1885
Índice
Cultura galega
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos |
---|
Literatura |
Morren:Rosalía de Castro (15 de xullo Padrón; 1837 Santiago de Compostela).“Do mar pola orelamireina pasar,na frente unha estrela,no bico un cantar.A musa dos pobosque vin pasar eucomesta dos lobos,comesta morréu”.(Curros Enríquez).O 16 de xullo, Pondal escribe a Manuel Murguía: “Rosalía ha muerto en la tierra en que ha nacido, respetada y querida de todos. Mas, ¡Rosalía no ha muerto!”.(Manuel Ferreiro: Pondal: do dandysmo á loucura. Biografía e correspondéncia. Laiovento 1991). |
Outros |
Publicacións
Galegas
Alberto García Ferreiro: “Luz e sombra”, poema en “O tío Marcos d’a Portela” (8 de febreiro); “Camiño de Monforte” (7, 14, 21 e 28 de xuño) e “Botón d’ouro” (12 de xullo). No parrafeo “oitenta e sete” (19 de xullo) aparece traducido ao galego un poema de Gustavo A. Bécquer. “¡Rosalía Castro!” (6 de setembro); “¡Atrás! (13 de setembro); ¡Ay! (20 de setembro); “N-a loita” (27 de setembro); “Alí…” (4 de outubro); “Homenaxe ó meu bó amigo Virxilio García” (22 de novembro); “Bruxerías” (29 de novembro).
Benito Fernández Alonso: “A festa d’o San Ramón”, en “O tío Marcos d’a Portela”, 4 de outubro. “O San Benito” (5 de xullo). “Entre ratos” (1 de novembro).
Bernardo Barreiro de W (Vázquez Varela): Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia y el famoso libro de San Cibrán. Publicado en galego por Toxosoutos no 2009 en edición de Clodio González.
Cesáreo López Pinal: “Dend’o Carballiño”, en “O tío Marcos d’a Portela” (25 de outubro).
Eduardo Núñez Sarmiento: “Esalaciós” (Poema en “O tío Marcos d’a Portela” (18 de outubro); “Non falta nada” (6 de decembro); “A ela… ¡meu amor!” (27 de decembro).
Eduardo Pondal: “O zreixal”, poema en “O tío Marcos d’a Portela” (8 de novembro).
Enrique Labarta Pose: Última novedad (poemas).
Evaristo Martelo: Os afillados do demo.
Fernando García Acuña: “Cala c’o conto”, poema en “O tío Marcos da Portela” (25 de xaneiro).
Francisco Añón Paz (1812-1878): “Himno á agricultura”(25 de xaneiro).
Francisco Lourido Sánchez: “Dúas almas amigas” en “O tío Marcos d’a Portela” (25 de agosto).
Francisco María de la Iglesia: “Panxoliña de Nadal”, en “O tío Marcos da Portela” (4 de xaneiro); “As bagoas d’aurora. A caron d’o agro santo onde dorme Rosalía” (25 de outubro; “segundo premio n-o certéme celebrado pol-a Sociedá d’Artesaos d’a Cruña en honor de tan distinguida poetisa”).
José Pérez Ballesteros: Cancionero Popular Gallego y en particular de la provincia de la Coruña (Tres tomos. Madrid. Prólogo de Teófilo Braga). En “O tío Marcos d’a Portela” (15 de marzo) aparece o seu poema “A Carmela”; “Un soño” (6 de decembro).
Laureano Guitián Rubinos: Unha noite na casa do tío Farruco do Pinedo. Premiado no certame literario celebrado en Lugo en outubro de 1877. (Lugo. Imprenta de Soto Freire). No 1908 fora publicado na revista bonaerense “Almanaque gallego para 1909”.
Lisardo Barreiro: “As tres hirmáns” poema en “O tío Marcos d’a Portela” (4 de xaneiro); “Xuana” (25 de xaneiro), “Aletexos” (8 de marzo) ; “Unha aperta” (19 de abril); “A Rosalía Castro” (4 de outubro).
Manuel Amor Meilán: “A ponte d’o demo” poema en “O tío Marcos d’a Portela” (16 de agosto); “Lembranzas e soedades” (11 de outubro); “A mau d’a santa” (1 de novembro).
Manuel Lugrís Freire: “Quen engañ’a quen”, composición en “O tío Marcos d’a Portela” (17 de maio).
Manuel Martínez González: “A Romería”, en “O tío Marcos d’a Portela” (5 de abril) co seguinte texto: “Esta composicion foi laureada n-os Xogos Frorales de Pontevedra d’o mes d’Agosto de 1882, adxudicándosell’o premio ofrecido pol-o Excmo. señor D. Raimundo F. Vilaverde, á quen ll’a dedicou dempoil o autor”; “Idilio” (27 de setembro); “A lúa de Cangas” (15 de novembro); “Bo consello” (29 de novembro).
