1949

De Xulipedia
Revisión feita o 26 de novembro de 2024 ás 20:04 por Xulio (Conversa | contribucións) (Nacementos/Pasamentos)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Ana María Fernández Martínez (Palma de Mallorca).
Blanca Ana Roig Rechou (Portosín).
Edelmiro Vázquez Naval (Toubes, A Peroxa).
Guillermo Abeixón (A Coruña).
Isaac Ángel Otero Rodríguez (Vigo).
Lito Caramés (Caroi).
Manuel Lage Touriño (Vilalonga, Sanxenxo).
María Carmen Panero Menor (Pontevedra).
María Xosé Rodríguez Galdo (Ferrol).
Millán Picouto Iglesias (Ourense).
Xabier Paz Canalejo (A Coruña).
Xenaro García Suárez (Vigo).
Xesús Rábade Paredes (Seixas, Cospeito).
Xoán Ignacio Taibo Arias (Madrid).
Xoán Manuel Casado Martínez (Barcelona; ibídem 2002).
Xosé Carlos Gómez Alfaro (Ribadavia; 2008 A Guarda).
Xosé Manuel Rivas Troitiño (Santiago).
Xulio González Lorenzo (Vigo).
Outros
O pintor Pedro Agrelo Balado (Lugo; ibídem 2013).
O pintor Cuesat (A Coruña). ¿?
O pintor Manuel Moldes (Pontevedra; ibídem 2017).
A pintora María Jesús Pérez Carballo (Lugo).
O pintor José Bibián Lorenzo (Santiago).
O pintor Armando Guerra (Pontevedra; 2018).
O escultor Paco Pestana (Peredo, A Frairía, Castroverde; 2021 Lugo).
A ceramista María Xosé Díaz (Catoira, Pontevedra).
O cantautor e debuxante Xulio Formoso (Vigo; 2018 Madrid).
músico e crítico musical Carlos Villanueva Abelairas (Melilla).
O cantautor Amancio Prada (Devesas, Bierzo).
O escritor, profesor e político Xosé Luis Barreiro Rivas (Forcarei).
O humorista gráfico Xosé Lois González Vázquez “O Carrabouxo” (Ourense).
O biólogo Uxío Labarta Fernández (Santiago de Compostela).
O químico Juan Manuel Lema Rodicio (Santiago).
A filóloga María Isabel González Fernández (Rábade).
O actor Antonio Simón Álvarez Pérez (A Coruña).
A profesora March Kathleen (Rochester, New York).
O fotógrafo Manuel Outomuro (A Merca, Ourense).





Skull.png
Pasamentos
Literatura
Eladio Rodríguez González (A Coruña; 1864 San Clodio, Leiro).
Luís Manteiga (1903 Santiago de Compostela).No nº 469 de “A Nosa Terra”: “Morreu Lois Manteiga”:“Finou Manteiga cando soio tiña corenta anos. Debeu morrer, máis que pol-a febre da súa doenza, pol-a pesadume firente que lle debía producir iste intre noxento e sombrizo pr’a patria, intre de podremia cívica, de sequedade de ialmas, de tráxica escravitude espritoal. Debeu morrer de noxo de ter que vivir sen libertá. E foise sen ter a satisfaución de recoller a colleita da sua sementeira literaria e ideolóxica. Pecháronse seus ollos sen ler a ledicia de ollar a liberazón da nosa sapra (sic)Terra”.
Outros
A escritora Pilar Millán-Astray Terreros (Madrid; 1879 A Coruña).
O fotógrafo Francisco Souza Fernández (México; 1911 A Coruña).
Manuel García Gerpe, avogado e político (Buenos Aires; 1908 Ordes).

