1951

De Xulipedia
Revisión feita o 2 de febreiro de 2021 ás 20:50 por Luis (Conversa | contribucións) (File:Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario)
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos


Literatura
Alberte Blanco Casal (Cobres, Vilaboa).
Cesáreo Sánchez Iglesias (Dadín; Irixo).
Isidro Novo (Lugo; ibídem 2018).
José de Cora Paradela (Lugo).
Laura Tato Fontaíña (Vigo).
Luciano Rodríguez Gómez (Viana do Bolo).
Margarita Ledo Andión (Castro de Rei).
Mero Iglesias Dobarrio (Vilalba).
Miguel Vázquez Freire (Corcubión).
Pegerto Saavedra Fernández (Freixo, A Fonsagrada).
Ramón Villares Paz (Xermade).
Ricardo Martínez-Conde (Aldariz, Sanxenxo).
Silvestre Gómez Xurxo (Mazaricos).
Víctor Fernández Freixanes (Pontevedra).
Xaquín del Valle – Inclán Alsina (Santiago).
Xoán González Millán (O Grove; 2002 Nova York).
Xosé Antonio Perozo Ruíz (Llerena, Badajoz).
Xosé María Costa Gómez (Chantada).
Xosé Otero Canto (Ponte de Outeiro, Castro de Rei).
Xosé Ramón Freixeiro Mato (Cances, Carballo).
Xurxo Estévez (A Coruña).
Outros
O escultor Mon Vasco; Ramón Vasco Pardavila (A Coruña; ibídem 1983).
O pintor e escultor Suso Fernández (Ourense).
O pintor Amando González (Vigo).
O pintor Camilo Camaño Xestido (Coiro, Cangas).
O pintor Laureano Vidal (A Coruña).
O escultor e pintor Ramón Ángel Conde Bermúdez (Ourense).
O arquitecto Xosé Francisco Freire Corzo (Narón).
O arquitecto Julio Touza Rodríguez (Ribadavia).
O cantautor Alfredo González Vilela (Becerreá).
O ilustrador e deseñador gráfico Manuel Janeiro Casal (Madrid).
O filólogo Manuel González González (Beba, Mazaricos).
O fotógrafo Manuel Sendón (A Coruña).
Skull.png
Pasamentos


Literatura
Manuel Pérez Martínez (Leirado, Salvaterra de Miño; 1881 Tabagón, O Rosal).
Outros
Francisco Lanza Álvarez (Buenos Aires; 1892 Ribadeo).
César Barja Carral (1890 Guitiriz).
O escritor e periodista José Rodríguez Lence (Buenos Aires; 1874 A Coruña).
O galeguista Alfredo Somoza Gutiérrez (Montevideo; 1892 A Coruña).
O enxeñeiro de montes Rafael Areses Vidal (Tui; ibídem 1878).
O médico e empresario Ramón Obella Vidal (Vigo; 1888 Bastavales, Brión).

Publicacións

Galegas

1º “Presencia de Galicia” (Colaboran nel Ramón Piñeiro, Celestino F. de la Vega, M. Cuña Novás, Francisco F. del Riego, Ánxel Johan, Ánxel Fole, Carlos Martínez- Barbeito e Ramón Otero Pedrayo).


2º “Pintura actual en Galicia”.


3º "Presencia de Curros y Dª Emilia.


4º “Aspectos económicos y jurídicos de Galicia” (xa en 1952).


No nº 481 de “A Nosa Terra” (abril de 1952): “Están chegando a Bos Aires os cadernos de cultura galega “Grial”, outa publicación filosófica – literaria editada por Galaxia de Vigo. Apresurémonos a decir que “Grial” é unha demostración cabal da capacidade intelectual de Galiza sin paralelo hoxe no perímetro peninsuar. Temos nas nosas mans os tres primeiros números de tan ricaz presente. Realmente énchen-nos de lediza e tamén d’orgulo. En “Grial” latexa firme, como nunca, o esprito inmorrente da Nosa Terra, ainda nas arriscadas circunstancias, aituaes. Asin nos é doado sentilo ao traveso das súas páxinas de proieción europea, universal, ceibadas de tutela da circia escolástica en plea vixenza de Madrid. Nós témola definida como un riso; enxebre de tolerancia e convivencia humá”.

Numero 1 grialA.jpg

Celso Emilio Ferreiro: “Espero” (soneto no nº 8 da revista Alba).

  • Clemente López Pasarón : “Castelao, home e artista” (“A Nosa Terra” nº 475).
  • Eduardo Blanco Amor : Chile a la vista (Edit. Del Pacífico, Santiago de Chile).
  • Faustino Rey Romero : Doas de vidro (Tui). “o seu feitío literario é com‘a fror: sinxelo, orballado, arrecendoso…” (prólogo de Victoriano Taibo).
  • Francisco Fernández del Riego : Historia de la literatura gallega. Cunqueiro escribe a Fernández del Riego: “Ó seu tempo tiven o Manual. Ten os defectos que debe ter e non outros, e coido que as críticas que lle fan non son válidas. Penso que fixeches ben escribilo e que ten valor e utilidade”.
  • Gervasio Paz Lestón : “Arranxa a gaita, gaiteiro” (“A Nosa Terra” nº 477): Arranxa a gaita, gaiteiro,/ que o día da patria chega / e no frescor mañanceiro,/ tés de aledar o rueiro / co son da gaita galega.
  • José Luis García Mato : Curros Enríquez y Galicia (“El Progreso” de Lugo 25/7).
  • Juan Pérez Creus . Poeta alófono (La Carolina 1909): As cancións d’ise amor que se diz olvido (Col. Benito Soto; Pontevedra. Prólogo de Vicente Risco).
  • Luís Pimentel publica poemas na revista “Aturuxo” (Ferrol). Colabora en verso no libro 7 ensayos sobre Rosalía, publicado en Vigo.
  • Manuel Fabeiro Gómez : Follas dun arbre senlleiro (colec. Benito Soto. Prólogo de Iglesia Alvariño).
  • Nicomedes Pastor Díaz (1811-1863): Poesías gallegas. Égloga de Belmiro e Benigno (autógrafo anónimo que Álvarez Blázquez descobre e atribúe a Pastor Díaz). (Edicións Monterrey; colección “Leixado do Vento” Vigo).
  • Rafael Dieste le no programa galego da BBC de Londres o relato Un conto de Reis.
  • Ramón Cabanillas : Antífona da cantiga (Primeira publicación de Galaxia. En edicións posteriores pasará a denominarse Cancioneiro popular galego). Leva unha dedicatoria impresa: “está dedicado a Álvaro Gil Varela que suxeríu e deu pulo a este traballo con vivo e fondo sentimento de irmandade”.En carta de Ben-Cho-Shey a Fermín Penzol (20 de abril) escribe: “Tamén eu me aledei moito co trunfo do Ramón, que caiu como unha bomba. Paréceme un pouco raro que o Filgueira diga agora que o galego deba empregarse somentes pra poesía porque íl foi un dos que animou a Cabanillas a que escribise en prosa galega. Craro que de sabios é trocar de opinión”.(Cartas a Fermín Penzol. Cadernos Ramón Piñeiro XXVII. Xunta de Galicia 2013).
  • Ramón de Valenzuela : “O principio e o fin aseméllanse” (“A Nosa Terra” nº 476). No 477: “Encol da Historia de Galiza”.No 478: “Se eu fora castelán”.

