1935

De Xulipedia
Revisión feita o 8 de xaneiro de 2020 ás 19:52 por Pancho (Conversa | contribucións) (Publicacións)
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Antón Avilés Vinagre (“Avilés de Taramancos”) (Noia; ibídem 1992.Amañador de curazons esmaquizados. Coleicionista de moas do xuicio, vermes, bicos e olladas mornas de nenas de 15 á 18”. (Tarxeta de visita repartida por Avilés entre as súas amizades).
Gonzalo Rodríguez Mourullo (Calo, Teo)
Isaac Alonso Estravís (Vilaseca, Ourense)
Juan Farias Díaz-Noriega (Serantes, Ferrol)

“No escribo en gallego porque pertenezco a una generación que estuvo condenada, a la hora en que el idioma se aprende como se asimila la teta, a no hablarlo por decreto del poder central. Se nos educó, en colegios de Hermanos Maristas, en un castellano “salvador de la unidad nacional”. Es un libro que hay que escribir algún día”

Ramiro Cartelle Álvare (A Coruña; ibídem 2000)
Ramón Chao (Vilalba)
Ramón Lorenzo Vázquez (Eirapedriña, Ames)
Rosendo Díaz Peterson (Arximil, Sober)
Salvador García-Bodaño Zunzunegui (Teis, Vigo)
Xohán Casal Pardo (A Coruña; ibídem 1960)
Outros
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Skull.png
Pasamentos
Literatura
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
Outros
 
 
 
 
 
 
 
 

Publicacións

Galegas

Abel Eira colabora en “A Nosa Terra”.

Alexandre Bóveda: No nº 354 de “A Nosa Terra”: “En camiño, novamente”.En ¡Na terra, outra vegada! (“A Nosa Terra” 2/11/1935, nº 389). Mantén unha polémica periodística sobre a política galeguista con Constantino Sánchez Mosquera.Bóveda consegue en xuño o traslado de Cádiz a Madrid e en outubro a Vigo, devolvéndolle logo a súa praza de Pontevedra. En “A Nosa Terra” 22 de xuño nº 371: “O noso querido irmán Alexandro Bóveda, que como é sabido foi destiñado a Cádiz sin motivo que o xustificase e somentes por unha vinga política, acaba de ser destinado a Madrí”. No nº 373 escribe o artigo “Camiño da terra…”: “Para min o destino a Madrid, exercitando aquel dereito ao que tantas veces renunciara ante a estraneza d-eles, non é máis que un compás de espera, unha pousa no camiño de volta á nosa Terra, onde está a principal obriga de todos nós. Si eu agora solicitei a primeira vacante que se produxo despós do meu desterro, foi para me achegar a Galicia e aos meus”.O 2 de novembro no nº 388: “Bóveda, como Castelao fai pouco, voltan novamente para a Terra. Os nosos irmáns regresan, o galeguismo avanza e trunfa namentras a política que n-eles quixo vingarse derrúbase envolta na súa propia miseria”.No nº 357 escribe dende Cádiz para “A Nosa Terra” o artigo “Lembranza xeográfica da nosa Terra”.No 359: “Así poderemos entendernos”.No 360: “Será aproveitada a leición?No 361: “A tarefa dos nosos Grupos e Seicións”.No 369: “Os impostos indireitos nos Concellos”.No 369 “Proieito de transformación do sistema fiscal galego”.No 380: “Novamente na meseta”No 381 “A servidume tributaria de Galicia”.No 397: “Temos que crear o noso Baile Nacional”.


Álvaro Cunqueiro publica en “Quaderns de Poesía” dous poemas en galego “Reiseñor corazón do meu silenzo fonte” e “Cervo feliz” (no nº 3, outubro) e un en catalán (nº 4, novembro): “Cantiga catalana”, sendo o primeiro caso de alofonía dun galego en lingua catalana. (Ver “Grial”, 72, 1981, páx. 188):

CANTIGA CATALANA Paradís, Enlloc, l´ aigua es flor i l ´anima em roba mon amor!

La mar és encara una noia nova,i per cims d´Enlloc el seu cos s´enfonsa mon amic!

