1947

De Xulipedia
Revisión feita o 10 de decembro de 2020 ás 20:17 por Xulio (Conversa | contribucións)
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Agustín Fernández Paz (Vilalba; 2016 Vigo).
Andrés Pociña Pérez (Lugo).
Carmen de Jesús García Pereira (Tui).
Clodio González Pérez (Cenlle).
Carlos Parrado (Melide).
Domingo Blanco Pérez (Cariño).
Elvira Souto Presedo (A Coruña).
Félix Villares Mouteira (San Martiño de Belesar; Vilalba).
José Martiño Montero Santalla (Cerdido).
Luz Pichel González (Alén, Lalín).
Manuel Bernardo Regal Ledo (Chantada).
Manuel López González “Manuel Catoira” (Cudeiro, Ourense).
Manuel Monge González (Valladolid).
María Pilar Jiménez Aleixandre “Marilar Aleixandre” (Madrid).
Xavier Alcalá (Miguelturra, Ciudad Real).
Xoán Babarro González (Calvelo de Maceda, Ourense).
Xosé García Lapido (Iria Flavia).
Outros
O lingüista e cantautor Guillermo Rojo Sánchez (A Coruña).
O filólogo José Luís Rodríguez Fernández (Vilamaior, Guntín).
O xeógrafo Augusto Pérez Alberti (Tortosa).
O xeógrafo irlandés Patrick O´Flanagan (Dublín).
O cantautor Benedicto García Villar (Santiago; ibídem 2018).
O cantante Andrés Dobarro (Ferrol; 1989 Madrid).
O cantautor Xoán Rubia (Mugardos).
O cantautor Xosé Veloso Quintas “Quintas Canella” (Allariz).
O xornalista Víctor Manuel Iglesias Viqueira (Vigo).
O político e escritor Xosé Lamela Bautista (Río Caldo, Lobios).
O historiador Santiago Jiménez Gómez (Tui).
O historiador Ermelindo Portela Silva (A Guarda, Pontevedra).
O arquitecto Pedro de Llano Cabado (A Coruña).
O pintor e gravador Santiago Mayer Viña (Santiago).
O pintor Severo Jesús Cebeiro Santiso (Vedra).
O pintor Xosé Guillermo Sobrino Mosteyrín (Carballo, A Coruña; 2009 Vigo).
O escultor Xavier Toubes Vilariño (A Coruña).
O poeta Alfonso Meijueiro Rodríguez (Santa María de Sacos).
O pintor Ignacio Pardo Pedrosa (Lugo).
O pintor Nito Contreras (Cartelle, Ourense).
O pintor Rafael Rodríguez Baixeras (A Pobra do Caramiñal; 1989 Segovia).
O actor e director teatral Xoán Cejudo Álvarez (A Coruña).
A científica climatóloga Aida Fernández Ríos (Vigo; 2015 Moaña).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Antonio Noriega Varela (Viveiro; 1869 Mondoñedo).
Leopoldo Basa Villadefrancos (San Sebastián; 1866 A Coruña).
Luís Amor Soto (O Ferrol; ibídem 1873).
Primitivo Rodríguez Sanjurjo (Lugo; 1880 Ourense).
Outros
Luís López Martí (Lugo; ibídem 1871).
O guerrilleiro Manuel Ponte Pedreira (1911) en Fontaos, Ordes, nun enfrontamento coa Garda Civil:“..Dende a noite de pedra que cantou Celso Emilio, dende a cadea, dende a sotana e a tralla, reclamamos que volvas, compañeiro da ialba. Comandante caído, Ponte, rebezo, chaira do corazón. Que volva reinar nos ventos a espranza guerrilleira, a rebelión armada”. (Méndez Ferrín).
Morre a garrote o guerrilleiro, membro do P.C.E, Segundo Vilaboi Fernández (1918 Ferrol).
O músico Alberto Garaizábal Macazaga (A Coruña; 1875 Donostia).
Manuel García Gerpe, político e sociólogo (Buenos Aires; 1908 Ordes).
O compositor Xosé Baldomir Rodríguez (1867 A Coruña).
O escritor e político Manuel Domínguez Benavides (México; 1895 Ponteareas).

