Diferenzas entre revisións de «1979»
(→25px|Flag CPLP.gif 25px|Cataluña 25px|Flag of Spain Outras culturas) |
(→Nacementos/Pasamentos) |
||
Liña 36: | Liña 36: | ||
||O debuxante Francisco Javier Da Silva Irago “Kiko Da Silva” (Vigo). | ||O debuxante Francisco Javier Da Silva Irago “Kiko Da Silva” (Vigo). | ||
|} | |} | ||
+ | |||
+ | |||
Liña 49: | Liña 51: | ||
|- | |- | ||
!|[[File:Skull.png|15px|left|baseline|frameless]] Pasamentos | !|[[File:Skull.png|15px|left|baseline|frameless]] Pasamentos | ||
+ | |||
+ | |||
Liña 94: | Liña 98: | ||
na lembranza dos seus e nas historias | na lembranza dos seus e nas historias | ||
− | que os abós | + | que os abós contarán á sombra dos carballos |
nos solpores vindeiros. | nos solpores vindeiros. |
Revisión como estaba o 15 de decembro de 2020 ás 09:11
Índice
Cultura galega
Día das Letras Galegas
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos
|
Literatura |
---|---|
Álvaro Paradela Criado (Freixeiro; 1911 A Coruña). | |
Celso Emilio Ferreiro (Vigo; 1912 Celanova).
ferreiro das palabras aceirudas alcendeu frágoas no escuro i esparexeu faíscas como estrelas. Martelou na bigorna do seu tempo pra domear anguria dos coitados e facer un mañán de seituras fecundas. Pra il, labrada en pedra montesía, unha sinxela laude: Niste lugar acouga un poeta, non máis, que morreu de paixós polo seu povo. Rexurdirá da cinza na lembranza dos seus e nas historias que os abós contarán á sombra dos carballos nos solpores vindeiros.
| |
Darío Álvarez Blázquez (Vigo; 1910 Tui). | |
Eduardo Blanco Amor (Vigo; 1897 Ourense).
| |
Juana Teresa Juega López (Melide; 1885 Laxe). | |
Luís Seoane (A Coruña; 1910 Buenos Aires).
“Muitas veces teño dito, en público e por escrito, que ti e mais Seoane fóchedes os dous homes que formaron a miña concencia galega: ti porque deches un contido ao meu sentimento galego nuns anos que foron decisivos; o Seoane pola súa paixón, pola nobleza e a iracundia xenerosa do seu talante de home (…) ¡Que gran home o Seoane! Non sei si é ou non un gran poeta, posiblemente non, pero os seus poemas estaban tan carregados de paixón galega, de honestidade e de fe, que despois de que un coñecera ao autor convertíanse en auténtica poesía”. Basilio Losada en carta a Ramón Piñeiro (30 de xuño). | |
Outros | |
O escultor Antón Faílde Gago (Ourense; ibídem 1907). | |
Manuel Monteagudo Rodríguez, introdutor do Esperanto en Galicia (A Coruña; ibídem 1883). | |
Vicente Loriente Cancio (1900 Castropol). |
Publicacións
Galegas
- Albino Prada Blanco e Abel López : A outra economía galega.
- Alexandre Cribeiro : Indo pra máis perto (contén o traballo premiado en 1962 “Doente na espranza”).
- Alfonso Magariños : Galicia: conflicto e supervivencia (Edicións Castrelos. “Grial” nº 68, páx. 245) e Quienes somos los gallegos (Epidauro; “Grial” nº 68, páx. 245).
- Alfonso Pexegueiro : Circos de auga (poemas).
- Álvaro Cunqueiro : Os outros feirantes (Galaxia. “Grial” nº 63, páx. 121). O 8 de xullo escribe en “La Región”: “Yo soy un escritor profesional que vive de la literatura y tengo que escribir en una lengua que solucione mis problemas, pero tengo el apetito moral e intelectual de escribir en gallego”.
- Andrés Santiago Suárez Suárez: Luaña. Mitos, costumes e crencias dunha parroquia galega (Galaxia).
- Antón Alonso Ríos : O siñor Afranio ou como me rispéi das gadoupas da morte (Edicións Castrelos).
- Antonio Fraguas : Murguía. O patriarca.
- Antonio Prado Díaz: Lembranzas dun tempo (verso).
