1936

De Xulipedia
Revisión feita o 31 de agosto de 2024 ás 12:36 por Xulio (Conversa | contribucións) (Nacementos/Pasamentos)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Alfonso Magariños Sueiro (Arcos de Furcos)
Darío Álvarez Gándara (Tui; 2015 Nigrán)
Manuel Caamaño Suárez (Noia)
María Teresa Barro (A Coruña).
Sergio Vences Fernández (Baños de Molgas; 2012).
Xesús Santos Suárez (Asados, Rianxo)
Xoán Bernárdez Vilar (Marín)
Xosé Alexandre Cribeiro Rodríguez (Pontevedra; ibidem 1995)
Xosé Luís Franco Grande (Tebra, Pontevedra; 2020).
Xosé Manuel Beiras Torrado (Santiago de Compostela)
Outros
O pintor Reimundo Patiño Mancebo (A Coruña; ibídem 1985)
O pintor Rogelio Puente Díaz de la Rocha (La Habana; 1996 A Coruña)
O pintor e debuxante José Manuel Gómez Vilasó (Santiago de Compostela; 1994 Corrubedo)
O pintor Víctor Casas Julián (Pontevedra)
O pintor Remigio Nieto González (Salvaterra de Miño)
O historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández (Ribeira; 2021 A Coruña).O 31 de marzo de 2021 escribe Anxo Angueira o artigo “O tempero de Barreiro” en Nós Diario: [...] Dese tempero era tamén Xosé Ramón Barreiro: unha persoa que soubo regular nas súas responsabilidades e na súa acción pública as forzas que moven o rodicio con enerxía e intelixencia para que a moa sobre o gran dea a fariña axeitada e precisa en cada circunstancia. E sempre exhibindo unha condición moral íntegra e valente, desafiante das dificultades, do medo ou o desánimo.
O escritor José Luis Casas Teixeira (Ourense)
A pianista Natalia Lamas Vázquez (Ferrol)
Antonio María Rouco Varela, arcebispo de Santiago (Vilalba)
O enxeñeiro, economista e político Camilo Nogueira Román (Lavadores,Vigo)
O arqueólogo Antonio Rodríguez Colmenero (Lucenza, Ourense)
O escritor e xornalista Luis Alfonso Blanco Vila (Boiro; ibídem 2023).
O escritor Mariano José Vázquez Alonso (Vigo)
O arquitecto Carlos Enrique Meijide Calvo (Monforte de Lemos; 2001)
O arquitecto Iago Bonet Correa (Lugo)
O arquitecto Manuel Gallego Jorreto (O Carballiño)
O avogado e escritor Xosé Luís Rodríguez Pardo (A Coruña; ibídem 2018). É un dos fundadores do partido Socialista Galego e da asociación O Facho
Xesús Cambre Mariño (Vilaxoán, Vilagarcía de Arousa).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Antón Villar Ponte (A Coruña; 1881 Viveiro). No nº 405 de “A Nosa Terra”, escribe Castelao: “No serán do 4 de marzo de 1936 levamos á terra o cadavre de Antón Villar Ponte: a fror e o froito que quixo ser semente. A terra douno e a terra levouno. Que a terra nol-o devolva! Agora o noso irmán xa é terra da Terra, como Porteiro, Viqueira e Lousada; como Amado Carballo e Manoel-Antonio. A terra é amorosa e dá unha espiga por cada grao. […] Cando eu me consideraba o derradeiro supervivente dun pobo suicida, chegou a min a voz alentadora dun escritor. Era Antón Vilar Ponte. A súa chamada tivo a virtude de xuntar a uns poucos galegos que non-os coñeciamos, pero que dende entón ficamos unidos por vencellos que somentes a morte vai rompendo…”. No mesmo número escribe Otero Pedrayo: “[…] Tremoroso de roteiros foi seu curto vivir queimado en puras chamas de sagrificio e por o mais ronselado de arelanzas, camiñóusenos de acarón de nós unha mañá de neve marzal nas cumes e agromares de cerdeiras nos hortos galegos. […] Paixón xusticieira i-erguedora dende os primeiros anos, loitando en todos os frentes de combate, sen pousa nin folgo…”.
Cesáreo López Pinal (1867 O Carballiño)
Francisco Vega Ceide "Francisco de Fientosa" (Aravaca, Madrid; 1912 Santa Locaia, Castro de Rei). Asasinado nunha vinganza por celos de compañeiros de estudos.
Juan Pla Zubiri (Manresa; 1874 Viveiro)
Manuel Cereijo Muíños (Madrid; 1894 San Xoán de Poio). Fusilado.
Xosé Cereijo Muiños (Madrid; 1896 San Xoán de Poio). Fusilado.
Mario Canda Pérez "4 ojos" (Ribadavia; ibídem 1913)
Rafael Fernández Casas (“Paseado” en Trasanquelos; 1901 Buenos Aires)
Roberto Blanco Torres (“Paseado”, Entrimo; 1891 Cuntis). “Blanco Torres foi, desde moi novo, como periodista, un militante da palabra libre e crítica, esa pomba azul e branca tantas veces cuestionada polo pragmatismo beocio dos empresarios das palabras. Por esa súa condición pasou e aturou dificultades non pequenas…”. (Xesús Alonso Montero. “La Voz de Galicia” 11 de maio de 1999 Suplemento cultural). Á beira do seu cadáver apareceron tamén os de Rizal Villanueva Iglesias, oficinista e o de Euloxio Vázquez, ebanista.
Urbano Rodríguez Moledo (Fusilado no Monte do Castro, Vigo; 1902 Marín).
Fusilado o galeguista Víctor Casas Rey, director de “A Nosa Terra” (Poio; 1900 A Coruña). Antes escribe a Manuel Gómez Román: “Non hei de entrar en detalles para lle explicar o asesiñato que comigo e demais compañeiros se cometen. En fin, é triste e doroso morrer estupidamente, sin motivo ningún, e sobor de todo cando xa se olla perto o trunfo da nosa causa, por virtude do aplastamento do movimento criminal que ensanguentou a España e no que a Galicia tocoulle o papel de Mártir. Pídolle a voste e a todos que neste intre do trunfo e da liquidación do sucedido non esquezan os culpabres”.
Xaime Quintanilla Martínez (Ferrol; 1898 A Coruña). O 23 de agosto, escribe Blanco Amor na revista “Galicia” de Buenos Aires o artigo “La horda facciosa asesina a nuestros hermanos”, que remata así: “Ya lo sabéis gallegos de Buenos Aires: cuando algún hijo de mala madre defienda ante vosotros a estas fieras que están asesinando la flor del nuevo espíritu de nuestra tierra, no le contestéis. Escupidles en la cara y negadle el derecho de llamarse gallegos. Esos son cómplices de los asesino de Alejandro Bóveda y de Jaime Quintanilla”
Xoán Antón Suárez Picallo, xornalista e dirixente do Partido Galeguista (Veigue; 1907 Veloi, Sada).“El olfato de los lobos fascistas lo descubrió. Nada se sabe de su muerte. Apareció una mañana el cadáver al lado de su casa, envuelto en una sábana, con los huesos de las piernas partidos y con cuatro balazos en el pecho. Fue cazado como una alimaña; indefenso, inerme, fatigado, cuando esperaba en la dramática soledad de los montes, la hora de la victoria”. (Eduardo Blanco Amor: “Juan Antonio Suárez Picallo. Otro inicuo asesinato de los traidores”. Revista “Galicia” de Buenos Aires, 20 de setembro, nº 486).
Xoán Xesús González (fusilado en Boisaca; 1895 Cuntis.)
Xosé Alonso Obregón "O Fidalgo de Monterrey" (Laza; ibídem 1883).
Xosé Manuel Cabada Vázquez: (Linares, Jaén; 1901 San Xurxo de Codeseda, A Estrada): “Como Manuel Antonio e Amado Carballo, Cabada Vázquez morre novo, mozo e cando ainda había de aportar á nosa literatura inxentes páxinas prodoito da súa extraordinaria cultura e inspiración”. (“A Nosa Terra” nº 409).
Outros
Morre “paseado” Camilo Díaz Baliño (Coence, A Coruña; 1887 Ferrol)
Fusilado en Lugo o amigo e compañeiro de Luís Pimentel doutor Rafael de Vega Barrera (1889 Aranda de Duero)
Asasinado o pintor Francisco Miguel Fernández (Campo de Morgade, Queo de Arriba, Bértoa, Carballo; 1897 A Coruña). O seu cadáver apareceu coa cara fendida e as mans amputadas.
O19 de agosto fusilado García Lorca, o mesmo día que é paseado o seu editor en galego Ánxel Casal Gosenge (Cacheiras, Teo; 1895 Betanzos).
Asasinado o pintor e debuxante Luis Huici en Pastoriza, Arteixo, A Coruña;1896 Barballor, Zaragoza).
Fusilado o médico e periodista Darío Álvarez Limeses (Tui; 1877 Pontevedra).
Aparece nunha cuneta da estrada Coruña-Ferrol (Serantes) o corpo de Arturo Noguerol Buján (1892 Ourense): “Noguerol foi no galeguismo o arbitrista, o financieiro, o home de trazas e recursos precisos para sacar adiante unhas eleiciós, a edición de un libro, a carreira de un rapás de proveito”. (Otero Pedrayo)
Morre dun ataque ao corazón cando ía ser "paseado" o político e xornalista Jacinto Santiago García (Vilariño Frío, Montederramo; 1894 Arzádegos, Vilardevós).
O 31 de agosto foi asasinado o alcalde coruñés Alfredo Suárez Ferrín (1881 A Coruña).
Asasinado o 13 de xullo José Calvo Sotelo no que parece ser unha vinganza (Madrid; 1893 Tui)
Fusilado o militar leal á República Rogelio Caridad Pita (Ferrol; 1875 A Coruña)
Morre o escritor Miguel García Teijeiro (Castropol; ibídem 1867)
Manuel Reboredo Fernández, “O xardiñeiro poeta” (Santiago; 1863 Santa Cruz de Ribadulla).
O político, gobernador de Pontevedra Gonzalo Acosta Pan (fusilado na Caeira, Poio; 1889A Coruña).
O político, gobernador civil de Ourense, Gonzalo Martín March (fusilado enOurense; ibídem 1897).
O dirixente socialista Enrique Heraclio Botana Pérez (fusilado en Pereiró, Vigo; 1871 Mourente, Pontevedra).
O poeta e periodista Manuel Gómez del Valle (executado en Ourense; 1906 La Habana).
Ramón López Bouza, sindicalista e gran impulsor do Estatuto de Autonomía (asasinado en Ferrol; ibídem 1890).

