1972

De Xulipedia
Revisión feita o 1 de novembro de 2020 ás 23:01 por Luis (Conversa | contribucións) (Sumarios)
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Día das Letras Galegas

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Lupe Gómez (Fisteus, Curtis).
Paula Carballeira Cabana (Ferrol).
Sechu Sende (Padrón).
Xan Castro Huerga (Madrid; 1996 Compostela).
Outros
O deseñador gráfico Luís Davila Malvido (Bueu).
O humorista gráfico Rafael Vetusto (Ferrol).
Skull.png
Pasamentos


Literatura
Fuco G. Gómez (La Habana; 1895 Becerreá).
Manuel García Barros (Pousada, Callobre; 1876 Berres, A Estrada). “… Poucos coma el, teñen consagrado máis afervoadamente unha longa vida a enaltecer os costumes e a fala do seu país. (…) Manuel García Barros é merecente así, no intre do seu pasamento, da gratitude e homenaxe de quenes aínda crén nos valores humáns e na eficiencia das condutas” (S. L.“Grial” nº 35, páx. 251).
Teolindo Cortiña Toural (Toldaos, O Incio; ibídem 1884).
Xesús Calviño de Castro (Buenos Aires; 1893 Abegondo).
Xosé Tobío Mayo (1893 Esteiro, Muros).
Xosé Velo Mosquera (São Paulo; 1916 Celanova).
Outros
O gaiteiro Avelino Cachafeiro Bugallo (Soutelo de Montes; ibídem 1899):“Toca, gaiteiriño, tocameniñas, correi a velo que é moita gaita a gaitiña do gaiteiro de Soutelo”. (Castelao no xornal “Galicia” de Vigo o 10 de agosto de 1924, cando os tres irmáns foran proclamados os mellores gaiterios de Galicia. “Grial” nº 36, páx. 252).
O fotógrafo Luis Casado Fernández (Santiago; 1888 Ávila).
O debuxante Ramiro Díaz Baliño (A Coruña; ibídem 1902).
O arquitecto Antonio Tenreiro Rodríguez (A Coruña; ibídem 1972).
O galeguista Fuco Gómez (La Habana; 1895 Becerreá).
Xosé Velo Mosquera (São Paulo; 1916 Celanova).
Felipe R. Cordero Carrete (1894 Redondela). Membro do Seminario de Estudos Galegos e secretario do Instituto P. Sarmiento
O ministro de Franco Camilo Alonso Vega (Madrid; 1889 Ferrol).

Publicacións

Galegas

  • Alonso Montero : O editor asturiano Silverio Cañada estrea a colección “Los poetas” co libro de Alonso Montero Rosalía de Castro (estudio y antología).

Publica en “La Voz de Galicia” (16 de maio) o artigo “Joan Maragall e Galicia” onde fai unha tradución do poema “La vaca cega” do escritor catalán: “Topenexando nun e noutro tronco,


camiñando outeona á percura da auga


vese a vaca tremendamente soia. É cega.


Dunha pedrada lanzada con xeito de máis


o rapaz vacióulle un ollo e no outro


púxoselle unha tea: a vaca é cega.


Vai beber á fonte como tiña por costume,


mais non co camiñar firme de outras veces


nin coas súas compañeiras, non:


vai tremendamente soia.


As súas compañeiras por valgadas e corgas


no silencio dos prados e na ribeira


fan sonar os chocallos mentras pacen


a herba fresca sin coidado. Ela cairía.


Da co fuciño na afiada pía


e arrecúa aldraxada… Pero volve


e chega coa cabeza rente da augae bebe calmosa.


Bebe pouco, casi sen sede. Logo ergue


ó ceo, enorme, a encornada testa


cun tremendo xesto tráxico; parpadexa


sobre as miniñas mortas, e retorna


orfa de luz baixo o sol que queima


movendo lánguidamente o rabo”.

  • Álvaro Cunqueiro : Vida y fugas de Fanto Fantini della Gherardesca (Destino)..Traduce ao galego o poema “Condenados ao té da serán” do libro de Joan Perucho Aurora per vosaltres (1951), asinando co pseudónimo de Manuel María Seoane (Faro de Vigo 16 de xaneiro).Do libro de Joan Salvat-Papasseit La gesta dels estels (1922) traduce “E decíalle o namorado…” co pseudónimo de C. X., iniciais de Cristóbal Xordán).Álvaro Paradela Criado: Media ducia de contos (con debuxos de Siro).
  • Ánxel Fole : ¿E decímolo ou non-o decimos? (relato bilingüe publicado por Cartonajes Anmi S. A. A versión en castelán é de Juan Soto. Incluído despois en “Historias que ninguén cre”).
  • Arcadio López Casanova : Pliegos dos amigos (poemas).
  • Basilio Losada : Poetas gallegos contemporáneos. Dende Caracas (19 de agosto) escríbelle Celso Emilio Ferreiro a Neira Vilas: “Chegou Poetas gallegos de postguerra e asimesmo Poetas gallegos contemporáneos, tamén de Basilio, pubricada por Seix Barral. Semella que Galicia está de moda en España, pois por istes días ten saído, ademais, Ocho siglos de poesía gallega de Carmen Martín Gaite. Naturalmente, esta difusión da nosa poesía no ámbito da língoa castelán débese, mais que a nadie, a Basilio, que está facendo unha laboura moi intelixente e meritoria”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 193).
  • Cándido Viñas Calvo : Xoias e coitas da terra orballada (poesía).
  • Carlos Casares : O Principiño tradución ao galego da obra de A. de Saint-Exupéry Le petit prince (1943). (Galaxia. “Grial” nº 38, páx. 497).
  • Celso Emilio Ferreiro : Antipoemas (Col. Álamo, Salamanca); libro escrito previamente en galego para a colección Val de Lemos da editorial Xistral e censurado; traducido ao castelán con dez poemas menos que publicará en Caracas no 1972 como Poemas prohibidos e co seguinte subtítulo “Diez poemas no incluidos en el libro Antipoemas, por causas no imputables a la voluntad del autor”. A fronteira infinda (A súa primeira obra en prosa galega. Vigo). Autoescolha poética (1954-1971) (Razão Actual, Porto).

O 8 de marzo de 1971 escribía a Neira Vilas dende Caracas: “O libro de contos A fronteira infinda foime podado en bloque pola censura del Caudillo, sin discrimiñar o que poidera ser censurabel, do que de ningún xeito o é. Como fai dous meses tamén me “podaron” un libro de versos, Antipoemas que ía a editarme Xistral, penso que non se trata tanto de censurar unhos testos, como de vetar a un autor. Antipoemas verquino ao castelán, nunha versión moi libre, e mandeillo a Madrí a un editor que me ten pedido un libro de versos en castelán. Si esta versión castelán pasa, elo quererá decir que o veto non procede da censura en sí mesma, senón dos “lectores” a xornal que a censura ten en Galicia para ise cometido, xente que me coñece e que me ten no seu ficheiro privado, como home subversivo e perigroso, ao que hai que marxinar co silencio”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010). O 28 de marzo escribe tamén a Neira Vilas dende Caracas: “Teño cáseque decidido regresar este ano a España, para residir en Madrí. Estoulle dando voltas ó asunto e penso que eiquí non fago nada mais que vexetar, sobrevivir e agardar, cousa que tamén podo facer alá, libre de angurias e saudades”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010; páx. 191).

