1955

De Xulipedia
Revisión feita o 24 de xullo de 2023 ás 18:00 por Xulio (Conversa | contribucións) (Galegas)
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Albino Prada Blanco (O Bolo).
Alfonso Eiré (Chantada).
Anxo González Guerra (Trasar de Carballo, Cartelos, Carballedo).
Eloi Caldeiro Díaz (Sarria).
Enrique Sánchez (A Coruña).
Francisco Salinas Portugal (Bande).
Fuco Paz Souto (Monelos, A Coruña).
Manuel Ferreiro Fernández (Saavedra, Begonte).
Manuel Lourenzo González (Vilaboa).
Manuel Pereira Valcárcel (Ouzande, A Estrada).
María Xesús Pato Díaz (Ourense).
Miguel Anxo Fernández (O Carballiño).
Miguel Bóo (Xosé Miguel Alonso Bóo) (Donosti).
Xaime Domínguez Toxo (Bueu).
Xesús Manuel López Valcárcel (Lugo).
Xosé Carlos Mosteiro Fraga (Xeve; 2017)
Xosé Manuel del Caño (Santa Eufemia, Celanova).
Xosé Miranda Ruíz (Lugo).
Outros
Anxo Carracedo, catedrático de Medicina Legal e experto internacional en xenética (Santa Comba).
A actriz, pintora e escritora Rosalía Dans (A Coruña).
A actriz Marisa Soto, cofundadora do Teatro do Malbarate, impulsando a creación do CDG, e a Lei do Igaem (Silleda; 1996).
O pintor Alberte Permuy (Fene).
O pintor Antonio Labrador (Castro de Covas, Ourense).
O pintor e escultor Pepe Galán (A Coruña).
O escultor Armando Martínez (Hermida, Pontevedra).
O escultor Xurxo Oro Claro (A Golada).
O ceramista Daniel Río Rubal, “Caxigueiro” (Mondoñedo).
O Catedrático de Didáctica e Organización Escolar Xesús Rodríguez Jares (Viana do Bolo; 2008 Vigo).
O debuxante e xornalista Juan López Rico (Ribadeo).
Erín Moure (Calgary, Canadá). Poeta, tradutora ao inglés de autores galegos.
Skull.png
Pasamentos



Literatura
Antonio Couceiro Freijomil (Santiago de Compostela; 1888 Pontedeume).
Xacobe Casal Rey (A Coruña)
Outros
O químico e profesor Gonzalo Gallas Novás (Granada; 1886 Pontevedra).
O agrarista e escritor Salvador García-Bodaño Fernández (Santiago; 1896 Negreira).
O novelista e xornalista José Costa Figueiras (Chantada; 1880 Tuiriz).
¿? O organista Ángel Rodulfo González (Vigo; 1883 Baiona).