Publicacións

Galegas

  • Álvaro Cunqueiro o 7 de marzo, resposta a un inquérito de Filgueira Valverde que pretendía facer unha antoloxía de poesía galega contemporánea, enviándolle, ademais dos datos biográficos e autobiográficos requeridos, dous poemas en catalán, un dos cales estaba xa editado (novembro de 1935) en “Quaderns de Poesia”. Filgueira non publicaría até 1991 este material co título Autopoética e poesías (1935), Autógrafos e inéditos de Álvaro Cunqueiro (Consello da Cultura Galega) deixando así de ser inédito o outro poema “La nit és bruna”.
  • Amaro de Vilamelle colabora en “A Nosa Terra” coa sección “Charamuscas”.
  • O que debía ser o primeiro libro de Ánxel Fole  : Auga lizgaira, xa no prelo, perdeuse ao comezo da guerra (sete contos dos que só se conservan tres: “Eu-i-o meu corazón” (publicado no nº 133 de Nós), “Idilio na Ínsua” (Nós nº 137-138) e “Estampas da Terra brava. Treboada na penedía” (El Pueblo Gallego 25-07-1935).

Ribeira de outos bidos enramada

en arela de ríos e de pontes,

floriu auga de sono en ermas fontes

para os ledos muiños da alborada.

  • Daniel Pernas Nieto : Fala d’as musas (Poemario publicado en plena guerra civil, o 23 de nadal en Ortigueira, cun prólogo de Álvaro Cunqueiro).
  • Francisco Fernández del Riego : “Conmemoración da nosa Renacencia” (“A Nosa Terra” nº 412).“O próisimo futuro autonómico” (“A Nosa Terra”, nº 413).
  • Francisco Leal Insua : publica en “El Eco Franciscano”, de Santiago (1 de outubro) o poema “Hispanidad”, segundo Alonso Montero “verdadeira coroa de flores sobre a cabeza de Millán Astray, quen, na dedicatoria, énos presentado como “General invicto, pregonero de la España eterna”. (Xesús Alonso Montero: Os poetas galegos e Franco. Estudo e antoloxía. Akal Ediciones, 1997).
  • Ken Keirades: colabora en “A Nosa Terra”. No nº 419: “28 de Xunio”: “Xa sabemos a data: A data sospirada “que os bardos anunciaron”. A data groriosa que pechará a xeira oprobiante comenzada na Frouseira…”.
  • Lisardo Rodríguez Barreiro ¿?: Resposta. Escontra unha inxuria. Romance de cego. Vigo. Artes Gráficas Gutenberg, 1936. Como autor aparece “Un percebe copreiro de Cortegada” (Gaba nun “romance de cego” a coraxe dos soldados galegos que combaten en Asturias, no exército de Franco).
  • Luís Pimentel colabora en verso en “Resol, Folla voandeira do pobo”, que non chega a distribuírse ao estalar a guerra civil.
  • Ramón Otero Pedrayo : O mesón dos ermos.“Un conto” e “Sobor de unha preocupación e de moitas despreocupacións” (“A Nosa Terra” nº 410). Neste artigo resposta a un de Víctor Casas “Unha preocupación” no nº 409 de “A Nosa Terra”: “A tempo de chegar o derradeiro número de “A Nosa Terra” ao despacho onde traballo preocupado pol-a Galicia e o seu destiño, chegaba tamén un labrego doéndose da queima da eirexa de Barbadás. […] Os caciques falan galego desque naceron. Non-o falan nos actos púbricos. Os marxistas, si. O cal soio proba que son máis listos, e pol-o tanto máis perigosos do que os caciques”.

No nº 412 de “A Nosa Terra”: “O signo das revolucións”.


No nº 413: “Entre dous compromisos”: “O Partido Galeguista vive hoxe entre o subrime compromiso da galeguidade. Seu eixo e única razón da eisistencia, e o peso morto, antigaleguista, d-un compromiso circunstancial xa resolto”.


No nº 414: “Lembranza de Antón Vilar Ponte”: “… grande e xeneroso, alpinista dos picoutos do esprito”.

  • Solovio: colabora en “A Nosa Terra”.
  • Vicente Risco : “En lembranza de Antón Vilar Ponte. Saudades de tempos ídos” (“A Nosa Terra”, nº 405): “Quen nos volvera a aquil tempo en que nos nosos conciliábulos sempre ledos, de ton sempre ergueito, nos que as divagaciós en col da arte, da historia, da literatura e da filosofía, ocupaban de cote moito máis tempo que a política, en que non houbo nunca un entrecello enrugado nen un ollar atravesado podíamos escoitar as voces alegres e espranzadas de aquiles benqueridos irmáns que se nos foron!”.
  • Víctor Casas colabora en “A Nosa Terra”. No nº 409 “Unha preocupación”: Está sendo unha gran preocupación para os repubricáns os avances adequeridos arestora en Hespaña pol-as forzas marxistas…”. Este artigo orixina un debate con Otero Pedrayo: “Sobor de unha Preocupación e de moitas despreocupacións (nº 410 de “A Nosa Terra”).
  • Xerardo Álvarez Gallego : “A ola frenética” (“A Nosa Terra”, nº 399): “Eses deshaucios de colonos, que, ao infame acoubillo da Reforma Agraria, estánse decretando en Arzúa e se pretenden en Lugo e Ourense ¿non son unha mostra da furia que a reaición ten erguido na nosa terra?”.
  • Xesús Nieto Pena: comeza a colaborar en “A Nosa Terra” no nº 414 na sección “Terras de Normandía. Lembranza da nosa patria”. O 21 de abril pronuncia na Sorbona a conferencia “A lírica galega medieval e a súa relación cos ciclos bretón e provenzal” e o 30 outra en Rouen na Escola Superior de Comercio sobre “A alma melancólica de Galicia; orixens céltigos, medievo e actualidade”. (“A Nosa Terra” nº 414).“Carta de Gottingen. O sentimento cósmico da Patria” (nº 419). “Carta de Gottingen. Ideario galego” (nº 421).
  • Xosé Filgueira Valverde : Agromar. Farsa pra rapaces (Co pseudónimo “J. Acuña” e con prólogo do propio autor. Estreada no 1928) e La cantiga CIII. Noción del tiempo y gozo eterno en la narrativa medieval.
  • Desaparecen as probas de imprenta ( Editorial Nós , Santiago de Compostela), da versión galega de Barco sin luces.
  • “Dos escritores en lingua galega, posiblemente o máis belixerante a favor dos sublevados e en contra da República foi o ultracatólico e ultrarreaccionario * Antón Noriega Varela , quen dende 1936 publicou na revista mindoniense “Vallibria” poemas en castelán exaltando a Falanxe, Franco, e a Queipo e execrando o marxismo e Azaña. Simultaneamente, no calendario O gaiteiro de Lugo fixo os “Xuicios do Ano” onde salienta o papel desenvolto no momento polo “noso xeneral Franco / que vale, se ben se mira / por todos nós xuntos” e incorpora ao seu enxebre gaiteiro á suposta cruzada antirrevolucionaria:“Ao gaiteiro neste ano / xa non hay quen o resista: / leva blusa falangista / e boina de requeté, / o seu fusil, a sua gaita, / e para achantar ao marxista / o pulso rexo, outa a vista, / peito duro e moita fé”.(* Claudio Rodríguez Fer ; “Adherentes, combatentes e represaliados. A guerra civil dos escritores galegos” “La Voz de Galicia” 11 de maio de 1999. Suplemento Culturas).
  • O 25 de xullo aparece publicado no semanario mindoniense “ Vallibria ” un poema en galego de Celestino Cabarcos Suárez , co pseudónimo de “O Bruxo d’os Ermos” que probablemente sexa o primeiro poema publicado en galego despois do levantamento. Co nome de “Cóxegas” mantivo unha sección no semanario mindoniense “Vallibria” que dirixía e editaba en Mondoñedo* José Trapero Pardo . Foi o primeiro en falar en verso de Franco despois do 18 de xullo. Do 27 de decembro de 1936 son estes versos:

¡Fai ben mirar pola escuela

Franco, o gran Caudillo hispano!


“Nunha revista destas características a presencia de versos en galego non desacouga ós dirixentes da nova legalidade, e menos os versos deste presbítero que arremete contra “as hordas roxas d’España”, contra “os do Frente Popular”, etc”. (* Xesús Alonso Montero : Os poetas galegos e Franco. Estudo e antoloxía. Akal Ediciones, 1997).

  • “A sublevación militar de 1936 contou coa hostilidade inmediata e aberta de numerosos intelectuais galegos entón a salvo na zona controlada polo Goberno republicano, entre os que se encontraban importantes personalidades da cultura galega que combateron activamente coa súa palabra, como Ramón Cabanillas, Ramón Suárez Picallo ou Castelao, pero tamén mozos escritores que mesmo loitarían na fronte, como Rafael Dieste, Ricardo Carballo Calero ou Lorenzo Varela”. ( Claudio Rodríguez Fer “Adherentes, combatentes e represaliados. A guerra civil dos escritores galegos” “La Voz de Galicia” 11 de maio de 1999. Suplemento Culturas).

(…) De feito, na prensa antifascista do momento atópanse por igual escritos de autores veteranos e de mozos mobilizados: Suárez Picallo, Ossorio Tafall, Rubia Barcia, Delgado Gurriarán, Guerra da Cal, Otero Espasandín, Ramón de Valenzuela… Mentres, Lois Tobío ou Xesús Ferro Couselo traballaban para a administración gobernamental e o dereitista Xosé Crecente Vega ocultaba a súa condición de cura na zona republicana. Patético resulta o feito de que algúns mozos antifascistas, por encontrarse entón en Galicia, tiveran que formar no bando contrario ás súas ideas, como foi o caso de Celso Emilio Ferreiro, Ramón Piñeiro, Francisco Fernández del Riego, Eduardo Moreiras e tantos máis. (Outros mobilizados entón menos formados, como Xosé María Díaz Castro, adquirirían conciencia antifascista moito despois).( Claudio Rodríguez Fer ; “Adherentes, combatentes e represaliados. A guerra civil dos escritores galegos” “La Voz de Galicia” 11 de maio de 1999. Suplemento Culturas).

“Moi importante labor a favor da causa antifascista foi a desenvolvida por galegos residentes na República Argentina, onde o activismo republicano tivo importantes valedores a través dos emigrantes, sobre todo de Eduardo Blanco Amor, e dos exiliados, sobre todo de Luís Seoane, que desenvolveu un labor verdadeiramente xigantesco. Houbo pois alí, dende o primeiro momento, abondosa solidariedade política (Rodolfo Prada, Sociedade Pondal) e comprometida solidariedade poética (Zapata García, Rey Baltar, Emilio Pita) co bando republicano. Pero a estes nomes cómpre agregar os que tiveron que exiliarse avanzada ou terminada a guerra: Castelao, Dieste, Varela, Granell, Valenzuela, Silvio Santiago, Álvaro de las Casas, Arturo Cuadrado, Lois Tobío, Basilio Álvarez, Alonso Ríos, Suárez Picallo, Pita Romero, Álvarez Gallego, Núñez Búa, Otero Espasandín, Delgado Gurriarán, Martínez López, González López, Rubia Barcia, Guerra da Cal…”.(Claudio Rodríguez Fer; “Adherentes, combatentes e represaliados. A guerra civil dos escritores galegos” “La Voz de Galicia” 11 de maio de 1999. Suplemento Culturas).