A partir do nº 363 publícase na revista de Montevideo “La unión gallega”: “A fuliada. Juguete cómico en un acto y en verso gallego” de Manuel Mato Vizoso, indicando que se representara por primeira vez en Vilalba o 1 de setembro de 1881.
Manuel Núñez González: “¡Non esra milagre!... (Poema en “O tío Marcos d’a Portela” (18 de outubro); “Alegrías e tristuras” (13 de decembro); “Lenda” (20 decembro).
Marcial Valladares: “Terriña por terra: a terra d’a Ulliña”, composición en “O tío Marcos d’a Portela” (17 de maio); “A castañeira en Santiago” (13 de decembro).
Murguía: Los precursores ( A Coruña. Primeiro libro da colección “Biblioteca Gallega”). O 17 de xullo, só dous días despois da morte de Rosalía, publica “La Voz de Galicia” o capítulo que Murguía lle dedicaba a súa dona no libro Los Precursores, aínda no prelo:“El éxito alcanzado por los Cantares fue grande, en especial fuera del país para el cual habían sido escritos. Todavía dura, pero más que en ningún otro sitio en Cataluña. Diríase que era un libro suyo. Sus críticos le dedicaron extensos artículos, sus poetas tradujeron la mayor parte de las composiciones. Era natural que así sucediese. Iniciábase para Galicia en los Cantares el movimiento que estaban llevando a cumplido término. Era un soldado que venía a combatir en sus filas: ya no se podía decir que sólo de labios catalanes salía la protesta”. […]“En sus ojos no se refleja ya otra luz que la del mal que la consume y aniquila...”.
Raúl Muñiz: “¡Cant’eu dixera”!... (O tío Marcos d’a Portela, 2 de agosto. “D’o novo libro Treboadas”).
Roque Grilo Berzas (Remigio Garrido Bouzas): Intervén no “Parrafeo cento oito” (13 de decembro) de “O tío Marcos d’a Portela”.
Roque Pesqueira Crespo: “Xa non volvo”, composición en “O tío Marcos d’a Portela” (6 de setembro); “Estamos servidos!...” (20 setembro); “Retrónecas” (11 de outubro); “Cazando” (8 de novembro).
Roxelio Cibeira: “A feira d’os nenos” (En “O tío Marcos d’a Portela”, 25 de outubro).
X. Barcia Caballero: “¡Rosalía Castro! “Primeiro premio n-o certàme celebrado pol-a Sociedá d’Artesaos d’a Cruña”. (“O tío Marcos d’a Portela” , 11 de outubro).
Xan Fernández Casal: Colabora con algúns poemas en “O tío Marcos d’a Portela”: “Noites d’inverno” (15 de novembro).
Xesús Rodríguez López: “Cousas d’as mulleres” (“O tío Marcos d’a Portela, 21 de xuño).
Xosé García Mosquera: “Recordos d’Azara” composición en “O tío Marcos d’a Portela” (19 de xullo).Xosé Pérez Ballesteros: “Cantares” en “O tío Marcos d’a Portela”, (13 de decembro); ¡Bágoas! (20 de decembro).
Relativas a Galicia
Juan Fernández-Latorre e Andrés Martínez Salazar fundan a colección “Biblioteca Gallega”, que se iniciará con “Los Precursores” de Murguía.
Créase en Ferrol o semanario “Galicia”. “Ciencia-literatura-artes”, escrito en galego. Sae o 10 de maio o que parece ser o seu único número.
Manuel Lugrís Freire (“Roque das Mariñas”), e Ramón Armada Teijeiro (“Chumín de Céltigos”) fundan en Cuba “A gaita gallega” (5-7-1885 ao 18-12-1887. Reaparece o 20 de xullo do 89 como suplemento de “El Eco de Galicia”, desaparecendo definitivamente no mes de nadal. (Primeiro periódico en América redactado integramente en galego). Tiña como subtítulo “Repinica muiñeiras, fandangos y alboradas unha vez ó mes” O 16 de agosto publica en portada unha tocata fúnebre en honor de Rosalía. No primeiro número di: “A lingua en qu‘as nosas nais nos ensinaron a sentir as primeiras emociós; isa lingua é dina e merecente de que teña no Novo Mundo un periódico escrito somente n-ela”. Lugrís emprega pseudónimos coma “Roque d’as Mariñas”, “Chumín de Céltigos” e “K.Ñoto”. A finais de ano comeza a colaborar en “Galicia Moderna”.
