1977

De Xulipedia
Revisión feita o 25 de agosto de 2024 ás 11:55 por Xulio (Conversa | contribucións) (Nacementos/Pasamentos)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Día das Letras Galegas

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Carlos Vila Sexto (A Coruña).
César Cequeliños (César Lorenzo Gil) (Cequeliños, Arbo).
Emma Couceiro (Cospeito).
José Luís Baños de Cos (Jerez de la Frontera).
Luís Valle Regueiro (Lugo).
Mónica Góñez (Fisterra).
Yolanda Castaño (Santiago de Compostela).
Outros
O deseñador, debuxante e director de cinema David Rubín (Ourense).
O debuxante e ilustrador Alexandre Marín Oliva (Fene).
O ilustrador e caricaturista Daniel Montero Coira (Catoira).
O artista Enrique Lista (Cambre).




Skull.png
Pasamentos
Literatura
Avelino Gómez Ledo (Chantada; ibídem 1893).
Carmen Prieto Rouco (Vilalba; ibídem 1901).
Eugenio Vázquez Gundín (A Coruña; 1884 Santiago).
Eleuterio González Salgado “Leuter” (Ourense; ibídem 1899).
Laureano Prieto Rodríguez (A Gudiña; íbidem 1907).
Sebastián Martínez-Risco Macías (A Coruña; 1899 Ourense).
Xervasio Paz Lestón (Buenos Aires; 1898 Serantes, Muxía).
Outros
O músico Jesús González de Velasco Fernández (1897).
O pintor Constantino Grandío López (Guntín; ibídem 1924).
O actor Tomás Ares Pena “Xan das Bólas” (Madrid; 1908 A Coruña).
Luís Iglesias Iglesias (Santiago; 1895 Teis; Foi reitor da USC, presidiu o SEG e foi académico da RAG.
O ministro franquista Juan Antonio Suanzes Fernández (Madrid; 1891 Ferrol).

Publicacións

Galegas

  • Aparece o 2 de decembro o nº 0 do semanario A Nosa Terra (1977) co subtítulo “Periódico galego semanal”, empezando a publicarse con regularidade dende o 27 de xaneiro de 1978. Editado por Promocións Culturais Galegas. A primeira directora foi Margarita Ledo Andión (ata novembro de 1980); logo Fina Corral (ata outubro de 1981), Xosé M. Currás Rúa (ata setembro de 1983) e Alfonso Eiré López).
  • O 11 de agosto desaparece o semanario * Teima , “Revista Galega de información xeral”. Saíron 35 números dende novembro de 1976. No nº 7 de xaneiro dicía no editorial: “... queremos loitar- imos seguir loitando- pra que o pobo que terma de TEIMA como de algo da súa propiedade sexa cada día máis ceibe. Cos medios que están ó noso alcance: conta-lo que pasa, sen adornos nin medos. A verdade, sinxelamente...”. No derradeiro editorial dise: “foi feita no ámeto teóricamente hostil que o rotundo triunfo da dereita nas eleccións parece presaxiar para un órgano informativo de esquerdas con pretensións nacionalistas”.
  • Tres alumnos do Instituto de Lugo, Miguel Lustres, Xerardo Rodríguez Roca e Camilo Valdeorras, traducen ao galego os capítulos 45, 47, 49, 51 e 53 do Quijote co título Sancho na Ínsula Barataria publicado por Edicións Castrelos na súa colección “O Moucho”.

(Xesús Alonso Montero: Actividades Filolóxicas – non exentas de signos políticos- no Instituto Masculino de Lugo de 1960 a 1976 (Xunta de Galicia, 2024).

