1958
Revisión feita o 11 de xaneiro de 2020 ás 11:09 por Xulio (Conversa | contribucións) (→Nacementos/Pasamentos)
Índice
Cultura galega
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos |
---|
Literatura |
Avelino Rodríguez Elías (Asunción, Paraguay; 1872 Afife, Portugal). |
Florentino López Cuevillas (Ourense; ibídem 1886). |
Luís Pimentel (Luís Vázquez Fernández) (Lugo; ibídem 1895). |
Miguel López Torre (Pontedeume; ibídem 1893). |
Xesús Mariño Lago (1929 Cabral) |
Outros |
O pintor e ilustrador Carlos Maside (Santiago; 1897 San Xulián de Requeixo). Sobre el escribiu Luís Seoane, en carta a un amigo: “Algún día a nosa xente decatarase de cánto se lle debe a Maside. El significa pra o arte galego un rigor que éste non coñecía, ou que perdera hai séculos. El é, en pintura, o que foi Casas e Novoa na arquitectura de Galicia... Alédome de non ter sido da súa xeneración, porque así puiden adeprender del o que non adeprendería por cegueira ou envexa sendo dos seus anos...” (“Grial” nº 65, páx. 388). |
A escritora Sofía Casanova (Poznan, Polonia; 1862 Almeiras, A Coruña). |
O xornalista e escritor José González Carbalho (Buenos Aires; ibídem 1899). |
O enxeñeiro Daniel de la Sota Valdecilla (Pontevedra; 1877 Ceceñas, Santander). |
O alcalde da Coruña Alfonso Molina Brandao (Río de Janeiro; 1907 A Coruña). |