1991
Índice
Cultura galega
Día das Letras Galegas
Nacementos/Pasamentos
Nacementos |
---|
Literatura |
Elena Veiga Rilo (Guísamo). |
Antía Yáñez (Burela). |
Outros |
Pasamentos |
---|
Literatura |
Eduardo Moreiras Collazo (Vigo; 1914 Quiroga). |
Outros |
O pintor Antonio Lago Rivera (A Coruña; id. 1916). |
O pintor Andrés Colombo (1911 Pontecesures). |
O pintor Mario F. Granell (Vigo; 1914 A Coruña). |
O escultor Xosé María Acuña (Vigo; 1903 Salcedo, Pontevedra). |
O escritor Jorge Víctor Sueiro (Madrid; 1929 Rois). |
O actor Fernando Iglesias “Tacholas” (Buenos Aires; 1909 Ourense). |
O músico José Figueiras Baltar (San Martiño de Riobó; ibídem 1903). |
O profesor e político Emilio González López (New-York; 1903 A Coruña). |
O político Pío Cabanillas Gallas (Madrid; 1923 Pontevedra). |
O industrial e escritor Gaspar Massó (1892 Bueu). |
Publicacións
Galegas
- Agustín Fernández Paz : Contos por palabras (Premio Lazarillo 1990 Lista IBBY 1992); Lonxe do mar; Facermos cómics (Xerais) e Animación á lectura.
- Alfonso Pexegueiro : Desatinos dun maldito (Xerais. “Grial” nº 112).
- Álvaro Cunqueiro (1911-1981): Flor de diversos (Escolma realizada por Xesús González Gómez de poetas traducidos ao galego por Cunqueiro. Galaxia).
- Ana Expósito Valle : O dente de Ana (lit. inf. e xuv).
- Ana María Fernández e * Xoán Babarro : A chamada das tres raíñas (lit. infantil).
- Andrés García Vilariño e Pepe Carballude : O deus desaparecido (Premio Barco de Vapor 1990).
- Antón Lopo : As reliquias (Narrativa. Xerais).
- Antón Risco : A figuración literaria, Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega, Tres situacións elementais e A noite de sábado.
- Antón Tovar Bobillo : A nada destemida (Poesía. Galaxia. “Grial” nº 113).
- Antonio Domínguez Rey : Fendas (Edición bilingüe galego/castelán. Espiral Maior).
- Antonio Gil Hernández : Do amor de tudo quanto é livre (Irmandades da Fala da Galiza e Portugal).
- Ánxel Johán (1901 - 1965): Sonetos de vida e morte.
- Bieito Iglesias Araúxo : Aventura en Nassau (Xerais. “Grial” nº 112).
- Bruno Bernardo: O paxaro asiático (serie para TV).
- Cándido Pazó González : O melro branco (Premio Xeración Nós de Teatro Infantil 1989).
- Carlos Amable Baliñas Fernández : Descubrindo a Otero Pedrayo.
- Carlos Durán : Focagens (Irmandades da Fala de Galiza e Portugal).
- Carlos Penelas: Poemas ácratas (Ediciones del Valle; Argentina).
- Carlos Reigosa : Os outros disparos de Billy (publicada en 1986 en castelán).
- Carmen Blanco García : Carballo Calero: política e cultura (entrevista con Carballo Calero. O Castro) e Literatura galega da muller (Xerais. “Grial” nº 113).Con data de 26 de setembro, escríbelle Luz Pozo: “Ante todo, gracias polo fermoso traballo que realizaches. Biografía e estudio de toda a miña obra. (...) E tamén por me incluír no teu interesantísimo ensaio Literatura galega da muller. Moi ben documentado e admirablemente levado no proceso que parte da polimorfía xenial de Virginia Woolf ata as escritoras nosas de hoxendía. Coido que fixeches un traballo inxente, mesmo unha tese doutoral, elaborada moi concienzudamente, con intelixencia e rigor. Lendo o teu libro, póñense de relevo certas cualidades da autora: grandes e extensos coñecementos; capacidade de análise e de síntese moi especial; unha clarísima visión da idiosincrasia feminina; claridade de exposición e visión unitaria... Son dotes que ti posúes – entre moitas outras. Ademais dunha gran enerxía para manter enriba o pulo inicial. Noraboa! (“Unión Libre”. Cadernos de vida e culturas, nº 25. 2020).
- Celso Fernández: Divagacións iú.
- Claudio Rodríguez Fer : Cebra (poemas) e Arte literaria.
- Concha Blanco : A vaca titiriteira (Bruño) e A misteriosa montaña da Pena Negra.
- Cristina Frasié: Mambo negro.
- David Otero Fernández : Chano.
- Elvira Souto Presedo : Viagens na literatura (Laiovento).
- Euloxio R. Ruibal : Teatro mínimo.
- Fernando Alonso Romero : Santos e barcos de pedra. Para unha interpretación da Galicia Atlántica.
- Francisco Álvarez “Koki” : Máis aló de Fisterre (poemas).
