1922bis
Revisión feita o 15 de xaneiro de 2020 ás 20:12 por Luis (Conversa | contribucións)
Índice
Cultura galega
Nacementos/Pasamentos
Nacementos |
---|
Literatura |
Outros |
Pasamentos |
---|
Literatura |
Outros |
Publicacións
Galegas
No mes de marzo aparece no Ferrol, auspiciada pola editorial do mesmo nome, a colección literaria Céltiga dirixida por Xaime Quintanilla, e subtitulada “Novela mensual ilustrada”, que se inicia coa súa novela curta Saudade, ilustrada por Imeldo Corral. Vendíase a 30 céntimos e chegaron a saír 13 números, o último en xaneiro de 1923.No nº 2 do mes de abril, publícase Os catro cisnes brancos, lenda celta por Louey Chisholm, traducida ao galego por Manoel Fernández Barreiro e cun debuxo de Castelao na portada.O nº 3 (maio) é a obra de Antón Villar Ponte Almas mortas, ilustrada por Camilo Díaz. No remate dise nunha nota da redacción: “Céltiga está sendo o mais grande éisito literario de Galicia. Abonda con decire que o número primeiro esgotouse compretamentes e que, aínda dupricando a tirada, vai pol-o mesmo camiño o número 2”.No nº 4 publícase O novo xuez de Gonzalo López Abente, sendo ilustrada por Valentín Castro.No nº 5 publícase, cunha ilustración de Cebreiro, Axúdate e O menciñeiro de Eugenio Charlón e Sánchez Hermida.O nº 6 inclúe a obra de Nicolás García A costureira , ilustrada por Carmelo.No nº 7 publica Castelao Un ollo de vidro (Memorias d’un esquelete) con oito debuxos do autor.No nº 8 aparece a novela curta de Francisca Herrera e Garrido A y-alma de Mingos, ilustrada por Manoel Abelenda.No nº 9 publica Eladio Rodríguez González Raza e terra (versos), con portada de Núñez Carnicer.No nº 10 Euxenio Montes publica O vello mariñeiro toma o sol, O aniño da Debesa e Como na parábola de Peter Breughel. Con portada de Fer-Mazas.O nº 11 é A santa compaña de Roberto Nóvoa Santos, con portada e debuxos de Bello Piñeiro (tradución de Xaime Quintanilla).O nº 12 publica Luar (Cantos galaicos) de Evaristo Correa Calderón, con portada de Cebreiro.O nº 13 Semprenoiva, novela galega por Francisco Cabo Pastor, con portada de María Cabo. Aparece anunciado o nº 14 coa novela de Vicente Risco: A trabe d’ouro e a trabe d’alquitrán que xa non se publicaría.
Manifesto Máis alá de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro.No nº 166 de “A Nosa Terra” do 1 de xullo coméntase:“Vimos unhas folliñas impresas que nos enchen de ledicia. Nelas asegúrase que unha nova era de escentilante alborada vai chegar axiña para a nosa literatura. […] Pol-o visto Rosalía, Curros, Pondal, etc., etc., non fixeron nada, perderon o tempo como uns coitados, ao dicir dos firmantes da folliña de referencia…”. Amado Carballo: Maliaxe (no volume III da revista pontevedresa“Alborada”). Antón Losada Diéguez: Camiñantes (No volume II da revista pontevedresa “Alborada”). Antón Villar Ponte: Almas mortas.Presenta a dimisión como director de “A Nosa Terra”. |