  • Daniel Cortezón : Xelmírez ou a groria de Compostela.
  • Eduardo Blanco Amor : Xente ao lonxe (Galaxia; censurada, con debuxos de Isaac Díaz Pardo. Sen censura a partir de 1976. “Grial” nº 38, páx. 507). En carta de Díaz Pardo a Seoane (6 de xuño) escribe: “...las seis ilustraciones que le hice a la novela de Blanco Amor fueron prohibidas por el Dtor. Gral. Al fin consintieron dejar, autorizar, dos ilustraciones. Lo peor es que Galaxia ya tenía armado el libro y la mayor parte de las ilustraciones, o todas menos una, llevan texto en el anverso”.

Basilio Losada en carta a Ramón Piñeiro recolleita en Do sentimento á conciencia de Galicia (Galaxia 2009) escribe: “Anda por acó o Blanco Amor. Deume a leer a súa novela. Está doído por perder as 200.000. A novela é boa, moito máis complexa e ambizosa que A esmorga, aínda que ás veces esa mesma ambizón faina un chisco confusa. Ben escrita, porque ten verdadeira habilidade idiomática. O que pasa é que non vai pasar a censura. Eu, que estou loitando todos os días cos censores, sei ben de qué pé coxean. Para min sería un milagro que pasara”.

  • Eduardo Moreiras Collazo : Follas de vagar. Xornal (1969-1970) (Galaxia. “Grial” nº 36, páx. 248).
  • Federico Zamora Mosquera : Refráns e ditos populares galegos (Galaxia. “Grial” nº 39, páx. 122).
  • Felipe-Senén López Gómez : A basoira (conto; O Carballiño).
  • Francisco Barxa Iglesias : Andanzas de Xan Cativo (Vigo).
  • Helena Villar Janeiro : Alalás (poemas).
  • Jesús Bernardo Pena Trapero : A planificación rexional e Galicia (Edit. Sept. Pontevedra. “Grial” nº 40, páx. 246).
  • Lois Diéguez : O tempo sin saída (narracións. Vigo).
  • Luís Álvarez Pousa : Os cas da vida (poemas; Monforte).
  • Luis Iglesias de Souza : Nadaliñas.
  • Luís Seoane : Intentando golpear ideas (Ed. Cuco-Rei. Libro de gravados en madeira) e A maior abondamento, poemas (Edic. Cuco-Rey de Buenos Aires). Segundo Mª Antonia Pérez Rodríguez “A maior abondamento puxo outra vez de actualidade as diferencias entre Celso Emilio e Seoane, pois nel reitera a idea do noso emigrante como un home digno e valente, con capacidade para enfrentarse a situacións adversas para as que, por educación, non está preparado”. Tamén ilustra Martín Fierro de José Hernández para a Editorial Bonino de Buenos Aires.
  • Manuel Antonio (1900-1930): Poesías (Obra poética completa. Edición, limiar e notas de D. García Sabell; Galaxia).
  • Manuel García Barros (1876-1972): As aventuras de Alberte Quiñoi (Premio do Centro Galego de Buenos Aires. Edicións Castrelos. “Grial” nº 41, páx. 380).
  • Manuel María : Odes num tempo de paz e de alegría (Porto, Razão Actual) e 99 poemas de Manuel María (Porto, Razão Actual).Segunda edición de Cancións do lusco ó fusco, bilingüe galego-francés, con estudo e tradución de Lleó Marzo e co título de Heures galiciennes. Na primavera deste ano viaxa con Saleta e Lois Diéguez a París en coche á presentación deste libro na Facultade de Letras de Nanterre. Visitan en Hasparren a tumba do poeta Francis Jammes. No regreso pasan por Bilbao onde visitan a Gabriel Aresti
  • María do Carme Kruckenberg : Cantigas de amigo a Ramón González Sierra do Pampillón.
  • Méndez Ferrín : Antoloxía popular (co pseudónimo “Heriberto Bens”).
  • Miguel González Garcés : Nas faíscas do soño (Galaxia. “Grial” nº 37, páx. 367).
  • Moisés da Presa Esmerode : Chuvia e outras narracións. Editorial “Nós”. Limiar de Denis Conles. A tapa e os debuxos son de Abreu Bastos.
  • Otero Pedrayo : El Padre Feijóo, su vida, doctrina e influencias (Instituto de Estudios Orensanos “Padre Feijóo” Ourense. “Grial” nº 40, páx. 244).
  • Xavier Alcalá : Voltar, seis personaxes e un fado. (Galaxia. “Grial” nº 38, páx. 499). O 26/11/1971, escríbelle Ramón Piñeiro: “Xa lin o teu libro, que vén sendo a espresión literaria de unha esperiencia dramática que viven tantos e tantos galegos, moitos deles inconscientemente: o desterro. (…) Para min non ten dúbida a autenticidade da túa vocación literaria. Penso que levas dentro un escritor e confío en que o fado o vexa con bos ollos…” (En “Grial” nº 184).
  • Xerardo Álvarez Gallego : Vida, paixón e morte de Alexandre Bóveda (Buenos Aires). No nº 518 de “A Nosa Terra” publícase o artigo “Verbas de Bieito Cupeiro ó Presentar o Libro “Vida, Paixón e Morte de Alexandre Bóveda”: “Co libro que estamos a presentar, fica doadamente amosado que tiña fundamento a fé que Bóveda sentía polos galegos da Arxentina cando no intre que goberrnaban as autoridades do chamado “bienio negro”, decía ollando sair cara Bos Aires un correio con emigrantes: “Se eu estivese solteiro pra aló embarcaría. Os irmáns da Arxentina, se isto continua, son os únicos que poden cumprir a campaña que a nós se nos nega”.
  • Xesús Taboada Chivite : Etnografía Galega (Cultura espritual). (Galaxia. “Grial” nº 40, páx. 253).
  • Xosé Agrelo Hermo : O espantapaxaros (gañador do IV Concurso de Contos O Facho 1971. “Grial” nº 39, páx. 125).
  • Xosé Chao Rego : Introducción ao Xénesis (Edit. Sept Colec. Xeira Nova. “Grial” nº 48, páx. 274).
  • Xosé Manuel Beiras : O atraso económico de Galicia (Galaxia. “Grial” nº 44, páx. 247).
  • Xosé Sesto López : A lua esta ehi (coleición poesia a man). Limiar de Celso Emilio Ferreiro: “Cando a saudade é moita e pesa insoportabelmente sobro o lombo da alma, acostumo a visitar a casa da familia Sesto, que é pra min como unha illa galega no meio dista cidade insólita que é Caracas. Chego alí, e as pinturas que cobren as paredes (Castelao, Laxeiro, Maside, Colmeiro, Torres, Virxilio Blanco, Pesqueira, Villafines… do propio Sesto e dos seus fillos); os libros que ateigan as estanterías; os grolos de augardente do Ribeiro, con que obsequia; o aire, as noticias, as longas conversas en col da Terra, son coma un deterxente que disolve a ferruxe da tristura, os desacougos e desesperanzas”.
  • Xosé Chao Rego, Andrés Torres Queiruga, Xosé Alvilares Moure, Celso Montero Rodríguez e Xosé Pérez Vilariño: As relacións Eirexa-Mundo en Galicia (Editorial Sept. Colección Xeira Nova. “Grial” nº 39, páx. 123).
  • Os cregos Morente e Vidán: O catecismo na escola (Edic. do Adro).

