1907
Índice
Cultura galega
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos |
---|
Literatura |
Arturo Vázquez Núñez (Ourense; ibídem 1852). |
Remigio Garrido Bouzas “Roque Grilo Berzas” (Escornabois; 1830 Baños de Molgas). |
Outros |
O periodista e escritor Ramón García Vicetto (Vigo; 1830 Ferrol). |
O pintor José Garabal Louzao (Santiago; ibídem 1835). |
O gaiterio Manuel Rilo Pardo (Oza, A Coruña; 1829 Oza dos Ríos):“Naceu –según é fama- aturuxando / e facéndolle chiscos á parteira. / Ensinoulles ôs merlos a muiñeira / cando de pequerrecho iba c’o gando. / Foi un don Xoán Tenorio, namorando, / e un Marcial de calzón e de monteira, / e contaba no adral e na lareira / historias da “facción” e o rei Fernando. / Sabía de memoria o Ciprianillo, / libraba de tirís e o garrotillo, / conxuraba os meigallos e o tronante… / E nas romaxes d’este chan saudoso / como gaiteiro enxebre e fachendoso, / non lle puxo ninguén nunca o pé diante” (“O vello Rilo” Francisco Vales Villamarín). |
Publicacións
Galegas
- Alfredo Fernández, “Nan de Allariz”: O zoqueiro de Vilaboa. Boceto de zarzuela gallega n‘un acto e tres cuadros, con música do autor.
- Manuel Rodríguez y Rodríguez: A boda do grilo e O pantasma (Publicadas en “El Eco de Galicia”. Buenos Aires).
- Ramón Cabanillas : Primeiro poema: “Preludio. Morrerei no meu niño” (Tradución de Jacinto Verdaguer no xornal “El Umia”).
- Uxío Carré Aldao e Juan Beltrán : Catecismo solidario.
- Xermán Xusto Castro: Desafogos (poemas; La Habana).
Relativas a Galicia
- Basilio Álvarez trasládase a Madrid, exercendo de capellán na casa do Marqués de Urquijo, publicando Por los agros celtas, que inaugura a Biblioteca Galicia editada en Madrid.
- Imprímese en Buenos Aires o volume “Barbarismos de la inscripción del monumento a los mártires de Carral”. Nel aparece o poema “Falar enxebre” de Ramón da Penela:
“Os escritores da vila
que poñen “ao labrego”
han de saber que en gallego
o “ao” xa non se estila.
Eu fun por Galicia adiante
e polo “ao” perguntei,
i en ningures atopei
unha moda somellante…”.
- Publícase na Coruña o semanario rexionalista bilingüe “A Nosa Terra”, por iniciativa do sector galeguista da plataforma “Solidaridad Gallega”, agrupado arredor da librería de Uxío Carré Aldao e que centra a súa preocupación no movemento agrario. Entre os moitos autores alí representados destaca o poeta Florencio Vaamonde Lores e en prosa, Manuel Lugrís Freire co pseudónimo “Asieumedre”, E. Carré Aldao e Francisco de Nóvoa (Outubro 1908).
- Na Coruña sae o 29-07 “Galicia Solidaria” Voceiro semanal do sector republicano e esquerdista de “Solidaridad Gallega”, dirixido por José Rodríguez Martínez.
- O 1 de decembro aparece na Coruña o periódico “Solidarismo gallego” co subtítulo de “Órgano quincenal de la Junta Coruñesa de la Solidaridad Gallega”. Está dirixido por Rodrigo Sanz López (16-04-1908).
- Galo Salinas trasládase a Madrid, deixando de publicarse “La Revista Gallega. Semanario de Literatura e intereses regionales” fundada por el no 1895.
- Aparece en Vilagarcía o 15 de marzo o diario “Galicia Nueva”, subtitulado “Periódico regional. Primer diario de Villagarcía”. O seu primeiro director foi Francisco Cano.
- Aparece en Pontevedra o 6 de outubro o semanario “El progreso”, que a partir de 1912 Isidro Buceta converterá en diario.
- En Cambados, dirixido por Ramón Cabanillas, ve a luz entre xaneiro e maio o periódico quincenal “El Umia”. No nº 2 aparece o poema de Cabanillas “Morrerei no meu niño”, versión do poema de Verdaguer .
- Andrés Martínez Salazar: Antiguallas de Galicia. Apuntes acerca del origen e historia del artículo definido gallego-portugués. Coruña, Imp. de Ferrer. O 2 de xullo escríbelle Pondal: “Su bonito folleto sobre el artículo definido gallego-portugués…, bueno, muy bueno, lleno de erudición y sustanciosas observaciones; y aquí se da el caso extraordinario que no siendo gallego sabe V. más gallego que todos los gallegos”. (Manuel Ferreiro: Pondal: do dandysmo á loucura. Biografía e correspondéncia. Laiovento 1991).
- Guillermo Sarmiento Gil: Quisicosas (Vigo).
- Juan Barcia Caballero e seu fillo Juan Barcia Eleizegui: Dos almas.