- Fina Casalderrey : Mutacións xenéticas (Vía Láctea).
- Fina Rouco Puentes: ¡Ai, cando llo conte a Uxía…!
- Fran Alonso : Trailer. Premio Blanco Amor de Novela. Xerais. “Grial” nº 113).
- Francisco Fernández del Riego : O río do tempo. Unha historia vivida (Ediciós do Castro) e Álvaro Cunqueiro e o seu mundo (Ir Indo).
- Francisco Xavier Frías Conde : El xabaril que quería engalar (en galego de Asturias).
- García-Sabell : Análise existencial do home galego enfermo e outros ensaios.
- Gloria Sánchez García : Fafarraios (Premio Merlín 1990 Lista IBBY 1994) e Rimas con letra.
- Gonzalo Navaza : Fábrica íntima (Premio Eusebio Lorenzo de poesía no 1989 e Premio da Crítica Española en 1991 Galaxia. “Grial” nº 113).
- Heidi Kühn Bode : Fideliño o casteiro (Bruño).
- Helena Villar Janeiro : O enterro da galiña de Domitila Rois (Galaxia. “Grial” nº 115); A canción do rei (lit. infantil; Galaxia) e O avó de Pipa (lit. infantil; Bruño).
- Isaac Ángel Otero Rodríguez : Marisma pacífica e Oración do náufrago (poemas).
- Julio Naveira Montero: Cinzas e anacos.
- Lino Braxe : A promesa e A memoria perdida.
- Lourdes Maceiras : Rabibranca (lit. infantil).
- Luísa Villalta : Música reservada (poemas) e Silencio, ensaiamos (narrativa).
- Manuel Bernardo Regal Ledo : Chorimas.
- Manuel Forcadela : Barato, barato (Edicións do Cumio).
- Manuel Lage Touriño : Poesías, realidades e recontos.
- Manuel Lourenzo González : Algúns outros (prosa. Ed. do Cumio).
- Manuel María : Compendio de orballos e incertezas. A tribo ten catro ríos (Ediciones SM. 1º libro da triloxía Manuel de Paderna)
- Manuel Rivas : No mellor país do mundo (crónicas políticas) e Os comedores de patacas.
- Marcos Valcárcel : Dos años de agitación política (Basilio Álvarez no Parlamento).
- María García Yáñez: O Espello (lit. infantil; Xerais).
- María Teresa Otero Sande: A illa.
- María Xesús Pato Díaz : Urania.
- María Xosé Queizán : Antígona, a forza do sangue e Metáfora da metáfora.
- Méndez Ferrín : Arraianos (Premio Losada Diéguez e da Crítica galega e española. Xerais “Grial” nº 113).
- Nacho Taibo : Informe bestiario (Premio Carvalho Calero).
- Otero Pedrayo (1888-1976): Gelmírez.
- Paco Martín : Un robot pequeno.
- Paulino Vázquez : Aquí podían ser os pés de arxila (Santiago).
- Pilar Pallarés : Rosas na sombra. A poesía de Luís Pimentel (Edicións do Cumio).
- Pura Vázquez : Antoloxía (1952-1971).
- Rafael Dieste (1899-1981): Fragua íntima. Aforismos (1926-1975) (Edición, limiar e notas de Arturo Casas).
- Rafael Fernández Lorenzo : Son media ducia e parecen cen.
- Ramiro Fonte : As lúas suburbanas (poesía) e Adeus norte (Premio Esquío).
- Ramón Caride Ogando : Crónica de sucesos.
- Sabela Álvarez Núñez : Cinsenta non quixo ser princesa.
- Sindo Seixido : A gloria é un afiador.
- Olegario Sotelo Blanco : A emigración galega en Catalunya e Conversas con Xaime Quessada.
- Suso de Toro : F. M (artigos en La Voz de Galicia. “Grial” nº 112), e Camilo Nogueira e outras voces: unha memoria da esquerda nacionalista.
- Teresa López Fernández : Névoas de antano (1º Premio de Investigación Lingüística-Literaria Carballo Calero).
- Úrsula Heinze : A nena de ouro e Mulleres (Xerais. Vigo)
- Uxío Novoneyra : Tempo de elexía.
- Luís Lamela García : Pepe Miñones: un crimen en la leyenda (1900-1936) (Ediciós do Castro).
- Valentín Carrera González : Riosil (Premio Blanco Amor de novela 1990).
- Xabier P. Docampo : Roxelio e a couza (lit. infantil).
- Xavier Alcalá : Latitude austral.
- Xavier Costa Clavell : Sempre Galicia no meu corazón.
- Xavier Frías Conde : Onte foi cabalo de cinza (poemas).
- Xavier Navaza Blanco : Disparos.
- Xavier Rodríguez Baixeras : Visitantes (I Premio Miguel González Garcés. Deputación A Coruña. “Grial” nº 114) e publica en edición bilingüe castelán-galego A gándara da noite (1987).
