1976

De Xulipedia
Revisión feita o 17 de xaneiro de 2020 ás 18:15 por Pancho (Conversa | contribucións) (Nacementos/Pasamentos)
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Día das Letras Galegas

RAMÓN CABANILLAS

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Cristina Corral Soilán (Lugo).
Diego Ameixeiras (Lausanne).
María do Cebreiro (Santiago de Compostela).
Miguel Anxo Martínez Oubiña (Vilanova de Arousa).
Xosé Luis Álvarez Pérez (Mós).
Outros
O debuxante Carlos López Gómez “Chinto” (Boimorto).
O ilustrador e debuxante Antonio Seijas (Ares).
O compositor Ramón Souto Caride (Vigo).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Gumersindo Sánchez Guisande (Buenos Aires; 1892 Santiago de Compostela).
Leandro Carré Alvarellos (A Coruña; ibídem 1884 ).
Ramón Otero Pedrayo (Trasalba; 1888 Ourense).

“Morría o símbolo de Galicia de preguerra e acordouse amortallalo co hábito franciscano, envolto na bandeira galega, velalo no chan e enterralo no cemiterio ourensán. A misa, o 12 de abril, celebrouse simbolicamente na catedral da cidade oficiada polos catro bispos galegos que, por vez primeira, entoaron o ritual en galego. O doutor Agustín Sixto Seco foi quen de convencer os prelados, mesmo a Ánxel Temiño, para que preparasen as oracións e os textos na lingua que tanto defendera o escritor” (Patricia Arias Chachero “Os testamentos de Ramón Otero Pedrayo” “Grial” nº 218).

Outros
O avogado Modesto Rodríguez Figueiredo (Baio; 1923 O Porriño).
O arqueólogo e etnógrafo Xesús Taboada Chivite (Verín; 1907 Verín).
O pintor Imeldo Corral González (Ferrol; ibídem 1889).
Salustiano Portela Pazos (Santiago; 1877 Rebordelo).
O historiador Alfonso Vázquez Martínez (Arbo; ibídem 1906).
O fotógrafo José Veiga Roel (Betanzos; ibídem 1894).
O compositor Emilio Soto Fernández (Madrid; 1904 Lebosende, Ourense).
O músico Emilio Teijeira Coto (O Porriño; ibídem 1900).
Mao Zedong.
O director de cine Luchino Visconti (Roma; 1906 Milán).
Man Ray (pintor e fotógrafo. París; 1890 Filadelfia).
O escultor Alexander Calder (New York; 1898 Filadelfia).
O fotógrafo Paul Strand (Orgeval, Francia; 1890 New York).

Publicacións

Galegas

Relativas a Galicia

Nace en novembro co nº 0 o semanario Teima, “Revista galega de información xeral”, dirixida por Ánxel Vence Lois. É o primeiro semanario de información xeral que se edita en galego dende 1936. Está editado pola Sociedade Galega de Publicacións, presidida por Domingo García Sabell. O consello de redación estaba formado por Luís Álvarez Pousa, Xavier Navaza, Víctor Freixanes, Xosé Mª García Palmeiro, Manuel Rivas, Perfecto Conde, Guillermo Campos, Xosé Platero Paz, Alfonso Sánchez Izquierdo e Xulio Xiz. (Publicáronse 35 números; o último o 11 de agosto de 1977).

Alfonso Pexegueiro: Seraogna (poesía; Xerais).

Arcadio López Casanova: Memoria dunha edá (poemas; Madrid); Mesteres (poemas; Valencia. “Grial” nº 59, páx. 116 e “Grial” nº 188) e As roitas da gamela (contos infantís).

Blanco Amor: Farsas y Autos para títeres (Edit. Cuadernos para el Diálogo, Madrid) e Aquella gente... (Edit. Seix Barral, Barcelona). As dúas son autotraducións.

