1958
Índice
Cultura galega
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos |
---|
Literatura |
Avelino Rodríguez Elías (Asunción, Paraguay; 1872 Afife, Portugal). |
Florentino López Cuevillas (Ourense; ibídem 1886). |
Luís Pimentel (Luís Vázquez Fernández) (Lugo; ibídem 1895). |
Miguel López Torre (Pontedeume; ibídem 1893). |
Xesús Mariño Lago (1929 Cabral) |
Outros |
O pintor e ilustrador Carlos Maside (Santiago; 1897 San Xulián de Requeixo). Sobre el escribiu Luís Seoane, en carta a un amigo: “Algún día a nosa xente decatarase de cánto se lle debe a Maside. El significa pra o arte galego un rigor que éste non coñecía, ou que perdera hai séculos. El é, en pintura, o que foi Casas e Novoa na arquitectura de Galicia... Alédome de non ter sido da súa xeneración, porque así puiden adeprender del o que non adeprendería por cegueira ou envexa sendo dos seus anos...” (“Grial” nº 65, páx. 388). |
A escritora Sofía Casanova (Poznan, Polonia; 1862 Almeiras, A Coruña). |
O xornalista e escritor José González Carbalho (Buenos Aires; ibídem 1899). |
O enxeñeiro Daniel de la Sota Valdecilla (Pontevedra; 1877 Ceceñas, Santander). |
O alcalde da Coruña Alfonso Molina Brandao (Río de Janeiro; 1907 A Coruña). |
Publicacións
Galegas
Álvaro Cunqueiro: O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (teatro. Galaxia. “Grial” nº 72, páx. 263) e con Xosé María Castroviejo: Teatro venatorio y coquinario gallego (Con epílogo de Emilio Álvarez Blázquez. Edicións Monterrey. Vigo).
Albino Núñez Domínguez: A nosa fala (poema; Buenos Aires).
Alfonso Gayoso Frías: Galeguidade (Humor, saudade e patria), (poemas; Buenos Aires).
Antón Beiras García: “Ensaios pra mellorar os resultados terapéuticos no estrabismo”. (Primeiro traballo de tema médico que se publicou en lingua galega). Publicado en “Referatas”, a revista da Academia Médico Cirúrxica Provincial de Pontevedra).
Antía Cal: Enciclopedia pró neno galego (editada por Lar Galego de Caracas).
Ánxel Fole: Pauto do demo (portada de Seoane. Edit. Citania, Buenos Aires).Sobre o Pauto do demo de Fole, escribe Cunqueiro a Fernández del Riego en setembro: “Lin o Pauto de Fole. Iso é mui pouca cousa. Está no orde mismo do conto do tabeirón e das zarapalladas de Joselín (humorista da época),… e que a min me cabrean deica o noxo”.