Publicacións

Galegas

  • Aquilino Iglesia Alvariño : Cómaros verdes (poesía. Segundo libro en galego despois da guerra civil. Librería Celta de Vilagarcía ao cargo de Severino González Lazán). Con data de 30 de marzo é elixido Académico de número pola Real Academia Galega.
  • Avelino Díaz : Debezos (Buenos Aires). No nº 458 de “A Nosa Terra” publica “Verba do heroi”.
  • Castelao : crise do goberno Giral e regreso a Buenos Aires, zarpando de Marsella no paquebote “Campana”, onde escribe parte do libro IV do Sempre en Galiza. Para recibilo na súa chegada á cidade, Ángel Romero Lojo, compón a célebre “Ondiñas da nosa ría”, hoxe coñecida coma “A Rianxeira”.
  • No nº 455 de A Nosa Terra figura o “Discurso de Castelao, Ministro da República Española no Consello celebrado en París o día 21 de xaneiro de 1947”.
  • No nº 456 de A Nosa Terra : “Castelao novamente con nosco”: “De todos é ben coñecida a aituazón de Castelao en París, cómo defendeu leial e rexamente a República alcontra das treizoneiras maquinacións dos craudicantes e dos entreguistas; e cómo defendeu enérxica e alcendidamente os sagros diritos de Galiza”.
  • J.Otero Espasandín: “A nosa escola” (“A Nosa Terra, nº 457).
  • Ramón Otero Pedrayo viaxa a América para impartir unha serie de conferencias. En Buenos Aires encóntrase con Castelao. As experiencias desta viaxe contaraas logo no libro Polos vieiros da saudade.En A Nosa Terra , nº 456, de outubro, escribe Manuel Celso Garrido o artigo “Un fidalgo orensano”: “Chega agora a Bós Aires un dos valores máis representativos da cultura galega: un dos millores fillos da Nosa Terra […] Eu presentaría a Otero Pedrayo ante calisquera xente d-este xeito. Sinalándoo co dedo: Ist-home qu-eiqui vedes, de figura ergueita e baril e porte señorial, é un fidalgo Orensano, que chega ó Novo Mundo en misión de cibdadanía, espallando arreo cultura, dinidá e simpatía”.
  • No mesmo número de A Nosa Terra aparece o artigo “A xeira de don Ramón Otero Pedrayo ”: “Un dos máis outos acontecementos que se deron no ambente galego de Bós Aires, dende a derradeira pubricazón d-iste periódico hastra hoxe, foi a eistraordinaria xeira cultural desenrolada n-iste país pol-o esgrevio profesor Otero Pedrayo, baixo o patrocinio da Comisión de Cultura do Centro Galego […] Coa cabaleirosidade e o señorío espritoal que o caraiteriza, cinguíu a sua aituazón ao cometido que lle encomendara o Centro Galego, entidade que, pol-os seus Estatutos e pol-o seu caráuter, e craramente apolítico”. Comeza a publicar en “La Noche”, en galego.

¡Río Miño, río Sil,

ríos de Galiza enteira,

oxe levades a sangue

roxa das nosas arterias!


No nº 456 “Trono luxado”:


¡Asomo das xentes!

¡Sen asemellanza!

¡Dos tempos que corren,

simbólica estampa!

¡Un quiño sentado

no trono de Hespaña!


A Iglesia, a milicia,

a nobreza, a banca;

en suma, os que teñe

na barriga farta,

homaxe lle rinden

como a imaxen sagra.



No 458: “O Porco adoece”:


¡Deus nos colla confesados!

O porco está adoecido!

Todos andan asustados

véndoo tan enfurecido!


Matando sin compasión,

vai a Hespaña convertir

nun sombriso panteón.

¡Maravilloso porvir!


  • Publícase o opúsculo de Emilio Castro Chané "Curros Enríquez en la emigración" (conferencia na Sociedad de Autores de Cuba en xaneiro do 47. La Habana, Imprenta Martí)

Relativas a Galicia

  • Alfredo Souto Feijoo: Arco iris de siete mujeres en la vida de Don Quijote de la Mancha (A Coruña).
  • Ángel Romero Cerdeiriña: Estudios sobre el Derecho hereditario.
  • Atanasio López Fernández: Nuevos estudios crítico-históricos acerca de Galicia (Madrid).
  • Avelino Díaz: Flor de retama (Buenos Aires).
  • Celso Emilio Ferreiro: Bailadas, cantigas y donaires (Edic. Céltiga. Pontevedra).
  • Ernesto Giménez Caballero: Amor a Galicia (Madrid).
  • Fritz Krüger: El léxico rural del noroeste ibérico (Madrid, publicado en alemán en 1927).
  • Ramón María Blanco González: Gemas de luz.
  • Xesús Calviño de Castro: Bordón peregrino.
  • Xosé María Álvarez Blázquez: estréase en Vigo, no Teatro García Barbón a obra El zapato de cristal. Cuento escenificado e en Xixón Los pazos altivos. Comedia en tres actos, en verso.


