1964
Índice
Cultura galega
- Publicacións
Álvaro Cunqueiro: Tesouros novos e vellos (Discurso de ingreso na Real Academia Galega. Prólogo de Rof Carballo. Galaxia. “Grial” nº 5, páx. 399 e “Grial” nº 72, páx. 267). Visita Bretaña como periodista co encargo de contratar uns gaiteiros para o festival de Vigo. Le o discurso de ingreso na Real Academia Galega sobre “Tesouros novos e vellos”; foi respondido por Francisco Fernández del Riego. O 10 de novembro, en carta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada escribe: “O Cerezales deixa a direición do “Faro” -vai pra Madrid coido que de subdireitor de “El Alcázar”- e queda de direitor do “Faro” o gran Cunqueiro. Ningún xornal de España tivo nunca un direitor tan “literario”. Veremos como se apaña”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Galaxia Páx.372.
Anne Marie Morris. Poeta alófona (1916 Illinois; 1999): Publica no nº 6 de “Grial” Análisis de “En los ecos del órgano”.
Antón Tovar Bobillo: La Lanzada (versos hacia el mar) (Inclúe tres poemas en galego).
Antonio Rey Soto: Obras completas (4 volumes 1965, 1966, 1967; no primeiro volume aparecen as súas composicións en galego).
Avelino Gómez Ledo: fai a tradución de O libro das Xeórxicas de Virxilio. (Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos. Santiago de Compostela. “Grial” nº 6, páx. 531).
Carmen Prieto Rouco: A virxe viuda. Hestoria dun amor (poemas. Viveiro).
Castelao: As cruces de pedra na Galiza (discurso de ingreso na RAG en 1934. Pubs da Real Academia Galega. A Coruña. Ver 1950).
Emilio Pita Romero: Ronsel verdegal (Vigo).
José Santiago Crespo Pozo: Contribución a un vocabulario Castellano-Gallego (Revista “Estudios”. Madrid. “Grial” nº 6, páx. 534).
Luís Seoane ilustra Elegía a Gabriel Fauré de G. Diego e publica El padre Feijóo y las artes visuales na “Revista del Departamento de Letras de la Universidad de la Plata”.
María do Carme Kruckenberg: Tauromaquia en línea y verso (Vigo. Con debuxos da autora) e Memoria de mi sueño.
María Manuela Couto: Frauta lonxana.
Ramón de Valenzuela: As bágoas do demo (teatro).
Xan Estrada: Os ríos galegos.
Xesús Alonso Montero: Cen anos de literatura galega (en colaboración con Epifanio Ramos de Castro. Lugo). Trátase do catálogo da exposición bibliográfica celebrada no Círculo das Artes de Lugo en 1963.
Xosé Luís Méndez Ferrín: Arrabaldo do norte (novela. Galaxia. “Grial” nº 7, páx. 116). O censor Manuel Picos Vilavella, o 10 de febreiro asina a seguinte valoración “…La observación del ambiente y de los personajes está hecha con escrupulosa atención y en un estilo de suave insistencia, matizado de escasas frases realistas (únicamente en las páginas 30, 36, 37, 72, 84, 85 y 126). A juicio del lector suscrito se puede autorizar sin reparo la publicación de Arrebaldo do norte, que, además, carece de tendencia política.
En carta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada (30 de novembro) comenta: “Lin xa Arrabaldo do norte. Gostoume moitísimo. Non é unha obra perfeitamente madurecida. Ferrín está aínda nunha fase asimilativa, pero dunha obra a outra váiselle vendo un adianto ben patente. É un gran narrador en potencia, probablemente o mellor narrador de Galicia nun futuro próximo”. (Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 387).
Xosé María Castroviejo: Tempo de outono e outros poemas.
Xosé Mª Álvarez Blázquez funda Edicións Castrelos, na que aparecerían coleccións populares como “O Moucho” e “Pombal”.
Publícanse, traducidos ao inglés por Charles David e escolmados por Filgueira Valverde uns poemas de Rosalía de Castro: Poems of Rosalía de Castro (The Ministry of Foreing Affairs. Madrid. “Grial” nº 7, páx. 106).
Galaxia publica Manuel Colmeiro. 25 dibuxos dos anos 1935-36. (Limiar de Rafael Dieste. “Grial” nº 8, páx. 240).
Ángel Cabo: Evolución del paisaje agrario gallego (Londres).
Ángel Rodríguez González: La Inquisición en Galicia durante los siglos XVI y XVII.
Carlos Rivero Troncoso: Los dientes de la sombra.
Darío Álvarez Blázquez: Francisco Sánchez, el Escéptico. Un gallego precursor (Vigo. “Grial” nº 7, páx. 114).