Publicacións

Galegas

  • Antón Alonso Ríos : “Reneguemos da Hespaña castelán e da súa falsa hestoria” (“A Nosa Terra” nº 468).
  • Antón Louzau: “¡Ultreia…! e“O mar de Cariño”, poemas no nº 771 de “A Nosa Terra”.
  • Castelao : As cruces de pedra na Galiza (Asina o primeiro prego); (Buenos Aires. Edit. Nós. “Grial” nº 47, páx. 134 e “Grial” nº 53, páx. 392). No nº 2 do suplemento dos sábados de “La Noche”, reprodúcese un capítulo do libro Cousas de Castelao como anónimo.
  • Emilio Pita : “A Patria e os Poetas Galegos do XIX” (“A Nosa Terra” nº 473).
  • Francisco Fernández del Riego : Cos ollos do noso esprito (Premiado no 1947 pola Federación de Sociedades Galegas de Buenos Aires. Editorial Alborada de Buenos Aires).
  • Luís Pimentel publica en verso e prosa na revista de Lugo “Xistral” e colabora no “Faro de Vigo”.
  • Ramón Cabanillas : Camiños no tempo (Bibliófilos Gallegos. Santiago. “Grial” nº 54, páx. 538) e Romance do cristián e do mouro na Franqueira.
  • Ramón López Cid: Vinte cantigas do mes de San Xoan (prólogo de Vázquez Trabazo e epílogo de Otero Pedrayo).

Mentras tanto o novo an / vai descorrendo o seu velo / teñamos listo na man, / ben afiado o coitelo.

No nº 468: “¡Atrás asesino!:

O porco maldito / que asoballa a Hespaña ,/ gruñidos feroces ,/ de continuo lanza ./ Quedou arrabiado / porque na xuntanza / das Nación Unidas / déronlle cabazas.

No nº 469: “¡De frente! ¡Mar!:

¿Algún día terán fin / tanta inxustiza e door? / Xa chegará, acusador,/ para ese porco ruín,/ tamén o seu San Martín.

No nº 470: “Un peixe comunista”.

No 471: “A enfermedade do Porco”.

No 472: “O casamento do Porco”:

O porco está moi contento…/ Dis que se vai a casar / cunha porca, que é un portento,/ do cubil de Salazar.[…]

¡Porco mundo o de arestora! / Canto máis vou para vello,/ máis me parece que fora,/ en vez de mundo, ¡cortello!

No nº 473: “O Porco Salvador”.

Placa Benito Soto
  • Xosé María Álvarez Blázquez e Emilio Álvarez Blázquez : Poemas de ti e de min (colec. Benito Soto. Veñen a ser dous libros nun único volume).
  • No número correspondente a marzo, a revista “Galicia” do Centro Galego de Buenos Aires publica unha breve antoloxía de poesía galega medieval.
  • Publícanse en Lugo unhas follas de poesía co nome de “Xistral” , impulsadas por Manuel María e Manuel Antonio Sopena Somoza “Pérez Amor”. O nome da publicación, bilingüe, débese a Luis Pimentel. Só saíron dous números. No nº 2 publica Manuel María o poema “A cantiga derradeira”.
  • Edítase en Toulouse o opúsculo Curros Enríquez, poeta épico de la España heroica de Campio Carpio (Campio Pérez Pérez); Editorial Galicia Libre. No prólogo de M. Vázquez Valiño sinálase que o diñeiro que se ía obter coa venda sería doado “a la Resistencia Gallega”.
  • O 15 de outubro ve a luz La Noche. Suplemento del sábado do xornal vespertino “La Noche”, do que sairán 15 números (ata o 28 de xaneiro de 1950). Os coordinadores son F. Fernández del Riego e Xaime Isla Couto. O 4 de novembro, Salvador Lorenzana (Fernández del Riego) publica un artigo nas páxinas do xornal compostelán “La Noche” no que manifesta a necesidade dunha editorial galega: “Ten o noso país unha cultura de seu, peculiar. Para que as creacións desta cultura acaden arestora axeitada tradución necesitan do vehículo do libro. O libro é, nefeito, índice da cultura dun pobo. (…) É triste afirmalo, pero na nosa terra non se atopan, hoxe por hoxe, libros galegos. (…) O oco deixado pola editora da revista finada (refírese á revista Nós) está a demandar un relevo preciso”.
  • No nº 471 de A Nosa Terra figuran “Os dez mandamentos do bon galego”.