Ramón Piñeiro : Siñificado metafísico da saudade (No nº 1 de “Grial” titulado "Presencia de Galicia"). Con data de 22-12 Ramón Piñeiro escribe a Fermín Penzol:“Fai uns días recibín unha carta de Lisboa comunicándome que o Centro Nacional de Cultura acordou orgaizar un curso adicado íntegramente estudar o problema da saudade e que, ó longo do curso, queren celebrar seis conferencias a cárrego de seis persoas previamente desiñadas, das que xa elexiron a catro: o Dr. Joaquín de Carvalho (da Universidade de Coimbra), o Dr.Delfín Santos (da Universidade de Lisboa), o poeta Teixeira de Pascoaes e máis eu. Xa te podes supoñer a miña sorpresa de me ver englobado en tal empresa. Pra me animar a que aceite fálanme de que sería un paso moi importante pra establecer un contaito intelectual aitivo entre Galicia e Portugal. A verdade é que eu non sei que facer, pois a ideia de ir a Lisboa a dar unha conferencia ó nivel do Teixeira e dos outros conferenciantes desiñados é cousa que me dá bastante pánico. Comprendo que o máis chamado a xogar ise papel, e o único, quizáis, que podía facelo satisfactoriamente, é Otero. ¡Quén iba a decir que aquíl traballo publicado en “Grial” había de ter tantas derivacións”.(Cartas a Fermín Penzol. Cadernos Ramón Piñeiro XXVII. Xunta de Galicia 2013).O 10 de outubro de 1961 escríbelle Basilio Losada a Ramón Piñeiro:“Xa fai tempo tiña ganas de escribirlle. Cando se pubricou o Siñificado metafísico da saudade aínda estaba eu na Universidade, illado totalmente da cultura galega e aquelo foi para min unha revelación. Precisamente o primeiro libro galego que eu lin foi Cómaros verdes e despois o seu ensaio…”. (Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Ramón Piñeiro, Basilio Losada. Galaxia. Páx. 90).Con data de 12 de decembro, Ramón Piñeiro escribe a Fermín Penzol deixando ver a mala relación que mantiña con Aquilino Iglesia: “O libro de Heidegger estámolo rematando de traducir o Celestino e mais eu. Ten a doble importancia de que non está traducido en España e de que levará un prólogo especial do mesmo Heidegger feito pra a edición galega. Así demostrarémoslles ós aquilinos e a todos os demáis parvos que o galego sirve pra facer alta filosofía o mesmo que outra lingoa calquera”.(Cartas a Fermín Penzol. Cadernos Ramón Piñeiro XXVII. Xunta de Galicia 2013).

  • Ramón Rey Baltar “Verduguillo”: “Ao son da zamfona. Democracia porcuna” (“A Nosa Terra” nº 475):Perplexo e desconcertado / en verdade estou, leitor. / diante un feito inusitado, / de vergonza e deshonor./ Resulta que o porco agora, / da O. N. U. por obra e gracia,/ hase trocar sen demora / en puntal da democracia. No nº 477: “O Porco en Capela”. No nº 478: “O Testamento do Porco”:Como chegueime a enterar / do importante documento / non’o podo revelar; / mais xuro que non é invento. No 479: “A Agunía do Porco”:Fagamos de centinelas / i empuñemos os facóns / que axiña haberá morcelas / e castañas con rixóns. No 480: “A Pauliña do Porco”.
  • Valentín Paz-Andrade : O home e o poeta en Curros. (Lar 25 de xullo).
  • Xervasio Paz Lestón : “Na morte de Castelao” (“A Nosa Terra” nº 475).
  • Xosé Conde Fernández : Penas son cantares (Poemas en castelán; Buenos Aires).
  • Xosé María Álvarez Blázquez : Romerías gallegas (Buenos Aires) e O vencello espritoal dos Fisterres Atlánticos (Vigo).
  • Xosé Rubinos Ramos : O velliño (Edipo na Galiza).
  • Publícase na Editorial Hispánica de Madrid, a escolma: M. Curros Enríquez / POESÍAS con prólogo de M. G. García; única que se publicou en España no centenario do nacemento de Curros. Segundo Alonso Montero, M. G. García, poidera ser alguén que se quere lucrar dos beneficios económicos que produza o libro. No prólogo indica: “Aquellas poesías demoledoras pasaron, sin más gloria que el aplauso de la jauría que en aquel tiempo hacía coro a toda imitación extranjera y, por desgracia para su autor, con bien poco mérito artístico”.

Xosé Manuel Dasilva en “Rosalía, Pondal e Curros diante da censura”, artigo publicado en “Grial” nº 181 indica que o escrito de licenza tramitouno Juan Guerrero Ruiz, responsable da Editorial Hispánica, conservándose tamén unha carta de recomendación ao censor Juan Beneyto na que lle indica que a “selección se ha hecho con un criterio católico, eliminando las composiciones que en su tiempo dieron lugar a censuras para el autor”. O prologuista descoñecido M. G. García, tenta pór de manifesto a inocencia dos versos seleccionados de Curros, poñendo de relevo a catolicidade de Curros, obedecendo posiblemente a unha encomenda do editor JuanGuerrero Ruiz (“Grial” nº 181).