Castelao (1886-1950): Kristalezco Beguía. Eskeleto baten oroimenak (Donostia. Kriselu. Traduc. ao éuscaro de Koldo Izaguirre Urreaga. Ver 1922); Cousas de nenos (61 debuxos. Edit. Castrelos) e 175 debuxos, con limiar de X. F. Filgueira Valverde (Caixa de Aforros de Santiago de Compostela).

Constantino García: “Interferencias lingüísticas entre gallego y castellano “ (Revista de la Sociedad Española de Lingüística).

Daniel Cortezón: A diáspora (teatro).

Eduardo Moreiras Collazo: Fogo solto (A Coruña).

Felipe Martínez Marzoa traduce ao galego Antígona de Sófocles (Vigo).

Fernando González Laxe: Problema da pesca costeira galega (Vigo).

Fernando Mon Rodríguez: O compromiso humán de Castelao a traveso do seu arte (A Coruña).

Francisco Fernández del Riego: Poesía galega: do dezanove aos continuadores.

Francisco Rodríguez Sánchez: Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza.

Francisco Sesto Novás: Por unha muller e Porta aberta.

Fiz Vergara Vilariño: Orfo de ti en terra adentro.

García-Sabell: Ensaios II

Juan José Moralejo Álvarez: A lingua galega hoxe (Galaxia).

Juán Noya Gil: Fuxidos. Memorias de un republicano gallego perseguido por el franquismo (Caracas; prólogo de C. Emilio Ferreiro. Versión en galego con prólogo de Xesús Alonso Montero; Xerais 1996).

Lois Diéguez: Galou Z-28 (Premio de Novela da Casa de Galicia de Bilbao en 1975).

Luís Fernández Marcos: Homes do espacio.

Luz Pozo Garza: Últimas palabras / Verbas derradeiras (Poemas. Bilingüe. Limiar de Tomás Barros e ilustracións de Luís Seoane. Edicións Nordés. A Coruña. “Grial” nº 56, páx. 251).

Manuel María: Cantos rodados pra alleados e colonizados.O Gobernador de Lugo suspende unha conferencia que ía impartir en Sarria (6 de febreiro) co título de “A emigración en Galicia”.

Manuel Suárez Sampedro: Cen poesías pra cen portos de Galicia.

María do Carme Kruckenberg: A sombra ergueita.

Méndez Ferrín: Con pólvora e magnolias (Premio da Crítica 1977) e Antón e os inocentes.

Miguel Anxo Mato Fondo: A mazá e a cinza (a poesía galega após 1976).

Miguel González Garcés: Poesía gallega de posguerra. Antología bilingüe (Ediciós do Castro. “Grial” nº 55, páx. 125).Miguel López Torre (1893-1958): Do tear esquecido (Prologado por José María Pérez Parallé).

Neira Vilas: A marela Taravela (Edit. Celta).

Paco Martín: No cadeixo (Galaxia).

Ramón de Valenzuela: Historia do galeguismo político.

Ricardo Palmás Casal: Castelao: prosa do exilio (Padroado da Cultura Galega. Montevideo).

Silvio Santiago García (1903-1974): O silencio redimido (Premio da Crítica 1977. Galaxia. “Grial” nº 58, páx. 499 e “Grial” nº 112).

Víctor Freixanes: Unha ducia de galegos (Galaxia).

Xoán Bernárdez Vilar: Un home de Vilameán: anatomía dunha revolución (Premio Alfredo Somoza do Patronato da Cultura Galega de Montevideo 1975. “Grial” nº 80, páx. 253).

Xoán Xosé Fernández Abella: Poemas galegos. Inquietudes, hallazgos y otros poemas (bilingüe. Ilustrado por Carlos García Mourón).

Xosé Fariña Jamardo: A persoalidade da parroquia galega (Sept. Vigo. “Grial” nº 56, páx. 248).

