1961

De Xulipedia
Revisión feita o 3 de outubro de 2023 ás 10:11 por Xulio (Conversa | contribucións) (25px|Flag CPLP.gif 25px|Cataluña 25px|Flag of Spain Outras culturas)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Antón Rodríguez López (“Antón Lopo”) (Monforte de Lemos).
Anxo Angueira Viturro (Manselle, San Xián de Laíño, Dodro).
Arturo López Regueiro (Caldas de Reis).
Carme Hermida Gulías (Portela de Lamas, Forcarei).
Eva Veiga Torre (Ombre, Pontedeume).
Francisco Xosé Candeira González (Lisboa).
Manuel García Seixas (Vilagarcía).
Miguel Sande (Pastoriza, Arteixo).
Pura Salceda Carballeda (México).
Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda (Vigo; ibídem 2018).
Xavier Lorenzo Tomé (Madrid).
Xosé Amancio Liñares Giraut (Negreira).
Xosé Ricardo Losada (Rianxo).
Xosé Luís Mosquera Camba (Guísamo, Bergondo).
Xulia Alonso Díaz (A Rúa).
Outros
Fausto Castiñeiras Isorna, ilustrador e deseñador gráfico (Catoira).
Mª Xosé Fernández Iglesias, pintora, debuxante e escultora (Vigo).
O pintor Pepe Barxa (O Saviñao, Lugo).
O pintor e escultor Manuel Figueiras (México DF).
O escultor Uxío Otero Rodríguez “Garmendía” (Lugo).
O escritor Ramón Fernández Reboiras (San Xián de Laíño).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Ánxel del Castillo López (1886 A Coruña).
Aquilino Iglesia Alvariño (Santiago de Compostela; 1909 Seivane, Abadín).
Celestino Cabarcos Suárez (1883 A Laxe, Valadouro).
Fortunato Cruces Angueira (Buenos Aires; 1870 Lestrove).
Manuel Celso Garrido Rodríguez (Santiago de Chile; 1916 A Merca).
Outros
O escultor Francisco Asorey (Santiago; 1889 Cambados).
O pintor Manuel Castro Gil (Madrid; 1891 Lugo).
A pintora Elvira Santiso García (Santiago; 1872 Betanzos).
Manuel Quiroga Losada (Pontevedra; ibídem 1892).En “A Nosa Terra” nº 63 do 10 de agosto de 1918, Eladio Rodríguez publica o poema “Cobizo. Pra Manolo Quiroga” que remata así:“Toca as foliadas nosasco prodixio dos teus dedos,que quero ouvir como cantan os anxeliños do ceo”.
O escritor Rodolfo Grande Salgueiro (Salamanca; A Coruña 1937).
O músico e naturalista Jesús Carballo Taboada (1874 Santiago).

Publicacións

Galegas

  • Álvaro Cunqueiro: Si o vello Sinbad volvese ás illas... (Galaxia. “Grial” nº 72, páx. 265).
  • Eduardo Blanco Amor finalista no Premio Nadal con Los miedos. Conta Valentín Paz-Andrade en “Perspectiva e contrapunto da obra de Blanco Amor” no Extra nº 3 de “A Nosa Terra” titulado "Poema actual a Blanco Amor" (1985): “Antes de mandar todo ao concurso, expuxen ao autor algunhas reservas, sobre dúas ou tres esceas de crudo erotismo, que ao meu xuicio deberan ser atenuadas ou segregadas. A novela, ao meu xuício ainda mais lograda que A esmorga, non perdería nada por lle pasar a garlopa. Gañaría idoneidade comercial e gañaría a benevolencia da censura. Dous factores que na adxudicación de un premio instituido por unha editorial a meu ver deberan considerarse. A volta de avión recibín unha nova redacción dos pasaxes siñalados. A rebaixa na crudeza era pequena. Fiquéi desconfiado que pudería resultar insuficiente. E por desgracia acertéi”.

.A edición bonaerense de La parranda consegue este ano autorización do Ministerio de Información y Turismo para ser distribuída en España como libro de importación. É dicir, o libro non podía lerse en territorio español en galego, pero si en castelán.