  • Na litografía e imprenta Roel da Coruña, imprimiuse un opúsculo de 32 páxinas co título de Centenario de Curros con artigos de Álvaro Cunqueiro e Eugenio Montes, un poema de Gonzalo López Abente (“Unha oración”), outro poema de Celso Emilio Ferreiro (“Elexía a Curros neno”) e unha miniantoloxía de poemas de Curros. Cunqueiro apenas dedica unha liña ao poeta, nun artigo que titula “Celanova”. O artigo de Eugenio Montes titulado “En el centenario de Curros Enríquez” xa o publicara o autor na revista “Mundo Hispánico” de Madrid co título de “Curros Enríquez el de Celanova”, no mes de agosto.


En Santiago, o Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos homenaxeou a Emilia Pardo Bazán, pero nada organizaron polo seu contemporáneo Curros Enríquez quizais para que esta institución en nada fixese lembrar ao desaparecido Seminario de Estudos Galegos.

No Centro Galego de Madrid convocouse un certame literario. No tema “Curros Enríquez y Madrid” foi premiado o traballo de Augusto González Besada e Melendo Abad (300 ptas) quen en 1952 publicaron o libro cun prólogo de Ramón Cabanillas: M.C.E. Biografía, Madrid, Artes Gráficas Minerva. Presidiu o xurado o Presidente da Comisión de Cultura Manuel Fraga Iribarne. No mes de xuño houbo un ciclo de conferencias: José Luis Varela falou de “Curros, lira torva” e Manuel Fraga Iribarne de “Curros Enríquez, hoy”.

No Centro Galego de Barcelona a principal conferencia pronunciouna Antonio Lorenzo Sánchez:“... cuando Curros regresa a Galicia, ya no es gallego. Será poeta, en gallego, pero no poeta gallego...” “Curros, a partir de Aires pierde toda autenticidad para convertirse en bandera o piedra de escándalo” (“Alborada” xullo de 1952).

O Centro Galego de La Habana invita a Otero Pedrayo que non chega a ir a Cuba, invitando entón a Eugenio Montes. Xerardo Álvarez Gallego publica na revista de La Habana “Bohemia” o artigo “Un Curros Enríquez falsificado” que reproduce despois en Buenos Aires “Opinión Gallega” (nº 134, 1952). “... desierto el primer premio al que concurrieron trabajos como el de Fernández del Riego, uno de los valores jóvenes de más ancho prestigio en la Galicia de hoy. El hecho de haber sido dotado el premio por el propio Centro autoriza la suspicacia de que quiso reservárselo para ayudar a pagar el tan inútil como largo viaje de Eugenio Montes, el Mantenedor mantenido”.

Francisco Fernández del Riego: na revista “Árbor” de Madrid di sobre Curros: “... no fue un revelador del alma de Galicia; su psicología era casi rudimentaria, y sus poemas no pierden su contenido espiritual en la traducción”.

O Centro Galego de Buenos Aires premia nun certame literario dúas biografías: Luís Carré Alvarellos: Manuel Curros Enríquez. Súa vida e súa obra e Alberto Vilanova Rodríguez: Vida y obra de Manuel Curros Enríquez (premiado tamén en Celanova e na Habana). Ámbos os dous publicados polo Centro Galego no 1953.

Na Galicia exterior acolleuse un chamamento escrito na Galicia interior titulado “¡Galicia, por Curros!” que ningún periódico do país quixo ou se atreveu a publicar. Publicouno en Buenos Aires “Galicia”, órgano da Federación de Sociedades Gallegas que nunha nota de redacción aclara: “Este artículo fue enviado a toda la prensa de Galicia para su publicación el 15 de septiembre, fecha del centenario de Curros, y ningún diario de Galicia, de su Galicia, lo publicó. Juzgue el lector cómo andan las cosas en nuestra patria” (14/12/1951). O chamamento di entre outras cousas: “Galicia toda debe de hablar en el día de hoy solamante en su lengua vernácula, como homenaje al llorado Maestro de maestros, al más universal de sus Poetas ... Ya que, oídlo bien, gallegos de Galicia y de todo el mundo: ¡CURROS solo hubo uno y ... Dios rompió el molde!.

Un exiliado galeguista, Ramón de Valenzuela nunha conferencia, co gallo do centenario pregunta: “¿Non saben eses farsantes hespañoleiros que nese mesmo convento de Celanova, á beira do que se lle vai render homaxe, foron fusilados e torturados centos e centos de galegos?” (En “Galicia” 20/9/1951).

Relativas a Galicia

  • A Editorial Monterrey publica na colección “Beatus Iacobus” El Búho Gallego... atribuído ao VII Conde de Lemos Pedro Fernández de Castro (1620) con prólogo de Xosé María Álvarez Blázquez.
  • Antonio Couceiro Freijomil: Diccionario bio-bibliográfico de escritores gallegos.
    Diccionario bio-bibliográfico de escritores
  • Avelino Pousa: Temas de agricultura, dedicado a Antonio Fernández López (Lugo).
  • Carlos de Santiago: El huerto de Pisadiel.
  • Carlos Rivero Troncoso: Hombre de paso.
  • Daniel Cortezón: Las ideas-fuerzas históricas.
  • Eugenio Granell: Isla cofre mítico (Puerto Rico).
  • Francisco Trillo Figueroa (1620-1680): Obras completas.
  • Isabel Calvo de Aguilar: Doce sarcófagos de oro.
  • Isidoro Millán González-Pardo: Comentos filolóxicos a algunhas verbas empregadas na “Antífona da Cantiga” (Vigo).
  • Jesús Carballo Taboada: Fida, la hija del último druida galaico.
  • Joaquín Calvo Sotelo: Criminal de guerra.
  • José Manuel Vilabella Gómez: Historia de una mosca (Zaragoza).
  • Marcial Fernández: Trascendencia y hondura de Castelao. Ediciones Trískele. México.
  • Mariano Tudela: El torerillo de invierno (Barcelona).
  • Maside publica o seu ensaio: En torno á fotografía popular.
  • Ramón Fernández Pousa: Selección literaria del idioma gallego (siglos XI-XX) Madrid.
  • Salvador Castro Freire: Lugo y sus hombres (Editorial Celta).

