quiera. (“Grial” nº 218).
- O 12 de decembro a Igrexa católica recoñece o dereito de cada comunidade a expresarse liturxicamente no seu idioma. Poucos meses despois celébrase en Buenos Aires a primeira misa en galego pola alma de Castelao.
- Xosé Manuel Beiras Torrado funda o Partido Socialista Galego.
- Lois Pereiro comeza os seus estudos nos Escolapios de Monforte. Nace a Agrupación Cultural “O Facho”, gracias ás xestións de Enrique Harguindey e Andrés Salgueiro (Santiago).
- O 7 de abril formalízase a entrega dos fondos de Fermín Penzol a Galaxia constituíndose unha fundación. Noméase para rexela un padroado integrado por Fermín Penzol, Otero Pedrayo, Antonio Fernández López, Ramiro Isla Couto, Domingo García Sabell, Ricardo Carballo Calero, Francisco Fernández del Riego, Xesús Ferro Couselo, Xerardo Fernández Albor, Marino Dónega Rozas, Ramón Piñeiro López e Xosé Luís Franco Grande e o 5 de maio inaugúrase en Vigo a biblioteca da “Fundación Penzol”, pronunciando unha conferencia o profesor Manuel Rodrígues Lapa co título de “Os romanistas italianos e a literatura medieval galego-portuguesa”. Presiden o acto Sebastián Martínez-Risco como presidente da Real Academia Galega e Otero Pedrayo, como vicepresidente da Fundación. A biblioteca inicial cedida por Penzol constaba de 7.751 libros, 6.012 folletos, unha ampla colección de revistas e periódicos e diversos manuscritos e documentos (“Grial” nº 74, páx. 401 e “Grial” nº197).
Escribe Ramón Piñeiro a Basilio Losada (9 de maio): “O homenaxe a Penzol resultou moi ben e moi emotivo. Ofreceullo García Bodaño, que o soupo facer con gran altura e responsabilidade. O ingreso de Cunqueiro na Academia i o homenaxe a Penzol foron dous aitos que revelan unha gran vitalidade espritoal no país”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada:Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Galaxia Páx. 219.
- O 15 de febreiro o Goberno concédelle a Vicente Risco a medalla de Alfonso X, custeada polo Centro Galego de Barcelona.
- Na sesión do 7 de xullo Ramón Piñeiro é proposto por Otero Pedrayo, Carballo Calero e Xulio Rodríguez Yordi para ocupar a vacante na Academia de Manuel Baner Fontenla, sendo elixido académico por unanimidade o vinte e nove de decembro. O discurso de ingreso non o lería ata o 25 de novembro de 1967. Versou sobre A lingoaxe i as língoas e deulle resposta Domingo García-Sabell.
- A escritora arxentina Alejandra Pizarnik visita Galicia: “Na catedral. Os grandes anxos, os fríos anxos. Os dedos dos peregrinos de pousarse tantos séculos no mármore da columna hai agora cinco fendas nas que introducín os meus dedos”.
- Inaugúrase o aeroporto de Alvedro na Coruña.
- Franco inaugura o encoro de Belesar.
- O 7 de setembro, inaugúrase o treito de ferrocarril Mera-Ortigueira.
- No mes de xaneiro morre en Mazaricos unha persoa nun enfrontamento coa Garda Civil cando o Patrimonio Forestal do Estado pretendía incautar uns montes para seren repoboados.
- No Centro Pontevedrés de Buenos Aires, Valentín Fernández dicta unha conferencia sobre “Problemas económicos de Galiza. Forestación e posibilidades papeleiras”:“E cunha ben documentada estadística referiuse o señor Fernández ó elevado nivel de producción de enerxía eléctrica a surtir da primeira década deste século a hoxe, e as súas posibilidades como base para a industrialización de Galiza. Nembargantes, afirma o orador, logo de por en xogo nesta empresa gran parte do aforro galego, ollamos desespranzados como o fluido emigra do pais, como se nolo roubaran, para mover industrias por Hespaña adiante…”. (“A Nosa Terra” nº 506).
- Nacen o PSG e a UPG.
- Un decreto promulga a compilación do dereito civil especial de Galicia.