  • José Ibáñez Fernández: Chacuecadas (“Morto e vivo”; “Catro ladrós honrados”; “Badaladas” “O velorio”) e Andrómenas (Madrid).
  • Manuel María: "Auto do labrego" (revista “Céltiga” do Porto) e Auto do mariñeiro (Editorial Vida Gallega de Vigo).
  • Méndez Ferrín: O crepúsculo e as formigas (Prólogo de Ramón Piñeiro titulado “As andadas literarias de Méndez Ferrín”). O censor que avaliou o libro, Juan Fernández Herrón escribe con data de 2 de xullo: “Después de destacar, en el prólogo, la personalidad humana y literaria de Méndez Ferrín, este recoge, en varios cuentos, estampas reales de la aldea, en el ambiente y en el lenguaje propios de los protagonistas. Puede autorizarse” (“Grial” nº 181).
  • Neira Vilas : Memorias dun neno labrego (Follas Novas. Buenos Aires). Cuberta de Luís Seoane e limiar de Rafael Dieste. O 22 de decembro envíalle unha carta Alberto Machado da Rosa: “Gostei moito do seu libro. Minha muller leu tambén e gostou muitísimo. A linguagem é auténtica e expressiva como auténticos e expresivos são os sentimentos que a inspiram. Sente-se uma identificação com a terra e a alma da Galiza –uma Galiza que ten muita coisa em comum com os meus Açores. Sinceros parabens”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).

Con data de 18 do antroido escríbelle Otero Pedrayo referíndose a Balbino, o protagonista de Memorias dun neno labrego: “Chegou o rapaz cos seus contos e memorias. ¡Parés imposibile o que pode lembrar e contar un rapaz! Collino da man e como estaba mañán de ollar griseiro de mociña senteime co il ó pé do cameleiro branco onde hai un banquiño xeitoso. E púxenme a escuitar. O rapaz falaba nun galego tan ben peneirado que mesmamente se espreitaban as peneiras da Nosa Fala danzando nas mans das Nais e os minutos do día e da mañán decorrían priguizosos como un rego no vrán pra non perdere chisco de aquila fala onde decorría o vivir da aldea e os medos e as [a]legrías e as chuscadas dun neno ouservador, e valente cos seus rautos de malenconía e hastra namoradeiro e sabendo disimulare aquil amoriño pola Eladia que outro, romanticamente houbera espallado en demoradas paxinas. Pro iste neno é xentil e moderno. Sabe as angueiras do campo e as doores e noxos da casa. Seu relato ten ulidos de corte, de fume, de mañán mollada sin ganas de traballar. De cando en cando as froles do camelieiro esfollanse de seu e van estrando o chan de unha fermosa neve vexetal”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 362).

Memoriasdunnenolabrego.jpg


“Após sesenta anos da primeira edición, cada páxina das Memorias dun neno labrego segue a ser unha tatuaxe colectiva da identidade galega. O marco da aldea vital retratado polo ollar, pensar e sentir de Balbino, un neno da aldea, un ninguén invisíbel a ollos da outra parte do mundo inalcanzábel, o Manolito, o neno do señor. Dous mundos contrapostos no sabor da boroa fronte ao pan de trigo, do caldo fronte ao leite; na lingua propia da casa e na outra allea da escola; no traballo arreo cuxas regras veñen determinadas pola loita de clases. Mais non cabe no horizonte de Balbino o conformismo e a resignación. O refuxio é o pensamento, a observación e a reflexión, para entender e aprender, porque a xente non pode andar “polo mundo como andan as vacas e os burros: percurando somentes pesebre”. Por iso son tan precisas sempre as renovadas lecturas destas memorias de Nós”. (Mercedes Queixas Zas. Diario “Nós” 27/05/2021).

  • Ricardo Carballo Calero: Salterio de Fingoi e Versos iñorados ou esquecidos de Eduardo Pondal (Galaxia). O censor Maximino Batanero Almazán asina o seguinte informe sobre o libro: “Compilación de versos de Pondal que no figuran en su obra académica. Son poemas en castellano, gallego, francés e italiano, sobre temas varios, generalmente amorosos o idílicos, y van precedidos de un estudio o referendo. Autorizable”. O 19 de maio, Carballo Calero escribe a Neira Vilas: […] A miña obra de creación é humilde, e como crítico literario –oficio que desempeño por obediencia, a respetables autoridades pero que me é incómodo e non constitúe a miña vocación natural- non teño máis mérito que traballar honradamente, cos ollos postos no prestixio da nosa literatura, e non no persoal dos autores comentados. Hai quen preferiría unha crítica proteccionista. É posible que haxa autores que necesiten protección; pero a nosa literatura é dabondo vizosa para necesitala. I é a ela, e non a eles a quen debo servir”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).
  • Seoane ilustra Llanto por Ignacio Sánchez Mejías, de Lorca e Diario poético de Miguel de Unamuno (Edit. Losada).
  • Silvio Santiago García : Villardevós (“Grial” nº 34, páx. 499. No prólogo di Otero Pedrayo: “Semella escrito de xoenllos, coma Fra Anxélico pintaba as súas Madonnas”.
  • Vicente Risco : Leria (Galaxia) acollido con disgusto por algúns subscritores da editorial sobre todo dos que vivían no exilio; "Apuntes sobre el mal de ojo en Galicia" (Revista de Dialectología y Tradiciones Populares. Tomo XVII) e "El libro de las horas" (artigos publicados en “La Región” entre 1949 e 1951. A portada e os debuxos son do propio Risco.
  • Víctor Luis Molinari . Poeta alófono (Buenos Aires 1904; ibidem 1980): Latitud finisterre (Follas Novas).
  • Xosé María Díaz Castro: Nimbos. En carta de Carballo Calero a Ramón Piñeiro (13-1-1956) escribe: “Celebro que coincidas conmigo en considerar interesante a poesía de Díaz Castro. A min atraime pol-a acertada combinación de cultura e sabor á terra que é a súa base. Tamén vexo n-ela unha grande seriedade, unha grande madureza, unha podente dominación da língoa e unha chea posesión dos xeitos expresivos e da técnica do verso”.(Cadernos Ramón Piñeiro XXXIII. Epistolario Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro. Xunta de Galicia. 2015).
Aparece a 2ª edición ampliada de Sempre en Galicia de Castelao (Edic. As Burgas, Buenos Aires. A primeira é de 1944). Publícase a súa conferencia de 1920 "Humorismo, Dibuxo humorístico, Caricatura" (Publicación da Real Academia Galega) e Cousas da vida (341 debuxos. Galaxia).

