1977
Índice
Cultura galega
Día das Letras Galegas
ANTÓN VILLAR PONTE
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos |
---|
Literatura |
Avelino Gómez Ledo (Chantada; ibídem 1893). |
Carmen Prieto Rouco (Vilalba; ibídem 1901). |
Eugenio Vázquez Gundín (A Coruña; 1884 Santiago). |
Eleuterio González Salgado “Leuter” (Ourense; ibídem 1899). |
Laureano Prieto Rodríguez (A Gudiña; íbidem 1907). |
Sebastián Martínez-Risco Macías (A Coruña; 1899 Ourense). |
Xervasio Paz Lestón (Buenos Aires; 1898 Serantes, Muxía). |
Outros |
O músico Jesús González de Velasco Fernández (1897). |
O pintor Constantino Grandío López (Guntín; ibídem 1924). |
O actor Tomás Ares Pena “Xan das Bólas” (Madrid; 1908 A Coruña). |
Luís Iglesias Iglesias (Santiago; 1895 Teis; Foi reitor da USC, presidiu o SEG e foi académico da RAG. |
O ministro franquista Juan Antonio Suanzes Fernández (Madrid; 1891 Ferrol). |
Publicacións
Galegas
Ana María Fernández Martínez estrea a obra Zapatón e Libiripón.
Andrés Torres Queiruga: Recupera-la salvación.
Antonio Alonso Fontán: Apocalipsis en Galicia. Sete celulosas sete.
Antonio Benito Yebra de Ares: Os xeitos de hoxe.
Anxo A. Rei Ballesteros: Dos anxos e dos mortos (Edicións Castrelos. Vigo).
Anxo Tarrío Varela: Consideracións semiolóxicas arredor da poesía de Antonio Tovar (Vigo) e Presupuestos para una semiología del realismo en Literatura.
Carlos Baliñas Fernández: Pensamento Galego I.
Carmen Prieto Rouco (1901-1977): O derradeiro (poemas. Prólogo de Trapero Pardo).
Castelao (1886-1950): Diario 1921 (Museo de Pontevedra e Galaxia).
Constantino García González: Galego onte, galego hoxe (Discurso inaugural lido na apertura do curso académico 1977-78. Universidade de Santiago de Compostela. “Grial” nº 58, páx. 502). É o primeiro catedrático de universidade que pronuncia a lección inaugural do curso en galego.
Daniel Cortezón: Crónica de Enrique IV.
Díaz Pardo: O crimen de Londres (cartel de cego A Coruña).
Domingo Frades Gaspar: Versus de un verán.
Eliseo Alonso: A rúa do noxo (Novela. Galaxia. “Grial” nº 58, páx. 504).
Enrique Iglesias Alvarellos: Cen anacos (poesía) e Botei corenta anos (novela autobiográfica. Lugo. “Grial” nº 59, páx. 119).
Euloxio R. Ruibal: O cabodano, Cousas da morte e A sombra do bon cabaleiro (teatro; Editorial Pico Sacro).
Felipe Senén López Gómez: O folklore do castro de Viladonga e da súa bisbarra (Lugo).
Fermín Vilaboa Lemos: Da terra estrelecida.
Fernando González Laxe: Estructura da pesca costeira galega (Vigo) e Desenrolo capitalista e crise pesqueira (A Coruña).
Francisco Salinas Portugal, Xosé Ramón Pena e Miguel Anxo Mato Fondo: Alén (poemario colectivo).
Juan José Moralejo Álvarez: As paráfrasis do Grego en Cabanillas.
Luís Seoane: Obra poética (recolle os libros de poesía, con algúns debuxos e gravados que os ilustraban e cun prólogo de Basilio Losada. Ediciós do Castro).Carantoñas e outros dibuxos (Ed. Cuco-Rey. A Coruña) e Imaxes celtas (20 gravados en madeira. Ediciós do Castro).
Manuel Catoira: A cadea. A outra beira do silenzo e Inferno (relatos. Editorial Limbo. Ourense. “Grial” nº 64, páx. 246).
