1947
Índice
Cultura galega
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos |
---|
Literatura |
Antonio Noriega Varela (Viveiro; 1869 Mondoñedo). |
Leopoldo Basa Villadefrancos (San Sebastián; 1866 A Coruña). |
Luís Amor Soto (O Ferrol; ibídem 1873). |
Primitivo Rodríguez Sanjurjo (Lugo; 1880 Ourense). |
Outros |
Luís López Martí (Lugo; ibídem 1871). |
O guerrilleiro Manuel Ponte Pedreira (1911) en Fontaos, Ordes, nun enfrontamento coa Garda Civil:“..Dende a noite de pedra que cantou Celso Emilio, dende a cadea, dende a sotana e a tralla, reclamamos que volvas, compañeiro da ialba. Comandante caído, Ponte, rebezo, chaira do corazón. Que volva reinar nos ventos a espranza guerrilleira, a rebelión armada”. (Méndez Ferrín). |
Morre a garrote o guerrilleiro, membro do P.C.E, Segundo Vilaboi Fernández (1918 Ferrol). |
O músico Alberto Garaizábal Macazaga (A Coruña; 1875 Donostia). |
Manuel García Gerpe, político e sociólogo (Buenos Aires; 1908 Ordes). |
O compositor Xosé Baldomir Rodríguez (1867 A Coruña). |
O escritor e político Manuel Domínguez Benavides (México; 1895 Ponteareas). |
Publicacións
Galegas
- Ánxel Sevillano : Terra liñar (Ilustracións de Laxeiro).
- Aquilino Iglesia Alvariño : Cómaros verdes (poesía. Segundo libro en galego despois da guerra civil. Librería Celta de Vilagarcía ao cargo de Severino González Lazán). Con data de 30 de marzo é elixido Académico de número pola Real Academia Galega.
- Avelino Díaz : Debezos (Buenos Aires). No nº 458 de “A Nosa Terra” publica “Verba do heroi”.
- Cándido Alfonso González : estréase en Buenos Aires a súa comedia Esfolla na eira (en colaboración con Antón Comesaña).
- Castelao : crise do goberno Giral e regreso a Buenos Aires, zarpando de Marsella no paquebote “Campana”, onde escribe parte do libro IV do Sempre en Galiza. Para recibilo na súa chegada á cidade, Ángel Romero Lojo, compón a célebre “Ondiñas da nosa ría”, hoxe coñecida coma “A Rianxeira”.
- No nº 455 de A Nosa Terra figura o “Discurso de Castelao, Ministro da República Española no Consello celebrado en París o día 21 de xaneiro de 1947”.
- No nº 456 de A Nosa Terra : “Castelao novamente con nosco”: “De todos é ben coñecida a aituazón de Castelao en París, cómo defendeu leial e rexamente a República alcontra das treizoneiras maquinacións dos craudicantes e dos entreguistas; e cómo defendeu enérxica e alcendidamente os sagros diritos de Galiza”.
- J.Otero Espasandín : “A nosa escola” (“A Nosa Terra, nº 457).
- Luís Pimentel escribe a serie Cunetas sobre a guerra civil.
- Manuel Cuña Novás : Frauta na noite (Premio do Centro Gallego de Buenos Aires).
- Mariano Piñeiro Groba (1873-1940): Soaces dun abade (bilingüe).
- Ramón Otero Pedrayo viaxa a América para impartir unha serie de conferencias. En Buenos Aires encóntrase con Castelao. As experiencias desta viaxe contaraas logo no libro Polos vieiros da saudade.En A Nosa Terra , nº 456, de outubro, escribe Manuel Celso Garrido o artigo “Un fidalgo orensano”: “Chega agora a Bós Aires un dos valores máis representativos da cultura galega: un dos millores fillos da Nosa Terra […] Eu presentaría a Otero Pedrayo ante calisquera xente d-este xeito. Sinalándoo co dedo: Ist-home qu-eiqui vedes, de figura ergueita e baril e porte señorial, é un fidalgo Orensano, que chega ó Novo Mundo en misión de cibdadanía, espallando arreo cultura, dinidá e simpatía”.