Publicacións

Galegas

  • Alfonso Gayoso : Os fidalgos de Rante (comedia con prólogo de Alberto Vilanova e ilustracións de Marcos de Abeleda).
  • Álvaro Cunqueiro : Merlín e familia i outras historias (obra dedicada ao notario vigués Alberto Casal. “Grial” nº 21, páx.370). Nunha carta a Fernández del Riego o 21 de outubro escribe Cunqueiro:“Estou descontento de cómo distribuídes o Merlín. Amigos meus de Lugo, de Ferrol quéixanse de non poder mercalo”.
  • Ángel Lázaro Machado : Lonxe, do que Otero Pedrayo dixo: “El libro más sinceramente orensano, quizás, que se haya escrito” (poesía) e El español de dos riberas (poemas).
  • Ánxel Fole : Terra brava. Contos da solaina. (relato breve; Galaxia. Limiar de Domingo García- Sabell: “De día, os labregos baixan o lombo na terra. De noite, os mariñeiros cara ao mar, baixan o lombo nas redes. Por iso en Galicia -¡que cousa, eh, que cousa! – en Galicia pódese afirmar que hai sempre dous turnos de traballo”.No nº 8 de “Galicia Emigrante” de Buenos Aires, publica Ánxel Fole “Recuerdo lucense de García Lorca”.
  • Avilés de Taramancos : As moradías do vento (separata da revista “Atlántida”).
  • Bieito Cupeiro : “ A riqueza marisqueira ” (“A Nosa Terra” nº 498).
  • Carballo Calero : Aportaciones a la literatura gallega contemporánea (Gredos) e Sete poetas (Galaxia: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, Manuel Curros Enríquez, Antonio Noriega Varela, Ramón Cabanillas, Luis Amado Carballo e Manuel Antonio. Ilustracións de Maside e Xohan Ledo). Nunha carta datada no “3 do Samartiño de 1955” comunícalle Ramón Piñeiro: “O C. Gallego de B.A. desexa financiar a pubricación de “Os Eoas” e comunicoullo á Real Academia Gallega, que é a que garda os manuscritos de Pondal. A Academia nomeou unha comisión pra estudar o problema. As conclusións a que chegou ista comisión refrexáronse nun informe enviado ó Centro Gallego […] No informe os académicos facían fincapé na enorme dificultade material que supoña o transcribir os milleiros de cuartelas que se gardan nun caixón, non só pol-o número, senón pol-as innumerábeles correicións e variantes do propio Pondal que figuran en cada unha, ademáis de que moitas dilas son indescifrábeles. Calculaban que se necesitaría unha persoa consagrada a ise labor durante varios anos.(Cadernos Ramón Piñeiro XXXIII. Epistolario Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro. Xunta de Galicia. 2015).
  • Celestino Cabarcos Suárez : Cóxegas (poemas, con prólogo de José María Castroviejo). Co mesmo nome mantivo unha sección no semanario mindoniense “Vallibria” que dirixía e editaba en Mondoñedo José Trapero Pardo. Foi o primeiro en falar en verso de Franco despois do 18 de xullo e algúns dos poemas aparecen aquí recollidos.
  • Celso Emilio Ferreiro : Voz y voto (Col. Papel de Estraza. Montevideo).
  • Daniel Cortezón : Ribanzo (galardoada no 1956 polo Centro Galego de Buenos Aires) e O esprito de Galiza (Ensaio. Premio Otero Pedrayo do Lar Galego de Caracas).
  • Eduardo Blanco Amor : A medosa Blandina, A tía lambida e A lebre das ánimas (pezas teatrais en “Galicia Emigrante”).
  • Eduardo Moreiras Collazo : A realidade esencial.
  • Eliseo Alonso : Contos do Miño (relatos con limiar de Blanco Amor). Ediciones Mundo Gallego, Buenos Aires.
  • Fermín Bouza Brey : Seitura (Braga).
  • Francisco Fernández del Riego : Escolma de poesía galega: os contemporáneos. No xornal “La Noche” do 8 de setembro publica o artigo: “La prosa cunqueiriana. Merlín en Galicia”. Nunha carta de Cunqueiro a Fernández del Riego do 21 de outubro di: “Agradézoche moito o artigo de La Noche que é moi bon, e dice gran parte do que eu quixera que fora dito do meu Merlín”.
  • García-Sabell : Disculpa de Galicia.
  • Leandro Carré Alvarellos : Nos picoutos de Antoín (Premiada polo Centro Galego de Montevideo). O 18 de xuño de 1968 escribe a Neira Vilas: “Como pode ver, non é precisamente na Galiza onde ven a luz os meus traballos, pois a novela Nos picoutos de Antoín, ofrecina a duas editoriaes galegas e respondéronme que lles non interesaba. A Galaxia nen sequer quixo conocela. As revistas literarias e xornaes de Portugal adicáronlle louvores. Escribina sobre o “terreo” con persoaxes reaes e feitos coñecidos por min, axeitados ao desenrolo da novela”. (Xosé Neira Vilas. Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).
  • Luís Pimentel colabora na revista “Vida Gallega” (Vigo).
  • Luz Pozo Garza : "Siete poemas de primavera" (separata da revista “ Atlántida ”, con portada de Urbano Lugrís González).
  • Manuel Casado Nieto : "O ronsel do meu silenzo" (poemas).
  • Manuel María : "Rosalía en la obra de Azorín" (“Vida Gallega”, 2ª época, nº 3, marzo).Recibe o Premio Pondal de Poesía convocado polo Centro Galego de Buenos Aires para o inédito Libro de pregos (1962).
  • Pura Vázquez : Maturidade (Buenos Aires).
  • Ramón Cabanillas : Versos de alleas terras e de tempos idos (Bibliófilos Gallegos).
  • Ramón de Valenzuela : “ Estampas ” en “A Nosa Terra” nº 495: “Imos escomenzar unha serie de artigos curtos encol da historia da nosa Terra, máis ben unhas estampas que marquen as cotas de triangulación da súa vida”. No nº 496: “As inquedanzas de Idacio”. No nº 497: “Godos e mouros”. No nº 498: “Don Diego Xelmírez”.
  • Ramón Otero Pedrayo: Geografía de España. Presencia y potencia del suelo y del pueblo español (Barcelona).
  • Ramón Rey Baltar “Verduguillo”: “Ao son da zanfona. Disputas caseiras”: Os probes monárquicos,/ con gran algazara, / saíron á rúa / cal si xa mandaran; / pero os falanxistas,/ cegos pol-a rabia,/ déronlles a todos / a gran azotaina.
  • Uxío Novoneira : Os Eidos (Prólogo de Ramón Piñeiro. Edit. Galaxia).
    Os eidos.jpg
    “Son os poemas d’Os eidos (1955) de Uxío Novoneyra os ecos poderosos da nosa montaña interior e dos seres que a habitan na paz de todo o vivo. A beleza irrepetible dunha voz que é revelación e música. A chave dos campos para abrir cada cancelo e comprender a inmensidade da existencia, a profundidade do amor, a extrema condición do canto e os substratos infinitos dunha fala ancestral e futura: nela entendemos o canto do paxariño pousado no bicarelo do bico do brelo e con ela somos quen de lles tocar as mans aos antepasados. Unha tuba graciosa que proxecta o estremecemento sutil do mínimo, cos pés postos en Parada do Courel, desde onde se contempla e comprende o universo” (Olga Novo. Diario “Nós”, 25 de maio de 2021).
  • Víctor Campio Pereira e Ramón Sabucedo estrean en Verín a obra O analfabeto.
  • Victoriano Taibo : escribe o libro de relatos Contos pequenos que será publicado no 2016 polo Instituto de Estudos Miñoranos. Na cuberta do manuscrito autógrafo pódese ler: “Contos pequenos. Escritos para o neno Hixinio Ultreya Beiras Cal. Vigo 1955.
  • Xosé Conde Corbal : Muiñada noitébrega ( Alén Mar. Buenos Aires).
  • Xosé Luís Allué Andrade : O noso sentimento da paisaxe (Vigo).
  • Xosé María Castroviejo : Apariciones en Galicia e La burla negra.
  • En Lisboa publícase o Diccionario de Literaturas Portuguesa, Galega e Brasileira (A parte galega foi elaborada por Guerra da Cal ).
  • Na Editorial Monterrey publícase o folleto Ofrenda lírica á nena María Isabel Ramón Algarra no día da súa Primeira Comunión (dez poemas da autoría colectiva de coñecidos amigos do seu pai Xosé Ramón e Fernández Oxea “Ben-Cho-Sey”. Entre eles estaban Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas, Carballo Calero, Augusto Casas e Fermín Bouza Brey.
  • O Centro Galego de Buenos Aires premia o libro de poemas de Xosé Luís Franco Grande Brétemas do vieiro.
  • Publícase en Vigo o libro colectivo Paisaxe e cultura no que colaboran entre outros Otero Pedrayo con “Teoría da paisaxe galega” e Cunqueiro con “El paisaje en la concepción poética”. Tamén interveñen Antonio Bonet Correa, Florentino Cuevillas, Amando Losada, X. L. Allué Andrade e Salvador Lorenzana.
  • Na revista “Poesía Española” (nº 48), aparecen poemas de María do Carme Kruckenberg : “Aos mariñeiros, meus amigos”.