Premios
Epistolario
Manuel María publica no 1962 Libro de pregos (escrito no 1951 co gallo da morte do seu irmán Xesús María. Edit. Celta). En carta a Neira Vilas (30 de San Xoán de 1963) escribe: “Na tua carta fálasme do Libro de pregos, que apenas tivo eco. Penso que moi poucos o souperon lér como ti o liche. E un libro que escribin hai anos. Pero eu coido que non é un libro de broma. Nil está todo o desespero dun home desacougado que percura a verdade. Só iso”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 233). |
Dende Monforte, escribe Manuel María a Xosé Neira Vilas (29 de marzo de 1963): “Arcadio López-Casanova é un mozo de 19 anos, lugués de nación, que estudia Filosofía e Letras en Santiago i é un dos millores alumnos da Universidade. Leva terceiro e cuarto de Facultade. I é tamén, pro meu xeito de ver, con moito, o mellor poeta novo de Galicia. É un home valente, intelixente e honesto. A súa poesía en galego, ainda inédita é dunha forza verdadeiramente impresioante. Iste ano levou o primeiro premio en galego nas Festas Minervales compostelás. Xa ten ainda ben poemas para un libro en galego que coido pubricará Illa nova. Istes días vai ir a Barcelona, viaxe que aproveitará para dar un recital ou unha conferencia no Centro Galego. Eu téñolle un afecto e unha ademiración estraordinaria”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010). |
Morre Vicente Risco (Ourense; ibidem 1884). O 1 de xuño escribe Álvaro Cunqueiro: “A min éme dificilísimo dicir o que perdo, de amistade, de axuda, de consello, coa morte de don Vicente. É unha desas mortes que un sofre ao longo da vida e que obrigan a empregar a palabra orfandade”. (“Grial” nº 86, páx. 512). |
|
|
Blanco Amor: Los miedos (Edic. Destino, Barcelona). En carta de 28 de marzo, escribe Ramón Piñeiro a Basilio Losada: “Coido que o Blanco Amor xa estivo por ahí con motivo da aparición da súa novela Los miedos. Trátase dun home intelixente, áxil, superficialmente culto, de pluma e palabra garbosa e fluente. O seu talento, que o ten, é esencialmente receptivo, ou seña, moito máis mimético que orixinal e creador. Non se trata dun mimetismo servil, de pura copia. Non, o seu mimetismo é máis asimilativo, máis de reelaboración que de copia. Agora está na fase do feísmo, do aproveitamento literario dos temas canallas. Esa veta vaille ben por ser a súa unha das almas máis noxentamente cínicas que eu conoza. A súa intelixencia podía ser máis ben fecunda si non estiver escravizada pola paixón da egolatría e pola ponzoña da insidia. Con todo e con eso, a súa obra literaria resulta interesante. E val a pena de o conocer persoalmente, pois dispón de gran desenvoltura e amenidade”. Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Ramón Piñeiro, Basilio Losada. (Galaxia; Páx 205).
Noutra carta de Basilio Losada a Ramón Piñeiro (14/09) comenta: “Los miedos pasou sin pena nin groria. A min paréceme unha novela ben escrita pero sen interés. A ouservación psicolóxica dos nenos está feita con habelencia cara ao leitor, pero dá a impresión de ser máis froito da leitura que da esperencia ou da ouservación direita. O estilo é moi castigado e, ás veces, ingrato pra o leitor. Non embargantes é mellor que muitas novelas que outiveron da crítica louvanzas e louvanzas. Blanco Amor di que a crítica recibeu ordes da censura pra facerlle o silenzo. Poida que algo de eso seña verdade”. Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Ramón Piñeiro, Basilio Losada. (Galaxia; Páx 260). |
Carballo Calero: Historia da literatura galega contemporánea (Galaxia. “Grial” nº 1, páx. 101 e “Grial” nº 49, páx. 397).O 26 de febreiro escríbelle Ramón Piñeiro sobre a aparición desta obra: “Acabamos de dar, meu querido e ademirado amigo, un paso cultural firme e importante. Non se poderá decir que non libramos a nosa batalla. O legado que Galaxia aporta ó país non deixará de pesar e fecundará a evolución da nosa cultura. Os que veñan detrás herdarán o exemplo i o froito do noso teimoso esforzo. Dá xenio ollar iste fermoso libro”.(Cadernos Ramón Piñeiro XXXIII. Epistolario Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro. Xunta de Galicia. 2015). |