Xosé Isorna Ferreirós: Ramón Otero Pedrayo, gloria dunha cultura (Ourense), A vellez no home galego (Barcelona) e Otero Pedrayo, home relixioso (Barcelona).

Xosé Luís Laredo Verdejo: Os nosos devanceiros (breve historia de Galicia).

Xosé Manuel Martínez Oca: Os algareiros (teatro).

Xosé Manuel Rodríguez Pampín: Nova concencia da Igrexa galega (Prólogo de monseñor Araújo Iglesias. Santiago. Edit. Sept. Vigo. “Grial” nº 53, páx. 397).

Xosé María Álvarez Blázquez: Canle segredo (gañador en 1954 do Premio Pondal do Centro Gallego de Buenos Aires. Colección Pico Sagro de Edicións Castrelos. Vigo).

Xosé María Chao Ledo (1844-1894): Poemas galegos (3 composicións de tipo costumista, 2 vilancicos e 3 composicións líricas).

Xosé María Costa Gómez: Cas redes cheas.

Xosé María García Rodríguez: Poema da morte do guerrilleiro e do vello das grandes guedellas.

Xosé María Monterroso Devesa-Juega “Andrés Terra”: Berro: letras pra cantigas (Montevideo).

Xulio González Lorenzo: O conto de nunca acabar (teatro).

O grupo “Rompente” edita as “Follas de resistencia poética”, follas voandeiras ciclostiladas con textos anónimos ou asinados por pseudónimos. (1976-1977).

Eduardo Blanco Amor escribe a Neira Vilas (15 de febreiro): “(…) Agora respiro un pouco mellor. Soio por poder escribir un pouco o que me pete, no tarreo privado e no literario, sexan benvidos os cartos do premio Barrié de la Maza que, coa elegancia da súa espontaneidade, ampara a miña vellez trocando os kilovatios-hora dos nosos ríos, en horas de lecer para facer incruso versos, si me ven por eí o antoxo” (Neste ano a Fundación Barrié concédelle unha bolsa vitalicia de 250. 000 pesetas anuais).(Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia).



GRIAL Nº 51

Xosé Martiño Montero Santalla: Unificación ortográfica galego-portuguesa.Francisco Ramil: Sobre o conto de animáis de Galicia.Carlos-Peregrín Otero: Vargas Llosa: Teoría y praxis.Mª Luz Casal Silva: O “Conto gallego” de Rosalía.Arcadio López-Casanova: As roitas da gamela.Michel Butor:Conversa arredor dunhas pinturas de Alessandro Magnasco (Trad. Salvador Lorenzana).B. N. Teensma: Hai festa en Chantada.Xesús González Gómez: Paul Eluard.Domingo García - Sabell: Páxinas do Xornal.Joseph M. Piel: Nótulas de Onomástica trovadoresca.Luís de Zulueta: El poeta de Galicia. Ante el centenario de Cabanillas.Álvaro Cunqueiro: Manuel Colmeiro.Francisco Fernández Rei: Consideracións encol de “El verbo gallego”, de Antonio Santamarina.Antonio Costa Gómez: O misticismo sensual.Carlos Durán: Devolución de poderes a Escocia e Gales.Xoana María Fernández Reiriz: A festa de San Xoán nalgúns autores galegos.Luís de Alba: O itinerario dos peregríns a Compostela.Paulo Ronai: Unha correspondencia singular (entre Guimarães Rosa e Edoardo Bizzarri).


GRIAL Nº 52HOMENAXE A OTERO PEDRAYO

Salvador García-Bodaño: Pranto dende a fiestra da tua morte.Domingo García-Sabell: Don Ramón, tal e cómo foi.Salvador Lorenzana: A andadura espiritual dun escritor.Carlos Baliñas: Os estilos de don Ramón.Carlos Casares: Otero Pedrayo e o Cenáculo ourensán.Andrés Torres Queiruga: Otero Pedrayo: Unha chamada ao compromiso integral con Galicia.

