1966

De Xulipedia
Revisión feita o 23 de febreiro de 2021 ás 12:42 por Xulio (Conversa | contribucións) (Premios)
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Día das Letras Galegas

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Anxos Sanmartín Goretti (A Estrada).
Bruno Bernardo González (Vigo).
Charo Pita (A Coruña).
Francisco Castro (Vigo).
Julio Prada Rodríguez (Ourense).
Luísa Castro Legazpi (Foz).
Mariña Pérez Rei (Ames).
Marta Dacosta Alonso (Vigo).
Pilar Buela (Calo, Teo).
Ramón Nicolás Rodríguez (Vigo).
Rexina Rodríguez Vega (Vigo).
Xoán Carlos Domínguez Alberte (Escudeiros, Ramirás).
Xoán C. Rodríguez (A Barra, Ourense).
Xosé Manuel Núñez Seixas (Ourense).
Xosé María Moreno Villar (Vigo).
Xurxo Souto (A Coruña).
Outros
O historiador Domingo Rodríguez Teijeiro (O Barco de Valdeorras).
A ilustradora e humorista gráfica María Xosé Mosquera Beceiro (Ferrol).
O debuxante Antonio Sabín Anca “Tonisavski”(Ferrol).
O pianista Pablo Ferreño (A Coruña).
A artista Pamen Pereira (Ferrol).
Skull.png
Pasamentos


Literatura
Antonio Rey Soto (Madrid; 1879 Pazo de Ramiráns, Santa Cruz de Arrabaldo).
Constantino Vázquez Abelleira (Madrid; 1901 Outeiro de Rei).
José Ibáñez Fernández (Madrid; 1901 Monforte de Lemos).
Victoriano Taibo García (Vigo; 1885 Santiago).
Xesús San Luís Romero (Santiago; 1872 Carballo).
Outros
O escritor Victoriano García Martí (Santiago; 1881 A Pobra do Caramiñal).
O debuxante e linoleísta Xaime Prada Losada (Madrid; 1891 Vilamartín de Valdeorras).
O astrónomo Ramón María Aller Ulloa (Lalín; ibídem 1878).
O xurista e político Enrique Rajoy Leloup (Santiago; ibídem 1882).

Publicacións

Galegas

  • Alberto Vilanova Rodríguez : Los gallegos en la Argentina (Prólogo de Claudio Sánchez Albornoz y Menduiña. Ediciones Galicia. Buenos Aires. “Grial” nº 20, páx. 242).“El libro de Vilanova está siendo saboteado por las nuevas autoridades del C.G. Hubo quien propuso, tu contrincante Alonso Pérez, que fuese quemada la edición, porque no se habla seguramente de él o de los suyos como quisiera” (Carta de Seoane a Díaz Pardo do 9/11/1967).
  • Álvaro Cunqueiro comeza unha colaboración semanal en Laberinto & Cía, que manterá até 1977 con dúas interrupcións 1969-1970 e 1975, cando Jordi Pujol, novo propietario da revista, cesa o seu responsable, o amigo de Cunqueiro Nèstor Luján. Sete meses despois volvería a colaborar. Cunqueiro viaxa a Gran Bretaña con Francisco Fernández del Riego. Recibe o Premio Conde de Godó de xornalismo.
  • Ángel Lázaro Machado : Rosalía de Castro. Estudio y antología (Compañía Bibliográfica Española. Madrid. “Grial” nº 18, páx. 501).
  • Anne Marie Morris. Poeta alófona (1916 Illinois; 1999) publica en “Grial”: “Lo fatal” de Rubén Darío.
  • Arcadio López-Casanova : La poesía de Luís Pimentel (Memoria de Licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela).
  • Aurelio Aguirre (1833 – 1858): "Un consello" (único poema seu en galego, publicado por Álvarez Blázquez no nº 12 de “Grial”.
  • Avelino Gómez Ledo : Terra-nai.
  • Bernardino Graña: Profecía do mar (Vigo).
    Bernardino.jpg
  • Carballo Calero : Gramática elemental del gallego común (Edit. Galaxia. Vigo).

Sobre este libro escribe Basilio Losada a Ramón Piñeiro (27 de novembro): “O libro era esperado como coido non se esperou libro algún. Ben o merecía: é a primeira Gramática Galega feita cun criterio científico, a primeira que pode sentar unha base normativa”.Edítase a antoloxía feita por Carballo Calero para o Curso Preuniversitario Breviario antológico de la literatura gallega (Barcelona). Foi feita no 1964. En carta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada (1 de maio de 1964) dille: “Comparto o teu sentimento pola esclusión de Fole, de Pimentel e mais de Celso Emilio na pequena antoloxía de Carballo. O certo é que ningún diles é santo da súa devoción. Pese á súa serena lucidez crítica, o gran Carballo ten, máis ou menos como tódolos homes, fobias íntimas. Os únicos roces que ten habido entre Carballo e mais eu –que nos respetamos e nos queremos moito- foron por mor de Pimentel”, Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 322).