Relativas a Galicia

Fernando Pérez-Barreiro Nolla fai a versión galega de Macbeth de W. Shakespeare, sendo a primeira vez que se verte Shakespeare ao galego (Galaxia. “Grial” nº 39, páx. 119).


Úrsula Heinze e Ramón Lourenzo traducen ao castelán a obra de Heinrich Böll Y no dijo una sola palabra (1953).


En Barcelona aparece a revista de literatura “Camp de l’arpa” onde o nº 75 de maio de 1980 se vai titular “Literatura gallega contemporánea (1939-1979).


O suplemento literario de “Informaciones” do 13 de xullo dedica unha parte importante á poesía galega, con ilustracións de Seoane.

En xullo, a revista “Irmandade”, da sociedade Hermandad Gallega de Caracas, saca un número especial “adicado ás festas de Galiza”, no que aparece o derradeiro discurso de Castelao antes de morrer.


O Museo Arqueolóxico ourensán crea o “Boletín Auriense”. O primeiro número, correspondente a 1971, sairá neste ano. Os catro primeiros números foron dirixidos por Xesús Ferro Couselo e os posteriores por Francisco Fariña Busto.


Desaparece a revista trimestral “Fronte e cocote” (1971).


O Instituto da Lingua Galega e Galaxia, publican Lecturas Galegas, libro dirixido aos primeiros niveis do primeiro ensino (“Grial” nº 36, páx. 242).


Publícase o libro As relacións Eirexa-Mundo en Galicia no que colabora Celso Montero Rodríguez.


Carlos Peregrín Otero: Letras I (Seix Barral. Barcelona. “Grial” nº 39, páx. 117).


Carmen Gloria González Prado: Al borde la sombra.


Eduardo Menéndez-Valdés Golpe: A reforma da compilación do dereito civil de Galicia (Edit. Sept. “Grial” nº 38, páx. 593).


Enrique Chao Espina: Nicomedes Pastor Díaz: de Villahermosa a la China.


Fernando Mon Rodríguez: Carlos Maside.


Francisco Xavier de la Colina Unda: Poemas del golf o cómo pasar el tiempo e Retratos fieles de la nada (Salamanca).


Gustavo Fabra Barreiro: Literatura gallega (Madrid).


Hipólito de Sa Bravo: La cultura del románico en Galicia” (A Coruña) e El monacato en Galicia.


Jerónimo Pablo González Martín (Salamanca 1933): Ensayo sobre la poesía gallega contemporánea. (Cuco Rey, Buenos Aires. “Grial” nº 37, páx. 372).


José Antonio Durán: Historia de caciques, bandos e ideologías en la Galicia no urbana (Rianxo 1910-1914) (Siglo XXI de España, Editores Madrid. “Grial” nº 40, páx. 242) e El primer Castelao. Biografía y antología rotas (Madrid).


José Luís Pensado: Fr. Martín Sarmiento, testigo de su siglo (Discurso pronunciado na apertura do curso académico 1972-1973. Salamanca. “Grial” nº 44, páx. 245).


José Ramón y Fernández Oxea e Manuel Fabeiro Gómez: “Escudos de Noya” (Cuadernos de Estudios Gallegos. “Grial” nº 39, páx. 120).


José Santiago Crespo Pozo: Nueva contribución a un vocabulario castellano-gallego con indicación de fuentes e inclusión del Gallego literario (Gallego-Portugués) (Edit. La Región. Ourense. “Grial” nº 37, páx. 371).


Juan Miguel Moreiras Montero: Los siete cuentos de otoño de Cunqueiro.


Julieta Gómez Paz: Galicia en el atardecer (Instituto Argentino de Cultura Gallega. Buenos Aires).


Manuel Catoira: Antología de poesía gallega (Madrid).


Manuel Vilanova: Mejor el fuego (Fablas Ediciones. Las Palmas).


Mariano Tudela: Últimas noches del corazón (Madrid).


Miguel de Ors Lois: Del amor, del olvido (Madrid).


Nieves de Hoyos: El traje regional de Galicia (Anexo XIX de “Cuadernos de Estudios Gallegos. “Grial” nº 36, páx. 245).


Rafael Bárez: escribe no cárcere da Coruña vintecinco poemas que titulou Poemas del diez de marzo (escritos en la cárcel) publicados no 2017 por Alvarellos Editora.


Siro: Humor 1971 Ferrol. (“Grial” nº 38, páx. 506).


Xesús Santos Suárez: Apuntes para una historia arosana. Amaro González, famoso cura de Leiro.


Xosé Conde Fernández: Otoño en soliloquio (Buenos Aires).


Xosé Luís Franco Grande: Vocabulario galego-castelán.

Acontecementos

Folga obreira en Ferrol. Morren o 10 de marzo, na ponte das Pías, no Ferrol Amador Rei Rodríguez e Daniel Niebla García nun enfrontamento entre a policía e obreiros da Bazán en folga. Folga xeral en toda Galicia. A raíz destes sucesos créase en Barcelona “Irmandade Democrática Galega” (Xosé Lois García, Xosé González Rego, Margarita Ledo Andión, Xerardo Rodríguez Arias).


Casado Nieto, fiscal, dimite do seu cargo como presidente do Centro Galego de Barcelona, ao participar a directiva nunha colecta non autorizada a favor das vítimas de Ferrol asasinadas o 10 de marzo. É substituído no seu cargo polo arquitecto Francisco Dapena Alfonsín.


O 13 de maio, Alonso Montero dá dúas conferencias en Barcelona, unha sobre a lingua galega na Universidade e outra no Centro Galego sobre Lamas Carvajal.

José Ángel Valente sometido a Consello de Guerra polo conto “El uniforme del general”, incluído no libro El número trece.


Organizado polo “Laboratorio de Formas de Galicia” celébrase un Seminario do Libro Galego no Museo Carlos Maside, actuando Ramón Piñeiro como presidente do seminario. ( “Grial” nº 37, páx. 379).

