1976
Índice
Cultura galega
Día das Letras Galegas
RAMÓN CABANILLAS
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos |
---|
Literatura |
Gumersindo Sánchez Guisande (Buenos Aires; 1892 Santiago de Compostela). |
Leandro Carré Alvarellos (A Coruña; ibídem 1884 ). |
Ramón Otero Pedrayo (Trasalba; 1888 Ourense).
“Morría o símbolo de Galicia de preguerra e acordouse amortallalo co hábito franciscano, envolto na bandeira galega, velalo no chan e enterralo no cemiterio ourensán. A misa, o 12 de abril, celebrouse simbolicamente na catedral da cidade oficiada polos catro bispos galegos que, por vez primeira, entoaron o ritual en galego. O doutor Agustín Sixto Seco foi quen de convencer os prelados, mesmo a Ánxel Temiño, para que preparasen as oracións e os textos na lingua que tanto defendera o escritor” (Patricia Arias Chachero “Os testamentos de Ramón Otero Pedrayo” “Grial” nº 218). |
Outros |
O avogado Modesto Rodríguez Figueiredo (Baio; 1923 O Porriño). |
O arqueólogo e etnógrafo Xesús Taboada Chivite (Verín; 1907 Verín). |
O pintor Imeldo Corral González (Ferrol; ibídem 1889). |
Salustiano Portela Pazos (Santiago; 1877 Rebordelo). |
O historiador Alfonso Vázquez Martínez (Arbo; ibídem 1906). |
O fotógrafo José Veiga Roel (Betanzos; ibídem 1894). |
O compositor Emilio Soto Fernández (Madrid; 1904 Lebosende, Ourense). |
O músico Emilio Teijeira Coto (O Porriño; ibídem 1900). |
Publicacións
Galegas
Relativas a Galicia
Acontecementos
Premios
Premio Abrente de Teatro: Laudamuco señor de ningures de Roberto Vidal Bolaño.
Primeira edición dos Premios da Crítica de poesía e de narrativa galegas, concedidos pola “Asociación Española de Críticos Literarios” onde se valora o que se considera o mellor poemario e a mellor obra en prosa escrita en galego e publicada o ano anterior:
Premio da Crítica de poesía para Celso Emilio Ferreiro por Onde o mundo se chama Celanova.
Premio da Crítica de narrativa galega: Carlos Casares por Xoguetes pra un tempo prohibido.
Pedrón de Ouro para Isaac Díaz Pardo.Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho: Cascabel, o cabaliño do circo de Ana María Fernández Martínez.