Dora Vázquez Iglesias: Palma y corona (Madrid).
Emiliano Aguirre: Las Gándaras de Budiño, Porriño, Pontevedra. “Grial” nº9, páx. 374).
Emilio Silva Castro: A tragèdia espiritual de Unamuno (Rio de Janeiro).
Enmanuel Anati: The rock-carvings of Pedra das Ferraduras at Fentans (Pontevedra).
Faustino Rey Romero: La angustia ensanchada (Braga).
Francisco Javier Río Barja: Los estudios climatológicos de Galicia desde el punto de vista de la Geografía (Santiago).
Giuseppe Tavani: Lourenço. Poesie e Tenzoni (Modena. “Grial” nº 10, páx. 486).
Gonzalo Torrente Malvido: Hombres varados (Barcelona) e La valada de Juan Campos.
José Luis Arias: La cita tremenda.Joseph Maria Piel: “Apontamentos de etimologia galega”.
Lois Vázquez Fernández: Huellas (Palencia).
Rodrigo A. de Santiago: Método completo de gaita (Galaxia. “Grial” nº 4, páx. 261).
Salustiano Portela Pazos: La guerra de la Independencia en Galicia (Santiago. “Grial” nº 7, páx. 119).
Víctor Luis Molinari: La herida sin tiempo (Ediciones Orense).
Xosé María Álvarez Blázquez lé o 28 de novembro o discurso de ingreso na Real Academia Galega que versará sobre “Cantares e romances vellos prosificados”.
Aníbal Otero elixido Membro Numerario da RAG. Ve a luz o Catálogo da Exposición Bibliográfica “Cen anos de Literatura Galega” que tivo lugar no Círculo das Artes de Lugo dende o 9 ao 19 de Nadal de 1963 (Xesús Alonso Montero e Epifanio Ramos de Castro. Gráficas Bao. Lugo. “Grial” nº 7, páx. 121).
Aparece o primeiro artigo en galego en “Cuadernos de Estudios Gallegos” (1944), asinado por F. Bouza Brey.
En abril Díaz-Plaja publica en “Destino” unha nota sobre a revista “Grial”: “Veo ahora Grial, la excelente –sobria, seria, científica- “revista galega de cultura”, que viene publicando esa magnífica empresa editorial y espiritual que es Galaxia, de Vigo. Es un ejemplo de fidelidad y, a la vez, de universalidad…”
Fundación da Unión do Pobo Galego (UPG) por Méndez Ferrín, Celso Emilio, Luís Soto, Bautista Álvarez, Raimundo Patiño... A finais de ano os membros da UPG residentes en México edítan o nº 1 de “Terra e Tempo”.
Sae en Madrid o primeiro número da publicación periódica “Airiños Aires” dirixida por Cipriano Torre Enciso.
O número da revista “Galicia” do Centro Galego de Buenos Aires correspondente a xullo- agosto está adicado ao Padre Feijoo.
En Montevideo e dirixida por Carlos Zubillaga Barrera edítase “Nós”, subtitulado “Órgano oficial de la Asociación Uruguaya de Hijos de Gallegos”. Sairán 4 números case exclusivamente en castelán.
Ve a luz o Catálogo da Exposición Bibliográfica “Cen anos de Literatura Galega” que tivo lugar no Círculo das Artes de Lugo dende o 9 ao 19 de Nadal de 1963 (Xesús Alonso Montero e Epifanio Ramos de Castro. Gráficas Bao. Lugo. “Grial” nº 7, páx. 121).
Aparece o primeiro artigo en galego en “Cuadernos de Estudios Gallegos” (1944), asinado por F. Bouza Brey.
Isaac Díaz Pardo: El ceramista Arranz y su escuela (Ed. do Castro). Pasa en Magdalena dende o 26 de outubro até maio de 1965.
A asociación “O Facho”, comeza a impartir cursos de lingua e literatura galegas.
Rodrígues Lapa imparte na segunda quincena de abril, no I. P. Sarmiento un curso de filoloxía galega patrocinado pola Fundación Penzol.