Relativas a Galicia

  • En outubro aparece o boletín universitario “Servicio”, co subtítulo de “Editado por la Jefatura del Frente de Juventudes del Distrito Universitario de Compostela”. Nas súas páxinas aparecerán poemas en galego de E. Iglesias Vilouta, A. Bouzo Santiago e Andrés de Ben Vázquez.
  • Créase a “ Fundación Editorial de los Bibliófilos Gallegos” (1949-1980), dirixida polo erudito franquista Francisco Javier Sánchez Cantón (presidente) e Xosé Filgueira Valverde (secretario). Felipe Cordero Carrete sería o xerente e Marcelino Blanco de la Peña o vicepresidente. “propúñase facer galeguismo desde o Réxime, en parte, tamén, para abortar actividades editoriais...”. (Xesús Alonso Montero). Os primeiros libros publicados foron: Camiños no tempo de Ramón Cabanillas (1949); El pórtico de la Gloria de Ángel del Castillo López (1949) e Descripción del Reyno de Galizia de Bartolomé Sagrario de Molina (1949).
  • Fernando Quiroga Palacios nomeado arcebispo de Compostela. O suplemento de “La Noche” dedícalle varias páxinas no seu nº 9 do 10 de decembro. Entre elas destacan un artigo laudatorio, de Cunqueiro: “Una tarea, un hombre” e outro no nº 10 do día 17 de decembro “Quaderna vía” asinados sen autorización do escritor co seudónimo de Álvaro Labrada. Isto orixina unha carta de protesta a Del Riego. Na carta de Cunqueiro, expón: Querido Francisco: Vexo que en “La Noche” publicades as miñas cousas co seudónimo de Álvaro Labrada, ¿Por qué? Si hai algunha prohibizón, tácita ou expresa, de que eu firme co meu nome propio, entón non quero publicar ren, absolutamente ren. Rógoche me informes. Esta carta suscitaría á súa vez a protesta de Del Riego, coordenador do suplemento perante José Goñi Aizpurua, director do xornal e responsable da posta en marcha do suplemento. A carta de resposta deste di: “Os colaboradores do Suplemento poden ser moitos, e a nosa manga, sen ser elástica, non é tan estreita como para lle meter medo a ninguén. O que non deben esquecer os colaboradores, seña calquera o seu xeito de pensar e a súa posición persoal. é que un xornal non sempre pode compracer a todos. Entre outras razóns, porque os xornais teñen todos varias limitacións. Tampouco pode esquecer que […] esa colaboración sempre queda subordinada ao director. Este, con bo ou mal criterio –que non é o caso a discutir agora- é quen en última instancia resolve…, cando non resolveron previamente algunhas desas limitacións das que eu falaba”. (Álvaro Cunqueiro. Cartas ao meu amigo. Epistolario mindoniense a Francisco Fernández del Riego 1949-1961. Galaxia 2003). Antes, no nº 5 do 12 de novembro aparecen tres poemas de Hölderlin en versión de Cunqueiro e o 21 de xullo un artigo de Fernández del Riego co título “Hölderlin en galego”.
  • Anselm Gordon Bigs: Diego Gelmírez First Archbishop of Compostela (Washington).
  • Antonio Rosón Pérez: Ordenación jurídico-agraria de Galicia.
  • C. Teixeira: Plages ancienne et terrasses fluviatiles du litoral du Nord-Ouest de la Peninsule Iberique.
  • Emilio Álvarez Negreira: Madrigal (colec. Benito Soto, en castelán).
  • Enrique Chao Espina: Pastor Díaz dentro del Romanticismo (Madrid).
  • Eugenio Granell: Arte y artistas en Guatemala.
  • Eugenio Montes Domínguez: Elegías europeas (Madrid).
  • Faustino Rey Romero: Florilegio poético (Imp. C. Peón. Pontevedra). Con prólogo do poeta catalán Mosén Miguel Melendres.
  • Jesús Carballo Taboada: El rey de los trogloditas.
  • José Almoina Mateos: Una satrapía en el Caribe. (Publicado en México co pseudónimo Gregorio R. Bustamante).
  • Luz Pozo Garza: Ánfora (en castelán).
  • Plácido Ramón Castro del Río, Lois Tobío e Florencio Delgado Gurriarán: Poesía inglesa e francesa vertida ao galego (Ed. Alborada. Buenos Aires).
  • Ramón Goy de Silva: Mientras cantaban las ocarinas (Madrid).
  • Sabino Torres Ferrer: Como el río (Colec. Benito Soto) e Cuaderno de Carmen.
  • Vicente Risco inicia en “La Región” unha nova sección sen firma titulada “Horas”.
  • Xavier Bóveda: Laura busca un amante (teatro).
  • Xosé María Álvarez Blázquez: Industria paleolítica de la comarca de Tuy (Santiago).