Relativas a Galicia

  • Álvaro Fernández Suárez: El tiempo y el hay (Madrid).
  • Antón Tovar: Barro de nadie (Inédito ata 1987).
  • Arturo Capdevila (Argentina 1899-1967): Canto Gallego (Madrid).
  • Evaristo Correa: La noche céltica (Madrid).
  • Javier Montero Mejuto: La muerte es una persona (Madrid) e Cuentos mayores de 16 años (Madrid).
  • Lauro Olmo estrea a súa obra El milagro (Madrid).
  • Luis Moure Mariño: no nº 492 de “A Nosa Terra” reprodúcese o artigo “Una Hectárea de Patatas”, recollido de o “Faro de Vigo”.
  • Pedro Blanco del Pueyo: La casa de Brandariz.
  • Rafael Dieste: Nuevo tratado del paralelismo.
  • Salvador de Madariaga: Romances para Beatriz (Barcelona).
  • Xosé María Álvarez Blázquez: Las estatuas no hablan (Burgos).
  • Xosé Rubia Barcia: Valle Inclán y la literatura gallega (“Revista Hispánica Moderna”. New York).
  • No nº 493 de “A Nosa Terra” reprodúcese o artigo “A Unesco e as falas vernáculas”.
  • O número 7 (outubro) da revista de Braga “ 4 ventos ” (fundada en abril de 1954) foi unha homenaxe a Galiza e conta con numerosas colaboracións de autores galegos. O limiar está escrito por Sérgio da Silva Pinto e titúlase “Em louvor da Galiza”.
  • Co gallo da III Feira-Exposición Agropecuaria e Industrial de Ourense faise unha publicación conmemorativa co título de “Valdeorras”, dirixida por Ignacio Mateo.