Relativas a Galicia

  • A Facultade de Filoloxía da Univ. de Santiago edita Homenaxe a Cabanillas no centenario do seu nacemento. (“Grial” nº 58, páx.507).
  • Na colección “O Moucho” de Edicións Castrelos publícase o fragmento do Quixote "Sancho Panza na Ínsua de Barataria".
  • Ediciós do Castro publica Catro narracións (Premios Pedrón I: Taibo, Ferrín, Oca, Durán).
  • O “Seminario di cultura gagliega” da “Università degli studi di Perugia” edita un caderno da autoría de P. Caucci titulado Seis poemas galegos di Federico García Lorca “Grial” nº 60, páx. 243.
  • Nun volume editado pola Biblioteca Filolóxica Bello de Valencia, publícanse catro traballos de Filgueira Valverde sobre lírica medieval galega.
  • Nace en Lugo “Alvarellos Editora Técnica” coa novela Botei corenta anos de Enrique Alvarellos Iglesias.
  • Jerónimo Pablo González Martín publica en Editorial O Castro Cartafol homenaxe ós poetas galegos (pinturas que ilustran versos de Rosalía, Curros, Pimentel…).
  • Como resume dos seminarios celebrados na Universidade de Santiago de Compostela dende decembro de 1976 a xuño de 1977 publícase en edición non venal: Bases prá unificación das normas lingüísticas do idioma galego.
  • O poeta Lois Pereiro funda en Madrid, xunto con Manuel Rivas, Antón Patiño e Xosé Manuel Pereiro a revista en galego “Loia” (catro números ata xuño-xullo de 1978).
  • Aparece o 2 de decembro o nº 0 do semanario “ A Nosa Terra” co subtítulo “Periódico galego semanal”, empezando a publicarse con regularidade dende o 27 de xaneiro de 1978. Editado por Promocións Culturais Galegas. A primeira directora foi Margarita Ledo Andión (ata novembro de 1980); logo Fina Corral (ata outubro de 1981), Xosé M. Currás Rúa (ata setembro de 1983) e Alfonso Eiré López).
  • Sae en xaneiro, en Ferrol, fundada pola editorial SEPT, a revista “ Encrucillada”, “Revista galega de pensamento cristián”, dirixida por Andrés Torres Queiruga: “Nós sempre quixemos deixar moi claro que, aínda que nos consideramos cristiáns, falamos con liberdade e con independencia. Así pois, tanto a revista como a asociación do mesmo nome, son independentes da xerarquía eclesiástica, o cal non quere dicir necesariamente que sexan opostas” (Entrevista a Torres Queiruga no “Faro de Vigo” o 25-01-2018).
  • No xornal “Faro de Vigo” sae “Domingo letras”, páxina dirixida por Francisco Fernández del Riego.
  • Akal Editor edita como publicación do Partido Comunista de Galicia a revista “Nova Galicia”, integramente en galego, e que antes se editaba en París co subtítulo de “Revista de cultura y política”, por non estar legalizado o PC.
  • Na revista “Ozono” de maio, escribe Celso Emilio Ferreiro: “No acepto para mi poesía la condición de social, porque esta denominación es fraudulenta, equívoca, tendenciosa, producto de la pereza léxica y mental de quien la inventó, ignorando que ese tipo de poesía es tan viejo como la poesía misma y nunca se ha llamado así”. Prefire a expresión “poesía belixerante”.
  • Sae a revista “Galicia Sindical”, órgano do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia.
  • Aparecen en Guitiriz a revista monolingüe en galego “Xermolos” promovida pola Asociación Cultural de Guitiriz e pola Asociación Xuvenil Xermolos.
  • En outubro nace en Salvaterra de Miño a revista en galego “A Voz do Condado”.
  • En xuño sae o nº 0 de “Orense”, revista da Deputación Provincial de Ourense, dirixida por Hermógenes González Blanco (1983).
  • Ediciós do Castro publica Dibuxos da guerra de Arturo Souto, que con prólogo de Luís Seoane reproduce o álbum Dibujos de la guerra de 1937.
  • Estréase O día que o sol alumeou pola noite de Ramón Blanco Rey.
  • Abelardo Moralejo Laso: Toponimia gallega y leonesa (Santiago).
  • Alejandro Finisterre: Coplas del mal decir, plegarias y flornabos del tiempo y del espacio (México).
  • Alfonso Sobrado Palomares: Las linotipias del miedo.
  • Álvaro de la Iglesia Caruncho: ¡¡Por narices!!
  • Amable Veiga Arias: Fonología gallega (Valencia).
  • Aníbal Otero Álvarez (1911-1974): Vocabulario de San Jorge de Piquín.
  • Baldomero Cores Trasmonte: La devolución de Galicia.
  • Benito Varela Jácome: Estructuras novelísticas de Lezama Lima.
  • Cipriano Luís Jiménez Casas: Control de natalidade. Métodos contraceptivos (A Coruña).
  • Emilio González López: El águila desplumada (Vigo).
  • Emilio Pérez Touriño: Plataforma por la industrialización de Galicia (Madrid).
  • Fernando García Pereira: Crónicas de un mayordomo.
  • Francine Sucarrat: Luis Seoane, su obra poética y su importancia en la literatura gallega actual (Ediciós do Castro. Sada).
  • Germán Cid Justo: Cantigas en gallego traducidas al castellano. (Prólogo de Celso Emilio Ferreiro (Edit. La Región. Ourense)
  • Gustavo Fabra Barreiro (Madrid 1945-1975): El discurso interrumpido (un capítulo está dedicado á cultura galega).
    Nomenclatura flora y fauna.jpg
  • Giulia Lanciani: Il Canzoniere di Fernan Velho. (“Grial” nº 59, páx. 111).
  • Hipólito de Sa Bravo: Influencia del Camino de Santiago en la historia y el arte de Galicia.
  • Isabel Beceiro: La rebelión irmandiña (Madrid).
  • José Antonio Durán: Agrarismo y movilización campesina en el país gallego (1875-1912) (Madrid).
  • José María Fontana Tarrats: Historia del clima del Finis-Terrae gallego.
  • Manuel Janeiro: Primera edad (Colección Mogor de Edicións Castrelos).
  • Manuel Vilanova: El cazador de días e Mestizaje y marginación. El laberinto de la identidad en América Latina.
  • María do Carme Ríos Panisse: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia I. Invertebrados y peces, con anotaciones etimológicas por Antonio Santamarina (“Verba”. “Grial” nº 56, páx. 245).
  • María Lucas: La visión de Galicia en Xosé Neira Vilas (Ediciós do Castro).
  • Mariano Tudela: Los cómplices del sol (Madrid).
  • Maruja Pino Piñeiro: Un libro y una flor.
  • Rosa María Seoane “(Mouette”): Ortigas (versos. A Coruña).
  • Ricardo Carballo Calero: Historia de las literaturas hispánicas. Unidad didáctica 1-2 (Ministerio de Educación y Ciencia. Universidad Nacional de Educación a Distancia. Madrid. “Grial” nº 62, páx. 505).
  • Xan López Facal: La expulsión de recursos financieros y el crecimiento económico de Galicia.
  • Xavier Costa Clavell: Las dos caras de Galicia bajo el franquismo (Madrid).
  • Xosé García Oro: Diego de Muros III y la cultura gallega del siglo XV (Galaxia. “Grial” nº 56, páx. 250).
  • Xosé Ramón Barreiro Fernández: El Levantamiento de 1846 y el nacimiento del galleguismo.