- Xavier Rodríguez Barrio: Alborada no muro (Premio Eusebio Lorenzo Baleirón).
- Xesús Pisón : Ei, Feldmülhe! (Fantasía do Valadouro con vampiros) (Premio de Teatro Rafael Dieste).
- Xelucho Abella Chouciño : Gundar e o cabalo de oito patas e A cidade maldita (Xerais).
- Xerardo Méndez : O cazador (Sotelo Blanco).
- Xesús Alonso Montero : Luís Pimentel: biografía da sús poesía e Informe(s) sobre a lingua galega (presente e pasado) (Edicións do Cumio. “Grial” nº 112)
- Xesús Rábade Paredes : Encoro de silencio (Vigo); Branca de Loboso (Galaxia. “Grial” nº 114) e Recuperar a voz (Edicións do Cumio. “Grial” nº 112).
- Xoán Babarro : Kumamoto Canchés, o meu robot xaponés (Edelvives).
- Xoán Bernárdez Vilar : Exipto, a viaxe perdida de Egeria (investigación) e O incógnito monte Zephiro da “Ora Marítima” (investigación).
- Xoán González-Millán : Álvaro Cunqueiro: os artificios da fabulación (Galaxia. “Grial” nº 110);Álvaro Cunqueiro e “Merlín e familia” (Galaxia); e Silencio, parodia e subversión: cinco ensaios sobre narrativa galega contemporánea (Xerais).
- Xosé Amancio Liñares Giraut : Conversas con Avelino Pousa Antelo. Memorias dun galego inconformista (Ed. do Castro).
- Xosé Carlos Caneiro : O buscador de nada (ensaio).
- Xosé Cermeño : Historia de Abaddón (poemas; Premio Leliadoura) e Estes días refresca polas tardes (lit. Infantil).
- Xosé Cid Cabido : Días contados (relatos; Premio Cidade de Lugo. Xerais. “Grial” nº 114).
- Xosé Domínguez González : A cidade dos alemáns.
- Xosé Fernández Ferreiro : Agosto do 36 (Premio Xerais).
- Xosé Filgueira Valverde : O 7 de marzo de 1936, Cunqueiro resposta a un inquérito de Filgueira Valverde que pretendía facer unha antoloxía de poesía galega contemporánea, enviándolle, ademais dos datos biográficos e autobiográficos requeridos, dous poemas en catalán, un dos cales estaba xa editado (novembro de 1935) en “Quaderns de Poesia”. Filgueira non publicaría até 1991 este material co título Autopoética e poesías (1935), deixando así de ser inédito o poema “La nit és bruna”.
- Xosé Francisco Armesto Faginas:Cunqueiro. O gran fabulador;Álvaro Cunqueiro. Unha fotobiografíaeBaiona.
- Xosé García Lapido: Ata romper o ceo (poemas).
- Xosé Luís Franco Grande: A ilusión da esperanza. De Cabanillas a Baixeras'.
- Xosé Luís Laredo Verdejo : O trevo de catro follas e Guía de Galicia (do A ó Z).
- Xosé Manuel Beiras : Prosas de combate e maldicer (ensaios breves e artigos).
- Xosé Manuel López Gómez “Ardeiro”: O matiz esmeralda da sombra (Premio Eusebio Lorenzo Baleirón).
- Xosé María Álvarez Cáccamo : Prego de cargos e O lume branco (Traducido ao catalán por Xulio Ricardo Trigo: Foc blanc).
- Xosé Miranda : Historia dun paraugas azul (Premio García Barros de novela 1990).
- Xosé María Gómez Vilabella : Cacería de ciclóstomos en Ifni e ¿Pódese pasar? (Prólogo de Manuel María).
- Xosé María Heras Varela: A fuxida dos nenos.
- Xosé Neira Vilas pon en galego o libro de José Martí A Idade de Ouro e publica Guerrilleiros.
- Xosé Ramón Pena : Paixóns privadas (Xerais).
- Xulio López Valcárcel : Anel de mel (narrativa).
- Xurxo Borrazás : Cabeza de chorlito.
- Xusto González Beramendi:A obra política de Ramón Villar Ponte.
Relativas a Galicia
- A publicación anual “As San Lucas” dedicada ás festas de Mondoñedo, dedícase a Álvaro Cunqueiro.
- O nº 536 da revista “Ínsula” está dedicado a Cunqueiro.
- Editada pola Asociación Cultural Madia Leva!, sae en Pontevedra o 1º e único número da revista “Madia Leva!”.
- Edítase en Santiago de Compostela o nº 0 de “Mocidade”, que levará o subtítulo de “Voceiro nacional de Galiza Nova”.
- Tamén en Santiago sae en maio o único número de “Udiversidade” co subtítulo de “Publicación conxunta das revistas universitarias”.
- En outubro, o periódico “A Peneira” conmemora o seu nº 100 cun especial no que colaboran Avelino Pousa Antelo, Fernández del Riego, Filgueira Valverde, Manuel María, Ramiro Fonte e Viale Moutinho.