Acontecementos

  • Aquilino Iglesia Alvariño obtén por oposición unha cátedra de latín. Destinado no “Instituto de Enseñanza Media de Lugo”. O 16 de abril Aquilino Iglesia Alvariño le en galego o discurso de ingreso na Real Academia: "A lengua dos poetas do norte de Lugo", a quen lle responde, tamén en galego Otero Pedrayo, quen en carta a Ramón Piñeiro (daquela, decembro de 1948, no cárcere de Yeserías) dille: “O día 19, domingo, ha ser o ingreso na Academia do xurdio poeta Aquilino Iglesia Alvariño. Un respóndelle. Foi no de outono o de Victoriano Taibo. Tamén lle respondín. Entrambas sesións desenroláronse na lingua de Pondal”. Segundo Carlos Casares en Ramón Piñeiro: unha vida por Galicia (Galaxia 2005) esta carta entregóuselle a Piñeiro en decembro de 1948, pero o discurso de ingreso tivo lugar o 16 de abril de 1949 e ademais Piñeiro sae do cárcere en marzo de 1949, é dicir antes do acto de ingreso…¿?Con data de 19 de decembro de 1948, Otero Pedrayo escribe a súa nai: "Se ha suspendido lo de la Coruña por ahora. Yo iré a Santiago el 27 o 28. Me refiero al ingreso de Aquilino Iglesia". (Aquilino Iglesia Alvariño ingresou na R. A. G. o 16 de abril de 1949 a proposta de Ramón Otero Pedrayo e Antonio Couceiro Freijomil. Otero Pedrayo: Cartas á nai 1905-1950 Galaxia 2007).
  • Plácido Ramón Castro del Río comeza as súas colaboracións na BBC e co “Jornal de Noticias” de Porto.
  • Rafael Dieste viaxa por Europa para facer un informe sobre arte europea para o goberno uruguaio. Coincide en París con Seoane e Colmeiro. Colabora no programa galego da BBC desde Londres co tema “As colectividades galegas en Bos Aires”.
  • Xosé María Álvarez Blázquez nomeado comisario de Escavacións Arqueolóxicas de Vigo.
  • Castelao case cego e con cancro de pulmón.
  • Blanco Amor dá clases de oratoria aos oficiais da Mariña de Chile.
  • Neira Vilas emigra a Argentina.
  • Ramón de Valenzuela emigra coa súa familia a Buenos Aires.
  • Fermín Penzol casa con Blanca Jiménez.
  • Luís Seoane: “Liando un cigarrillo” (óleo). Viaxa a París e a Londres, onde realiza unha exposición. Coñece en Francia a Picasso.
  • Hai un informe do gobernador civil de Pontevedra, José Solís Ruiz, con data de 11 de xullo e remitido á Dirección General de Justicia que di: “[…] tengo el honor de informar a V. E. que D. Celso Emilio Ferreiro Míguez […] es persona de buena conducta moral, pública y privada; carece de antecedentes político-sociales, es persona de sana tendencia, militante de FET y de las JONS y adicto al Nuevo Estado”. Noutro informe enviado polo Gobierno Militar de Pontevedra á Dirección General de Justicia con data de 25 de maio infórmase: “ […] resulta que el vecino de esta capital Don Celso Emilio Ferreiro Míguez es de buena conducta moral, pública y privada, y aun cuando carece de ideología política, simpatizó siempre con la derechista y de orden, habiendo servido voluntariamente en la Legión Gallega durante la Guerra de Liberación, por cuyo motivo se le considera adicto a la Causa Nacional, sin que se tenga noticia de que en ningún tiempo mantuviese relaciones con elementos del Frente Popular ni haya prestado sevicios al Gobierno Marxista”.(“Grial” nº 211).
  • Manuel María imparte a súa primeira conferencia, no Círculo das Artes de Lugo (20 de marzo), sobre Juan Ramón Jiménez e as vangardas españolas, dentro do ciclo “Los jóvenes valores lucenses”. Ingresa na tertulia do café Méndez Núñez (“A Peña do Méndez”), onde coñece a Juan Rof Codina, Luís Pimentel, Ánxel Johán, Ánxel Fole Celestino Fernández de la Vega, Aquilino Iglesia Alvariño, Carvalho Calero, Ramón Piñeiro, Álvaro Cunqueiro, Uxío Novoneyra…
  • Ramón Piñeiro sae do cárcere no mes de marzo.
  • Ramón Villar Ponte nomeado membro da Real Academia Galega.
    Cerámica de O Castro
  • Ramón de Valenzuela, marcha a Buenos Aires. No nº 473 de “A Nosa Terra”: “A este novo loitador galeguista enviámoslle a nosa máis quente felicitación e augurámoslle un éisito rotundo en todal-as súas situacións dentro da nosa coleitividade, onde xa se lle quere e se lle adimira como un mozo de alento, de sabencia e de amor a Galiza”.
  • Manuel Colmeiro instálase en París.
  • María del Carmen Kruckenberg Sanjurjo marcha a Italia e pouco despois a Buenos Aires (ata 1953).
  • Créanse as cerámicas de O Castro (Sada).
  • O Patronato “Rosalía de Castro” merca a casa onde morreu Rosalía, convertida en museo no 1971.
  • José Manuel Rey de Viana funda o Ballet Gallego.
  • Bouza Brey trasladado á Audiencia de Oviedo.
  • Vicente Risco preside unha tertulia no café Roma de Ourense, coñecida como “La Peña de los Sabios” a onde acuden entre outros Ferro Couselo, Antonio Faílde, Xosé Luís López Cid, Ricardo Outiriño, Ernesto G. del Valle, Manuel Prego de Oliver e Xaquín Lourenzo.
  • O 5 de setembro, Franco recibe na Coruña o rei Abdullah de Xordania que visitará a comarca de Arousa. Tamén percorrerá Santiago, guiado polo franciscano vilagarcián José Villaronga Trigo. Será a súa derradeira visita a España xa que será asasinado no 1950.