José Afonso actúa por primeira vez en Galicia; nun recital no Burgo das Nacións en Santiago canta “Grándola vila morena”.

Créase o Instituto de Estudios Orensanos “Padre Feijoo”.Créase en Sarria a Asociación Cultural Meigas e Trasgos.


O 17 de maio inaugúrase en Barcelona na Galería Sargadelos a “Primeira Mostra do Libro Galego en Cataluña” (ata o 17 de xuño). (“Grial” nº 36, páx. 236). En carta de Seoane a Francisco del Riego do 25 de abril dálle algunhas indicacións para a elaboración desta exposición entre as que están: “1º que sería muy útil que figuren en las paredes frases traducidas al catalán alusivas al libro y a la cultura gallegas…” "3º fotografía de la portada del libro de A. Brañas sobre el regionalismo señalando en un cartel la influencia que ejerció en Cataluña: Prat de la Riva, etc. 4º en vitrina aparte los autores gallegos que escribieron en castellano señalando su diferenciación gallega por temperamento, educación, etc y que aportaron novedades a la literatura española…” O catálogo está escrito en castelán, galego e catalán e a portada é de Seoane. En carta do 22 de maio a Seoane, Díaz Pardo sinala o éxito da inauguración: “… Paco del Riego se portó extraordinariamente y todo lo que se diga de su talento, eficiencia y espíritu de servicio a Galicia es poco. Creo que otro tanto hay que decir de Ramón Piñeiro…”. (María América Díaz: Luis Seoane. Notas ás súas cartas a Díaz Pardo (1957-1979. Ediciós do Castro 2004).Neira Vilas volta a Galicia. Acompáñao por vez primeira Anisia Miranda, sendo recibidos en Barajas por Alfonso Sastre, Eva Forest e Alonso Montero. En Santiago ve por primeira vez a Ramón Piñeiro o 23 de outubro. De volta na Habana, en carta datada no 12 de decembro escríbelle a Ramón Piñeiro: “Na Sección Gallega do Instituto de Literatura e Lingüística acabo de montar unha curiosa exposición: “Muestrario de editoriales Gallegas” en adhesión ó Ano Internacional do Libro instituído pola UNESCO. Aparecen representadas as editoras galegas xurdidas dempois da guerra, grandeiras e pequenas, de dentro e de fóra: preséntanse os tíduos máis representativos de cada unha. Galaxia, craro, está amplamente representada, pola súa siñificación real neste período”. (Epistolario Ramón Piñeiro–Xosé Neira Vilas. Cadernos Ramón Piñeiro XXXII. Xunta de Galicia 2015).

Carballo Calero consegue a cátedra de Lingüística e Literatura Galega en oposicións celebradas en Madrid, sendo a primeira vez que a Universidade compostelá conta con cátedra e catedrático de Lingua e Literatura galega.Colmeiro: “Mercado do pescado”.Nace o grupo folk “Fuxan os Ventos”, nome da canción coa que gañan o III Festival de San Lucas de Mondoñedo.

Fúndase o Seminario de Sargadelos.

O “Laboratorio de Formas de Galicia” organiza un “Seminario do Libro Galego” no museo Carlos Maside, os días 30 de xuño e 1 e 2 de xullo.Jesús Ferro Couselo inaugura en Oseira o Museo Etnográfico “Liste”, obra de Olimpio Liste Regueiro.

Entre o 10 e o 14 de xullo, a Universidade de Vigo, o Concello e a Caixa de Aforros Municipal celebra un curso de Filoloxía Galega.

Aparece na Universidade de Santiago ERGA (Estudiantes Revolucionarios Galegos).

Créanse os Colexios Universitarios da Coruña, Lugo, Ourense e Vigo, integrados na Universidade de Santiago.

O 8 de setembro, coa posta en marcha do treito Vegadeo-Luarca, quedan unidas por ferrocarril , as fronteiras de Francia e Portugal, seguindo a liña de costa.

Escándalo “Reace”: sustraíase aceite despois do refinado na planta da empresa, e vendíase a conserveiros, na súa meirande parte galegos. As implicacións económicas e políticas foron moi grandes pois afectaba a familiares do propio xeneral Franco.

O director de cine alemán Win Wenders filma na vila ferrolán de Cobas a película “A letra escarlata”.

Segundo os datos do Censo Agrario deste ano, recollidos por Benxamín Casal no libro A Galicia campesiña as explotacións galegas teñen a seguinte distribución: De menos de 1 Has .. 109.503 explotacións. De 1 a 5 Has..178.635De 5 a 10 Has .. 58.156De 10 a 50 Has. .. 37.424De máis de 50 Has .. 1.366 explotacións.

Premios

Pedrón de Ouro: Xohana Torres.


Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho: O bosque de Ouriol de Arcadio López-Casanova.



Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Basilio Losada publica Poetas gallegos contemporáneos. Dende Caracas (19 de agosto) escríbelle Celso Emilio Ferreiro a Neira Vilas: “Chegou Poetas gallegos de postguerra e asimesmo Poetas gallegos contemporáneos, tamén de Basilio, pubricada por Seix Barral. Semella que Galicia está de moda en España, pois por istes días ten saído, ademais, Ocho siglos de poesía gallega de Carmen Martín Gaite. Naturalmente, esta difusión da nosa poesía no ámbito da língoa castelán débese, mais que a nadie, a Basilio, que está facendo unha laboura moi intelixente e meritoria”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 193).

Celso Emilio Ferreiro: Antipoemas (Col. Álamo, Salamanca); libro escrito previamente en galego para a colección Val de Lemos da editorial Xistral e censurado; traducido ao castelán con dez poemas menos que publicará en Caracas no 1972 como Poemas prohibidos e co seguinte subtítulo “Diez poemas no incluidos en el libro Antipoemas, por causas no imputables a la voluntad del autor”. A fronteira infinda (A súa primeira obra en prosa galega. Vigo). Autoescolha poética (1954-1971) (Porto). O 8 de marzo de 1971 escribía a Neira Vilas dende Caracas: “O libro de contos A fronteira infinda foime podado en bloque pola censura del Caudillo, sin discrimiñar o que poidera ser censurabel, do que de ningún xeito o é. Como fai dous meses tamén me “podaron” un libro de versos, Antipoemas que ía a editarme Xistral, penso que non se trata tanto de censurar unhos testos, como de vetar a un autor. Antipoemas verquino ao castelán, nunha versión moi libre, e mandeillo a Madrí a un editor que me ten pedido un libro de versos en castelán. Si esta versión castelán pasa, elo quererá decir que o veto non procede da censura en sí mesma, senón dos “lectores” a xornal que a censura ten en Galicia para ise cometido, xente que me coñece e que me ten no seu ficheiro privado, como home subversivo e perigroso, ao que hai que marxinar co silencio”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).