Escolma:Lembranzas do meu vivir.Poemas inéditos.Vintecatro cartas.Álvaro Cunqueiro: Zacharías Werner.Xulio Francisco Ogando Vázquez: Don Ramón, vencello de unidade.Xosé Devesa: Canto ao mestre morto.Luís Mariño: Joyce e don Ramón.X. A. Fernández Roca: Algunhas anotacións pra un estudo crítico de “Arredor de sí”.


GRIAL Nº 53

Joan Coromines: Sobre a unificación ortográfica galego-portuguesa.Emilio González López: A monarquía suevo-galaica e a súa organización eclesiástica: parroquias e mosteiros.Salvador Lorenzana: Polos vieiros proustianos.Xosé Fariña Jamardo: O habitat galego.Castelao: Álbum de autocaricaturas e Unha evocación de Castelao: ¡Meu Pontevedra! .Xavier Alcalá: Evaristo o do cine.Xoán Ramón Vidal e Xavier Alcalá: O mouriscón.Xoán Xulio Alfaia: Poemas.Vicente Risco: O idioma galego na nosa vida e na nosa cultura.Fausto Dopico: Juan Francisco Castro: un ilustrado galego entre a reforma e a superación da sociedade feudal.Carlos Durán: Sobre a ortografía galega: unha iniciativa.Xan Verdini Deus: Análise temático do libro V de “Follas Novas”, de Rosalía de Castro.Manuel González González: Notas encol da publicación de “O léxico de O Grove”.Álvaro Labrada: Ossián en Wetzlar e Carlota en Weimar.Xoán X. Santamaría Conde: Algunhas reflexións encol da economía galega.

Lembranza dunha semana cultural galega no Porto (do 30 de marzo ao 6 de abril de 1935).


GRIAL Nº 54

Homenaxe a Cabanillas (no centenario do seu nacimento).Ramón Otero Pedrayo: Evocación de Ramón Cabanillas.Salvador Lorenzana: Home do seu país e poeta do seu tempo.Arcadio López-Casanova: Estructuras internas na poesía de CabanillasXerardo Muñoz Sánchez-Brunete: Os temas ossiánicos na poesía de Ramón Cabanillas.Mª Mercedes Fernández Dans: Os persoaxes de “O Cabaleiro do Santo Grial” e os das aventuras de Galaad na “Queste” francesa.Ramón Villares Paz. No cincuentenario da lei de redención de foros (1926-1976). Aproximación ao problema.Domingo García Sabell: Retrato de Saul Bellow.Ramón Cabanillas: .Notas inéditas e Tres cartas autobiográficas.Aquilino Iglesia Alvariño: Na coronación de Ramón Cabanillas.Fermín Bouza-Brey: O mensaxe de Ramón Cabanillas.Joseph M. Piel: Ausónio, Fr. Martín Sarmiento e o peixe “reo”.Luís Mariño: Unha ollada sobor do erotismo: Nota encol da significación do libro de García-Sabell.Álvaro Cunqueiro: Ramón Cabanillas de Cambados.

Acontecementos

Premios

Premio Abrente de Teatro: Laudamuco señor de ningures de Roberto Vidal Bolaño.

Primeira edición dos Premios da Crítica de poesía e de narrativa galegas, concedidos pola “Asociación Española de Críticos Literarios” onde se valora o que se considera o mellor poemario e a mellor obra en prosa escrita en galego e publicada o ano anterior:

Premio da Crítica de poesía para Celso Emilio Ferreiro por Onde o mundo se chama Celanova.

Premio da Crítica de narrativa galega: Carlos Casares por Xoguetes pra un tempo prohibido.

Pedrón de Ouro para Isaac Díaz Pardo.Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho: Cascabel, o cabaliño do circo de Ana María Fernández Martínez.

Epistolario

Sumarios

Flag of Portugal Cataluña Flag of Spain Outras culturas