O Faro de Vigo fai unha enquisa a 42 cregos do mundo rural na que só dous están conformes coa liturxia en galego (Reaccións no nº 508 da Nosa Terra de marzo de 1965): “Os que coñecemos o permanente estado de traición para os intreses de Galiza que ó longo dos tempos ten sido norma invariable do clero de Galiza, non nos causaron ningunha solpresa as torpes e groseiras declaracións deses cregos en resposta ás preguntas formuladas […]“Non. Os que nunca ergueron unha voce de protesta contra o caciquismo expoliador, os aliados dos expoliadores do povo galego, os que nunca se ergueron contra da emigración e da miseria, os que endexamais quixeron ouvir ningunha queixa popular e pola contra medraron esplotando a súa iñorancia e sometimento, carescen de autoridade pra opinar non somentes como membros dunha comunidade a que traicionan, senón tamén como pastores de almas, posto que soio pode falar o verbo da redención aquel que xa está redimido, endexamais os sometidos, os esclavistas e treidores”.Nese mesmo número de “A Nosa Terra” engádese: “Coa firma dos segredarios xeral de Governo e Coordinación, señores Antón Alonso Ríos e Antón Alonso Pérez, respeitivamente, o Consello de Galiza dirixiuse ó Arcebispo de Santiago de Compostela e ós bispos diosesanos de Mondoñedo, Lugo, Ourense, Tui – Vigo e ó Arzebispo de Toledo, espresando a súa protesta polo que considera unha ofensa á cultura de Galiza o negárense as autoridades eclesiásticas a implantar o idioma galego na sagra liturxia”.
Créase o Instituto “José Cornide” de Estudios Coruñeses por iniciativa do alcalde Eduardo Sanjurjo de Carricarte.
Borges visita Santiago, onde se encontrará con Ramón Piñeiro. En carta a Basilio Losada escribe Ramón Piñeiro: “Verdadeiramente, trátase dun home moi sinxelo, moi cordial e de gran vivacidade espritoal”.
Laxeiro: “El mundo” e “Entierro aldeano”.
Luís Seoane: “Homenaje a Venecia” (gravados en madeira. Bonino. Buenos Aires).
Avelino Abuín de Tembra, nomeado Secretario Xeral do Patronato Rosalía de Castro.
En maio inaugúrase a Fundación Penzol.
Xosé Velo abre en São Paulo xunto co militante socialista Bartolomé González Llorente a librería Nós, que máis tarde se convertería na editorial “Publicacións Galicia Ceibe”.
Avelino Abuín de Tembra e Maximino Rodríguez Buján fundan o Patronato do Pedrón de Ouro co obxectivo de premiar a personalidade galega viva que destacara en calquera dos ámbitos da cultura galega. Este ano sae premiado Faustino Rey Romero.
Créase o “Museo Arqueológico Provincial de La Coruña”, situado no castelo de Santo Antón.
Créase en Montevideo o “Patronato da Cultura Galega” que despregou un labor de reivindicación dos dereitos do pobo galego e de denuncia da censura e persecución exercida contra a nosa lingua. Así mesmo promoverá a produción editorial en galego.
Coren (Cooperativas Orensanas), independízase da firma americana Swift, e constrúe unha fábrica de pensos e unha cooperativa adicada á produción de ovos con vinte granxas de mil galiñas cada unha.
Instálanse en Galicia os primeiros teleclubes.
Expropiacións para o salto de Castrelo do Miño.
Día das Letras Galegas
Nacementos/Defuncións
Premios
Otero Pedrayo recibe o Premio da Deputación Provincial de Ourense ao mellor estudo sobre a vida e obra do Padre Feijoo pola obra Vida del P. M. Fr. Benito Jerónimo Feijó Montenegro. Ensayo sobre las doctrinas y tendencias e influencia de su carácter y escritos publicada polo Instituto de Estudios Orensanos “Padre Feijóo” no ano 1972.
Emilio Álvarez Blázquez obtén o Premio de Poesía do Centro Galego de Buenos Aires.
Epistolario
Con data de 11 de marzo escríbelle Manuel María a Neira Vilas dende Monforte: “Os domingos, de cada quince días, Radio París, na sua emisión en castelán da un programa en galego, chamado “Aló, Galicia”, de quince minutos que fai Xesús Nieto Pena, profesor en Carcassonne. Iste programa oise entre once e media e doce da noite, en hora de aquí. O derradeiro foi o domingo pasado”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 236).
Ben-Cho-Shey escribe dende Madrid a Neira Vilas no mes de marzo: “De min pouco teño que lle contar. Sempre a traballar con pouco proveito e sin espranza. Escribo algúns artigos na Noche por soster o lume do idioma, pero todo de balde. Eu debo estar rifado cos cartos pois sempre ando a travallar sin ver un patacón e ainda aquiles diñeiros que me corresponden por dereito, páganmos tarde” (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).
