1953
Índice
Cultura galega
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos
|
---|
Literatura |
Antón Zapata García (Buenos Aires; 1886 Laxe). |
Ramón Villar Ponte (A Coruña; 1890 Viveiro). |
Outros |
O escritor Amador Víctor González (Buenos Aires; 1890 Mondoñedo). |
O pintor Antonio Insua Bermúdez (Vilalba; ibídem 1910) . |
Manuela Barreiro Pico (Madrid; 1877 Viveiro). |
Publicacións
Galegas
- Alberto Vilanova Rodríguez : Vida y obra de Manuel Curros Enríquez (Buenos Aires). Premiado polo Centro Galego de Buenos Aires no 1951. Premiado tamén en Celanova e na Habana no mesmo ano. O 19 de marzo escríbelle Luís Seoane: “Teño leído estes días a súa mañífica biografía de Curros, da que correxín eu as probas e coido a edición, que me pareceu ter de ser por moitos motivos, entre eles pola súa calidade humán, un dos libros fundamentaes feitos nesa e fóra de Galiza nos derradeiros anos, e que sairá do prelo a fines do mes próisimo editado polo Centro Gallego”.
Con data de 5 de abril, contéstalle Alberto Vilanova: “Resposto á súa afeituosa carta do día 19 do marzal, da que lle agradezo os termos de louvanza que ten pra a miña obriña sobor de Curros (…) A obra, a pesar de todo, non saíu coma eu quixera, pois foi feita contra relox, e no orden literario aquéixase daquilas fallas naturaes dun traballo feito de présa para chegare denantes de vencer o prazo do certame. (…) Eu procuro ser tódolo dino que se pode, niste ambiente podrido e noxento que nos tocou vivire, aos que aínda vexetamos nista nosa terra aferrollada. Moito envexo ao que poden en terras eistraordinarias traballar limpamente polo decoro e rexurdimento da Nosa Galiza. ¡Canto me gustaría podere estar antre vostedes nise loita xenerosa que desenrolan co ise decoro i exemplar eisilio!
- Ánxel Fole: Á lus do candil. Contos a carón do lume (15 relatos curtos, Premio Castelao do Centro Galego de Buenos Aires no 1951; Galaxia. “Grial” nº 21, páx. 366 e “Grial” nº 67, páx. 115).
- Avelino Gómez Ledo :Cancioneiro da Nosa Señora do Faro.
- Bieito Cupeiro : “A Imprensa Galega” (“A Nosa Terra” nº 483). No nº 485: “Galegos e Anti-Galegos”.No 485: “A Personalidade Nazonal dos Galegos”.No 486: “Nación i Estado”.
- Blanco Amor : Farsas para títeres (Edic. López Negri, Buenos Aires). Tres pezas:“Angélica en el umbral del cielo” (1943); “La verdad vestida” (1942); “Amor y crímenes de Juan el Pantera”(1941).
- Castelao : Os vellos non deben de namorarse (Estreouse no teatro Mayo de Buenos Aires o 14 de agosto de 1941). (Edit. Galaxia. Vigo). Tradución ao éuskaro de Antonio M. Labaien: Agureok maitemindu bear ez (1984).
- Enrique Azcoaga (Madrid, 1912-1985) publica en Buenos Aires Panorama de la poesía moderna española (Editorial Periplo) na que aparecen en lingua galega poemas de 17 autores, entre eles Manuel María, Manuel Antonio, Amado Carballo, Luz Pozo, Cunqueiro, Cuña Novás, Pimentel, Xosé María e Emilio Álvarez Blázquez, Lorenzo Varela, Luís Seoane, Rafael Dieste, José Otero Espasandín, Valentín Paz-Andrade, Carballo Calero. Os poemas en catalán aparecen en castelán, e non na lingua orixinal.
- Fermín Bouza Brey publica e fai o limiar do Entremés famoso sobre da pesca do río Miño de Gabriel Feijoo de Araujo (Ver 1671); (Ed.Monterrey; colección Leixado do Vento. Vigo).