O 28 de marzo escribe Celso Emilio a Neira Vilas dende Caracas: “Teño cáseque decidido regresar este ano a España, para residir en Madrí. Estoulle dando voltas ó asunto e penso que eiquí non fago nada mais que vexetar, sobrevivir e agardar, cousa que tamén podo facer alá, libre de angurias e saudades”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010; páx. 191).

O 5 de xullo Celso Emilio escríbelle dende Caracas a “Foz” (Luís González Blasco, responsable da UPG en París): (…) Tendes que convencervos dunha realidá irrefutábel: a emigración galega das Américas está perdida pra Galicia […]Con decirche que os propios camaradas do PC son xente politicamente intratábel, fofa, pequeño burguesa e practicamente neutra […]Respeuto ós compañeiros do interior teño que decirche francamente que estou moi decepcionado e doído, pois fai mais de dous anos que non sei nada déles. Téñenme totalmente marxinado […] O silencio dos amigos de Vigo (Méndez) e de Madrí (Bautista) abonou o meu criterio. Silencio que, ademais de ser politicamente improcedente, é unha desconsideración incalificábel pra quen se conceptuaba seu amigo persoal.[…] Pero teño dereito a que os compañeiros de loita non se esquezan de que, por ser un galeguista revolucionario, sofrín alá moitos infortunios, vinme lanzado a aventura da emigración, i aquí tiven que soportar persecucións, aldraxes e calamidades. I é moi dooroso que dempois de soportar estas experiencias, teña que sofrir outra máis: a marxinación. (A Nosa Terra. Celso Emilio Ferreiro. A Nosa Cultura 11. 1989).

Con data de 2 de agosto, respóndelle a Foz: "Gracias polo teu informe que, polo menos, orientoume unha migalla no total desnorteamento en que me acho dende fai perto de tres anos. [...] Na realidade, nunca, dende a miña chegada eiquí, poiden ter unha relación normal cos compañeiros do interior, debido a que non foron capaces de crear canles segredas de comunicación co esterior, algo que é elemental nunha orgaización clandestina. Iste aillamento obrigoume a traballar pola miña conta. [...] Entón supuxen que a miña situación non era un aillamento circunstancial, sinon unha marxinación total por parte da direución e por causas que eu descoñecía. [...] Os galeguistas contrarrevolucionarios son tan nemigos nosos coma os fascistas [...] Piñeiro o metafísico, e Paco del Miedo, o burro mecánico, prefiren cen veces unha Galicia franquista, que unha Galicia socialista ou revolucionaria. Iles, e os seus amigos, non están loitando pola liberación da terra [...].(A Nosa Terra. Celso Emilio Ferreiro. A Nosa Cultura 11. 1989).

O 18 de agosto escríbelle de novo a Foz: “Fólgame moito o que me dis en col da Org. e, sobor de todo, saber que na dirección e na militancia hai obreiros […]Creo terche contado que fai unhos catro anos fundamos un Padroado da Cultura Galega, que na realidá non quería ser outra cousa que un “encubremento” legal pra UPG. O tiro saiunos pola culata, pois a xente que se foi achegando a nós resultou ser galaxia, dun anticomunismo patolóxico e dunha incultura enciclopédica. […] a veces penso si o meu enfrentamento coa emigración non será a causa do “ostracismo” a que me someteu a direución da UPG […] Eu non esquezo que o meu libro, “Viaxe ó País dos Ananos”, foi mal acollido, interpretado i entendido, incruso por xente da nosa banda. (A Nosa Terra. Celso Emilio Ferreiro. A Nosa Cultura 11. 1989).

Noutra carta do 3 de setembro de 1972: Queridos amigos:(…) A xente que frecuenta as sociedás de emigrantes está totalmente asimilada polos peores aspectos da sociedá de consumo […] Falarlles de revolución é mentarlles o demo, pois son anticomunistas furibundos e histéricos. Ademais de terriblemente ignorantes, pro non da ignorancia humildosa sinón da pretenciosa e ofensiva (…).(A Nosa Terra. Celso Emilio Ferreiro. A Nosa Cultura 11. 1989).

O 13 de decembro escribe noutra carta: Na terra verei de ter alguns contactos, anque de sobre sei que teño que andar con moito tento, pois coido que estarei dabondo vixilado.A emigración galega de Venezuela –que sempre foi, no senso político, unha cousa esvaída e mol- está sendo totalmente asimilada polo país a pasos axigantados, e; consecuentemente, os probremas da terra cada vez lle son mais alleos e descoñecidos.[…] Esiste, dende logo, un galeguismo rutinario, confuso, folklórico e histericamente anticomunista, co que non se pode contar pra nada. Tamén existe un galeguismo “cultural”, practicado por un pequeño grupo de analfabetos, que non quere ouvir falar de actividades político-sociales, e que en resumen son mais enemigos nosos que os propios fascistas.(A Nosa Terra. Celso Emilio Ferreiro. A Nosa Cultura 11. 1989).

Eduardo Blanco Amor: Xente ao lonxe (Galaxia; censurada, con debuxos de Isaac Díaz Pardo. Sen censura a partir de 1976. “Grial” nº 38, páx. 507). En carta de Díaz Pardo a Seoane (6 de xuño) escribe: “...las seis ilustraciones que le hice a la novela de Blanco Amor fueron prohibidas por el Dtor. Gral. Al fin consintieron dejar, autorizar, dos ilustraciones. Lo peor es que Galaxia ya tenía armado el libro y la mayor parte de las ilustraciones, o todas menos una, llevan texto en el anverso”.

Basilio Losada en carta a Ramón Piñeiro recolleita en Do sentimento á conciencia de Galicia (Galaxia 2009) escribe: “Anda por acó o Blanco Amor. Deume a leer a súa novela. Está doído por perder as 200.000. A novela é boa, moito máis complexa e ambizosa que A esmorga, aínda que ás veces esa mesma ambizón faina un chisco confusa. Ben escrita, porque ten verdadeira habilidade idiomática. O que pasa é que non vai pasar a censura. Eu, que estou loitando todos os días cos censores, sei ben de qué pé coxean. Para min sería un milagro que pasara”.

O 17 de maio inaugúrase en Barcelona na Galería Sargadelos a “Primeira Mostra do Libro Galego en Cataluña” (ata o 17 de xuño). (“Grial” nº 36, páx. 236). En carta de Seoane a Francisco del Riego do 25 de abril dálle algunhas indicacións para a elaboración desta exposición entre as que están: “1º que sería muy útil que figuren en las paredes frases traducidas al catalán alusivas al libro y a la cultura gallegas…” "3º fotografía de la portada del libro de A. Brañas sobre el regionalismo señalando en un cartel la influencia que ejerció en Cataluña: Prat de la Riva, etc. 4º en vitrina aparte los autores gallegos que escribieron en castellano señalando su diferenciación gallega por temperamento, educación, etc y que aportaron novedades a la literatura española…”O catálogo está escrito en castelán, galego e catalán e a portada é de Seoane. En carta do 22 de maio a Seoane, Díaz Pardo sinala o éxito da inauguración: “… Paco del Riego se portó extraordinariamente y todo lo que se diga de su talento, eficiencia y espíritu de servicio a Galicia es poco. Creo que otro tanto hay que decir de Ramón Piñeiro…”.