  • O derradeiro número da etapa galega de “ Resol ”, o nº 10, aparece cunha data posterior ao inicio da guerra civil, día da Terra, 1936 (Porén, hai testemuño oral de Ramón Piñeiro, que asegura ter obtido xa nos primeiros días do mes, un exemplar na imprenta Villamarín). O subtítulo “Folla voandeira do pobo” aparece por primeira e única vez en galego. A elaboración e dirección foi da responsabilidade de Ánxel Fole por encargo de Arturo Cuadrado, e está dedicado “aos escritores da terra luguesa” (Ver 1932).
  • No nº 398 de “ A Nosa Terra ” (3 de xaneiro), no artigo “Por un frente autonomista”, recóllense as verbas do presidente de Aragón, Gaspar Torrente: “O estado autonómico dos pobos é a única garantía positiva que pode reformar o réxime repubricán que procramou o pobo o 12 de Abril de 1931, atopándose n-estes intres de inquedanza a mercede das olas do centralismo que pretende facer naufragar a nave da liberdade dos pobos”. Neste mesmo número publícase o “Proiecto de Ordeación xurídico-social da propiedade rústica en Galicia”.
  • No nº 400, co título de “Primeiro cartel”, lemos: “Na páxina terceira d-este número vai o primeiro cartel que o Partido galeguista lanza ao país galego. Compre que todol-os irmáns e suscritores recorten este cartel e o fixen nas rúas en sitio ben visibel”.
  • No nº 403: “Os nosos diputados”: Alfonso Rodríguez Castelao 103.436 votos. Ramón Suárez Picallo: 152.145. Antón Villar Ponte: 145.009.
  • No nº 412: “O Nacionalismo galego, según Antonio Sardinha”: “Vale muito máis unha irrecusábel soberanía do espírito do que unha precária soberanía política”.
    Día das Letras Galegas 1999, Roberto Blanco Torres
  • O nº 418 (12 de xuño), leva o titular “Cara o plebiscito”.
  • O nº 419 (19 de xuño): “Estatuto de Galicia. Convocatoria a Referendum Plebiscitario”. “O día 28, Galicia demostrará que quere e merece a súa liberdade”.
  • O nº 420: “Resume da xornada plebiscitaria”.
  • No nº 421 vén o escrutinio xeral de Plebiscito:

Electores...........1.343.135

Votos a favor.......993.351

Votos en contra ......6.161

En branco................1.451

Entrega do Estatuto galego en Madrid ao Presidente das Cortes españolas.

  • No nº 422 de “A Nosa Terra” (17 de xullo), recóllese: “O Estatuto galego foi entregado ao Parlamento”: O miércoles derradeiro foi feita a entrega ao Presidente das Cortes, do Estatuto galego aprobado pol-os Concellos en Nadal do ano 32 e plebiscitado o 28 de Xunio derradeiro. E este o terceiro trámite constitucional a cumprir. O Parlamento agora terá de sometelo a estudo da comisión que dictaminará pasando logo a discusión na Cámara até a súa aprobación defiñitiva e posta en vigor”.

En maio, Blanco Torres é nomeado Xefe do Gabinete de Prensa do Ministerio da Gobernación e marcha a Madrid. En xuño participa en Madrid na campaña en prol do Estatuto de Autonomía. En xullo Blanco Torres regresa á Peroxa para animar a súa muller a que o acompañase a Madrid. A sublevación do 18 impídelle volver á capital. En setembro un grupo de falanxistas lévano ao cárcere de Ourense. En outubro trasládano ao mosteiro de Celanova, habilitado como presidio, de onde o sacan ás poucas horas con dous compañeiros máis, Na mañá do tres de outubro atopan os tres cadáveres coas mans atadas ás costas á beira da estrada, en Sobreiras (San Fiz de Galez).

  • Co gallo dunha excursión ao Monte Pindo dos membros do Seminario de Estudos Galegos , Otero Pedrayo e Vicente Risco escriben conxuntamente un poema en alemán dedicado a Isidro Parga Pondal e titulado “Auf diesem Berg des Himmels Nachbar”. Vidal Romaní tradúceo ao galego da seguinte maneira:“Aquí estamos, sobre estes altos cumes, veciños do Ceo / onde o profesor Parga Pondal / como as Walkirias corre e canta. / Mentres, os duros dentes do granito morden, / famentos os nosos corpos, / deixando só ceibe e viva a alma / que danza e coa cal Bolboreta. / Na lonxanía a soidade do océano, / as nubes viaxeiras, cruzando o ceo. / No noso cerebro o Marxismo aniña, / tecendo o futuro da Humanidade. / Mais en chegando a noite, co canto das estrelas, / ata o Marxismo ten de acougar co solpor”. “La Voz de Galicia” 10/11/2011.

Relativas a Galicia

  • Blanco Amor: Horizonte Evadido (Viau y Zona editores).

O 26 de xullo escribe na revista “Galicia” de Buenos Aires (nº 478) o artigo ¡Asesinos de España!: “Son los mismos de siempre: Los demonios blancos de la Inquisición que irrumpieron con el incendio y la muerte, en nombre de un Dios anticristiano y homicida, en medio del diálogo sereno y creador de la Europa renacentista; los que expoliaron los suelos y las almas vírgenes de las tierras nuevas haciendo en ellas odioso el nombre de España; los que rodearon a nuestro país con un muro de fanatismo para que España entrase en la época moderna de la cultura con dos siglos de atraso”. E que remata así: “A esperar con fe y con inquebrantable confianza. Y a prepararse, que aquí también hay otra batalla que ganar. Que también hay aquí asesinos de España, a los que nuestra tolerancia está consintiendo demasiados bríos. ¡VIVA LA REPÚBLICA!


O 9 de agosto “Neutralidad hipócrita” (“Galicia” nº 480).


O 23 de agosto: “La horda facciosa asesina a nuestros hermanos” (“Galicia” nº 482).

Xaime Quintanilla na súa época de alcalde de Ferrol


O 23 de agosto: “Jaime Quintanilla” (“Galicia nº 482).O 6 de setembro: “Hablan dos españoles” (“Galicia” nº 484). Nel, o autor contesta a un anónimo franquista que acusa os republicanos de queimar igrexas: “Los republicanos, no; las quema la ignorancia en que Vds. han tenido al pueblo a quien nadie hizo sensible a los valores de la cultura. Además, lo que las masas exaltadas –y no la Republica- queman, no es el valor artístico, sino el significado simbólico de esas casas de Dios –sepulcros blanqueados de los que huyó el espíritu de Dios- que Vds. han convertido en casas del demonio, enemigas del pueblo, protectoras del rico y sojuzgadoras del pobre, contra el verdadero y expreso mandato de Cristo, en quien creemos y cuyas doctrinas nosotros, y no Vds., defendemos con la acción, con la idea, con la vida. La iglesia española es teocrática, mandona, soberbia, feudal. Iglesia de imperialismo agresivo en la política exterior y atizadora de guerras civiles en la interior. No le interesa la solución de las almas, sino el dominio de las almas y la influencia temporal que dan el dinero y el mangoneo político”.


No artigo “La inmensa hipocresía” (“Galicia”, 13 de setembro, nº 485), fala do xeneral Mola: “Efectivamente, los traidores no van a la restauración de la monarquía. Les parece poco. Lo que se trata de restaurar es la Inquisición. Nosotros les propondríamos como Inquisidor General, a Mola. Tiene una de esas caras predestinadas… Jeta de archivo médico legal. Si un día leemos que se zampó el vientre de un niño vivo a dentelladas, o que merendó los sesos de Su Ilustrísima el obispo de Plasencia, nos quedaríamos tan frescos. Cualquier cosa se puede esperar de ese antropoide, menos cosas humanas. No tenemos ni la más vaga idea de las condiciones mentales de este traidor con facha de asesino nato”.


No nº 485 (13 de setembro): “El Centro Gallego y los sucesos de España”: “La publicación oficial del Centro Gallego, que tan amargo llanto derramó por Calvo Sotelo, gallego enemigo de Galicia, no tiene ni una línea de condolencia para la desaparición de estos dos gallegos, servidores de Galicia, que las hordas fascistas acaban de fusilar” (Refírese a Jaime Quintanilla e Alexandre Bóveda).


O 20 de setembro (nº 486): “Juan Antonio Suárez Picallo. Otro inicuo asesinato de los traidores”.


O 27 de setembro (nº 486): “Con la República o contra ella. Se impone una acción urgente entre los emigrados” : “Unámonos todos para ayudarla. No es mucho pedir que cedamos la mitad de un día de jornal, por ejemplo, cuando allá nuestros hermanos dan entera la vida. Hay que ayudar a España con dinero, con víveres, con ropas. ¡Todos a la obra!”.


O 11 de outubro (Nº 489): “La tremenda paradoja”: “En fin, todo cuanto habría sido cernido, destilado y obtenido por la humanidad occidental, con lentísimas y preciosas lentitudes históricas, desaparece conculcado y barrido de la perspectiva histórica, por esa ola de vesania que es el fascismo”.


O 18 de outubro (nº 490) “Enseñanzas del Día de la Raza”.


O 25 de outubro (nº 491): “¡Los bárbaros, España nuestra!: “No pasaréis, porque sobre el espíritu no se pasa sin antes abrir su puerta sellada con palabras de espíritu. No pasaréis, rabia sucia, terquedad homicida, ambición sangrienta”.


O 1 de novembro (nº 492): “El heroísmo de los traidores. Una venganza canalla”.


O 8 de novembro (nº 493): “Lo que falta vencer todavía…”.


O 15 de novembro: “Defensa de la libertad”.


O 22 de novembro (nº 495): “Los asesinos de España y sus cómplices”: “Mientras tanto, los españoles que vivimos alejados de la patria, debemos también de hacer nuestra guerra. Sin alharacas ni desórdenes. Sin gestos vanos ni imprudencias ostensibles. Entre nosotros hay traidores que celebran los bombardeos de Madrid, bebiendo champagne en sus covachas reaccionarias. Ya sabemos quiénes son. No hay para qué nombrarlos. Sus puntos vulnerables, están en sus libros de contabilidad y en el alza y baja de sus negocios. Los españoles decentes ya saben lo que tienen que hacer. También se traiciona a España favoreciendo a los traidores”.


O 29 de novembro (nº 496): “Nuestra profunda confianza en la Argentina”.


O 6 de decembro (nº 497): “El magnífico discurso de Roosvelt”...