El veler es un roser floriti el ven nou una fletxa d´or fi mon amor!

Ocells refilen sota el cel d´Enllocque és un mon blau de suau remor mon amic!

Aigües dels ruins de la verda ribaveniu als arbres del Paradís! us crida mon amor!

Enlloc, Paradís ferit m´he vist de flors el pit mon amic!

Escribe tamén aínda que non se publicaría até 1991 (ver 1936) outro poema en catalán adicado a Josep Carner:“La nit es bruna”La nit es brunatres estrellas son tresi l´alora es una

L´alora es poncellano se si froitano se si estrella

L´aire ha ditque l´aigua i la rosal´han despertat

Qui tingui amorqui vinga aquídonar la flor

Tamén publica en “El Pueblo Gallego” de Vigo unha reseña o 13 de outubro, co título “Ágoa anterga” na que anuncia que a Editorial “Nós” vai publicar seis poemas galegos de F. G. L. “escritos nun galego lixeiro, rico, feliz en tanta ricura…”.

Álvaro de las Casas: Matria (Santiago).

Amadeo Varela: “O problema do ensino na Galicia” (“A Nosa Terra” nº 409).

Amaro de Vilamelle: colabora en “A Nosa terra” coa sección “Charamuscas”.

Antón Villar Ponte: “A postura esencial do galeguismo” (“A Nosa Terra” nº 354).“O que vai de 1916 a 1936…” (A Nosa Terra nº 396).

Ánxel Fole publica en “El Pueblo Gallego” o poema Romanza del río Miño, co pseudónimo Neumandro.Fole, redactor en Vigo de “El Pueblo Gallego”, propiedade de Manuel Portela Valladares e sendo redactor xefe Xulio Sigüenza.

Ánxel Sevillano: O muíño albeiro.

Assía: “Estudo da Cultura Céltica” (Dende Londres. “A Nosa Terra” nº 383):“Para estimular a Cultura céltica é para o que tén estado reunido este ano, como todol-os anos, o Congreso dos celtas. Lástima que Galicia non mande representantes a estes cónclaves nobres e románticos prolongación das reunións de clans e as xustas bárdicas dos antigos celtas”.

Aurelio Ribalta: Altariño de amore. Estórea romántica. Ferrol 1875. Agora posta en verso galego (no prólogo, o autor rexeita as formas poéticas da vangarda. Librería Porto. Santiago de Compostela. Imprenta do Seminario Conciliar de Santiago).

Avelino Pousa Antelo: no nº 393 de “A Nosa Terra” na sección “Revista de prensa galega”, recóllese un anaco dun artigo seu que remata así: “En resume: cada data me ratifico máis no meu punto de vista: hai que construir o método racional da escola galega”.

Ben-cho-shey: “O linguaxe nas escolas” (“A Nosa Terra” nº 395): “O Ministro de Instrucción Pública en Orden do día 12 de iste mes manda formar expediente gubernativo a escolanta de Becerreá pol-o enorme delito de ter proposto como alumna seleicionada a unha das suas discípulas […] A consecuencia lóxica e natural da Orde do día 12 non debía ser outra que a inmediata promulgación do Decreto que autorizase o bilingüismo nas nosas escolas”.

Castelao: “Verbas de chumbo” en “A Nosa Terra” a partir do nº 361: “Estou lonxe da Terra, en Badaxoz. Cóbreme un inmenso fanal azul […] Neste intre sinto por primeira vez a necesidade de escribir para vós, dende o desterro. Non temades aos meus arroutos sentimentaes, porque xa deixei de ser sentimental”.

Celso Emilio Ferreiro: “Antón Villar Ponte” (“A Nosa Terra”, nº 407): “Que un día non lonxano, brilará no ceo que cobre a Terra onde o Mestre dorme seu sono de xusto, a estrela simbólica da nosa liberdade!Meus irmáns: que a miña voz de cativo loitador, se axunte a vosa, para chorar coma homes, pol-a morte do Bon Patriota”.