Acontecementos

  • Pura Vázquez marcha a Venezuela.
  • Ramón Cabanillas trasládase a vivir a Baracaldo.
  • Ernesto Guerra da Cal dirixe entre 1955 e 1957 a sección de “Galician, Portuguese and Bazilian Literatures” da Modern Language Association of America”.
  • Avelino Pousa Antelo deixa a Granxa Escola de Barreiros e marcha destinado á Orotava en Tenerife. Co gallo desta viaxe, Ramón Piñeiro escríbelle a Xaime Isla o 6 de agosto: “Onte falei con Pousa... É unha verdadeira pena que un home tan preparado, tan competente, tan entusiasta e tan dinámico marche tan lonxe. Pouca xente se decata de que marcha do país un dos poucos homes consagrados en corpo e alma á nobre empresa de mellora-la vida real dos nosos campesiños. A min impresionoume tremendamente...sobre todo ó comprobar que marcha limpo de toda mesquindade, e coa alma chea de fe, soñando en seguir sendo útil á súa terra desde terras lonxanas”.
  • Manuel Martínez González (1849 Guadalajara), pasa a vivir a Santiago ao ser destinado nesta cidade o seu pai, garda civil.
  • Denégaselle o pasaporte a Ramón Piñeiro para participar no I Congreso Nacional de Filosofía en Braga, onde tiña que ler unha comunicación sobre “A filosofía e o home”.
  • Ramón Chao trasládase a París cunha beca para ampliar estudos musicais.
  • Por estas datas comeza Lueiro Rey o envío dunhas crónicas que se lían na radio “Pirenaica”, “Radio España Independiente”.
  • Lorenzo Varela coñece en Buenos Aires a Isaac Díaz Pardo.
  • Sae á luz a revista “Alborada”, “Órgano de la Casa de Galicia de São Paulo”.
  • Celébrase en Braga a I Asemblea Lusitano-Galega coa finalidade de que os intelectuais de un e outro lado do Miño espuxeran seus puntos de vista sobre temas culturais comúns.
  • George Hill director da sección española da BBC, fai en abril unha viaxe por Galicia na que grava as voces dunha serie de escritores galegos que serán emitidas no derradeiro programa do 26 de xaneiro de 1956; Álvaro Cunqueiro aparece recitando os poemas “Canción do amor cortés” e “Illa”.
  • Actúa por primeira vez en público o “Ballet Galego Rey de Viana”.
  • Espállase pola Coruña unha octavilla que di entre outras cousas:- Hable bien- Sea patriota. No sea bárbaro.- Viva España y la disciplina y nuestro idioma cervantino. Imprenta Sindical de La Coruña.
  • O 4 de marzo créase a cátedra Rosalía de Castro de cultura galega na Universidade de Madrid. Rexeitou a súa dirección Dionisio Gamallo Fierros, solicitándoa Ramón Fernández Pousa.
  • A Universidade Nacional da Plata inaugura un curso de literatura galaico – portuguesa, sendo o profesor encargado Alberto Vilanova .
  • Eríxese na cidade de Porto un monumento a Rosalía. Ao acto acudiu a súa filla Gala que conta con 85 anos.
    Monumento a rosalia porto.jpg
  • Franco inaugura o “Archivo del Reino de Galicia”.
  • Fraga Iribarne nomeado Secretario General Técnico do Ministerio de Educación Nacional (7 de maio); antes Manuel Fraga Iribarne era Secretario Xeral do Consejo Nacional de Educación.

Premios

  • Manuel María recibe o Premio Pondal de Poesía convocado polo Centro Galego de Buenos Aires para o inédito Libro de pregos (1962).

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario


Nunha carta a Fernández del Riego o 21 de outubro escribe Cunqueiro: “Estou descontento de cómo distribuídes o Merlín. Amigos meus de Lugo, de Ferrol quéixanse de non poder mercalo”.

Nunha carta datada no “3 do Samartiño de 1955” comunícalle Ramón Piñeiro a Carballo Calero: “O C. Gallego de B.A. desexa financiar a pubricación de Os Eoas e comunicoullo á Real Academia Gallega, que é a que garda os manuscritos de Pondal. A Academia nomeou unha comisión pra estudar o problema. As conclusións a que chegou ista comisión refrexáronse nun informe enviado ó Centro Gallego […] No informe os académicos facían fincapé na enorme dificultade material que supoña o transcribir os milleiros de cuartelas que se gardan nun caixón, non só pol-o número, senón pol-as innumerábeles correicións e variantes do propio Pondal que figuran en cada unha, ademáis de que moitas dilas son indescifrábeles. Calculaban que se necesitaría unha persoa consagrada a ise labor durante varios anos.(Cadernos Ramón Piñeiro XXXIII. Epistolario Ricardo Carballo Calero, Ramón Piñeiro. Xunta de Galicia. 2015).
Fernández del Riego publica no xornal “La Noche” do 8 de setembro o artigo: “La prosa cunqueiriana. Merlín en Galicia”. Nunha carta de Cunqueiro a Fernández del Riego do 21 de outubro di: “Agradézoche moito o artigo de La Noche que é moi bon, e dice gran parte do que eu quixera que fora dito do meu Merlín”.