Acontecementos

  • Gonzalo Suárez dirixe a versión cinematográfica de A esmorga en castelán (La parranda). En novembro do 2014 haberá a versión en galego dirixida por Ignacio Vilar contando cos actores Morris, Miguel de Lira e Karra Elejalde. Estrearase en 32 salas de toda Galicia co título de “A Esmorga”.
  • Llorenç Soler: Autopista, unha navallada á nosa terra. Documental sobre a construción da AP 9.
  • Domingo García Sabell, elixido presidente da Real Academia Galega.
  • Carlos Casares ingresa na R.A.G. co discurso “A crise do 98 na Literatura Galega”, respondéndolle Francisco Fernández del Riego.
  • Cunqueiro colabora activamente a favor do Estatuto de Autonomía.
  • Primeira tese doutoral escrita e lida en galego na Universidade de Santiago “A Ilustración e a sociedade galega”, de Fausto Dopico, dirixida polo profesor García-Lombardero.
  • Nace “Preescolar na casa” como un programa que leva mestres ás casas das aldeas para atender os cativos que teñen difícil asistir ás escolas. O seu creador foi o crego Antonio Gandoy Díaz, “O cura da bicicleta”. Desaparece no 2012 ao retirarlle as axudas a Xunta de Galicia.
  • Créase o “Seminario di Cultura Gagliega”, na Universidade italiana de Perugia.
  • Primeiras eleccións democráticas. Celso Emilio preséntase como senador por Ourense dentro da Candidatura Democrática Galega.
  • En Santiago constitúese o grupo poético “Cravo Fondo” (Xulio e Xesús M. López Valcárcel, Rábade Paredes, Ramiro Fonte, Vergara Vilariño...).
  • Ramón Piñeiro asiste como invitado de honor ao XV Congreso Internacional de Filoloxía Románica en Río de Janeiro.
  • O profesor Giuseppe Tavani organiza na Biblioteca Cantonal de Lugano unha mostra titulada "Minoranze Linguistiche in Spagna".
  • Nonito Pereira Revuelta crea o selo discográfico “Abrente”.
  • Lorenzo Varela regresa a España e instálase en Madrid.
  • Expresa Rodrigues Lapa: “… e convenci-me inteiramente de que, para nos conhecermos bem, teremos de conhecer a Galiza, onde está a nossa mais profunda raiz… Dai em diante nunca deixei de me ocupar da Galiza, que é para mim um vicio e uma necessidade: e tamén um dever moral”.
    Museo do pobo.jpg
  • Fúndase o Partido Obreiro Galego.
  • O 29 de outubro o ministro Pío Cabanillas inaugura en Santiago o Museo do Pobo Galego. No nº 216 da revista “Grial” nunha entrevista de Agar Ledo a Justo Beramendi, un dos fundadores do museo: “O 29 de outubro de 1977 abríanse as primeiras salas do Museo do Pobo Galego no convento de San Domingos de Bonaval, en Santiago de Compostela. Constituído como unha asociación privada de carácter cultural e promovido por un grupo de representantes da sociedade civil, foi unha obra colectiva que conseguiu reunir ao seu redor varias xeracións de galeguistas comprometidos coa cultura galega e coa súa historia, conscientes da urxencia de recoller, conservar e divulgar a tradición, o patrimonio e a identidade de Galicia. O Museo do Pobo Galego, un museo antropolóxico, tamén un lugar da memoria, nacía co firme obxectivo de retomar o espírito do museo etnográfico creado polo Seminario de Estudos Galegos en 1932, proxecto desmantelado tras o golpe militar do 36”.
  • Na celebración do “Día da Patria Galega”, houbo dous chamamentos, un por parte do “Bloque Nacional-Popular Galego” e outro por parte de “Movemento Comunista de Galicia”, “Partido Socialista Galego” “Asamblea Popular Galega”, “Partido Carlista de Galicia” e “Partido del Trabajo de España” con Fermín Bouza Brey e Celso Emilio Ferreiro entre outros coma oradores.
  • Nace o Grupo Universitario de Cámara de Santiago.
  • En Barcelona fúndase a Escola de Gaitas e Danzas Galegas “Toxos e Xestas” de Fontrobada.
  • Chano Piñeiro realiza a curtametraxe “Os paxaros morren no ar”.
  • En agosto a UPG celebra o seu primeiro congreso, na clandestinidade. Elíxese como secretaria xeral a Elvira Souto Presedo, a primeira muller que ocupa tal cargo político nun partido no Estado Español.
  • Lignitos de Meirama intenta a expropiación forzosa das terras das Encrobas ante a oposición de 400 veciños, con numerosos detidos.
  • O 10 de abril, ten lugar na Mariña luguesa unha mobilización de máis de 5 mil persoas contra a instalación dunha central nuclear en Xove.
  • O 4 de decembro, varias forzas políticas e agrupacións culturais, convocaron un acto de mobilización autonomista nas principais cidades galegas, pedindo un Estatuto de Autonomía. Blanco Amor, leu en Ourense o comunicado final; en Vigo foi Valentín Paz-Andrade e en Lugo Ramón Piñeiro. O BN.PG preparou para ese mesmo día unha tractorada, mobilizando a miles de campesiños.
  • Nace a marca Adolfo Domínguez.
  • Emilio Cao saca o seu primeiro disco: “Fonte do Araño”.
  • Fuxan os Ventos: “O Tequeletequele”.
  • Benedicto: “Pola unión”.