  • Carlos A. Zubillaga Barrera : Castelao no arte galego (Ediciones Ronsel. Montevideo. “Grial” nº 12, páx. 249). Tradución ao galego de Ricardo Palmás Casal .
  • Emilio Silva Castro : Caminho de Santiago e cultura medieval galaico-portuguesa (Rio de Janeiro).
  • Ernesto Guerra da Cal : Motivos do Eu.
  • Francisco Añón (1812-1878): Poesías galegas. Limiar de Salvador Lorenzana (Galaxia) e Poesías Galegas (Prólogo de Xosé Mª Álvarez Blázquez. Real Academia Galega).
  • Fray Benito Xerónimo Feijoo (1676-1764) Antología popular. (selección e prólogo de Eduardo Blanco Amor. Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires. “Grial” nº16, páx. 233).
  • García-Sabell : Notas para una antropología del hombre gallego (Ediciones Península. Madrid. “Grial” nº 13, páx. 377). Traduce ao galego Problemas humáns de Eduard Spranger (Galaxia.. “Grial” nº 14, páx. 496).
  • Gonzalo López Abente (1878-1963): Decrúa (poemas. Edic. Muxía; Buenos Aires).
  • Gumersindo Sánchez Guisande : Seis cantos galegos.
  • José Antonio Tobías: O misterio da saudade (Facultade de Filosofía, Ciencias e Letras de Marilia, São Paulo. Brasil. “Grial” nº 19, páx. 107).
  • José Elías Ferreiro Álvarez (Xoel Ferral): Tringueleos (La Región, Ourense).
  • Lois Diéguez : Albre de espranza (poemas. Lugo).
  • Maite Dono : Manto de sombra (poemas. Edicións Libertarias-Prodhufi).
  • Manuel José Arce y Valladares (Escritor alófono; 1907 Guatemala): Desdo o fondo canta o río. (Volume 19 da colección Salnés. Galaxia).
  • Manuel Lueiro Rey gaña o premio “Ciudad de Oviedo” coa novela Manso, que a censura española prohibe, publicándose ao ano seguinte en Buenos Aires. En xuño subscribe o artigo “Brecht, o el profundo y humano concepto de la bondad” no “Diario de Pontevedra”. Participa na homenaxe semiclandestina que se lle rende en Compostela ao poeta Antonio Machado dando a coñecer nunha publicación ad hoc o que é o seu primeiro título en lingua galega “Agonía da lembranza”.
  • Méndez Ferrín : Edición crítica do Cancioneiro de Pero Meogo.
  • Ramón de Valenzuela : O naranxo (ilustracións de Xaquín Marín e portada de Moslares. Colec. Brais Pinto).
  • Ramón Otero Pedrayo : O espello na serán (Galaxia. “Grial” nº 13, páx 375; “Grial” nº 52, páx. 264 e “Grial” nº 147, páx. 513) e Orense (Caja de Ahorros Provincial de Orense. “Grial” nº 13, páx. 384).
  • Ricardo Palmás Casal traduce ao galego Castelao na arte galega de Carlos A. Zubillaga Barrera (Montevideo).
  • Teolindo Cortiña Toural: Os caciques e a “nena”. Segunda parte do Caciquismo en solfa. Desde Primo de Rivera a Franco (Co pseudónimo Antón de Sirgal. Gráficas Laquinfil, Palas de Rei).
  • Uxío Novoneyra : Elegías del Caurel y otros poemas (Ed. bilingüe; Colec. Adonais. Ed. Rialp. Madrid. “Grial” nº 13, páx. 383).
  • Xosé Ramón Fernández Oxea : A ducia do frade. (Edición do autor).

Relativas a Galicia

  • O número de decembro do “Semanario de la juventud” Signo, revista vencellada a un sector progresista da Igrexa católica recolle artigos de Torres Queiruga: “Lengua y evangelización”; Méndez Ferrín: “Aproximación a Castelao. Ni escritor ni político, ni dibujante, sino un hombre debido a su pueblo”; Juan Soto Gutiérrez: “Intolerable supervivencia del caciquismo en Galicia”; Bautista Álvarez: “La autodeterminación no es separatismo”; Alonso Montero: “El idioma gallego, lengua vil en el ideario burgués”; José Soto Rodríguez, Basilio Losada; María Xosé Queizán, Pilar Allegue, Alberto Míguez, Manuel María, José Antonio Arjona, Xan López Facal…
  • Publícase en Lugo o volume Antonio Machado na nosa voz, cunha introdución de Alonso Montero (Círculo das Artes. “Grial” nº 15, páx.120). Será reeditada en Lugo no 2009 cun limiar de Claudio Rodríguez Fer e extenso prólogo de Alonso Montero, en Edicións Xerais co patrocinio económico do Concello de Lugo. Na primavera de 1966, Alonso Montero solicita de Gabriel Aresti unha colaboración para este volume, que el coordina como homenaxe galega ao poeta. Dous días despois, Aresti remítelle o poema “Espainiako poeta”, con tradución castelá (“Poeta de España”), textos que non chegan a incluírse no volume citado polos prazos da imprenta. Na carta que acompaña o poema, datada en Bilbao, o 18 de abril de 1966, Aresti manifesta o seu desexo de colaborar con esta iniciativa galega, pero expresa tamén unha reserva ideolóxica: “Recibo su carta de fecha 16 de los corrientes, y como me pide en la misma le incluyo a la presente un poema que he hecho estos días sobre A. Machado, con traducción castellana. Deseo que sea de su gusto, aunque disiento con la mayoría sobre la significación política tanto de Machado como de sus compañeros de generación. De todas formas he procurado entregar lo mejor de mi mismo en el poema”. Termina a carta con este parágrafo: “Espero que entre vostede e nós haxa un maior contacto, para mellor coñecemento mutuo dos nosos dous pobos, recordándolle o gran respecto que me merece o seu”. Este poema permanecerá inédito ata o 2009 en que o editou Alonso Montero no extenso prólogo á edición facsímile de Antonio Machado na nosa voz (Concello de Lugo). (Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda: “Gabriel Aresti e as letras galegas”; “Grial” nº 223).