Acontecementos

  • Gamallo Fierros gaña o primeiro premio con Seda en el cardo (Vida y obra de Curros Enríquez) no concurso internacional organizado en La Habana para conmemorar o centenario do nacemento de Curros Enríquez.
  • Celso Emilio colabora na dirección da revista “Alba” (Vigo) e no Faro de Vigo coa sección “La jaula de los pájaros raros”.
  • O centro Galego de Madrid premia o traballo de José Montero Padilla “La Pardo Bazán y la poesía”.
  • Antón Fraguas elixido académico de número da Real Academia Galega sucedendo a Castelao.
  • O 16 de setembro a Real Academia Galega recibe en Celanova, como membros numerarios, a Xesús Ferro Couselo e a Xoaquín Lorenzo Fernández, que leron os discursos en castelán, o mesmo que as respostas respectivas de Cuevillas e Otero Pedrayo (Na Academia gárdase o discurso de Cuevillas en galego). Xoaquín Lorenzo ocupa a vacante de Noriega Varela. Despois descubriuse un busto de Curros feito por Asorey. Segundo a revista de Buenos Aires “Galicia” (20 de outubro) da Federación de Sociedades Galegas: “...haciendo total caso omiso del idioma en el que Curros inmortalizó su obra, todo lo que se dijo fue en idioma extranjero, porque si se hace en gallego se fomenta el “separatismo”, según el “generoso” y amplio criterio de los que hoy desgobiernan a España”.Os xornalistas galegos non indican en que lingua falou Otero Pedrayo.

En “A Nosa Terra” (Buenos Aires 481, abril, 1952, na crónica “Homaxe a Curros en Celanova” dise entre outras cousas:“O discurso principal estivo a cárrego de O. Pedrayo, a quen lle prohibiron falar en galego, sendo esa, tal vez, a causa de que non abranguese a outura e elegancia d´outras veces, pois fixo unha cousa fría e un tanto académica, non parecendo o gran orador que estamos afeitos a escoitar”.“... A peza do Sr. Cuevillas, por ser en galego e pol-a valentía que encerraban moitos párrafos, foi motivo de grandes gabanzas por todos...”. “A obra de Paco Asorey –un busto de bronce fundido na casa Malingre de Ourense- é dunha gran beleza e móstranos ó poeta nunha pose arrogante na que parece decerlle ós xudas da Patria: “eiquí estou eu, desleigados”.