Premios

  • Non se conceden este ano os Premios da Crítica de narrativa e de poesía galega.
  • Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia: Xosé Camilo Fernández González “ Camilo Valdehorras” con Progreso e andrómena de Antroido. Farsa verde e alegoría festiva. Mencións para O cazador de perdices de Xosé Manuel Martínez Oca e Informe sobor dunha terra de Manuel Guede.
  • Premio de teatro infantil “O Facho”: A benfadada historia do citado Bamboliñas de Xulio González.
  • Mención honorífica no III Concurso de Teatro Infantil O Facho para Xaxara, Peituga, Paniogas, Tarelo, o Rapaz e o Cachamón ou como trocar en rato pequecho o meirande xigantón de Roberto Vidal Bolaño (estreada no 1979).
  • Miguel Anxo Araúxo Iglesias, recibe o Pedrón de Ouro pola súa defensa do uso do galego na liturxia.

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario


Nos Cadernos Ramón Piñeiro XXXIII. Epistolario Ricardo Carballo Calero Ramón Piñeiro. Xunta de Galicia 2015, nunha carta enviada por Ramón Piñeiro con data de 5 de marzo recóllese o escrito “Por un pacto galego”. “Chamada aos partidos políticos de Galicia” indicándolle a Carballo Calero que “Esperamos que mañán, domingo, sairá nos xornais este escrito noso. Como ves, cínguese exactamente aos termos do que falamos hai días…”: “Semella inminente a convocatoria electoral para unhas Cortes que, inevitablemente, funcionarán como constituintes, xa que a súa misión fundamental será a de discutir e aprobar unha Constitución. Mas como as normas constitucionáis van regular os direitos democráticos dos individuos e mais os dos pobos, a nós, galegos, atinguiránnos doblemente: como cidadáns e como pobo. […] Un pacto galego no que os seus firmantes se comprometan a defender os direitos do noso pobo é posible e necesario. A defensa debería de se establecer en dous niveis: en primeiro lugar, defendendo a estrutura federal do Estado como fórmula idónea para que este poida asumir democráticamente a pluralidade da España real; en segundo lugar, e para o caso de que a fórmula federal non prosperase, a representación galega tería que reclamar para Galicia os mesmos direitos autonómicos que se lles reconocesen ás outras nacionalidades. Ou sexa: en primeiro lugar, a defensa do estado federal; en segundo lugar, a defensa da fórmula autonómica. No resto dos problemas a dilucidar nas Cortes, os representantes galegos poderían seguir a liña política dos seus partidos ou os dictados da sua conciencia”. O escrito aparece asinado por 29 persoas.


Con data de 28/09/1977, Paulo Rónai escribe a Valentín Paz Andrade dende Rio de Janeiro:

“Fiquei animadíssimo pelo seu gentilíssimo convite. Será para mim uma experiência extraordinária conhecer a Galiza levado pela sua mão. Terei um imenso prazer também em ir a Santiago de Compostela tanto pelo interesse da viagem quanto pelo da companhia”. (Consello da Cultura Galega).

Volta a escribir con data de 02/12/1977:“Guardo da viagem uma multidão de recordações maravilhosas. Avultam entre elas as de Vigo e, em geral, as de Galícia, que hei de conservar com particular carinho. O Amigo tudo fez para que eu voltasse ao Brasil como um apaixonado da sua terra e conseguiu plenamente o seu intento. A nossa visita à Editora, a nossa ida aos dois promontórios de Vigo, o desembarque do pescado no porto, a visita aos Museus de Vigo e de Pontevedra, o passeio pelas ruas adoráveis de Santiago, pela catedral, pelo Hostal dos Reis Católicos, o almoço no restaurante El Asesino... tudo ficou gravado para sempre na minha memória”. (Consello da Cultura Galega).