Relativas a Galicia

  • No número de novembro de “ Papeles de Son Armadans ”, Aquilino Iglesia e Celso Emilio Ferreiro publican, respectivamente “Nenia a Carles Riba” e “Pranto por Carles Riba”. No mesmo número Xosé María Álvarez Blázquez conta nun breve artigo que en 1954 Carles Riba lle comunicara que na súa mocidade compuxera uns poemas en galego.
  • Aparece o nº 1 da revista “Alén–Mar”, da Asociación Argentina de Hijos de Gallegos (catro números; 1961 – 1963).
  • Ve a luz como voceiro da Universidade Central de Las Villas, Santa Clara, Cuba a revista “Islas”, sendo o responsable da mesma o escritor e pintor de ascendencia galega Samuel Feijóo (1914 Jorobada, Villa Clara; 1992 La Habana). Ademais de textos de Rafael Alberti, Juan Ramón Jiménez ou José Lezama Lima, publicouse o traballo de Neira Vilas “La poesía de Novoneyra”, no número de outubro - decembro de 1965, onde aparecen traducidos vinte e un poemas de Novoneyra, acompañados de ilustracións de René Portocarrero.
  • Álvaro Cunqueiro é elixido membro da Real Academia Galega. Instálase en Vigo como colaborador fixo do “Faro de Vigo”. Na sección “Una ventana” dese xornal (25/01/1961) escribe: “Juan Perucho es una de las primeras figuras de las letras catalanas actuales, permítaseme decir que a Perucho y a mi nos atraen, alguna que otra vez, temas parejos. Yo hubiese querido escribir el Llivre de cavalleries, de Perucho, y acaso al poeta de El país de les meravelles le hubiese complacido escribir mi Merlín y familia”.
  • O Lar Gallego de Avilés saca o primeiro número da revista “Ruada”.
  • Alejandro Finisterre: Poesía de Galicia contemporánea (México).
  • Alfonso Sobrado Palomares: Agotando la esperanza (Premio Café Gijón).
  • Antón Tovar: El ladrido (Ourense).
  • Baldomero Cores Trasmonte: O corroncho de David: encol de “Música en Compostela”. (Imprenta do Seminario Conciliar de Santiago de Compostela).
  • Daniel Cortezón: La escalera (teatro) e Detrás de los pilares del Este.
  • Daniel D. Vidart (1920 Paysandú, Uruguai): Regionalismo y universalismo de la cultura gallega.
  • Faustino Rey Romero: El ángel descielado (Imp. Soler. Padrón).
  • Francisco Bouzada Fernández publica en xaneiro na revista pontevedresa “Spes”,o ensaio “Diez años de poesía gallega (1934-1944)”
  • Isidro Conde: Galicia en los poetas no gallegos (Ferrol).
  • José Fernández Méndez: Estampas gallegas (Epílogo de Álvaro Cunqueiro).
  • José Manuel Pita Andrade: El Románico y su pervivencia en Galicia.
  • Juan María Gallego Tato: Una casa con jardín e Los hombres pueden ser dioses (Teatro; Ediciones Celta, Lugo).
  • Luis Moure Mariño: Fantasías reales (Madrid).
  • Miguel González Garcés: Alrededor del mar (Madrid).