- A Universidade de Santiago de Compostela publica “A regueifa” co subtítulo de “Revista de filosofía, psicoloxía e pedagoxía”. Sairán tres números: en maio de 1991, en febreiro de 1992 e en maio de 1993.
- Aparece “Eco. Revista del Eje Atlántico”.
- O 2 de febreiro ve a luz “Revista de letras”, suplemento cultural de “El correo gallego”, coordinado por Antón R. López, que en decembro de 1993 pasará a editarse con “O correo gallego”.
- O xornal Diario 16 de Galicia edita unha “Biblioteca de Autores Galegos”, conxunto de 90 obras, que aparecen entre 1991 e 1992.
- O nº 1 da serie “Documentos A” da revista de Barcelona “Anthropos” dedícase a Dieste.
- Sae o nº 1 da revista “Laiovento”, boletín trimestral da editorial do mesmo nome de Santiago de Compostela.
- A Universidade de Santiago publica a revista anual “Innovación educativa”.
- En conversa con Carlos G. Reigosa di Díaz Pardo o 16 de agosto; “Vivimos nunha terra que todo o esquece e o que non se esquece non falta quen veña manipulalo e cambialo para o seu proveito”. “Utilízase o nome de Castelao para facer o contrario do que Castelao quería. Non son capaces de botalo abaixo, pero saben como utilizalo. Porque quen lembra agora como era Castelao, que representaba e que quería? Hai quen quere esquecer a memoria, porque non lle convén. Hai un oportunismo tremendo, e o que tratan é de ocultar, de facer posible que se esqueza o pasado ou que se lembre reinventado. Por iso é tan importante recuperar a memoria de verdade, a auténtica. Se non hai memoria, o home non recibe a experiencia histórica, que é o que caracteriza unha cultura. Sen memoria non somos, porque non sabemos quen somos” (Carlos G. Reigosa. “La Voz de Galicia”. Culturas 21 /01/2012).
- Impulsada por Edicións Positivas de Santiago e dirixida por Xelís de Toro, nace a revista “Anima+l”
- Publícase Antoloxía da literatura fantástica en lingua galega.
- Aparece o libro Homenaxe a Miguel González Garcés (coordinado por Lino Braxe, Xavier Seoane e Xulio L. Valcárcel).
- Xerais publica Sete narradores soviéticos 1934-1950 (“Grial” nº 111).
- A Fundación Caixa Galicia publica Homenaxe a Ramón Piñeiro con 48 colaboracións coordenadas por Carlos Casares (“Grial” nº 110).
- Rafael Chacón e Manuel Rodríguez Alonso publican Diccionario de erros e dúbidas da lingua galega (Sada).
- Publícase o Diccionario de dúbidas da lingua galega de Galaxia (“Grial” nº 112).
- O Departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Santiago publica o libro Homenaxe ó profesor Constantino García (“Grial” nº 111).
- Ir Indo publica Contos da xustiza (17 autores).
- Albino Prada Blanco: Montes e industria.
- Alfredo Conde: Los otros días (Premio Nadal).
- Álvaro Cunqueiro: Encuentros, caminos y noticias del Reino de La Tierra (El Correo Gallego. Biblioteca 114, nº 59).
- Ana Isabel Boullón Agrelo, Ernesto X. González Seoane, Ramón Mariño Paz, Fernando R. Tato Plaza: Léxico da Administración. Castelán-Galego (Real Academia Galega/Instituto da Lingua Galega. “Grial” nº 115).
- Andrés Pociña: Rosalía de Castro. Documentación y bibliografía crítica (1837-1990).
- Antón Castro: Bestiario fantástico aragonés (Premio Nacional ao mellor libro ilustrado) e El silbo vulnerado.
- Antonio Fraguas: Galicia máxica (Santiago).
- Aurora Marco publica Teatro ignorado no que estuda 41 textos teatrais de Otero Pedrayo publicados en “La Noche” e “El Pueblo Gallego”.
- Benigno Fernández Salgado: Os xentilicios e os topónimos do mundo (Xunta de Galicia. “Grial” nº 115).
- Carlos López Bernárdez: De Catro a Catro de Manuel Antonio (Guía de lectura. Edicións do Cumio. “Grial” nº 113).
- Carlos Villanueva Arias: Vilancicos galegos de Nadal.
- Clodio González Pérez: As festas cíclicas do ano e Aproximación etnográfica á cultura material da montaña lucense: notas históricas e situación presente.
- Constantino García: Peneirando palabras.
- David Otero Fernández: Castelao corenta anos despois 1950-1990.
- Emilio Álvarez Negreira: La veleta apunta a Pontevedra.
- Estanislao Fernández de la Cigoña: Illas de Galicia: Cíes, Ons, Sálvora, Tambo, San Simón e Cortegada.
- Fernando Bel Ortega: Vida e obra de Francisco Añón.
- Francisco Mayán Fernández: Manoel Ledo Bermúdez. O Pallarego.