Sumarios


GRIAL Nº 55

Michael MacClain: Dos bardos aos trovadores (trad. De Carlos Casares). M. Rodrigues Lapa: Otero Pedrayo e o problema da língua. Xohán Vicente Viqueira: Nacimento e evolución da música. Penny Newman: “Mia madre velida”: A figura da nai nas cantigas de amigo e nas jarchas. Xosé M. Rodríguez Pampín: Ifixenia non quere morrer. Ricardo Carballo Calero: Murguía contra Valera. Salvador Lorenzana: No centenario de Teixeira de Pascoaes. Xosé María Dobarro: Poemas esquecidos de Alberto Camino. Lois Vázquez: A esparrela.

GRIAL Nº 56

Ricardo Carballo Calero: Otero Pedrayo: Unha visión de Galicia. Domingo Prieto Alonso: Un problema ortográfico e un estudio lingüístico. X. A. B. Vázquez Iglesias: A imaxe-símbolo de “sombra”, factor de unidade na obra de Rosalía. María Xosé Rodríguez Galdo: Nos alicerces do subdesenrolo galego: A pesca a mediados do século XVIII. Carmen San León Martín: O humor de Castelao. Ítalo Calvino: A lonxedade da lúa (trad. Cosme Barreiros).María Xosé Queizán: Eros e Tanatos. Xosé María Costa: O plantón. X. C. Rodríguez Herranz: Ditos a un pobo antergo. Xosé María Álvarez Cáccamo: A posición do acento nas palabras formadas por siglas. R. Carballo: Uso e abuso do galego. Gómez Román e a súa obra. Francisco Luís Bernárdez: Na casa de Teixeira de Pascoaes. Carlos Baliñas: Para os “Tipos das nosas praias” de Siro. Unha sociedade de escritores de Galicia. J. Leite de Vasconcelos: A Galliza. Nicola Chiaromonte: O teatro nos anos sesenta. A. C.: Unha historia escocesa contada por Plácido Castro. S. S.: O portugués de Valery-Larbaud.


GRIAL Nº 57

María Xosé Rodríguez Galdo: A crise agraria de 1853 e a emigración galega. Anxo Tarrío: Consideracións semiolóxicas arredor da poesía de Antonio Tovar. Salvador Lorenzana: Carta sobre o abisal e estético Baudelaire. Froilán López: Onomástica galega: Casas e Casás. Xenaro Mariñas del Valle: O bosque. Ricardo Carballo Calero: Media ducia de poemas. Xohán Ledo: Unha carta, outra, a Luís Seoane. Pedro Mas i Perera: Pompeu Fabra, ordenador do idioma catalán. A. C. Blanco: Don Andrés Martínez Salazar creador da «Biblioteca Gallega». Xosé Mª Barreiro Duro: A fauna en “Queixumes dos pinos”. Lois Tobío: Outras dúas cartas en galego a Gondomar. C. Gonzar: De onte e de hoxe. S.S. : Cómo hai que leer a Kafka. M. María Seoane: A Santiago ven El Rei.

GRIAL Nº 58

R. Carballo Calero: Bibliografía rosaliana. Antonio Regales Serna: Sobor da participación lingüística nos aspectos lingüísticos das ciencias. Con especial atención ao galego. Mª dos Anxos Abad Dapena: Galaad na novela francesa e nas sagas de Ramón Cabanillas. Gustav Janouch: Conversas con Franz Kafka. Teresa Barro: Cartas a Rosalía. Amado Ricón: Feixe de vilancetes galegos apañados nos fondos da “Hispanic Society of America” de Nova Iorque. Froilán López: Onomástica galega: Abellas e Abellás. Faustino Santalices: A gaita galega. Xosé María Costa: Conversa con Salvador Espríu. D.: Sebastián Martínez-Risco e Macías. S. S.: Rosalía e a súa sombra. D.: Domingo García-Sabell. G.: Ramón Piñeiro: presencia galega no Brasil.

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: Vicente Aleixandre

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen







Morren:

  • Clarice Lispector (Rio de Janeiro; 1920 Ucraína).





Patrocinado polo Centro de Estudios Pessoanos da Facultade de Letras, xorde en Porto a revista “Persona” dirixida por Arnaldo Saraiva, José Augusto Seabra e Maria da Glória Padrão.

Publícase a antoloxía Mantenhas para quem luta! que recolle a poesía de catorce autores e inclúe o crioulo como lingua literaria.


Adolfo Casais Monteiro: A poesia portuguesa contemporânea.


Afonso Ribeiro (Mozambique): África colonial.


Agustina Bessa Luis: As Fúrias.


Al Berto: A procura do vento num jardim d‘agosto.


Alberto Pimenta: Ascensão de dez gostos à boca (poesía) e Discurso sobre o filho-da-puta.


Alexandre O’Neill: Poesía portuguesa contemporánea (traducido por Victoria Navas e editado pola Direcção Geral de Acção Cultural para ser divulgado en España).


Alexandre Pinheiro Torres: A nau de Quixibá; O neo-realismo literário português e O movimento neo-realista em Portugal na sua primeira fase.


Alexandre Vargas: Morta a sua fala.


Álvaro Ribeiro: Memórias de um letrado.


António Aurélio Gonçalves (Cabo Verde): Biluca e Burguesinha.


António José Saraiva: Herculano e o liberalismo em Portugal.


António Júlio Valarinho: Quadros heróicos do povo em luta (teatro).


António Manuel Couto Viana: Nado nada e Coração arquivista (ensaio).