Acontecementos

  • 24 homes, asaltan o transatlántico portugués Santa María, cámbianlle o nome polo de Santa Liberdade e chaman a atención do mundo sobre a situación política da Península Ibérica baixo as ditaduras salazarista e franquista. No barco viaxan 650 pasaxeiros e 350 tripulantes. Responsabilízase da acción o DRIL (Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación). A operación, que recibe o nome de “Dulcinea”, está dirixida por tres persoas: o celanovés Xosé Velo Mosquera, o capitán portugués Henrique Galvão, e José Fernández Vázquez, coñecido na Pobra do Caramiñal como O Noé e apodado na operación, comandante Soutomaior. Aos trece días o barco entrégase en Recife (Brasil) onde piden asilo político.
    Santa maria 2.jpg
  • Castelao comeza a traballar en “Faro de Vigo”.
  • Nace en Santiago a Mocedade Galega Universitaria Católica.
  • Rafael Dieste regresa do exilio residindo en Rianxo.
  • O padre Seixas marcha de misioneiro á República Dominicana de onde regresará no 1965.
  • Antón Avilés de Taramancos marcha a Colombia a comezos de novembro (ver 1957): “Ámase Colombia desde o fondo das súas entreteas; a xente aberta e popular sempre disposta a ofrecer acobillo á terra mesma, ubérrima nas sabanas, nas veigas e nos vales, e irta nos cumes nevados onde o freilexón campa senlleiro como unha bandeira triunfal...” (Obra viva 1992).
  • Neira Vilas instálase en Cuba, comprometéndose activamente no proceso revolucionario.
  • Constitúese a Agrupación Cultural “O Galo” (Santiago), que organiza a mostra “20 Pintores Galegos”, pronunciando a conferencia inaugural Vicente Risco baixo o título “Galicia y la revolución estética”. De 1963 é a primeira directiva, presidida por Xosé María Castroviejo.
  • O granadino José Val del Omar roda en Galicia “Acariño galaico”, que non se estrearía até maio do 2000.
  • Celébrase na Coruña a II Asemblea Lusitano-Galega.
  • O 18 de setembro comezan os “Cursos de Língoa e Literatura Galega” do Centro Galego de Barcelona, impartidos por Basilio Losada.
  • Créase a Agrupación Fotográfica Compostelana.
  • O Consello de Galiza crea o Premio Castelao. O primeiro premio foi concedido ao Centro Galego de Buenos Aires.

Premios

  • Alfonso Gallego Vila gaña o “Brais Pinto” de poesía con A cidade é gaivota tesa nas ondas do mar.
  • Pousa Antelo recibe o premio Ramón Mourente de xornalismo: Producción agropecuaria de Galicia: ideas para modificar su estructura e incrementar el nivel de la renta campesina.
  • Elsa Fernández: A súa obra en galego "Escolma", finalista do concurso organizado polo grupo Brais Pinto en Madrid.

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario


Neira Vilas: Memorias dun neno labrego (Follas Novas. Buenos Aires). Cuberta de Luís Seoane e limiar de Rafael Dieste. O 22 de decembro envíalle unha carta Alberto Machado da Rosa: “Gostei moito do seu libro. Minha muller leu tambén e gostou muitísimo. A linguagem é auténtica e expressiva como auténticos e expresivos são os sentimentos que a inspiram. Sente-se uma identificação com a terra e a alma da Galiza –uma Galiza que ten muita coisa em comum com os meus Açores. Sinceros parabens”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).


Con data de 18 do antroido escríbelle Otero Pedrayo referíndose a Balbino, o protagonista de Memorias dun neno labrego: “Chegou o rapaz cos seus contos e memorias. ¡Parés imposibile o que pode lembrar e contar un rapaz! Collino da man e como estaba mañán de ollar griseiro de mociña senteime co il ó pé do cameleiro branco onde hai un banquiño xeitoso. E púxenme a escuitar. O rapaz falaba nun galego tan ben peneirado que mesmamente se espreitaban as peneiras da Nosa Fala danzando nas mans das Nais e os minutos do día e da mañán decorrían priguizosos como un rego no vrán pra non perdere chisco de aquila fala onde decorría o vivir da aldea e os medos e as [a]legrías e as chuscadas dun neno ouservador, e valente cos seus rautos de malenconía e hastra namoradeiro e sabendo disimulare aquil amoriño pola Eladia que outro, romanticamente houbera espallado en demoradas paxinas. Pro iste neno é xentil e moderno. Sabe as angueiras do campo e as doores e noxos da casa. Seu relato ten ulidos de corte, de fume, de mañán mollada sin ganas de traballar. De cando en cando as froles do camelieiro esfollanse de seu e van estrando o chan de unha fermosa neve vexetal”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 362).


