1964

De Xulipedia
Revisión feita o 10 de febreiro de 2020 ás 09:16 por Xulio (Conversa | contribucións) (Nacementos/Pasamentos)
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Día das Letras Galegas

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Alberte Fortes (Pontevedra).
Aníbal Calvo Malvar (A Coruña).
Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia).
Francisco Xavier Redondo Abal (Pontevedra).
Helena de Carlos Villamarín (Barca de Barbantes, Cenlle).
Henrique Dacosta López (Ferrol).
Julio Béjar (A Coruña).
Manuel Rei Romeu (Berres, A Estrada).
Manuel Xosé Neira López (Meilán, Lugo).
Marga Romero Lorenzo “Marga do Val” (Vigo).
María dos Anxos Alfaya Fernández “An Alfaya” (Beade, Vigo).
María Xesús Lama López (Lugo).
Raúl Dans Mayor (A Coruña).
María Rita Mas Ibáñez (Vigo).
Silverio Cerradelo (Ourense).
Teresa López Fernández (A Coruña).
Xerardo Méndez Álvarez (Colón, República de Panamá).
Xoán Francisco García Suárez (Serra de Outes).
Xosé Manuel Millán Otero (Beluso, Bueu).
Xurxo Martínez Crespo (Ferrol).
'
'
Outros
O pintor Antonio Murado (Lugo).
O pintor Ramón Manuel Astray Vázquez (A Coruña).
O pintor Alejandro Carro (Lugo).
A ilustradora Penélope Ares (Lugo).
O ilustrador e debuxante Elisardo Daniel Barcala Dorado (As Pontes de García Rodríguez).
A pintora Loreto Blanco Salgueiro (Moaña).
O músico Nicasio Grandaílle Peña (Neda, A Coruña).
Manuel Oliveira, director do Centro Galego de Arte Contemporánea (Porto do Son).
 
 
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Cándido Alfonso González (Buenos Aires; 1905 Carballo).
Elsa Fernández (Buenos Aires; ibidem 1933).No nº 507 de “A Nosa Terra” dáse conta da noticia: “Fala galego de seu e participa das arelas patrióticas que apulan ma emigración por unha Galiza ceibe e independente. Nembargantes, non coñecía, non chegou a coñecer Galicia, a terra do seu sangue, mais a degoraba coñecer; era o seu soño. Confiaba no tempo, na súa xuventude, pra lle dar comprimento a súa cobiza”.Antonio Pérez Prado, compañeiro na Asociación Argentina de Hijos de Gallegos escribiu anos despois: “Entre las cosas que nunca podré aceptar figura, ciega, su muerte; entre lo que siempre me lastimará reconozco la pena de que Elsa no haya visto, con aquellos ojos tristes, la Galicia de sus antepasados”.

O 14 de maio, en carta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada: “Eu recibín unha carta do marido de Elsa. Deixoume abraiado, porque il escríbeme, seis días despois da morte da súa muller, unha carta que ela me quixo escribir moitas veces en vida e que nunca se estreveu”.

María Miramontes (Buenos Aires; 1895 Santa María de Guísamo, Bergondo): “Con unha diferencia de mes ou mes e medio finaron, no Sanatorio do Centro Gallego de Buenos Aires, duas persoalidades ilustres de Galicia, María Miramontes e Ramón Suárez Picallo.¿Quén se lembrou de María Miramontes, viuda de Ánxel Casal, o direitor e propietario da “Editorial Nós” […] A María Miramontes, galeguista coma o seu Ánxel Casal e coma Ramón Suárez Picallo, un dos amigos máis entrañables dise exemplar matrimonio, débenselle en grande parte moitas aventuras editoriais galegas…”. (“A Nosa Terra” nº 508 de marzo de 1965. Maximino Brocos: “María Miramontes e Ramón Suárez Picallo”.
Ramón Suárez Picallo (Buenos Aires; 1894 Sada).En “A Nosa Terra” nº 508 (marzo de 1965), escribe Antón Alonso Ríos o artigo “Despedida a Ramón Suárez Picallo”: “A grande vocación do Suárez Picallo foi a oratoria.Sentía a emozón da frase espresiva i-armónica, dita por ile con persoale cadenza, en un ton resoante e barile”.No mesmo número escribe Isaac Díaz Pardo o artigo “Picallo Quería que o Enterrasen no Fiunchedo”: “Sería ben que os emigrantes galegos de Bos Aires, ou de toda América, lle colocasen unha placa sinxela na sua casa de veloy que dixera algo asín como:“O 4 de Novembro de 1894 nasceu nesta casa o bo e xeneroso Ramón Suárez Picallo, emigrante, xornalista, abogado, político, quen amou a Galiza e ó seu povo labrego e mariñeiro e morreu de saudade en Bos Aires o 14 de outubro 1964 soñando con que algún día o levaran a enterrar ó “Fiunchedo””.
Wenceslao Fernández Flórez (Madrid; 1885 A Coruña).
 
 
Outros
O pintor Arturo Souto (México; 1902 Pontevedra).Escribe Isaac Díaz Pardo en “La Voz de Galicia” (9 de xullo): “La pintura gallega pierde uno de sus más firmes puntales, pero Galicia pierde además uno de sus magníficos hombres”.
Morre Gala, un dos xemelgos de Rosalía e Murguía (1871). En carta de Ramón Cabanillas a Fermín Penzol (2-I-1953) comenta: “Esquirbeume Pérez Cosme, o Tesoureiro do Centro Galego da Habana, decíndome que restabreceran a pensión de Dª Gala Murguía e que ademais lle ían xirar 100 dólares”. Cartas a Fermín Penzol. Cadernos Ramón Piñeiro XXVII. Xunta de Galicia 2013.
O arquitecto Manuel Gómez Román (Vigo; ibidem 1875).
José Goñi Aizpurua (Madrid; 1908 San Sebastián). Fundador e director de “La Noche” (1946-1967) e director de “El Correo Gallego”.
O mestre de forxa artística Jenaro Tarrío Loureiro (1888 Santiago).
O alcalde de Lugo Ángel López Pérez (Lugo; ibidem 1873).
O Catedrático de Literatura Española Erasmo Buceta (1892 Pontevedra).
 

Publicacións

Galegas

Relativas a Galicia

Acontecementos

Premios

Epistolario

Elvira Lacaci Morris publica no 1963 Al este de la ciudad (Barcelona. Premio da Crítica). Con data de 4 de outubro de 1964 escríbelle Basilio Losada a Ramón Piñeiro: “Díxome Costa que lle deu a María Elvira Lacaci o enderezo de vostede porque a rapaza ten moito interés en entrar en relación cos escritores galegos e vai pulindo a súa língoa pra facer un libro de poesía galega. A noticia é formidable. Pra min Lacaci é superior a Blas de Otero. Linlle estes días un libro Al este de la ciudad, que emocionoume como hai tempo non me emocionaba nengún libro de poemas. Teño ganas de falar con ela e animala a que se achegue á vida literaria de Galicia”.Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Galaxia Páx. 357.O 27 de novembro de 1964 en resposta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada escribe: “Teño unha boa que che dar: María Elvira Lacaci é tan entranabelmente galega como calquera de nós. Nada arela tanto como cantar a Galicia en língoa galega. Naturalmente que o fará, pois as dificultás son máis ben pequenas. Ela confía na miña orientación idiomática i eu, como é natural, prestareilla con moitísimo gusto. Vaille ser moito máis doado do que ela mesma coida, porque sabe o galego popular”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 385).

Sumarios

Flag of Portugal Cataluña Flag of Spain Outras culturas