Ramón Piñeiro escribe a Manuel Caamaño Suárez: “Temos que coidar de que o futuro de Galicia sexa máis próspero e brillante que o seu pasado. Para iso nada máis necesario que a lealdade aitiva das minorías preparadas e capacitadas que son as que poderán estudar todos os nosos problemas e procurarlles a axeitada solución. O día en que os médicos, os inxenieiros, os arquitectos, os abogados, os veterinarios, etc. etc. teñan verdadeira conciencia da realidade económico-social de Galicia e sintan o deber de se consagraren xenerosamente á nobre empresa de transformar esa realidade e poñela ao nivel histórico dos tempos que vivimos, daquela a nosa Terra renacerá vigorosamente e acadará o seu pleno desenvolvemento material e espiritual”. (Manuel Caamaño: Dun tempo e dun país (Laiovento 2006).
Noutra carta a Basilio Losada de 27 de novembro escribe Piñeiro: “Mira, a revalorización social do noso idioma conta con tres camiños: o prestixio cultural das minorías que o cultivan literariamente, o prestixio oficial do ensino na escola –o bilingüismo escolar- e máis o prestixio litúrxico. Deica agora unicamente estivo en aición o primeiro, i os progresos conqueridos son verdadeiramente grandes, porque gracias a iles agora pódense recramar con autoridade os outros dous. Distes, o segundo –o bilingüismo escolar- non chegou aínda ó punto de maturidade, pro é seguro que chegará. En cambio, o camiño litúrxico está mesmo chegando a ise punto. Imos certamente moi retrasados con relación a ise país, por exemplo, pro avanzaremos rapidamente. Xa o verás. Presenciaremos -ti con moita máis razón, por seres máis novo- o pleno trunfo do noso idioma. Os graves perigos que tivo xa pasaron. Agora todo será camiñar pra diante”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 385).
Sebastián Martínez Risco escribe con data de 18 de novembro a Neira Vilas; “Teñen especialísimo interés pra nosa Academia as novas que vostede me da do estado da crisis na que se atopa a nosa Asociación Protectora, e acollemos con vivo sentimento de simpatia e alento os seus anceios de termar dela canto poida pra coidar que non esmoreza. A Academia Galega, e Galiza –que procuramos estea nela representada-, deberíanlle, amigo Neira, eterna gratitude si o conseguise”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 307).
Escribe Luís Seoane a Díaz Pardo dende Buenos Aires (18 de maio): “Uno puede alcanzar aquí, como quizá en otras partes, fortuna personal. (…) Pero no podemos tener un tapiz tan deslumbrante como una niebla caída sobre las montañas de Galicia, alfombra tan lujosa como una ría, muebles que se equiparen a una mesa de pino blanqueada con lejía, ni un montón de joyas que puedan ser iguales en su belleza a una bandada de gaviotas o cuervos marinos. A ese mirlo que escuchaba desde tu estudio. (…)”.
En carta a Díaz Pardo do 2 de xuño, escribe Luís Seoane: “Nosotros continuamos pensando en volver. Os envidiamos la primavera de Galicia y las escapadas a la playa de Fontán. Nosotros miramos de vez en cuando desde la terraza el río, más que por su belleza, por su posibilidad de camino de regreso, sabiendo que después de él está el mar, y, a quince días, Galicia. Escríbeme”.
En carta de 23 de agosto, escribe Basilio Losada a Ramón Piñeiro: “Vou seguindo a enquisa do “Faro” cos abades das aldeas. Dáme verdadeira pena. Son xente que non teñen a menor migalla de interés pola xente posta baixo o seu apostolado. Muitos deles insultan ferozmente aos labregos: chámanlles sórdidos, mezquinos, avarentos, desleales, desconfiados,. Unha verdadeira pena. Encol do emprego da língoa na Liturxia a resposta como era de esperar é negativa. As razóns son do máis pintoresco: vexo hoxe que dous deles din que a xente da súa aldea entende mellor o castelán que o galego. (…). Outros dicen que si falan en galego na Eirexa a xente perderíalle o respeto ao crego. Mellor sería que pensaran si non o perden –si non llo perderon xa- por prestar a rédito (e moitas veces con usura), por vivir de xeito pouco exemplar ou por non haber erguido xamais a voz en defensa de quen debían. Unha das acusaciós meirandes que se lle pode facer á Eirexa de Galicia é que nunca erguen a voz en defensa dos paisáns, que nunca ergueu a voz falando craramente do problema emigratorio.(…) O P. Totosaus atopou aos cregos moi apegados ao terreo, sen formación e sin interés en formarse, muitos deles pouco exemplares na súa vida privada, retrógrados e superados na súa conceición do mundo, e aínda dos problemas da eirexa, cun estilo de funcionarios que cadra ben mal ao que un crego de aldea debe ser.Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 346, 347).Con data de 4 de setembro respóstalle Ramón Piñeiro: “As respostas dos cregos no “Faro” causaron verdadeira sensación en Galicia. Moita xente desconocía a mentalidade do noso clero rural e agora tiveron ocasión de a ver tal como é. O curioso é que os máis asombrados e ofendidos son os propios católicos conscientes”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 350).Volve retomar o tema Ramón Piñeiro o 22 de novembro: “Si, a aititude dos bispos galegos no tocante ó emprego litúrxico do noso idioma era de agardar. Desgraciadamente, nin xiquera nunha cousa tan espritoal como é o verbo queren estar co seu pobo. Prefiren estar co Poder cesáreo. En fin, todo eso irá cambiando pola presión popular. Eiquí, como en todo o occidente, haberá que contar de agora en diante coa opinión popular. O noso esforzo débese de orientar a facer que esa opinión seña conscientemente galega”.Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 383).