- Antonio Rey Soto (1879-1966): Poemas en galego.
- Ánxel Sevillano : Historias do canizo (Vigo).
- Arturo Romaní García : Xogos infantiles de Galicia.
- Augusto Pérez Alberti : Xeografía de Galiza (Madrid) e Testimonios de climas semiáridos en el Cuaternario gallego.
- Benxamín Casal : Achegamento á minería galega (Santiago).
- Carballo Calero : Estudos rosalianos e Libros e autores galegos. Dos trovadores a Valle-Inclán.
- Carlos Casares : Os escuros soños de Clío (relatos. Edición do Cerne. Santiago. (“Grial” nº 70, páx. 496).
- Carme González Ledo : Recendos (poemas con prólogo de Juan Naya).
- Celestino Puga Lorenzo: Choros (Pontevedra).
- Celso Emilio Ferreiro (1912-1979) O libro dos homenaxes (Madrid. Póstumo).
- Claudio Rodríguez Fer : Poemas de amor sen morte (Antonio Ubago. Editor. Granada. (“Grial”nº 69, páx. 371).
- Constantino Rábade Castiñeira : Lenda antiga dun home que quererá voar (Cadernos da Escola Dramática Galega).
- Dino Pacio Lindín : Terra húmeda (Lugo).
- Dora Vázquez : Irmá (poemas) e Contos pra nenos.
- Edelmira Cacheda : Churruscadas (teatro).
- Emilia Estévez Villaverde : As travesuras de Felipiño (lit. inf. e xuv).
- Eduardo Moreiras Collazo : O libro dos mortos (Ediciós do Castro. “Grial” nº 68, páx. 241).
- Gerald Denley Poeta alófono (Londres 1926-2003 A Coruña): poemas no número 66 de “Grial”.
- Guillermo Rojo : Aproximación a las actitudes lingüísticas del profesorado de EXB en Galicia (ICE Santiago).
- Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes : Símbolos de Galicia (a bandeira, o escudo, o himno). (Padroado Rosalía de Castro).
- Jaime García-Lombardero y Viñas: Unha visión dos problemas de historia económica de Galicia: a formación social do Antigo Réxime (Vigo).
- Kristina Berg : Dona Galicia.
- Lois Vázquez Fernández : Terra lostregada.
- Lorenzo Varela (1916-1978): Lorenzo Varela. Poesía (limiar de Rafael Dieste, contendo “Torres de amor” (en castelán) “Catro poemas pra catro grabados”, “Lonxe” e “Homenaje a Picasso” (Ediciós do Castro) e Lorenzo Varela. Homaxes (En edición Cuco-Rei de Luís Seoane e que comeza con esta nota: “Cando este libro se estaba compoñendo na imprenta, xa todo diagramado e coidado por Luis Seoane, acontecéu o pasamento do noso mestre, que deixóu sin concretar a tapa –a que vai agora é o boceto que tiña feito para tallar o grabado en madeira- Asimesmo quedóu sin concretar a adicatoria do libro, que él facía coma un homaxe seu a Lorenzo Varela e á súa compañeira Marika Gerstein”).
- Manuel Antonio (1900-1930): Correspondencia (Edición, limiar e notas de D. García Sabell).
- Manuel García Sánchez: Cambian os tempos (teatro).
- Manuel Lourenzo e Francisco Pillado Mayor : O teatro galego.
- Manuel Luís Acuña Sarmiento (1900-1975): Fírgoas. Poemas 1930-1933 (reprodúcense textos excluídos da primeira edición de 1933).
- Manuel María : Catavento de neutrós domesticados ; As rúas do vento ceibe (Ed. Xistral. A Coruña. “Grial” nº 67, páx. 119) e Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela (teatro).
- Manuel Rivas : Libro do Entroido (poemas. A Coruña).
- Manuel Rodríguez López: Soldada mínima (Ediciós do Castro).
- María Margarita Rodríguez Otero: Verbas esquencidas.
- Miguel Ángel Novoa Iglesias: Tempo e terra. Surcos de hastío (Ponteareas).
- Miguel González Garcés : Antoloxía, estudio, selección e traducción dos poemas en lingua galega de Luís Pimentel.
- Millán Picouto : Os cigarróns.
- Otero Pedrayo (1888-1976): O fidalgo e a noite (manuscrito de 1970; en “Cadernos da Escola Dramática Galega”).