  • O 6 de xuño de 2014 escribe Alonso Montero en “La Voz de Galicia” o artigo “Amadeo Varela, xusticeiro”: “… Castrelo de Miño, 1966! Todo comezou cun acto literario, cun acto poético, no que preto de trescentas persoas homenaxearon a Celso Emilio Ferreiro, no que fora o Hotel Roma, o 15 de maio deste ano (…). Abriu a longa quenda oratoria don Ramón Otero Pedrayo, sesión que epilogou, con brillantez e valentía, Eduardo Blanco Amor. Don Ramón autocensurouse moi pouco. (…). O 15 de maio de 1966 iniciouse en Galicia unha confrontación agraria co Réxime de Franco dunha magnitude que non tiña precedentes en España. Nesta acción foi peza inicial e fundamental o labor do cidadán e xurista Amadeo Varela”.
  • Aparece “Novagalicia, revista de cultura y política”.
  • Na revista “Galicia” de Buenos Aires (xullo-agosto) aparece: “Está en Buenos Aires contratado para pronunciar conferencias el ilustre académico y escritor gallego Camilo José Cela”.
  • Editions Ruedo Ibérico, de París publica Galicia Hoy, volume colectivo impreso na Argentina, dirixido e coordinado por Santiago Fernández e Maximino Brocos (seudónimos de Díaz Pardo eLuís Seoane), no que se inclúe o poema “Cunetas” de Pimentel, que algúns estudiosos opinan que puido ser un poema arranxado por Seoane, quen sería o verdadeiro autor dos versos máis comprometidos e tamén a primeira edición da carta do dirixente galeguista Víctor Casas días antes de ser fusilado.
  • Na sección “Testimonios y Documentos” da “Revista de Economía de Galicia” publícase un traballo sobre o conflito do encoro de Castrelo de Miño.
  • A revista “Signo. Semanario Nacional de la Juventud Católica de España”, dedica no mes de decembro un número especial a Galicia. Incluía un texto de Bautista Álvarez titulado “La autodeterminación no es separatismo”, que posiblemente determinou a desaparición da revista.
  • Luís Seoane: "Valle-Inclán y su conducta política" (na Revista del Departamento de Letras de la Unviersidad de La Plata).
  • A revista “Cuadernos Hispano-Americanos” dedica os números 199-200 a Valle-Inclán. (“Grial” nº 15, páx. 112).
  • O fotógrafo José Suárez publica no Reino Unido o libro The Life and Death of the Fighting Bull.
  • A. Losada e E. Seijas Vázquez: Guía del Camino Francés en la provincia de Lugo (Madrid. “Grial” nº 15, páx. 122).
  • A. Zubillaga Barrera: Los gallegos en el Uruguay (Ediciones “Banco de Galicia” de Montevideo. “Grial” nº 14, páx. 508).
  • Álvaro Paradela Criado: Heces afrentosas (El caso del recorte enmerdado) (Betanzos).
  • Anisia Miranda: Mitos y leyendas de la antigua Grecia.
  • Antonio Bonet Correa: La arquitectura en Galicia durante el siglo XVII (Madrid. “Grial” nº 15, páx.108).
  • Antonio Risco: La estética de Valle_Inclán (Editorial Gredos. “Grial” nº 17, páx. 376).
  • Francisco Bellot Rodríguez: La vegetación de Galicia (Universidad de Madrid. Facultad de Ciencias. “Grial” nº 23, páx. 125).
  • Francisco Elías de Tejada Spinola e Gabriela Pércopo Callet: El Reino de Galicia, con limiar de Otero Pedrayo (Galaxia. “Grial” nº 16, páx. 235).
  • Giuseppe Tavani: I piú recente studi italiani sulla letteratura portoghse medievale. (“Grial” nº 18, páx. 504).
  • Guillermo Díaz-Plaja: Las estéticas de Valle-Inclán (Edit. Gredos. “Grial” nº 12, páx. 246).
  • Henri Nonn: Les régions cotières de la Galice (Espagne). Étude géomorphologique.
    Henri nonn.jpg
  • J.C. Paz Ares: Régimen de los llamados montes de vecinos en Galicia (Galaxia. “Grial” nº 12, páx. 243).
  • J. Costa Clavell: Santiago y Rías Bajas (Edit. Planeta. “Grial” nº 12, páx. 248).
  • Jacinto de la Peña: Cartas de las gandumbas (Edicións Monterrey).
  • Jorge Juan Eiroa García: A viva voz (poemas).
  • José Enrique Barquero Peña: Río de asfalto.
  • José Fariña Jamardo: Pepiño (Delmo. Madrid. “Grial” nº 14, páx. 500).
  • José Luis Prado Nogueira: La carta (Madrid).
  • Juan Manuel Pardo Gayoso: El mariscal Pardo de Cela, último fruto heroico del otoño medieval gallego.
  • Juan María Gallego Tato: Los hermanos Ayala (Lugo).
  • Lorenzo Varela: Seoane o el arte sometido a la libertad.
  • Luis Iglesias de Souza: Voces para el silencio.
  • Manuel Blanco Tobío: La América invisible e Vísperas del juicio final.
  • Marcial Suárez Fernández: Las monedas de Heliogábalo (estreada o ano anterior en Madrid).
  • María Antonia Nogales: Irradiación de Rosalía de Castro (Dist. Iber-Amer. Barcelona. “Grial” nº 14, páx. 496).
  • Matilde Lloria: Canción de Navidad (Ourense. Con debuxos de Xaime Quessada).
  • Salvador Mensua Fernández: La originalidad geográfica de Galicia y sus problemas.
  • Xosé Conde Fernández: Desde el tiempo (Buenos Aires).

