1966
Índice
Cultura galega
Día das Letras Galegas
Nacementos/Defuncións
|
|
Publicacións
Alberto Vilanova Rodríguez: Los gallegos en la Argentina (Prólogo de Claudio Sánchez Albornoz y Menduiña. Ediciones Galicia. Buenos Aires. “Grial” nº 20, páx. 242).
“El libro de Vilanova está siendo saboteado por las nuevas autoridades del C.G. Hubo quien propuso, tu contrincante Alonso Pérez, que fuese quemada la edición, porque no se habla seguramente de él o de los suyos como quisiera” (Carta de Seoane a Díaz Pardo do 9/11/1967).
Álvaro Cunqueirocomeza unha colaboración semanal en Laberinto & Cía, que manterá até 1977 con dúas interrupcións 1969-1970 e 1975, cando Jordi Pujol, novo propietario da revista, cesa o seu responsable, o amigo de Cunqueiro Nèstor Luján. Sete meses despois volvería a colaborar.
Cunqueiro viaxa a Gran Bretaña con Francisco Fernández del Riego. Recibe o Premio Conde de Godó de xornalismo.
Ángel Lázaro Machado: Rosalía de Castro. Estudio y antología (Compañía Bibliográfica Española. Madrid. “Grial” nº 18, páx. 501).
Anne Marie Morris.Poeta alófona (1916 Illinois; 1999) publica en “Grial”: “Lo fatal” de Rubén Darío.
Arcadio López-Casanova: La poesía de Luís Pimentel (Memoria de Licenciatura. Universidade de Santiago de Compostela).
Aurelio Aguirre(1833 – 1858): Un consello (único poema seu en galego, publicado por Álvarez Blázquez no nº 12 de “Grial”.
Avelino Gómez Ledo: Terra-nai.
Bernardino Graña: Profecía do mar (Vigo).
Carballo Calero: Gramática elemental del gallego común (Edit. Galaxia. Vigo). Sobre este libro escribe Basilio Losada a Ramón Piñeiro (27 de novembro): “O libro era esperado como coido non se esperou libro algún. Ben o merecía: é a primeira Gramática Galega feita cun criterio científico, a primeira que pode sentar unha base normativa”.
Edítase a antoloxía feita por Carballo Calero para o Curso Preuniversitario Breviario antológico de la literatura gallega (Barcelona). Foi feita no 1964. En carta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada (1 de maio de 1964) dille:“Comparto o teu sentimento pola esclusión de Fole, de Pimentel e mais de Celso Emilio na pequena antoloxía de Carballo. O certo é que ningún diles é santo da súa devoción. Pese á súa serena lucidez crítica, o gran Carballo ten, máis ou menos como tódolos homes, fobias íntimas. Os únicos roces que ten habido entre Carballo e mais eu –que nos respetamos e nos queremos moito- foron por mor de Pimentel”,
Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 322).
Emilio Silva Castro: Caminho de Santiago e cultura medieval galaico-portuguesa (Rio de Janeiro).
Ernesto Guerra Da Cal: Motivos do Eu.
Francisco Añón(1812-1878): Poesías galegas. Limiar de Salvador Lorenzana(Galaxia).
Francisco Añón(1812- 1878): Poesías Galegas (Real Academia Galega).
Fray Benito Jerónimo Feijoo(1676-1764) Antología popular. (selección e prólogo deEduardo Blanco Amor. Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires. “Grial” nº16, páx. 233).
García-Sabell: Notas para una antropología del hombre gallego (Ediciones Península. Madrid. “Grial” nº 13, páx. 377). Traduce ao galego Problemas humáns de Eduard Spranger (Galaxia.. “Grial” nº 14, páx. 496).
Gonzalo López Abente(1878-1963): Decrúa (poemas. Edic. Muxía; Buenos Aires).
Gumersindo Sánchez Guisande: Seis cantos galegos.
José Antonio Tobías: O misterio da saudade (Facultade de Filosofía, Ciencias e Letras de Marilia, São Paulo. Brasil. “Grial” nº 19, páx. 107).
José Elías Ferreiro Álvarez(Xoel Ferral): Tringueleos (La Región, Ourense).
Lois Diéguez: Albre de espranza (poemas. Lugo).
Maite Dono: Manto de sombra (poemas. Edicións Libertarias-Prodhufi).
Manuel José Arce Valladares: Dendo fondo canta o río. (Volume 19 da colección Salnés).
Manuel Lueiro Reygaña o premio “Ciudad de Oviedo”coa novela Manso, que a censura española prohibe, publicándose ao ano seguinte en Buenos Aires.
En xuño subscribe o artigo “Brecht, o el profundo y humano concepto de la bondad” no “Diario de Pontevedra”.
Participa na homenxe semiclandestina que se lle rende en Compostela ao poeta Antonio Machado dando a coñecer nunha publicación ad hoc o que é o seu primeiro título en lingua galega “Agonía da lembranza”.
