1951

De Xulipedia
Revisión feita o 6 de xaneiro de 2020 ás 21:47 por Xulio (Conversa | contribucións) (30px|link=MediaWiki Cultura galega)
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Cesáreo Sánchez Iglesias (Dadín; Irixo).
Isidro Novo (Lugo; ibídem 2018).
José de Cora Paradela (Lugo).
Laura Tato Fontaíña (Vigo).
Luciano Rodríguez Gómez (Viana do Bolo).
Margarita Ledo Andión (Castro de Rei).
Mero Iglesias Dobarrio (Vilalba).
Miguel Vázquez Freire (Corcubión).
Pegerto Saavedra Fernández (Freixo, A Fonsagrada).
Ramón Villares Paz (Xermade).
Ricardo Martínez-Conde (Aldariz, Sanxenxo).
Silvestre Gómez Xurxo (Mazaricos).
Víctor Fernández Freixanes (Pontevedra).
Xaquín del Valle – Inclán Alsina (Santiago).
Xosé Antonio Perozo Ruíz (Llerena, Badajoz).
Xosé María Costa Gómez (Chantada).
Xosé Otero Canto (Ponte de Outeiro, Castro de Rei).
Xosé Ramón Freixeiro Mato (Cances, Carballo).
Xurxo Estévez (A Coruña).
Outros
O escultor Mon Vasco; Ramón Vasco Pardavila (A Coruña; ibídem 1983).
O pintor e escultor Suso Fernández (Ourense).
O pintor Amando González (Vigo).
O pintor Camilo Camaño Xestido (Coiro, Cangas).
O pintor Laureano Vidal (A Coruña).
O escultor e pintor Ramón Ángel Conde Bermúdez (Ourense).
O arquitecto Xosé Francisco Freire Corzo (Narón).
O arquitecto Julio Touza Rodríguez (Ribadavia).
O cantautor Alfredo González Vilela (Becerreá).
O ilustrador e deseñador gráfico Manuel Janeiro Casal (Madrid).
O filólogo Manuel González González (Beba, Mazaricos).
O fotógrafo Manuel Sendón (A Coruña).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Manuel Pérez Martínez (Leirado, Salvaterra de Miño; 1881 Tabagón, O Rosal).
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Outros
Francisco Lanza Álvarez (Buenos Aires; 1892 Ribadeo).
César Barja Carral (1890 Guitiriz).
O escritor e periodista José Rodríguez Lence (Buenos Aires; 1874 A Coruña).
O galeguista Alfredo Somoza Gutiérrez (Montevideo; 1892 A Coruña).
O enxeñeiro de montes Rafael Areses Vidal (Tui; ibídem 1878).
 

Publicacións

Galegas

A Edit. Galaxia comeza a publicación da “Colección Grial”, prohibida ao ano seguinte:


1º “Presencia de Galicia” (Colaboran nel Ramón Piñeiro, Celestino F. de la Vega, M. Cuña Novás, Francisco F. del Riego, Ánxel Johan, Ánxel Fole, Carlos Martínez- Barbeito e Ramón Otero Pedrayo).


2º “Pintura actual en Galicia”.


3º “Presencia de Curros y Dª Emilia”.


4º “Aspectos económicos y jurídicos de Galicia” (xa en 1952).


No nº 481 de “A Nosa Terra” (abril de 1952): “Están chegando a Bos Aires os cadernos de cultura galega “Grial”, outa publicación filosófica – literaria editada por Galaxia de Vigo. Apresurémonos a decir que “Grial” é unha demostración cabal da capacidade intelectual de Galiza sin paralelo hoxe no perímetro peninsuar. Temos nas nosas mans os tres primeiros números de tan ricaz presente. Realmente énchen-nos de lediza e tamén d’orgulo. En “Grial” latexa firme, como nunca, o esprito inmorrente da Nosa Terra, ainda nas arriscadas circunstancias, aituaes. Asin nos é doado sentilo ao traveso das súas páxinas de proieción europea, universal, ceibadas de tutela da circia escolástica en plea vixenza de Madrid. Nós témola definida como un riso; enxebre de tolerancia e convivencia humá”.


Álvaro Cunqueiro: Rondeau en loor de un botánico del S. XVIII que regresa de Cipango y Catay, y todas las Indias.

Ángel Johán: Notas encol dos pintores galegos ("Grial" nº 2).


Antón Alonso Ríos: “Lealdade salvadora” (“A Nosa Terra” nº 476).