- No mesmo número de A Nosa Terra aparece o artigo “A xeira de don Ramón Otero Pedrayo ”: “Un dos máis outos acontecementos que se deron no ambente galego de Bós Aires, dende a derradeira pubricazón d-iste periódico hastra hoxe, foi a eistraordinaria xeira cultural desenrolada n-iste país pol-o esgrevio profesor Otero Pedrayo, baixo o patrocinio da Comisión de Cultura do Centro Galego […] Coa cabaleirosidade e o señorío espritoal que o caraiteriza, cinguíu a sua aituazón ao cometido que lle encomendara o Centro Galego, entidade que, pol-os seus Estatutos e pol-o seu caráuter, e craramente apolítico”. Comeza a publicar en “La Noche”, en galego.
- Ramón Rey Baltar “Verduguillo”: “Ríos de Galiza” ( A Nosa Terra nº 455):
¡Río Miño, río Sil,
ríos de Galiza enteira,
oxe levades a sangue
roxa das nosas arterias!
No nº 456 “Trono luxado”:
¡Asomo das xentes!
¡Sen asemellanza!
¡Dos tempos que corren,
simbólica estampa!
¡Un quiño sentado
no trono de Hespaña!
A Iglesia, a milicia,
a nobreza, a banca;
en suma, os que teñe
na barriga farta,
homaxe lle rinden
como a imaxen sagra.
No 458: “O Porco adoece”:
¡Deus nos colla confesados!
O porco está adoecido!
Todos andan asustados
véndoo tan enfurecido!
Matando sin compasión,
vai a Hespaña convertir
nun sombriso panteón.
¡Maravilloso porvir!
- Roberto Nóvoa Santos : “A Santa Compaña” (“A Nosa Terra” nº 457).
- Xosé Ramón Fernández Oxea (Ben-Cho-Shey) publica en “La Noche” (15/01/1947) o artigo “O barbeiro de Corme”.
- Publícase o opúsculo de Emilio Castro Chané "Curros Enríquez en la emigración" (conferencia na Sociedad de Autores de Cuba en xaneiro do 47. La Habana, Imprenta Martí)
Relativas a Galicia
- Alfredo Souto Feijoo: Arco iris de siete mujeres en la vida de Don Quijote de la Mancha (A Coruña).
- Ángel Romero Cerdeiriña: Estudios sobre el Derecho hereditario.
- Atanasio López Fernández: Nuevos estudios crítico-históricos acerca de Galicia (Madrid).
- Avelino Díaz: Flor de retama (Buenos Aires).
- Celso Emilio Ferreiro: Bailadas, cantigas y donaires (Edic. Céltiga. Pontevedra).
- Ernesto Giménez Caballero: Amor a Galicia (Madrid).
- Fritz Krüger: El léxico rural del noroeste ibérico (Madrid, publicado en alemán en 1927).
- Ramón María Blanco González: Gemas de luz.
- Xesús Calviño de Castro: Bordón peregrino.
- Xosé María Álvarez Blázquez: estréase en Vigo, no Teatro García Barbón a obra El zapato de cristal. Cuento escenificado e en Xixón Los pazos altivos. Comedia en tres actos, en verso.
Acontecementos
- Ramón Otero Pedrayo viaxa a América para impartir unha serie de conferencias. En Buenos Aires encóntrase con Castelao. As experiencias desta viaxe contaraas logo no libro Polos vieiros da saudade.
- O 28 de setembro o Centro Ourensán de Buenos Aires descobre o busto en bronce de Curros feito polo escultor galego Domingo Maza . No acto léronse tres discursos “A saudade do poeta” de Ramón Otero Pedrayo (lido por Rodolfo Prada e publicado en “Opinión Gallega” Buenos Aires 1947), outro de Avelino Díaz e como clausura outro de Castelao : “Homenaxe a Curros Enríquez” no que di: “...Pero Curros non era un blasfemo; era un home embebido pola máis pura moral cristiana. Era un crente, que basaba a súa relixiosidade e a súa fe no amor ao próximo, na liberdade humán, na xusticia social, e a súa vida era un exemplo constante de virtude”.
- Fúndase o Patronato Rosalía de Castro (os estatutos aprobaranse no 1966), nunha reunión no hotel Compostela en Santiago, convocada por José Mosquera Pérez e José Villar Granjel, á que asistiron Otero Pedrayo, Manuel Gómez Román, Luis Iglesias, Fermín Bouza Brey, Paulino Pedret Casado, Cordero Carrete, Iglesia Alvariño, Manuel Beiras, Xaime Isla, Antón Fraguas, e Ferro Couselo. O primeiro presidente foi Luís Iglesias.