Noutra carta do 19 de xuño Seoane dá a Díaz Pardo a súa opinión sobre a Academia Galega: “aunque yo respeto mucho por lo que significa en general para Galicia, jamás hizo nada por el arte gallego y más bien fue una rémora en muchas cuestiones culturales, aunque en los últimos tiempos parezca con deseos de cambiar”.

O 22 de xullo escríbelle outra carta: “No me interesa Sargadelos como un negocio personal mío sino como una empresa superior destinada a afianzar la personalidad artística de Galicia y a fomentar trabajo en un rincón de Galicia”.(María América Díaz: Luis Seoane. Notas ás súas cartas a Díaz Pardo (1957-1979. Ediciós do Castro. 2004).

Manuel María, con data de 19 de xullo, en carta a Neira Vilas expón: “En Barcelona, na súa Universidade e na Facultade de Letras, leuse este ano por primeira vez unha tesina de licenciatura en galego. O seu autor é Camilo Gómez Torres i a tesina chámase “Acercamento a poesía de Manuel María”. O traballo son unhas 200 holandesas. Déronlle sobresaliente”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 298).

Neira Vilas regresa a Galicia. De volta na Habana, en carta datada no 12 de decembro escríbelle a Ramón Piñeiro: “Na Sección Gallega do Instituto de Literatura e Lingüística acabo de montar unha curiosa exposición: “Muestrario de editoriales Gallegas” en adhesión ó Ano Internacional do Libro instituído pola UNESCO. Aparecen representadas as editoras galegas xurdidas dempois da guerra, grandeiras e pequenas, de dentro e de fóra: preséntanse os tíduos máis representativos de cada unha. Galaxia, craro, está amplamente representada, pola súa siñificación real neste período”. (Epistolario Ramón Piñeiro–Xosé Neira Vilas. Cadernos Ramón Piñeiro XXXII. Xunta de Galicia 2015).

Xavier Alcalá: Voltar, seis personaxes e un fado. (Galaxia. “Grial” nº 38, páx. 499). O 26/11/1971, escríbelle Ramón Piñeiro: “Xa lin o teu libro, que vén sendo a espresión literaria de unha esperiencia dramática que viven tantos e tantos galegos, moitos deles inconscientemente: o desterro. (…) Para min non ten dúbida a autenticidade da túa vocación literaria. Penso que levas dentro un escritor e confío en que o fado o vexa con bos ollos…” (En “Grial” nº 184).

Sumarios

GRIAL Nº 35

Xosé Landeira Irago: Camões, 72. Proba de ensaio sin aleluias.Xosé-Álvaro Porto Dapena: Encol da estructura do verbo galego.Juan Miguel Moreiras: Los “Siete cuentos de Otoño” de Álvaro Cunqueiro.Eduardo Blanco-Amor: Prólogo útil.Manuel Casado Nieto: Versión galega de “Profecía de Amós”.María Teresa Barro: Dous contos.Carlos Alonso del Real: As orixes da queimada. Capítulo programático dun libro en preparación.Carlos Durán: O exemplo dos clásicos.Francisco L. Bernárdez: El poeta de Cambados.Xoán Fernández Martínez: Crítica da idea orteguiá encol do cubismo.X. Carro: Notas encol do inventor do Calidoscopio.Cristina Pedrosa Rúa: Sobre “Arredor de si”, de Otero Pedrayo.


GRIAL Nº 36

Ricardo Carballo Calero: A liña do galego literario.Fr. Gumersindo Placer: Un subtema rosaliano. O suicidio.Comentario encol de “As torres de Oeste”.Nicolás Tenorio: La aldea gallega.Manuel Carlos García Martínez: Encol da organización político-social da antiga Galicia.Xenaro Mariñas del Valle: Loucura e morte de Peregrino.Xulia Díaz Sixto: Leria con Ramón Piñeiro.Mª Teresa Barros: A creación da muller no Xénesis: un estudo feminista.Xoán Xulio Alfaya: Dostoievski e a crise da sociedade patriarcal.A. Torres Queiruga: Prólogo a “O despetar da fe e o seu desenrolo...” de E. Vidal.José Francés: Un gran dibujante gallego, Alfonso R. Castelao.María Xosé Queizán: Tolería pra unha desmitificación.María Silgar: Historias da miña terra.

Mostra do libro galego en Cataluña.


GRIAL Nº 37

Ramón Otero Pedrayo: A novelística de Vicente Risco.Salvador Lorenzana: Henry Miller: “O enfant terrible” norteamericano.Amable Veiga Arias: Fonología gallega. Fonemática. El sistema consonántico IV.Ramiro Cartelle: A “Sonata gallega” pra piano, dun compositor burgalés: Antonio José.Xohana Torres: O tempo e a memoria.Ivo Andric: Un conto iugoeslavo: O soño de Rajka (Trad. de Copsme Barreiros).Mª Teresa Barro: As novelas de Rosalía Castro.Xoán Xulio Alfaya: Urbanidade e realidade.Carlos Casares: Primeira noticia de Martín Códax.T. Vesteiro Torres: Martín Códax.Mª Mercedes Brea López: “Adiós, María” de Xohana Torres. Estructura e persoaxes.M. Rodrigues Lapa: O poeta Camões.X. Fernández Ferreiro: Un poeta inédito: Xosé María Brea.Carmen María Avendaño: Apuntes de leitura: “Os dous de sempre”.Claude-Henri Fréches: Unha visita ao poeta Teixeira de Pascoaes.


GRIAL Nº 38

Xosé Filgueira Valverde: No centenario. O P. Sarmiento e a fala galega.Micaela Misiego: Voces pretas. Antoloxía breve.Jaime Ferreiro Alemparte: La ciudad mozárabe de Santa María de Faro y el milagro de la Cantiga CLXXXIII en fuentes anteriores al Rey Sabio.Domingo Prieto Alonso: Un sistema fonolóxico trinario do galego e unha teoría da entonación.Tomás Barros: O Dragón. Traxicomedia nun acto.Carlos Casares: Apuntes pra un estudio da poética de Lamas Carvajal.Siro: Leria con Domingo García-Sabell.Domingo Prieto: “Evolución y revolución en romance, de C. P. Otero.Carlos Casares: Carta abierta a “Alianza Editorial”.Carlos Durán: Libros Galegos no Museu Británico.Castelao (1886-1950: Hestorias e lendas (Ediciones Castrelos. “Grial” nº 40, páx. 255).

Flag of Portugal Cataluña Flag of Spain Outras culturas

PREMIO NOBEL DE LITERATURA: HEINRICH BÖLL.


Nacen:

Francesc Serés (Saidí).


Félix Chacón (Toledo).Óscar Esquivias (Burgos).Toni Montesinos (Barcelona).