Ánxel Fole: Rostro y entraña de nuestro ser (“Cuadernos Grial” nº 1).

Avelino Díaz: “Castelao e a “Galicia Ideial” (“A Nosa Terra” nº 475).

Carballo Calero: A xente da Barreira (Premio Bibliófilos Gallegos 1950) e O redondel (teatro).

Celso Emilio Ferreiro e Antonio Blanco Freixeiro: Musa alemá (15 poemas traducidos do alemán por Freixeiro e recreados por Celso Emilio; na colección Benito Soto). Celso Emilio Ferreiro: “Espero” (soneto no nº 8 da revista Alba).

Clemente López Pasarón: “Castelao, home e artista” (“A Nosa Terra” nº 475).

Eduardo Blanco Amor: Chile a la vista (Edit. Del Pacífico, Santiago de Chile).

Faustino Rey Romero: Doas de vidro (Tui). “o seu feitío literario é com‘a fror: sinxelo, orballado, arrecendoso…” (prólogo de Victoriano Taibo).

Francisco Fernández del Riego: Historia de la literatura gallega. Cunqueiro escribe a Fernández del Riego: “Ó seu tempo tiven o Manual. Ten os defectos que debe ter e non outros, e coido que as críticas que lle fan non son válidas. Penso que fixeches ben escribilo e que ten valor e utilidade”.


Gervasio Paz Lestón: “Arranxa a gaita, gaiteiro” (“A Nosa Terra” nº 477): Arranxa a gaita, gaiteiro,que o día da patria chega e no frescor mañanceiro, tés de aledar o rueiro co son da gaita galega. José Luis García Mato: Curros Enríquez y Galicia (“El Progreso” de Lugo 25/7).


Juan Pérez Creus. Poeta alófono (La Carolina 1909): As cancións d’ise amor que se diz olvido (Col. Benito Soto; Pontevedra. Prólogo de Vicente Risco).


Luís Pimentel publica poemas na revista “Aturuxo” (Ferrol). Colabora en verso no libro 7 ensayos sobre Rosalía, publicado en Vigo.

Manuel Fabeiro Gómez: Follas dun arbre senlleiro (colec. Benito Soto. Prólogo de Iglesia Alvariño).

Nicomedes Pastor Díaz (1811-1863): Poesías gallegas. Égloga de Belmiro e Benigno (autógrafo anónimo que Álvarez Blázquez descobre e atribúe a Pastor Díaz). (Edicións Monterrey; colección “Leixado do Vento” Vigo).


Rafael Dieste le no programa galego da BBC de Londres o relato Un conto de Reis.

Ramón Cabanillas: Antífona da cantiga (Primeira publicación de Galaxia. En edicións posteriores pasará a denominarse Cancioneiro popular galego). Leva unha dedicatoria impresa: “está dedicado a Álvaro Gil Varela que suxeríu e deu pulo a este traballo con vivo e fondo sentimento de irmandade”.En carta de Ben-Cho-Shey a Fermín Penzol (20 de abril) escribe: “Tamén eu me aledei moito co trunfo do Ramón, que caiu como unha bomba. Paréceme un pouco raro que o Filgueira diga agora que o galego deba empregarse somentes pra poesía porque íl foi un dos que animou a Cabanillas a que escribise en prosa galega. Craro que de sabios é trocar de opinión”.(Cartas a Fermín Penzol. Cadernos Ramón Piñeiro XXVII. Xunta de Galicia 2013).

Ramón de Valenzuela: “O principio e o fin aseméllanse” (“A Nosa Terra” nº 476).No 477: “Encol da Historia de Galiza”.No 478: “Se eu fora castelán”.

Ramón Piñeiro: Siñificado metafísico da saudade (No nº 1 de “Grial” titulado Presencia de Galicia).Con data de 22-12 Ramón Piñeiro escribe a Fermín Penzol:“Fai uns días recibín unha carta de Lisboa comunicándome que o Centro Nacional de Cultura acordou orgaizar un curso adicado íntegramente estudar o problema da saudade e que, ó longo do curso, queren celebrar seis conferencias a cárrego de seis persoas previamente desiñadas, das que xa elexiron a catro: o Dr. Joaquín de Carvalho (da Universidade de Coimbra), o Dr.Delfín Santos (da Universidade de Lisboa), o poeta Teixeira de Pascoaes e máis eu. Xa te podes supoñer a miña sorpresa de me ver englobado en tal empresa. Pra me animar a que aceite fálanme de que sería un paso moi importante pra establecer un contaito intelectual aitivo entre Galicia e Portugal. A verdade é que eu non sei que facer, pois a ideia de ir a Lisboa a dar unha conferencia ó nivel do Teixeira e dos outros conferenciantes desiñados é cousa que me dá bastante pánico. Comprendo que o máis chamado a xogar ise papel, e o único, quizáis, que podía facelo satisfactoriamente, é Otero. ¡Quén iba a decir que aquíl traballo publicado en “Grial” había de ter tantas derivacións”.(Cartas a Fermín Penzol. Cadernos Ramón Piñeiro XXVII. Xunta de Galicia 2013).