- Luís Seoane e Arturo Cuadrado fundan en Buenos Aires a Editorial Botella al Mar.
- Xosé Velo Mosquera e Mariano Otero Castelao permaneceron varios meses ocultos nas casas de Xosé Pérez Montes en Celanova, e de Ricardo Feijóo Varela, na aldea próxima de Moreira. Como agradecemento e homenaxe, Velo escribiu in situ un poema (“ Confirmación de fé ” ), dedicado a Ricardo Feijóo e outro (“ Canzón da carceleiriña” ) á filla deste, María Rosa Feijóo Montes, ambos os dous poemas foron publicados integramente en xuño de 1996 na revista “ A trabe de ouro ". En 1968 dedicoulle tamén un poema (“ Canzón moza”) a Xosé Pérez.
- Xosé Velo Mosquera detido e enviado ao cárcere da Coruña. Foxe a Portugal, onde é detido pola policía política portuguesa, pero por presións internacionais non é extraditado a España.
- Otero Espasandín, trasládase dende Buenos Aires a Estados Unidos, sendo nomeado director do Departamento de Español do “College” de Waynesbur (Pensilvania).
- O 14 de abril, comezan as emisións en lingua galega da BBC de Londres: “Galician programe”; o guionista, realizador e presentador foi o ourensán Manuel Alexandre Raimúndez Fernández, que empregaba o pseudónimo de Xavier Fernández. O programa inaugural foi o 14 de abril e o derradeiro o 23 de xaneiro de 1956, chegándose aos 83. Fernández del Riego actuaba como correspondente en Galicia. No primeiro programa o xornalista residente en Londres Felipe Fernández Armesto, máis coñecido como Augusto Assía falou sobre as “Relacións culturais entre Inglaterra e Galicia”.
- A xunta directiva do Centro Galego de Buenos Aires, nomea a Francisco Fernández del Riego, correspondente da súa revista (“Galicia”) en Galicia.
- Tras serlle retirado o carné de xornalista, Álvaro Cunqueiro regresa a Mondoñedo. Existe unha carta de Cunqueiro desde un presidio, do 22 de outubro de 1947, dirixida ao director da Prisión de Figueirido (Pontevedra): “El recluso que suscribe, Álvaro Cunqueiro, interno en la 5ª galería 1ª planta, celda 30...”. Nela solicita permiso para cursar dous telegramas á súa familia a fin de que depositen a fianza e quede libre.
Olivia Rodríguez González, profesora na Facultade de Filoloxía da Universidade da Coruña, que investigou sobre o Cunqueiro destes anos, encontrou no “Archivo General de la Administración”, de Alcalá de Henares, un documento da Dirección General de Seguridad (Ministerio de la Gobernación) de 1970, no que se dá conta de varios sumarios abertos contra él, entre eles, delitos por estafa en 1944, 1946 y 1947 (nos dous últimos casos a editoriais) e que foi parar á prisión de Lugo en 1951. (Manuel Morales. El País 22/04/2021).
- Roberto Pose, marido de María Mariño, é destinado en Romeor do Courel.
- Jesús Bal y Gay nomeado xefe da Sección de Investigacións Musicais do Instituto Nacional de Belas Artes mexicano.
- Luís Seoane: “El mendigo inválido” (óleo).
- Laxeiro: “Carnavalada”.
- Eva Duarte viaxa a España no mes de xuño, visitando Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo e a Escola Naval de Marín.
- Constitúese en Ferrol a empresa nacional de construcións navais militares Bazán.
- Inaugúrase o “Museo Provincial de Bellas Artes de La Coruña”.
- Torrente Ballester traslada a súa residencia a Madrid.
- Ramón Torrado dirixe “Botón de ancla” para Suevia Films.
Premios
Fernández del Riego premiado no Concurso Literario da Federación de Sociedades Galegas de Buenos Aires por Cos ollos do noso esprito (1949).