|
En canto aos Xogos Florais de Ourense, na súa convocatoria non se admitía a poesía galega, dando lugar a numerosas protestas. A Frol Natural e as 10.000 pts foron para Celso Emilio Ferreiro. En carta de Basilio Losada a Ramón Piñeiro (1 de xullo) escribe “Entereime onte da concesión da Frol Natural nos Xogos de Ourense a C. E. Ferreiro. Non dubido que a terá ben merecida, especialmente visto os nomes cativos que se levaron os premios de consolación. Gustoume que apesares das apetitosas 10.000 pts. non se presentara ningún dos nomes fortes da poesía castelán, nin aínda os nados ou afincados en Galicia –J. A. Valente por exemplo- e por iso sinto máis que se presentara ao premio C. E. Ferreiro, despois da aldraxe que supón a eliminación conscente e adrede da poesía galega”, Na resposta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada (2 de xullo) dise o seguinte: “Coido que a razón de concurrir ó certamen ourensán débese escrusivamente a consideraciós económicas (Celso Emilio atravesa unha situación económica malísima), pois ós 50 anos xa non resulta moi airoso andar concurrindo ós Xogos Frorás, cousa máis propia de poetas mozos. Por certo que, en relación coa convocatoria dise certame ocurriron os feitos seguintes: ofrecéronlle a presidencia do Xurado a D. Ramón Otero Pedrayo, que a refugou por non estar de acordo coa convocatoria, ofrecéronlla entón a Filgueira Valverde, que, naturalmente, aceptouna decontado. (…) Tal ambiente de protesta se foi producindo que, no banquete, o alcalde de Ourense considerouse obrigado a dar disculpas no seu discurso asegurando que non houbo mala fe nin intención antigalega de ningunha cras, senón únicamente inadvertencia…”Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Ramón Piñeiro, Basilio Losada. Galaxia. |
|
Ramón Lugrís Pérez: Vicente Risco na cultura galega (Prólogo de Ramón Piñeiro. Galaxia. “Grial” nº 3, páx. 125). Ramón Piñeiro escribe a Basilio Losada (5/12): “Moita gracia me fai ise enrabechamento do Casado Nieto polo prólogo ó libro de Lugrís. Debe ser bastante arroutado, pois do contrario non se comprende a indiñación. Por moi risquista que seña, non vexo como vai negar os feitos. I o que se sinala no prólogo son feitos ben conocidos de todos. E non poderá decir que se ocultan os méritos ou se deforman, pois están sinalados ben esplicitamente. Pola contra, si algo se silencia son os tremendos fallos do Risco home. Si leera sin prexuicios o prólogo comprobaría que nil se fai unha semblanza espritoal do Risco da que se poderá decir todo menos que non é serena, ouxetiva e… benévola. Confeso, dende logo, que agardaba incomprensión por parte de algúns risquistas, sobre todo os que tomaron ó probe D. Vicente como bandeira na que gorecer as súas propias fallas e claudicaciós”. (Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Ramón Piñeiro, Basilio Losada. Galaxia Páx. 289). |
|
|
|
Con data de 20 de setembro, escribe Ramón Piñeiro a Basilio Losada: “Xa terás recibido o primeiro número do Grial. Por eiquí tivo boa acollida e gustou bastante á xente. Fíxome gracia que moitos leitores sorprendéronse do bilingüismo, sin caeren na conta de que é inherente á autorización. Para que o entenderan así, eu mesmo fixen unha pequena nota escrita en castelán”. Ramón Piñeiro, Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Galaxia Páx. 264). |
Noutra carta do 7 de maio tamén desde Xenebra escribe: “El asunto de Grimau conmovió a Europa. Aquí se hicieron tres grandes manifestaciones de repudio al régimen franquista…”. |
|
|
Arcadio López Casanova dá unha conferencia no Centro Galego de Barcelona. O 14 de abril, Basilio Losada escribe a Ramón Piñeiro: “En puros valores poéticos, os poemas de Arcadio son superiores aos de Celso Emilio e teñen o mesmo vigor e rexedume ideolóxica, xunto cun maior respecto pola forma e unha téinica máis depurada. (…) A conferencia de Arcadio rigorosa, valente, precisa e a un tempo chea de engado poético…”. (Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Galaxia 2009, páxina 212). |