O 19 de maio, Carballo Calero escribe a Neira Vilas: […] A miña obra de creación é humilde, e como crítico literario –oficio que desempeño por obediencia, a respetables autoridades pero que me é incómodo e non constitúe a miña vocación natural- non teño máis mérito que traballar honradamente, cos ollos postos no prestixio da nosa literatura, e non no persoal dos autores comentados. Hai quen preferiría unha crítica proteccionista. É posible que haxa autores que necesiten protección; pero a nosa literatura é dabondo vizosa para necesitala. I é a ela, e non a eles a quen debo servir”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).


Xosé María Díaz Castro: Nimbos. En carta de Carballo Calero a Ramón Piñeiro (13-1-1956) escribe: “Celebro que coincidas conmigo en considerar interesante a poesía de Díaz Castro. A min atraime pol-a acertada combinación de cultura e sabor á terra que é a súa base. Tamén vexo n-ela unha grande seriedade, unha grande madureza, unha podente dominación da língoa e unha chea posesión dos xeitos expresivos e da técnica do verso”.(Cadernos Ramón Piñeiro XXXIII. Epistolario Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro. Xunta de Galicia. 2015).


En carta do 12 de febreiro, escribe Otero Pedrayo a Fernández del Riego: “Eu goberno con bastante tino a miña abenza de soedades, mais ás veces teño medo. Estivemos en Ourense dous días. Soio unha miga de ledicia ás mañáns. Pechado na casa. O Risco está frouxo e calado. Os médicos danlle medicación moi enérxica. Eu teño medo. Vou ás noites á súa casa. E case sempre saio con tristura. Xa non relampa a vella alegría”.

Otero Pedrayo dirixe a Historia de Galicia.

Con data de 11/02/1961 escríbelle a Lois Tobío (Montevideo), dende Ourense: Querido e lembrado amigo: Estou moi ledo ca nova orgaización da que xa foi chamada a "Grande e Xeneral Estoria". Débolle falar con absoluta sinceridade. O empeño precisaría unha verdadeira orgaización e unha forte base económica. Os colabouradores propostos ou os mais desconfían. A vida é dura e os traballos de investigación lentos. Custan moitos as tempadas nos arquivos e as fotocopias. Sin falar por hoxe do orixinal en poder de Vde. vóulle mañifestar o estado do traballo: (...) Francamente sin cartos os mais dos colabouradores non traballan entendendo honorarios de investigación e de obras feitas. Falarei con Aquilino sobre o tratado de historia da lingoa que pode saír en calquer tempo. (Epistolario Lois Tobío. Consello da Cultura galega).

Noutra carta con data de 11/05/1961 dille o seguinte: Meu querido Tobío: Apertas. Pensando sempre nos amigos sobre todo nos de lonxe nista verde soedá trasalbesa escondida polo canto do cuco. ¡Que ben nestora comendo churros na Ferradura por as nove da mañán e mirando víbrar as torres cas balaladas da Ascensión!.. Eíqui os colabouradores da "Historia" pensada por Manuel Puente mañifestanse esceuticos, procuran non falar do problema quezáis por non amolarme a min. En tantos anos a Etnografia –non penso no introito xeografico– poido ter dado bos froitos e enqueito o nome galego en todo o mundo culto.. O traballo do Risco ten valeiros. O Risco xa non está pra traballos fortes. Peteira lixeiramente en materias literarias e deixase levar por a vaidade. Si a Etnografía saira co nome de Risco voltaría o seu verdadeiro rango.. O proieuto require – por agora e soio pra "internos"– si se levar adiante outra orgaización, cunha forte base económica e unha oficina ou centro reitor e orgaizado con ficheiros e todo o necesario. Cos cartos empregados teñense feito milagres. Pro hoxe a vida está moi outa. ¿Como se vai soster un inquerito de meses en arquivos? (Epistolario Lois Tobío. Consello da Cultura Galega).

E con data de 5 de novembro : (...) Eu teño 73, case 74 anos, con enerxia de abondo pero amingoada pola doenza da perna esquerda e tamén –entre vellos amigos pódese dicir– pola merma económica que supón a xubilación da cátedra e o cativo prodoito do capital en terras. Hoxe só é sentimento ó que me cingue os eidos herdados que non deixarei como non teña moita precisión. Hai que pensar noutro direitor mais novo e proveitoso. Farei e sigo traballando no meu XVIII e XIX.

(Epistolario Lois Tobío. Consello da Cultura Galega).