  • O 29 de decembro, en Pontevedra, no acto no que ingresa como numerario Antón Iglesias Vilarelle, tanto el, que disertou sobre os instrumentos do Pórtico da Gloria, como Filgueira Valverde, que contestou ao seu discurso, expresáronse en castelán. Ao día seguinte, en Vigo, Manuel Gómez Román (arquitecto, que o 18 de xullo de 1936 era Secretario Xeral do Partido Galeguista. Vigo 1875-1964) e Otero Pedrayo, tiveron que utilizar o castelán aínda que tiñan preparadas as súas disertacións en galego no discurso de ingreso na Academia Galega de Gómez Román, onde ía ser recibido por Ramón Otero Pedrayo co discurso “Arte e arquitectura en Galicia”. Cóntao Alonso Montero (La Voz de Galicia 7 / 11 /2014): “Nas vacacións invernais de 1951 viaxei do Ribeiro a Vigo cun obxectivo único: asistir, no Casino, o 30 de decembro, ao discurso de ingreso, na Real Academia Galega, de Gómez Román, se ben o que eu cobizaba era oír falar en galego a Otero Pedrayo, encargado de apadriñar ao novo académico co seu discurso de resposta. Eu estaba expectante: ¿como falaría en galego aquel profesor que me deslumbrara, en castelán, disertando sobre os Alpes? A decepción e o desconcerto, para min, foron moi grandes: don Manuel e don Ramón pronunciaron as súas oracións en castelán. Horas despois, souben, por Del Riego e Ramón Piñeiro, que, unha hora antes, José Solís, gobernador civil de Pontevedra, telefoneara ao Presidente do Casino conminándoo a que lle comunicase aos dous oradores que o acto tiña que desenvolverse enteiramente en castelán. Este Solís, anos despois, xa ministro de Franco, pasou aos manuais de Filoloxía clásica por un aturuxo antihumanista: “¡Más deporte y menos Latín!”. Sobre este tema, na revista “Galicia” de Buenos Aires publícase o artigo “La Real Academia Gallega o la Carabina de Ambrosio” (30-6-1954):“...sabemos esto y muchas más cosas de la Real Academia, como aquella vergüenza de la recepción de Gómez Román que el Gobernador falangista prohibe que los oradores (Otero Pedrayo y Gómez Román) se expresen en gallego, ¡y lo hacen en castellano! ¡Era preferible que no se realizara tal recepción a realizarla claudicando!”.
  • Ramón Villar Ponte ingresa na Real Academia Galega co discurso “A xeración do 16” (1977).
  • A Editorial Bibliófilos Gallegos convoca un concurso de tradución fallado en marzo. O premio recaerá en: Cancioeiro da poesía céltiga de Julius Pokorny, traducido por Celestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro. Tamén acudiu ao certame Aquilino Iglesia Alvariño coa tradución de Carmina de Horacio. O xurado estaba presidido por Abelardo Moralejo Laso.
  • Laxeiro trasládase a Buenos Aires, onde permanecerá ata 1960.
  • O 21 de xullo inaugúrase no Centro Ourensán de Buenos Aires unha exposición de Domingo Maza, cun discurso de Avelino Díaz no acto inaugural: “… a beleza maxestosa das súas esculturas que nos traen reminiscencias antergas, sentimento de patria e de raza, con voces ancestrales e telúricas que, xurdindo da terra matria, chegan a nós ao traveso do esprito lumioso do artista…”. (“A Nosa Terra” nº 480).
  • O 30 de xuño fáiselle entrega ao cardeal Quiroga Palacios das insignias de Académico de Honra da Real Academia Galega coa presencia de Manuel Casás, de Vales Villamarín e de numerosos membros da Academia.
  • O 25 de xullo Fermín Bouza Brey pronuncia no Centro Galego de Buenos Aires unha conferencia sobre Rosalía de Castro.
  • No nº 480 de “A Nosa Terra” (xullo), Fernández del Riego escribe o artigo “Fermín Bouza Brey”.
  • Sae en Montevideo o nº 1 de “Galiza”, xornal encabezado por “Pola paz, a República i-as liberdades galegas”, dirixido por Isidoro Cid Rivo.
  • Nace no Carballiño a revista bilingüe “Ambiente”, subtitulada “Órgano semanal de Acción Católica do Carballiño” (1954).
  • Aparece en Ourense, con Xesús Ferro Couselo como responsable, a revista literaria, cultural e de pensamento “Posío. Arte y letras” (1954).
  • O 21 de xuño, o Director Xeral de Prensa, Juan Aparicio, publica no xornal “Pueblo” de Madrid, un duro artigo contra o idioma galego como resposta a un escrito publicado por Ramón Piñeiro no nº 1 de “Cuadernos Grial”, titulado “Siñificación metafísica da saudade”. O artigo vai dirixido a Raimundo Fernández Cuesta, Ministro de Xustiza: “En Galicia, algún pedantón traduce la filosofía alemana con ritmo de gaita, como en la Fundación Bernat Metge se vertía a los clásicos grecolatinos a una jerga que era más bien un “patois” gabacho... El escritor que escribe en la colección “Grial” de la Editorial Galaxia, de Vigo, o redacta versos en antañosa lengua de Oc o en más arcaico vascuence, porque el castellano le parece tosco, infiel e inexpresivo, es un escritor que tiene faltas de ortografía en su pluma y en su alma, avergonzándose de que se le vean tales vergüenzas al desnudo... Querido y respetado Raimundo, habría que someterles a una cura psicoanalista o traerles a Madrid por las buenas o por las malas, para que tonifiquen su sistema moral y su sistema nervioso en el competidísimo torneo”. A este artigo retrucoulle o 27 de xuño, dende as páxinas de “El Pueblo Gallego”, José María Castroviejo: “Debo asegurarte, por lo que a Galicia se refiere, que aquí no existen ni esas faltas de ortografía ni esas vergüenzas... El hecho de que una Editorial trate de cultivar literariamente el gallego, para que nuestra entrañable lengua no quede circunscrita a un simple fichero de arqueologías, ni significa desdén al castellano, ni mucho menos quiere decir que los escritores de este Finisterre, que aún cultivan la antigua lengua de los cancioneros y del Rey Sabio, sientan bajar a los puntos de la pluma la duda ortográfica, cuando la emplean, lo que todos los días suele acontecer, en la universal lengua de Cervantes... Ni el propio Diógenes podría, con su linterna multiplicada por voltios, encontrar hoy en Galicia un separatista”. O 4 de xullo respóstalle Juan Aparicio: “... les prevenía (a los españoles) ante los brotes de la literatura regionalista, que ahora podían ser tolerados o fomentados como las romerías, las sardanas y los aurrescos, pero que luego podrían convertirse en algo agudo y punzante, del mismo modo que las cañas se vuelven lanzas”.
  • En setembro, o Director Xeral de Prensa ordena verbalmente aos directores dos xornais de Galicia que non acollesen nas súas páxinas texto algún escrito en lingua galega.
  • Nas emisións radiofónicas da BBC de Londres emítense no 1951 tres conferencias: Ramón Vilar Ponte: “Curros Enríquez, o poeta da liberdade” (17/10) Celso Emilio Ferreiro (“Emilio Celanova”): “Curros Enríquez en Londres” e outra de Florentino López Cuevillas.
  • O 15 de Xullo ten lugar, organizado polo Patronato Rosalía de Castro, unha visita aos lugares “Rosalianos”. A excursión, que sae de Santiago, visita Ortoño, Bastabales, O Pazo de Lestrove, A Hermida, O Pazo de Arretén, a Igrexa de Iria e o Cemiterio de Adina. No percorrido falan Sebastián Martínez-Risco, Paulino Pedret, Pura Vázquez, José Mosquera Pérez…
  • O 24 de xullo, coa presenza da filla de Rosalía dona Gala Murguía de Castro, reúnese en Santiago o Padroado Rosalía de Castro no Colexio San Clemente, e ten lugar a ofrenda floral diante do monumento da escritora no Paseo da Ferradura, no que intervirán Cabanillas, Otero Pedrayo e o Marqués de Figueroa. Ramón Cabanillas le o poema “Ofrenda floral a Rosalía de Castro diante do moimento de Santiago”:

“Foi un maio de luz e de recendos

que a historia de Galicia paxinóu.

O corpo santo da cantora esgrevia,

señora da Saudade e do Dolor,

na que o esprito da Terra tomóu carne

e frorecéu en lirios e cancións,

viña atopar repouso verdadeiro

nun sartego que erguéu a devoción

do chan nativo, da cidade sagra

que os seus primeiros soños aniñou,

nas orelas do Sar, onde os seus cantos

baten as azas en perene vóo”.

O acto foi filmado por Antón Beiras e Pedro Dopazo con guión de Celso Emilio Ferreiro.

  • Rafael Alberti dedica un poema a Luís Seoane no seu libro “A la pintura”:

Un color finisterre, golpeado

ojo que sueña el mar,

color mojado.

Un pincel que se hiere,

que hasta rompe a llorar

y hasta se muere …”


(Alberti recitou este e outros poemas na Coruña no 1979, pouco antes da morte de Seoane).

  • Créase en Lugo por iniciativa de Antonio Gil Merino o “Arquivo Histórico Provincial”.
  • Créase o Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela.
  • Aparece o primeiro número de “Mundo Gallego” (“Revista de Galicia en América”) editada en Buenos Aires e dirixida por Eliseo Alonso (1952).
  • Nos números 1226-7, do 21-28 de xullo aparecen publicadas colaboracións de Celestino Fernández de la Vega na revista portuguesa “Seara Nova”.
  • En setembro ten lugar o incendio que destrúe o Mosteiro de Samos.