|
Escribe Ramón Piñeiro a Basilio Losada (9 de maio): “O homenaxe a Penzol resultou moi ben e moi emotivo. Ofreceullo García Bodaño, que o soupo facer con gran altura e responsabilidade. O ingreso de Cunqueiro na Academia i o homenaxe a Penzol foron dous aitos que revelan unha gran vitalidade espritoal no país”.Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Galaxia Páx. 219. |
|
|
En carta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada (19 de novembro) escribe: “Mira, o Seoane é un home cordial, hiperemotivo, apaixoado, nada sotil, moi traballador, fala ás arroutadas, impulsivo –e como tódolos impulsivos con moita capacidade para emprender cousas e logo deixalas esmorecer ou abandoalas por unha reaición tamén impulsiva-, con boa cultura artística, bo gusto, gran senso decorativo, gran dominio técnico da expresión artística, afán polo polifacetismo, emoción galega, sectarismo marxista, indudábel picassianismo estético (…) Certamente é un artista interesante, mais non me semella un esprito orixinal nin, dende logo, profundo. Eso sí, moi traballador. Tamén é serio e ordeado na súa vida igual que no traballo. Bo amigo, xeneroso afectivo. Arbitrario, por apasionamento, nas reaiciós. Pouco máis ou menos, eso é o esencial da súa persoalidade”. (Ramón Piñeiro, Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Galaxia Páx. 278 e 279). |
|
Fernández del Riego (Vigo) escribe a Lois Tobío (Madrid) (9/11/1963): O principal ouxeto distas liñas é o de che pedir un favor, por si o podes atender. Un amigo noso, ô que ti conocerás tamén inda que soio seña de nome, Celso Emilio Ferrreiro, quería completar os seus ingresos –xa que ten varios fillos– con algunha representación. Pedíume que che escribise a ti, por si a empresa na que traballas necesita un representante en Vigo e Pontevedra; i en caso afirmativo, que nomease a Ferreiro pra desempeñar isa misión.
Estimaríache moito que, de ser posíbel, atendeses o pedido. En calquera caso, rógoche que me comuniques o que haxa, pra que Ferreiro vexa que fixen a xestión. Moitísimas gracias, por adiantado. (Epistolario Lois Tobío. Consello da Cultura Galega). |
Sumarios
No 1º número (xullo, agosto setembro) colaboran: Ramón Lugrís: Problemas do noso tempo. En contra da proletarización. José Mª López Nogueira: El arte comprometido. Salvador Lorenzana: Iglesia Alvariño: poeta e humanista. Homenaxe a Vicente Risco: Arte nova. O idioma galego na nosa vida e na nosa cultura. R. Carballo Calero: Farsa das zocas. D. García Sabell: Dous comentos. R. Patiño Mancebo: Encol do informalismo. R. Piñeiro: Gallegos fuera de Galicia: Emilio González López. Cosme Barreiros: Rosalía e Azorín. I. Millán González-Pardo: Discurso no “Día das Letras Galegas”. S. García Bodaño, A. López Casanova, Xohana Torres, C. Casares Mouriño... : Poemas a Rosalía.
|
Ramón Piñeiro: A Filosofía i o Home. Xosé Suárez: O “Noh”, teatro clásico xaponés . M. Rubén García: Contribución gallega a la formación de Castilla. Xohán Ledo: Seoane, 1963. Arcadio López Casanova: Orestes. Celestino F. de la Vega: Braque, pintor de lo nunca visto. Álvaro Cunqueiro: Imaxinación e creación.G. S.: Cocteau. Boris Pasternak: Estrela do Nadal (trad. de X. Landeira Yrago). Enrique Santamarina: A morriña de antes i a de agora. Fermín Bouza Brey: Nova hipótesis de traballo pra o estudo das vías romás. E. Martínez Torner: Un aspecto de la prosa de Valle-Inclán. A. L.: Notas da Literatura Americá. P. M.: Georgios Seferis, Premio Nobel. Enrique Santamarina: A morriña de antes i a de agora. X. L. Y.: O “Square” de Sir John Moore.
|
Con data de 20 de setembro, escribe Ramón Piñeiro a Basilio Losada: “Xa terás recibido o primeiro número do Grial. Por eiquí tivo boa acollida e gustou bastante á xente. Fíxome gracia que moitos leitores sorprendéronse do bilingüismo, sin caeren na conta de que é inherente á autorización. Para que o entenderan así, eu mesmo fixen unha pequena nota escrita en castelán”. Ramón Piñeiro, Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Galaxia Páx. 264).