O 10 de outubro de 1961 escríbelle Basilio Losada a Ramón Piñeiro:“Xa fai tempo tiña ganas de escribirlle. Cando se pubricou o Siñificado metafísico da saudade aínda estaba eu na Universidade, illado totalmente da cultura galega e aquelo foi para min unha revelación. Precisamente o primeiro libro galego que eu lin foi Cómaros verdes e despois o seu ensaio…”. (Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Ramón Piñeiro, Basilio Losada. Galaxia. Páx. 90).


Con data de 12 de decembro, Ramón Piñeiro escribe a Fermín Penzol deixando ver a mala relación que mantiña con Aquilino Iglesia: “O libro de Heidegger estámolo rematando de traducir o Celestino e mais eu. Ten a doble importancia de que non está traducido en España e de que levará un prólogo especial do mesmo Heidegger feito pra a edición galega. Así demostrarémoslles ós aquilinos e a todos os demáis parvos que o galego sirve pra facer alta filosofía o mesmo que outra lingoa calquera”.(Cartas a Fermín Penzol. Cadernos Ramón Piñeiro XXVII. Xunta de Galicia 2013).


Ramón Rey Baltar “Verduguillo”: “Ao son da zamfona. Democracia porcuna” (“A Nosa Terra” nº 475):Perplexo e desconcertado en verdade estou, leitor.diante un feito inusitado,de vergonza e deshonor.

Resulta que o porco agora,da O. N. U. por obra e gracia, hase trocar sen demora en puntal da democracia.


No nº 477: “O Porco en Capela”. No nº 478: “O Testamento do Porco”:Como chegueime a enterar do importante documento non’o podo revelar;mais xuro que non é invento. No 479: “A Agunía do Porco”:Fagamos de centinelas i empuñemos os facóns que axiña haberá morcelas e castañas con rixóns. No 480: “A Pauliña do Porco”.


Valentín Paz-Andrade: O home e o poeta en Curros. (Lar 25 de xullo).

Xervasio Paz Lestón: “Na morte de Castelao” (“A Nosa Terra” nº 475).

Xosé Conde Fernández: Penas son cantares (Poemas en castelán; Buenos Aires).

Xosé María Álvarez Blázquez: Romerías gallegas (Buenos Aires) e O vencello espritoal dos Fisterres Atlánticos (Vigo).

Xosé Rubinos Ramos: O velliño (Edipo na Galiza).


Publícase na Editorial Hispánica de Madrid, a escolma: M. Curros Enríquez / POESÍAS con prólogo de M. G. García; única que se publicou en España no centenario do nacemento de Curros. Segundo Alonso Montero, M. G. García, poidera ser alguén que se quere lucrar dos beneficios económicos que produza o libro. No prólogo indica: “Aquellas poesías demoledoras pasaron, sin más gloria que el aplauso de la jauría que en aquel tiempo hacía coro a toda imitación extranjera y, por desgracia para su autor, con bien poco mérito artístico”.


Xosé Manuel Dasilva en “Rosalía, Pondal e Curros diante da censura”, artigo publicado en “Grial” nº 181 indica que oescrito de licenza tramitouno Juan Guerrero Ruiz, responsable da Editorial Hispánica, conservándose tamén unha carta de recomendación ao censor Juan Beneyto na que lle indica que a “selección se ha hecho con un criterio católico, eliminando las composiciones que en su tiempo dieron lugar a censuras para el autor”. O prologuista descoñecido M. G. García, tenta pór de manifesto a inocencia dos versos seleccionados de Curros, poñendo de relevo a catolicidade de Curros, obedecendo posiblemente a unha encomenda do editor JuanGuerrero Ruiz (“Grial” nº 181).

Relativas a Galicia

Acontecementos

Premios

Epistolario

Sumarios

Flag of Portugal Cataluña Flag of Spain Outras culturas