António Maria Lisboa (1928-1953): Poesia de António Maria Lisboa.


António Modesto Navarro: Memória alentejana e O norte canta a reforma agrária.


António Ramos Rosa: Boca incompleta e A imagem.


Armando da Silva Carvalho: Eu era desta areia (poesía); Armas brancas (poesía) e Portuguex.


Arnaldo Saraiva: Bilingüismo e literatura.


Artur Anselmo: Um romance da cisão: “Os tambores de s. Luís”.


Artur Portela Filho: Marçalazar.


Boaventura Cardoso (Angola): Dizanga dia muenhu.


Carlos de Oliveira: Trabalho Poético (recolha. 2 volumes 1977-1978).


Carlos Drummond de Andrade (Brasil): A visita e Discurso de primavera.


Casimiro de Brito: Prática da escrita em tempos de revolução (ensaio).


Castelo Branco Chaves: Os livros de viagens em Portugal no século XVIII e a sua projecção europeia.


Clara Crabbé Rocha: O espaço autobiográfico em Miguel Torga.


Cristóvão de Aguiar: O pão da palavra.


David Mestre (Angola): Do canto à idade .


Dinis Machado: O que diz Molero. No 1981 aparece en Alfaguara a versión en castelán.


Duarte Faria: Metamorfoses do fantástico na obra de José Régio.


Egito Gonçalves: A nordeste de junho.


Ernesto Manoel de Melo e Castro: Círculos afins (poesía).


Eugénio de Andrade: História da égua branca (Lit. Infantil).


Eugénio Lisboa: O segundo modernismo em Portugal.


Fernando Guerreiro: Livros I e II.


Fernando Namora: Cavalgada Cinzenta.


Filomena Cabral: Poemas do amor e da morte.


Heitor Gomes Teixeira: As tábuas do painel de um auto. António Serrão de Castro.


Helder Macedo: Do significado oculto de Menina e Moça.


Herberto Hélder: Cobra & etc (poesía).


Hilda Hilst (Brasil): Ficções.


J. A. Osório Mateus: Escrita de teatro.


J.H. Santos Barros: Vinte anos de literatura e arte nos Açores.


Jacinto do Prado Coelho: A Originalidade da Literatura Portuguesa.


João de Araújo Correia: Pátria Pequena (crónica).


João de Melo: A Memória de Ver Matar e Morrer.


João Gaspar Simões: José Régio e a história do movimento da “Presença”.


João Medina: Salazar em França e Herculano e a Geração de 70.


João Palma-Ferreira: Diário II.


Joaquim Manuel Magalhães: Pelos caminhos da manhâ.


Joaquim Pessoa: Amor combate.


Jorge Amado (Brasil): Tieta do Agreste.


Jorge de Sena: O Físico Prodigioso (conto).


Jorge Guimarães: Eu, o romantismo de ser.


José Augusto Seabra: Desmemória (poesía).


José Carlos Ary dos Santos: Bandeira comunista.


José Carlos González: Viagem contra o silêncio.


José Gomes Ferreira: Intervenção sonâmbula.


José Lima de Freitas: Almada e o número e As imaginações da imagem.


José Manuel Mendes: Pedra a pedra.


José Régio (1901-1969): Páginas de Doctrina e Crítica da “Presença” (ensaio).


José Saramago: Manual de pintura e caligrafía.


José Viale Moutinho: Apenas uma Estátua Equestre na Praça da Liberdade (conto).


Luís de Miranda Rocha: Coração transitivo (poesía) e Limite e limiar (ensaio).


Luís Veiga Leitão: Linhas do trópico.


Luiz Francisco Rebello: O primitivo teatro português e Combate por um teatro de combate.


Luiz Pacheco: Textos malditos.


Lygia Fagundes Telles (Brasil): Seminário dos ratos.


Manuel da Silva Ramos: Os Lusíadas.


Manuel dos Santos Lima (Angola): A pele do diabo (teatro).


Manuel Ferreira: Literaturas africanas de expresão portuguesa I e II.


Maria Alzira Seixo: Discursos do texto e Nove proposições de Diana.


Maria José de Lancastre: Peregrinatio ad loca Fernandina. La Lisbona di Pessoa.


Maria Velho da Costa: Casas Pardas.


Mário Braga: Entre duas tiranias.


Mário Cláudio: A Voz e as Vozes (poesía) e As Máscaras de Sábado (narrativa).


Mário Martins: A sátira na Literatura Medieval Portuguesa.


Nuno Júdice: Última Palabra: Sim.


Olga Gonçalves: Mandei-lhe uma boca.


Orlando Ribeiro: Introduções geográficas à história de Portugal.


Osman Lins (Brasil): Do ideal e da glória. Problemas inculturais brasileiros.


Oswaldo Osório (Cabo Verde): O cântico do habitante e Gervásio.


Paulo da Costa Domingos: Asfalto.


Pedro Barbosa: A Literatura Cibernética 1 –autopoemas gerados por computador.


Pedro da Silveira: Antologia da poesia açoriana do séc. XVI a 1975 (Livraria Sá da Costa. Lisboa. “Grial” nº 62, páx. 497).