- Fiz A. Fernández : “Encol do Noso Idioma” (“A Nosa Terra” nº 483). No 484: “Galiza e a literatura castelán”. No 487 “Ser ou non ser”.
- Florentino López Cuevillas : La Civilización Céltica en Galicia (Edit. Porto).
- Francisco Luis Bernárdez : Discurso encol do Idioma Galego (Ediciones Galicia de Buenos Aires).
- José Ramón y Fernández : “Perdeuse unha uve” (“A Nosa Terra” nº 482). Monterrey; colección Leixado do Vento. Vigo).
- Juan Naya Pérez : Inéditos de Rosalía de Castro (Edicións Monterrey).
- Ken Keirades : "Manuel García Barros": “Cada Cousa no seu Tempo” (“A Nosa Terra” nº 486): Sin hourizontes na i-alma, / coma non sexan ben negros,/ sin ilusións nin espranzas / que ó peito lle den alento / non poido arrincarlle á lira / senon discordes acentos./ Mais ti , porfía e porfía / en que ch-éi facel-os versos,/ cal si poidera dar zume / pau que caeu de seco,/ ou voar un paxariño / que as aiñas lle raeron./ ¡Probiña da miña lira / que tal che terá o tempero!
- Lois Carré Alvarellos : Manuel Curros Enríquez: a súa vida e a súa obra. Premiado polo Centro Galego de Buenos Aires no 1951 xunto co de Alberto Vilanova Rodríguez: Vida y obra de Manuel Curros Enríquez (Buenos Aires).
- Manoel Pedreira: “Porvir das nacións pequenas” (“A Nosa Terra” nº 483). No nº 484: “A Política Galeguista e o Europeismo”. No 487: “A Prol dunha Cátedra de Galego”.
- Manuel Celso Garrido Rodríguez : Saudade (poemas con ilustracións do pintor catalán Emilio Piera; Santiago de Chile).
- Meixueiro : “Castela e Galiza. Un caso” (“A Nosa Terra” nº 484).
- Miguel Carlos Vidal : Orballo (na colección Xistral).
- Ramón Otero Pedrayo : O libro dos amigos (Buenos Aires) e Santiago de Compostela (Barcelona).
- Ramón Piñeiro : “Para unha filosofía da saudade”. Inserido dentro do colectivo La Saudade. En carta a Ramón Piñeiro, escribe Celestino Fernández de la Vega (14 de marzo):“Para unha Filosofía da Saudade me ha gustado mucho. A mi juicio es superior a Significado Metafísico da Saudade… Su exposición es diáfana, clarísima, sobria y elegante…”.(“Grial” nº 111).
- Ramón Rey Baltar “Verduguillo”: “Ao son da zamfona. Arriba España” (“A Nosa Terra” nº 486): O Porco está que non cabe / en sí de ledicia tanta./ Dendesde que o tío Sam / fixo con él alianza, / erguéronselle as orellas, / que tiña bastante laxas / e levantóuselle o rabo,/ direito como unha espada,/ gruñindo a todol-os ventos:/ “¡Arriba España!”. No nº 487: “Cavilacións do Porco”: […] Os que teñen cartos / viven na abundancia; / os que non-os teñen / apértanse a panza.
- Ricardo Flores Pérez : estrea a obra ¡Uxío!
- Vicente Llópiz Méndez-Esperante e Antonio Lorenzo Sánchez: a súa obra non publicada Refraneiro galego. Natureza e vida nos beizos do noso pobo, resulta gañadora do Concurso de Refraneiros convocado por Bibliófilos Gallegos.
- Xosé María Álvarez Blázquez : Cancioeiro de Monfero (Século XIII) (Edicións Monterrey; colección “Leixado do Vento". Vigo).O seu libro Canle segredo gañador do Premio Pondal do Centro Galego de Buenos Aires. Non se publicará ata 1976.