Celso Emilio Ferreiro e Xosé Velo Mosquera: Cartafol de poesía (Ourense. Dez poemas de Celso Emilio e dez de Xosé Velo. Follas soltas que se enviaban por correo aos subscritores).No nº 394 de “A Nosa Terra” no apartado “Fenestra de honor. Verdades que mancan” dise: “O fervente mozo nazonalista irmán Emilio Ferreiro, foi detido e procesado por sere Direitor de “Guieiro”, onde se vertían unhas cantas verdades que poñían de manifesto a política vergoñenta desenrolada polo Goberno centraista contra da nosa terra […] ¡Irmáns nazonalistas, Ferreiro siñálanos o camiño de loita e rebeldía que debe ter o noso esprito!.

Francisco Fernández del Riego: “Movimento escolar galeguista” (nº 352 de “A Nosa Terra”, do 9 de febreiro).“A relixión nacionalista” (no nº 11 de “Guieiro”; “A Nosa Terra” nº 357).“Nacionalismo e democracia” (“A Nosa Terra” nº 375).“A voz de Cataluña” (nº 377).“O porvir inmediato de Galicia, nas mans dos seus nemigos” (nº 379): “Ollade sinón o panorama político aitual dos nosos Concellos e Diputacións, controlados e dirixidos, pol-os máis acretados caciques, ociosos, xugadores, e cínicos que conqueriron apuntarse un tanto na timba que, coma saldo de corbatas, establederon radicales e cedistas na nosa Terra”.“Crisis de estado” (nº 408): “O Estado actual está en crisis. Busquémoslle no repubricanismo unha solución: o Estado Federal. A libertade para as nacionalidades ibéricas”.

García Lorca: Seis poemas galegos (Edit. Nós. Prólogo de Blanco Amor).O 6 de xullo, o xornal “A Nosa Terra” (nº 373), anuncia a publicación pola editorial “Nós” dos seis poemas galegos de García Lorca.“O Día de Galicia pubricará a Editorial “Nós” seis poemas que escritos en galego envioulle para a súa imprentación o gran poeta andaluz Federico García Lorca.Levará o libro un introito de Blanco Amor e un epílogo, tamén en galego, do propio García Lorca”.

Lois Rivaya Riaño: “A lei de Arrendamentos rústicos e nós” (“A Nosa Terra”, nº 375, 376, 377, 378 e 379).

Luís Pimentel colabora en verso na revista “Nós” (“Verbas” no nº 133 e “Paisaxe sin historia” no nº 137-138). Aparece nunha “Pequena antoloxía lírica” editada pola Federación das Mocedades Galeguistas en Ourense.

Luis Tobío Campos: Rimas galicianas (Bilingüe).

Manuel Fabeiro Gómez: “Abrente” e ¡Teu esprito anda con nosco! (“A Nosa Terra” nº 407).

Manuel García Paz: IV Melodía. Desfíe de campesiñada galega (Tres partes: “ ¡ Á roda, roda!; “A Vianesada ou a creación xeórxica” e “Casamento de aldeia”; Ourense).No nº 394 de “A Nosa Terra” (13-12-1935) vén un comentario sobre o autor e sobre este libro, do escritor portugués Antonio A. Doria:“García Paz é um erudito filólogo, perdido no domínio da lingüística, senhor de varias linguas assím antigas como modernas […] Profesor de filología, amante dos estudos etnográficos na sua modalidade folklórica, é também un contista sóbrio e elegante, e nas belas letras está en terreno tão seu como no jardim das raíses gregas ou latinas”.

Marino Dónega Rozas: “Massaryk, cumpre anos” (“A Nosa Terra” nº 358

R. C. C.: “Un galego perante Lope” (“A Nosa Terra”, nº 374): “O primeiro que se lle ocurre a un galego que ten de falar encol de Lope, é que o afervoado, o apaixoado, o complexo poeta castelán, escribíu iste verso, antre nós soado:Galicia nunca fértil en poetas”.

Rafael Dieste en viaxe de estudos por Europa, escribe en París La vieja piel del mundo. Estuda teatro e escenografía en Francia e Bélxica cunha beca da “Junta de Ampliación de Estudios. Represéntase en Rianxo A fiestra valdeira, de Dieste, dirixida polo autor.