- Ramón Baltar Domínguez : Castelao ante la medicina, la enfermedad y la muerte (Ed. de los Bibliófilos Gallegos; Santiago).
- Ramón López Suevos : Do capitalismo colonial (Santiago).
- Ramón Villares Paz : López Ferreiro na historiografía galega (“Grial” nº 42).
- Tomás López: Poesías dun labrego emigrante (bilingüe).
- Uxío Novoneyra : Poemas caligráficos (Prólogo de Raimundo Patiño).
- Valentín Paz-Andrade : Cen chaves de sombra (poemas. Para este poemario compuxo Lorenzo Varela “Homenaxe cativo a Valentín Paz-Andrade”).
- Vítor Vaqueiro : Lideiras entre a paisaxe (poemas. Colección Mogor de Edicións Castrelos).
- Xavier Rodríguez Barrio : Chegaron as chuvias (Sada).
- Xavier Seoane : A caluga do paxaro (“Grial” nº 66, páx. 506).
- Xesús Santos Suárez: Unha marea con Manuel Antonio. Canto en catro tempos.
- Xoán Xulio Alfaia : A palabra da terra (1973 – 1976).
- Xosé Dono : O bufón (teatro).
- Xosé Lois García : Castelao i Catalunya (Ed. en galego e catalán. Edit. Alvarellos; Lugo) e Memoria doutros corpos (poemas).
- Xosé Manuel Martínez Oca : A figueira e A negra (relatos).
- Xosé Manuel Rodríguez Pampín : Ifixenia non quere morrer (nº 55 de “Grial”).
- Xosé María Álvarez Cáccamo : Galego cero (manual para o coñecemento da lingua, con prólogo de Alonso Montero. Edicións Castrelos. Vigo. “Grial” nº 64, páx. 246).
- Xosé María García Rodríguez : Unha monxa portuguesa. Sonetos do seu amor.
- Xosé María Monterroso Devesa-Juega “Xosé Devesa”: Nau enfeitizada: claroescuros corunheses (Sada) e Galegos e galeguismo (antoloxía. Pontevedra).
- Xosé Martiño Montero Santalla : Directrices para a reintegración lingüística galego-portuguesa (Ferrol).
- Xulio López Valcárcel : Víspera do día (Follas Novas. Santiago de Compostela).
- Xosé Ramón Pena : A poesía de Manuel Antonio nas literaturas galegas de vanguarda.
- O Grupo Rompente publica: Fora as vosas sucias mans de Manuel Antonio e de xeito individual a serie “Tres tristes tigres”:
-Antón Rodríguez Reixa: As ladillas do travesti.-Alberto Avendaño Prieto: Facer pulgarcitos tres.-Manuel María Romón Alonso: Galletas Kokoschka non.
- Un grupo de filósofos entre os que está Ramón Regueira Varela publica en Vigo Introducción á Filosofía, primeira obra estritamente filosófica escrita en galego.
- “Galaxia” e “O Facho” editan Contos para nenos, no que se recollen cinco contos premiados no concurso convocado pola citada asociación da Coruña (Lista de honor do IBBY 1982).
- Sae á luz a “Revista Galega de Estudios Agrarios”, dirixida por * Xaime Isla Couto .
- Aparece o único número da revista en galego “Bonaval”, dirixida por Xoán Manuel Carreira Antelo e cun consello de redacción composto por Manuel Castelao, Ramiro Fonte, Ánxel Rei Ballesteros, Luís Rei Núñez, Lois Rodríguez Andrade, Xesús M. Valcárcel e Xulio L. Valcárcel.
- O 17 de maio sae dedicado ao poeta Manuel Antonio o número 1 de “Rompente”, boletín vencellado a Edicións Rompente de Vigo.
- En Santiago aparece a revista de banda deseñada “Xofre” (única entrega). Nela participan Miguelanxo Prado , Fran Jaraba ou Xan López Domínguez.
- No Colexio Universitario de Vigo edítase a revista de Filoloxía “Senara”, dirixida por Emilio Montero.
- Por iniciativa da libraría Couceiro nace a publicación “Bendado” (“Boletín de información cultural galego-portugués”). En marzo edítase o número 0 de “Raigame”, “Boletín informativo da Irmandade Galega de Madrid”, escrito en galego.