- Juan Neira Cancela: La morriña.
- Leandro de Saralegui y Medina: Un trovador ferrolano en la segunda mitad del siglo XIII.
- Leopoldo Basa: Labor de Araña.
- Manuel Amor Meilán: Cuentos y romances.
- Waldo Álvarez Insua: Alma nueva (Madrid).
Acontecementos
- Curros publica o 19 de maio a tradución da súa “Cántiga”:
“Del jardín sobre el césped sentada
y bañada en un rayo lunar
sin consuelo lloraba una niña
los desdenes de ingrato galán”.
- O 20 de decembro Curros, xa moi doente le o seu poema “Alborada de Veiga” no Teatro Tacón, hoxe Federico García Lorca de La Habana, nun acto que organizou a colonia galega co gallo de recadar fondos para erixir en Mondoñedo un mausoleo ao músico daquela cidade. O poema remata así:
“¡Gloria a quen un tesouro nesa canción nos leiga,
que ha ser a Marsellesa galaica do porvir!…
¡Eterno aprauso, vítores eternos ó gran Veiga
dun polo ó outro polo, do cénit ó nadir!”
Neste acto (20 de decembro) escoitouse por primeira vez o Himno Galego executado pola Banda Municipal de La Habana, dirixida polo mestre Guillermo Tomás. Porén unha investigación de Fernando López Acuña dá conta dunha carta asinada polo secretario do Orfeón do Centro Galego de Madrid, na que este asegura que a citada agrupación canta acotío o himno de Veiga. Isto sería polos anos 1892, 1893 ou 1894. O programa daquel acto lémbranos que á parte do himno de Pondal e Veiga, a Orquestra da Ópera, dirixida por Chané interpretou a “Alborada” de Montes; a soprano galega María Guidice cantou “Unha noite na eira do trigo” e “Un adios a Mariquiña”; a banda de artillería tocou “Os Ártabros”; a Orquestra da Ópera a sinfonía “Galicia”, e a Banda Municipal a “Sonata Gallega” de Montes; un coro de nenos e nenas do Plantel Concepción Arenal, dirixido por Angélica María Tapias, cantou “Airiños, airiños, aires”.
- No libro de Carlos Casares Para ler a Vicente Risco (Galaxia 1997, páx. 22) escribe: “Había no Ourense de aqueles anos un pequeno grupo de intelectuais que se xuntaba arredor da mesa camilla da Comisión de Monumentos nos baixos do Centro Provincial de Instrucción. Naquela tertulia, que presidía a figura venerable do crego don Marcelo Macías, catedrático de Retórica e Poética, brillaron especialmente Xulio Alonso Cuevillas, tío de Florentino e Arturo Vázquez Núñez. O primeiro, experto coñecedor da literatura moderna e home intelixente, escéptico e culto, influiu fondamente nas persoas que o rodearon. O segundo, dono dunha excelente biblioteca, posuía tamén unha basta cultura literaria. Á tertulia da Comisión de Monumentos asistiu Risco e nela debeu coñecer a Curros Enríquez, probablemente en 1907, con motivo da última viaxe do poeta celanovés á súa terra, se é certa a referencia que o noso biografado lle fixo a Alberto Vilanova, de que lle ouvira contar ó autor de Aires da miña terra o relato da súa controvertida viaxe a Londres”.
- Manuel Lugrís Freire, primeiro orador que usa a lingua galega nun discurso político público. Nun mitin de “Solidaridad Gallega” o 6 de outubro en Betanzos: “Mariñáns e montañeses, homes traballadores e honrados, saúde. O que agora ten o atrevimento de falarvos é tamén un mariñán que tivo a grande sorte de nacer nesta bendita e ridente terra nosa; e como tal mariñán, quérovos falar na lingua gallega… […] Como tamén sobre a fala gallega, que é sagrada para nós, por ser un herdo dos nosos antepasados, deixaron caer a súa bulra os estúpidos que renegan do que nin siquera renegan as feras, quero hoxe, repito, falarvos na nosa fala, porque é unha fala honrada, na que aínda non se furtou, na que non se escribiron os recibos dos consumos, nin as notificaciós de embargo das vosas facendas, nin a declaración de soldados que arrinca dos vosos lares os fillos cando vos fan máis falta para o duro traballo da terra. […] Que lle pregunten ao gallego porque larga da súa terra, que lle pregunten cantas bágoas verteron os seus ollos ao dar o derradeiro adiós á terra querida, ao cimiterio que garda as cinzas dos seus pais, á aldea querida aonde xogou de pequeño… ¡que lle pregunten! E se eles responden veredes que negra noite de angustias, que doridos laios levan na ialma ao deixaren esta terra, que debía ser nosa, e que non podemos vivir nela porque non hai xusticia nin libertá se non para esa maldita casta que chamades caciques”. (Ver 1891 e 1889).
- Formación de Solidaridad Gallega por Manuel Lugrís Freire e Rodrigo Sanz López. Solidaridad Gallega publica “Catecismo solidario”. Nun manifesto concretan os obxectivos:
-Conseguir unha representación parlamentaria tipicamente galega.