Acontecementos

  • Ramón Otero Pedrayo viaxa a América para impartir unha serie de conferencias. En Buenos Aires encóntrase con Castelao. As experiencias desta viaxe contaraas logo no libro Polos vieiros da saudade.
  • O 28 de setembro o Centro Ourensán de Buenos Aires descobre o busto en bronce de Curros feito polo escultor galego Domingo Maza. No acto léronse tres discursos “A saudade do poeta” de Otero Pedrayo (lido por Rodolfo Prada e publicado en “Opinión Gallega” Buenos Aires 1947), outro de Avelino Díaz e como clausura outro de Castelao: “Homenaxe a Curros Enríquez” no que di: “...Pero Curros non era un blasfemo; era un home embebido pola máis pura moral cristiana. Era un crente, que basaba a súa relixiosidade e a súa fe no amor ao próximo, na liberdade humán, na xusticia social, e a súa vida era un exemplo constante de virtude”.
  • Fúndase o Patronato Rosalía de Castro (os estatutos aprobaranse no 1966), nunha reunión no hotel Compostela en Santiago, convocada por José Mosquera Pérez e José Villar Granjel, á que asistiron Otero Pedrayo, Manuel Gómez Román, Luis Iglesias, Fermín Bouza Brey, Paulino Pedret Casado, Cordero Carrete, Iglesia Alvariño, Manuel Beiras, Xaime Isla, Antón Fraguas, e Ferro Couselo. O primeiro presidente foi Luís Iglesias.
  • Luís Seoane e Arturo Cuadrado fundan en Buenos Aires a Editorial Botella al Mar.
  • Xosé Velo Mosquera detido e enviado ao cárcere da Coruña. Foxe a Portugal, onde é detido pola policía política portuguesa, pero por presións internacionais non é extraditado a España.
  • Otero Espasandín, trasládase dende Buenos Aires a Estados Unidos, sendo nomeado director do Departamento de Español do “College” de Waynesbur (Pensilvania).
  • O 14 de abril, comezan as emisións en lingua galega da BBC de Londres: “Galician programe”; o guionista, realizador e presentador foi o ourensán Manuel Alexandre Raimúndez Fernández, que empregaba o pseudónimo de Xavier Fernández. O programa inaugural foi o 14 de abril e o derradeiro o 23 de xaneiro de 1956, chegándose aos 83. Fernández del Riego actuaba como correspondente en Galicia. No primeiro programa o xornalista residente en Londres Felipe Fernández Armesto, máis coñecido como Augusto Assía falou sobre as “Relacións culturais entre Inglaterra e Galicia”.
  • A xunta directiva do Centro Galego de Buenos Aires, nomea a Francisco Fernández del Riego, correspondente da súa revista (“Galicia”) en Galicia.
  • Tras serlle retirado o carné de xornalista, Cunqueiro regresa a Mondoñedo.
  • Roberto Pose, marido de María Mariño, é destinado en Romeor do Courel.
  • Jesús Bal y Gay nomeado xefe da Sección de Investigacións Musicais do Instituto Nacional de Belas Artes mexicano.
  • Luís Seoane: “El mendigo inválido” (óleo).
  • Laxeiro: “Carnavalada”.
  • Eva Duarte viaxa a España no mes de xuño, visitando Santiago de Compostela, Pontevedra, Vigo e a Escola Naval de Marín.
  • Constitúese en Ferrol a empresa nacional de construcións navais militares Bazán.
  • Inaugúrase o “Museo Provincial de Bellas Artes de La Coruña”.
  • Torrente Ballester traslada a súa residencia a Madrid.
  • Ramón Torrado dirixe “Botón de ancla” para Suevia Films.



Premios

Fernández del Riego premiado no Concurso Literario da Federación de Sociedades Galegas de Buenos Aires por Cos ollos do noso esprito (1949).


Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario


Ramón Otero Pedrayo viaxa a América para impartir unha serie de conferencias. En Buenos Aires encóntrase con Castelao. As experiencias desta viaxe contaraas logo no libro Polos vieiros da saudade.Con data de sete de setembro escríbelle á súa nai: “Mucha gente a despedirnos. Castelao no se atreve a ver salir los barcos para Galicia. Realmente es cosa muy triste para los que quedan en aquel enorme muelle tan grande y desamparado. Castelao quedó llorando agarrado a Virginia en una calle al lado del Automóvil Club donde almorzamos el día 4 invitados por Puente, que nos llevó al barco”.