O 13 de decembro (nº 498): “Carta abierta al director de La Razón”: “Su caricaturista pudo permitirse, con el consentimiento de Vd., la macabra impudicia de presentar a Federico García Lorca –asesinado por los fascistas españoles- en figuración de invertido y de aludir, en el texto que sirve de glosa al dibujo, a ciertas clasificaciones referidas al sexo que envuelven las más execrables insinuaciones. […] Lo único que se puede hacer en casos como el que me ocupa, es protestar. No tanto por el valor efectivo que pueda alcanzar la protesta, al chocar con ciertas sensibilidades, de antemano definidas como insensibles, sino para no dejar que este silencio proxeneta –que algunos traducen en campo de orégano- nos siga cubriendo a todos con su ceniza”.


O 20 de decembro (nº 499): “España en Ginebra”: “Desde que las grandes potencias de la Liga de Naciones consagraron el precedente de que ha de tratarse en un pie de igualdad a un gobierno legítimo recientemente plebiscitado por el país y a un núcleo de asaltantes que tienen que valerse de tropas mercenarias para realizar su atraco, el concepto legal y moral está resquebrajado y anulada la autoridad de la Liga que es, principalmente, de origen moral y legal”.


O 27 de decembro (nº 500): “Los frutos de la no injerencia” e “Dúas verbas n’iste intre tráxico”.


(Eduardo Blanco Amor: En defensa e ilustración de la Segunda República Española en los años de la guerra civil (1936-1939). Mar Maior 2016).

  • Juan Fernández Gil y Casal: publica en Vilagarcía de Arousa o poema “¡Arriba España! que se imprimiu o 30 de setembro:

Entre laureles de inmarchita gloria

conseguirá su nombre en sus anales

Franco, Mola, el genial Queipo de Llano,

Cabanellas y tantos coroneles, y nobles oficiales, siempre fieles,

que, en la quietud augusta del misterio, el trono socavasteis del tirano…

  • Marina Cascallar Vázquez: publica o poema “Al Caudillo de España” no “Faro de Vigo” (24-12-1936) que comeza co verso:“¡Galleguito lindo…! Caudillo de España.
  • Rafael Dieste: La vieja piel del mundo. É nomeado director do Teatro Español de Madrid.
  • Ricardo Barros Pintos: publica a composición “Himno”, na que Franco é “honra de la gallega nación”.
  • “Moitos dos máis furibundos publicistas en verso, moitas veces galego, da causa dos alzados foron cregos rurais e postulantes femininas dos principios do nacional-catolicismo. Entre os primeiros salientaron Teolindo Cortiña Toural, Daniel Pernas Nieto e Celestino Cabarcos Suárez, mentres que entre as segundas cómpre citar a Francisca Herrera Garrido autora do poema “Al Excmo. E Iltmo. General D. Francisco Franco Bahamonde, gloria de su siglo y honor y admiración de los siglos venideros”; Carmen Prieto Rouco, que publicou “”¡Franco! ¡Franco! ¡Franco!”; e Esther Gallo Muruais, Herminia Fariña e Mercedes Viso Troncoso, as tres autoras doutros tantos libros de adoutrinamento integrista católico-patriótico. (Na mesma liña encomiástica estaría o soneto “Al Generalísimo Franco” de Xavier Prado Lameiro).


( Claudio Rodríguez Fer; “Adherentes, combatentes e represaliados. A guerra civil dos escritores galegos” “La Voz de Galicia” 11 de maio de 1999. Suplemento Culturas).

  • “Pero entre os principais apoloxetas da sublevación e denigradores do bando republicano houbo moitos máis escritores naturais de Galicia. Así o antixudeo Julio Camba dirixe a Franco demandas como “Guíanos. Condúcenos. Danos tus normas e inponnos tu autoridad”. Pola súa banda, o aristocratizante Francisco Camba denunciaría en Madridgrado o terror no Madrid republicano e o aínda máis clasista e mesmo racista Wenceslao Fernández Flórez dedicará Una isla en el mar rojo e La novela número trece a inxuriar marxistas e republicanos, “bestiales tiranos salidos de la plebe”, probablemente coa máxima dose de odio que poida introducirse en novela ningunha. Da intelectualidade máis nova que se adheriu á sublevación salientan casos como o do destacado falanxista Euxenio Montes, que exaltou a Hítler e a Franco en incendiarios artigos antixudeos e antimarxistas; Darío Fernández Flórez cantor do falanxismo e posterior censor de libros; Evaristo Correa Calderón e Carlos Martínez- Barbeito, colaboradores do luxoso libro da victoria franquista Laureados de España; Xosé Filgueira Valverde, director do belixerante calendario en galego O Gaiteiro de Lugo; Xosé María Castroviejo, panexirista do falanxismo en prosa e verso; Ánxel Sevillano, autor dun libro en galego que presentou como “nado baixo seña imperial”; Gonzalo Torrente Ballester, pioneiro teórico do teatro falanxista e posterior redactor do manual escolar para a Formación do Espíritu Nacional imposta no ensino pola Dictadura; Camilo José Cela, que se ofreceu ao comisario xeral de Investigación y Vigilancia en 1938 como confidente para “prestar datos sobre personas y conductas” e que exercería logo como censor e como colaborador habitual na prensa do Movemento; e, así mesmo, Álvaro Cunqueiro, un dos máis brillantes paladíns galegos do bando alzado en armas” (Claudio Rodríguez Fer; “Adherentes, combatentes e represaliados. A guerra civil dos escritores galegos” “La Voz de Galicia” 11 de maio de 1999. Suplemento Culturas).
  • En “La Voz de Galicia” (17/12/1987) escribe Mª Victoria Fernández España “Victoria Armesto”: “Tengo la seguridad de que Wenceslao Fernández Flórez, como tantos otros españoles de las clases que él supo interpretar con tal virtuosismo, admiraba a Franco, y Franco correspondía a esta admiración y hasta le llevó consigo a un viaje marítimo a Portugal, donde se entrevistaría con Carmona y Oliveira Salazar. Fernández Flórez escribió entonces unas crónicas no demasiado buenas. Por una vez, se había dejado llevar hacia el periodismo comprometido, perdiendo su libertad interior. La guerra le había herido muy cruelmente. Wenceslao se sintió amenazado en Madrid y la barbarie de unas turbas violentas y perversas le inspiró Una isla en el mar rojo y luego propició en él la resignada aceptación de un régimen autoritario. Sin embargo, su tendencia, como coruñés, era profundamente liberal. Un día le pedí que me diera una definición de la dictadura, y respondio: -Viene a ser como una piedra en el zapato. Al principio no lo notas, pero al final, cojeas”.
  • A revista “Logos”, que desaparece co nº 49 (marzo-abril), publica no nº 48 (xaneiro-febreiro) o texto “Pol-a Pàs. O manifesto dos católicos”, asinado por Claudel, Maritain, F. James e outros intelectuais católicos franceses.
  • O 27 de agosto aparece en Madrid a revista republicana en castelán “El Mono Azul”, subtitulada “Hoja semanal de la Alianza de Intelectuales Antifascistas para la defensa de la cultura”. Saíron 47 números (febreiro de 1939). Arturo Souto aparece entre os responsables da publicación, xunto con Rafael Dieste, Lorenzo Varela, Rafael Alberti, María Teresa León, José Bergamín, Antonio Luna e Vicente Salas. No nº 2 (3-IX) Rafael Dieste publica o romance “Bendición episcopal”:


“Aeródromo de Burgos,

tablado presidencial.

Mucho empaque en las miradas,

en los pechos vanidad.

El arzobispo en el medio,

a su diestra el general,

a la siniestra el alcalde

y otros magnates detrás”.


  • O 3 de decembro publícase en Valencia o único número da publicación “El buque rojo”, da que era director Rafael Dieste. Conta con ilustracións de Arturo Souto e autodenomínase voceiro da “Alianza de Intelectuales Antifascistas”. O nome da revista réndelle homenaxe ao barco soviético que atracara en Valencia cargado de víveres destinados a menguar a penuria de alimentos e subministros do bando republicano.
  • Dieste publíca La vieja piel del mundo.
  • No mes de xuño, Xaime Quintanilla publica en “El Obrero” o artigo: “Ante el Estatuto. La posición socialista”, onde fai unha defensa do Estatuto. Castelao di o seguinte sobre isto en “Sempre en Galiza”: “(...) A posición doutrinal do noso inesquencible Quintanilla -tan bo galego como bo marxista- proba que as aspiracións maisimas de Galiza caben folgadamente dentro da ortodoxia socialista e da discipriña do gran partido obreiro que fundou Pablo Iglesias”. O 17 de agosto morre “paseado” xunto con outros 14 republicanos.
  • O 1 de outubro “El Pueblo Gallego” abría a súa portada con esta nota: “El Pueblo Gallego”, purificado en esta gran aurora de la PATRIA, ha dejado de pertenecer a su antiguo propietario, don Manuel Portela Valladares, para incorporarse AL SERVICIO DE ESPAÑA Y DE SU GLORIOSO EJÉRCITO LIBERTADOR”.
  • O 12 de xullo aparece en Cotobade “La Voz de Cotobad”, subtitulado “Órgano defensor de los intereses del municipio, su comarca y limítrofes”, baixo a dirección de Antonio Fraguas (só saiu un número).
  • O 5 de abril comeza a publicarse en La Habana “Cultura Gallega”, de carácter mensual, sendo dirixida por Adolfo Víctor Calveiro Couto (abril de 1936 a marzo de 1940).Segundo Neira Vilas “Pódese afirmar que é a derradeira publicación galega importante de Cuba. Abordaba os maís variados temas referidos a Galicia, con seriedade e rigor”. (A prensa galega de Cuba. Ediciós do Castro 1985).
  • Desaparece a revista “Galicia en Madrid” (1932).
  • Evaristo Correa: “Teoría de la Atlántida” (Revista de Occidente).
  • Fernando Martínez Morás e María de los Ángeles Lens de Patiño: La Región Gallega. Notas geográfico-económicas.
  • Francisco Leal Insua: Rosal Florido (poemas; Santa Marta de Ortigueira).
  • Francisco Vega Ceide: El trébol de las cuatro hojas. Poemas.
  • Heliodoro Lillo Lutterot: Galicia (Barcelona. Co pseudónimo Montenegro).
  • Lino Novás Calvo: Experimento en el barrio chino.
  • Virgilio Nóvoa Gil: El sueño desanclado (Madrid).