Na colección “Beatus Iacobus” da Editorial Monterrey publícase Décimas ao Apóstol, do abade Martín Torrado, en edición crítica de Xosé María Álvarez Blázquez.
- Xosé Ramón Fernández Oxea : Berzas. Publica “O barallete”, en “Revista de Dialectología y Tradición Popular”.
- Xosé Rubinos Ramos : A xesta de como a América nasceu da melodía (La Habana).
- En maio, Ramón Piñeiro escribe a M. Rodrígues Lapa: “Os traballos preparatorios da Historia da Galiza que dirixe Otero Pedrayo están máis retrasados do que deberan. Eu falo bastantes veces con Otero da comenencia de os aitivar, mais íl non é home que lle resulte doado o exercer unha presión enérxica sobre os colaboradores e istes levan as cousas moi de vagar. O que está máis adiantado é o pirmeiro tomo, que será de caráiter introductorio, mais non estarán reunidos todos os materiás inantes de fin de ano. Dispois hai que os enviar a América, pois aló os irán editando. (“Grial” nº 179, páx. 139).
No nº 487 de “A Nosa Terra” (decembro): “Entrega Dos Orixinaes da Historia de Galiza”: “No Casal do Centro Ourensán tivo lugar o 19 do derradeiro mes de Novembro un aito de trascedental (sic) importancia nos anales da galeguidade. Nesa data fóronlle solenemente entregados a D. Manoel Puente, xeneroso patrocinante da moimental Historia de Galiza, que un fato dos nosos máis prestixiosos inteleituales está levando a cabo, os orixinaes dos dous primeiros tomos disa obra de capital importancia pro desenrolo da nosa cultura autóctona”.
- Dende Madrid, Ramón Cabanillas escribe a Fermín Penzol (2-I): “Eu estou moi froxo de saude: Santalices, fillo, estame pondo unhas iniecións de aquicilina que me parés que me fan moito ben e vanme faguer tomar unhas vitaminas no afan de botarlle remendos a estes pelexos dos meus 77 anos: sexa o que Dios queira, xa que, a falta d-outros bens, teño o de non lle ter medo a morte”. (Cartas a Fermín Penzol. Cadernos Ramón Piñeiro XXVII. Xunta de Galicia 2013).
- Os laboratorios Zeltia S. A. de Porriño comezan a publicación do “Almanaque agrícola zz”, escritos en lingua galega.
Relativas a Galicia
- No libro de Juan Ramón Jiménez El Modernismo. Notas de un curso aparecen en castelán dous poemas de Rosalía (“Negra sombra” e o comezo de “Pra Habana”) e o poema “¡Ai!” de Curros.
- Imprímese en Betanzos co subtítulo de “Hacia el Finisterre”, a revista “Nemancos”, sendo dirixida por Baldomero Cores Trasmonte.
- Álvaro Fernández Suárez: Los mitos del Quijote (Madrid).
- Antonio Fraguas Fraguas: Geografía de Galicia (Porto y Cía editores, Santiago).
- Atanasio López Fernández (1876-1944): La imprenta en Galicia (premiada pola Biblioteca Nacional en 1943).
- Carlos Prado Nogueira: Del viento verdecido (Madrid. Con un poema en galego).
- Daniel Cortezón: La mística del Kempis.
- Francisco Lanza Álvarez: Dos mil nombres gallegos (Buenos Aires).
- Isabel Calvo de Aguilar: La isla de los siete pecados.
- José Blanco Amor: La vida que nos dan (Buenos Aires).
- José González Carbalho: Idioma y poesía gallega (Centro Galego de Buenos Aires).
- José Luis Prado Nogueira: Testigo de excepción.
- Luis Sánchez Belda: Documentos reales de la Edad Media referentes a Galicia. Catálogo de los conservados en la Sección de Clero del Archivo Histórico Nacional (Madrid).
- Manuel Casás: Episodios gallegos(Buenos Aires).