Outras culturas
PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Giorgos Seferis (1900-1971)
CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa
Nacen
Agustina Bessa Luís: Sermão do Fogo.
Alberto de Lacerda: Exílio.
Alberto Machado da Rosa: Eça discípulo de Machado? (Fondo de Cultura. São Paulo. “Grial” nº 2, páx. 209).
Alfredo Margarido: As portas ausentes. Prepara a antoloxía Poetas de São Tomé e Príncipe.
Alves Redol: Histórias Afluentes.
Ana Hatherly: O mestre.
António Manuel Couto Viana: Relatório secreto.
António Ramos Rosa: Ocupação do espaço.
Armando Baptista-Bastos: O secreto adeus.
Armindo Mendes de Carvalho: Camaleões e altifalantes.
Artur Portela Filho: O novo romance.
Assis Pacheco: Cuidar dos vivos (poesía).
Augusto Abelaira: As boas intençoes.
Bento da Cruz: Planalto em chamas.
Carlos Semedo: Poemas.
Casimiro de Brito: Poemas orientais.
Daniel Filipe: Pátria, lugar de exílio.
Domingos Monteiro: O Dia Marcado.
Edmundo de Bettencourt: Poemas de Edmundo de Bettencourt.
Fernando Echevarría: Sobre as horas (poesía).
Fernando Guedes: Caule, flor e fruto.
Fernando Luso Soares: Os cavalos marinhos.
Fernando Namora: Retalhos da Vida de um Médico (2ª série). Tradúcese ao castelán no 1971 para a editorial Narcea co título de Nuevas escenas de la vida de un médico.
Gabriel Mariano (Cabo Verde): O rapaz doente.
Gastão Cruz: A doença (poesía).
Guedes de Amorim: Jesus Passou por aquí.
Herberto Hélder: Os passos em volta.
Hugo Rocha: Encontros com a Galiza.
João Cabral do Nascimento: Cancioneiro.
João Sarmento Pimentel: Memórias do capitão (1ª parte).
Joel Serrão: Obra completa de Cesário Verde e Dicionário de história de Portugal (4 volumes 1963.1971).
Jorge Borges de Macedo: Elementos para a história bancária de Portugal (1797-1820) e Problemas de história da indústria portuguesa no século XVIII'.
Jorge de Sena: Metamorfoses (poesía).
José Cardoso Pires: Jogos de Azar (conto) e O Hóspede de Job No 1972 aparece a versión en castelán.
José Carlos Ary dos Santos: A liturgia do sangue.
José Fernandes Fafe: Poesia amável.
José Gomes Ferreira: Aventuras maravilhosas de João Sem Medo.
José Osório de Oliveira: Ilha do desencanto.
Josué da Silva: O lodo e o lótus.
Luandino Vieira (Angola): 'Luuanda (contos).
Luís de Sttau Monteiro: Todos os anos pela primavera (teatro).
Luís Romano de Madeira Melo (Cabo Verde): Clima.
Luiz Francisco Rebello: Condenados à vida.
Maria da Graça Freire: Nós descemos à cidade.
Maria de Lourdes Belchior: Poesia portuguesa contemporânea. A Geração de 40.
Maria Judite de Carvalho: Paisagem sem barcos.
Maria Teresa Horta: Amor habitado.
Mário Braga: Viagem incompleta.
Mário Dionísio: Introdução á Pintura (ensaio). No 1972 aparece a versión española en Alianza Editorial.
Mário Ventura: A noite da vergonha.
Miguel Franco: O motim.
Nélida Piñón (Brasil): Madeira feita cruz.