Acontecementos

  • O 20 de xullo comeza a Guerra Civil (1936-1939); o exército, dirixido por Franco, sublévase contra o goberno da Fronte Popular; Alemaña e Italia respaldan a Franco.
  • Os acuertelamentos galegos estaban controlados polos golpistas, coordenados polo coronel Martín Alonso.
  • Alexandre Bóveda acode o día 18 ao Goberno Civil de Pontevedra permanecendo co gobernador Gonzalo Acosta Pan. O día 20 esténdese o alzamento militar por toda Galicia. Tui non foi conquistado ata o 26.
  • O 27 de xullo execútase en Ourense a primeira sentencia de morte.
  • O 13 de agosto celébrase no salón de actos da Deputación un xuízo sumarísimo contra Alexandre Bóveda. Déronlle a palabra a Bóveda dez minutos, prohibíndolle falar en galego:“Dos dez minutos que se me conceden, sóbranme cinco....Só unhas poucas palabras máis para rexeitar o calificativo de traidor á Patria. A miña Patria natural é Galicia. Ámoa fervorosamente, xamais a traicionaría, inda que me concedesen séculos de vida. Adóroa ata máis alá da miña morte. Se entende o Tribunal que por este amor entrañable debe serme aplicada a pena de morte, recibireina como un sacrificio máis por ela. Se non podo ata me gustaría morrer pola miña Patria. Baixo a súa bandeira desexo ser enterrado...”.

Escribe á súa muller: “Fallan uns minutos e teño valor, por vós, pola Terra, por todos. Vou tranquío. Adeus, Vidiña. Vive para os peques e os vellos, ¡abrázaos, confórtaos!”. Noutra carta escribe: “Querido Vitín: “Eu morro tranquío; confío en que serei recibido donde todos queremos xuntarnos e fagoo con ledicia e confiando en Deus iste sacrificio. Quixen facer ben, traballei por Pontevedra, por Galicia e pola República e o trabucado xuicio dos homes (que eu perdoo e todos debedes perdoar), condéname”. Bóveda fusilado na Caeira o 17/8:“Ti convocache ó día dende a tebra, Amigo morto polo ferro airado,”(C. E. Ferreiro).

  • En setembro fusilado o gobernador de Pontevedra Gonzalo Acosta Pan.
  • É fusilado o gobernador civil de Ourense D. Gonzalo Martín March. Con data de 7 de agosto de 1936 remitiu un escrito ás novas autoridades franquistas dende Pontevedra, onde estivo primeiramente recluído, recoñecendo a exclusiva responsabilidade dos preparativos para a defensa da II República na provincia ourensá e que dicía así: “Sr Gobernador Militar: El que suscribe Gonzalo Martín March, Gobernador Civil de esa provincia, enterado en la Prisión de Pontevedra en la cual se halla detenido, de que en ésa se están celebrando Consejos de Guerra, pone en su conocimiento que nuevamente reitera que se hace responsable de todos los actos realizados en esa provincia contra el movimiento militar durante el período de su mando. Lo que para los efectos oportunos comunico a V. S. I. Prisión de Pontevedra a 7 de agosto de 1936”.
  • Blanco Amor será representante en Buenos Aires da “Asociación de Escritores de Galicia”.
  • Despois de trece anos de actividade, o Seminario de Estudos Galegos foi desmantelado polo novo réxime.

“O Seminario de Estudos Galegos tiña a pesares dos seus poucos anos un prestixio enorme, un prestixio cultural, de forma que antre os estudantes e profesores mozos, sentíase a necesidade de pertenescer ao Seminario si se desexaba ser algo, ter nome, servir a Galicia” (Isidro Parga Pondal. Revista das Letras. El Correo Gallego. 1/10/1992).

Os feixistas non esquencían que do SEG, xurdiu un anteproxecto de estatuto de autonomía para Galicia e unhas bases unificadoras do idioma galego. O que sinalaba un obxectivo separatista que había que destruír. A arroiada entusiástica que o SEG fora bateu ca Historia Negra de España, pois. O patrimonio universitario que usaba o SEG foi reclamado polo reitor Ruiz del Castillo, que tamén interviu, no nome dos sublevados, a Academia Galega, o que lle proporcionou a Otero Pedrayo tema para dous poemas censorios que son flores reactivas da mellor sátira política galega. Máis tarde a diplomacia dun Sánchez Cantón adherido aos sublevados viu lograda unha segunda versión, totalmente ficcional, do SEG en forma de Instituto de Estudios Gallegos Padre Sarmiento. O troco do galego polo castelán delata a falsidade conxénita do novo ente, que, igual ca outras institucións franquistas, persiste nos nosos días. (X.L. Méndez Ferrín: “Centenario do SEG”. Faro de Vigo 27/12/2023).

  • En outubro, Cunqueiro trasládase a Ortigueira como profesor do colexio “Santa Marta”, debido á preocupación da familia pola súa seguridade. Afiliase á Falanxe tras o estalido da guerra e faise cargo do xornal “Era Azul. Guión de Falange Española y de las J.O.N.S”..“A conclusión á que permite chegar un detido exame da producción de Cunqueiro neste período é que xa alí se manifestan as constantes que o escritor mindoniense desenvolverá no resto da súa obra periodística bélica e inmediatamente postbélica: españolismo e glorificación do pasado imperial, cultivo do castelán e renuncia ao galego, caudillismo e cesarismo, falanxismo e franquismo, profascismo e pronazismo, fobia ao marxismo e desprecio pola democracia, relixiosidade e belicismo, e finalmente, evasión polas vías feminina e fantástica, concibidas como auténticos repousos do guerreiro, e mesmo pola retórica hiperbólica de exaltación exacervada; “El Caudillo es el Sol”, chegou a escribir de Franco”. (Claudio Rodríguez Fer: “Adherentes, combatentes e represaliados. A guerra civil dos escritores galegos” “La Voz de Galicia” 11 de maio de 1999. Suplemento Culturas).
  • “A primeira gran demostración pública de compromiso coa sublevación de Vicente Risco tivo carácter nacional-católico, pois consistiu na reposición en 1936, nun acto político relixioso, do crucifixo na Escola de Maxisterio de Ourense, segundo él mesmo “Por singular privilegio de la Divina Providencia”. O seu discurso foi absolutamente integrista: “Recibo en manos del Excelentísimo Señor Comandante militar de la plaza en funciones, esta sagrada imagen de Jesús Crucificado, que desde ahora, en la nueva era que se abre para nuestra Patria, va a presidir nuestros trabajos en esta Escuela Normal. Ao ano seguinte comezou a dirixir en Ourense a revista “Misión” baixo os inequívocos lemas “Una Patria. Un Estado. Un Caudillo. Viva Cristo Rey. Viva España. Viva Franco”. Como Noriega, mantería o seu compromiso político coa Dictadura franquista ata o final.” (Claudio Rodríguez Fer; “Adherentes, combatentes e represaliados. A guerra civil dos escritores galegos” “La Voz de Galicia” 11 de maio de 1999. Suplemento Culturas).
  • O día 30 de agosto Risco participa nun acto público como director da Escola Normal de Maxisterio, para repoñer solemnemente o Crucifixo naquel centro docente. Recibe o Cristo de mans do Tenente Coronel da Garda Civil e pronuncia as seguintes palabras: “Excelentísimo y Reverendísimo Señor, Excelentísimo Señor. Señores. Con el más íntimo, con el más profundo contento de mi espíritu, recibo de manos del Excelentísimo Señor Comandante militar de la plaza en funciones, esta sagrada imagen de Jesús Crucificado, que desde ahora, en la nueva era que se abre para nuestra Patria, va a presidir nuestros trabajos en esta Escuela Normal. Por singular privilegio de la Divina Providencia tengo el honor de ser yo, colocado por la benevolencia de mis colegas de claustro en este inmerecido puesto directivo, quien aquí reciba el Crucificado y lo coloque en su puesto de honor. Y también el que se me permita, en el ejercicio del cargo, una manifestación pública de mi fe, vedada hasta ahora en nuestra vida profesional, por las circunstancias de todos conocidas y ya pasadas. He aquí que Jesucristo vuelve a estar pública y solemnemente entre nosotros, en espíritu y en verdad. Vuelve a inspirar nuestros estudios y enseñanza el Divino Maestro, que se ha definido como el Camino, la Verdad y la Vida…”. (Carlos Casares: Para ler a Vicente Risco. Galaxia, 1997. Páx. 84).
  • Aníbal Otero Álvarez, en Portugal, é entregado á policia española o 5 de agosto e condenado a morte, pena que lle será conmutada a sete anos de prisión. O 12 de decembro, a nai do lingüista, Emilia Álvarez comparece en Tui, ante o xuíz instrutor con viteseis cartas asinadas por Tomás Navarro Tomás, director do ALPI, escritas entre outubro de 1933 e xuño de 1936 e que probaban que Aníbal Otero colaboraba no ALPI moito antes do 16 de febreiro, a data do triunfo do Frente Popular. Otero entrara en Portugal o 20 de maio de 1936, tres meses despois do triunfo do Frente Popular, o que facía sospeitar ás autoridades franquistas que se trataba dun axente do goberno de Madrid. Xunto coas cartas aportou tamén dous certificados de boa conduta, un do alcalde de Ribeira de Piquín e outro do cura párroco de Santa María de Meira.

Relátao Alonso Montero en “Escritores galegos, letras galegas en Madrid: a tertulia do café Lyón d’Or (1952-1954)”; Madrygal 2004: “Foi Ben-Cho-Shey, atento sempre a todo e a todos, quen nos informou do drama polo que pasou Aníbel Otero, no norte de Portugal, en xullo de 1936. As transcricións fonéticas foron, para a Policía política de Oliveira Salazar, proba incontestable de que o inocente lingüísta era un “espião” ao servizo de Moscova. Con esta recomendación, chega Otero ás mans, en Tui, do fiscal fascista Ramón Rivero de Aguilar, que pediu para el a pena máxima, despois de instalo a que explicase ao tribunal “qué era eso de la Filología”. Fora o sacerdote e arqueólogo don Xesús Carro quen, non sen problemas, lle fixo saber ao fiscal que Aníbel Otero, ao redactar unhas fichas no alfabeto fonético, cumpría unha misión estrita de lingüística, de filólogo”.