Acontecementos

  • Con data de 2 de marzo, Valentín Arias escribe ao director do xornal “El Progreso” de Lugo: “Muy señor mío: Con emoción y entusiasmo leí en el periódico de su digna dirección la noticia de un "Curso de Lingüística comparada (Gallego-Castellano)" que va a desarrollar el profesor Alonso Montero en el Círculo de las Artes de Lugo. Y a tal efecto yo –creo que interpretando el sentir de mucha gente- quiero hacerle un ruego: Como quiera que dicho curso va dirigido de modo especial al Magisterio Primario –que creo este lo precisa muy de veras…- y puesto que el curso tendrá lugar en Lugo, va a ser imposible que podamos asistir a él la inmensa mayoría de los Maestros Nacionales. Por lo que, encarecidamente, le suplico, si les es posible, que después de cada lección del Sr. Alonso Montero publique en El Progreso un resumen completo de la misma”. (Artigo de Alonso Montero en “La Voz de Galicia” 9 de abril de 2011).
  • Celso Emilio marcha a Venezuela, onde se encargará da confección do periódico quincenal “Irmandade”, da emisión semanal de radio “Sempre en Galicia” e da dirección da “Escola Castelao” de primeiro ensino: “... emigrei por aburrimento, por noxo vital. Eran moitas as cousas que vía e sofría ao meu arredor, na miña terra, e estábame sentindo afogado nunha especie de cousa viscosa feita de incuria, menosprecio, coacción e deslealdade de moita xente” (declaracións a Víctor Freixanes). Na travesía escribe o poema “Adios” que comeza así: “Dígoche adios dende o barco / que a lonxanas terras vai. / Dígoche adios dende as Cies / que están preñadas de mar”.
Cunqueiro en Mondoñedo
  • En carta de Méndez Ferrín a Basilio Losada di: “Con motivo da marcha a América do noso grande poeta C. E. Ferreiro, váiselle render un homaxe en Ourense que consistirá nun xantar, si non hai orde en contrario, o día 15 de maio no Hotel Barcelona de Ourense. A convocatoria diste homaxe vai ser suscrita por moitas firmas de toda Galicia e de fóra. Pensouse que ti, xuntamente con X. Costa Clavell, erades os axeitados para recoller en Barcelona os nomes dun fato de persoas que estean dispostas a suscribir o chamamento á homaxe…”. Por carta de Basilio Losada a Ramón Piñeiro (20 de maio) sábese que conseguiu adhesións de Pere Quart, Espriu, María Aurelia Capmany, Ricard Salvat, Manent, Triadú, e moitos máis…”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 524). Noutra carta do 18 de xuño, Ramón Piñeiro escribe a Basilio Losada: “Non fun ó homenaxe a Celso Emilio –mandeille, eso si, un telegrama- porque era unha trapallada demagóxica que non me resultaba grato respaldar conscientemente. Otero, Del Riego, e outros amigos tuveron que ir. Eu iría encantado –Celso Emilio sábeo perfeitamente porque somos vellos amigos- si se tratase autenticamente dun homenaxe ó poeta. Pero nise tinglado o poeta era un pretexto […]”.(Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; Galaxia; páx. 527).
  • O 6 de xuño de 2014 escribe Alonso Montero en “La Voz de Galicia” o artigo “Amadeo Varela, xusticeiro”: “… Castrelo de Miño, 1966! Todo comezou cun acto literario, cun acto poético, no que preto de trescentas persoas homenaxearon a Celso Emilio Ferreiro, no que fora o Hotel Roma, o 15 de maio deste ano (…) Abriu a longa quenda oratoria don Ramón Otero Pedrayo, sesión que epilogou, con brillantez e valentía, Eduardo Blanco Amor. Don Ramón autocensurouse moi pouco. (…) O 15 de maio de 1966 iniciouse en Galicia unha confrontación agraria co Réxime de Franco dunha magnitude que non tiña precedentes en España. Nesta acción foi peza inicial e fundamental o labor do cidadán e xurista Amadeo Varela”.
  • En informe do Servicio de Información de la Guardia Civil con data de 3 de xuño e dirixido ao ministro de Información y Turismo recóllese o seguinte: “[…] Ocupaban la presidencia el homenajeado; D. Ramón Otero Pedrayo; D. Amadeo Varela Rodríguez y su esposa; D. Luis Soto Fernández y D. Julio Vázquez Jimeno, así como el abogado D. Manuel Sánchez Aguirre […] El catedrático de Literatura del Instituto de Lugo, D. Jesús Alonso Montero, habló después para alabar la obra del poeta por sus líricos cantos a todas las cosas de nuestra amada Galicia. Se refirió también al problema de Castrelo recibiendo una gran ovación […] Se pronunció en contra de los de la deserción ante los intereses del pueblo y manifestó que el callarse en estos momentos era una traición y hacerse cómplice de esta situación. […] Durante las dos horas que duraron las intervenciones, totalmente en lengua gallega, no se pronunció una sola vez la palabra España ni el nombre de Dios”. (“Grial” nº 211).
  • Laxeiro: “Martirio y muerte del muñeco Ramón” e “Hans de Islandia”.
  • O 10 de decembro reúnense en Compostela medio cento de sacerdotes para acadar un acordo sobre o procedemento a seguir para que a Santa Sé recoñecese o galego como lingua litúrxica.
  • Quiroga Palacios presenta en Roma un escrito asinado por máis de 2.000 persoas onde se pedía o recoñecemento do galego.
  • “Galicia Social”, de Vigo fai unha enquisa sobre a liturxia en Galego entre xente de todas as profesións: 104 piden a misa en galego; 83 piden que todo siga igual.
  • En maio comezan en Buenos Aires as misas en galego que quedaron establecidas de xeito permanente.
  • Radio Lugo retransmite en diferido unha misa en galego celebrada por Luís Villamarín.
  • A misa galega de xeito permanente estableceuse na capela das Capuchinas, na Coruña (27 de novembro), por Manuel Espiña e Xosé Morente.
  • A Lei de Prensa e Imprenta do 18 de marzo suprime a Censura previa e institúe a “Consulta Voluntaria Previa”.
  • Díaz Pardo permanece na Argentina dende o 6 de xaneiro ao 4 de agosto. En carta a Seoane do 9/11 sinala: “Tarde o temprano habrá que decidirse por el Castro o Magdalena”. Dous anos máis tarde abandonará toda actividade na Argentina.
  • Celébrase nas universidades de Harvard e de Columbia o VI Colóquio Internacional de Estudos Luso-Brasileiros, sendo convidado Ramón Piñeiro, que en carta a Basilio Losada (25 de outubro) escribe o seguinte: “Tamén resultou moi interesante o VI Colóquio Internacional de Estudos Luso-Brasileiros. Celebrouse 4 días en Harvard e 4 en Columbia (New York). Por primeira vez houbo unha sesión galega, que se celebrou en Harvard. Nela acordouse a creación de unha Comisión Internacional de Romanistas pra o estudo técnico do galego. Xa te podes imaxinar a miña emoción cando subín á tribuna de Harvard pra falar en galego”.
  • Ramón Piñeiro é invitado pola Universidade de Middelbury, nos Estados Unidos para dar dous cursos sobre o pensamento español.
  • No mes de agosto o escritor Tomàs Garcés visita Galicia. Logo no seu diario El temps que fuig falará de varios escritores galegos.
  • Faustino Rey Romero emigra a Buenos Aires.
  • Luís Soto Fernández, que conseguira entrar en España no 1960, é expulsado tras asistir a unha reunión da UPG.
  • Empezan os contactos entre Xaime Isla, representando a Galaxia, e a discográfica Edigsa co fin de poder publicar discos en galego e ao mesmo tempo pór en marcha a distribución recíproca dos fondos das dúas editoras.
  • Inaugura as súas instalacións Radio Popular de Ferrol.
  • Carlos Velo realiza a longametraxe Pedro Páramo (México):“ Pedro Páramo es una novela corta (160 páginas) que leo y vuelvo a leer desde que la descubrí hace más de tres décadas gracias a Carlos Velo. Nuestro gran director de cine había venido a presentar al Festival de Carmes su película Pedro Páramo, realizada sobre esa novela. Dista un trecho de ser la obra excepcional que consiguió con Torero, vida del mexicano Luis Procuna y análisis meticuloso de la ver­dadera sensación que sienten los matadores ante la bestia: el miedo. Le pregunté a Velo por qué se había lanzado a lo imposible: llevar la literatura a la pantalla. Quise ejercer de gallego, me dijo, pues sólo un gallego sería capaz de realizarlo; Pedro Páramo habría de ser considerada como una novela gallega. Y me explicó: Páramo es un apellido corriente en Galicia. La acción se desarrolla en Ja­lisco, llamado antiguamente Nueva Galicia, y eso de que los muertos convivan con los vivos es la Santa Compaña, una constante en nuestras letras”. Ramón Chao 21/05/2005 “La Voz de Galicia”.
  • Ediciones Galería Bonino dedícalle a Luís Seoane un libro con monografías de M. Mújica Laínez, Lorenzo Varela e Guillermo Whitelow.

Presenta a dimisión como director da revista “Galicia” do Centro Galego de Buenos Aires.


Na súa estadía nos meses de verán no Castro, Seoane realiza 18 xerras medievais que representan a Prisciliano, A Monxa Etheria, O Bispo Sisnando, San Rosendo, San Pedro de Mezonzo, O Rei García de Galiza, O Mestre Mateo, Xelmírez, Paio Gómez Chariño, Martín Códax, María Balteira, Xohán Tuorum, María Castaña, Inés de Castro, O Conde de Camiña, Rui Xordo, Pardo de Cela e Vasco de Aponte.