Epistolario
|
|
Con data de 7 de novembro, Alonso Zamora Vicente escribe a Fernández del Riego: [...] Espero que los días de Santiago le hayan hecho bien. Yo tengo agravada su nostalgia de manera acuciante y permanente. ¡Tardes de la Quintana, al abrigo de la Iglesia!. En estas largas, suaves, tardes de Castilla, yo evoco vivamente mi costumbre de Santiago, con don Ramón Prieto, cuesta de Bonaval arriba mientras se van cayendo las campanadas de la Catedral, o recorriendo la ciudad con Ulpiano Villanueva, en la visita a sus enfermos. En el silencio de mi biblioteca, resuena dulcemente la calle enlosada, la lluvia terca, la queja de los mendigos. Santiago es un milagro vivo que no nos merecemos los españoles. Si yo fuera rico, me compraría uno de aquellos palacios, lo arreglaría por dentro para vivir y haría de su Universidad una de las mejores de Europa. Como no hay nada de eso, me conformo con soñarlo. Xesús Alonso Montero: “Cartas de Alonso Zamora Vicente a Francisco Fernández del Riego (Madrygal nº 10). |
O 1 de xaneiro Castelao escribe dende París a Francisco Regueira : [...] Pois si, meu querido Regueira, veleiquí me ten neste vello e grorioso París. Xa levo visto os grandes Museos, que non me produxeron mais que saudades. Pero xa fun tres ou catro veces ao Museo Grevín (está perto desta casa), e alí vexo a moitos persoaxes do meu tempo, e noto a falla de moitos que aínda viven e debían estar alí tal como son [...]. (Obras Castelao. Vol. 6. Epistolario nº 238. Galaxia 2000) |
Castelao recibiu varias cartas de Xoán Xosé Plá nas que lle recrimina non se suxeitar ás directrices do Partido Galeguista, das que aquel se declaraba fiel militante. Con data de 16 de abril, Castelao respóndelle por carta: Recibín as varias cartas que vostede me escribeu [...] Escríbolle agora porque as súas derradeiras están eisentas, ao parecer da inquina persoal e política que latexaba nas primeiras. [...] Cheguei a Franza, como vostede sabe, para representar a Galiza no Goberno da República. Os galegos siñificados esperáronme con pedras nas mans, a moita distancia de min, facéndose os xordomudos e desexando verme caido para apedrearme. Vostede foi un d-eles. [...] Seguro estou de ter comprido co meu deber de galego e de republicán cando era ministro. Igoalmente desexo comprir co meu deber de diputado se as Cortes se reunen, que somentes para eso aplacei a miña saida de Franza [...] Eu non me nego a falar con vostede; pero estimo que vostede e máis eu nada temos que realizar en común xa que vostede non me asisteu cando podía serme necesario. 'Obras Castelao'. Vol. 6. Epistolario nº 241. Galaxia 2000). Plá respostaría a Castelao amosando a súa vontade de viaxar a París a comezos de maio de 1947, entrevistándose co rianxeiro. |
O 18 de abril Castelao escribe a Rodolfo Prada: [...] Claro está que o Consello de Galiza non pudo comprir o seu principal obxectivo, que era o de firmar un pacto cos Gobernos de Euzcadi e Cataluña, sacando a Galeuzca da vía morta en que estaba; pero elo débese tanto ao comportamento ruín de Aguirre –a quen teño collido por varias cartas súas- como ao comportamento insensato dos irmáns do interior, que non lles abondaba con deixar de recoñecernos, senón que ademáis, permitíronse o luxo de criticaren despeitivamente o Consello ante elementos vascos, que deseguida puxeron esa aititude dos galegos do interior en coñecimento de Aguirre. [...] En fin; bótanme en cara o feito de non agrupar no Consello a todol-os seitores políticos galegos. [...] Obras Castelao. Vol. 6. Epistolario nº 242. Galaxia 2000). Por estas mesmas datas (21 de abril), os exiliados galeguistas Vázquez da Xesta, Luís Seoane e Xosé Núñez Búa enviaron ó PG dende Buenos Aires unha carta na que expresaban a súa disconformidade coa actuación do Consello de Galiza e manifestaban a sús vontade de constituír unha Delegación do Partido Galeguista, como tal, en Buenos Aires. |