Na correspondencia de Basilio Losada a Ramón Piñeiro (18 de xullo) recollese o seguinte feito: “Non sei si estará informado do asunto lamentable do Colexio Tirso de Ferrol. Por si non ten noticias voulle facer un relato a modo: os alumnos do Colexio dos PP. Mercedarios de Ferrol fixeron un viaxe de estudos por Cataluña, e un deles publicou nunha revistiña que tiran pra os alumnos baixo o tíduo Tirso un reportaxe do viaxe no que se facían referencias a Catalunña francamente aldraxantes (…) O imbécil do Direitor mandou imprentar a revistiña en Barcelona e polo visto na imprenta fixeron unha tirada maior do normal que distribuiuse rapidamente por Barcelona. A reacción foi violentísima. Eu fun un dos primeiros en recibir a folla i escribín unha violenta carta de protesta ao Direitor, especialmente polo que di de que lles pareceu unha blasfemia ver rezar aos frades (i á xente) de Montserrat en catalán. Por certo que si foron a misa noutra eirexa decataríanse de que non soio en Montserrat sinón en todas as eirexas de Cataluña faise a prédica en catalán i a xente sigue os rezos en catalán tamén…”.Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 339, 340, 341). Sobre este asunto houbo cartas ao director publicadas en “Destino” (27 de xuño e 4 de xullo) así como un artigo de Jose Mª Gironella publicado na Vanguardia o 11 de xullo. Noutra carta ao director de “Destino” (25 de xullo) o secretario do Centro Gallego de Barcelona, daquela Basilio Losada, fai constar a súa disconformidade cos conceptos que aparecían no escrito do boletín da revista “Tirso” do Colexio dos PP Mercedarios de Ferrol.
En carta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada (30 de novembro) comenta: “Lin xa Arrabaldo do norte. Gostoume moitísimo. Non é unha obra perfeitamente madurecida. Ferrín está aínda nunha fase asimilativa, pero dunha obra a outra váiselle vendo un adianto ben patente. É un gran narrador en potencia, probablemente o mellor narrador de Galicia nun futuro próximo”. (Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 387)
Sumarios
GRIAL Nº 3 Carballo Calero: A temática galega na obra de Valle-Inclán. Basilio Losada: Tradición e novedade no teatro alemán de posguerra. Bernardino Graña: Personalidá e obra de Miguel Torga. Nina Epton: O Santo Grial (Versión galega de Ramón Lugrís). García Sabell: André Gide i o Demo. Paz Andrade: As formas vivas da paisaxe. Salvador Lorenzana: Galicia na obra de Cuevillas .
GRIAL Nº 4
Salvador Lorenzana
Rodrigues Lapa e a cultura galego-portuguesa.
R. Otero Pedrayo: Na procura do íntimo Mestre Feixóo.
E. González López: El mundo céltico en las guerras religiosas del siglo XV.
Ramón Lugrís: Os vieiros da nova Europa: Cara unha Federación de Comunidades básicas.
G. Mariñas del Valle: Monifates.
Raimundo Patiño: Noticia do grabador Ortiz.
A nosa poesía medieval traducida ó inglés. Manuel Pais Antiqueira: Carta de Madrid. Xosé Mª Álvarez Blázquez: Gil Vicente e Galicia: I. O conto das dúas lousas. Bernardino Graña: O “Rei Lear” e “A Piollosa”. P. M.: A xeneración perdida. Jesús Bal: Personalidad musical de Galicia. X. C.: Freud, Kafka e Marthe Robert. A. Pérez Prado: Homenaxe a Castelao. M. Heidegger: ¿Por qué nos quedamos na provincia?.
GRIAL Nº 5
Herculano de Carvalho: Sobre a creación poética.
Carlos P. Otero: Mínima introducción a la lingüística.
J. Rof Carballo: Humorismo e sociedade .
X. L. Franco Grande: 13 poemas.
García Sabell: Sartre: Notas previas.
Salvador Lorenzana: Drummond de Andrade e a realidade do seu tempo.