  • Torrente Ballester trasládase a Estados Unidos como profesor.
  • Constitúese a Fundación Luís Seoane.
  • Manuel Colmeiro : “Mulleres e mar”.
  • Créase na Coruña a Fundación Pedro Barrié de la Maza . En carta a Ramón Piñeiro (27 de novembro) escribe Basilio Losada : “A incorporación oficial da cultura galega ao seu ámbito natural, atraveso da Universidade, e sobre todo ca formación dunha comisión de lingüistas pra o estudo do galego, son dende logo dous feitos decisivos, trunfos conqueridos con perseverencia teimuda e habelencia. Agora craro está, o problema será económico. ¡Qué boa ocasión pra que a flamante Fundación Barié comence a súa actividade! Non sei que van facer con tanto millón. Podían polo menos darlle unha subvención fixa á Real Academia Galega (dous ou tres millóns ao ano non se iban notar muito na fervenza de cartos que van saír das pródigas maus de Barrié. Poderían adicar tamén unha cantidade fixa ao ano pra ir restaurando os mosteiros galegos, e fundar o Museo de Pintura Galega Contemporánea. E dar unha axuda a Galaxia pra publicación dos fondos documentales dos Archivos galegos. Pero todo esto é pensar de máis. A verdade é que eu espero moi pouco. Unha fundación en cuio Consello Direitivo faltan o Rector, o Presidente da Real Academia, o Direitor do I. P. Sarmiento e representantes dos Museos galegos, pra citar sólo persoalidades politicamente non-comprometidas, pouco representativa resulta. Poderíaselles poñer nun compromiso: pedir unha subvención pra encetar o Atlas Lingüístico de Galicia e pra facer vocabularios das bisbarras e dos oficios e cintas magnetofónicas pra estudos Fonéticos. A ver como respostaban. Dende logo, si non aceptaban quedaban retratados”, Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 547-548).
  • Comezan as obras do encoro de Castrelo do Miño.
Celso Emilio, con case tres anos de idade, xunto á súa irmá Pilar. Celanova 15 de decembro de 1914
  • O 24 de xuño inaugúrase o treito de ferrocarril Ortigueira-Viveiro.
  • “Coren” monta unha planta de incubación e un matadoiro de polos, abrindo vías de comercialización, co que controla todo o proceso de produción.

Premios

  • Cunqueiro recibe o Premio Conde de Godó de xornalismo.

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Alberto Vilanova Rodríguez: Los gallegos en la Argentina (Prólogo de Claudio Sánchez Albornoz y Menduiña. Ediciones Galicia. Buenos Aires. “Grial” nº 20, páx. 242).“El libro de Vilanova está siendo saboteado por las nuevas autoridades del C.G. Hubo quien propuso, tu contrincante Alonso Pérez, que fuese quemada la edición, porque no se habla seguramente de él o de los suyos como quisiera” (Carta de Seoane a Díaz Pardo do 9/11/1967).
Carballo Calero: Gramática elemental del gallego común (Edit. Galaxia. Vigo). Sobre este libro escribe Basilio Losada a Ramón Piñeiro (27 de novembro): “O libro era esperado como coido non se esperou libro algún. Ben o merecía: é a primeira Gramática Galega feita cun criterio científico, a primeira que pode sentar unha base normativa”.


Edítase a antoloxía feita por Carballo Calero para o Curso Preuniversitario Breviario antológico de la literatura gallega (Barcelona). Foi feita no 1964. En carta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada (1 de maio de 1964) dille: “Comparto o teu sentimento pola esclusión de Fole, de Pimentel e mais de Celso Emilio na pequena antoloxía de Carballo. O certo é que ningún diles é santo da súa devoción. Pese á súa serena lucidez crítica, o gran Carballo ten, máis ou menos como tódolos homes, fobias íntimas. Os únicos roces que ten habido entre Carballo e mais eu –que nos respetamos e nos queremos moito- foron por mor de Pimentel”, Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 322).

O 27 de novembro, Basilio Losada escribe a Ramón Piñeiro: “Penso que é unha lástima que non haxa en Grial unha sección fixa portuguesa. Unha sección que informe sobre as derradeiras novidades de libros, especialmente dos que teñan interés pra Galicia. ¿Non se podería facer algo semellante a unha corresponsalía? E poderíase facer quizais algo igoal con relación a Cataluña. Podería ser un artigo curto comentando un feito relevante do trimestre, e unhas notas breves comentando esposiciós, libros, etc. Si se poidera facer o mesmo con París e Londres a cousa quedaría completa”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 547).
En carta de Méndez Ferrín a Basilio Losada di: “Con motivo da marcha a América do noso grande poeta C. E. Ferreiro, váiselle render un homaxe en Ourense que consistirá nun xantar, si non hai orde en contrario, o día 15 de maio no Hotel Barcelona de Ourense. A convocatoria diste homaxe vai ser suscrita por moitas firmas de toda Galicia e de fóra. Pensouse que ti, xuntamente con X. Costa Clavell, erades os axeitados para recoller en Barcelona os nomes dun fato de persoas que estean dispostas a suscribir o chamamento á homaxe…”.Por carta de Basilio Losada a Ramón Piñeiro (20 de maio) sábese que conseguiu adhesións de Pere Quart, Espriu, María Aurelia Capmany, Ricard Salvat, Manent, Triadú, e moitos máis…”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 524).


Noutra carta do 18 de xuño, Ramón Piñeiro escribe a Basilio Losada: “Non fun ó homenaxe a Celso Emilio –mandeille, eso si, un telegrama- porque era unha trapallada demagóxica que non me resultaba grato respaldar conscientemente. Otero, Del Riego, e outros amigos tuveron que ir. Eu iría encantado –Celso Emilio sábeo perfeitamente porque somos vellos amigos- si se tratase autenticamente dun homenaxe ó poeta. Pero nise tinglado o poeta era un pretexto […]”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 527).


Dende Caracas (19 de xuño), Celso Emilio escribe a Neira Vilas:“Dende Vigo mandoume a miña muller a sua garimosa carta que moito lle agradezo. Levo eiquí perto de un mes e penso quedarme por unha longa tempada. En Galicia corrían malos ventos para min en tódolos ordes. Dende os policíacos até os económicos. Longa noite de pedra, e a miña “suposta” colaboración no Cancioneiro de Einaudi, abriume moitos camiños, pro pechoume moitas portas…(…) Pódese dicir que hoxe a Irmandade está formada por tres grandes grupos: a) Españoles e venezolans, alleos as finalidade galegas da entidade. B) Galegos desleigados que loitan polo poder para entregarlle a Irmandade á embaixada de Paco, e c) galegos galeguistas, xente de esquerda que na aitualidade detenta o goberno, pro que salvo unhos cantos, soen estar bastante desorientados e confusos nas súas apreciaciós. Entre esta xente está a miña laboura non soio cultural, senon tamén política. Hai un grupo moi interesante de mozos fillos de galegos que teñen constituida unha entidade denominada Xuventude Cultural, que está funcionando ben.(Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).