Manuel Cuña Novás: Canto e fuga da irmandade sobor da terra e da morte.
Manuel Guede Oliva: Informe sobor dunha terra (finalista no V Concurso Abrente).
Manuel Jaime Barreiro Gil: O sistema de transporte e o desenrolo económico de Galicia (Vigo).
Manuel Lourenzo: Viaxe ao País de Ningures, con ilustracións de Seoane, en Galaxia (gañadora da 2ª edición do Concurso de Teatro Infantil de O Facho).Textos pro ensino do galego (Edic. Do Rueiro).
Manuel Lueiro Rey: Escolma ferida (poesía de protesta; Ediciós do Castro).Toma parte no volume Del corazón de mi pueblo. Homenaje a Rafael Alberti (Barcelona).
Manuel María: Poemas pra construír unha patria e Poemas ó outono.
Manuel Rivas Barros e Xoán Ignacio Taibo: Os partidos políticos na Galiza (A Coruña).
Manuel Rajó López: Refráns e ditos galegos II.
Manuel Riveiro Loureiro: Pola ida e pola volta.
Manuel Varela Buxán: A xusticia dun muiñeiro e Se o sei... non volvo a casa.
O 11 de agosto desaparece o semanario “Teima”, “Revista Galega de información xeral”. Saíron 35 números dende novembro de 1976. No nº 7 de xaneiro dicía no editorial: “... queremos loitar- imos seguir loitando- pra que o pobo que terma de TEIMA como de algo da súa propiedade sexa cada día máis ceibe. Cos medios que están ó noso alcance: conta-lo que pasa, sen adornos nin medos. A verdade, sinxelamente...”.No derradeiro editorial dise: “foi feita no ámeto teóricamente hostil que o rotundo triunfo da dereita nas eleccións parece presaxiar para un órgano informativo de esquerdas con pretensións nacionalistas”.
Manuel Vilanova Rodríguez: A tarde cheia de verán.
María Xosé Queizán:A muller en Galicia. A muller na sociedade galega. A lingua galega e a muller, análise estructural de dous feitos represivos (Ediciós do Castro. “Grial” nº 60, páx. 247).
Miguel González Garcés: Claridade en que a tentas me persigo (Premio da Crítica).
Millán Picouto: O caixón (teatro).
Nacho Taibo: O fotógrafo (Ourense).
Pablo Vaamonde: A taberna (teatro) e Agardando polo tren (teatro).
Paco Ledo López: Poesía dun labrego.
Ramiro Cartelle: Coma nós.
Ramón Lorenzo: Traducción galega da Crónica de Castilla.
Ramón Villar Ponte: A xeración do 16 (discurso pronunciado no 1951 no ingreso na Real Academia Galega).
Roberto Vidal Bolaño: Laudamuco señor de ningures (teatro; Premio Abrente 1976) e Ladaíñas pola morte do meco.
Sebastián Martínez-Risco Macías: Conferencias encol de Castelao.
Xaime Seixas: 400 nomes galegos pra homes e mulleres (Santiago).
Xaquín Marín: Ratas (Madrid).
Xavier Costa Clavell: Os anos do vougo e outros poemas.
Xavier Rodríguez Barrio: Antífona da redención.
Xenaro Mariñas del Valle: O bosque (en “Grial”).
Xosé Antonio Moreiras Santiso: Os mil e un refráns galegos do home e Cantigueiro da fistora tía Manoela.
Xosé Manuel Martínez Oca: O cazador de perdices (teatro) e Un home no corral (A Coruña).
Xosé Manuel Rivas Troitiño: O gaiteiro de Soutelo. Unha expresión da cultura popular (A Coruña).
Xosé María Álvarez Cáccamo: Laberinto el clavicordio (poemas en castelán. Colección Mogor de Edicións Castrelos. Vigo. “Grial” nº 56, páx. 249).
Xosé María García Rodríguez: Brasil: Historia, xente e samba-canción.