Premios

  • A Editorial Bibliófilos Gallegos convoca un concurso de tradución fallado en marzo. O premio recaerá en: Cancioeiro da poesía céltiga de Julius Pokorny, traducido por Celestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro. Tamén acudiu ao certame Aquilino Iglesia Alvariño coa tradución de Carmina de Horacio. O xurado estaba presidido por Abelardo Moralejo Laso.
  • O 30 de xuño fáiselle entrega ao cardeal Quiroga Palacios das insignias de Académico de Honra da Real Academia Galega coa presencia de Manuel Casás, de Vales Villamarín e de numerosos membros da Academia.
  • No Centro Galego de Madrid convocouse un certame literario. No tema “Curros Enríquez y Madrid” foi premiado o traballo de Augusto González Besada e Melendo Abad (300 ptas) quen en 1952 publicaron o libro cun prólogo de Ramón Cabanillas: M.C.E. Biografía, Madrid, Artes Gráficas Minerva. Presidiu o xurado o Presidente da Comisión de Cultura Manuel Fraga Iribarne.
  • Gamallo Fierros gaña o primeiro premio con Seda en el cardo (Vida y obra de Curros Enríquez) no concurso internacional organizado en La Habana para conmemorar o centenario do nacemento de Curros Enríquez.
  • Alberto Vilanova Rodríguez: Vida y obra de Manuel Curros Enríquez (1953 Buenos Aires). Premiado polo Centro Galego de Buenos Aires no 1951. Premiado tamén en Celanova e na Habana no mesmo ano).

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Con data de 12 de decembro, Ramón Piñeiro escribe a Fermín Penzol deixando ver a mala relación que mantiña con Aquilino Iglesia: “O libro de Heidegger estámolo rematando de traducir o Celestino e mais eu. Ten a doble importancia de que non está traducido en España e de que levará un prólogo especial do mesmo Heidegger feito pra a edición galega. Así demostrarémoslles ós aquilinos e a todos os demáis parvos que o galego sirve pra facer alta filosofía o mesmo que outra lingoa calquera”.(Cartas a Fermín Penzol. Cadernos Ramón Piñeiro XXVII. Xunta de Galicia 2013).

Con data de 22-12 Ramón Piñeiro escribe a Fermín Penzol:“Fai uns días recibín unha carta de Lisboa comunicándome que o Centro Nacional de Cultura acordou orgaizar un curso adicado íntegramente estudar o problema da saudade e que, ó longo do curso, queren celebrar seis conferencias a cárrego de seis persoas previamente desiñadas, das que xa elexiron a catro: o Dr. Joaquín de Carvalho (da Universidade de Coimbra), o Dr.Delfín Santos (da Universidade de Lisboa), o poeta Teixeira de Pascoaes e máis eu. Xa te podes supoñer a miña sorpresa de me ver englobado en tal empresa. Pra me animar a que aceite fálanme de que sería un paso moi importante pra establecer un contaito intelectual aitivo entre Galicia e Portugal. A verdade é que eu non sei que facer, pois a ideia de ir a Lisboa a dar unha conferencia ó nivel do Teixeira e dos outros conferenciantes desiñados é cousa que me dá bastante pánico. Comprendo que o máis chamado a xogar ise papel, e o único, quizáis, que podía facelo satisfactoriamente, é Otero. ¡Quén iba a decir que aquíl traballo publicado en “Grial” había de ter tantas derivacións”.(Cartas a Fermín Penzol. Cadernos Ramón Piñeiro XXVII. Xunta de Galicia 2013).

Francisco Fernández del Riego publica a Historia de la literatura gallega. Cunqueiro escríbelle: “Ó seu tempo tiven o Manual. Ten os defectos que debe ter e non outros, e coido que as críticas que lle fan non son válidas. Penso que fixeches ben escribilo e que ten valor e utilidade”.

Ramón Cabanillas publica Antífona da cantiga (Primeira publicación de Galaxia. En edicións posteriores pasará a denominarse Cancioneiro Popular Galego). En carta de Ben-Cho-Shey a Fermín Penzol (20 de abril) escribe: “Tamén eu me aledei moito co trunfo do Ramón, que caiu como unha bomba. Paréceme un pouco raro que o Filgueira diga agora que o galego deba empregarse somentes pra poesía porque íl foi un dos que animou a Cabanillas a que escribise en prosa galega. Craro que de sabios é trocar de opinión”.(Cartas a Fermín Penzol. Cadernos Ramón Piñeiro XXVII. Xunta de Galicia 2013).

Benito Varela Jácome publica no 1950 a Historia de la literatura gallega. Con data de 4-11-1951 escribe Carballo Calero a Ramón Piñeiro: “Xa vin a Historia de Varela Jácome. ¡Que desgraciados somos cos historiadores da nosa literatura. E o peor é que despóis das historias recentemente pubricadas non hai lugar no mercado pra ningunha boa até que pasen moitos anos. É un desastre que historien a nosa literatura os que a historian, bos homes incapaces de sacramentos estéticos. Se as editoriás estiveran ben orientadas houberan encomendado isa labor a Aquilino, o único capacitado”.(Cadernos Ramón Piñeiro XXXIII. Epistolario Ricardo Carballo Calero Ramón Piñeiro. Xunta de Galicia).

Con data de 26 de abril de 1951, Fernández del Riego (Vigo) escribe a Lois Tobío (Montevideo): Eu vivo unha vida abondo desnorteada, mergullado nun ritmo febril de traballo, sin apenas compensaciós. Todo parece afundido arredor dun. Se un acerta a atopar cun asideiros. Pasaron os anos, e siguen pasando, nun total fracaso persoal. Soio unha fe galega, n-iste pequeno mundo noso, sostén a un n-ista realidade abraiante, carregada de escenticismos e decenciós. Muitas veces teño matinado na idea de vivir, coma vós, a vida da emigración. Pero sinto un ausurdo tremor por me afastar de Galicia. A pesares de iste isolamento, de iste aturar día a día unha doenza espritual, da que cecáis non vos decatades ben, cóstame muito crebar as amarras. Aínda quedan algús amigos, bandeados coma min pol-as circunstancias. Pero bó é que haxa xentes limpas e xenerosas, capaces de sortear con enteireza o revolto balbordo que nos asolaga.