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario


O 13 de agosto, escribe Carballo Calero a Francisco Fernández del Riego : “…He visto que citas, entre los valores literarios de mi generación, a Lorenzo Varela. Desde luego en mi memoria hay terribles lagunas, y ello me causa muchos trastornos y perjuicios en mi vida. Pero no tengo la menor idea de haber oído nunca ese nombre. ¿Quién es el que lo lleva?”.

Ramón Otero Pedrayo , o 11 de novembro, nun acto no que se inauguraba un monumento a Lamas Carvajal, no centenario do seu nacemento, emprega o galego: En carta a Manuel Casás, presidente da Real Academia Galega dille: “A la tarde hablé en gallego ante el nuevo monumento en el Posío. El Gobernador y el Ayuntamiento falangista tascaban el freno. Era de perro de presa con carraca la cara del pretor. Para resarcirse, al final inoportunamente y con sorpresa de la gente sensata, cantaron Cara al sol y dieron los gritos...”.


No suplemento de “La Noche” no seu nº 9 do 10 de decembro aparece un artigo de Álvaro Cunqueiro: “Una tarea, un hombre” e outro no nº 10 do día 17 de decembro “Quaderna vía” asinados sen autorización do escritor co seudónimo de Álvaro Labrada. Isto orixina unha carta de protesta a Francisco Fernández del Riego . Na carta de Cunqueiro, expón: Querido Francisco: Vexo que en “La Noche” publicades as miñas cousas co seudónimo de Álvaro Labrada, ¿Por qué? Si hai algunha prohibizón, tácita ou expresa, de que eu firme co meu nome propio, entón non quero publicar ren, absolutamente ren. Rógoche me informes. Esta carta suscitaría á súa vez a protesta de Del Riego, coordenador do suplemento, perante José Goñi Aizpurua, director do xornal e responsable da posta en marcha do suplemento. A carta de resposta deste di: “Os colaboradores do Suplemento poden ser moitos, e a nosa manga, sen ser elástica, non é tan estreita como para lle meter medo a ninguén. O que non deben esquecer os colaboradores, seña calquera o seu xeito de pensar e a súa posición persoal é que un xornal non sempre pode compracer a todos. Entre outras razóns, porque os xornais teñen todos varias limitacións. Tampouco pode esquecer que […] esa colaboración sempre queda subordinada ao director. Este, con bo ou mal criterio –que non é o caso a discutir agora- é quen en última instancia resolve…, cando non resolveron previamente algunhas desas limitacións das que eu falaba”. (Álvaro Cunqueiro. Cartas ao meu amigo. Epistolario mindoniense a Francisco Fernández del Riego 1949-1961. Galaxia 2003)


O 23 de abril de 1949, Gonzalo López Abente escribe a Ramón Villar Ponte dende Muxía: [...] O ouxeto principal de esta carta, é facerte presente a miña cordial e quente felicitación polo teu nomeamento de académico de número da Real Academia Gallega, que ben merecido tes, pois méritos para elo sóbranche..