- Amadeu J. Soberans saca á luz catro anacos de pergamiño dunha tradución ao galego-portugués dun texto que en francés corresponde coa “Suite du Merlín”, que foron descubertos de forma casual en circunstancias semellantes ás do Pergamiño Vindel e que polo tipo de escritura pertencerían á primeira metade do século XVI.
- Edicións Robrenyo de Barcelona fai a edición bilingüe galego-catalá do libro de Manuel Antonio De quatre a quatre, con tradución de Joan Barceló i Cullerés e limiar de Costa Clavell. Tamén se fai unha edición bilingüe galego-castelá deste libro con tradución de Miguel González Garcés, na colección “Adonais” de poesía.
- Publícase unha antoloxía bilingüe de Luís Pimentel en edicións Giannini, tamén ao coidado de González Garcés.
- Desaparece en Vigo o diario “ El Pueblo Gallego ” (1924); o titular de portada do 30 de xuño, o seu derradeiro número, era “O goberno afoga a nosa voz” e nel aparece unha entrevista de María Xosé Porteiro con Xosé María Castroviejo, figura central do diario durante o franquismo.
- “El Diario Español” de Montevideo publica o nº 1 do “Suplemento Gallego” (até novembro de 1982).
- O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia publica o libro colectivo Carlos Maside , un pintor para unha terra (Santiago. “Grial” nº 67, páx. 117).
- A Sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento publica o volume colectivo Prehistoria e Arqueoloxía de Galicia. Estado da cuestión (“Grial” nº 66, páx. 513).
Relativas a Galicia
- En Santiago, Bernardo París funda a revista “Coordenadas”.
- Edítase en Ourense o único número de “Doble cero”, revista literaria subtitulada “Palabra e imagen”.
- Co subtítulo de “Cuadernos de poesía, arte y pensamiento”, aparece en Ourense o nº 0 da revista “Soportal”, dirixida por Julia Rodríguez Blanco.
- Silverio Cañada publica en edición facsímil o primeiro tomo da revista “La Ilustración Gallega y Asturiana”. (“Grial” nº 68, páx. 242).
- No xornal “El País” (28 de xaneiro) aparece o artigo de Lorenzo Varela falecido uns meses antes “Guimarães Rosa y Galicia”.
- Publícase o libro Nuestro amigo Ramón Otero Pedrayo (Vigo).
- Abel Bouhier: La Galice. Essai geografhique d‘analyse et d‘interpretation d‘ un vieux complexe agraire (La Roche-sur-Yon).
- Álvaro Cunqueiro: Laude de vírgenes románicas.
- Andrés Pociña Pérez: Juan Ramón Jiménez y los poetas gallegos (Granada).
- Anxo Tarrío Varela: Las competencias del lector realista (Vigo).
- Castelao: 12 estampas (Museo de Pontevedra e Galaxia).
- Fernando Mon Rodríguez: Luis Caruncho (Madrid).
- Francisco Fernández del Riego: Diccionario castellano-gallego.
- Isidro Gonzalo Bango Torviso: La arquitectura románica en Pontevedra.
- José Antonio López Taboada: Economía e poboación en Galicia (A Coruña).
- José Manuel Vázquez Varela e Antonio de la Peña: Los petroglifos gallegos. Grabados rupestres prehistóricos al aire libre en Galicia (A Coruña).
- Luciano García Alén: Contribución al estudio de la alfarería popular en Galicia (A Coruña).
- Luis Iglesias Souza: La vela y el viento.
- Luis Moure Mariño: Temas gallegos (Madrid).
- Manuel Blanco Tobío: Cinco zorros plateados.
- Manuel Reimóndez Portela: Estatuto dos 16.
- Manuel Vilanova e Xosé Mª Álvarez Cáccamo: La poesía gallega de postguerra.
- Marcial Gondar Portasany e Javier San Martín Salas: Bases para unha antropoloxía aplicada na Galicia rural.
- Marcial José González Vigo e Julio Giz: El dios de Roma que lloró por Lugo (Lugo).
- Mariano José Vázquez Alonso: El libro de los signos (Barcelona).
- Marina Mayoral: Cándida, otra vez (Barcelona).
- Maruja Pino Piñeiro: El marinero del canero maruxa.
- Miguel González Garcés: Antoloxía, estudio, selección e traducción dos poemas en lingua galega de Luís Pimentel (A Coruña).