Nos minutos, poucos por certo, que podemos furtar ó traballo miltifure [?] e abafante que hai que realizar para vivir, facemos o labor cultural que nos é posibre facer. Demos comezo, con mil esforzos, a unha obra de ediciós que coidamos de interés. Iniciámola con unha "Antífona de Cantiga" de Cabanillas. Pero o primordial son uns Cadernos trimestráis que andamos a facer. O primeiro xa saíu. Por correo ordinario remeseiche un exemplar fai varios días. Impórtame muito que nos días a tua opinión sobre a sua presentación e contido. Tamén me importa grandemente que me mandes un ensaio teu pra un próisimo número. ¿Tés algún incomenente pra mo facelo? Teño a espranza de que á vista da pubricación e das xentes que a redaitamos, quererás sumarte á nosa empresa. (Epistolario Lois Tobío. Consello da Cultura Galega).

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Nobel


PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Pär Lagerkvist

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen

  • Álvaro Magalhães (Porto).
  • Glauco Mattoso (Pedro José Ferreira da Silva) (São Paulo).
  • Juvenal Bucuane (Xai-Xai, Mozambique).
  • Manuel Fernando Gonçalves (Meixedo).
  • Paulinho Assunção (São Gotardo; Minas Gerais).
  • Vítor Serpa (Lisboa).



Morren:

  • António Nunes (Lisboa; 1917 Cabo Verde).
  • Raul de Caldevilla (1877 Porto).



O 24 de febreiro, a revista lisboeta “ Seara Nova ” dedícalle unha edición especial a Castelao, pouco máis dun ano despois da súa morte, na que se inclúe unha ampla antoloxía. Na edición, preparada por Rodrigues Lapa dise: “O que sentimos perante a cruel notícia foi o que sentiriamos pela morte dum irmão (…). Desde que o conhecemos pela primeira vez em Lugo, no mês de Junho de 1932, nunca mais pudemos esquecer aquele homem, os seus olhos doentes, banhados de ternura e fina ironia. Encontramo-nos por vezes em Lisboa (…) Depois, com a guerra civil da Espanha, nunca mais nos tornámos a ver; mas seguimos sempre, cá de longe, com simpatia fraternal, a generosa aventura deste homem raro, espelho brilhante de cidadãos. Morreu longe da Terra, que ele tanto amou e pela qual lutou, como un paladino, até ao último alento da vida”.

Aparece en Lisboa a revista de poesía “Árvore” (1951-1953).


En Coimbra nace a revista “Sísifo” (1951-1954), dirixida por Manuel Breda Simões.


Aguinaldo Fonseca (Cabo Verde): Linha do horizonte.


Agustina Bessa Luís: Contos Impopulares (5 fasc. 1951-52-53). Traducidos no 1982 ao castelán en Alianza Editorial.


Alexandre O’Neill: Tempo de fantasmas.


Álvaro Ribeiro: Os positivistas.


Alves Redol: Os homens e as sombras (Ciclo Portwine).


António de Sousa: Linha de terra.


Ariano Suassuna (Brasil): Torturas de um coração.


Armindo Rodrigues: Dez odes ao Tejo.


Carlos Drummond de Andrade (Brasil): Claro enigma (poesía) e Contos de aprendiz.


Daniel Filipe: O viageiro solitário.


Eugénio de Andrade: As Palabras Interditas.


Fernanda Botelho: As coordenadas líricas.


Fidelino de Figueiredo: Um Coleccionador de Angústias e Viagem através da Espanha literária.


João de Araújo Correia: Cinza do lar.


João de Barros: Humilde plenitude.


Jorge Amado (Brasil): O mundo da paz (viaxes).


Jorge de Sena: O Indesejado (teatro).


José Fernandes Fafe: A vigília e o sonho.

Manuel da Fonseca: O Fogo e as Cinzas (conto).


Maria Archer: Bato ás Portas da Vida (narrativa).


Miguel Torga: Pedras Lavradas (conto).


Nuno Bermudes: O poeta e o tempo.


Orlando da Costa: A estrada e a voz.


Orlando Ribeiro: A Ilha do Fogo e as suas erupções.


Pedro Cardoso (Cabo Verde): Lírios e cravos.


Ramada Curto: Multa provável.


Ruben A.: Portugal, land of poets.


Sebastião da Gama: Campo aberto.


Soeiro Pereira Gomes (1909-1949): Engranagem.


Thiago de Mello (Brasil): Silêncio e palabra.


Tomaz da Fonseca: Filha de labão.





Cataluña


Nacen:

  • Enric Casassas (Barcelona).
  • Ferrán Torrent i Llorca (Sedaví).
  • Gemma Lienas i Massot (Barcelona).
  • Joan Navarro Tercero (Oliva).

Morren:

  • Salvador Galmés (Sant Llorenç des Cardassar, Mallorca; ibídem 1876).


Agustí Bartra: Una antología de la lírica nord-americana.


Albert Manent: La nostra nit (poesía).


Joan Brossa: Em va fer Joan Brossa (poesía).


Joan Oliver “Pere Quart”: Quasi un paradís (teatro).


Joan Perucho : Aurora per vosaltres (poesía). Deste libro traduce Álvaro Cunqueiro o poema “Condenados ao té da serán” (Faro de Vigo 16 de xaneiro de 1972).


Josep Carner: El ben cofat i l‘altre (teatro).


Josep Maria López-Picó: El mirall de Déu.


Josep Pla: L’illa dels castanyers; Pa i raïm e Un senyor de Barcelona.


Manuel Sanchis Guarner: Els poetes insulars de postguerra.


Tomàs Garcés: La nit de San Joan (poesía).


Víctor Català: Jubileu.

Flag of Spain

Nacen:

  • Alicia Giménez Bartlett (Almansa, Albacete).
  • Arturo Pérez Reverte (Cartagena).
  • Chantal Maillard (Bruxelas).
  • Jaime Siles (Valencia).
  • Javier Marías (Madrid).
  • Luis Antonio de Villena (Madrid).
  • Manuel Aznar Soler (Valencia).
  • Rosa Montero (Madrid).




Morren:

  • Pedro Salinas (Boston; 1891 Madrid).




Aparece a revista El Ciervo.