Ramón Cabanillas: “Verbas d-un arredista”, poema no nº 375 de “A Nosa Terra”.

Ramón Otero Pedrayo: Devalar. “Unha nova novela de Otero Pedrayo vén de pubricarse en NOS facendo o volume LXVII dos pubricados pola benemérita editorial. Devalar é unha mostra máis do estilo literario de Ramón Otero. Unha visión d-unha Galicia nobre, chea de vida e ateigada de matices exposta a través d-un argumento que se esvae antre unha prosa maravillosa onde a natureza e a xeografía aparescen misturadas maxistralmente”. (“A Nosa Terra”, nº 399. Tamén se fai referencia a esta obra no nº 340).“Perigos e perspectivas”, no nº 391 de “A Nosa Terra”.“A “Pavoni”, o libro ruso e a “Scienza Nuova”, no nº 392 de “A Nosa Terra”.“Compostela, 1845”, no nº 394.“Desgaleguización”, no nº 408.

Ramón Villar Ponte: No nº 385 de “A Nosa Terra” comeza a publicar “Historia sintética de Galicia”.No nº 392 de “A Nosa Terra”: “A tarefa eficaz”No nº 396 publica “Verbas de un nacionalista. Encol das alianzas”: “Dígase o que se queira, a eficacia do Galeguismo –si é que o Galeguismo é como eu coido, nacionalismo, -terá de afincarse decote no seu meirande arredamento de todo contacto con orgaizacións ou entidades que pol-o seu carácter hespañolista, nacional –como eles falsamente din- poidan entorpeceren o ceibe xogo das actuacións que aos nacionalistas se nos faigan indispensábeis en todo momento”.No núm. 139-144 de “Nós” publica o artigo “A unificación da língoa”: “ […] Frecoentemente escritores nosos andan a se laiaren de que non haxa impostas, por quen sexa, unhas iñormas xeraes de ortografía e léisico, que poñan remate a certa pretendida anarquía que din eisistía no cultivo do noso idioma. […] A língua galega, que xa avantou moito no vieiro da sua unificación, se amostrará unificada relativamente cando lle chegue a sua hora. Aquela hora que non pode darse no intre actual pol-a sinxela razón de que o seu rexurdimento foi iniciado fai pouco ainda”.

Ricardo Carballo Calero: “Cousas de Cataluña” (“A Nosa Terra” nº 353): “(…) E todos os cataláns protestan cando o señor Gil Robles intenta aclimatar n-aquela fermosa terra mediterránea a vexetación esteparia da súa ideoloxía latifundista…”.“Trinta anos” (“A Nosa Terra”, nº 371).“Téinica do mitin rural” (“A Nosa Terra” nº 382).

Rodolfo Prada: “Na morte de Antón Vilar Ponte. Frores, bágoas e espranza!...” (“ A nosa Terra” nº 406).

Roxelio Rivero: Aturuxos. Contos gallegos (Vigo).

Vicente Llópiz Méndez-Esperante: Diccionario castellano-gallego. Contiene todas las equivalencias de uso corriente en Galicia, Valle del Navia, El Bierzo y Sanabria, palabras del gallego antiguo tomadas de documentos históricos y formas castellanizadas que se emplean en lenguaje popular (comeza a aparecer na revista “Galicia en Madrid”. Interrómpese en abril de 1936 na voz “agarraderas”).

Vicente Risco: “Nazonalismo galego” en varios números de “A Nosa Terra” a partir do 353: “Nazonalismo haino sempre en toda a nación onde os homes que a compoñen sinten amor á súa patria. O nazonalismo é, no ámbito do sentimento, equivalente ao patriotismo”.No nº 371 de “A Nosa Terra” comeza a publícarse “Ideas que defende e fins que se propón o Partido Galeguista”. (Folleto de divulgación orixinal de Vicente Risco).