Leandro Carré Alvarellos: Nos picoutos de Antoín (Premiada polo Centro Galego de Montevideo). O 18 de xuño de 1968 escribe a Neira Vilas: “Como pode ver, non é precisamente na Galiza onde ven a luz os meus traballos, pois a novela Nos picoutos de Antoín, ofrecina a duas editoriaes galegas e respondéronme que lles non interesaba. A Galaxia nen sequer quixo conocela. As revistas literarias e xornaes de Portugal adicáronlle louvores. Escribina sobre o “terreo” con persoaxes reaes e feitos coñecidos por min, axeitados ao desenrolo da novela”. (Xosé Neira Vilas. Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).

Avelino Pousa Antelo deixa a Granxa Escola de Barreiros e marcha destinado á Orotava en Tenerife. Co gallo desta viaxe, Ramón Piñeiro escríbelle a Xaime Isla o 6 de agosto:“Onte falei con Pousa... É unha verdadeira pena que un home tan preparado, tan competente, tan entusiasta e tan dinámico marche tan lonxe. Pouca xente se decata de que marcha do país un dos poucos homes consagrados en corpo e alma á nobre empresa de mellora-la vida real dos nosos campesiños. A min impresionoume tremendamente...sobre todo ó comprobar que marcha limpo de toda mesquindade, e coa alma chea de fe, soñando en seguir sendo útil á súa terra desde terras lonxanas”.
No 1954, Valentín Paz Andrade publica Pranto matricial. Dende Baracaldo (22 do mes de Santiago, 1955), escríbelle Ramón Cabanillas : Supoñíate en Bogotá por unha crónica pubricada nun xornal de Bilbao. Recibo o Pranto Matricial que sabía editado e non o conecía; “Teu destiño” é unha xoia; a versión ó castelán é boa e conserva toda a frescura; e o retrato de Maside é definitivo e insuperabre: e él en persoa, ó meu parecer unha obra de mestre, e vouno separar do libro e poñelo nun coadro. Eu ando moi mal, sobor de todo da vista, pois xa non vexo un burro a tres pasos. (Ramón Cabanillas. 3 Obra completa. Akal Editor 1981).
Valentín Paz Andrade escribe Canto do pobo disperso en Bogotá. Non se publicará ata o 2012 polo Consello da Cultura Galega, en edición a cargo de María Xesús Lama, autora tamén do estudo introdutorio. Con data de 7 de setembro, escribe Ramón Cabanillas a Valentín Paz Andrade dende Baracaldo: […] Lin, máis dunha vez –e quédome con el si o non percisas- o “Canto do pobo disperso”. Anque son unha ponla seca dos arbre crásico –coido que a derradeira- dende que me espertóu o crarín de “O Galo” de Amado Carballo, sempre tiven o oído atento ás novas voces poéticas, deica onde me chegaban neste ir e vir da miña vida abaneante e, inda agora, de vello sin asento nin repouso. Morto meu compañeiro dos días tráxicos do 36 Crecente Vega, do que inda dormen inéditos mélidos poemas da meirande tenrura, escoitéi con arroubo a Iglesias Alvariño, a Cunqueiro, a Cuña e a Celso Ferreiro que, con outros, inda darán froitos acelmosos, mais che confeso que esa nova froración que loce e arrecende a groria, tópoa un anaco alonxada do sentimento da Terra, mergullada en conceuciós universaes, sin dúbida porque eu entendo que somentes teremos posto no universal traballando con amor e fidelidad o noso horto rexional.Ti, non. O teu poema é unha firme pasada no vieiro racial. O asunto, máis galego que o Miño; o léxico, formidabre; e o sentido rítmico, axustado e armonioso, danlle unha unidade e unha beleza forte e rexamente travada. […] Acertache nun todo: eu non son tan á boa de Dios como me fan para o palmoteo e a gabanza, e dígoche que fixeche unha cousa boa, francamente boa, enraizada fondamente na Terra. (Ramón Cabanillas. 3 Obra Completa. Akal Editor 1981).