Alfonso Costafreda: Ocho poemas.


Arturo Barea: La forja de un rebelde.


Blas de Otero: Redoble de conciencia.


Camilo José Cela: El gallego y su cuadrilla y otros apuntes carpetovetónicos e La Colmena (Buenos Aires). No 1965 tradúcese ao portugués: A colmeia.


Elena Quiroga : Viento del norte (Premio Nadal 1950). No 1954 saltou á gran pantalla num filme dirixido por Antonio Momplet. No artigo de Patricia Arias Chachero “Elena Quiroga Abarca” (“Grial” nº 210; 2016) dise: “Curiosamente, antes de presentarse ao Nadal, a escritora mandara unha obra ao concurso de novela que organizara a editorial “Bibliófilos Gallegos”, a finais de 1949. Fíxoo co título de Tumba loureiro, forma popular para referirse precisamente ao vento do norte”. O xurado premiou A xente da Barreira de Carballo Calero, a única redactada en galego que se presentara. En carta de Del Riego a Otero Pedrayo, ambos os dous membros do xurado, (26 de febreiro de 1950) dise: “… Unha sobre todo é boa novela. pero non é galega, nin pol-o asunto, nin pol-a fala […] ¿Qué ben se reportaría â nosa cultura, premiando unha boa novela, que nada en ausoluto ten que ver con nós? A autora, nunha entrevista en “La Noche”(1 de agosto de 1951) aclara que se trata de obras diferentes.


Emilio Alarcos: Gramática estructural.


Emilio Ballagas: Cielo en rehenes (poesía).


Enrique Azcoaga: El canto cotidiano.


Gabriel Celaya: Las cartas boca arriba.


García Nieto: La tregua.


Guillermo Díaz-Plaja: Modernismo frente a 98.


Ignacio Agustí: El cubilete del diablo (teatro).


Ildefonso-Manuel Gil: La moneda en el suelo.


José Antonio Muñoz Rojas: Las cosas del campo.


José Hierro: Quinta del 42.


José López Ibor: El español y su complejo de inferioridad.


José María Millares: Manifestación de la paz.


José Suárez Carreño: Condenados (Teatro).


Juan Eduardo Zúñiga: Inútiles totales.


Juan Ignacio Luca de Tena: El cóndor sin alas.


Luis Romero: La noria (Premio Nadal).


Max Aub: Campo abierto.


Rafael Sánchez Ferlosio: Industrias y andanzas de Alfanhui.


Rafael Sánchez Mazas: La vida nueva de Pedrito de Andía.


Ramón Ledesma: La casa de la fama.


Ricardo Fernández de la Reguera: Cuando voy a morir.





Máis culturas:


Nacen:

  • Bernardo Atxaga (José Irazu Garmendia) (Asteasu, Gipuzkoa).
  • Ana María Shua (Buenos Aires).
  • Andrés Oppenheimer (Buenos Aires).
  • Manuel Sánchez Dalama (Santa Clara, Cuba).
  • Marcela Serrano Pérez (Santiago de Chile).


  • Bill Bryson (William MacGuire Bryson), (Iowa).
  • Ian Buruma (A Haia).

Morren:.

  • André Gide (París; ibídem 1869).
  • Hermann Broch (New Haven, Estados Unidos; 1886 Viena).
  • Sinclair Lewis (Roma; 1885 Minnesota).


Cintio Vitier: Conjeturas.


Clara Isabel Alegría Vides: Suite (poesía).


Ernesto Sábato: Hombres y engranajes.


Juan Carlos Onetti: Un sueño realizado (relatos).


Julio Cortázar: Bestiario (relatos)


.Manuel Mújica Laínez: Misteriosa Buenos Aires.


Manuel Rojas: Hijo de ladrón.


Raúl Gustavo Aguirre: Cuerpo del horizonte.


Salvador Novo: La culta dama (teatro).



Albert Camus: L’homme révolté (ensaio).


André Malraux: Les voix du silence.


Beppe Fenoglio: Primavera di bellezza.


Boris Vian: Tête de méduse.


Carson McCullers: The ballad of the sad café.

Carsonmccullers


Dulce María Loynaz: Jardín.


Eugène Ionesco: Les chaises (teatro).


Giovanni Papini: Libro nero.


Jacques Prévert: Spectacle.


Jaime Sabines: La señal.


Jean Giono: 'Le hussard sur le toit.


Jean-Paul Sartre: Le Diable et le bon Dieu.


Jerome David Salinger: The catcher in the rye (Traducido ao galego no 1990 como O vixía no centeo).


Julien Gracq: Le rivage des Syrtes.


Marguerite Yourcenar: Mémoires d‘Hadrien (Vertida ó galego por Ánxela Gracián en edicións Positivas; 1999).


Moravia: Il conformista.


Paul Eluard: Le Phénix.


Samuel Beckett: Molloy.


Wallace Stevens: The necessary angel (ensaios).


William Faulkner: Requiem for a Nun.


William Styron: Lie Down in Darkness.


Wolfgang Koeppen: Pombas na herba.



Tamén sucedeu...

  • CINE:

- Buñuel: La hija del engaño e Una mujer sin amor.


- Vittorio De Sica: Milagre en Milán.

  • Picasso: La masacre de Corea.
  • Dalí: El Cristo de San Juan de la Cruz.
  • Celébrase en Segovia o Primeiro Congreso de Poesía.
  • España ingresa en varias axencias da ONU.
  • Cuarto Goberno de Franco.
  • Proxecto de desenvolvemento para a provincia de Badajoz.
  • Alemaña occidental admitida no Consello de Europa.
  • Ditadura de Salazar en Portugal.
  • Caza de bruxas nos Estados Unidos: os esposos Rosenberg son condenados á pena capital.
  • Endurecemento do “apartheid” en Sudáfrica. O goberno prevé a delimitación de zonas territoriais para cada un dos catro grupos raciais existentes en Sudáfrica: brancos, negros, indostaníes e mestizos.
  • O 14 de marzo, Einstein cumpría 72 anos; saía dunha homenaxe cando se topou co acoso de fotógrafos e reporteiros. Arthur Sasse disparou a súa cámara xusto cando Einstein lle sacaba a lingua coa finalidade de estragarlle a foto.