- Pegerto Saavedra: Economía rural antigua en la montaña lucense. El concejo de Burón.
- Pérez Vilariño: Dependencia y discriminación escolar en Galicia (Edit. Akal de Madrid).
- Rosario Miralbés, Mª Pilar de Torres e Rafael Rodríguez: Mapa de límites de las parroquias de Galicia (Santiago).
- Sara Freijido Fidalgo: Arte y técnica de las Cántigas de amor: estudios sobre los cancioneros gallego-portugueses. Cantigas d’amigo y Cantigas d’amor (Tese de doutoramento dirixida por Martín de Riquer no 1977. Universitat de Barcelona).
- Uxío Labarta : Galicia mariñeira: historia económica y científica (Santiago).
- Víctor Iglesias Viqueira: 'Pensamientos de Mi-Au.
- Xosé Manuel Rodríguez Pampín fai a versión galega de O evanxelio dos nenos.
- Xosé Ramón Fernández Oxea: Escudos de Lugo.
- Xosé Ramón García Martínezo: Pequena flora de Galicia (Santiago).
Acontecementos
- Real Decreto 20/7/79 para a incorporación da lingua galega como materia obrigatoria no ensino non universitario.
- Fúndase en Vigo “Edicións Xerais de Galicia”.
- Celso Emilio asiste ao Primeiro Congreso de Escritores de España (Almería) e ao Primeiro Congreso de Escritores en Lengua Española (As Palmas de Gran Canaria).
- A discográfica “Ruada” edita o disco “Aló cando os animais falaban”, recompilación de contos tradicionais, contados por Manuel Lourenzo.
- Na xuntanza anual dos romanistas alemáns en Saarbrüken, Xosé Schaihle leu unha comunicación sobre a “Historia da lingua galega e os problemas de Galicia e da súa lingua nos últimos tempos” (“Grial” nº 67, páx. 123).
- Fúndase o colectivo galego de teatro “Mari-Gaila” (Santiago).
- Arde o estudo parisino de Leopoldo Nóvoa: “No tenía dinero y empecé a mezclar la pintura industrial, la de los albañiles, con las cenizas. Las cenizas pasaron, así, a formar parte de mi pintura”.
- Francisco Fernández Rei: a súa tese doutoral “O verbo. Contribución á dialectoloxía galega” foi a primeira redactada e defendida en lingua galega na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago.
- Acompañado de Piedade Cabo, Lois Pereiro percorre en tren os países celtas.
- A Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística de La Habana monta unha exposición de homenaxe a João Guimarães Rosa, co gallo da publicación en Cuba de Gran sertão: Veredas.
- Nace o Centro Galicia de Buenos Aires froito da unión dos centros provinciais (Ourensán, Pontevedrés, Lucense e Coruñés).
- Nunha festa antinuclear celebrada en Pontevedra, foron detidas catro persoas entre elas o cantante Suso Vaamonde.
- Coa chegada ao poder de José López Portillo, Carlos Velo entra no cárcere tras ocupar postos de responsabilidade no “Centro de Producción de Cortometraje” e no “Centro de Capacitación Cinematográfica” e de fundar en 1976 o “Centro de Producción Audiovisual”.
- Aberto á circulación o 27 de abril o treito A Coruña-Santiago, primeiro da autoestrada do Atlántico.
- O petroleiro grego Andros Patria, cargado con 208.000 toneladas de cru, naufraga nas illas Sisargas e provoca unha marea negra.
- Fuxan os Ventos: “Sementeira”.
- Derradeira actuación de José Afonso en Galicia (Parque de Castrelos de Vigo).
- Milladoiro saca o seu primeiro disco “A Galicia de Maeloc”.
- Benedicto: “Os nomes das cousas”.
- Colmeiro: “Bodegón con laranxas”.
- Antonio Rosón substituído por Xosé Suárez Quiroga no seu cargo de presidente da Xunta de Galicia provisional.
- UCD gaña as eleccións lexislativas. En Galicia tamén, ao saíren elixidos 29 parlamentarios.
- Primeiros comicios municipais: Domingo Merino de “Unidade Galega” elixido alcalde da Coruña. Manuel María concelleiro do BN-PG en Monforte de Lemos. Lueiro Rey elixido concelleiro na vila do Grove na lista do PCG.