- Eliminar o caciquismo.
- Facer estudios para o fomento da economía.
- Particular atención ós problemas da agricultura galega.
- Blanco Torres emigra a Cuba.
- Terceira viaxe de Alfonso XIII a Galicia. O 24 de setembro chega a Carril na compaña dos infantes don Carlos de Borbón e don Fernando de Baviera para facerse cargo da illa de Cortegada, doada para facer nela un pazo.
- Manuel Gómez Adanza pronuncia na Real Academia de Bellas Artes da Coruña a conferencia “Patriotismo racional y práctico en Galicia”.
- Francisco Lloréns pinta “El obelisco”.
- O 8 de decembro colócase a primeira pedra, traída de Galicia, do novo edificio do Centro Galego de La Habana. Dirixe os traballos de cimentación o inxeñeiro Rayueri.
- Fúndase en Muros “La liga de amigos”, sociedade fundada para combater as inxustizas sociais e cacicadas dos “fomentadores”, os conserveiros cataláns. Co mesmo nome e dirixido por José Fuentes Pérez sae o órgano desta sociedade, subtitulado “Periódico quincenal. Defensor de los intereses generales y locales de esta villa y su partido” (1915).
- O Goberno aproba o real decreto que reorganiza a Capitanía Xeral de Galicia, que se constitúe como a VIII Rexión Militar.
Premios
Epistolario
|
Otero Pedrayo escríbelle a súa nai: “En Grajal, antes de Palencia, cruzamos con el tren real que iba a Monforte: el rey y su cuarto militar cenaban profusamente en un vagón, fino coche-comedor, y el pueblo hambriento le saludaba desde el andén”.
|
Sumarios
Outras culturas
PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Rudyard Kipling
Nacen:
Morren:
- Gabriel Maura Montaner (1842 Palma).
Fúndase o Institut d‘Estudis Catalans.
Àngel Guimerà: ¡¡La santa espina¡¡ (teatro).
Apel-les Mestres: Liliana (poema narrativo).
Ignasi de L. Ribera i Rovira: Iberisme (Barcelona: Tip. L’Avenç).
Jacint Verdaguer: Folklore.
Joan Maragall: Elogi de la Poesia.
Joan Puig i Ferreter: Aigües encantades (teatro).
Pere Aldavert: Encara són de moda; A vol d’ocell e Per matar l’estona.
Santiago Rusiñol: La mare (teatro) e L‘auca del senyor Esteve (novela).
Víctor Català: Caires vius (novela).
Máis culturas:
Nacen:
- Manuel José Arce y Valladares (Guatemala; ibídem 1970; poeta alófono). Escribiu en galego o poemario Desdo fondo canta o río (1966) por influencia de Antonio Rey Soto e Avilés de Taramancos.
- Alberto Moravia (Roma; ibídem 1990).
- Mircea Eliade (Rumanía 1986).
- René Char (L’Isle-sur-la-Sorgue; 1998 París).
- Varlam Shalámov (Vologda, Rusia; 1982).
- Vitaliano Brancati (Pachino; 1954 Torino).
- Wystan Hugh Auden (Londres; 1973).
Morren:.
- Alfred Jarry (París; 1873 Laval).
- Giosuè Carducci (Boloña; 1835 Valdicastello).
- Joris-Karl Huysmans (París; ibídem 1848).
James Joyce: Música de cámara. Joseph Conrad: The secret agent.
Máximo Gorki: A nai.
Rainer Maria Rilke: Poesías.
Stefan George: O sétimo anel (poesía).
Synge: O rillote do oeste.
Tamén sucedeu...
- Nacen:
- O Príncipe de Asturias, primoxénito de Alfonso XIII e Victoria Eugenia.
- A pintora Frida Kahlo (Coyoacán, México; 1954).
- O arquitecto Oscar Niemeyer (Río de Janeiro; ibídem 2012).
- Nace en Francia o Cubismo con Picasso, Braque, Juan Gris e Fernand Léger.
- Picasso:"Les demoiselles d‘Avignon".
- Manuel de Falla vivirá en París ata 1914 onde coñece a Claude Debussy, Paul Dukas, Isaac Albéniz e Maurice Ravel.
- Goberno de Antonio Maura.
- Pablo Iglesias expulsado de Francia polo goberno por querer intervir nun mitin a favor da independencia dos pobos e contra a invasión marroquina.
- Lei de Emigración.
- Segunda conferencia de paz na Haia: Alemaña oponse ás limitacións armamentísticas.
- O goberno inglés establece comidas e servizos médicos gratuitos nas escolas, e pensións de xubilación.
- O goberno estadounidense limita a inmigración ao país.
- Paulov inicia os estudos dos refrexos condicionados.
- Rasputín reina na corte do zar Nicolás II.
- O 3 de agosto expídese en Barcelona a matrícula nº 1 de automóbiles, que corresponde a un coche Hispano-Suiza.