Xosé Velo escribe a súa muller Jovita con data de 21 de xullo: “Hoxe fai 25 anos que me levaron preso á Comandancia Militar. ¿Lémbraste? Vivíamos no chalet do Xavivas. Ti e a nai estábades no tanque. A nai lavando e ti gardando o neno. Eu non vos fun avisar, pra non disgustarvos. Eran moi difíciles e moi sangrentos aquiles momentos. Os asesinos aínda duran. ¡Qué tristura e qué vergoña! Foi aquil día mesmo, baixando pola carretera nova entre catro esbirros, cando me atopei de frente co fulano Parente (refírese a Xosé Luís Parente (1903-1948), aquil débil mental que casara coa da Brasa. Iles subían de paseo, víronme preso, e non, somentes, non se dignaron mirar para o “irmán Velo”, senón que, cónstame que comentou: “Estalle ben por roxo”. Eran os “gloriosos galleguistas” que deixaron de selo no mesmo día 18 de xulio...” (Xosé Velo, Textos escollidos. Deputación de Pontevedra, 2022).

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Nobel


PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Ivo Andric

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen







Morren:

  • Augusto d’Esaguy (1899).
  • Alexandre Dáskalos (1924 Huambo, Angola).
  • Ramada Curto (Lisboa; ibídem 1886).









Agustina Bessa Luís: O Manto.


Alberto de Lacerda: Palácio.


Alexandre Cabral: Margem.


Alexandre Dáskalos (Angola): Poesias.


Alfredo Margarido: A centopeia.


Álvaro Ribeiro: Estudos gerais.


António Barahona da Fonseca: Insónias e as estátuas.


António Cardoso (Angola): Poemas de circunstância.


António Gedeão: Máquina do fogo.


António Ramos Rosa: Voz inicial e Sobre o rosto da terra.


António Rebordão Navarro: Aquí e agora (poesía).


Augusto Abelaira: A palabra é de oiro.


Augusto de Castro: Homens e sombras.


Bernardo Santareno: O pecado de João Agonia.


Casimiro de Brito: Canto adolescente.


Celso Ferreira da Cunha: Estudos de poética trovadoresca.


Clarice Lispector (Brasil): A maçã no escuro.


Daniel Filipe: A invenção do amor.


Dórdio Guimarães: Mar de verão.


Eduardo Guerra Carneiro: O perfil da estátua.


Ernesto Manoel de Melo e Castro: Ideogramas.


Eugénio de Andrade: Mar de Setembro (poesía) e Antologia 1945-1961.


Faure da Rosa: Escalada.


Fernando Namora: Domingo à tarde. Traducido no 1978 ao castelán para a editorial Espasa-Calpe co título de Domingo por la tarde.


Gastão Cruz: A morte percutiva e Hematoma.


Graça Pina de Morais: Na Luz do Fim (conto).


Herberto Hélder: A colher na boca (poesía) e Poemacto (poesía).


Hernán Muñoz Garrido: Alô, Alô... Santa Maria Chamando!(Editora Mestre Jou). No prefacio recóllense unhas verbas de Carlos Junqueira de Ambía (Xosé Velo), un dos protagonistas do asalto ao “Santa María”: “... No D.R.I.L. quando não há vento se voga. Vogar de todos os seus homens, comandos da “Liberdade e justiça ou morte”, desde que lhes nasçeu a vontade de ser movimento. Por isso, o D.R.I.L, que poderá perder o vento, nunca perderá o rumo. A trama do pano das suas velas vibra a pulsação de sua juventude sem limites e sem prejuízos. O D.R.I.L. não é uma organização tenebrosa, nem terrorista, porém não se intimida nen visa a intimidar a ninguém mais que não sejam os tiranos e os seus aparelhos repressivos. Nasce para a liberdade de todos os povos ibéricos. Para a autêntica liberdade. O D.R.I.L. não é rebelde; é simples e profundamente revolucionário. Amável, porém radicalmente revolucionário...”. (‘’Xosé Velo. Textos escollidos’’ Deputación de Pontevedra 2022).


Hilda Hilst (Brasil): Trovas de muito amor para um amado senhor.


Jacinto do Prado Coelho: Poetas Pré-Românticos e Problemática da História Literária.


Jaime Salazar Sampaio: Pescador à linha (teatro).


João Apolinário: Primavera de estrelas.


João Gaspar Simões: Crítica II: Poetas contemporâneos (2 volumes).


João Maia: Poemas helénicos.


Jorge Borges de Macedo: O açucar na ilha de Madeira. Análise de um cálculo de produção dos fins do século XV.


Jorge de Sena: Poesia I e O Reino da Estupidez I (ensaio).


Jorge Dias: 'Ensaios etnológicos.


José Augusto Seabra: A vida toda (poesía).


José Carlos González: Isis ou o cérebro da noite.


José Marinho: Teoria do Ser e da Verdade.


José Régio: Filho do Homem (poesía).