Méndez Ferrín: Edición crítica do Cancioneiro de Pero Meogo.
Ramón de Valenzuela: O naranxo (ilustracións de Xaquín Marín e portada de Moslares. Colec. Brais Pinto).
Ramón Otero Pedrayo: O espello na serán (Galaxia. “Grial” nº 13, páx 375; “Grial” nº 52, páx. 264 e “Grial” nº 147, páx. 513) e Orense (Caja de Ahorros Provincial de Orense. “Grial” nº 13, páx. 384).
Ricardo Palmás Casaltraduce ao galego Castelao na arte galega de Carlos A. Zubillaga Barrera (Montevideo).
Teolindo Cortiña Toural: Os caciques e a “nena”. Segunda parte do Caciquismo en solfa. Desde Primo de Rivera a Franco (Co pseudónimo Antón de Sirgal. Gráficas Laquinfil, Palas de Rei).
Uxío Novoneyra: Elegías del Caurel y otros poemas (Ed. bilingüe; Colec. Adonais. Ed. Rialp. Madrid. “Grial” nº 13, páx. 383).
Xosé Ramón Fernández Oxea: A ducia do frade.
O número de decembro do “Semanario de la juventud” Signo, revista vencellada a un sector progresista da Igrexa católica recolle artigos de Torres Queiruga: “Lengua y evangelización”; Méndez Ferrín: “Aproximación a Castelao. Ni escritor ni político, ni dibujante, sino un hombre debido a su pueblo”; Juan Soto Gutiérrez: “Intolerable supervivencia del caciquismo en Galicia”; Bautista Álvarez: “La autodeterminación no es separatismo”; Alonso Montero: “El idioma gallego, lengua vil en el ideario burgués”; José Soto Rodríguez, Basilio Losada; María Xosé Queizán, Pilar Allegue, Alberto Míguez, Manuel María, José Antonio Arjona, Xan López Facal…
Publícase en Lugo o volume Antonio Machado na nosa voz, cunha introdución de Alonso Montero (Círculo das Artes. “Grial” nº 15, páx.120). Será reeditada en Lugo no 2009 cun limiar de Claudio Rodríguez Fer en Edicións Xerais co patrocinio económico do Concello de Lugo.
Con data de 2 de marzo, Valentín Arias escribe ao director do xornal “El Progreso” de Lugo:
“Muy señor mío: Con emoción y entusiasmo leí en el periódico de su digna dirección la noticia de un Curso de Lingüística comparada (Gallego-Castellano) que va a desarrollar el profesor Alonso Montero en el Círculo de las Artes de Lugo. Y a tal efecto yo –creo que interpretando el sentir de mucha gente- quiero hacerle un ruego: Como quiera que dicho curso va dirigido de modo especial al Magisterio Primario –que creo este lo precisa muy de veras…- y puesto que el curso tendrá lugar en Lugo, va a ser imposible que podamos asistir a él la inmensa mayoría de los Maestros Nacionales. Por lo que, encarecidamente, le suplico, si les es posible, que después de cada lección del Sr. Alonso Montero publique en El Progreso un resumen completo de la misma”. (Artigo de Alonso Montero en “La Voz de Galicia” 9 de abril de 2011).
Dende Caracas (19 de xuño), Celso Emilio escribe a Neira Vilas:
“Dende Vigo mandoume a miña muller a sua garimosa carta que moito lle agradezo. Levo eiquí perto de un mes e penso quedarme por unha longa tempada. En Galicia corrían malos ventos para min en tódolos ordes. Dende os policíacos até os económicos. Longa noite de pedra, e a miña “suposta” colaboración no Cancioneiro de Einaudi, abriume moitos camiños, pro pechoume moitas portas…
(…) Pódese dicir que hoxe a Irmandade está formada por tres grandes grupos: a) Españoles e venezolans, alleos as finalidade galegas da entidade. B) Galegos desleigados que loitan polo poder para entregarlle a Irmandade á embaixada de Paco, e c) galegos galeguistas, xente de esquerda que na aitualidade detenta o goberno, pro que salvo unhos cantos, soen estar bastante desorientados e confusos nas súas apreciaciós. Entre esta xente está a miña laboura non soio cultural, senon tamén política. Hai un grupo moi interesante de mozos fillos de galegos que teñen constituida unha entidade denominada Xuventude Cultural, que está funcionando ben.
(Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).
O 27 de novembro, Basilio Losada escribe a Ramón Piñeiro: “Penso que é unha lástima que non haxa en Grial unha sección fixa portuguesa. Unha sección que informe sobre as derradeiras novidades de libros, especialmente dos que teñan interés pra Galicia. ¿Non se podería facer algo semellante a unha corresponsalía? E poderíase facer quizais algo igoal con relación a Cataluña. Podería ser un artigo curto comentando un feito relevante do trimestre, e unhas notas breves comentando esposiciós, libros, etc. Si se poidera facer o mesmo con París e Londres a cousa quedaría completa”.Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 547).