Pola prensa de esa entereime das reunións da Academia e na Voz vin o teu retrato, así como do outro novo académico, e o de Aquilino Iglesias Alvariño que pronunciou o seu discurso de entrada. Eu oportunamente recibín as correspondentes convocatorias, pero, como decote, madeille a miña delegación ao Presidente, pois o viaxe resulta caro e incómodo [...] Supoño seguirás concurrindo os domingos e quintas-feiras a tertulia do Mesón do Vento, no café Asturias. Si é así fai presente a todos os meus saúdos, muy especialmente a Martínez Risco.

(Miro Villar: “Dez cartas de Gonzalo López Abente aos irmáns Villar Ponte. “Grial” nº 230. 2021).

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: William Faulkner


Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen





Morren:

  • António Aleixo (Loulé; 1899 Vila Real de Santo António).
  • António Augusto Esteves (“Carlos Sombrio”): (Figueira da Foz; ibídem 1894).
  • Carlos Queirós (París; 1907 Lisboa).
  • Francisco Bugalho (Castelo de Vide; 1905 Porto).
  • João Dias (Lisboa; 1926 Maputo).
  • Soeiro Pereira Gomes (Lisboa; 1909 Gestaçô, Baião).




Afonso Duarte: Post-scriptum de um combatente.

Alexandre Cabral: Fonte da telha.


Alves Redol: Horizonte cerrado. (Ciclo Portwine).


Amândio César: Saudade de pedra.


Andrée Crabbé Rocha: Aspectos do “Cancioneiro Geral”.


António Aleixo (1899-1949): Auto do curandeiro.


António de Cértima: Trópico de Cáncer (Poemas).


António Quadros: Além da noite.


Ariano Suassuna (Brasil): Os homens de barro.


Carlos de Oliveira: Descida aos Infernos (poesía).


Clarice Lispector (Brasil): A cidade sitiada.


Daniel Filipe: Marinheiro em terra.


Eça de Queirós (1845-1900): Eça de Queirós entre os seus – Cartas íntimas.


Esther de Lemos: Rapariga.


Fernando Monteiro de Castro Soromenho (Angola): Terra morta.


Fernando Namora: Retalhos da Vida de um Médico (1ª série). No 1954 Pilar Vázquez Cuesta faría a tradución ao Castelán co título de Escenas de la vida de un médico para a Editorial Noguer, cun prólogo de Gregorio Marañón titulado “Sobre la universalidad de la aldea”. Nunha reseña publicada en “Ínsula”, José Luis Cano escribe: “Un acierto de la editorial Noguer ha sido el dar a conocer al público de habla castellana a una de las figuras más interesantes de la novelística portuguesa actual, Fernando Namora. Tenemos a pocos kilómetros de nosotros una literatura viva, briosa, fecunda, y la ignoramos casi por entero, minetras que nos traducen cientos de novelas mediocres de autores ingleses o yanquis. Se dirá acaso que estamos a la recíproca, y que en Portugal se padece de la misma ignorancia respecto de nuestra literatura actual, pero ello no justifica que perdure el mutuo desconocimiento”.