- Mobilización multitudinaria contra o “Estatuto da aldraxe”, que situaba a Galicia nun segundo nivel en materia competencial.
- Nace a asociación política “Galicia Ceibe”.
- En outubro celebra a UPG o seu 2º Congreso, na Coruña.
Premios
- Premios da Crítica Galicia:
- Creación literaria: Álvaro Cunqueiro por Os outros feirantes.
- Ensaio e Pensamento: Albino Prada Blanco e Abel López Rodríguez por A outra economía galega.
- Investigación: Manuel Núñez Rodríguez por Arquitectura prerrománica.
- Ciencias e Artes da Representación: Grupo Troula.
- Música: Rogelio Groba Groba.
- Iniciativas Culturais: Seminario de Estudos Galegos.
- Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho: O rei de nada de Sabela Álvarez Núñez.
- Premio de Teatro Infantil O Facho: Todos os fillos de Galaad de M. Lourenzo.
- Premio Modesto R. Figueiredo de narrativa curta para Víctor Freixanes por A caza das cascudas.
- Premio da Crítica de narrativa galega: Álvaro Cunqueiro por Os outros feirantes.
- Premio da Crítica de poesía galega: Eduardo Moreiras por O libro dos mortos.
Epistolario
Falece Luís Seoane (A Coruña; 1910 Buenos Aires).Basilio Losada en carta a Ramón Piñeiro (30 de xuño):“Muitas veces teño dito, en público e por escrito, que ti e mais Seoane fóchedes os dous homes que formaron a miña concencia galega: ti porque deches un contido ao meu sentimento galego nuns anos que foron decisivos; o Seoane pola súa paixón, pola nobleza e a iracundia xenerosa do seu talante de home (…) ¡Que gran home o Seoane! Non sei si é ou non un gran poeta, posiblemente non, pero os seus poemas estaban tan carregados de paixón galega, de honestidade e de fe, que despois de que un coñecera ao autor convertíanse en auténtica poesía”. |
Dende a Coruña, Luís Seoane escribe a Díaz Pardo (19 de febreiro): “Meu querido amigo: Confirmo con esta carta as verbas ditas persoalmente a tarde do dezaseis deste mes na miña casa. Deixo, por propia vontade, de pertenecer a calquera clase de sociedade que houbese tido contigo no pasado. Entre elas o Laboratorio de Formas, e Cerámicas de Sargadelos, as accións que me corresponden nesta sociedade, e ao Museo Carlos Maside, e, neste caso, ademais, a membro do seu patronato. Non me quedan aspiracións de nengún xénero para o porvir…”. |
Sumarios
Kathleen N. March: As variantes creacionistas na obra de Manoel Antonio. Siro: Simplicissimus, Gulbransson e Castelao. Salvador Lorenzana: O galeguismo ideolóxico de Vicente Risco. María Xosé Queizán: A nova narrativa ou a loita contra o sentimentalismo. R. Carballo Calero: Aos amores serodios. Xosé Luís Pérez Queimadelos: A escalada. Lawrence Durrell: Eternos contemporáneos (trad. de César López). Froilán López: Onomástica galega. García de Diego e a lingua galega. Francisco Luís Bernárdez: Poema das mans labregas. |
GRIAL Nº 64
Joseph M. Piel: Sobre miragens de pré-história onomástico-lexical galega, a propósito do gal. Becerreá. R. Carballo Calero: Sobre a nosa lingua. Margarita Soto Viso. Aportación á música galega de Marcial del Adalid coas súas cancións. Araceli Herrero: Pimentel na historia da poesía. Xavier Carro: Análise temático da leenda de traslación do corpo do Apóstolo Santiago. Claudio González Pérez: Ollando constitucións: As linguas minoritarias. R. Carballo e C. García: Li Hsing-Tao. Pilar Pallarés: 4 poemas. Marino Dónega: Requiem por Luís Seoane. Luz Pozo Garza: No Pórtico da Groria tes os ollos abertos. Tomás Barros: Na morte de Luís Seoane. Anxo G. Guerra: Castellanismos e hiperenxebrismos na poesía de Manuel Antonio. Luís Seoane. Lorenzo Varela. María-Camiño Noia: Notas sobre “Seguino”, autoridade citada no Dicionario de Rodríguez. Nicandro Ares Vázquez: Grulfe e Vilarmousende: dous topónimos lugueses. Carlos Durán: Algunhas precisións sobre a ortografía. |