Onésimo Silveira (Cabo Verde): Consciencialização na literatura cabo-verdiana.
Orlando Vitorino: Introdução à Filosofia do direito de Hegel.
Osman Lins (Brasil): Marinheiro de primeira viagem.
Rubem Fonseca (Brasil): Os prisioneiros (contos).
|
Nacen:
- Carles Torner i Pifarré (Barcelona)
- Joan-Lluís Lluís (Perpiñán).
- Jaume Subirana i Ortín (Barcelona).
- Màrius Serra i Roig (Barcelona).
- Sergi Belbel i Coslado (Terrassa).
- Vicenç Pagès i Jordà (Figueres).
Morren:
PREMI VÍCTOR CATALÀ: Carles Macià por La nostra terra de cada dia.
Edicións d’Aportació Catalana, dirixida por Joan Ballester, publica Ús de les llengües vernacles en l’ensenyament, versión catalá do libro editado pola UNESCO no 1953 (versión francesa). A versión española, da que parte a tradución ao catalán é de 1954 e consta de 172 páxinas, mentres que a catalá, que atende máis ben aos textos que fan referencia a esta lingua ten 52.
Agustí Calvet “Gaziel” : Un estudiant a Paris i altres estudis.
Albert Manent: Carles Riba.
Antoni Rovira i Virgili: Teatre de la ciutat (artigos).
Baltasar Porcel: La lluna i el Cala Llamp.
Blai Bonet i Rigo: Judes i la primavera.
Joan Ballester i Canals: Per una consciència de país.
Joan Fuster: Questió de noms e Diccionari per a ociosos.
Joan Vinyoli: Realitats (poemas).
Joaquim Amat-Piniella : K. L. Reich. (Escrita entre 1945-1946). Baseada en feitos reais, explica as condicións de vida do protagonista e dos seus compañeiros republicanos españois, no campo de concentración de Mauthausen.
Josep Maria Castellet i Joaquim Molas: Poesia catalana del segle XX.
Josep Vallverdù i Aixalà: Trampa sota les aigües.
Jordi Ventura i Subirats: Les cultures minoritàries europees.
Josep Maria Benet i Jornet: Una vella coneguda olor (teatro).
Josep Vicenç Foix: L‘estrella d‘en Perris (prosa).
Llorenç Villalonga: Desenllaç a Montlleó.
Lluís Alpera: El magre menjar.
Manuel de Pedrolo: Balanç fins a la matinada e Situació bis (teatro).
Maria Aurèlia Capmany: La pluja als vidres.
Marià Villangómez: Declarat amb el vent.
Pere Calders: L’ombra de l’atzavara (Premi Sant Jordi) e Demà, a les tres de la matinada (narracións).
Pere Gimferrer : Mensaje del Tetrarca. A primeira recensión deste libro de poesía fíxoa Álvaro Cunqueiro, co pseudónimo de Álvaro Labrada, no Faro de Vigo (26 de abril de 1964).
Pere Quart: Obra poètica e Biografia de Lot i altres proses.
Salvador Espriu : Llibre de Sinera (poesía).
Na editorial Ruedo Ibérico de París publica La pell de brau, con texto en catalán de Espriu, tradución castelá de José Agustín Goytisolo, cubertas de Antoni Tàpies e nota crítica de Maria Aurèlia Capmany, quen di: “La pell de brau és l’ampla terra d’Espanya”.
No 1995 Ediciós do Castro fai unha edición facsímile desta edición parisina. Nas páxinas preliminares facsímiles da edición de 1995 figura un prólogo de Ricard Salvat e unha nota informativa de Díaz Pardo, que reproduce unha carta de Salvador Espriu de 1975 na que o autor catalán fala da súa primeira viaxe a Galicia en 1934, viaxe na que adquiriu a novela Os dous de sempre, de Castelao, “un dels símbols cabdals de la Galícia: d’ahir, d’avui i de sempre”.
Xavier Casp: D’amar-te, Amor.
Morren:.