Rodrigues Lapa publica no xornal “Comunidade” (10 de xuño) o artigo “Língua portuguesa: a quantidade e a qualidade” que incluiría no seu libro Estudos Galego-Portugueses (Sá da Costa Editora. Lisboa 1979). [...] E é por isso mesmo que procurar fazer uma língua literária que não conduza ao português, representa uma teimosia e uma insensatez. Ora a teimosia é propia do galego; mas insensato é que ele não é, de modo nenhum [...].


Ruy Duarte de Carvalho (Angola): Como se o mundo não tivesse Leste.


Sant’Anna Dionísio: Ares de Tras-os-Montes.


Sidónio Muralha: Valéria e a Vida.


Sophia de Mello Breyner: O Nome das Coisas (poesía).


Thiago de Mello (Brasil): Os estatutos do homem.


Urbano Tavares: As Pombas São Vermelhas (conto) e Estórias Alentejanas (conto).


Vital Corrêa de Araújo (Brasil):Título Provisório


Yvette K. Centeno: Sinais (poesía).








Cataluña


Nacen:

  • Llucia Ramis i Laloux (Palma, Illes Balears).



Morren:


PREMI VÍCTOR CATALÀ: Joan Rendé por Sumari d’homicida.


PREMI D’HONOR DE LES LLETRES CATALANES: Miquel Tarradell.


PREMI JOSEP PLA: Josep Maria Castellet: Josep Plá o la raó narrativa.


Créase a Associació d’Escriptors en Llengua Catalana.


Àlex Susanna: Abandonada ment (poesía).

Àngel Terron: Iniciació a la química (poesía).


Biel Mesquida e Quim Monzó: Self-service.


Carme Riera: Jo pos per testimoni les gavines.


Casasnovas: Diccionari Català-Castellà.


Fèlix Cucurull i Tey: Vida terrena.


Francesc de Borja Moll iGabriel Janer Manila: Tango.


Jaume Cabré: Toquen a morts.


Joan Brossa: Sextines 76 e Poemes de seny i cabell.


Joan Oliver “Pere Quart”: Quatre mil mots (poesía).


Josep Dalmau i Olivé: Comdemnats a creure.


Josep Maria Benet i Jornet: Revolta de bruixes (teatro).


Josep Maria Sala- Valldaura: Tot extrem voler (poesía).


Josep Palau i Fabre: Teatre.


Marc Granell i Rodríguez: Llarg camí llarg.


Maria Beneyto i Cuñat: Vidre ferit de sang (Poemario).


Miquel Martí Pol: Amb vidres a la sang (poesía) e Crònica del demà.


Montserrat Roig: Els catalans als camps nazis.


Nèstor Luján: El libro de la cocina española.


Olga Xirinacs Díaz: Botons de tiges grises (poesía).


Oriol Pi de Cabanyes:Esquinçalls d’una bandera.


Pere Gimferrer: L’espai desert (poesía).


Ramon Folch i Camarasa: Quan el terror truca a la porta.


Valerià Pujol i Bosch: Doble fons (poesía).


Ventura Gassol: Balada del bressol.


Vicent Andrés Estellés: Manual de conformitats (poesía).


Xavier Benguerel: Llibre del retorn.

Flag of Spain

Nacen:








Morren:

  • Miguel Mihura (Madrid; ibídem 1905).







PREMIO CERVANTES: Alejo Carpentier (Cuba).


PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA: JOSÉ LUIS ACQUARONI Copa de sombra.


PREMIO NACIONAL DE POESÍA: MIGUEL FERNÁNDEZ Eros y Anteros.


PREMIO NACIONAL DE ENSAIO: RAFAEL MONTESINOS Bécquer, biografía e imagen.



Agustín García Calvo: Manifiesto contra el despilfarro.


Alfonso Sastre: La sangre y la ceniza.


Álvaro Pombo: Relatos sobre la falta de sustancia.


Antonio Buero Vallejo: La detonación.


Antonio Gamoneda: Descripción de la mentira.


Antonio Martínez Ballesteros: Volverán banderas victoriosas.


Blas de Otero: Poesía con nombres.


Carlos Alvar: La poesía trovadoresca en España y Portugal (Cupasa Ed. Madrid).


Carlos Álvarez: Los poemas del bardo.


Daniel Sueiro Rodríguez: Servicio de navaja e El Valle de los Caídos (Los secretos de la cripta franquista).


Enrique Vila-Matas: La asesina ilustrada.


Fernando Macarro Castillo “Marcos Ana”: Las soledades del muro.


Francisco Brines: Insistencias en Luzbel.


Francisco Fernández Buey: Ensayos sobre Gramsci.


García Hortelano: Echarse las pecas a la espalda.


García Nieto: Súplicas por la paz del mundo y otros “collages”.


Gonzalo Torrente Ballester: Fragmentos de Apocalipsis.


Javier Sádaba: Lenguaje religioso y filosofía analítica e Amor diario.


Jesús Fernández Santos: La que no tiene nombre.


Jorge Semprún: Autobiografía de Federico Sánchez.


José Ángel Valente: El inocente.


José Luis Castillo Puche: El libro de las visiones y las apariciones.


José Manuel Caballero Bonald: Descrédito del héroe (poesía).