Comeza a publicarse en La Habana o semanario bilingüe, “Galicia Moderna”, baixo a dirección de José Novo García, que no seu número do 9 de agosto, dedica sentidas páxinas a falar da morte de Rosalía (1885).
En Pontevedra aparece a revista “Galicia Cómica”, dirixida por Torcuato Ulloa (1886).
Aparece en Vigo o xornal “El Independiente”.En Pontevedra sae “El trueno”, publicación dirixida por Albino Simán co subtítulo de “Periódico tempestivo, recreativo y jocosatírico”.
O parrafeo oitenta e oito de “O tío Marcos d’a Portela” (26 de xullo) dedicado a Rosalía de Castro. Inclúe un poema de Lamas Carvajal:Rousiñol d’a miña pátria,d’a nosa ribeira rola,pombiña con pico d’ouro,xénio esprendente de groria;non sei que teñen teus cantos,non sei que teñen tuas trovas,qu’o meu corazón inframancando as digo de memoria;desque as deprendin de nenodecote se me recordan. (…).
E outro de Xavier Valcarce Ocampo:Si, qu’é certo m’o din d’os poetasas liras queixosas…Rosalía… morreu!... Pero viven-a eterna memoriad’a sua pátria!... qu’os xénios non morren¡pra terra que honran!
Filomena Dato Muruais: Romances y cantares (Ourense).
Francisca González Garrido (“Fanny Garrido” e “Eulalia de Liáns”): Escaramuzas.
Francisco Lumbreras: Hojas sueltas.Juan Bautista Armada y Losada: Antonio Fuertes (Madrid).
Acontecementos
Murguía nomeado “Cronista General de Galicia”.
A Sociedade Lírica de La Habana “Aires da miña terra”, nomea a Curros presidente de honor.
Para Curros a democracia en España só é compatible cunha forma de goberno republicana e no poema “Sobre unha foxa”, elaborado á morte do rei amosa a súa teima antimonárquica:“Meditai, lampantís da monarquía, xunto á cova que se abre,e decime qué queda do voso ídolosi non ruína e sangue...”.
O xuíz Mella Montenegro, que condenara a Curros, condena a Silverio, irmán de Lamas Carvajal, que se fixo responsable dun escrito no que atacaba ao alcalde do Carballiño, a tres meses e un día. Durante o tempo en que o seu irmán cumpriu a condena, “O tío Marcos” reproduciu na súa portada o campesiño detrás dunha rexa protexida por un soldado: Dende o parrafeo noventa e un (16 de agosto ata o parrafeo noventa e cinco (15 de setembro).En “O tío Marcos d’a Portela” aparece o día 8 de febreiro:“Rapazas d’o Carballiño,d’o Ribeiro e de Maceda,meus tesouros, miñas xoyas,miñas rolas, miñas nenas,todas cantas feitizandesa nosa rexión gallega,co eses churrusqueiros ollosque amor e pracer lostregan,vide a loumiñar as coitasd’este d’as brancas guedellas vello débre, arrangallado,que xa non pode co-as pernas.Según me contaron onte,pol-o mandado d’Audenciairei dous meses e un diaa parolar á cadea..”Nos números do 15 e do 22 de febreiro de “O tío Marcos d’a Portela” aparece recollida a sentenza da Audiencia de Ourense. No “Parrafeo satenta e dous” de “O tío Marcos” (5 de abril) aparece: “Deixou de ser alcalde o alcalde d’o Carballiño. Deron co-él en terra, dinantes d’entrar eu n’a cadea. A xusticia de Dios non é com’a d’os homes. A vara d’o mando, trocóuselle en vara de medir (…).Agora que deixou de ser alcalde, supoño que non terá talento. A cousa non ten volta. Si ó porlle a vara n-a mau lle meteron o talento n-a cabeza, ó tirarlla tamén ll’o sacaron e pode ser que saise con meolos, pois o talento que se pranta ou que s’inxerta, fai como as malas erbas, prende que renega e non s’arrinca de raíz sin que saya con terrós´E como teño deprendido que os terrós d’a cabeza son os miolos, por eso falo.Si tal socedeu quedou aviado: a sua cabeza alcontrarase mais valeira que unha cabaza”.