Alfonso Paso: La corbata. Ana María Matute: El río. Antonio Gala: Los verdes campos del edén. Antonio Martínez Ballesteros: El país de Jauja (teatro). Camilo José Cela: Garito de hospicianos. Carmen Laforet: La insolación. Corpus Barga (Andrés García de la Varga): Los pasos contados. Diego Salvador: La risa de la miseria (teatro). Elvira Lacaci Morris: Al este de la ciudad (Barcelona. Premio da Crítica). Con data de 4 de outubro de 1964 escríbelle Basilio Losada a Ramón Piñeiro: “Díxome Costa que lle deu a María Elvira Lacaci o enderezo de vostede porque a rapaza ten moito interés en entrar en relación cos escritores galegos e vai pulindo a súa língoa pra facer un libro de poesía galega. A noticia é formidable. Pra min Lacaci é superior a Blas de Otero. Linlle estes días un libro Al este de la ciudad, que emocionoume como hai tempo non me emocionaba nengún libro de poemas. Teño ganas de falar con ela e animala a que se achegue á vida literaria de Galicia”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Galaxia Páx. 357. O 27 de novembro de 1964 en resposta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada escribe: “Teño unha boa que che dar: María Elvira Lacaci é tan entranabelmente galega como calquera de nós. Nada arela tanto como cantar a Galicia en língoa galega. Naturalmente que o fará, pois as dificultás son máis ben pequenas. Ela confía na miña orientación idiomática i eu, como é natural, prestareilla con moitísimo gusto. Vaille ser moito máis doado do que ela mesma coida, porque sabe o galego popular”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 385). Fernando Arrabal: El gran ceremonial (teatro). Fernando Díaz- Plaja: El amor en las letras españolas. Fernando Quiñones: Retratos violentos. García Nieto: La hora undécima. Gonzalo Suárez: De cuerpo presente. Jorge Guillén: A la altura de las circunstancias. Jorge Semprún: Le grand voyage. Lauro Olmo Gallego: La noticia. Luis Castillo Puche: Paralelo 40. Luis Romero: El cacique (Premio Planeta). Manuel Padorno: A la sombra del mar. Mercedes Salisachs Roviralta: La estación de las hojas amarillas. Max Aub: Campo del moro. Miguel Mihura: La bella Dorotea. Torrente Ballester: Don Juan. |
Máis culturas:
Nacen:
- Berta Piñán (Cañu, Cangas de Onís).
- Guillermo Fadanelli (Ciudad de México).
- Alexéi Varlámov (Moscú).
- Federico Moccia (Roma).
- Johan Theorin (Gothenburg, Suecia).
- Rossana Campo (Génova).
- Tiziano Scarpa (Venecia).
- Vikas Swarup (Allahabad).
Morren:.
- Alfonso Cortés (1887 Nicaragua).
- Eduardo Barrios (Santiago de Chile; 1884 Valparaíso).
- Aldous Huxley (Hollywood; 1894 Godalming).
- Beppe Fenoglio (Torino; 1922 Alba).
- Jean Cocteau (1889 Maisons-Laffitte).
- Sylvia Plath (Suicídase en Londres; 1932 Boston).
- Tristan Tzara (París; 1896 Rumanía).
Amanda Berenguer: Quehaceres e invenciones.
Cabrera Infante: Un oficio del siglo XX (crítica cinematográfica).
César Fernández Moreno: Argentino hasta la muerte.
Cristina Peri Rossi: Viviendo.
Ernesto Sábato: El escritor y sus fantasmas (ensaios).
Jorge Díaz Gutiérrez estréase El lugar donde mueren los mamíferos.
José Emilio Pacheco: Los elementos de la noche e El viento distante.
José Ignacio Cabrujas: En nombre del rey (teatro).
Juan García Ponce: La noche.
Juan José Arreola: La feria.
Julio Cortázar: Rayuela e Carta a una señorita en París.
Mario Benedetti: Literatura uruguaya del siglo XX.
Mario Vargas Llosa: La ciudad y los perros.
Miguel Ángel Asturias: Mulata de tal.
Nicanor Parra: Manifiesto.
Osvaldo Dragún: Milagro en el mercado viejo.
Ramiro Domínguez: Salmos a deshora.
Salvador Garmendia: Día de ceniza.
Severo Sarduy: Gestos.
Tomás Mojarro: Bramadero.
Alain Robbe-Grillet: Pour un nouveau roman.
Aleksandr Solzhenitsyn: Pavillón de cancerosos.