Xosé María Monterroso Devesa-Juega: Antón Vilar Ponte (antoloxía. A Coruña).
Xosé María Pérez Parallé: Non falarei, non e O rodicio.
Xosé Neira Vilas: Aqueles anos do Moncho (Premio da Crítica Española en 1978 Akal. Madrid. “Grial” nº 56; páx. 247).Sae na editorial lisboeta “Forja” en tradución de José Viale Moutinho Memorias de um pequeño camponês.Neira Vilas traduce ao galego Trintenove poemas de Nicolás Guillén (O Castro).
Xosé Ramón Barreiro Fernández: Igrexa e galeguismo na historia (“Encrucillada” nº 2) e El levantamiento gallego de 1846 y el nacimiento del galleguismo (Ed. Pico Sacro. Santiago. (“Grial” nº 57, páx. 381).
Xosé Ramón Fernández Oxea “Ben-Cho-Shey” (1896-1988): Galicia no corazón (prólogo de Isaac Alonso Estravís e edición de Alonso Montero).
Xosé Vázquez Pintor: O espertar tamén é noso (poemas).
A Facultade de Filoloxía da Univ. de Santiago edita Homenaxe a Cabanillas no centenario do seu nacemento. (“Grial” nº 58, páx.507).
Na colección “O Moucho” de Edicións Castrelos publícase o fragmento do Quixote Sancho Panza na Ínsua de Barataria.
Ediciós do Castro publica Catro narracións (Premios Pedrón I: Taibo, Ferrín, Oca, Durán).
O “Seminario di cultura gagliega” da “Università degli studi di Perugia” edita un caderno da autoría de P. Caucci titulado Seis poemas galegos di Federico García Lorca “Grial” nº 60, páx. 243.
Nun volume editado pola Biblioteca Filolóxica Bello de Valencia, publícanse catro traballos de Filgueira Valverde sobre lírica medieval galega.
Nace en Lugo “Alvarellos Editora Técnica” coa novela Botei corenta anos de Enrique Alvarellos Iglesias.
Jerónimo Pablo González Martín publica en Editorial O Castro Cartafol homenaxe ós poetas galegos (pinturas que ilustran versos de Rosalía, Curros, Pimentel…).
Como resume dos seminarios celebrados na Universidade de Santiago de Compostela dende decembro de 1976 a xuño de 1977 publícase en edición non venal: Bases prá unificación das normas lingüísticas do idioma galego.
Nos Cadernos Ramón Piñeiro XXXIII. Epistolario Ricardo Carballo Calero Ramón Piñeiro. Xunta de Galicia 2015,nunha carta enviada por Ramón Piñeiro con data de 5 de marzo recóllese o escrito “Por un pacto galego”. “Chamada aos partidos políticos de Galicia” indicándolle a Carballo Calero que “Esperamos que mañán, domingo, sairá nos xornais este escrito noso. Como ves, cínguese exactamente aos termos do que falamos hai días…”:“Semella inminente a convocatoria electoral para unhas Cortes que, inevitablemente, funcionarán como constituintes, xa que a súa misión fundamental será a de discutir e aprobar unha Constitución. Mas como as normas constitucionáis van regular os direitos democráticos dos individuos e mais os dos pobos, a nós, galegos, atinguiránnos doblemente: como cidadáns e como pobo. […] Un pacto galego no que os seus firmantes se comprometan a defender os direitos do noso pobo é posible e necesario. A defensa debería de se establecer en dous niveis: en primeiro lugar, defendendo a estrutura federal do Estado como fórmula idónea para que este poida asumir democráticamente a pluralidade da España real; en segundo lugar, e para o caso de que a fórmula federal non prosperase, a representación galega tería que reclamar para Galicia os mesmos direitos autonómicos que se lles reconocesen ás outras nacionalidades. Ou sexa: en primeiro lugar, a defensa do estado federal; en segundo lugar, a defensa da fórmula autonómica. No resto dos problemas a dilucidar nas Cortes, os representantes galegos poderían seguir a liña política dos seus partidos ou os dictados da sua conciencia”.O escrito aparece asinado por 29 persoas.