Con data de 12 de xullo de 1966, Celso Emilio escribe a Alonso Montero dende Caracas: “Venezuela é un país sen facer aínda, desmesurado en todo: na flora, na fauna e na xente. Os políticos suicídanse cunha facilidade que, si fose en España, sería unha ledicia. A min éncheseme a boca de auga pensando n-élo […] Na Irmandade Galega hai moito que facer pois non é nin irmandade nin galega. Dos sete ou oito mil socios que tén, a mitade non son galegos. Hainos de tódalas razas, dende venezolanos, negros, mulatos, chinos, até ferrolanos e madrileños. De galegos hai duas castes: os que queren apoderarse da sociedade para entregarlla á Embaixada, e os que loitan por todo o contrario. Istes son os que teñen a sartén polo mango, meus amigos, aos que procurei axudar coas miñas aitividades. Fágolle a emisión de radio e dirixo o Boletín. Tamén lle dou clases de Lengua e Literatura Galega aos fillos dos emigrantes […]A propósito do Boletín, agradeceríache moito me mandases algunhos artículos para pubricar n-él, podendo ser sobre temas de aitualidade. Si o prefires, e por si las moscas, poden sair sin firma […]. Si o joven poeta Casanova, che quere dar un poema, tamén será ben recibido. Xa leín no ABC a vosa carta sobor Castrelo de Miño. No derradeiro número do Boletín pubrícase reproducido cun comentario. (A Nosa Terra, Celso Emilio Ferreiro, Extra Cultura 11, 1989).

Créase na Coruña a Fundación Pedro Barrié de la Maza. En carta a Ramón Piñeiro (27 de novembro) escribe Basilio Losada: “A incorporación oficial da cultura galega ao seu ámbito natural, atraveso da Universidade, e sobre todo ca formación dunha comisión de lingüistas pra o estudo do galego, son dende logo dous feitos decisivos, trunfos conqueridos con perseverencia teimuda e habelencia. Agora craro está, o problema será económico. ¡Qué boa ocasión pra que a flamante Fundación Barié comence a súa actividade! Non sei que van facer con tanto millón. Podían polo menos darlle unha subvención fixa á Real Academia Galega (dous ou tres millóns ao ano non se iban notar muito na fervenza de cartos que van saír das pródigas maus de Barrié. Poderían adicar tamén unha cantidade fixa ao ano pra ir restaurando os mosteiros galegos, e fundar o Museo de Pintura Galega Contemporánea. E dar unha axuda a Galaxia pra publicación dos fondos documentales dos Archivos galegos. Pero todo esto é pensar de máis. A verdade é que eu espero moi pouco. Unha fundación en cuio Consello Direitivo faltan o Rector, o Presidente da Real Academia, o Direitor do I. P. Sarmiento e representantes dos Museos galegos, pra citar sólo persoalidades politicamente non-comprometidas, pouco representativa resulta. Poderíaselles poñer nun compromiso: pedir unha subvención pra encetar o Atlas Lingüístico de Galicia e pra facer vocabularios das bisbarras e dos oficios e cintas magnetofónicas pra estudosFonéticos. A ver como respostaban. Dende logo, si non aceptaban quedaban retratados”, Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 547-548).

Sumarios


GRIAL Nº 11


Basilio Losada: Le Corbusier e o neobarroco arquitectónico. J. Rof Carballo: La emoción del paisaje en el hombre gallego. X. M. López Nogueira: A crisis da razón dialéctica. Eduardo Blanco-Amor: Os biosbardos. Bernardino Graña: O pan e o viño. García Sabell: Esquema de Spranger. Salvador Lorenzana: Reencontro con Baudelaire. Demetrios Basdekis: Unamuno y Rosalía. X. A. Arjona: O comportamento político dos bretós. R. Otero Pedrayo: A romaxe compostelán de Castelao. J. Rof Carballo El arte de Ortíz Alonso. Carlos Casares: Os Evanxelios en galego. Caracteres xenerales e orixes do léisico galego.


GRIAL Nº 12


Rodrigues Lapa: O trovador D. Lopo Lias. Introduçao ao estudo do seu Cancioneiro. Emilio González López: Axentes irlandeses na Cruña a comenzos do século XVII: Dermond MacCarty. F. Elías de Tejada: La historiografía barroca en Galicia. Daniel Cortezón: Nicolás Flamel. X. Landeira Yrago: ¿Lima Barreto ou “Isaías Caminha”?. Salvador Lorenzana: Arredor da obra de Castelao. Carlos A. Baliñas: Virgilio restituido al gallego. Xosé María Álvarez Blázquez: Uns versos galegos de Aurelio Aguirre. Rosalía de Castro en inglés. Fermín Bouza Brey: Un embaixador galego na corte inglesa: don Diego Sarmiento de Acuña, Conde de Gondomar.


GRIAL Nº 13


Florentino L. Cuevillas: A economía nos tempos da cultura castrexa. Xosé Manuel López Nogueira A dialéctica da eisitencia. R. Carballo Calero: El Ruedo Ibérico en el espejo plano. Xesús Alonso Montero: Ensayo de bilingüística: Galego e Castelán frente a frente. Xosé Neira Vilas: Catro contos. Carlos Casares: Poemas. Arturo Reguera: Dúas narraciós. Álvaro Cunqueiro: Parentes de don Ramón por parte das estrelas. L. C.: Italo Calvino e a novela italiana. Augusto de Campos: Os poetas malditos do mal dizer. Andrés Martínez-Morás: La “Biblioteca Gallega” de Martínez Salazar. X.- L. F. G.: Raíz e Tempo.


GRIAL Nº 14


Ramón Piñeiro: Carta a Marcia Andersen. Xavier A. Fernández: Una fuente portuguesa de “Tan largo me lo fiáis”. Salvador Lorenzana Esculcas na dramática brechtiana. Manuel María: Os alugados. Manuel Vidán Torreira e Xesús Precedo Lafuente: O Apocalipse de San Xoán. D. García-Sabell: Páxinas do xornal. Anne Maria Morris: “Lo fatal” de Rubén Darío. Xesús Alonso Montero e Nove cavilaciós sobre a responsabilidade social do escritor. M. González Garcés: Sobre los precursores gallegos de Valle-Inclán. Inés Raposo (Trad.): Dous contos populares alemáns. Xohán Ledo: André Bretón e o superrealismo. M. Mª Seoane: Dous poemas de Nelly Sachs. Amable Veiga Arias: Il corre... que.... S. S.: A “Autobiografía” de John Cowper Powys.

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Nobel


PREMIOS NOBEL DE LITERATURA: Nelly Sachs & Shmuel Yosef Agnon


Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa



Nacen

  • Sousa Jamba (Dondi, Angola).





Morren:

  • António Pedro da Costa (Moledo do Minho, Portugal; 1909 Praia, Cabo Verde).
  • Delfim Santos (Cascais; 1907 Porto).