Dan Rhodes (Purley).Gary Shteyngart (Leningrado).


Rafael Santos Torroella prepara unha antoloxía de Fernando Pessoa, en castelán: Poemas escogidos de Fernando Pessoa (Plaza&Janés).

Alexandre O’Neill: Entre a cortina e a vidraça.Alexandre Pinheiro Torres: A terra do meu pai.Amândio César: Antologia do conto ultramarino.António Henrique Rodrigo de Oliveira Marques: Afonso Costa. O homem e a obra; História da República Portuguesa e História de PortugalAntónio Modesto Navarro: História de um soldado que não foi condecorado e Ir à terra (poesía).António Osório: A raiz afectuosa.António Quadros (António Augusto Melo Lucena Quadros): Quibyricas.António Ramos Rosa: A pedra nua.António Rebordão Navarro: O discurso da desordem e O ser sepulto (teatro).Antunes da Silva: Uma pinga de chuva.Armando Baptista-Bastos: Cidade diária.Armando da Silva Carvalho: O alicate.Armindo Mendes de Carvalho: A 10ª turista.Artur Portela Filho: A funda (7 volumes 1972-1977).Assis Pacheco: Câu Kiên: Um resumo (poesia).Augusto Abelaira: Quatro paredes nuas.Carlos Coutinho: O herbicida.Carlos Wallenstein: A mantilha de Beatriz.Celso Ferreira da Cunha: Gramática da língua portuguesa.Domingos Monteiro: Letícia e o Lobo Júpiter.Eduarda Dionísio: Comente o Seguinte Texto.Eduardo Prado Coelho: O Reino Flutuante e A Palabra sobre a Palabra.Esther de Lemos: A literatura infantil em Portugal.Eugénio de Andrade: Obscuro Domínio e Variações sobre um Corpo.Faure da Rosa: O massacre.Fernando Guimarães: Linguagem e ideologia (ensaio) e Poesia romântica inglesa.Fernando Luso Soares: António Vieira.Fernando Namora: Os Clandestinos (Aparece no 1973 traducido ao castelán por Basilio Losada na editorial Seix Barral: Los clandestinos.).Gastão Cruz: Teoria da fala.Jaime Gralheiro: O fosso.João Medina: Eça de Queirós e o seu tempo.João Miguel Fernandes Jorge: Porto Batel.João Palma-Ferreira: Diário I; Vergílio Ferreira (ensaio); Os crânioclastas e en castelán Breve perspectiva de la obra de Vergílio Ferreira.João Rui de Sousa: Corpo terrestre.João Sarmento Pimentel : Magnífica aventura.Jorge Amado (Brasil): Teresa Batista cansada de guerra (romance).Jorge de Sena: Exorcismos (poesia).José Augusto França: A arte e a sociedade portuguesa do século XX.José Augusto Seabra: Tempo táctil (poesía).José Cardoso Pires: Dinossauro Excelentísimo (crónica).José Fernandes Fafe: A engrenagem.José Rentes de Carvalho: Com os Holandeses.José Saramago está de comentarista político no “Diario de Lisboa” (1972-1973).José Sebastião da Silva Dias: Braga e a cultura portuguesa do Renascimento.José Viale Moutinho: No País das Lágrimas (conto).Luís Filipe Lindley Cintra: Sobre formas de tratamento na língua portuguesa.Luís Forjaz Trigueiros: Monólogo em Éfeso.Manuel Antunes: Indicadores de civilização.Manuel de Lima: A pata do pássaro desenhou uma nova paisagem.Manuel Ferreira: Terra trazida (contos).Maria Velho da Costa, Maria Teresa Horta e Maria Isabel Barreno: Novas Cartas Portuguesas. No 1976 aparece na Editorial Grijalbo a versión española.Maria Helena da Rocha Pereira: Hélade. Antologia da cultura grega e Temas clássicos na poesia portuguesa.Mário Cesariny de Vasconcelos: As mãos na água e na cabeça e Burlescas, teóricas e sentimentais.Mário Cláudio: Sete Solstícios (poesia).Natália Correia: A Mosca Iluminada (poesia).Nélida Piñón (Brasil): A Casa da Paixão (romance. Publicada en galego por Galaxia no 2006. “Grial” nº 173).Nelson de Matos: As aventuras do Major Bento.Nuno Júdice: A Noção de Poema.Olga Gonçalves: Movimento.Prista Monteiro: A bengala.Ruy Duarte de Carvalho (Angola): Chão de oferta.Sidónio Muralha: O Homem Arrastado.Sophia de Mello Breyner: Dual (poesia).Urbano Tavares: Estrada de Morrer (conto).Vasco Miranda: Dizer amar 1946-1975.Vergílio Ferreira: Apenas Homens (conto) e en castelán Para un auto-análisis literario,Vítor Manuel Aguiar e Silva: Significado e estrutura de “Os Lusíadas”.Vitorino Nemésio: Limite de Idade (Poesia).Yvette K. Centeno: As palavras, que pena (novela).


PREMI VÍCTOR CATALÀ Josep Albanell por Les parets de l’insomni.PREMI D’HONOR DE LES LLETRES CATALANES Salvador Espriu i Castelló.


PREMI JOSEP PLA Alexandre Cirici: El temps barrat.



Agustí Bartra: Rapsòdie de Garí.Antoni Serra: La gloriosa mort de Joan Boira.Augusto Valera escribe en “El Noticiero Universal” (16 de xuño): “Cunqueiro viene con frecuencia a Barcelona, no hablar con el mentor de las brujas, los demonios y los vinos sería tanto como ignorar una importante porción anímica enraizada en la tierra, un ser excepcional consagrado al pregón de las tierras gallegas”.Enric Casassas: La bragueta encallada (poesía).Francesc Parcerisas: Discurs sobre les matèries terrestres (poesía).Gabriel Janer Manila: El cementiri de les roses; La capitulació e Els alicorns.Guillem Viladot i Puig: Contrapoemes (poesía).Jaume Fuster: De mica en mica s‘omple la pica.Joan Brossa: Càntir de càntics.Josep Dalmau i Olivé: La fe a debat.Joan Fuster: Literatura catalana contemporània.Josep Albanell i Tortades “Pep Albanell”: Les parets de l’ insomni (Premi Víctor Català 1972).Josep Maria Benet i Jornet: Berenàveu a les fosques (teatre).Josep Maria Llompart de la Peña: La Terra d’ Argensa.Josep Palau i Fabre: Homenatge a Picasso (teatro).Josep Pla viaxa a Galicia. En Vigo estará acompañado por Cunqueiro e Torrente Ballester: Cunqueiro: «causeur formidable, no calla mai, la seva amenitat és permanent» (Obra Completa: «Direcció Lisboa vol. 28»Josep Vicenç Foix: Tocant a mà... (prosa).Llorenç Villalonga: Lulú regina (narrativa); Les ruïnes de Palmira (é unha reformulación de La novel-la de Palmira (1952) e El misantrop.Maria Antònia Oliver: Cròniques de la molt anomenada ciutat de Montcarrà.Marià Villangómez: Curs d´iniciació a la llengua.Marta Pessarrodona: Vida privada.Martín de Riquer: El combate imaginario. Las cartas de batalla de Joanot Martorell (En colaboración con Mario Vargas Llosa).Miquel Ferrà i Martorell: La universitat (novela).Miquel Martí i Pol: La fàbrica i Vint–i-set poemes en tres temps.Montserrat Roig: Ramona, adéu.Pau Faner i Coll: Contes menorquins.Pere Gimferrer: Hora foscant (poesía).Ramon Gomis: Vermell de xaloc (teatro).Ramon Folch i Camarasa: Les meves nits en blanc.Santiago Alberti i Gubern: El republicanisme català i la restauració monàrquica (1875-1923).Sebastiá Sorribas i Roig: Els astronautes del Mussol (lit. infantil).Terenci Moix: Siro o la increada consciència de la raça (narrativa).Tomàs Garcés: Sobre Salvat-Papasseit i altres escrits.Vicent Andrés Estellés: Recomane tenebres (poesía).