Escribe Carlos Casares en: Para ler a Vicente Risco Galaxia 1997, páx.76:“Desde maio de 1933, cando se votou nas Cortes a “Ley de órdenes y congregaciones religiosas” a actitude da Igrexa era abertamente hostil á República e a actitude de Risco como católico conservador fíxose ver o 14 de xaneiro de 1935 publicando no “Heraldo de Galicia” un artigo de inspiración relixiosa no que fala de “reconquerir Galiza”, de recuperar a “Galiza tradicional” e volvela aos camiños de Deus: “Os camiños de Deus deben ser tres: vaise polo seu camiño obedecendo á nosa propia natureza, ó noso propio ser, caraute, temperamento, ós mandatos do noso sangue e da nosa terra. Obediencia a Deus Pai, Criador, que por algo nos fixo coma somos, e por algo nos puxo nesta terra onde vivimos; querer ser de outro xeito ou de outra terra é, polo tanto, desobediencia e desacato…”.

Continúa Carlos Casares: (páx.77):“Por tanto en vísperas da IV Asemblea, os galeguistas están divididos por razóns de tipo relixioso. Castelao, desterrado en Badajoz, informado da actitude de Risco dentro do Partido e quizais creéndoo responsable da ruptura escríbelle o seguinte con data de 1 de marzo:“Querido Vicente: Un galeguista dos máis vellos da nosa Irmandade, que dou mostras certas e verdadeiras de amor á nosa Terra (tanto ou máis que ti e min, dentro das súas forzas) quéixase, e a meu xuicio con sobrada razón e motivo, da tua nova manía de escomungar do galeguismo a quen non pense coma ti.Certas afirmacións tuas non poden tomarse ó pe da letra porque xurde delas unha intención política que non se axeita ás normas que sempre, sempre, foron orgullo dos galeguistas.Non quero entrar no fondo do asunto e déixoche en paz coa tua concencia. Fai e desfai o que queiras.Supoño que terás recibido unha carta miña, longa de máis. Estou arrepentido de intervir perto de ti, pois agora decátome de que a ti o que che gosta é esto que estás facendo, e querendo eu facer un ben cicáis fixese un mal…Desfai o Partido dunha vez. Déixate de lerias e ponte ó frente de quen che siga. Lévate contigo o mellor que temos i esterilízalle as enerxías que teñen. Eu quédome onde estou e coa carraxe do mesmo demo do inferno –ceibe de vencelos- seguirei na política aitiva, con quen sexa capaz de dar a vida e a ialma por Galiza, a Galiza que seña, a que podamos lograr. Apertas”.

Víctor Casas: colabora en “A Nosa Terra”.No nº 139-144 de “Nós” (xullo –nadal) publica o artigo “Historia sintética do boletín A Nosa Terra”: “Foi o tono de progresivo acentuamento nacionalista, francamente nacionalista, que Villar Ponte imprimiu ao boletín o que á par que ia creando unha concencia n-ese senso determiñaba o alonxamento dos que non pasaban máis aló do “rexionalismo”. “A Nosa Terra” foi unha mañífica peneira. […] A Bos Aires e Montevideo mándanse 50 exempraes de cada número a cada unha d-aquelas cibdades americanas, que os galeguistas e galegos emigrados len con enteira devoción i- entusiasmo.[…] A súa tirada actual é de 1.100 exemplares semanaes”.

Victoriano Buxán Rivas: colabora en “A Nosa Terra”.No nº 393: “Raza, racismo, patria”.

Xerardo Álvarez Gallego: “Os regalos que nos fan…” (“A Nosa Terra” nº 391): “O que menos importa é o precio a que tasan a Illa de Ons comprador e vendedor. […] Fundamentalmente o que urxe e que Galicia non consinta que poida prosperar o lindo propósito de instalar na Illa unha poboación de perguiceiros incurabeles e de especimens de delincuentes desleixados […] Galicia non ten porque cangar con unha vecindade non d-abondo desexabel. Pero sobor todo, porque a habilitación da Illa para campo de concentración, levaría consigo o deshaucio dos aituaes veciños de Ons, que se angurian alí –é certo- pero que acariñan a neboenta espranza de que o día en que Hespaña, e mellor Galicia, se poñan a facer unha reflexiva xusticia social, lles sexa tomado en conta a dureza de tantos anos de malvivir”.“Suicidio lento do Centralismo”, no nº 392 de “A Nosa Terra”.“Capacidade do idioma propio” (“A Nosa Terra” nº 394): “Unha estadística escrupulosa diríanos, ainda que en cifras certamente lamentables e cativas que a venda dos libros casteláns é, en Galicia, proporcionalmente inferior á dos libros galegos. Hai –eis o fenómeno- unha crisis xeral. En Galicia e fora dela. Mais sería inxusto atribuila a falta de enxebre apetencia das nosas xentes, sinón a falla de capacidade adquisitiva”.