Josué da Silva: Espaço e tempo.


Luandino Vieira (Angola): Duas histórias de pequenos burgueses (contos) e A vida verdadeira de Domingos Xavier.


Luís de Sttau Monteiro: Angústia para o jantar (narrativa) e Felizmente há luar (teatro).


Luís Forjaz Trigueiros: Perspectivas.


Manuel de Seabra: O fogo sagrado.


Maria Helena da Rocha Pereira: Pedro Hispano, livro sobre a conservação da saúde e Sobre a autenticidade do fragmento 44 Diehl de Anacreonte.


Maria Judite de Carvalho: As palabras poupadas.


Maria Teresa Horta: Tatuagem e Cidadelas submersas.


Mário Braga: Corpo ausente.


Mário Cesariny de Vasconcelos: Planisfério e outros poemas.


Natália Correia: Cántico do País Emerso (poesía).


Nélida Piñón (Brasil): Guía mapa de Miguel Arcanjo.


Orlando da Costa: O signo da ira.


Orlando Ribeiro: Geografia e civilização.


Osman Lins (Brasil): O fiel e a pedra.


Romeu Correia: Bonecos de luz.


Ruy Belo: Aquele grande rio Eufrates.


Salette Tavares (Mozambique): Concerto em Mi maior para clarinete e bateria.


Sant’Anna Dionísio: Amorim Viana. (Teólogo laico).


Sophia de Mello Breyner: O Cristo Cigano (poesía).


Tomaz Ribas: A dança e o ballet no passado e no presente (ensaio).


Urbano Tavares Rodrigues: Os Insubmissos.


Viriato da Cruz (Angola): Poemas.


Yvette K. Centeno: Opus I (poemas).









Cataluña


Nacen:

Morren:

  • Josep Maria de Sagarra (Barcelona; ibidem 1894).
  • Lluís Nicolau d‘Olwer (Ciudad de México; 1888 Barcelona).

PREMI VÍCTOR CATALÀ: Estanislau Torres por La Xera.


Agustí Calvet “Gaziel” : La Península inacabada. Trilogia ibèrica e Seny, treball i llibertat. En La Península inacabada, relata na súa primeira metade unha viaxe que fixo por Galicia no 1954. Comeza falando das relacións que hai entre as terras atlánticas: “(…) esteu passejant per una hisenda natural dividida en dos cossos polítics, dos Estats, Espanya i Portugal, pero dotada d’una sola ànima”.“Però tot seguit s’esdevingué que l’element mascle i l’element femella, per dir-ho així, de l’ànima gàllega, se varen separar: el mascle se n’anà Península avall, sempre arran de l’Atlàntic, a crear-hi el Portugal que havia de fer-se gloriós (…) mentre l’element femella es quedava solet a casa, somniant i sospirant, com ho fan totes les dones quan se senten desvalgudes i abandonades. Mancant-li la virior fecundant, Galícia és tan sols la més dolça, la més resignada, la mes fina, la mes bona de les ànimes en pena peninsulars”.


Baltasar Porcel: Solnegre.

Estanislau Torres: Cel de tardor.


Joan Brossa: Poemes civils e estrea Or i sal e El bell lloc.


Joan Oliver “Pere Quart”: Vacances pagades (poesía. Premi Ausiàs March 1959).


Jordi Pere Cerdà: Ocells per a Cristòfor.


Josep Maria Espinàs: Carrers de Barcelona.


Josep Maria Llompart de la Peña: Poemes de Mondragó.


Llorenç Villalonga: Bearn o La sala de les nines. Foi publicada primeiro en castelán no 1956) e L´ àngel rebel.


Marià Manent: La ciutat del temps (poemas).


Ramon Folch i Camarasa: La sala d’espera.


Santiago Alberti i Gubern: Diccionari Castellà-Català, Català-Castellà.


Tomàs Garcés: Obra poética.

Flag of Spain


Nacen:







Morren:



Alfonso Grosso: La zanja.


Ana María Matute: Historia de la Artámila.


Andrés Ruiz: La espera.


Ángel Crespo: Puerta clavada.


Ángel González: Sin esperanza, con convencimiento.


Antonio Tovar: Bosquejo de un mapa tipológico de las lenguas de América del Sur (Bogotá).


Carlos Barral: Diecinueve figuras de mi historia civil.


Carlos Muñiz: El tintero.


Carmen Laforet: Gran Canaria (ensaio).


Daniel Sueiro Rodríguez: La criba.


Diego Salvador: La metamorfosis.


Francisco Nieva: Pelo de tormenta.


Ignacio Aldecoa: Caballo de pica.


José Agustín Goytisolo: Años decisivos.


José Batlló: Los sueños en el cajón.