Noutra carta do 14 de outubro, dille tamén Ramón Cabanillas : “Ó dar volta de Roma atoparías a miña carta: mandéina certificada, mais, con todo, poida que a non recibiras porque sospeito que somos moitos os que estamos suxetos a unha vixilancia gubernativa que me parece cousa de risa. Soupen que por algo deso chegaron a deter a Paco, anque non conozo o conto as dereitas: ¡válame Dios! ¡qué parvadas e qué mentalidade! […] Como a miña ousesión é chegar á pubricación do diccionario “galego-galego”, laboura que espero leve a cabo a primeira xeración ceibe que veña tras de nós, estimo moi conveniente que pubriques o teu poema porque é moi rico en novas verbas e eu teño moito medo a que as enxebres se perdan no barullo e desconcerto dos nosos días. Sempre teño presente unha frase que lle ouín a García de Diego: “Cada gallego que muere se lleva una palabra a la tumba” […] Cando te atopes antre nosos irmáns en desterro, forzoso ou voluntario, dille cánto espero deles en enxergamento da nosa Terra asoballada”. (Ramón Cabanillas. 3 Obra Completa. Akal Editor 1981).

O 15 de novembro, dende Baracaldo, escríbelle Ramón Cabanillas a Fernández del Riego: […] Soupen tamén que andiveron contigo a voltas por non sei que perigosas conspiracións, coido que fillas dos pantasmas e ensoñacións a que son dados os conservadores do orde e da tranquilidade púbricos. (Ramón Cabanillas. 3 Obra Completa. Akal Editor 1981).

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Nobel



PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Halldór Laxness


Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen

Morren:



Alberto de Lacerda: 77 poems (edic. bilingüe).

Alexandre Cabral: Malta brava.


António Botto: Fátima –Poema do Mundo.


António José Saraiva: Para a história da cultura em Portugal (Tres volumes, 1950, 1955 e 1960).


António Rebordão Navarro: O mundo completo.


Ariano Suassuna (Brasil): Auto da compadecida.


Armindo Mendes de Carvalho: A voz e o círculo.


Carlos Drummond de Andrade (Brasil): Viola de bolso.


Domingos Monteiro: Histórias castelhanas (Cinco historias de tema hispano: “Terra imortal”, “A mais linda mulher de Espanha”, “Tentação”, “Uma história a contento de todos” e “As terras de Alvargonzález”).


Faure da Rosa: Espelho da vida.


Francisco Costa: Cântico em tom maior.


Graça Pina de Morais: O Pobre de Santiago (conto).


Guedes de Amorim: Janela sobre o Passeio.


Ilse Losa: Aquí Havia uma Casa.


Irene Lisboa: Uma mão cheia de nada, outra de coisa nenhuma.


Jaime Salazar Sampaio: O romance de uma rosa verde.


João Apolinário: Morse de sangue.


João Bigotte Chorão: O discípulo nocturno.


João Cabral do Nascimento: Fábulas.


Jorge de Sena: As Evidências (poesía).


Luís Veiga Leitão: Noite de pedra.


Luísa Dacosta: Província.


Manuel Laranjeira (1877- 1912): Pessimismo nacional.


Manuel Mendes: Alvorada.


Maria da Graça Freire: Evocação de Rosalía de Castro.


Maria Helena da Rocha Pereira: Concepções helénicas de felicidade no além, de Homero a Platão.


Miguel Torga: Traço de União.


Natália Correia: Poemas.


Natália Nunes: Autobiografia duma mulher romântica.


Natércia Freire: Infância de que nasci.


Orlando da Costa: Sete odes do canto comum.


Orlando Vitorino fai a tradución de Yerma ao portugués xunto con Azinhal Abelho.


Osman Lins (Brasil): O visitante.


Pedro Homem de Melo: Grande, Grande era a Cidade.


Raul de Carvalho: Poesia e Mesa dea solidão.


Rogério de Freitas: Um resto de esperança.


Romeu Correia: Isaura (teatro).


Tomaz da Fonseca: Fátima. Cartas ao cardeal patriarca de Lisboa.


Urbano Tavares: Vida Perigosa (conto).


Vitorino Magalhães Godinho: Prix et monnaies au Portugal 1750-1850.


Vitorino Nemésio: O Pão e a Culpa (poesía).





Cataluña


Nacen:

Morren:

  • Josep Maria Junoy (Barcelona; ibídem 1887).


PREMI VÍCTOR CATALÀ: Lluís Ferran de Pol por La ciutat i el tròpic.

Fúndase a “Agrupació Dramàtica de Barcelona”.


