1921
Índice
Cultura galega
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos | ||
---|---|---|
Literatura | ||
| ||
Outros | ||
O pintor Manuel Ángel Álvarez (1855 A Guarda). | ||
| ||
Publicacións
Galegas
Alfredo Pedro Guisado: Xente d´a aldea (Dedicado a Castelao, quen fai un debuxo na portada).
Antón Villar Ponte: “Lembranza d’amore” poema en “A Nosa Terra” nº 135. No nº 143 “Discurso do irmán Villar Ponte. Da velada homenaxe a Francisco Tettmáncy”. Blanco Amor: en “Acción Gallega”: “Castelao y su obra”. Eugenio Charlón Arias e Manuel Sánchez Hermida: Trato a cegas (obra estreada en 1916). Evaristo Correa Calderón: colabora en “A Nosa Terra”. No nº 136 “Cántiga nova”. Gonzalo López Abente: o poema “No mar” en “A Nosa Terra” nº 152. Leandro Carré Alvarellos: O corazón dun pedáneo. Manuel Antonio: “Eu agardo”, poema en “A Nosa Terra” nº 134 do 15 de febreiro. No nº 138 ¡Hosanna! No 140 “Unha d’as liridades d’o serán”. No 150 “Ista tarde”. No nº 153 “Si eu quixera saber…”. Rafael Dieste colabora na revista “Charamuscas”.
Rafael Dieste comeza o servizo militar en Santiago. É enviado a Marrocos nos dous anos seguintes ao desastre de Annual.
|
Relativas a Galicia
O 27 de xullo aparece en Ourense, fundado por Basilio Álvarez, o diario “La Zarpa”, co subtítulo de “Órgano oficial de la Federación Provincial Agraria”. O primeiro director foi Antonio Buján. A lingua maioritaria é o castelán. O diario saíu aínda un día despois do golpe de Estado, pero co xugo con frechas na súa cabeceira (1936).
En Negreira sae o 6 de setembro “El Agrario Barcalés” subtitulado “Órgano de la Federación de las Asociaciones Agrarias del Partido de Negreira”. Aparece na Coruña a publicación mensual “América-Galicia” que levaba o subtítulo de “Revista Comercial Ilustrada Hispanoamericana”. En Mondoñedo aparece a revista satírica “Don Fino”, fundada por Ramón Lorenzo de San Lázaro. Tamén de Mondoñedo é o semanario “Justicia”, dirixido por José R. Villamarín Pallín (25 de xullo). No nº 12 do 8 de outubro publícase o poema “Os milagros” de Noriega Varela e no nº 15 (29 de outubro), Eduardo Lence-Santar Guitián publica a primeira biobibliografía de Manuel Leiras Pulpeiro. En Ponteareas xorde “Don Quijote”, revista subtitulada “Quincenario de la guasa. No pertenece al trust”. O 3 de febreiro aparece en Santiago “La renovación” co subtítulo de “Semanario católico”. Ve a luz “Terra Gallega” co subtítulo de “Órgao da Xuntanza Nazonalista Galega d’Habana”.
|
Acontecementos
Rafael Dieste comeza o servizo militar en Santiago. É enviado a Marrocos nos dous anos seguintes ao desastre de Annual.
As Irmandades da Fala crean na Coruña un “Conservatorio Nazonal de Arte Galego”.
Amado Carballo regresa a Pontevedra, onde acode ás tertulias poéticas do poeta Juan Bautista Andrade. (Faustino Rey Romero situa as tertulias nun pinar que Bautista Andrade tiña na beira do Lérez e á que acudían ademais Xan Vidal Martínez, Casal del Rey e o pintor Lois Pintos Fonseca). III Asemblea Nacionalista en Vigo. Os asistentes propoñen que o Axuntamento aprobe que a bandeira galega e a española ondeasen xuntas nos actos oficiais, ao que se opón o organismo vigués, facendo constar así mesmo que o idioma castelán debera ser o único dos galegos. Asinada por Xavier Soto e Manoel-Antonio publícase unha folla solta titulada “Terra Ceibe! Os bós galegos”:“...Nós, galegos verdadeiros, os bós e xenerosos, lembrándonos ben de que a nosa Bandeira é azul e branca, fagamos que denantes de ondear nos Pazos de noxentos concellos, tremole nos nosos peitos, e dispois de que eisí sexa xa ondeiará nos concellos, pese a quen pese, doándolle o prestixio da súa pureza”.
|
Ramón Villar Ponte dirixe o xornal ferrolano “El Correo Gallego”.