Allen Ginsberg: Bocadillos de realidade.
Charles Bukowski: It catches my heart in its hands.
Christa Wolf: O ceo dividido.
Günter Grass: Anos de can.
Harold Pinter: The caretaker (teatro).
Heinrich Böll: Opinións dun pallaso.
Ismaíl Kadaré: O xeneral do exército morto.
Italo Calvino: La giornata di uno scrutatore.
James Graham Ballard: O mundo mergullado.
Jerome David Salinger: Erguede, carpinteiros, a viga do tellado e Seymour: unha introdución.
Joan Didion: Run, River.
John Huxtable Elliott: Imperial Spain e The revolt of the catalans.
John le Carré: The spy who came in from the cold.
John Updike: The Centaur.
Leonardo Sciascia: Il consiglio d’Egitto.
Magda Szabó: A balada de Iza.
Muriel Spark: The girls of slender means.
Natalia Ginzburg: Lessico famigliare.
Paul Celan: Sprachgitter Die Niemandsrose (A rosa de ninguén. Poesía).
Primo Levi: La tregua.
Sylvia Plath (1932-1963): The bell jar (A campá de vidro).
Thomas Pynchon: V.
Vidiadhar Surajprasad Naipaul: O señor Stone e o cabaleiro.
Vladimir Holan: Unha noite con Hamlet (poesía).
Yukio Mishima: O mariño que perdeu a gracia do mar.
Tamén sucedeu...
- CINE:
Pier Paolo Pasolini: Mamma Roma. Conmovedor testemuño dos rapaciños desfarrapados dos arrabaldos.
Luchino Visconti: Il gattopardo.
Kubrick: Lolita.
Chris Marker: Le joli Mai (Cinéma verité).
Luis G. Berlanga: El verdugo.
- Bob Dylan: “The Freewheelin Bob Dylan”.
- Fúndase a revista “Cuadernos para el Diálogo”.
- Franco promulga o estado de excepción durante tres meses nas provincias de Asturias, Vizcaia e Guipúzcoa (27 de abril).
- Enlace en Atenas do príncipe Juan Carlos de Borbón e a princesa Sofía de Grecia.
- O “Contubernio” de Múnich: 118 delegados españois nun congreso do Movimento Europeo, realizan un comunicado conxunto solicitando unha democratización do réxime de Franco (7 de xuño).
- A instabilidade social e política e o Congreso do Movimento Europeo provocan a formación do sexto Goberno de Franco (10 de xullo).
- Créase o “Tribunal de Orden Público”.
- Estatuto de autonomía para Guinea.
- España ingresa no “Acuerdo General sobre Aranceles Aduaneros y Comercio”.
- Unha manifestación antirracista de 200.000 persoas, encabezadas por Martin Luther King, diríxese ao Capitolio en Washington.
- Kenia deixa de ser colonia do Imperio Británico.
- Asasinado o presidente Kennedy nos Estados Unidos.
- Créase a OUA (Organización da Unidade Africana).
- Estados Unidos, Unión Soviética e Gran Bretaña asinan o tratado de prohibición de probas nucleares.
- Independencia de Kenia e Zanzibar.
- Cae o goberno de Diem no Vietnam do Sur.
- Martin Luther King dirixe a campaña a favor dos dereitos civís nos Estados Unidos.
- Enfrontamento entre Malasia e Indonesia.
- Golpe de estado en Ecuador.
- A soviética Valentina Tereshkova, primeira muller que sae ao espacio.
- O 20 de abril é executado o dirixente comunista Julián Grimau, (Madrid; ibídem 1911) acusado de rebelión militar no 1936:
“Rebelión militar. Señor, ¿quién fue el primero
que ensangrentó la patria pobre que amanecía,
quién la sacó de madre y quién fue el carcelero
que le encadenó el alma con tan lenta agonía?
Rebelión militar. Di, ¿quién fue el asesino
de ayer y que en tu nombre hoy sigue asesinando?
Fulmínalo; Señor, con tu rayo divino, porque si no,
hasta cuándo, hasta cuándo, hasta cuándo?”
(De España hoy Edit. Ruedo Ibérico. París 1965).
- Morre o Papa Xoán XXIII.