GRIAL Nº 55
Michael MacClain: Dos bardos aos trovadores (trad. De Carlos Casares).M. Rodrigues Lapa: Otero Pedrayo e o problema da língua.Xohán Vicente Viqueira: Nacimento e evolución da música.Penny Newman: “Mia madre velida”: A figura da nai nas cantigas de amigo e nas jarchasXosé M. Rodríguez Pampín: Ifixenia non quere morrer.Ricardo Carballo Calero: Murguía contra Valera.Salvador Lorenzana: No centenario de Teixeira de Pascoaes.Xosé María Dobarro: Poemas esquecidos de Alberto Camino.Lois Vázquez: A esparrela.
GRIAL Nº 56
Ricardo Carballo Calero: Otero Pedrayo: Unha visión de Galicia.Domingo Prieto Alonso: Un problema ortográfico e un estudio lingüístico.X. A. B. Vázquez Iglesias: A imaxe-símbolo de “sombra”, factor de unidade na obra de Rosalía.María Xosé Rodríguez Galdo: Nos alicerces do subdesenrolo galego: A pesca a mediados do século XVIII.Carmen San León Martín: O humor de Castelao.Ítalo Calvino: A lonxedade da lúa (trad. Cosme Barreiros).María Xosé Queizán: Eros e Tanatos.Xosé María Costa: O plantón.X. C. Rodríguez Herranz: Ditos a un pobo antergo.Xosé María Álvarez Cáccamo: A posición do acento nas palabras formadas por siglas.R. Carballo: Uso e abuso do galego.
Gómez Román e a súa obraFrancisco Luís Bernárdez: Na casa de Teixeira de Pascoaes.Carlos Baliñas: Para os “Tipos das nosas praias” de Siro.
Unha sociedade de escritores de Galicia.J. Leite de Vasconcelos: A Galliza.Nicola Chiaromonte: O teatro nos anos sesenta.A. C.: Unha historia escocesa contada por Plácido Castro.S. S.: O portugués de Valery-Larbaud.
GRIAL Nº 57
María Xosé Rodríguez Galdo: A crise agraria de 1853 e a emigración galega.Anxo Tarrío: Consideracións semiolóxicas arredor da poesía de Antonio Tovar.Salvador Lorenzana: Carta sobre o abisal e estético Baudelaire.Froilán López: Onomástica galega: Casas e Casás.Xenaro Mariñas del Valle: O bosque.Ricardo Carballo Calero: Media ducia de poemas.Xohán Ledo: Unha carta, outra, a Luís Seoane.Pedro Mas i Perera: Pompeu Fabra, ordenador do idioma catalán.A. C. Blanco: Don Andrés Martínez Salazar creador da «Biblioteca Gallega».Xosé Mª Barreiro Duro: A fauna en “Queixumes dos pinos”.Lois Tobío: Outras dúas cartas en galego a Gondomar.C. Gonzar: De onte e de hoxe.S.S. : Cómo hai que leer a Kafka,M. María Seoane: A Santiago ven El Rei.
GRIAL Nº 58
R. Carballo Calero: Bibliografía rosaliana.Antonio Regales Serna: Sobor da participación lingüística nos aspectos lingüísticos das ciencias. Con especial atención ao galego.Mª dos Anxos Abad Dapena: Galaad na novela francesa e nas sagas de Ramón Cabanillas.Gustav Janouch: Conversas con Franz Kafka.Teresa Barro: Cartas a Rosalía.Amado Ricón: Feixe de vilancetes galegos apañados nos fondos da “Hispanic Society of America” de Nova Iorque.Froilán López: Onomástica galega: Abellas e Abellás.Faustino Santalices: A gaita galega.Xosé María Costa: Conversa con Salvador Espríu.D.: Sebastián Martínez-Risco e Macías.S. S.: Rosalía e a súa sombra.D.: Domingo García-Sabell.
G.: Ramón Piñeiro: presencia galega no Brasil.