1964
Índice
Cultura galega
Día das Letras Galegas
Nacementos/Pasamentos
Nacementos |
---|
Literatura |
Outros |
Pasamentos |
---|
Literatura |
Outros |
Publicacións
Galegas
Relativas a Galicia
Acontecementos
Premios
Epistolario
Elvira Lacaci Morris publica no 1963 Al este de la ciudad (Barcelona. Premio da Crítica). Con data de 4 de outubro de 1964 escríbelle Basilio Losada a Ramón Piñeiro: “Díxome Costa que lle deu a María Elvira Lacaci o enderezo de vostede porque a rapaza ten moito interés en entrar en relación cos escritores galegos e vai pulindo a súa língoa pra facer un libro de poesía galega. A noticia é formidable. Pra min Lacaci é superior a Blas de Otero. Linlle estes días un libro Al este de la ciudad, que emocionoume como hai tempo non me emocionaba nengún libro de poemas. Teño ganas de falar con ela e animala a que se achegue á vida literaria de Galicia”.Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Galaxia Páx. 357.O 27 de novembro de 1964 en resposta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada escribe: “Teño unha boa que che dar: María Elvira Lacaci é tan entranabelmente galega como calquera de nós. Nada arela tanto como cantar a Galicia en língoa galega. Naturalmente que o fará, pois as dificultás son máis ben pequenas. Ela confía na miña orientación idiomática i eu, como é natural, prestareilla con moitísimo gusto. Vaille ser moito máis doado do que ela mesma coida, porque sabe o galego popular”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 385).