Carlos Amable Baliñas Fernández: Amor Ruibal en su tiempo y en el nuestro .
Ramón Lugrís: O anti-intelectualismo na vida norteamericana.
Ramón Piñeiro: Galegos fóra de Galicia: Ernesto Guerra da Cal.
A. L.: Polémicas literarias en Italia.
Alfonso Álvarez Gándara: A nova xeneración intelectual galega.
María Teresa Barros: Carta de Inglaterra: Sir Alec y Mr. Wilson.
Asociación Internacional das Linguas e Culturas ameazadas. C. Barreiros: Picasso, de onte a hoxe.
GRIAL Nº 6
Carballo Calero: Feixó e a Razón Borbónica.
Álvaro Cunqueiro: As mil caras de Shakespeare.
J. Manteiga Pedrares: La Realidad y la Esencia: Reflexiones en torno al pensamiento filosófico de Zubiri.
Xosé Antón Arxona: Evolución histórica das linguas célticas.
Xesús Precedo Lafuente (Introducción e notas) e M. Vidán Torreira (Traducción): O Cantar dos Cantares.
Xosé Manuel López Nogueira: Unamuno i a súa imaxen da vida.
Luís Seoane: Serafín Avendaño en Italia.
Manuel María: A poesía galega de Celso Emilio Ferreiro.
Cosme Barreiros: O pintor Arturo Souto.
X. L. Franco Grande: Díaz Castro, nesta hora.
Anne Maríe Morris: Análisis de “En los ecos del órgano”.
Miguel D’Ors: Despois do “Faust” de Peter Gorski.
Outras culturas
PREMIO NOBEL DE LITERATURA JEAN-PAUL SARTRE
Nacen:
Amilcar Bettega (Rio Grande do Sul).
Joaquim Arena (São Vicente, Cabo Verde).
Mário Lúcio Sousa (Tarrafal, Cabo Verde).
Ángela Vallvey (San Lorenzo de Calatrava, Ciudad Real).
Antonio Álamo (Córdoba). Carlos Ruiz Zafón (Barcelona).
María Dueñas Vinuesa (Puertollano).
Suso Mourelo (Madrid).
Tino Pertierra (Gijón).
Alberto Fuguet (Santiago de Chile).
Eduardo Berti (Buenos Aires).
Xavier Velasco (Ciudad de México).
Aminatta Forna (Glasgow).
Armand Marie Leroi (Wellington, Nova Zelanda).
Bret Easton Ellis (Los Ángeles).
Jacqueline Kelly (Nova Zelanda).
Mark Sarvas (New York).
Agustina Bessa Luís: As Relações Humanas (triloxía; 1964-65-66).
Altino do Tojal: Sardinhas e Lua (ampliada no 1974 co título Os Putos).
António Borges Coelho: Raízes da expansão portuguesa.
António Cândido de Mello e Sousa: Tese a antitese e Parceiros do Rio Bonito.
António Henrique Rodrigo de Oliveira Marques: Guia do estudante de História Medieval Portuguesa.
António Ramos Rosa: Terrear.
António Rebordão Navarro: Romagem a Creta.
Antunes da Silva: Terra do nosso pão.
Assis Esperança: Pão incerto.
Autran Dourado (Brasil): Uma Vida em Segredo.
Bento da Cruz: Ao longo da fronteira.
Carlos Drummond de Andrade (Brasil): Lição de coisas.
Clarice Lispector (Brasil): A legião estrangeira e A Paixão segundo G. H.
Domingos Monteiro: Contos do Natal (conto).
Ermesto Leal: O homem que comia névoa.
Eugénio de Andrade: Ostinato Rigore (poesía).
Fernanda Botelho: Xerezade e os outros.
Francisco Costa: Escândalo na vila.
Graça Pina de Morais: O Medo e Raquel (teatro).
Ilse Losa: Encontros no Outono.
João de Araújo Correia : Montes Pintados (crónica).
João Gaspar Simões: Almeida Garret: vida, pensamento, obra.
João Guimarães Rosa (Brasil): Campo Geral.
João Sarmento Pimentel : Memórias do capitão (2ª parte).
Jorge Amado (Brasil): Os pastores da noite.
Jorge Dias: Os Macondes de Moçambique.
José Craveirinha: (Mozambique): Chigubo (poesia).
José Leite de Vasconcelos (1858-1941): Contos populares e lendas.
José Osório de Oliveira : Espanha vista pelos portugueses.
José Régio: Ensaios de Interpretação artística (ensaio).
Luís Bernardo Honwana (Mozambique): Nós matámos o cão- tinhoso.
Luís Cajão: A estufa.
Luís Veiga Leitão: Ciclo de pedras.