Aparece El Club dels Novel.listes, colección de novela en catalán.


Joan Fuster: El descrèdit de la realitat (ensaio).


Jordi Sarsanedas: La Rambla de les Flors.


Josep Carner: Cop de vent (teatro).


Josep Maria Espinàs: El gandul.


Josep Pla: Cartes d’Itàlia; Santiago Rusiñol i el seu temps; Els moments e Week-end d’estiu a Nova York.


Manuel Sanchis Guarner: Els molins de vent de Mallorca.


Maria Aurèlia Capmany: L´altra ciutat.


Pere Calders: Cròniques de la veritat oculta (traducido ao galego no 1985 por Xavier Rodríguez Baixeras: Crónicas da verdade oculta. Xerais).


Ramon Folch i Camarasa: Aquesta petita cosa (Teatro).


Ramón Xirau i Subias: L’espill soterrat (poesía).


Salvador Espriu: Final del laberint (poesía).


Tomàs Garcés: Viatge d’octubre (poesía).


Xavier Benguerel: El testament.

Flag of Spain

Nacen:


Morren:

  • Concha Espina (Madrid; 1877 Santander).
  • José Ortega y Gasset (Madrid; ibídem 1883).



Aparece a revista “Rocamador”.

Alejandro Casona: Corona de amor y muerte (lenda dramática en tres actos sobre o tema de Inés de Castro).


Ana María Matute: En esta tierra.


Ángel González: Áspero mundo.


Antonio Prieto: Tres pisadas de hombre.


Blas de Otero: Pido la paz y la palabra.


Camilo José Cela: La Catira. No 1958 aparece a versión en portugués: A catira.


Carlos Llopis: De acuerdo, Susana.


Carlos Sahagún: Hombre naciente.


Carmen Martín Gaite: El balneario.


Carlos Sahagún Beltrán: Hombre naciente.


Dámaso Alonso: Hombre y Dios.


Edgar Neville: Adelita.


Elena Quiroga Abarca : La careta e La enferma. No artigo “Elena Quiroga Abarca” de Patricia Arias Chachero (“Grial” nº 210; 2016) dise: “Durante a estancia na vila mariñeira, Quiroga aluga un cuarto na casa familiar de Rafael Dieste e coñece a irmá deste, Olegaria Dieste […] En Rianxo murmúrase que Olegaria, namorada desde nena do seu veciño Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, comezou a sentirse enferma cando este casou con Virxinia Pereira, aló polo ano 1912. A un dos artigos semanais do profesor Alonso Montero debemos o dato de que, fortemente impresionada pola historia de Olegaria, a gañadora do Nadal acorda escribir un relato inspirado en tan particular historia. O texto titulado La enferma, apareceu en 1955 e cóntanos a historia de Liberata que, como Olegaria, vive encerrada en si mesma, deitada nunha cama sen padecer mal evidente […] A historia non debía ser descoñecida. Julio Sigüenza, falando dela di: “Hay en La enferma (que yo creo magistral novela en clave, y en la que no me es difícíl reconocer en el protagonista –varón- a un querido amigo mío y gran artista de nuestra tierra que duerme ya en la eternidad) una extraordinaria presencia de Galicia”. Alonso Montero trata o tema en La Voz de Galicia 29-I-1999 e 4-I-2019.


Francisco Ayala: Historias de macacos.


Gabriel Celaya: Cantos íberos.


García Nieto: La red.


Gerardo Diego: Amazona.


Gloria Fuertes: Pirulí, versos para párvulos.


Ignacio Aldecoa: Espera de tercera clase e Vísperas del silencio.


José Agustín Goytisolo: El retorno.


José Ángel Valente: A modo de esperanza (Premio Adonais 1954).


José Montero Padilla: "Algunos poemas poco conocidos de la Pardo Bazán" (artigo na “Revista de Literatura” de Madrid).


José Ruibal: Los mendigos.


José Suárez Carreño: Proceso personal.


Juan Goytisolo: Duelo en el paraíso.


Luis Romero: Las viejas voces.


Manuel Altolaguirre: Poemas en América.


Manuel Padorno: Oí crecer a las palomas.


María Luz Morales: Balcón al Atlántico: otra novela sin héroe (Edit. Surco. Barcelona).


Mercedes Salisachs Roviralta: Primera mañana, última mañana.


Miguel Delibes: Diario de un cazador.


Miguel Mihura: ¡Sublime decisión!.


Ramón Gómez de la Serna: Total de greguerías.




Máis culturas:


Nacen:


Morren:.