Ferreira Gullar (Brasil): Um pouco acima do chão.


Francisco Costa: Cárcere invisível.


Geraldo Bessa Victor (Angola): Debaixo do céu (poesía).


Ilse Losa: O Mundo em que Viví.


Jacinto do Prado Coelho: Diversidade e Unidade em Fernando Pessoa.


José Cardoso Pires: Os Caminheiros e outros Contos.


José Terra: Canto da ave prisioneira.


Júlio Dantas: Outono em flor (teatro).


Luís Amaro: Dádiva.


Lygia Fagundes Telles (Brasil): O cacto vermelho.


Manuel Rodrigues Lapa encarcerado.


Maria Archer: Havia de Haver Uma Lei.


Mário Braga: O pedido (teatro).


Miguel Torga: O Paraíso (teatro).


Orlando Ribeiro: Le Portugal central.


Raul de Carvalho: As sombras e as vozes.


Ruben A.: Páginas (Diario, 6 volumes 1949-1970).


Sant’Anna Dionísio: A sinceridade política de Antero e O pensamento de Raul Proença.


Teixeira de Pascoaes: Versos Pobres.


Tomaz da Fonseca: D. Afonso Henriques e a fundação da nacionalidade.


Vergílio Ferreira: Mudança.


Vinícius de Moraes (Brasil): Pátria minha.


Vitorino Nemésio: O Mistério do Paço do Milhafre (conto).






Cataluña


Nacen:


Morren:

  • Antoni Rovira i Virgili (Perpinyà; 1882 Tarragona).

Agustí Bartra: Rèquiem (poesía).

Albert Manent: Hoste del vent (poesía).


Joan Fuster: Sobre Narcís (poesía) e Ales o mans' (poesía).


José Pedreira Fernández crea “Els Llibres de l‘Ossa Menor”, serie de poesía que publicou autores novos e consagrados: Espriu, Riba, Pere Quart ...


Josep Maria de Sagarra: L´ hereu i la forastera (teatro).


Josep Pla: Viaje a pie.


Marià Villangómez: Elegies i paisatges (Eivisa).


Salvador Espriu: Les cançons d‘Ariadna (poemas).


Tomàs Garcés: Vint cançons i altres poemes.


Xavier Casp: On vaig, Senhor?

Flag of Spain

Nacen:





Morren:



Aparece en Córdoba a revista “Aglae”.


Alejandro Casona: Los árboles mueren de pie.


Américo Castro: Aspectos del vivir hispánico.


Andrés Ruiz: Pequeño retablo.


Ángel Crespo: Primera antología de mis versos (1942-1948).


Antonio Buero Vallejo: Historia de una escalera.


Antonio Tovar: Estudio sobre las primitivas lenguas hispánicas (Buenos Aires).


Enrique Azcoaga: El empleado.


Ernesto Giménez Caballero: Amor a Portugal. Obra escrita a partir da visita que fixo Franco a Portugal en outubro deste ano.


Francisco Ayala: La cabeza del cordero.


Jacinto Grau: Las gafas de don Telesforo.


José María Gironella: La marea.


José María Millares: Liverpool.


José María Valverde: La espera.


José Suárez Carreño: Las últimas horas.


Juan Antonio de Zunzunegui: La úlcera.

Juan Eduardo Cirlot: Diccionario de los ismos.


Juan Ramón Jiménez: Animal de fondo.


Leopoldo Panero: Escrito a cada instante.


Luis Cernuda: Vivir sin estar viviendo. En resposta a unha carta de Eduardo Blanco Amor na que lle solicitaba datos biobibliográficos, despois de redactar un breve resumo da súa vida e a súa obra, engade: “Excuse que no le envíe comentario a mis escritos. Ellos se comentan solos, y si no, tanto peor para ellos; eso indicaría que su imperfección es tan grande como para necesitar explicación” (2/01/1949). (Xesús Alonso Montero. “La Voz de Galicia” 9 de outubro de 2010).


Luis Felipe Vivanco: Continuación de la vida.