Alexandre Pinheiro Torres: Poesia: programa para o concreto.


Alves Redol: O Muro Branco e Teatro.


Amândio César: O pau de sebo.


António Ramos Rosa: Estou vivo e escrevo sol.


Antunes da Silva: Alentejo é sangue.


Armando Martins Janeira: Um intérprete português do Japão. Wenceslau de Moraes.


Armindo Mendes de Carvalho: Cantigas de amor e de maldizer.


Augusto Abelaira: Enseada Amena.


Bernardo Santareno: O judeo.


Carlos Drummond de Andrade (Brasil): Cadeira de balanço.


Carlos Felipe Moisés (Brasil): Carta de marear.


Carlos Queirós (1907-1949): Poesía de Carlos Queirós.


Carlos Wallenstein: Teoria da tributação.


Casimiro de Brito: Jardins de guerra.


David Mourão-Ferreira: Hospital das Letras (ensaio).


Domingos Monteiro: Histórias das Horas Vagas (conto).


Eduardo Guerra Carneiro: Corpo terra.


Faure da Rosa: As imagens destruídas.


Fausto José: O livro dos mendigos.


Fernanda de Castro: África Raíz. Poema e Fim de Semana na Gorongosa.


Fernando Namora: Diálogo em Setembro.


João Alves das Neves: O Movimento Futurista em Portugal (“Grial” nº 99, páx. 114).


João Cabral de Melo Neto (Brasil): A Educação pela Pedra e Morte e Vida Severina.


João José Cochofel: Quatro Andamentos (poesía).


Joaquim Namorado: A poesia Necessária.


Jorge Amado (Brasil): Dona Flor e seus dois maridos.


Jorge Borges de Macedo: O tratado de Methuen e O mercantilismo em Portugal.


Jorge de Sena: Novas Andanças do Demónio (conto) e Uma Canção de Camões (ensaio).


José Carlos González: A recompensa da palavra.


José Craveirinha (Mozambique): Cantico a un dio di Catrame (Bilingüe portugués/italiano).


José Marinho: Elementos para Uma Antropologia Situada.


José Saramago: Os Poemas Possíveis.


Luís de Sttau Monteiro: E se for rapariga chama-se Custódia e Quando é a puberdade?.


Luiz Pacheco: Crítica de circunstância.


Luiza Neto Jorge: O seu a seu tempo.


Manoel de Barros (Brasil): Gramática expositiva do chão.


Manuel Alberto Valente: Cartas para Elina.


Maria Amélia Neto: O silêncio de A’Hon.


Maria Judite de Carvalho: Os armários vazios.


Maria Ondina Braga: Eu Vim Ver a Terra (crónica).


Maria Teresa Horta: Jardim de inverno.


Maria Velho da Costa: O Lugar Común (conto).


Mário Braga: Café amargo (teatro).


Mário Dionísio: Poesia Incompleta.


Natália Correia: Antologia da Poesia Erótica e Satírica.


Nélida Piñón (Brasil): Tempo das frutas.


Nelson de Matos: Noite recuperada.


Nuno Bermudes: Exílio voluntário.


Nuno Teixeira Neves: Por um tempo europeu num espaço português.


Osman Lins (Brasil): Nove, novena e Um mundo estagnado.


Romeu Correia: Jangada (teatro).


Ruben A.: O outro que era eu.


Ruy Belo: Boca bilingüe.


Thiago de Mello: A canção do amor armado.


Tomaz Kim: Exercícios temporais.


Urbano Tavares: Imitação da Felicidade (conto) e Realismo, Arte de Vanguardia e Nova Cultura (ensaio).


Vitorino Nemésio: Canto de Véspera (poesia).


Yvette K. Centeno: Não só quem nos odeia.




Cataluña


Nacen:

  • Maria de la Pau Janer Mulet (Ciutat de Mallorca).

Morren:

  • Caterina Albert i Paradís “Víctor Català” (L´Escala; ibídem 1869).
  • Miquel Llor (Barcelona; ibídem 1894).

PREMI VÍCTOR CATALÀ GUILLEM VILADOT por La gent i el vent.


A editorial La Galera publica en galego os libros O abeto valente de Jordi Cots e O globo de papel de Elisa Vives de Fábregas.


Avel.li Artís-Gener: Les dues funcions del circ.


Baltasar Porcel: Història d´una guerra (teatro).


Estanislau Torres: Els ulls i la cendra e La derrota.


Gabriel Ferrater: Teoria dels cossos (poesía).


Joan Coromines: Estudios de toponimia catalana.


Josep Carner: Cop de vent (teatro).


Josep Pla: El quadern gris.


Josep Sebastià Pons(1886-1962): Cambra d‘hivern (poemas).


Llorenç Villalonga: De fora Mallorca (contos).


Lluís Ferran de Pol: Miralls tèrbols.


Maria Beneyto i Cuñat: La gent que viu al món.


Mercè Rodoreda: El carrer de les Camèlies (Premi Sant Jordi).


Miquel Martí i Pol: El Poble.


Pere Calders: Ronda naval sota la boira e Aquí descansa Nevares (narracións curtas).


Ramon Folch i Camarasa: L’estiu més bonic.


Salvador Espriu: Ronda de mort a Sinera (teatro). Estreada no 1965.


Santiago Alberti i Gubern: Onze de Setembro.


Sebastiá Sorribas i Roig: El zoo de Pitus (lit. infantil; traducido ao galego no 1988 en Xerais).


Tomàs Garcés viaxa a Galicia onde visita a viúva e o fillo de Iglesia Alvariño.


Vicent Andrés Estellés: L‘amant de tota la vida (poesía).


Víctor Mora: El cafè dels homes tristos e Els plàtans de Barcelona.





Flag of Spain


Nacen:

  • José María Paz Gago (Celanova).
  • Lorenzo Silva (Madrid).
  • Lucía Etxebarría (Valencia).





Morren:

  • Rafael Sánchez Mazas (1894 Madrid).





Alfonso Costafreda: Compañera de hoy.


Antonio Gala: El sol del hormiguero.


Carlos Barral: Figuración y fuga.


Diego Salvador: Es una gran esponja que chupa de nosotros (teatro).


Fernando Díaz- Plaja: El español y los siete pecados capitales.


Fernando Quiñones: Historias de la Argentina.


Francisco Brines: Palabras a la oscuridad.


Francisco Nieva: Es bueno no tener cabeza.


García Nieto: Memorias y compromisos.


Gil de Biedma: Moralidades.


Gloria Fuertes: Ni tiro, ni veneno, ni navaja.


José Ángel Valente: La memoria y los signos.


José Luis López Aranguren: Moral y sociedad.


José María Millares: Aire y humo.


José Ruibal: Su majestad la sota.


Juan Benet: La inspiración y el estilo.