- Francisco Salinas Portugal: Voz e siléncio: entrevista con R. Carbalho Calero.
- Henrique Harguindey traduce ao galego Gargantúa e Pantagruel de Rabelais.
- Jesús M. Martínez: O cancioneiro marial de Alfonso X, o Sabio (Univ. de Compostela).
- José de Cora Paradela: Manual del perfecto político.
- Julián Ríos: Las tentaciones de Antonio Saura.
- Lino Braxe e Xavier Seoane: A máxia da palabra: Cunqueiro na radio.
- Lojo Piñeiro: A violencia na Galicia do século XV (Univ. de Compostela).
- Manuel Ferreiro Fernández: Pondal: do dandysmo á loucura. Biografía e correspondencia. (Laiovento).
- Manuel Forcadela: A Esmorga de Eduardo Blanco Amor. (Guía de lectura. Edicións do Cumio. “Grial” nº 113).
- Manuel Portas: Lingua e sociedade na Galiza (Bahía Edicións).
- Manuel Rei Romeu: Arte e verdade. A obra literaria de Daniel Castelao (Edicións do Cumio).
- March Kathleen: De musa a literata: el feminismo en la obra de Rosalía de Castro (Barcelona).
- Marcial Gondar Portasany: Mulleres de mortos.
- Matilde Mateo Sevilla: El Pórtico de la Gloria en la Inglaterra victoriana. La invención de una obra maestra.
- Miguel Anxo Araújo: Palabras para os amigos e Oracional galego.
- Miguel Anxo Mato Fondo: Literatura galega. Textos escollidos e A Mazá e a cinza.
- Narciso de Gabriel Fernández: Leer, escribir y contar. Escolarización y sociedad en Galicia (1875-1900) (Edicións do Castro. “Grial” nº 111).
- Pegerto Saavedra Fernández: A Galicia do Antigo Réxime. Economía e sociedade.
- Perfecto Conde Muruais: La conexión gallega, del tabaco a la cocaína (Ediciones B, Barcelona).
- Rafael L. Ninyoles: Estructura social e política lingüística (Ir Indo. “Grial” nº 114).
- Ricard Salvat dirixe a produción do CDG O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca de A. Cunqueiro.
- Ricardo Martínez-Conde: Los argumentos de la tarde.
- Xavier López Rodríguez: El clan de los sonámbulos.
- Xulio Cobas: Trabalinguas para xogar.
Acontecementos
- Fúndase “Edicións Espiral Maior” na Coruña, que potenciará especialmente a publicación de poesía.
- A Dirección Xeral de Política Lingüística saca un video sobre cinco poetas alófonos: Carles Riba, Anne Marie Morris, Juan Pérez Creus, Gerald Denley e Federico García Lorca.
- En maio, Agustín Sixto Seco, elixido novo correspondente en Galicia da revista do Centro Galego de Buenos Aires “Galicia”.
- Créase o certame de gaita “Constantino Bellón” promovido polo Ateneo Ferrolán.
- Ramón Chao comeza a colaborar en “Le Monde Diplomatique”.
- Nace o Servicio Galego de Saúde.
- A Asociación Cultural Xeira convoca o “Premio Xeira de Narraciois Curtias”.
- A Mesa do Bierzo organiza o “II Congreso da Lingua e a Cultura Galega da Terra Navia-Eo, O Bierzo e As Portelas”.
- Constitúese a “Asociación Fala i Cultura do Val do Ríu Ellas”.
- O Concello de Vigo e o de Mondoñedo crean o "Premio de Narrativa Álvaro Cunqueiro", con carácter bienal.
- Eleccións municipais en Galicia.
- A Raíña Sofía inaugura en Santiago a exposición “Galicia no Tempo”.
- A Xunta presenta a nova ordenación sanitaria de Galicia, que divide o territorio en 14 áreas e prevé a creación de 49 zonas comarcais de saúde.
- VI Congreso do PP de Galicia. Fraga presidente e Cuíña secretario xeral.
- Visita dos Reis de España a Galicia.
- Visita oficial a Galicia do presidente portugués Mario Soares.
- A Xunta merca por 1500 millóns un palacete no centro de Madrid para instalar as súas delegacións na capital de España.
- Fraga visita oficialmente Lisboa, onde inaugura a Semana de Galicia en Portugal. Visita tamén Cuba e Suíza.
- Filgueira Valverde, nomeado Presidente do Consello da Cultura Galega.
- Uxía: Entre cidades
Premios
- Premios da Crítica Galicia:
- Creación literaria: Fiz Vergara Vilariño por Nos eidos da bremanza (Galaxia).
- Ensaio e Pensamento: Xulio Cabrera Varela por O combate dos deuses (Xerais)
.
- Investigación: Atlas Lingüístico Galego do Instituto da Lingua Galega.
- Ciencias e Artes da Representación: Xurxo Lobato.
- Música: Jesús Bal y Gay.
- Iniciativas culturais: Xosé Luís Blanco Campaña.