O 29 de abril, Castelao, dende París diríxese por carta a Santiago Pol, seudónimo de Fermín Penzol: [...] En canto ao malentendido que se produxo antre vostedes e máis eu, creo que non pode nin debe ventilarse por escrito. Será mellor que nos entendamos por meio d-un delegado especial que vaia a Galiza [...] Trátase d-un home a quén estimo, quero e considero en grado sumo, coñecedor de todal-as miñas aituacións e intencións e tan da miña confianza que o que él acorde con vostedes será acatado cegamente por min [...] Obras Castelao. Vol. 6. Epistolario nº 243. Galaxia 2000). (Trátase de Rodolfo Prada, que entre xullo e agosto de 1947, efectuou unha viaxe por Galicia, entrevistándose con varias personalidades do galeguismo do interior). |
O 10 de xuño a Xunta Executiva da Federación de Sociedades Galegas de Buenos Aires enviou ao presidente do Goberno da República española no exilio en París unha proposta para a celebración dun plebiscito, entre os españois residentes fóra do seu país sobre a forma de Goberno preferida para España. Con data de 18 de xuño, Castelao diríxese por carta a Manuel de Irujo: "Te dejo copia de una carta que acabo de recibir de la Federación de Sociedades Gallegas de Buenos Aires dirigida al presidente del Gobiderno de la República. [...] Y por tanto yo me ofrezco, si la idea de los gallegos de Buenos Aires parece aceptable, a proporcionar al Gobierno el éxito de una nutrida asistencia de los gallegos emigrados en toda América. Estoy seguro de poder aportar un número de votos favorables a la República que sobrepasaría la cifra de 150.000". Uns días despois, Castelao escríbelle a Antonio Alonso, Secretario da Federación de Sociedades Galegas na que fai referencia á carta citada anteriormente: [...] mañán sairemos para Marsella, onde embarcaremos no Campana o día 25 de xullo, día de Galiza. [...] N-este ano de proba, en contacto cos prohomes da República e os orgaísmos oficiaes, non vin nin asomos de respeto para o dereito de Galiza, ben gañado [...] Pasaron máis de trinta días, e Llopis non se diñou tomar en consideración a carta de vostedes [...] Obras Castelao. Vol. 6. Epistolario nº 244 e 245. Galaxia 2000). |
O 21 de xullo, Castelao escribe a José Antonio de Aguirre: Con el pie en el estribo, me despido de ti y del Gobierno Vasco, que tú presides con evidente acierto. Esta despedida es la única que me duele. Creo que la inutilidad de mi permanencia en este país pondría en peligro el avance del galleguismo en América [...] En este año de prueba, viviendo en contacto con los organismos oficiales de la República en el exilio, no he notado el menor asomo de respecto por los derechos ganados por Galicia Obras Castelao. Vol. 6. Epistolario nº 246. Galaxia 2000). |
O 3 de agosto a bordo do “Campana”, Castelao escríbelle a Otero Pedrayo: “Alá imos para abrazarvos. Saímos de Marsella o día 25 de xulio, día do Apóstolo e de Galiza. O barco sofréu unha avería fronte a Barcelona e fomos a reparala en Arxel [...] Agora estamos chegando a Dakar, onde botarei esta carta. Coido que chegaremos a Montevideo ao redor do 15 [...] A víspera de embarcar en Marsella fomos a ver a Portela [...] Falamos moito de ti. [...] Eu levo moitas ganas de abrazarte, pois xa non teño espranza de ver nunca máis a nosa Terra, e abrazarte a ti é abrazar a Galiza. Este retorno a Bos Aires é definitivo. Vou cansado, incruso de vivir. Cansado de ver países diferentes. Ningún como o noso. Estou vello. Virxinia deféndese mellor. En canto chegue xa che avisaréi para que nos vexamos [...]”. (Castelao e a súa dona pasarían varios días na compaña do matrimonio Otero Pedrayo, ata que este regresou a Galiza o 5 de setembro de 1947). Obras Castelao. Vol. 6. Epistolario nº 247. Galaxia 2000). |