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: André Gide

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen

  • Abdulai Sila (Catió, Guiné-Bissau).

Morren:

  • Afonso Duarte (Coimbra; 1884 Ereira).


Ángel Crespo publica no número 134 da revista “Ínsula” o artigo “Fernando Pessoa y sus heterónimos”.

Adolfo Casais Monteiro: Estudos sobre a poesia de Fernando Pessoa.



Cataluña


Nacen:

  • Lluís-Anton Baulenas i Setó (Barcelona).

Morren:

  • Bernat Artola (Madrid; 1904 Castellón de la Plana).

PREMI VÍCTOR CATALÀ Josep Maria Espinàs por Varietés.

Agustí Calvet “Gaziel”: Tots els camíns duen a Roma. Història d´un destí (1893-1914). Blai Bonet i Rigo: Paresceve (teatro) e El mar (narrativa).

Flag of Spain

Nacen:

  • Luis García Montero (Granada)
  • Evelio Rosero (Bogotá).


Morren:

  • Jacinto Grau (Buenos Aires; 1877 Barcelona).
  • Juan Ramón Jiménez (San Juan de Puerto Rico; 1881 Moguer).


Alfonso Paso: Usted puede ser un asesino.

Antonio Buero Vallejo: Un soñador para un pueblo.



Máis culturas:


Nacen:

  • Alessandro Baricco (Torino).

Morren:.

  • José González Carbalho (Buenos Aires; ibídem 1899). Fillo de emigrantes galegos).

-Alejandra Pizarnik: Las aventuras perdidas. -Carlos Fuentes: La región más transparente (prosa).

Tamén sucedeu...

  • José Afonso grava o seu primeiro disco: “Baladas de Coímbra”.
  • Buñuel: “Nazarín”.
  • Miró: “Murales de la luna y el sol”, para o pazo da Unesco.
  • España entra na OECE (Organización Europea de Cooperación Económica) (10 de xaneiro).


  • Morre o director de orquestra Ataúlfo Argenta (1913 Castro Urdiales).

PREMIO NOBEL DE LITERATURA ANDRÉ GIDE



Nacen:

Albino Magaia (Maputo; 2010).José Amaro Dionísio (Faro).Luís de Miranda Rocha (Mira; 2007 Coimbra).Manuel da Silva Ramos (Covilhã).Paulo Coelho (Rio de Janeiro).Teresa Salema (Teresa Maria Loureiro Rodrigues Cadete) (Lisboa).


Biel Mesquida Amengual (Castelló de la Plana).Jaume Cabré i Fabré (Barcelona).Jaume Pont (Lleida).Jordi Coca i Villalonga (Barcelona).Jordi Llovet i Pomar (Barcelona).Josep Maria Sala- Valldaura (Gironella).Josep Piera i Rubió (Beniopa).


Guillermo Carnero (Valencia).José Manuel Otero Lastres (Cee).Miguel Bayón (Madrid).Soledad Puértolas (Zaragoza).



Graciela Montes (Buenos Aires).Mempo Giardinelli (Resistencia, Chaco, Argentina).


Hubert Haddad (Túnez).Jean Echenoz (Orange, Francia).Paul Auster (New Jersey).Salman Rushdie (Bombai).Stephen King (Portland, Maine).


Afonso Duarte: Ossadas.Alexandre Cabral: Contos da Europa e da África.António Botto: Ódio e Amor.António de Navarro: Ode à manhã.António José Saraiva: As ideias de Eça de Queirós.Aquilino Ribeiro: Caminhos errados (conto).Ariano Suassuna (Brasil): Uma mulher vestida de Sol.Armando Martins Janeira: Três poetas europeus: Camões, Bocage, Pessoa (Co pseudónimo Mar Talegre).Baltasar Lopes (Cabo Verde): Chiquinho.Branquinho da Fonseca: Porta de Minerva.Domingos Monteiro: O Caminho para Là.Ferreira de Castro: A lá e a neve.Francisco Bugalho: Paisagem (poesía).Graciliano Ramos (Brasil): Insônia.João Guimarães Rosa (Brasil): Com o vaqueiro Mariano.Jorge Amado (Brasil): O amor do soldado (teatro).José Régio: Benilde ou a Virgen-Mãe (teatro).Júlio Dantas: Frei António das Chagas (teatro).Lêdo Ivo (Brasil): As alianças.Luiz Francisco Rebello: Fábula em um acto.Miguel Torga: Sinfonia (poema dramático).Natália Correia: Rio de Nuvens (poesía).Natércia Freire: Rio infindável.Nelson Rodrigues (Brasil): Senhora dos Afogados (teatro) e Anjo negro (teatro).Oswald de Andrade (Brasil): O cavalo azul.Pedro Homem de Melo: Bodas Vermelhas (poesía).Romeu Correia: Sábado sem sol.Sebastião da Gama: Cabo da Boa Esperança.Sophia de Mello Breyner: Dia do Mar (poesía).Tomaz da Fonseca: O púlpito e a lavoura.Tomás de Figueiredo: A Toca do Lobo.Vitorino Magalhães Godinho: As sociedades e economias do noroeste africano-Marrocos-. Séculos XI-XVI.