- XI Premio Esquío de Poesía: A porta de lume de Xesús Manuel Valcárcel e Vuelta de hoja de Antonio Cáceres (castelán).
- Premio Xerais: Agosto do 36 de Xosé Fernández Ferreiro.
- Premio Merlín: Dúas bágoas por Máquina de Fina Casalderrey.
- Premio Blanco Amor de Novela: Trailer de Fran Alonso.
- Premio da Crítica de narrativa galega: Xosé Luís Méndez Ferrín por Arraianos.
- Premio da Crítica de poesía galega: Gonzalo Navaza por Fábrica íntima.
- A Deputación da Coruña institúe o Premio Miguel González Garcés, sendo o primeiro gañador Xavier Rodríguez Baixeras: Visitantes. A partir da edición de 2000 a convocatoria é bienal.
- Premio Eusebio Lorenzo Baleirón: Nas hedras da clepsidra de Helena Villar Janeiro.
- Premio Álvaro Cunqueiro: Saxo tenor de Vidal Bolaño.
- Basilio Losada, Premio Nacional de Traducción por Memorial do convento de Saramago.
- Xesús Ferro Ruibal acada o Premio Nacional de Periodismo Julio Camba.
- Pedrón de Ouro: Xavier Costa Clavell.
- Úrsula Heinze e Ramón Lorenzo reciben o Premio Ramón Cabanillas de tradución pola obra de Michael Ende O ponche dos desexos.
- Premio da Crítica Española: Fábrica íntima de Gonzalo Navaza.
- Premio García Barros: Deserto.
- Alfonso Álvarez Cáccamo Premio Especial á Comunicación do Museo do Humor de Fene.
- Cándido Pazó recibe o Premio Compostela pola tradución de Rei Lear de Shakespeare.
- Lois Tobío recibe o Premio Trasalba da Fundación Otero Pedrayo.
- Premio Internacional de Poesía en Lingua Galega Rosalía de Castro:
Epistolario
- Carmen Blanco García : publica Literatura galega da muller (Xerais. “Grial” nº 113). Con data de 26 de setembro, escríbelle Luz Pozo: “Ante todo, gracias polo fermoso traballo que realizaches. Biografía e estudio de toda a miña obra. (...) E tamén por me incluír no teu interesantísimo ensaioLiteratura galega da muller. Moi ben documentado e admirablemente levado no proceso que parte da polimorfía xenial de Virginia Woolf ata as escritoras nosas de hoxendía. Coido que fixeches un traballo inxente, mesmo unha tese doutoral, elaborada moi concienzudamente, con intelixencia e rigor. Lendo o teu libro, póñense de relevo certas cualidades da autora: grandes e extensos coñecementos; capacidade de análise e de síntese moi especial; unha clarísima visión da idiosincrasia feminina; claridade de exposición e visión unitaria... Son dotes que ti posúes – entre moitas outras. Ademais dunha gran enerxía para manter enriba o pulo inicial. Noraboa! (“Unión Libre”. Cadernos de vida e culturas, nº 25. 2020).
Sumarios
GRIAL Nº 109 (xaneiro, febreiro, marzo).
ALEJANDRO DE LA SOTA William Curtis: Dúas obras. Xan Casabella López: Arredor da casa Domínguez. Pedro de Llano: Debuxo e arquitectura: dúas traxectorias paralelas. César Portela: Unha arquitectura atemporal. Iago Seara: Recrear o movemento moderno. Manuel Gallego, Pedro de Llano e César Portela: Unha conversa… Xosé Filgueira Valverde: Lembranza do primeiro Alexandre de la Sota. Alejandro de la Sota: Teoría e práctica da arquitectura. Damián Villalaín: Historia de Neera: Unha obra de autor galego (Teatro). A CULTURA NO MUNDO Gustavo A. Garrido: A ciencia na edición en lingua inglesa: 1990. Henrique Monteagudo: Coloquio Internacional Dereitos Lingüísticos/Dereitos Humanos.
|
GRIAL nº 110 (abril, maio, xuño).
LEMBRANZA DE A. CUNQUEIRO. Xoán González- Millán: Álvaro Cunqueiro e Cervantes: xogos de erudición. Sergio Vergara Alarcón: Álvaro Cunqueiro: a súa obra e a crítica. Manuel Pérez Bello: Entrevista con Álvaro Cunqueiro. Silvia Gaspar: Atracción e detracción de Cunqueiro. Carlos X. Fernández: Hermenéutica cultural e occidentalización. Xavier Castro: Picadillo: cultura e gastronomía. Mauro A. Fernández: Coordenadas sociais e dinámica do bilingüismo galego. Ramón Mariño Paz: Presencia do galego na sociedade galega durante os séculos XVI, XVII e XVIII. Ernesto Xosé González Seoane: O debate sobre o galego na prensa do XIX: Algúns datos para unha historia do antigaleguismo. Damián Villalaín: Os xustos: un continuo interrogante (teatro). A CULTURA NO MUNDO Germán Barreira: Cervantes na UNESCO: ¿a espada e/ou a pluma? Enrique Camacho García: Difusión internacional da cultura: linguas minoritarias e pequenos países. Federico Anllada: Derrida no Magazine littéraire.
|
GRIAL Nº 111 (xullo, agosto, setembro).