Juan Farias: Los buscadores de agua.


Juan Goytisolo: Señas de identidad.


Juan Marsé: Últimas tardes con Teresa.


Juan Pérez Creus (escritor alófono en galego): África.


Julia Uceda: Sin mucha esperanza (poesía).


Lauro Olmo: Mare Nostrum.


Manuel Vicent: Pascua y naranjas (Premio Alfaguara).


Miguel Delibes: Cinco horas con Mario.


Pere Gimferrer: Arde el mar.


Ricardo Molina: La casa.


Sergio Vilar publica na “Vanguardia” uns artigos “Viaje por España, vasta y profunda” na que reflite conversas mantidas con García-Sabell, Carballo Calero, Xaime Isla, Xosé Manuel Beiras e Ramón Piñeiro. En carta a Ramón Piñeiro de Basilio Losada (27 de novembro) escribe: “Oxe apareceu na “Vanguardia” o primeiro artigo de Sergio Vilar. En Barcelona é un xornalista moi considerado, e os seus traballos léense e coméntanse apaixoadamente. Eu sabía que pensaba ir a Galicia, pois aínda que non o conozo temos algún amigo común. Tiña mentes de escrebir pra avisar que vos puñérades en contacto coil. Tiña medo que fora caer nas mans de Caparrós, Paradela, ou xente semellante. Xa non digo nas de Moure Mariño”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Galaxia 2009. Páxs. 545-546.








Máis culturas:


Nacen:

  • Anita Nair (Shoranur, Kerala).
  • Asa Larsson (Upsala, Suecia).
  • David Vann (Alaska).
  • Guy Delisle (Quevec) Banda deseñada.
  • Melania G. Mazzucco (Roma).
  • Niccolò Ammaniti (Roma).
  • Rutu Modan (Israel). Banda deseñada.
  • Sarah Waters (Gales).
  • Sherman Alexie (Wellpinit)..

Morren:.

  • Gregorio López y Fuentes (1897 México).
  • Enrique López Albújar (Lima 1872 Chiclayo, Perú).
  • André Bretón (París; 1896 Tinchebray, Orne).
  • Anna Akhmátova (Moscú; 1889 Odessa).
  • Elio Vittorini (Milano; 1908 Siracusa).
  • Evelyn Waugh (Combe Florey; 1903 London).


Amanda Berenguer: Materia prima.


Augusto Roa Bastos: El baldío (contos).


Cintio Vitier: Testimonios.


Edmundo Desnoes: Memorias del subdesarrollo.


Enrique Solari Swaynen: Mazorca.


Fernando del Paso: José Trigo.


Georgios Seferis: Tres poemas secretos.


Haroldo Conti: Alrededor de la jaula.


Jorge Onetti: Cualquiercosario.


José Donoso: Este domingo.


José Emilio Pacheco: El reposo del fuego.


José Lezama Lima: Paradiso.


Julio Cortázar: Todos los fuegos, el fuego.


Luis Spota: Los sueños del insomnio.


Mario Vargas Llosa: La casa verde.


Octavio Paz: Blanco (poesía).


Óscar Soria Gamarra: Mis caminos, mi cielo, mi gente.


Ramiro Domínguez: Las cuatro fases del Luisón.


Rubén Bonifaz Nuño: Siete de espadas.


Salvador Elizondo: Narda o el verano.


Salvador Garmendia: Doble fondo.


Tomás Mojarro: Malafortuna.


Víctor Luis Molinari visita en Barcelona a Basilio Losada quen en carta a Ramón Piñeiro (1 de novembro) escribe: “Molinari pareceume un bon home, moi cordial, que supervalora a súa obra, certamente interesante pero non deica o punto que el cree. Deume a impresión de que é un periodista, con todas as ventaxas e incomenentes que elo ten: escribe con muita facilidade e certa brilantez, pero fáltalle fundamentalmente un fondo de cultura ben dixerida”.En resposta de Ramón Piñeiro (20 de novembro) dille: “En realidade é un home superficial e un tanto parasitario da emotividade galega porque só os galegos lle fan caso”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Galaxia 2009. Páxs 538, 540.




Anne Sexton: Live or die.


Bernard Malamaud: The fixer.


Boris Vian: Troubles dans les Andains.


Chinua Achebe: Un home do pobo.


Dino Buzzati: Il colombre.


Eduard Nicoláievich Uspenski: Cheburashka.


Harry Harrison: Mike room!, Mike room.


Jacques Prévert: Fatras.


Jean-Marie Gustave Le Clézio: Le déluge.


Jean Rhys: Wide Sargasso sea.


John Ashbery: Ríos e montañas (poesía).


John Barth: Giles goat –boy.


Leonardo Sciascia: A ciascuno il suo.


M. Foucault: As palabras e as cousas.


Mahmoud Darwish: Namorado de Palestina (poesía).


Martin Walser: O unicornio.


Mijaíl Bulgákov (1891-1940): O mestre e Margarida.


Nadime Gordimer: The late bourgeois world.


Peter Handke: Insultos ao público (teatro).


Pierre Drieu La Rochelle (1893-1945): Mémoires de Dirk Raspe.


Primo Levi: Storie naturali.


Seamus Heaney: Morte dun naturalista.


Thomas Pynchon: The crying of Lot 49.


Truman Capote: In cold blood.


Ursula Kroeber Le Guin: O mundo de Rocannon.



Tamén sucedeu...''''

  • CINE:

- Buñuel:Belle de jour.


- Jean-Luc Godard:Pierrot le fou.


- Claude Chabrol:Champaña para un asasino.

  • Bob Dylan: “Blonde On Blonde”.
  • Apróbase a Lei de Prensa e Imprenta (15 de marzo), que suprime a censura previa.
  • Gibraltar provoca unha crise entre España e Gran Bretaña.
  • En decembro, sométese a referendo a “Ley Orgánica del Estado”. En Galiza houbo unha abstención do 23%
  • Caen tres bombas atómicas en augas de Palomares e outra preto de Almería ao chocaren no aire dous avións B52 norteamericanos.
  • Paténtase en París o magnetófono de cassette.
  • Golpe militar en Nixeria.
  • O cura Camilo Torres morre en enfrontamento entre o exército colombiano e a guerrilla (1929 Bogotá).
  • O presidente Mao inicia a Revolución Cultural chinesa. O Exército Popular e a Garda Roxa reprimen polas armas os disidentes.
  • Cirurxiáns estadounidenses manteñen a un paciente vivo cun corazón de plástico.
  • O Surveyor I estadounidense realiza unha alunizaxe sen problemas.
  • Indira Gandhi, primeiro ministro da India.
  • Che Guevara organiza a guerrilla en Bolivia.
  • Morre Buster Keaton (1895).