  • Andrés Eloy Blanco (México D. F.; 1897 Cumaná, Venezuela).
  • Mariano Latorre (Santiago de Chile; 1886 Cobquecura).
  • James Agee (New York; 1909 Knoxville).
  • Paul Claudel (París; 1868 Villeneuve-sur-Fère).
  • Thomas Mann (Zúrich; 1875 Lübeck, Alemaña).
  • Wallace Stevens (Hartford; 1879 Pensilvania).


Alejandra Pizarnik: La tierra más ajena.

Alejo Carpentier: El acoso.


Clara Isabel Alegría Vides: Acuario.


Elena Poniatowska: La luna y sus lunitas.


Gabriel García Márquez: La hojarasca e Relato de un náufrago.


Juan Rulfo: Pedro Páramo.

Pedro paramo55a43a34ee7b4 300h.jpg


Juana Ibarbourou: Romances del destino.


Manuel Mújica Laínez: Los viajeros.


Miguel Otero Silva: Casas muertas.


Ricardo Garibay: El coronel.


Roberto Fernández Retamar: Alabanzas, conversaciones (poesía).


Víctor Luis Molinari: no nº 498 de “A Nosa Terra” publícase o artigo: “Víctor Luis Molinari dictou unha ademirabel leición de galeguidade”, no que se fai referencia a unha conferencia ditada no Centro Pontevedrés o día 8 de outubro: “E hoxe coñece como poucos o problema político de Galiza. E como poucos tamén, vive identificado coa loita da nosa reivindicación nacional”. Recollendo as súas palabras: “… Ser galego imprica un compromiso co mundo, […] Pro é que non abonda ter nado en Galiza para sere galego. O fundamental é sentirse galego. Eufóricamente. Ledamente. Conscentemente. Cabalmente. Valentemente galego”.



Alain Robbe-Grillet: Le voyeur.


Arthur Miller: A view from the bridge (teatro).


Boris Pahor: A cidade na bahía.


Claude Lévi-Strauss: Tristes tropiques.


Christine Arnothy: Teño quince anos e non quero morrer.


Czeslaw Milosz: O val do Issa.


Georges Bataille: Le bleu du ciel.


Graham Greene: The quiet American.


Gregory Corso: The vestal lady and other poems.


Hermann Hesse: O lobo estepario.


Marguerite Duras: Le square.


Paul Celan: Von Schwelle zu Schwelle (De umbral en umbral. Poesía).


Patrick Dennis: Auntie Mame.


Patrick White: The tree of man (A árbore do home).


Philip Larkin: The less deceived (A menos engañada. Poesía).


Pier Paolo Pasolini: Ragazzi di vita.


Sloan Wilson: O home do traxe gris.


Tennesse Williams: Cat on a hot tin roof (teatro).


Vladimir Nabokov: Lolita (Traducida ao galego no 2008 por Xesús Fraga para Faktoría K).



Tamén sucedeu...

  • CINE:

- Luis Buñuel : Ensayo de un crimen e Así es la aurora.

- Akira Kurosawa : Vivir.

  • España admitida na ONU o que supón o recoñecemento internacional do réxime franquista.
  • España concede un estatuto de autonomía a Guinea e divídea en dúas provincias, Fernando Poo e Río Muni.
  • Os países socialistas asinan o Pacto de Varsovia: a Unión Soviética e os estados da Europa oriental asinan un tratado de defensa baixo mando soviético. Do mesmo xeito que a OTAN agrupa os occidentais, é a culminación do proceso de “guerra fría” actualmente establecido no mundo e que se orixinou ao final da Segunda Guerra Mundial pola ascensión de dúas potencias hexemónicas: Estados Unidos e a Unión Soviética.
  • Representantes de 29 países de África e Asia reúnense na cidade indonesia de Bandung para deseñar unha política internacional común e independente dos dous grandes bloques. A importancia demográfica destes países contrasta coa súa debilidade política e económica.
  • A insurrección e a folga xeral obrigan o presidente Perón a exilarse. O golpe de gracia ao peronismo asestoullo a Igrexa, estamento co que Perón comezou a ter discrepancias a finais do ano pasado a causa da súa intromisión na vida política a través do “Partido Demócrata Cristiano”. Perón aprobou un conxunto de medidas, como o intento de legalización do divorcio, a supresión do ensino relixioso nas escolas e a elaboración dun proxecto de reforma constitucional para a separación da Igrexa e o Estado, que aumentou o malestar social ata o punto de provocar a caída do réxime.
  • Morren:

- O actor James Dean .

- Charlie Parker (New York; 1920 Kansas City).

- O pintor Fernand Léger (1881 Argentan, Normandía).

- Albert Einstein (Princeton; 1879 Ulm).