Luis Rosales: La casa encendida.


Manuel Altolaguirre: Fin de un amor.


Miguel Delibes: Aún es de día.


Pedro Laín Entralgo: España como problema.


Pedro Salinas: Todo más claro e Literatura española, siglo XX.


Rafael Alberti: Coplas de Juan Panadero e La arboleda perdida (1º volume, o 2º no 1959).


Rafael Lapesa: Trayectoria poética de Garcilaso.


Rafael Morales: Poemas del toro y otros versos.


Rafael Santos Torroella: Ciudad perdida (poesía).


Ramón Gómez de la Serna: Las tres gracias.


Ricardo Molina: Corimbo.


Victoriano Crémer: La espada y la pared.


Victoriano García Martí: La vida no es sueño.


Wenceslao Fernández Flórez: El sistema Pelegrín.






Máis culturas:


Nacen:





Morren:

  • Maurice Maeterlinck (Niza; 1862 Gante).



Alejo Carpentier: El reino de este mundo.

Arturo Echeverri Mejía: Antares.


Bioy Casares: Las vísperas de Fausto (conto).


César Fernández Moreno: Gallo ciego (poesía).


Ida Vitale: La luz de esta memoria.


Jaime García Terrés: Sobre la responsabilidad del escritor.


Jorge Eduardo Eielson: Primera muerte de María.


Jorge Enrique Adoum: Ecuador amargo.


Jorge Luis Borges: El Aleph. (narrativa).

El-Aleph-Jorge-Luis-Borges.jpg


Mario Benedetti: Esta mañana y otros cuentos.


Miguel Ángel Asturias: Hombres de maíz e Viento fuerte.


Octavio Paz: Libertad bajo palabra.


Sebastián Salazar Bondy: Máscara del que duerme (Poemas. Botella al Mar. Debuxos de Luís Seoane).


Xavier Villaurrutia: Juego peligroso (teatro).




Aimé Cesaire: Corps perdu.


Alain Robbe-Grillet: Un régicide.


Albert Camus: Les justes.


Arthur Miller: Death of a salesman (A morte dun viaxante).


Claude Lévi-Strauss: Les structures élémentaires de la parenté.


Curcio Malaparte: La pelle.


Ezra Pound: Pisan cantos.


Heinrich Böll: O tren chegou puntual.


Henry Miller: Sexus.


Italo Calvino: Ultimo viene il corvo.


Jean Genet: Le journal du voleur.


Jean-Paul Sartre: Les chemins de la liberté.


Mishima Yukio: Confesións dunha máscara.


Nayib Mahfuz: Que chegue a noite.


Paul Bowles: O ceo protector.


Paul Eluard: Une leçon de morale.


Simone de Beauvoir: Le deuxieme sexe.


Vitaliano Brancati: Il bell’Antonio.



Tamén sucedeu...

  • Nacen:

- O escultor Manuel Patinha (Póvoa de Santa Iria).

  • CINE:

- Akira Kurosawa:O can rabioso.


- Luis Buñuel: El gran calavera.


- Roberto Rossellini:Stromboli. Céntrase nas depauperadas terras do sur italiano e abre o camiño dun neorrealismo decididamente antropolóxico.

  • Franco viaxa a Portugal a entrevistarse con Salazar, única saída ao estranxeiro despois de rematada a Segunda Guerra Mundial.
  • Entra en funcionamento a liña Madrid-Irún con unidades de tren TALGO.
  • Créase a OTAN (Organización do Tratado do Atlántico Norte).
  • Comeza en EEUU o proceso chamado “caza de bruxas”: unha serie de investigacións contra sospeitosos, especialmente intelectuais, de seren prosoviéticos.
  • Mao Tse-Tung proclama o nacemento da República Popular Chinesa. O xeneral Chiang Kai Shek ten que abandonar a China continental e establecerse en Formosa, onde creou un estado aparte protexido por Estados Unidos.
  • Irlanda abandona a Commonwealt.
  • Alemaña dividida en República Federal (oeste) e República Democrática (leste).
  • Indonesia independízase de Holanda e proclámase república.
  • Morre o compositor Joaquín Turina (Madrid; 1882 Sevilla).