- Miguel González Garcés: Isla de dos (Madrid).
- Ramón González-Alegre Bálgoma: Romería (Pontevedra).
- Ramón Villar Ponte: Días, hechos y hombres de la Real Academia Gallega.
Acontecementos
- No nº 486 de “A Nosa Terra” (novembro), dáse conta do “Gran Aito das Mocedades de Galeuzca” no casal de A. B. C. de Corcubión, en Buenos Aires: “Abriu o aito o representante, señor Neira Vilas, quen nunha brilante e axeitada disertazón, esplicou as razóns pol-as cales os mozos galegos, vascos e cataláns, aicionan xunguidos pol-as mesmas arelas de liberdade, por idénticos anceios deprogreso dos seus respeitivos povos […] A seguido fixo uso da verba, o señor Antón Trazuata en representación das mocedades vascas i-a Srta María Casanova, en nome dos grupos cataláns”.
- Nese mesmo número coméntase no artigo “Audición “La Voz de Galicia”: “Dirixida pol-o popular Fernando Iglesias (Tacholas) e baixo o título de “La Voz de Galicia” veuse espallando con éisito crecente unha audición galega que se trasmite pola emisora Radio Antártida de 19 a 19,30 os luns e xoves.
- No nº 487: “Curso de Nacionalismo Galego”. Organizado polas Mocedades Galeguistas. Consistiu “no ditado de tres conferencias ou cursos de capacitación galeguista”: Ramón de Valenzuela: “Historia de Galiza”. Bieito Cupeiro: “Problemas económicos de Galiza”. Rodolfo Prada: “O ideal galeguista”.
- Homenaxe no Centro Galego de Madrid a Pura Vázquez, Luz Pozo Garza e Pilar Vázquez Cuesta.
- Luís Pimentel, finalista con Barco sin luces do premio de poesía “Ciudad de Barcelona”, no que foi premiado Poemas del viajero de Jaime Ferrán.
- Antón Avilés de Taramancos marcha á Coruña a estudar náutica.
- Eduardo Dieste nomeado cónsul en Santiago de Chile.
- Otero Espasandín trasládase a Washington dende Pensilvania, traballando primeiro como profesor nunha Escola do Departamento de Agricultura e despois como editor do Boletín da Organización Mundial da Saúde.
- Na celebración do Día de Galicia en Buenos Aires tiveron lugar as seguintes conferencias: O 18 de xullo, o poeta arxentino Francisco Luis Bernárdez pronuncia unha conferencia no Centro Galego de Buenos Aires sobre “Galiza nos seus grandes libros”. O 22 de xullo, Rodolfo Prada fala tamén no Centro Galego de Buenos Aires sobre Antolín Faraldo. O 23 de xullo, o escritor Xavier Bóveda dita unha conferencia no Centro Galego de Buenos Aires. O 29 de xullo na Galería Velázquez da capital arxentina, García-Sabell pronuncia unha conferencia sobre pintura galega e o 9 de agosto, outra no Centro Galego sobre a saudade e a ironía do galego. O 30 de xullo, no Centro Galego de Buenos Aires, interveñen como conferenciantes os doutores Baltar, García Sabell e Álvarez Álvarez.
- Colmeiro: “A primavera”.
- O Papa nomea cardeal a Fernando Quiroga Palacios, arcevispo de Santiago.
Premios
- Xosé María Álvarez Blázquez: O seu libro Canle segredo gañador do Premio Pondal do Centro Galego de Buenos Aires. Non se publicará ata 1976.
- Luís Pimentel, finalista con Barco sin luces do premio de poesía “Ciudad de Barcelona”, no que foi premiado Poemas del viajero de Jaime Ferrán.