  • Dieste reincorpórase ás “Misiones Pedagógicas”. Participa na organización e actividades da “Alianza de escritores Antifascistas”.
  • “Debido á súa condición de funcionarios do Estado, Risco e Florentino López Cuevillas son obrigatoriamente alistados como Caballeros de Santiago e teñen que cumprir misións de alerta e vixilancia frente á remota posibilidade dun ataque aéreo sobre Ourense. Gracias ó reumatismo, Cuevillas consegue librarse de facer a instrucción, pero Risco terá que acudir ás sesións que teñen lugar no patio do Goberno Militar, onde, para maior humillación, o manda o porteiro da Escola Normal, que fora sarxento no exército”. Carlos Casares: Para ler a Vicente Risco (Galaxia 1997. Páx. 86).
  • O linoleísta Xaime Prada, no cárcere e a súa casa expoliada.
  • Foxe ao monte Benigno Andrade “Foucellas".
  • Otero Espasandín exíliase en Francia, logo en Inglaterra e logo en Buenos Aires.
  • As novas Cortes elixen presidente da República a Manuel Azaña, quen designa xefe de goberno a Casares Quiroga.
  • Como presidente do Comité Central da Autonomía de Galicia, Bibiano Fernández Osorio-Tafall promove en Madrid unha reunión de todos os deputados galegos na que se acorda a celebración dunha asemblea en Galicia para fixar a data do plebiscito do Estatuto de Autonomía.
  • Carballo Calero licénciase en Filosofía e Letras.
  • Torrente Ballester obtén unha beca para ir a París onde o sorprende a Guerra Civil. Regresa en barco a Galicia e afiliase á Falanxe.
  • Luís Seoane embarca dende Lisboa para Buenos Aires.
  • Na II Asemblea Extraordinaria do PG en Santiago, acórdase a integración do Partido Galeguista na Fronte Popular. En Lugo o Partido Galeguista ficou excluído da candidatura da Fronte Popular nesta provincia.
  • Constitúese en Ourense un grupo de “Dereita Galeguista” encabezado por Vicente Risco que dá a coñecer un manifesto dirixido á opinión pública publicado en “Heraldo de Galicia” (10/II/1936) que entre outras cousas di: “(…) Mais as circunstancias da presente loita electoral na que os nosos ideais poden aparecer solidarizados con outros que non podemos compartir, ponnos dediante a necesidade urxente de axuntar nun agrupamento independente ós galegos que sintan a tradición cultural e social de Galiza, eminentemente católica e fiel ó herdamento dos nosos maiores, e na necesidade de defender a súa persoalidade inmorrente, a súa autonomía, a súa vida e o seu porvenir que o actual réxime centralista compromete seriamente. (…) e por iso procramamos xuntamente a liberdade e a supremacía espiritual da Eirexa, a autonomía cultural, política e económica de Galicia e a afirmanza da súa persoalidade étnica e lingüística”. (Carlos Casares: Para ler a Vicente Risco Galaxia 1997, páx.80).
  • Triunfo da Fronte Popular nas eleccións lexislativas.
  • En Galicia, Esquerda Republicana obtén once escanos, o PSOE cinco, o Partido Galeguista tres e o PCE un. Villar Ponte, Castelao e Suárez Picallo, deputados polo Partido Galeguista.
  • Alonso Ríos, deputado agrario nas listas da Fronte Popular.
  • O irmán de Luís Pimentel, Xosé, é designado deputado provincial polo Partido Galeguista.
    María Purificación Gómez González
  • Nas eleccións de febreiro sairá elixida alcaldesa da Cañiza María Purificación Gómez González (Bélmez, Córdoba 1905), sendo a primeira alcaldesa republicana en Galicia e a primeira muller que gobernou nun municipio galego.
  • Xaime Quintanilla reintégrase en febreiro ao concello (suspendido nas súas funcións en outubro de 1934), pero poucos días despois renuncia ao seu cargo, aínda que continúa como concelleiro.
  • Na terceira asemblea da FMG (Federación das Mocedades Galeguistas) celebrada en maio, decídese mudar o seu nome polo de “Federación de Mocedades Nacionalistas”.
  • Bóveda cesa en Vigo e toma posesión en Pontevedra.
  • Ánxel Casal elixido alcalde en Santiago. Detido o 4 de agosto, aparecendo o seu cadáver o día 19 nunha cuneta de Cacheiras.
  • Antonio Román estrea en xaneiro, a película “Ciudad encantada”.
  • O fotógrafo José Suárez realiza a serie “Mariñeiros”: “Nas miñas fotos sempre está o home, ou polo menos a súa pegada”. Por estas mesmas datas comeza a experimentar co documental, rodando en Bueu sobre a vida dos mariñeiros, película que non rematará polo comezo da guerra civil.
  • Otero Pedrayo elixido presidente do Seminario de Estudos Galegos.
  • Francisco Esteban González inaugura na rúa de San Pedro de Lugo a librería e imprenta Celta, que a comezos de 1938 se trasladaría ao local que ocuparía ata a súa desaparición no número 29 da rúa de San Marcos. (Patricia Arias Chachero: “Ediciones Celta de Lugo”. “Grial” nº 214).
  • Queipo de Llano afirmaba en agosto: “las nueve décimas parte del país están con nosotros; si los marxistas ganaron las elecciones fue merced al favor y ayuda ministerial que les dio el viejo canalla Portela Valladares”.
  • O 8 de outubro Portela Valladares escríbelle desde Francia unha carta “A su Excelencia Francisco Franco”: “Mis años, que en esta ocasión me duelen no me permiten solicitar el honor de ser soldado a sus órdenes; de recursos no dispongo, porque de todo me han despojado: salvé de milagro la vida que nada vale pero que alienta por el bien de la Patria, a la que he servido tan bien como supe y pude, manteniéndome incólume el principio de autoridad y luchando, sin reparar en riesgos, contra el desorden y la anarquía (…) Con estos sentimientos seguiré emocionado, como la he seguido hasta aquí, su empresa magna. Y siempre a su devoción completa, admirador y amigo”. Aínda escribiría unha segunda carta a Niceto Alcalá Zamora, consogro de Queipo de Llano.

Estes movementos fallidos levárono de novo á súa típica posición de equilibrio antes de tomar parte definitivamente pola República.

Circulaba un estribillo na zona franquista que decía: “Galicia lo dio todo para salvar a España: el caudillo Francisco Franco, la víctima Calvo Sotelo, el asesino Casares Quiroga, Y Portela Valladares que fue el traidor”.

  • Carlos Velo realiza a curtametraxe “Saudade” en Santiago. Ao comezar a guerra consegue pasar a Marrocos e logo á zona republicana. Tamén filma o documental “Castillos de Castilla” e tamén a curtametraxe “Galicia”, gañadora do Diploma de Ouro concedido na Exposición Internacional de París, a onde a levou Buñuel e que nun principio ía chamarse “Finisterre”. Sobre esta última di Francisco Aranda que Velo tentou “Fotografiar un sentimiento: la Saudade, complejo estado de ánimo, nostálgico, del norte de este país: es la morriña gallega o las soidades castellanas de nuestros clásicos literarios del Siglo de Oro. La descripción de este sentimiento estaba buscada con grandes planos parciales del rostro, encadenamientos visuales con musicales, armonizados en un ritmo resbaladizo y lento de indudable efecto poético que recuerda vagamente a “Romanza sentimental” de Eisenstein” (“Grial” nº 141).
  • En outubro unha circular da Inspección de Primeira ensinanza en Ourense, recollida en “La Región” (15/10/1936), obrigou a retirar das escolas numerosas obras literarias, entre elas as de Curros. Na revista “Galicia” de Buenos Aires, Federación de Sociedades Gallegas, recóllese o feito (20/12/1936) no artigo asinado por M. Agromayor “Curros Enríquez, procesado otra vez”:“ Pero es una tarea inútil la que han emprendido. Para silenciar la voz de Curros tendrían que secuestrar el espíritu de Galicia, disponer por otro bando la abolición de la lengua de Pondal y terminar decretando la desaparición taumatúrgica de cinco siglos de historia, de poesía, de luchas populares, porque todo eso está representado por la voz inmortal del poeta de “A igrexa fría”.(Xesús Alonso Montero: Curros Enríquez no franquismo. TresCtres).
  • O 19 de agosto en “El Ideal Gallego” aparece a noticia “Un auto de fe”, acompañada dunha fotografía: “A orillas del mar, para que el mar se lleve los restos de tanta podredumbre y de tanta miseria, la Falange está quemando montones de libros y folletos de criminal propaganda comunista y antiespañola y de repugnante literatura pornográfica” (Carlos Callón: O libro negro da lingua galega. Xerais).
  • Castelao salva a vida ao estar en Madrid.
  • Manuel Colmeiro exíliase en Buenos Aires vía Lisboa.
  • Lueiro Rey agóchase nun monte próximo ao Grove xunto con Ramón Garrido e Juan Domínguez Graña. Logo marcha a Fornelo de Montes.
  • Evaristo González Fernández, “Evaristo de Sela” pasa por cinco prisións franquistas entre 1936 e 1942.
  • Celso Emilio, mobilizado, vese obrigado a participar na Guerra Civil no bando franquista, loitando na fronte de Asturias, onde coñece a súa muller Mª Luísa Moraima.
  • Carballo Calero alístase en Madrid como miliciano nos primeiros meses da guerra. Estando de tenente en Andalucía foi detido, procesado e encarcerado tras a derrota republicana. Non chegou a coñecer a súa primeira filla ata que esta tivo cinco anos.
  • Xosé Ramón Fernández Oxea sancionado durante tres meses sen emprego e soldo pola súa actividade como presidente do Partido Galeguista en Lugo, reincorpórase á súa profesión sendo destinado en Cáceres e logo a Toledo.
  • Xesús Lorenzo Varela colabora coa sección bibliográfica de “El Sol”, de Madrid. Adscríbese á “Alianza de Intelectuais Antifascistas para la Defensa de la Cultura”. Alístase como miliciano loitando na defensa de Madrid. Afiliase ao Partido Comunista.
  • Ánxel Fole agáchase temporalmente na casa de Pimentel por temor a ser detido.
  • A casa de Antonio Rey Soto, saqueada; a súa biblioteca sálvase grazas á precaución dos seus amigos.
  • O irmán de Luís Pimentel Carlos, desterrado de Lugo. Outro irmán, Xosé, cesado como director da Escola de Traballo e como Deputado Provincial.
  • Bouza Brey afastado do seu cargo de xuíz de primeira instancia acusado de masón e galeguista.
  • Álvaro Gil Varela encarcerado na illa de San Simón.
  • Xoaquín Lorenzo cae ferido en Villablino o 12 de agosto.
  • Créase en Avilés, no mes de agosto, o “Batallón Galicia”, composto por demócratas galegos que a través das montañas pasaron de Galicia a Asturias.
  • José Millán-Astray pronuncia a súa frase “Mueran los intelectuales” co gallo da apertura do curso na Universidade de Salamanca.

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Álvaro Cunqueiro: Con data de 8 de xaneiro de 1936 Cunqueiro envía unha carta a Tomàs Garcés na que lle agradece un dicionario de Fabra e lle indica que ten escritas seis cantigas en catalán enviándolle o poema incompleto “Cançó del rossinyol de la mort cruel”. Engade: “Non creo que todo isto teña moito valor. Soio sei decir que a léngoa héme docísima.Eu estou encantado de que vosté se interese pólo galego e queira traducir algunha cousa miña”.

No mes de febreiro, Castelao escribe a Javier Sánchez Cantón: Moitas grazas pol-a túa felicitación. Saín por 103.000 votos, en primeiro lugar, e ademáis logrei afundir a Emiliano e de por parte salveille a vida. Podía, pois, estar ledo, e teño unha tristura enorme. Estou como as galiñas cando ventan eclipse. Ti non qués agoirar; pero eu teño presentimentos [...] (Obras. Castelao Vol. VI. Nº 136. Galaxia. 2000).