Agustín García Calvo: Sermón de ser y no ser.Alonso Quesada (1885-1925): Smoking room.Antonio Gala: Los buenos días perdidos.Dámaso Alonso: Obras completas, I. Estudios lingüísticos peninsulares (Edit. Gredos. “Grial” nº 38, páx. 498).Ernestina Champourcín: Poemas del ser y del estar.Félix de Azúa: Lengua de cal.Francisco Umbral: Memorias de un niño de derechas.Hermógenes Sainz: La niña Piedad.Ignacio Agustí: Guerra civil.Javier Marías: Travesía del horizonte.José Ares Montes: Don Quijote en un romance portugués e Un portugués en Madrid en 1861.José María Merino: Sitio de Tarifa.José Martín Recuerda: El engañao.José Miguel Ullán: Maniluvios.Juan Benet. Un viaje de invierno.Juan Cruz Ruiz: Crónica de la nada hecha pedazos.Luis Mateo Díez: Señales de humo.Manuel Vázquez Montalbán: Yo maté a Kennedy.Miguel Ángel Asturias: Viernes de Dolores.Miguel d‘Ors: Del amor, del olvido.Ramiro Pinilla: Seno.Ramón Carnicer Blanco: Nuevas reflexiones sobre el lenguaje.Torrente Ballester: La saga/fuga de J.B.. Nun texto datado en Vigo no 1997 escribe José Saramago: “Un día escribí que el lugar a la derecha de Miguel de Cervantes Saavedra, autor del Quiijote, vacante durante siglos, había sido ocupado por Gonzalo Torrente Ballester, autor de La saga/fuga de J.B. Vuelvo a decirlo ahora, habré de repetirlo mañana, sabedor de que muchos y muchos años tendrán que pasar antes de que se vuelva a escribir un libro como este”.


Alejo Carpentier: El derecho de asilo (narrativa).Borges: El oro de los tigres (poesía).Carlos Fuentes: Cuerpos y ofrendas (prosa).Eduardo Galeano: Crónicas latinoamericanas.Ernesto Cardenal: En Cuba.Giorgio Bassani: L’odore del fieno (narrativa).Jaime Sabines: Al tiempo.José Emilio Pacheco: El principio del placer.Ida Vitale: Oidor andante.Manuel Scorza: Historia de Garabombo el invisible (narrativa).Marco Antonio Flores “El Bolo”: La derrota (poesía) e Entremés para cantar (teatro).Miguel Ángel Asturias: Viernes de Dolores (prosa).Salvador Elizondo: El grafógrafo.Salvador Garmendia: Los pies de barro.Severo Sarduy: Cobra.


Anne Sexton: The book of folly.Arnold Wesker: The old ones (teatro).Charles Bukowski: Mockingbird wish me lucke e Erections, ejaculations, exhibitions and xeral tales of ordinary madness.Claude Royet-Journoud: Le renversement.Danilo Kis: O reloxo de area.Frederick Forsyth: The Odessa file.George R. Welwarth: Spanish underground drama.Günter Grass: Diario dun caracol.Hans Magnus Enzensberger: O curto verán da anarquía: vida e morte de Durruti.Jacques Prévert: Choses et autres e Hebdromadaires.John Irving: A epopeia do bebedor de auga.Marguerite Duras: L’amour.Max Gallo: Le cortège des vainqueurs.Patrick Modiano: Les boulevards de ceinture (narrativa).Patti Smith: Seventh heaven.Peter Handke: Carta breve para un longo adeus (narrativa).Philip Roth: The Breast.Patrick O’Brien: Post Captain.Simone de Beauvoir: As contas feitas.Thomas Bernhard: O ignorante e o tolo (teatro).Tom Stoppard: Jumpers (teatro).



Morren:


Adolfo Casais Monteiro (São Paulo; 1908 Porto). João Mendes (1910).Torquato Neto (Río de Janeiro; 1944 Teresina, Brasil).


Gabriel Ferrater suicídase (1922 Reus). Josep Maria Capdevila (1892 Olot). Pau Vila i Dinarès (Barcelona; 1881 Sabadell).



Américo Castro (Lloret de Mar; 1885 Brasil).Max Aub (Ciudad de México; 1903 París).



Alejandra Pizarnik (Buenos Aires; ibídem 1936). Eunice Odio (1912 Costa Rica). Rafael Felipe Muñoz (1899 México).


Dino Buzzati (Milán; 1906 Belluno).Edmund Wilson (New York; 1895 New Jersey).Ezra Pound (Venecia; 1885 Ohío).Kawabata Yasunari (1899 Xapón).



CINE Bertolucci: Ultimo tango a Parigi. M. Ferreri: La grande bouffe. Luis Buñuel: El discreto encanto de la burguesía. P.P. Pasolini: Os contos de Canterbury.


O norteamericano Robert Fischer vence ao campión mundial de xadrez, o ruso Boris Spassky.


III “Plan de Desarrollo”


Un tremor de terra destrúe a cidade de Managua en Honduras.


Guerra civil no Líbano.


Nixon visita China e a URSS e propugna unha política de entendemento.


Ceilán convértese en república e pasa a chamarse Sri Lanka.


Estritas medidas internacionais contra a piratería aérea.


Estréllase un avión nos Andes. Os superviventes estiveron setenta días abandonados e tiveron que practicar a antropofaxia. Ao final salváronse 16 pasaxeiros.


Desaparece nos EEUU o servizo militar obrigatorio.


“Domingo sanguiñento” en Londonderry: paracaidistas británicos disparan contra manifestantes pro dereitos civís matando a catorce persoas desarmadas.


O 5 de setembro, un comando palestino asalta os cuartos dos atletas israelís que participan nos Xogos Olímpicos de Munich. Morren 11 atletas israelís e cinco guerrilleiros de Setembro Negro.