Epistolario
Con data de 5 de abril, contéstalle Alberto Vilanova: “Resposto á súa afeituosa carta do día 19 do marzal, da que lle agradezo os termos de louvanza que ten pra a miña obriña sobor de Curros (…) A obra, a pesar de todo, non saíu coma eu quixera, pois foi feita contra relox, e no orden literario aquéixase daquilas fallas naturaes dun traballo feito de présa parachegare denantes de vencer o prazo do certame. (…) Eu procuro ser tódolo dino que se pode, niste ambiente podrido e noxento que nos tocou vivire, aos que aínda vexetamos nista nosa terra aferrollada. Moito envexo ao que poden en terras eistraordinarias traballar limpamente polo decoro e rexurdimento da Nosa Galiza. ¡Canto me gustaría podere estar antre vostedes nise loita xenerosa que desenrolan co ise decoro i exemplar eisilio!
|
Ramón Piñeiro: Para unha filosofía da saudade. Inserido dentro do colectivo La Saudade. En carta a Ramón Piñeiro, escribe Celestino Fernández de la Vega (14 de marzo): Para unha Filosofía da Saudade me ha gustado mucho. A mi juicio es superior a Significado Metafísico da Saudade… Su exposición es diáfana, clarísima, sobria y elegante…”.(“Grial” nº 111).
En maio, Ramón Piñeiro escribe a M. Rodrígues Lapa: “Os traballos preparatorios da Historia da Galiza que dirixe Otero Pedrayo están máis retrasados do que deberan. Eu falo bastantes veces con Otero da comenencia de os aitivar, mais íl non é home que lle resulte doado o exercer unha presión enérxica sobre os colaboradores e istes levan as cousas moi de vagar. O que está máis adiantado é o pirmeiro tomo, que será de caráiter introductorio, mais non estarán reunidos todos os materiás inantes de fin de ano. Dispois hai que os enviar a América, pois aló os irán editando. (“Grial” nº 179, páx. 139).
|
|
Sumarios
Outras culturas
PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Winston Churchill
Nacen:
- Àngel Terron (Palma de Mallorca).
- David Jou i Mirabent (Sitges).
- Lluís Urpinell i Jovani (Barcelona).
- Marc Granell i Rodríguez (Valencia).
- Margarida Aritzeta (Valls, Alt Camp).
- Màrius Carol i Pañella (Barcelona).
- Miquel de Palol i Muntanyola (Barcelona).
Morren:
Concédese por primeira vez o “Premi Víctor Català” que no 1998 mudará o nome polo de“Premi Mercè Rodoreda” de contes i narracions.
PREMI VÍCTOR CATALÀ Jordi Sarsanedas por Mites.
Agustì Bartra: Odisseu.
Blai Bonet i Rigo: Cant espiritual. (Premi Óssa Menor)
Guedes de Amorim: Casas de Judas.
Joan Fuster: a la boca (poesía).
Joan Perucho: Diana i la mar morta (narrativa) e El medium (poesía).
Josep Pla: Nocturn de primavera; Els anys e Les hores.
Josep Vicenç Foix: On he deixat les claus... (poemas).
Lluïsa Forrellad: Siempre en capilla (Premio Nadal). No 2007 aparece a tradución en catalán Sempre en capella.
Manuel de Pedrolo: El premi literari i altres contes.
Tomàs Garcés: Grèvol i molsa (poesía).
Vicent Andrés Estellés: Ciutat a cau d‘orella (poesía).
Xavier Benguerel: La familia Rouquier.
Xavier Casp: Goig.
No nº 486 de “A Nosa Terra” (Buenos Aires) infórmase da “Homaxe a Companys”: “O día 13 do derradeiro mes de Septembro, celebrouse no Casal de Cataluña, o aito de homaxe con que os cataláns honraron ao mártir das súas liberdades, Lois Companys. […] Falaron –ademáis do Sr. Amilibia- en nome do Consello de Galiza, o Sr Bieito Cupeiro e pol-a entidade orgaizadora, o Sr. Ripoll”.
Máis culturas:
Nacen:
- Carlos Vitale (Buenos Aires).
- Carmen Posadas (Montevideo).