O “Parrafeo noventa” do 9 de agosto de “O tío Marcos d’a Portela” leva o encabezamento de “N-a cadea”: “Sin mais faladurias díuseme á saber que aquela misma noite tiña que dormir n-a cadea. Viñen pol-o meu pé y-entrei sin me deter n-a porta como perico pol-a sua casa. Aloxamento gratis e nove cadelas diarias por estar mau sobre mau: cuasque como si dixéramos un empregado.¡Quén diria que os conservadores m’habian de dar un emprego! Pero díronmo á medias, porque n-a credencial xa me prantaron a cesantía. O tres d’o videiro Outubre hay órde pra me botar fora pra que busque a miña nai gallega”.No “Parrafeo noventa e cinco” (13 de setembro): “Xa pol-os meus respetos campo n-as ruas d’a vila: xa son libre com’os paxaros pra m’espoldrexar n-as romaxes e n-as feiras d’o pais: xa os ruxidores airiños d’a miña terra aloumiñanme a frente sin pasaren retorcendose pol-as reixas de ferro…”.
O periódico de Santiago “O Ciclón” organiza un certame de gaiteiros no que hai un premio de 100 pesetas donado pola Deputación da Coruña para o gaiteiro que mellor interprete a Alborada.
Alfredo Brañas dirixe o xornal “El Libredón”.
O pintor Dionisio Fierro pasará tres anos en Galicia.Urbano González Varela volve a España (1879), estudando en Madrid.
Premios
Epistolario
Sumarios
Outras culturas
Nacen:
Miquel de Palol i Felip (Girona;1965).
Alonso Quesada (Rafael Romero Quesada) (Las Palmas de Gran Canaria; ibídem 1925).
Azarías H. Pallais (Nicaragua; 1954).
David Herbert Lawrence (Eastwood, Reino Unido; 1930 Vence, Francia).
Guerra Junqueiro: A velhice do padre eterno. “Junqueiro vai ter certa influencia no anticlericalismo de Curros, sobre todo A velhice do padre eterno (1885) vai ser un marco importante para o enfoque anticlerical de O divino sainete (1888). Aínda que Curros, con anterioridade, xa incidira no que respecta ao seu anticlericalismo en Aires da miña terra (1980). Dos sete poemas que traduce de Junqueiro, cinco son de materia anticlerical. A fidelidade republicana leva a Curros a ter a Junqueiro como un dos grandes propulsores da chamada “Geração de 70” e un dos máximos poetas da Escola Nova portuguesa, que o era”. (Xosé Lois García. “A Nosa Terra” 8-14 de xullo de 2010).
Os representantes de 26 sociedades catalás envían a Alfonso XIII un escrito en defensa da cultura e das institucións catalás, denominado “Memoria en defensa de los intereses morales y materiales de Cataluña”. Emili Vilanova: Entre familia (artigos).Miquel Costa i Llobera: Poesies.Narcís Oller: Vilaniu (narrativa).Pere d‘Alcàntara Penya: Records i esperances.Teodor Llorente: Llibret de versos. (2ª edición aumentada no 1909 con prólogo de Menéndez Pelayo).
Na revista “La España Moderna” (Madrid, 1885-1915) dirixida por J. Lázaro escribe Juan Valera os seus artigos sobre “Portugal contemporáneo”. No mes de marzo de 1890 publicará Valera unha nota sobre Viagens na Galiza de Silveira Mota. Alejandro Sawa: La mujer de todo el mundo. Emilia Pardo Bazán: El cisne de Vilamorta. Emilio Castelar: El suspiro del moro. Leopoldo Alas “Clarín”: La Regenta (2º tomo). Palacio Valdés: José.
Rubén Darío: Epístolas y poemas.
Alexandros Papadiamandis: KhristosMiliones. Anatole France: Le livre de mon ami. Émile Zola: Germinal. Maria Antonietta Torriani “Marchesa Colombi”: Un matrimonio in provincia. Octave Mirbeau: Lettres de ma chaumière. R. L. Stevenson: Doutor Jekyll e Mister Hyde. Walter Pater: Marius the epicurean.
Morren:
Van Gogh: “Os comedores de patacas”. Comeza a guerra da independencia de Cuba contra España. Constitúese o Partido Liberal. Novo Código de Comercio. Regulación dos colexios privados. Epidemia de cólera en toda España. A plaga da filoxera exténdese por toda a Península. Incidente diplomático con Alemaña pola illas Carolinas, aceptándose a mediación do Papa. Declaración dos vispos a favor do réxime. Gumersindo de Azcárate: “El régimen parlamentario en la práctica”. Engels publica o II tomo de “Das Kapital” de Marx. Contubernio en Berlín para a colonización de África. As resolucións non obrigan a respectar as propiedades dos países non asistentes nin os dereitos dos pobos nativos. O Rei de Bélxica merca O Congo. Gran Bretaña e Alemaña anexiónanse Nova Guinea. Pasteur: vacina contra a rabia. Morren: Alfonso XII con 28 anos (1857 Madrid). María Cristina xura a Constitución, converténdose en rexente. O xeneral Serrano.
|