Luís Seoane: Ramón Piñeiro. Introducción. Ramón Piñeiro: Da miña acordanza (Memorias).Documentos políticos: Consello de Galicia Acusacións que se nos fan Castelao Cultura e política Balance do noso labor Conclusións Cartas Carta de Ramón Suárez Picallo Correspondencia con Rodolfo Prada. Correspondencia con Rof Carballo Cartas de Celestino F. de la Vega Cartas de Ramón Piñeiro INFORME DE OTERO PEDRAYO Á REAL ACADEMIA GALEGA Damián Villalaín: Notas sobre o teatro de Álvaro Cunqueiro. A CULTURA NO MUNDO Gustavo Adolfo Garrido: Ind
|
GRIAL Nº 112 (outubro, novembro e decembro).
EN TORNO A VALLE-INCLÁN Darío Villanueva: Valle-Inclán e James Joyce. José Luís Cordero López: Galicia, Valle-Inclán e a morte. Apuntes etnográficos sobre as manifestacións da Morte en Galicia, a través das “Comedias Bárbaras”. Ana María Spitzmesser: Totem e Tabú: a sociedade galega nas “Comedias Bárbaras” de Valle-Inclán. Gustavo A. Garrido: Jesús Mosterín: entre o destino e a liberdade. Hernán Neira: Borges e o folclore inmortal. Maximino Cacheiro Varela: Octavio Paz e Mallarmé. Antón Risco: Para un estudio dos mitos actuais III. O lobishome. B. Lourenço Fondevila: Heidegger: ecoloxía e o sentido do sagrado. Damián Villalaín: Don Hamlet: Cunqueiro ante o público. De cruces, picas e carabelas: crónica cómica da conquista A CULTURA NO MUNDO Henrique Monteagudo: Giuseppe Tavani, Doutor Honoris Causa en Compostela. Ernesto González Seoane: III Congreso da Asociación de Estudios Galegos. Entre a decepción e a esperanza. R. : Encontro de escritores galegos e portugueses. Tiago Vidal: Novo acordo ortográfico da lingua portuguesa.
|
Outras culturas
PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Nadine Gordimer
- Prémio Camões : José Craveirinha (Mozambique 1922-2003).
Nacen:
Morren:
- Francesc de Borja Moll i Casasnovas (Palma, Mallorca;1903 Ciutadella, Menorca).
- Josep Ferrater Mora (Barcelona; ibídem 1912).
- Maria Aurèlia Capmany (1918 Barcelona).
- Montserrat Roig i Fransitorra (Barcelona; ibídem 1946).
- Vicenç Riera Llorca (Pineda de Mar; 1903 Barcelona).
PREMI VÍCTOR CATALÀ: Joaquim Soler por A una sola veu.
PREMI D’HONOR DE LES LLETRES CATALANES: Miquel Martí i Pol.
PREMI JOSEP PLA: Xavier Rubert de Ventós: El cortesà i el seu fantasma.
PREMI RAMON LLULL DE NOVELA: Lluís Romero : Castell de cartes.
Àlex Susanna: Les anelles dels anys (Premi Carles Riba 1990).
Antoni Marí i Muñoz: El vas de plata.
Antoni Serra: Llibre de família.
Carles Duarte: La pell del somni (poesía).
Carme Riera: Contra l’amor en companyia i altres relats.
Enric Casassas: La cosa aquella (poesía).
Ferrán Cremades: Línea trencada.
Gabriel Janer Manila: Contes per als qui dormen amb un ull obert e Els rius de la lluna.
Gaspar Jaén i Urban: Fragments (poesía).
Jaume Cabré: Pluja seca. Senyoría (traducida ao galego por Dolores Martínez Torres. Galaxia 2002).
Joaquim Carbó: L’altre barr.
Joaquim Soler: Anestèsia.
Josep Maria Benet i Jornet: Desig (teatro).
Josep Maria Llompart: Països Catalans? i altres reflexions.
Josep Maria Sala- Valldaura: Ets arrel d’ala i de vol (poesía).
Josep Palau i Fabre: Un Saló que camina (narrativa) e L’Alfa Romeo i Julieta, i altres contes, precedit per Aparició de Faust (teatro).
Josep Piera: Dictats d’amors (poesia 1971-1991).
Luis Romero: Castell de cartes.
Lluís Maria Todó: Els plaers ficticis.
Manuel Garcia i Grau: Els signes immutables (poesía).
Marc Granell i Rodríguez: Fira desolada.
Margarida Aritzeta: Tie Break.
Maria Àngels Anglada: La daurada Parmèlia i altres contes e L’agent del rei.