O 15 de setembro Castelao escribe a Manuel Puente, Presidente da Irmandade Galega de Buenos Aires: Como sei que a Irmandade non deixará de acodir ao chamamento da Federación para tomar acordos encol do Goberno que preside o Sr. Albornoz e a Asambreia xeral da ONU, envíolle copia d-unha carta de Irujo a Just na que se reflexa o novo aldraxe que se inferiu a Galiza. [...] Si se ten en conta que a forza autonomista e republicán dos emigrados galegos de BBAA –aínda sen contar con outras- suma máis que todal-as forzas xuntas do republicanismo representado no actual Goberno, ben podemos permitirnos o luxo de desprezar a malquerencia que nos teñen, a malquerencia que sinten por Galiza, doéndonos de que sexan tan insensatos. Outros no noso lugar xa terían abrazado o separatismo; pero tempos virán en que se faga xusticia a todos. Obras Castelao. Vol. 6. Epistolario nº 248. Galaxia 2000). |
O 24 de setembro, Castelao escribe a Diego Martínez Barrio dende Buenos Aires: [...] Ya me tiene Vd. al otro lado del Atlántico, nuevamente incorporado a la colectividad gallega del Plata, reponiéndome de las tristezas sufridas y defendiéndome de los malos recuerdos que de ahí he traído. [...] Si la inestabilidad de los Gobiernos en cualquier país revela la descomposición del orden democrático, las sucesivas crisis del Gobierno republicano están poniendo en evidencia la incapacidad de los desterrados españoles para volver a gobernar en España. Y esto es lo que me duele como republicano y como desterrado. [...] Hoy sólo podemos reconocer la legitimidad del Gobierno presidido por el Sr. Albornoz, con las reservas que nos impone nuestra dignidad de gallegos ofendida sin razón ni motivo. Digo esto porque el Sr. Albornoz ha rechazado de plano la representación ministerial de Galicia, fundándose en una supuesta oposición de elementos sustanciales de Izquierda Republicana.[...] En cuanto a la aparición de una entidad gallega de tipo nacionalista en Francia, le diré que se trata de un grupo capitaneado por Lister y que no tiene más valor que el que ahí se le dé. [...] Obras Castelao. Vol. 6. Epistolario nº 249. Galaxia 2000). |
Sumarios
Outras culturas
PREMIO NOBEL DE LITERATURA: André Gide
CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa
Nacen
Afonso Duarte: Ossadas.
Alexandre Cabral: Contos da Europa e da África.
António Botto: Ódio e Amor.
António de Navarro: Ode à manhã.
António José Saraiva: As ideias de Eça de Queirós.
Aquilino Ribeiro: Caminhos errados (conto).
Ariano Suassuna (Brasil): Uma mulher vestida de Sol.
Armando Martins Janeira: Três poetas europeus: Camões, Bocage, Pessoa (Co pseudónimo Mar Talegre).
Baltasar Lopes (Cabo Verde): Chiquinho.
Branquinho da Fonseca: Porta de Minerva.
Domingos Monteiro: O Caminho para Là.
Ferreira de Castro: A lá e a neve.
Francisco Bugalho: Paisagem (poesía).
Graciliano Ramos (Brasil): Insônia.
João Guimarães Rosa (Brasil): Com o vaqueiro Mariano.
Jorge Amado (Brasil): O amor do soldado (teatro).
José Régio: Benilde ou a Virgen-Mãe (teatro).
Júlio Dantas: Frei António das Chagas (teatro).
Lêdo Ivo (Brasil): As alianças.
Luiz Francisco Rebello: Fábula em um acto.
Miguel Torga: Sinfonia (poema dramático).
Natália Correia: Rio de Nuvens (poesía).
Natércia Freire: Rio infindável.
Nelson Rodrigues (Brasil): Senhora dos Afogados (teatro) e Anjo negro (teatro).
Oswald de Andrade (Brasil): O cavalo azul.
Pedro Homem de Melo: Bodas Vermelhas (poesía).
Romeu Correia: Sábado sem sol.
Sebastião da Gama: Cabo da Boa Esperança.
Sophia de Mello Breyner: Dia do Mar (poesía).
Tomaz da Fonseca: O púlpito e a lavoura.
Tomás de Figueiredo: A Toca do Lobo.
Vitorino Magalhães Godinho: As sociedades e economias do noroeste africano-Marrocos-. Séculos XI-XVI.
|
Nacen:
- Biel Mesquida Amengual (Castelló de la Plana).
- Jaume Cabré i Fabrél (Barcelona).
- Jaume Pont (Lleida).
- Jordi Coca i Villalonga (Barcelona).
- Jordi Llovet i Pomar (Barcelona).
- Josep Maria Sala-Valldaura (Gironella).
- Josep Piera i Rubió (Beniopa).
Morren:
- Miquel Ferrà (Ciutat de Mallorca; ibídem 1885).
Carles Soldevila: Fuga i variacions (teatro).