Blanco Torres trasládase a Pontevedra e traballa no diario “Progreso”. Homenaxe en Mondoñedo a Leiras Pulpeiro (30 de outubro) co gallo da inauguración dun mausoleo costeado polos galegos de Buenos Aires: “Prá eterna lembranza do gran poeta e cibdadán Manuel Leiras Pulpeiro... Os fillos de Mondoñedo en Buenos Aires lle consagran este homenaxe... Amou a verdade e praiticou o ben”.Entre outros falaron Vicente Risco, Antón Villar Ponte, Eladio Rodríguez, Carré Aldao, Peña Novo…Segundo recolle “A Nosa Terra” no nº 151 “Das moitas representacións invitadas somentes faltaron as que non teñen xeito d’enxebrismo”. Constitución en Buenos Aires da “Federación de Sociedades Gallegas, Agrarias y Culturales” denominada posteriormente FAGA, Federación de Sociedades Gallegas de la República Argentina. En Madrid nace a “Mocedade céltiga”. Nace en Santiago, no mes de abril, a “Misión Biológica de Galicia”, dirixida por Cruz Gallástegui. No 1927 trasládase a Pontevedra, por iniciativa de Daniel de la Sota. Fúndase en Santiago a Agrupación Folclórica “Cantigas e Agarimos”. Créase a Sociedad Filarmónica de Pontevedra grazas ao tesón de Javier Pintos Fonseca, primeiro secretario da sociedade. Laxeiro, reclamado polo seu pai, emigra a Cuba. Sinesio Fraga dirixe a revista en galego “Nós”, subtitulada “Órgao da Xuntanza Nazonalista Galega d’Habana”, da que saíron 8 números. Créase en Ferrol a Editorial Céltiga, a primeira editorial nacionalista. Fuco Gómez funda en La Habana o “Comité Revolucionario Arredista Galego”. O 2 de xaneiro encalla na ría de Arousa o buque Santa Isabel, falecendo no accidente 200 persoas. Valle-Inclán viaxa a México invitado polo presidente Obregón.
|
Premios
Epistolario
Polémica epistolar con Manuel Antonio sobre o nacionalismo. Con data de 30 de abril, Rafael Dieste escribe a Manuel Antonio: “Xa sabes que moitas cousas me emparentan á vosa loita: o federalismo, o galeguismo, o anticaciquismo. Quizaves as nosas diferencias non sexan máis que a menor importancia que eu concedo en Galicia ó nazonalismo lingüista, e a miña maneira de ver o virtualidade galega: non aislada, senón como cooperadora da gran aventura española”. O 18 de outubro escríbelle dende Drius: “¿Qué queres que che diga de África? Sol, moito sol, barracas derrengadas, trompetas, camións, fantásticas polveiradas e alá lonxe unha grotesca perspectiva de guiñol: ministos que caen, ministros que suben, discursos...”.
Vicente Risco escribe a Teixeira de Pascoaes: “Vine en La Región d’Ourense unha carta qu’escribiu ó Noriega Varela. N-ela, coma n-outros sitios nótase certa autitude de desespranza frente ô Pobo Portugués, do qu’eu non negarei a decadencia nen, si se quer, o desleigamento, mais non creio que haxa n-il o istinto suicida que hai no Pobo Galego. É o nemigo que nós estamos a combater, y-eu qu’estou coas maus na masa, sei ben onde chega... O Pobo Galego é un pobo que quere a sua desaparición coma tal Pobo... Y-él com’imos calificar isto? Ai, se coñecera, anque non fora mais qu ôs nosos americanos! Ando en tratos c’un d’iles da Casa de Galicia de Buenos Ayres, pra ver d’imprimirmos um caraute mais galego âs escolas qu’eiquí sosteñen as colonias galegas d’América... Non dou dous cartos nin tan xiquera por que m’haxa comprendido o que lle queria decir.E nós ollamos a Portugal com’a verdadeira Galiza ceibe, onde triunfou o noso xenio y-a nosa fala...”. (Grial nº 86). |
Sumarios
Nós (nº 4. 31 de xaneiro)
Xavier Prado: ¡…..!
|
Outras culturas
PREMIO NOBEL DE LITERATURA ANATOLE FRANCE
Nacen:Amândio César (Arcos de Valdevez; 1987 Lisboa).Antunes da Silva (Évora; íbidem 1997).Carlos de Oliveira (Belém do Pará, Brasil; 1981 Lisboa).Francisco José Tenreiro (São Tomé; 1963).Jorge Borges de Macedo (Lisboa; 1996).José Ferreira Marques “Sum Marky” (Cabo Verde; 2005 Lisboa).María Judite de Carvalho (Lisboa; 1998).Mário Braga (Coimbra).Natália Nunes (Lisboa).Víctor de Sá (Cambeses, Barcelos; 2004).
Joan Triadú (Ribes de Freser; 2010 Barcelona)Miquel Tarradell i Mateu (Barcelona; ibídem 1996). Arqueólogo.
Carmen Laforet (Barcelona; 2004 Madrid).Elena Quiroga de Abarca (Santander; 1995 A Coruña).Fernando Fernán Gómez (Lima, Perú; 2007 Madrid).José María Millares Sall (Las Palmas de Gran Canaria; ibídem 2009).Miguel Labordeta (Zaragoza; 1964).
Amanda Berenguer (Montevideo; ibídem 2010).Augusto Monterroso (Guatemala; 2003).Cintio Vitier (Cayo Hueso, Florida; 2009 La Habana).
Edmun Crispin (Robert Bruce Montgomery); (Chesham Bois; 1978).Friedrich Dürrenmatt (Cantón de Berna; 1990).Leonardo Sciascia (Agrigento; 1989 Palermo).Patrick Dennis (Edward Everett Tanner) (Illinois; 1976 New York).Stanislaw Lem (Leópolis, Polonia, actual Ucraína; 2006).
|