Nós “Boletín Mensual da Cultura Galega”:Nº 133 (xaneiro):Lois V. F. Pimentel: Verbas.Fr. Aureliano Pardo Villar: Notas en col da vila de Arzúa.Ánxel Fole: Eu i-o meu corazón.Luís Manteiga: Retorno á paisaxe.

Os homes, os feitos, as verbas.

Nº 134 (febreiro):Pondal.Poemas de PondalF. Bouza Brey: Camoens e Pondal.Paulino Pedret Casado: Etimoloxías dalgúns nomes xeográficos de “Queixumes dos pinos”.R. Otero Pedrayo: Marxinalias aos “Queixumes”.Vicente Risco: Mitteleuropa.Os homes, os feitos, as verbas.

Nº 135 (marzo).Paulino Pedret Casado: Xoán Antonio Saco Arce.Xosé Velo: Alciprés.Guilherme de Almeida: Galliza, pátria da canção.Francisco F. del Riego: Presencia de Galicia nos vieiros da arte nova.Vicente Risco: Mitteleuropa.

Nº 136 (abril).Augusto Mª Casas: Río.Armando Mattos: As armas dos Lousadas.J. Vendryes: En col da poesía bárdica.Xosé Mª Castaño Priegue: A barca.A. das Casas: Miscelánea.

Arquivo Filolóxico i Etnográfico de Galiza. (Folk-lore encol dos nenos, por Xosé Ramón e Fernández Oxea).Vicente Risco: Mitteleuropa

Os homes, os feitos, as verbas.

Nº 137-38 (mayo-xuño).Lois V. F. Pimentel: Paisaxe sin historia.Ánxel Fole: Idilio na insua.R. Carballo Calero: Choiva.Xohán López Medina: Notas encol do escudo de armas de Noia.Manuel Lesteiro López: Paisaxe i esprito.Duardo Lence-Santar e Guitián: Un intresante libro de formado da catedral de Mondoñedo.Vicente Risco: Mitteleuropa.

Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza (Folklore de Coaledro (Ourense) por Xosé Ramón e Fernández Oxea).

Nº 139-144 (xullo-decembro):A Asociación de Escritores de Galicia rende conmovido homenaxe a D. Ánxel Casal Gosenxe.

Serafín Ferro: Noite.Augusto María Casas: Esquema da nova poesía galega.Outeiro Espasandín: Aldea do monte.F. Bouza-Brey: Aportacións ao diccionario de artistas na Galicia dos séculos XVI ao XIX.Aquilino I. Alvariño: Na outa terra de estrelas.Modesto López Teixeiro: A raza eurafricana.Gonzalo López Abente: Olla miña ben amada.Francisco F. del Riego: Esprito político e forma cultural da nova Galicia.Luís Manteiga: Albiña.Ricardo Frade Giráldez: ¡Recordemos!.Ramón Otero Pedrayo: O sorrir de Daniel.Xosé L. Parente: Camiño de Portonovo.

Leandro Carré: O romance galego.Álvaro das Casas: Mitin.Vicente Risco: A leenda do Graal.Víctor Casas: Historia sintética do boletín “A Nosa Terra”.Xosé Mª Álvarez Blázquez: Os ruíns.Salvador García Bodaño: Lembranzas e valoracións.

Ramón Villar Ponte: A unificación da língoa



Relativas a Galicia

Acontecementos

Premios

Epistolario

Sumarios

Flag of Portugal Cataluña Flag of Spain Outras culturas