Carles Soldevila: Fuga i variacions (teatro).Joan Oliver “Pere Quart”: Saló de tardor (poesía) e L’amor deixa el camí ral (teatro).Joan Perucho: Sota la sang (poesía).Josep Maria de Sagarra: La fortuna de Sílvia (teatro).Josep Maria López-Picó: Els motius de la rosa.Josep Pla: Cadaqués.Josep Vicenç Foix: Sol, i de dol (setenta sonetos escritos entre 1913 e 1927).Maria Beneyto i Cuñat: Canción olvidada (poesía. En castelán).Maria Aurèlia Capmany: Necessitem morir.Miquel Llor: El somriure dels sants.Sebastià Juan Arbó: Tino Costa.Tomàs Garcés: El caçador (poesía).



Aparece en Córdoba a revista “Cántico”.Antonio Tovar: Vida de Sócrates.Carmen Conde: Mujer sin edén.Emilio Orozco: Temas del Barroco.Eugenio d´Ors: El secreto de la filosofía e Nuevo glosario.Francisco Camba: Las luminarias del señor ministro.José Hierro: Tierra sin nosotros e Alegría.José Luis Hidalgo: Los muertos.José María Gironella: Un hombre.José María Pemán: La verdad.Juan Antonio de Zunzunegui: La quiebra.Juan Pérez Creus: Orientación y selección profesional (Escritor alófono en galego. Madrid).León Felipe: Antología rota.Rafael Morales: Los desterrados.



Agustín Yáñez: Al filo del agua.Alberto Moravia La romana.Cintio Vitier: Capricho y homenaje.Dulce María Loynaz: Juegos de agua.García Márquez: La tercera resignación (conto no diario de Bogotá “El Espectador”).Nicolás Guillén: El son entero (poesía).Rodolfo Usigli: El gesticulador (Escrita no 1937. Teatro).


Publícase o Diario de Ana Frank.Albert Camus: La peste.Boris Vian: L´ écume des jours e L’automne à Pékin.Budd Schulberg: Máis dura será a caída.Cesare Pavese: Il compagno.Friedrich Dürrenmatt: A cidade.Italo Calvino: Il sentiero dei nidi di ragno.Ivy Compton-Burnett: The last and the first.Jean Genet: Les bonnes (teatro).Jean-Paul Sartre: Les mains sales.Malcom Lowry: Under the volcano (narrativa).Natalia Ginzburg: È stato così.Paul Eluard: Le temps déborde.Pelham Grenville Wodehouse: Something fresh.Primo Levi: Se questo è un uomo.Raymond Queneau: Exercices de style.Samuel Beckett: Murphy.Saul Bellow: The victim.Tennesse Williams: A streetcar named Desire (teatro).Thomas Mann: Doktor Faustus.Vasco Pratolini: Cronache di poveri amanti.Yu Dafu: Decadencia.


Morren:


Miquel Ferrà (Ciutat de Mallorca; ibídem 1885).

Manuel Machado (Madrid; 1874 Sevilla).




CINE:Chaplin: Monsieur Verdoux. Akira Kurosawa: Un domingo marabilloso.


Acordo hispano-arxentino. O Goberno arxentino envía alimentos ao pobo español.

Lei de Sucesión: España reino. Franco será o encargado de designar o seu sucesor.

Folga xeral en Bilbao o 1 de maio.

Fusilamentos en Ocaña de Agustín Zoroa e Lucas Nuño

A India acada a independencia despois dun dominio británico de 347 anos. División entre India (hindú) e Pakistán (musulmán).

Dáse a coñecer en Washington o Plan Marshall para a reconstrución económico-política de Europa.

Caza de bruxas: a intolerancia chegou ata Hollywood de mans do senador McCarthy: dez profesionais do cine foron botados á rúa por razóns ideolóxicas.

A ONU crea no seu seo a UNESCO.