O 27 de marzo Castelao escríbelle a José Losada Castelao: Para que vexades que Rianxo é a miña preocupación vou a decirche o que ando matinando. 1º Facer unha ponte en Catoira para unir a carreteira de Taragoña a Rianxo co-a de Sant-Iago a Vilagarcía [...] O comezo das obras tardaría bastante pol-os trámetes que hai que seguir, pero se nesta lexislatura non se comezaran sempre se me debería a min a idea e a obra. [...] 2º Esto xa non é un proiecto, senón unha realidade. Logrei cincuenta mil pesetas para Rianxo con destino a remediar o paro ahí [...] Procurarei ver se vos mando algo máis; pero ¡coño! ¡carallo! pedídeme cousas para facer [...] (Obras. Castelao Vol. VI. Nº 137. Galaxia. 2000).

O 3 de xuño Castelao diríxese por carta a Otero Pedrayo: Non chegóu a tempo o aviso da xuntanza do Seminario e por eso non mandéi un telegrama para votarte a ti como presidente. En Lugo soupen por Filgueira do que pasóu na xuntanza e do teu nomeamento. Non sabes ben canto me alegróu, pois ti vas facer un presidente como non-o foi ninguén [...] Esto vai mal. Cada día pior. Non se sabe o que vai pasar. Eu teño medo. Todos son líos e a xentiña que agora manda non saben dar conta do recado. A min somentes me ten eiquí o compromiso que adequirín cos nosos. Non sei si a autonomía –se é que se gañase o plebiscito- chegará a tempo e se con ela poderemos illarnos da miseria material e moral que vai inzar todo [...] A política dame noxo i-estou eiquí moito máis desterrado que en Estremadura. Alí tan siquera podía permitirme o luxo de soñar soños ledos. Eiquí todo é negrume. Todo é mentira [...] (Obras. Castelao Vol. VI. Nº 138. Galaxia. 2000).

A comezos de xullo, Castelao escribe a Alexandre Bóveda: [...] Escrebin a Companys pedíndolle a axuda da minoria de esquerra para sacar avante e deseguida o noso Estatuto. Veu Esteve a falarme e díxome en nome de Companys que está enteiramente â nosa disposición e disposto a todo. Os vascos nesta ocasión non están tan animosos, se ben é certo que estan nun temporal terrible, pois o choio non acaba de amañarse. Eu falei con Prieto e falou tamén Portela (este pol-a súa conta. Resulta que a Prieto somentes lle interesa o estatuto vasco e creo que fará todo canto poida por entorpecer o noso. Di que non cré na preparación dos galegos para administrarse... Esto alporiza a un, pero compre ter pacencia. De todos xeitos, no caso de que Prieto falle podemos eliminalo. Abonda con decirlle que deixe a Presidencia. O Vicepresidente é Tomás Piera que se me ofreceu xa a sustituílo no caso de que Prieto non queira intresarse e comprometerse por Galiza co mesmo intrés con que se compromete por Euzcadi. Tomás Piera está disposto a prestarnos este servicio [...] O que pode ocurrir é que veña un Goberno Prieto e que nos amole. Ou veña unha dictadura...¡Quen sabe! [...] Meditade nesto e facendo o que se deba facer para que Casares volva a ser arrastrado a cumplir co seu deber de galego. [...] O noso estatuto ou sae agora ou corre un grave perigo. [...] (Obras. Castelao Vol. VI. Nº 139. Galaxia. 2000).

Volta a escribir a Alexandre Bóveda tamén a comezos de xullo: [...] Non me foi posible falar ainda con Casares a prol do Estatuto, pois eu considero necesario meterlle un dedo no naris. Desfixen con Prieto e os vascos a impresión que de nós lles comunicara Casares [...] Pol-o tanto o noso Estatuto podería ser discutido simultaneando a súa discusión co vasco. [...] Compre que traiades o Estatuto canto antes para entregalo ao Goberno. Non perder tempo ningún [...]. (Obras. Castelao Vol. VI. Nº 140. Galaxia. 2000).

A mediados de xullo volve escribir a Alexandre Bóveda: Falei con Ribas Montenegro e quedamos en que él se encarregará de facer o que conveña –coa axuda nosa- para orgaizar o recibimento da Comisión que terá de vir a entregar o Estatuto [...] Necesitamos saber, con tempo dabondo, cando, cómo e de qué maneira chegaredes así como o que se vai facer [...] Hoxe os vascos están máis espranzados e un pouco máis arredados de nós. [...] En fin, pol-o que sexa o conto é que Prieto non vai ser para nós nin a mitade do que foi para os vascos e que o feito de que él chegue a xefe de goberno siñifica un perigo que debemos prever. Contamos cos cataláns e iso abonda [...] Ollo con Casares e coas súas manías. [...]. (Obras. Castelao Vol. VI. Nº 141. Galaxia. 2000).

Dende Madrid, Castelao diríxese a Eduardo Blanco Amor, en Buenos Aires: Para ti e parra todol-os galegos que sofren con nós as angurias desta guerra van as miñas mans –ainda limpas- para estreitar as súas. Estamos arredados da nosa Terra, onde a canalla uniformada masacrou a fror da nova Galiza, mais o día da venganza chegará axiña e o noso peito será un seixo para resistir as vellas sensibilidades. O sangue, o lume e o ferro desta guerra abrirán, purificarán e vivificarán un mundo mellor [...] O destino, a Providencia, a Sorte ou Deus está da nosa Parte. Ese que lle pon o rabo âs cereixas protexe ao pobo hespañol. A guerra está gañada. vede como esta guerra é a derradeira labazada da intransixencia, da soberbia, da estupidez de Castela; porque Castela é incapaz de renovación. Axudádenos como poidades. Necesitamos, agora máis que nunca, a vosa axuda. Por Galiza e pol-a República. (Obras. Castelao Vol. VI. Nº 142. Galaxia. 2000).

O 24 de xullo Álvaro Cunqueiro envía unha carta a Londres a Augusto Assía na que critica o alzamento militar:“…Agora por ista banda falar é cousa pouco doada e ben nobre. Entrou un tropel de voces e de armas e non hai que facerlle. Mais cando ista xente non ven de farra senón “a resucitar el Imperio por la Contra-Reforma”…Ben en serio ¡probe Hespaña! ¡E probes de nós tamén!”.

Sumarios

Desaparece a revista Nós. Nunha nota manuscrita da súa colección da revista “Nós”, Ben-Cho-Shey, deixou constancia dos colaboradores da revista desaparecidos a causa da represión: Ánxel Casal, Roberto Blanco Torres, Johán Carballeira, Camilo Díaz Baliño, Isaac Forneiro Barandela, Manuel Fuentes Canal, Amadeo López Bello, Modesto López Teijeiro e Arturo Noguerol Buján.

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Nobel


PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Eugene O'Neill

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen



Morren:

  • Leonardo Coimbra (Porto; 1883 Borba de Godim). No nº 398 de “A Nosa Terra”: “Morreu o gran filósofo portugués. A noticia enchéunos de tristura fonda. Coimbra era un grande e fervoroso amigo de Galicia un excelso intérprete e cantor do lirismo galaico-portugués. Seguía con afervoada atención o renascemento literario galego e uníalle entrañabel amistade coas nosas figuras literarias”.



Aparece en Mindelo (Cabo Verde) a revista “Claridade”, sendo os responsables Manuel Lopes, Baltasar Lopes da Silva e Jorge Barbosa.


Manuel Rodrigues Lapa escribe a Fermín Bouza-Brey con data de 11 de novembro:“Escrevo-lhe para saber de si e de muitos dos seus companheiros do galeguismo, que, por professas ideias apostas ás dos actuais dominadores da Galiza, andam talvez fugidos ou desapareceram já. Peço-lhe pois muito encarecidamente que me diga qualquer coisas sôbre si e sôbre eles. Onde param Castelao, Ánxel Casal, Sebastián González, etc. Tenho pensado muito na pobre Galiza. A sua autonomia, o belo sonho que ia realizarse, está agora muito seriamente comprometida. Se triunfam os nacionalistas, os homens de Espanha uma e indivisível nem pensar nisso. Se ganhan os governamentais, receio que a pouca resistência dos galegos seja para eles atestado de incapacidade para serem livres. A liberdade, é necessário merece-la dirão eles. Qual é a sua opinião sôbre o caso? Sei também que ha de ter pensado e bem amargamente sôbre tudo isto, que lhe é tão querido. Conhece talvez as minhas opiniões de cidadão. Sou um homem das esquerdas, estruturalmente antifascista; mas sou um homem de ordem, que só sabe e pode viver dentro dun regime de liberdade e dignidade civil; por isso fui demitido do meu cargo de professor da Universidade. Creio que não pensa como eu, em matéria política. Isso não impede de comungarmos no mesmo amor pela Galiza. É em nome dêsse amor que lhe peço que me escreva, dando-me notícias suas e de todos aqueles que nos são queridos…”. (En “A Nosa Terra” nº 806 27/11/1997).


Alfredo Ary dos Santos: D. Quixote bolchevick co subtítulo de “A memória de todos os que tombaram por uma Espanha maior”; un alegato antimarxista en defensa da rebelión militar.


Alfredo Cortês: Tá mar.


António Botto: Baionetas da Morte.


António de Cértima: Caminho de Siegfried.


António Pedro da Costa: Primeiro volume (poesía).


Carlos Queirós: Homenagem a Fernando Pessoa (ensaio).


Fernando Monteiro de Castro Soromenho (Angola): Lendas negras.


Hernâni Cidade: Bocage e Luís de Camões I- O Lírico.


Irene Lisboa: Um Dia e Outro Dia (poesia).


João Guimarães Rosa (Brasil): Magma.


Joaquim Paços d’Arcos: Diário de Um Emigrante.


Jorge Amado (Brasil): Mar morto (romance).


José Osório de Oliveira: Roteiro da África.


Júlio Dantas: Viagens em Espanha.


Luís Forjaz Trigueiros: Caminho sem luz.


Mário Saa: A Atlântida e Erridânia.


Menotti del Picchia (Brasil): Kalum, o mistério do sertão.


Miguel Torga: O Outro Livro de Job (poesia).


Sant’Anna Dionísio: Leonardo Coimbra.


Teixeira de Pascoaes : São Jerónimo e a trovoada.No nº 422 (17 de xullo) de “A Nosa Terra”, figura o artigo “Despois do plebiscito. Verbas de Teixeira de Pascoaes”, no que se recollen unhas palabras do escritor portugués: “Galicia é un pobo irmán do portugués ao que eu amo verdadeiramente. Posee todol-os valores necesarios para constituir unha rexión autónoma. O trunfo do Estatuto é o trunfo das suas enormes posibilidades. Porque Galicia é unha verdadeira nacionalidade: é un pobo de almas en victoria permanente. Eu saúdoa na persoa do seu intérprete xenial Alfonso R. Castelao”.


Vinícius de Moraes (Brasil): Ariana, a mulher.


Vitorino Nemésio: Relações Francesas do Romantismo Português (ensaio).