Maria Josepa Gallofré i Virgili: L’edició catalana i la censura franquista (1939-1951). Publicacións de l’Abadia de Montserrat. Barcelona.
Màrius Serra i Roig: Tres és massa.
Mercè Rodoreda (1908-1983): Isabel i Maria.
Nèstor Luján: A Mayerling, una nit… e Los espejos paralelos.
Olga Xirinacs Díaz: Enterraments lleugers (Premi San Joan 1990).
Pere Gimferrer: La llum (poesía).
Ramon Folch i Camarasa: Manual del perfecte escriptor.
Ramón Solsona: Llibreta de vacances.
Valentí Puig: Matèria obscura.
Valerià Pujol i Bosch: Palmira (narrativa).
Vicenç Altaió: La descoberta (poesía).
Vicenç Riera Llorca: Estiu a Pineda.
Xulio Ricardo Trigo: L’abril a Luanco (poesía).
Nacen:
PREMIO CERVANTES: Francisco Ayala García Duarte (España).
Antonio Muñoz Molina: El jinete polaco (narrativa).
|
Máis culturas:
Nacen:
Morren:.
- André Kaminski (Zúrich; 1923 Xenebra).
- Edmond Jabès (París; 1912 O Cairo).
- Graham Greene (1904 Inglaterra).
- Isaac Bashevis Singer (1904 Polonia).
- Max Frisch (1911 Suíza).
- Natalia Ginzburg (Roma; 1916 Palermo).
- Vasco Pratolini (Roma;1913 Florencia).
Mariasun Landa Premio Euskadi de literatura infantil e xuvenil.
Bernardo Atxaga: Behi euskaldun baten memoriak (Traducida ao galego no 1999 por Valentín Arias: Memorias dunha vaca).
Berta Piñán: Notes de sociollingüística asturiana.
Xuan Bello: Los nomes de la tierra.
Alberto Fuguet: Mala onda.Alejandro Paternain: Las aventuras de Lucy Bristol.
Antonio Dal Masetto: Amores.
Bioy Casares: Unos días en el Brasil (edicción de 300 exemplares).
César Aira: La liebre.
Cristina Peri Rossi: Babel bárbara.
Gonzalo Rojas Pizarro: Zumbido e Antología de aire.
Guillermo Fadanelli: Cuentos mejicanos.
Leonardo Padura: Pasado perfecto.
Marcela Serrano: Nosotras que nos queremos tanto.
Mempo Giardinelli: Santo oficio de la memoria.
Ricardo Garibay: Triste domingo.
Alberto Manguel: News From a Foreign Country Came.
Alessandro Baricco: Castelli di rabbia.
Amin Maalouf: Les jardins de lumière.
Anne Michaels: Miners pond.
Anne Enright: The portable virgin.
Bret Easton Ellis: American Psycho.
Claudio Magrís: Un altro mare.
Christian Lahusen: Unsere Stimme erwacht… Populäre Musikkultur und nationale Frage im heutigen Spanien. (Verlag Breitenbach Publishers, Saarbrücken. «Grial» nº 111).
David Lodge: Paradise news.
Gérard Genette: Fiction et diction (Seuil. París. «Grial» nº 111).
Günter Grass: Madeira morta.
Henning Mankell: Asasinos sen rostro.
Iain Pears:The Raphael affair.
Jean-Marie Gustave Le Clézio: Onitsha.
John Ashbery: Flow Chart.
Marie Ndiaye: En famille.
Max Gallo: Le regard des femmes.
Patrick O’Brien: The Nutmeg of Consolation.
Patrick Süskind: A historia do señor Sommer.
Philip Kerr: A german requiem.
Philippe Sollers: La fête à Venise.
Pierre Bourdieu: "Le champ littéraire" (artigo na revista “Actes de la Recherche en Sciences Sociales”. Trad. ao galego no 2004 por edicións Laiovento. “Grial” nº 165, páx. 135).
Tahar Ben Jelloun: Les yeux baissés.
Tamén sucedeu...
- CINE: Akira Kurosawa : Rapsodia de agosto.
- Miguel Induráin gaña o seu primeiro Tour.
- Un atentado terrorista provoca un apagón de 24 horas no Ferrol.
- Dimite Alfonso Guerra.
- Caso Filesa.
- Xuizo dos GAL: os ex-policías Amedo e Domínguez condenados.
- Atentados terroristas de ETA.
- Celébrase en Madrid a Conferencia sobre Oriente Medio.
- Irak invade Kuwait e estala a guerra do Golfo cos EEUU. Os kurdos de Irak, que intentan un levantamento contra o presidente Saddam Hussein, son violentamente reprimidos. A liberación de Kuwait pon fin á guerra do Golfo.
- A Unión Europea aproba o Tratado de Maastricht.
- A URSS deixou de existir de forma oficial. Constitúese a Comunidade de Estados Independentes, auspiciada por Gorbachov que integra a 11 das 15 antigas repúblicas. Gorbachov deixa o poder en mans de Boris Eltsin.