José María Millares: Hago mía la luz.


Juan Benet: En el Estado e Cuentos completos.


Juan Bernier: Poesía en seis tiempos.


Juan José Millás: Visión del ahogado.


Luis Mateo Díez: Apócrifo del clavel y la espina.


Manuel Vázquez Montalbán: Diccionario del Franquismo.


Miguel Delibes: El disputado voto del señor Cayo.


Rafael Alberti: Poemas del destierro y de la espera.


Ramón Carnicer Blanco: Tradición y evolución en el lenguaje actual.


Sergio Vilar: La naturaleza del franquismo.







Máis culturas:


Nacen:


  • Ivica Djikic (Tomislavgrand, Bosnia).


Morren:.

  • Carlos Pellicer Cámara ( Ciudad de México; 1897 San Juan Bautista, Villahermosa, Tabasco).
  • Juan Marinello (1898 Cuba).
  • Martín Luis Guzmán (1887 México).


  • Jacques Prévert (Cherburgo; Neuilly sur Seine 1900).
  • James Cain (1892 Annapolis, Maryland).
  • Marcel Bataillon (París; 1895 Dijon).
  • Hispanista.Robert Lowell (New York; 1917 Boston).
  • Sue Kaufman (New York; 1926 Long Island).
  • Vladimir Nabokov (Montreux-Suíza; 1899 San Petesburgo).



Alfredo Bryce Echenique: Tantas veces Pedro.


Borges: Historia de la noche.


Clara Isabel Alegría Vides: El detén (poesía).


Eduardo Galeano: Conversaciones con Raimón.


Gonzalo Rojas Pizarro: Oscuro.


Julio Cortázar: Alguien que anda por ahí.


Mario Vargas Llosa: La tía Julia y el escribidor.


Roberto Fernández Retamar: Acerca de España. Contra la leyenda negra.



Aleksander Wat (1900-1967): O meu século.Confesións dun intelectual europeo.


Annie Arnaux : Ce qu’ils disent ou rien.


Charles Bukowski: Love is a dog from hell.


Edward Bunker: The animal factory.


Friedrich Dürrenmatt: A prórroga.


Giorgio Manganelli: Pinocchio: un libro parallelo.


Günter Grass: O rodaballo.


Günter Wallraff: O xornalista indesexable.


J.M Coetzee: In the heart of the country.


John Ashbery: Tres poemas.


John Fante: The brotherhood of the grappe. Traducida no 2015 ao galego por Adrián Estévez como A irmandade da uva para a editorial Hugin e Munin de Santiago.


Mahmoud Darwish: Nupcias (poesía).


Marguerite Yourcenar: Archives du Nord.


Natalia Ginzburg: Famiglia.


Ricardo Garibay: El gobierno del cuerpo.


Robert Coover: The public burning.


Stephen King: The Shining.


Tahar Ben Jelloun: La plus haute des solitudes.


Tom Sharpe: The great pursuit.


Toni Morrison: Song of Solomon.


W. D. Snodgrass: The Führer bunker.




Tamén sucedeu...

  • CINE:

- Buñuel: Ese oscuro objeto del deseo.

- Morre Charles Spencer Chaplin (1889).

  • José Afonso grava “Enquanto há força”.
  • (24 de xaneiro) Matanza de Atocha na que morren 5 persoas no asalto a un despacho laboralista.
  • España establece relacións diplomáticas coa Unión Soviética, Checoslovaquia e Turquía (9 de febreiro).
  • Legalízase o PCE (9 de abril).
  • Elíxense democraticamente no estado español as Cortes constituíntes (15 de xuño). UCD 165 escanos; PSOE 118; PCE 20; Alianza Popular 16; PSP 6; Pacte Democratic per Catalunya 11; Unió de Centre- Democrácia Cristiana de Catalunya 2; Esquerra Republicana de Catalunya 1; PNV 8 e Euskadiko Ezquerra 1.
  • Novo Goberno presidido por Adolfo Suárez.
  • O 24 de outubro Josep Tarradellas toma posesión da Presidencia da Generalitat de Catalunya.
  • Asínanse os “Pactos de la Moncloa” (25 de outubro).
  • Dolores Ibárruri “La Pasionaria” regresa a España, saíndo elixida deputada por Asturias.
  • O Goberno devalúa a peseta un 20 %.
  • Accidente aéreo de Los Rodeos. Dous avións chocan na pista, falecendo 561 persoas.
  • Dirixentes dos principais partidos políticos asinan os Pactos da Moncloa que pretenden unha fonda reforma nas estruturas socioeconómicas.
  • Anwar el Sadat visita a Menahen Begin en Jerusalén poñendo fin ao estado de guerra entre Exipto e Israel.
  • Conflito entre Etiopía e Somalia na rexión de Ogadén.
  • A ONU impón un embargo de armas contra África do Sur, onde se agudiza a represión contra os negros.
  • Panamá e Estados Unidos acordan a recuperación da soberanía panameña sobre a canle.
  • O presidente Carter indulta os que se negaran a facer o servizo militar obrigatorio para non iren á guerra do Vietnam.
  • Inaugúrase en París o Centro Nacional de Arte e Cultura Georges Pompidou.