- Daniel Sada (Mexicali, México; 2011 México DF).
- Roberto Bolaño (Santiago de Chile; 2003 Barcelona).
- Don Winslow (New York).
- Eugene Izzi (Chicago; 1996).
- Herta Müller (Nytzkydorf, Rumanía).
- Qiu Xiaolong (Shanghái).
- Thomas Loren Friedman (Minnesotta).
Morren:.
- Dylan Thomas (New York; 1914 Swansea, Gales).
- Eugene O’Neill (Boston; 1888 New York).
- Iván Bunin (París; 1870 Voronezh).
Alejo Carpentier: Los pasos perdidos.
Augusto Roa Bastos: El trueno entre las hojas (contos).
César Fernández Moreno: Veinte años después.
Clara Isabel Alegría Vides: Vigilias (poesía).
Dulce María Loynaz: Poemas sin nombre e Carta de amor a Tutankhamón.
Ida Vitale: Palabra dada.
José González Carbalho: Idioma y poesía gallega.
José Mancisidor: Frontera junto al mar.
Juan Rulfo: El llano en llamas.
Manuel Mújica Laínez: Los ídolos.
Sebastián Salazar Bondy: El espejo no hace milagros.
Alain Robbe-Grillet: Les Gommes.
Arthur Miller: As bruxas de Salem (teatro).
Boris Vian: L’arrache-coeur.
Czeslaw Milosz: Luz do día (poesía).
Ernst Jünger: O nó gordiano.
Gabriel Chevallier: Le petit général.
Giani Stuparich: Simone. Piccolo cavotaggio.
Heinrich Böll: E non dixo nin palabra (traducida ao castelán por Ramón Lorenzo e Úrsula Heinze en 1972: Y no dijo una sola palabra).
Jacques Prévert: La pluie et le beau temps.
James Baldwin: Go tell it on the mountain.
Jerome David Salinger: Nove contos (Traducida ao galego no 1996).
John Ashbery: Turandot e outros poemas.
Peter Viertel: White hunter, black heart.
Randall Jarrell: Poetry and the Age.
Ray Bradbury: Fahrenheit 451.
Saul Bellow: The adventures of Augie March.
Tamén sucedeu...'
- CINE:
- Buñuel: Él; Abismos de pasión e La ilusión viaja en tranvía.
- Federico Fellini: I Vitelloni.
- Luchino Visconti: Senso.
- Concordato de Franco co Vaticano (25 de agosto). Entre outras cousas, a Igrexa obtén inmunidade xudicial para bispos, clérigos e relixiosos, exención de impostos e contribucións, ensino relixioso obrigatorio, censura por parte da Igrexa sobre libros, revistas e publicacións ...
- Os EEUU asinan un acordo co réxime franquista, que supón a aceptación internacional da ditadura (27 de setembro).
- Refórmase o bacharelato.
- Publícase o “Plan Jaén”.
- Isabel II raíña de Inglaterra.
- Forzas francesas ocupan Dien Bien Fu no Vietnam do Norte.
- Tropas soviéticas sofocan un levantamento na Alemaña oriental.
- O tratado de Panmunjon pon remate á guerra de Corea. Mantense a división do país en dous estados.
- Fidel Castro dirixe o asalto ao cuartel Moncada.
- O físico inglés Francis Crick e o estadounidense James Watson descubren a estrutura do ADN, unha molécula que se atopa no núcleo da célula e onde está codificada toda a información xenética necesaria para a vida dun organismo.
- Créase o Comité de Actividades Antiamericanas, que preside o senador republicano MacCarthy.
- O 29 de maio o neozelandés Edmund Hillary, acompañado do guía nepalí Tenzing Norgay convértense nos primeiros montañeiros que logra coroar o Everest.
- Morren:
- Stalin; Malenkov primeiro ministro.
- O director de cine Vsevolod Pudovkin (1893).
- O pintor Francis Picabia (París; ibídem 1879).