1958

De Xulipedia
Revisión feita o 11 de xaneiro de 2020 ás 11:33 por Xulio (Conversa | contribucións)
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Ana Pereira Rosales (Pontevedra).
Andrés Álvarez Vila (Zamáns, Vigo; 2016).
Arturo Casas Vales (A Coruña).
Carlos López Bernárdez (Vigo).
Gloria Sánchez García (Vilagarcía).
Lois Pereiro (Monforte; 1996 A Coruña).
Luís Rei Núñez (A Coruña).
Manuel Forcadela (Manuel Santiago Fernández Álvarez) (Forcadela, Tomiño).
Manuel Miragaia Doldán (A Coruña).
Marcos Valcárcel (Ourense; íbidem 2010).
Miguel Anxo Fernán-Vello (Cospeito).
Pilar Beiro (Canedo, Carnota).
Santiago Casal Quintáns (Santiago de Compostela).
Valentín Carrera González (Ponferrada).
Xosé Domínguez González (Chandrexa de Queixa).
 
Outros
O debuxante e ilustrador Miguelanxo Prado (A Coruña).
O xornalista Federico Cocho de Juan (Xinzo de Limia).
O pintor Din Matamoro (Vigo).
O fotógrafo Delmi Álvarez (Vigo).
O escritor Alfonso Armada Rodríguez (Vigo).
A cantante Luz Casal (Boimorto).
 
 
 
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Avelino Rodríguez Elías (Asunción, Paraguay; 1872 Afife, Portugal).
Florentino López Cuevillas (Ourense; ibídem 1886).
Luís Pimentel (Luís Vázquez Fernández) (Lugo; ibídem 1895).
Miguel López Torre (Pontedeume; ibídem 1893).
Xesús Mariño Lago (1929 Cabral)
 
 
 
Outros
O pintor e ilustrador Carlos Maside (Santiago; 1897 San Xulián de Requeixo). Sobre el escribiu Luís Seoane, en carta a un amigo: “Algún día a nosa xente decatarase de cánto se lle debe a Maside. El significa pra o arte galego un rigor que éste non coñecía, ou que perdera hai séculos. El é, en pintura, o que foi Casas e Novoa na arquitectura de Galicia... Alédome de non ter sido da súa xeneración, porque así puiden adeprender del o que non adeprendería por cegueira ou envexa sendo dos seus anos...” (“Grial” nº 65, páx. 388).
A escritora Sofía Casanova (Poznan, Polonia; 1862 Almeiras, A Coruña).
O xornalista e escritor José González Carbalho (Buenos Aires; ibídem 1899).
O enxeñeiro Daniel de la Sota Valdecilla (Pontevedra; 1877 Ceceñas, Santander).
O alcalde da Coruña Alfonso Molina Brandao (Río de Janeiro; 1907 A Coruña).
 
 
 

Publicacións

Galegas

Álvaro Cunqueiro: O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (teatro. Galaxia. “Grial” nº 72, páx. 263) e con Xosé María Castroviejo: Teatro venatorio y coquinario gallego (Con epílogo de Emilio Álvarez Blázquez. Edicións Monterrey. Vigo).

Albino Núñez Domínguez: A nosa fala (poema; Buenos Aires).

Alfonso Gayoso Frías: Galeguidade (Humor, saudade e patria), (poemas; Buenos Aires).

Antón Beiras García: “Ensaios pra mellorar os resultados terapéuticos no estrabismo”. (Primeiro traballo de tema médico que se publicou en lingua galega). Publicado en “Referatas”, a revista da Academia Médico Cirúrxica Provincial de Pontevedra).

Antía Cal: Enciclopedia pró neno galego (editada por Lar Galego de Caracas).

Ánxel Fole: Pauto do demo (portada de Seoane. Edit. Citania, Buenos Aires).Sobre o Pauto do demo de Fole, escribe Cunqueiro a Fernández del Riego en setembro: “Lin o Pauto de Fole. Iso é mui pouca cousa. Está no orde mismo do conto do tabeirón e das zarapalladas de Joselín (humorista da época),… e que a min me cabrean deica o noxo”.


Ademais da portada para Pauto do demo de Ánxel Fole, Seoane fai tamén a 2ª edición de A fiestra valdeira de Rafael Dieste (ambas as dúas en Edit. Citania, Buenos Aires).

Arcadio López Casanova:Tío Mingos. Contos de Galicia.

Bernardino Graña: Poema do home que quixo vivir (limiar de Méndez Ferrín. Edit. Brais Pinto).


Carballo Calero, no libro de homenaxe a Otero Pedrayo colabora co traballo “Ramón, príncipe de Aquitania”.Nos Cuadenos de Estudios Gallegos XL aparece o seu artigo “Visión de la vida en la lírica de Rosalía de Castro”.


Cipriano Torre Enciso: Camelias brancas.

Eduardo Moreiras Collazo: Paisaxe en rocha viva (poesía).

Eladio Rodríguez González: Diccionario enciclopédico gallego-castellano (publicado por Galaxia en tres volumes: 1958, 1960, 1961. Prólogo de Otero Pedrayo).

Elsa Fernández: Escolma (poemas; 2º premio no concurso literario Emilia Pardo Bazán do Centro Lucense de Buenos Aires. Finalista do concurso organizado polo grupo Brais Pinto en Madrid no 1961).

Gonzalo López Abente: Centileo nas ondas (poemas, Galaxia).

Laureano Prieto Rodríguez: Contos vianeses.


Manuel María: Documentos personaes (poesía. Edit. Celta) e Notas encol da poesía de Fermín Bouza-Brey (separata publicada no Boletín da real Academia Galega). Con data de 15 de san Xoán de 1969 Manuel María escribe a Neira Vilas: “Moitas gracias polos poemas de Guillén. Non sei si che dixen que o Gran Zoo me lembra –salvando as distancias, craro está- o meu Documentos personaes. Non sei se tés reparado neso”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 268).

Relativas a Galicia

Acontecementos

Créase en Madrid o grupo Brais Pinto, composto por Reimundo Patiño, César Arias, Bautista Álvarez, Xosé Fernández Ferreiro, Ramón Lorenzo, Herminio Barreiro, Bernardino Graña, Alexandre Cribeiro e Méndez Ferrín.


Carballo Calero entra na Real Academia Galega cun discurso titulado Contribución ao estudo das fontes literarias de Rosalía. Foi lido o 17 de maio de 1958 e publicado ao ano seguinte.

Premios

Manuel Lueiro Rey: Primeiro premio de poesía na II Festa de Primavera de Ourense por “Cinco sonetos del hombre en el camino y un poema final”. Premio Nacional de Periodismo por “Vicencia y gozo de mis ríos gallegos”.

Epistolario

Ánxel Fole publica Pauto do demo (portada de Seoane. Edit. Citania, Buenos Aires).Sobre este libro de Fole, escribe Cunqueiro a Fernández del Riego en setembro: “Lin o Pauto de Fole. Iso é mui pouca cousa. Está no orde mismo do conto do tabeirón e das zarapalladas de Joselín (humorista da época),… e que a min me cabrean deica o noxo”.

Sumarios

Flag of Portugal Cataluña Flag of Spain Outras culturas