Cataluña


Nacen:

Morren:

  • Apel-les Mestres (1854 Barcelona).

Clementina Arderiu: Poemes e Cant i paraules.


Joan Oliver “Pere Quart”: Oda a Barcelona (poesía) e Allò que tal vegada s‘esdevingué (teatro. Escrita no 1930).


Mercè Rodoreda: Crim (narrativa).


Pere Calders: El primer arlequí (contos) e La glòria del doctor Larén.


Xavier Benguerel: Suburbi (novela).

Flag of Spain

Nacen:





Morren:

  • Andrés Carranque de Ríos (Madrid; ibídem 1902).
  • Federico García Lorca (Asasinado en Viznar; 1898 Fuente Vaqueros) ¡Federico García Lorca! Era tan popular como la guitarra, alegre, melancólico, profundo y claro como un niño, como el pueblo mismo. Si se hubiese buscado con dificultad, paso a paso, en todos los rincones y escondites alguien para sacrificar como se sacrifica un símbolo, jamás en ningún sér ni en ningún objeto se hubiese encontrado el alma popular española en toda su vivera y profundidad, como en ese sér elegido. Han escogido bien aquellos que fusilándolo, han querido tirar sobre el corazón mismo de España. (Pablo NERUDA).
  • Francisco Villaespesa (1877 Almería).
  • José María Hinojosa (Málaga; 1904 Campillos).
  • Miguel de Unamuno (Salamanca; 1864 Bilbao).
  • Pedro Muñoz Seca (Paracuellos del Jarama; 1879 El Puerto de Santa María).
  • Ramón María del Valle-Inclán (Santiago; 1866 Vilanova de Arousa). No nº 398 de “A Nosa Terra” (10 de xaneiro): “Morreu Valle Inclán e con él ademáis de desaparecer unha senlleira figura universal, vaise a única representación auténtica da nosa Galicia fora dos eidos patrios. Anque él, na súa mesma xenial orixinalidade, negara o que era imposibel de negar. A súa galeguidade inxente”. No nº 402 de “A Nosa Terra”, Abel de Acebedo publica o “Responso a Valle Inclán:




“¡Irmán desfogarado, que vivías

Orfo e alleo na Castela dura,

e trocaches a negra desventura

en un canto de eternas melodías!...


Miguel Hernández morto no cárcere franquista ao finalizar a guerra, escribe o poema que comeza:


Vientos del pueblo me llevan,

vientos del pueblo me arrastran,

me esparcen el corazón

y me aventan la garganta.



José Bergamín escribe na revista “El Mono Azul”:


¡Traidor Franco, traidor Franco,

tu hora será sonada!

Si tu nombre fuera Franco,

se te saldría a la cara,

encendiéndola de sangre

si tu sangre fuera franca.



Manuel Machado non o ve do mesmo xeito: Caudillo de la nueva Reconquista, / Señor de España, que en su fe renace / sabe vencer y sonreir, y hace / campo de pan la tierra de conquista. / Sabe vencer y sonreir… su ingenio / militar campa en la guerrera gloria / seguro y fiel. Y para hacer historia / Dios quiso darle mucho más: el genio.


Manuel Altolaguirre escribe “Alerta a los madrileños”:


Madrid, te muerden las faldas

canes de mala ralea

vuelan cuervos que vomitan

sucia metralla extranjera.


Antonio Machado: ¡Madrid! ¡Madrid! ¡qué bien tu nombre suena, / rompeolas de todas las Españas! / La tierra se desgarra, el cielo truena, / tu sonríes con plomo en las entrañas.


Federico de Arrutia no seu “Romance de Castilla en armas”:


En el Cerro de los Ángeles

que los ángeles guardaban,

¡han fusilado a Jesús!¡

y las piedras se desangran!

¡Pero no te asustes Madre!

¡Toda Castilla está en armas!

Madrid se ve ya muy cerca

¡No oyes! ¡Franco! ¡Arriba España!.


Dionisio Ridruejo dedica este soneto a José Antonio Primo de Rivera: No fue la tierra por tu peso amada / sino soporte de tu planta erguida / No elegiste el silencio, si la vida / en mocedad de flor aventurada.

Curso de estrella a raíz hundida / dio tu esbeltez jamás abandonada, / y dejaste tu voz tan levantada / con gravedad de sangre mantenida.

Vencida al fin la carne por la empresa / con tierra de tus huesos sube al día / -España al fin – tu vertical promesa.

Álamo, lanza, torre, valentía / todo se alegra en ti todo regresa / de este llanto mortal de tu alegría.


Vicente Aleixandre escribe o 17 de setembro en “El Mono Azul” o “Romance del fusilado” que remata cun canto á inmortalidade do pobo:


José no murió. ¡Miradlo!

Resucitado, no ha muerto;

que no murió, como no

morirá jamás el pueblo.

Podrán fusiles y balas

pretender herir su pecho.

Podrán bombas y cañones

intentar romper su cuerpo.

Pero el pueblo vive y vence,

pueblo sin tacha y sin miedo,

que en una aurora de sangre

está como un sol naciendo.


Agustín Acosta y Bello: Los camellos distantes (poesía).


Andrés Carranque de Ríos: Cinematógrafo.


Bioy Casares: La estatua casera (conto).


Enrique Jardiel Poncela: Cuatro corazones con freno y marcha atrás.


Ernestina Champourcín: El cántico inútil.


García Lorca: La casa de Bernarda Alba.


Guillermo Díaz-Plaja: Introducción al estudio del Romanticismo español.


Juan Gil-Albert: Misteriosa presencia. Sonetos e Candente horror.


Luís Cernuda: La realidad y el deseo.


Luis Felipe Vivanco: Cantos de primavera.


Miguel Hernández: El rayo que no cesa.


Pedro Salinas: Razon de amor.


Rafael Alberti: 13 banderas y 48 estrellas; Nuestra diaria palabra e El poeta en la calle.


Ramón J. Sénder: Mr. Witt en el cantón.


Ramón Ledesma: Almudena.


Victoriano García Martí: La muerte e A través de la vida.











Máis culturas:


Nacen:




Morren:.

  • Carlos Oquendo de Amat (Guadarrama, España; 1905 Perú).
  • Germán Luco Cruchaga (1894 Chile).
  • Julio Vicuña Cifuentes (Santiago de Chile; 1865 La Serena, Chile).
  • Teresa de la Parra (Madrid; 1889 París).


  • Chika Sagawa (1911 Yoichi, Hokkaido, Xapón).
  • Dezsó Kosztolányi (Budapest; 1885 Szabadka).
  • Gilbert Keith Chesterton (Beaconsfield; 1874 Londres).
  • Lu Xun (1881 China).
  • Luigi Pirandello (Roma; 1867 Agrigento). Premio Nobel de literatura 1934.
  • Máximo Gorki (Moscú; 1868 Nizhny Nóvgorod).
  • Rudyard Kipling (1865 Bombai).



Jorge Luis Borges: Historia de la eternidad.

Roberto Arlt: El fabricante de fantasmas (teatro).


Rubén Martínez Villena (1899-1934): La pupila insomne.



Czeslaw Milosz: Trzy zimy (Tres invernos. Poesía).


Georges Bernanos: Journal d’un curé de campagne (narrativa).


Henri Michaux: Voyage en Grande Garabagne (poesía).


Howard Phillips Lovecraft: The Shadow Over Innsmouth.


Jean-Paul Sartre: L’imagination.


John Dos Passos: The big money (narrativa).


Joseph Roth: A confesión dun asasino.


Julien Green: Minuit (narrativa).


Karel Capek: A guerra das salamántigas.


Karen Blixen: Sete contos fantásticos (narrativa).


Louis Aragon: Les beaux quartiers.


Louis-Ferdinand Destouches “Celine”: Mort à crédit (narrativa).


Paul Eluard: Les yeux fertiles e La vie immédiate.


William Faulkner: Absalom, Absalom!


Tamén sucedeu...

  • Nace Llorenç Soler (Valencia; 2022), un dos grandes referentes do documental social e independente na segunda metade do século XX e que realizou varios traballos en Galicia.
  • CINE: Chaplin: Tempos modernos.
  • O 15 de xaneiro créase a “Fronte Popular” entre os partidos de esquerdas.
    Robert Capa. Morte dun miliciano
  • Victoria electoral da “Fronte Popular” (16 de febreiro).
  • Manuel Azaña forma o cuarto Gabinete (19 de febreiro).
  • Restablécese a Generalitat de Cataluña con Lluís Companys (26 de febreiro).
  • Alcalá Zamora destituído da presidencia da República, sendo substituído por Martínez Barrio (7 de abril).
  • O 10 de maio Azaña é elixido presidente da República.
  • Casares Quiroga presidente do Goberno (12 de maio).
  • Franco advirte ao Goberno das divisións no exército (23 de xuño).
  • A sociedade española, politicamente dividida. Disturbios sociais.
  • Asasinado o 12 de xullo, pola extrema dereita o tenente José Castillo, pertencente a UMRA (Unión Militar Republicana Antifascista).
  • O 13 de xullo, asasinado en Madrid o líder conservador José Calvo Sotelo.
  • O 18 de xullo Franco declara o estado de guerra.
  • Martínez Barrio forma Goberno tras dimitir Casares Quiroga.
  • O 19 de xullo novo Goberno presidido por José Giral.
  • Morre en accidente aéreo o xeneral Sanjurjo (20 de xullo).
  • Franco recibe axuda de italia e Alemaña.
  • O 24 de xullo fórmase en Burgos a Junta de Defensa Nacional.
  • Inglaterra e Francia negan a súa axuda á República. A URSS envía armas e alimentos.
  • Novo Goberno da República encabezado por Largo Caballero (5 de setembro).
  • Fórmase un Goberno antifascista en Cataluña. (27 de setembro).
  • O 28 de setembro Franco noméase xeneralísimo dos exércitos (28 de setembro).
  • O 1 de outubro, as Cortes aproban o Estatuto Vasco.
  • O 29 de setembro, Franco asume en Burgos o cargo de Xefe de Estado.
  • O 19 de outubro Azaña abandona Madrid.
  • Comezan a chegar a España pola fronteira francesa os primeiros combatentes das Brigadas Internacionais.
  • O 7 de novembro comeza a batalla de Madrid. A Xunta de Defensa está presidida polo xeneral Miaja.
  • O 20 de novembro morre dun disparo polas costas o dirixente anarquista Buenaventura Durruti.
  • Fusilado en Alicante José Antonio Primo de Rivera baixo a acusación de inspirar o levantamento contra a República.
  • O 5 de setembro en Espejo (Córdoba), foi feita por Robert Capa a fotografia “Morte dun miliciano”.
  • Eduardo VII, rei de Inglaterra abdica do trono e sucédelle Jorge VI.
  • Hitler e Mussolini establecen o eixo Roma - Berlín.
  • O 26 de agosto ten lugar a primeira transmisión mundial de televisión, a cargo da BBC