José Luis Aranguren: La juventud europea y otros ensayos.


José María Gironella: Un millón de muertos.


José María Recuerda: Las salvajes en Puente San Gil.


José María Rodríguez Méndez: La batalla de Verdún.


Josefina Aldecoa: A ninguna parte.


Juan Antonio de Zunzunegui: El premio.

Juan Eduardo Cirlot: Cuarto canto de la vida muerta y otros fragmentos.


Julián Ayesta: El fusilamiento de los zares (teatro).


Luis Felipe Vivanco: Lecciones para el hijo.


Luis Martín-Santos: Tiempo de silencio.


Max Aub: La calle de Valverde.


Rafael Sánchez Ferlosio: Dientes, pólvora, febrero e Y el corazón caliente.









Máis culturas:


Nacen:

Morren:.

  • Nicolás de Ormaechea (Añorga; 1888 Oreja).
  • Enrique Larreta (Buenos Aires; ibídem 1873).


  • Dashiell Hammett (New York; 1894 Maryland).
  • Ernest Hemingway (Suicídase; Idaho; 1899 Illinois).
  • Frédéric-Louis Sauser “Blaise Cendrars” (París; 1887 La Chaux-de-Fonds).
  • Giani Stuparich (Roma; 1891 Trieste).
  • Louis-Ferdinand Destouches “Céline” (Meudon; 1894 Courbevoie).


- Amanda Berenguer: Contracanto.


- Armando Uribe Arce: Los obstáculos.


- Carlos Pellicer: Material poético.


- Clara Isabel Alegría Vides: Huesped de mi tiempo.


- Elena Poniatowska: Palabras cruzadas.


- Enrique Molina: Amantes antípodas.


- Ernesto Sábato: Sobre héroes y tumbas.


- Gabriel García Márquez: El coronel no tiene quien le escriba.


- Jaime Sabines: Diario semanario.


- Jorge Díaz: El cepillo de dientes (teatro).


- Jorge Teillier: El árbol de la memoria e Los trenes de la noche y otros poemas.


- José María Arguedas: El sexto.


- Juan Carlos Onetti: El astillero.


- Juan Gelman: Velorio del solo.


- Vicente Leñero: La voz adolorida.



Allen Ginsberg: O espello baleiro.


Arnold Wesker: Their very own and Golden City (teatro).


Arthur Miller: The misfits.


Carson McCullers: Clock Without Hands.


Edward Albee: The American dream (teatro).


Friedrich Dürrenmatt: Os físicos (teatro).


Gay Talese: New York: A Serendipiter’s Journey.


Georges Bataille: Les larmes d‘Eros.


George Steiner: The Death of Tragedy.


Günter Grass: O gato e o rato.


Harold Pinter: A slight ache (teatro).


Jack Kerouac: Big sur.


Jean Genet: Les paravents (teatro).


Jerome David Salinger: Franny e Zooey.


Joseph Heller: Catch-22.


Leonardo Sciascia: Il giorno della civetta.


Max Frisch: Andorra (teatro).


Muriel Spark: The prime of Miss Jean Brodie.


Natalia Ginzburg: Le voci della sera.


Nayib Mahfuz: O ladrón e os cans.


Níkos Kazantzaquis: Exame de conciencia ante o Greco.


Philippe Sollers: Le parc.

Richard Yates: Revolutionary Road.


Samuel Beckett: Oh les beaux jours (teatro).


Stanislaw Lem: Solaris.


Susan Sontag: Contra a interpretación.

Susan Sontag 1979 ©Lynn Gilbert (headshot)


Uwe Johnson: O terceiro libro sobre Achim.



Varlam Shalámov: Encendedor (poemas).


William Burroughs: The soft machine.



  • Tamén sucedeu...

'

  • CINE:

- Luis Buñuel: Viridiana.

- Luis García Berlanga: Plácido.

- Pier Paolo Pasolini: Accatone.

- Michelangelo Antonioni: La notte.

- François Truffaut: Jules et Jim. (Nouvelle vague).

- Jean Rouch: Crónica dun verán. (Cinéma verité).

- Karel Reisz: Saturday night and sunday morning.


  • O índice de analfabetismo en España sitúase no 10,35%.
  • Comeza a construción do muro de Berlín. O día 13 de agosto o goberno da República Democrática Alemá dispuxo secretamente a creación dese obstáculo para evitar o fluxo migratorio cara a zona occidental.
  • O astronauta soviético Yuri Gagarin protagoniza o primeiro voo espacial tripulado, dando unha volta ao planeta en 108 minutos, a bordo da nave Vostok I.
  • En Bahía de Cochinos, fracasa a invasión de exiliados cubanos axudados por Estados Unidos.