Luiz Francisco Rebello: Dente por dente.
Luiza Neto Jorge: Terra imóvel.
Lygia Fagundes Telles (Brasil) : Verão de aquário e Histórias escolhidas.
Maria Amélia Neto: Cicuta em março.
Maria da Graça Freire: As noites de Salomão Fortunato.
Maria de Lourdes Belchior: Poesia e mística: Frei Agostinho da Cruz.
María Manuela Couto Viana: Frauta lonxana.
Maria Teresa Horta: Candelabro.
Mário Beirão: O pão da ceia e Oiro e cinza.
Mário Cesariny de Vasconcelos: Um auto para Jerusalém.
Natália Nunes : Assembleia de mulheres.
Nuno Bermudes: Uma gota de chuva.
Orlando da Costa: Podem chamar-me Euridice.
Osman Lins (Brasil) : Lisbela e o prisioneiro (teatro).
Pedro Homem de Melo: Há uma Rosa na Manhã Agreste.
Rachel de Queiroz: Mapinguari (crónica).
Sophia de Mello Breyner: O Cavaleiro de Dinamarca (lit. inf. e juv).
Urbano Tavares: Terra Ocupada (conto).
Vasco de Magalhães Vilhena: António Sérgio. O idealismo crítico e a crise da ideologia burguesa.
Víctor de Sá: Perspectivas do século XIX.
Vitorino Magalhães Godinho: Introdução às ciências sociais.
Vitorino Nemésio: Andamento Holandês e Poemas Graves (poesía).
PREMI VÍCTOR CATALÀ
JOAQUIM CARBÓ por Solucions provisionals.
A revista catalana “Serra d’or” publica os resultados dun inquérito feito a 19 críticos sobre as mellores obras publicadas en catalán nos últimos 25 anos: En novela o 1º posto foi para Plaça del Diamant de Mercé Rodoreda, seguido de Bearn do mallorquín Llorenç Villalonga. En conto Cróniques de la veritat oculta de Pere Calders e Mites de Jordi Sarsanedas. En poesía obtivo 16 votos Elegies de Bierville de Carles Riba e 14 Vacances pagades de Pere Quart. En ensaio recibiu 18 votos Nosaltres els valencians de Joan Fuster e 14 Noticia de Catalunya de Jaume Vicens Vives. En teatro Primera historia de Esther de Espriu (17) e Homes i no de Pedrolo (11). No apartado de memoria –biografías Memories de J. M. de Sagarra e Tots els camins duen a Roma de Gaziel
Antoni Maria Badía i Margarit: Llengua i cultura als Paysos Catalans (Edicións 62. Barcelona. “Grial” nº 10, páx. 495). Francesc Candel: Els altres catalans. Joan Colomines i Puig: Dos llibres (poesía) e Perdona, Franz (teatro). Joan Fuster: Raimon. Jordi Rubió y Balaguer: La cultura catalana del Renaixement a la Decadència. Jordi Ventura i Subirats: Els catalans i l’occitanisme. Josep Maria Benet i Jornet: Una vella, coneguda olor (teatro). Josep Maria de Sagarra: La ruta blava. Josep Maria Llompart de la Peña: Joan Alcover e La literatura moderna a les Balears. Josep Palau i Fabre: Doble assaig sobre Picasso. Josep Vicenç Foix: Desa aquests llibres al calaix de baix (poemas) Martín de Riquer: Història de la literatura catalana. Pere Calders: L‘ombra de l‘atzavara.
Gabriel Aresti Segurola: Harri eta Herri (Pedra e Pobo).
Alberti: Abierto a todas horas.
Alfonso Grosso: El capirote.
Ana María Matute: Algunos muchachos.
Andrés Ruiz: Como un cuento de otoño.
Antonio Ferres: Con las manos vacías.
Blas de Otero: Que trata de España.
Camilo José Cela: Viaje al Pirineo de Lérida.
Carlos Álvarez: Escrito en las paredes.
Daniel Sueiro Rodríguez: Toda la semana.
Ernestina Champourcín: Cárcel de los sentidos.
Félix Grande: Las piedras (Premio Adonais 1963).
Francisco Nieva: El combate de Ópalos y Tasia.
Jesús Fernández Santos: Laberintos.
José Batlló: La mesa puesta.
José Hierro: Libro de las alucinaciones.
José Triana: La muerte del ñeque (teatro).
Juan Ramón Jiménez: Dios deseado y deseante. Animal de fondo.
Julio García Morejón: Unamuno y Portugal (Instituto de Cultura Hispánica).
Manuel Álvarez Ortega: Invención de la muerte.
Miguel Mihura: Ninette y un señor de Murcia.