Joan Oliver “Pere Quart”: Saló de tardor (poesía) e L’amor deixa el camí ral (teatro).
Joan Perucho: Sota la sang (poesía).
Josep Maria de Sagarra: La fortuna de Sílvia (teatro).
Josep Maria López-Picó: Els motius de la rosa.
Josep Pla: Cadaqués.
Josep Vicenç Foix: Sol, i de dol (setenta sonetos escritos entre 1913 e 1927).
Maria Beneyto i Cuñat: Canción olvidada (poesía. En castelán).
Maria Aurèlia Capmany: Necessitem morir.
Miquel Llor: El somriure dels sants.
Sebastià Juan Arbó: Tino Costa.
Tomàs Garcés: El caçador (poesía).
Nacen:
Antonio Tovar: Vida de Sócrates.
Carmen Conde: Mujer sin edén.
Emilio Orozco: Temas del Barroco.
Eugenio d´Ors: El secreto de la filosofía e Nuevo glosario.
Francisco Camba: Las luminarias del señor ministro.
José Hierro: Tierra sin nosotros e Alegría.
José Luis Hidalgo: Los muertos.
José María Gironella: Un hombre.
José María Pemán: La verdad.
Juan Antonio de Zunzunegui: La quiebra.
Juan Pérez Creus : Orientación y selección profesional (Escritor alófono en galego. Madrid).
León Felipe: Antología rota.
Rafael Morales: Los desterrados.
|
Máis culturas:
Nacen:
- Graciela Montes (Buenos Aires).
- Mempo Giardinelli (Resistencia, Chaco, Argentina).
- Hubert Haddad (Túnez).
- Jean Echenoz (Orange, Francia).
- Paul Auster (New Jersey; 2024 New York).
- Salman Rushdie (Bombai).
- Stephen King (Portland, Maine).
Morren:.
- José González Carbalho (Buenos Aires; ibídem 1899). Fillo de emigrantes galegos).
Agustín Yáñez: Al filo del agua.
Alberto Moravia: La romana.
Cintio Vitier: Capricho y homenaje.
Dulce María Loynaz: Juegos de agua.
García Márquez: La tercera resignación (conto no diario de Bogotá “El Espectador”).
Nicolás Guillén: El son entero (poesía).
Rodolfo Usigli: El gesticulador (Escrita no 1937. Teatro).
Publícase o Diario de Ana Frank.
Albert Camus: La peste.
Boris Vian: L´ écume des jours e L’automne à Pékin.
Budd Schulberg: Máis dura será a caída.
Cesare Pavese: Il compagno.
Friedrich Dürrenmatt: A cidade.
Italo Calvino: Il sentiero dei nidi di ragno.
Ivy Compton-Burnett: The last and the first.
Jean Genet: Les bonnes (teatro).
Jean-Paul Sartre: Les mains sales.
Malcom Lowry: Under the volcano (narrativa).
Natalia Ginzburg: È stato così.
Paul Eluard: Le temps déborde.
Pelham Grenville Wodehouse: Something fresh.
Primo Levi: Se questo è un uomo.
Raymond Queneau: Exercices de style.
Samuel Beckett: Murphy.
Saul Bellow: The victim.
Tennesse Williams: A streetcar named Desire (teatro).
Thomas Mann: Doktor Faustus.
Vasco Pratolini: Cronache di poveri amanti.
Yu Dafu: Decadencia.
Tamén sucedeu...
- CINE:
- Charles Chaplin: Monsieur Verdoux.
- Akira Kurosawa: Un domingo marabilloso.
- Acordo hispano-arxentino. O Goberno arxentino envía alimentos ao pobo español.
- Lei de Sucesión: España reino. Franco será o encargado de designar o seu sucesor.
- Folga xeral en Bilbao o 1 de maio.
- Fusilamentos en Ocaña de Agustín Zoroa e Lucas Nuño.
- A India acada a independencia despois dun dominio británico de 347 anos. División entre India (hindú) e Pakistán (musulmán).
- Dáse a coñecer en Washington o Plan Marshall para a reconstrución económico-política de Europa.
- Caza de bruxas: a intolerancia chegou ata Hollywood de mans do senador McCarthy: dez profesionais do cine foron botados á rúa por razóns ideolóxicas.
- A ONU crea no seu seo a UNESCO.