Ramón Carnicer Blanco: Donde las Hurdes se llaman Cabrera.
Agustín Yáñez: Las tierras flacas. Amanda Berenguer: Declaración conjunta. Antonio Dal Masetto: Lacre. Arturo Uslar Pietri: Estación de máscaras. Cabrera Infante: Vista del amanecer en el trópico. Carlos Fuentes: Cantar de ciegos. Edgardo Cozarinsky: El laberinto de la apariencia (ensaio). Eduardo Galeano: China. Ernesto Cardenal: Salmos (poesía). Gonzalo Rojas Pizarro: Contra la muerte. Haroldo Conti: Todos los veranos (contos). José María Arguedas: Todas las sangres. Juan Carlos Onetti: Juntacadáveres. Juan García Ponce: Figura de paja. Juan Gelman: Cólera buey. Luis Brito García: Los fugitivos. Luis Spota: La carcajada del gato. Marco Antonio Flores “El Bolo”: La voz acumulada (poesía). Mario Benedetti: Gracias por el fuego. Nicolás Guillén: Antología mayor (poesía). Ramiro Domínguez: Ditirambos para flauta y coro. Ramón Xirau i Subias: Mito y poesía. Ricardo E. Molinari: Un día, el tiempo, las nubes. Sebastián Salazar Bondy: Lima la horrible. Sergio Pitol: El infierno de todos. Vicente Leñero: Los albañiles.
Anne Tyler: If morning ever comes.
Brendan Behan: Brendan Behan’s New York.
Claude Lévi-Strauss : Les mythologiques : le cru et le cuit.
Chinua Achebe: Flecha de Deus.
Gay Talese: The bridge.
Giorgio Manganelli: Hilarotragoedia.
Hans Magnus Enzensberger: Política e delito.
James Baldwin: Blues para mister Charlie (teatro).
Jean-Paul Sartre: Les mots. Traducida ao galego por Dulce María Fernández Graña e François Davó: As palabras para a Biblioteca Galega dos Clásicos Universais.
John Osborne: Inadmissible evidence (teatro).
Joyce Carol Oates: With Shuddering Fall.
Le Roi Jones: O holandés.
Luigi Meneghello: I piccoli maestri.
Macluhan: Para comprender os medios.
Peter Weiss: A persecución e asasinato de Jean- Paul Marat, representado polo grupo de actores do manicomio de Charenton baixo a dirección do señor de Sade (teatro).
Robert Lowell : For the Union dead (Mortos pola Unión; poesía).
Saul Bellow: Herzog.
William Burroughs: Nova express.
William Trevor: The old boys.
Morren: Cecilia Meireles (1901 Brasil). Daniel Filipe (Cabo Verde; 1925 Ilha de Boavista, Cabo Verde). José Osório de Oliveira (Lisboa; 1900 Setúbal).
Agustí Calvet “Gaziel” (Barcelona; 1887 Sant Feliu de Guíxols).
Luis Martín-Santos (Vitoria; 1924 Larache, Marruecos).
Luisa Carnés Caballero (México D. F.; 1905 Madrid).
Miguel Labordeta (1921 Zaragoza).
Rafael Cansinos Assens (Madrid;1882 Sevilla).
Arturo Echeverri Mejía (1919 Colombia).
Brendan Behan (1923 Irlanda).
Vasili Grossman (Moscú; 1905 Berdichev).
CINE: Buñuel: Diario de una camarera. Luis G. Berlanga: La escopeta nacional. Jean-Luc Godard: Bande à part.
Bob Dylan: “The Times They Are A-changin’”.
Holanda, Bélgica e e Italia contrarios á incorporación de España á CEE; Francia e a República Federal de Alemaña, a favor.
O 1 de xaneiro entra en vigor o “I Plan de Desarrollo”.
O cantautor portugués José Afonso é invitado pola “Sociedade Musical Fraternidade Operária Grandolense” para cantar na vila de Grándola. Como homenaxe á sociedade compuxo a canción “Grándola vila morena”.
Os EEUU deciden intervir en Vietnan.
Revoltas racistas nos Estados Unidos.
O Papa Paulo VI e o Patriarca Atenágoras, máximo responsable da Igrexa Ortodoxa, reúnense e difunden un comunicado conxunto que remata con séculos de incomunicación entre as súas confesionalidades relixiosas.
Indonesia invade Malasia.
China fai estoupar unha bomba atómica.
Repentina destitución de Nikita Kruschev. Leonid Breznev sucédelle na secretaría do Partido Comunista da URSS.
Loita entre gregos e turcos en Chipre.
Panamá rompe relacións cos Estados Unidos.
Constitución da OLP
Morre Nerhu na India.