SEOANE Rafael Dieste: Gozos e crucilladas do artista. Xosé Díaz: Dibuxo. Domingo García-Sabell: Luís Seoane. Relembro. Marino Dónega: O afora e máis o adentro de Luís Seoane. R. Carballo Calero: Lembranzas de Luís Seoane. Isaac Díaz Pardo: Notas encol da obra e da personalidade de Luís Seoane. Xohán Ledo: Grabado. Ramón Piñeiro: A Galicia de Seoane. Siro: Dibuxo. Xulieta Gómez Paz: Dinámica da saudade. Salvador Lorenzana: Galicia na obra de de Luís Seoane. V. Paz-Andrade: Vidas converxentes e mortes paralelas. Raimundo Patiño: Seoane “Botella ó mar” no tempo. Miguel González Garcés: Luís Seoane, Grabador. Salvador García-Bodaño: A tua remota distancia. Trichi: Grabado. Novoneyra: A elexía perdida. Euloxio R. Ruibal: “A volta do vello emigrante”. Eduardo Blanco Amor: Luís Seoane no exilio. Celestino F. de la Vega: A pintura emblemática de Luís Seoane. Álvaro Cunqueiro: Luís Seoane, meu ilustrador. Basilio Losada: Seoane, unha visión da Historia de Galicia. Lois Tobío: Seoane, na lembranza. Alberte: Grabado. Francine Sucarrat: A poesía de Luís Seoane. Ánxel Fole: Historias que ninguén cré. A miña deuda con Luís Seoane. Alberto Girri: Tributo. Antonio Odriozola: Bibliografía de Luís Seoane. Luís Seoane: Cronoloxía e exposicións.
|
GRIAL Nº 66
Domingo García-Sabell: Carta a Pierre Emmanuel. María dos Ánxeles Borreguero: Galicia na poesía de Celso Emilio Ferrerio. Lois Vázquez: O neno creador. Ramón Villares Paz: López Ferrerio e a historiografía galega. Rafael Chacón Calvar: Diglosia e historia. Luís Alonso Álvarez: As revoltas preindustriáis en Galicia: O Ludismo. Geral Denley: Novos poemas galegos. Boris Vian, no vinte cabodano da súa morte (Trad. de Xesús González Gómez). Xesús Fernández Ferrerio: Un conto de misterio. Lois Vázquez: Responso pra Celso Emilio Ferrerio. Froilán López: Santoro, apelido. Marino Dónega: Rosalía no Ano Internacional do Neno. Concepción Fernández: Teoría da lingua galega en Xan Vicente Viqueira. Xavier Castro: Aspectos económicos do galeguismo na Segunda República. |
Outras culturas
PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Odysseas Elytis
Nacen:
Morren:
- Guillem Colom (Palma de Mallorca; 1890 Sóller).
- Maurici Serrahima (Barcelona; ibidem 1902).
PREMI VÍCTOR CATALÀ Joan Cases por Pols de terrat.
PREMI D’HONOR DE LES LLETRES CATALANES Manuel de Pedroso i Molina.
PREMI JOSEP PLA Jaume Miravitlles: Gent que he conegut.
Albert Manent: Jaume Bofill i Mates i Guerau de Liost. Àlex Susanna: De l’home quan no hi veu (poesía).
Antoni Marí i Muñoz: El preludi (poesía).
Blai Bonet i Rigo: Cant de l’arc (poesía).
Emili Teixidor: Sic trànsit Glòria Swanson.
Gabriel Janer Manila: Com si els dits m’haguessin tornat cuques de llum.
Guillem Viladot i Puig: La llei de pedra i altres històries.
Isabel Clara Simó i Monllor: És quan miro que hi veig clar (Premio Víctor Català 1978).
Joan Colomines i Puig: Anna com Formentera.
Joan Navarro Tercero: Vaixell de folls (poesía).
Joan Vinyoli: Cercles e Obra poètica 1975-1979 (Limiar de Miquel Martí i Pol).
Josep Lluís Seguí: Quadre de cavalls e Diari de bordell.
Josep Maria Llompart: Urbanitat i cortesia.
Josep Piera: Crits baden la tarda melodiosa (poesía).
Maria-Mercè Marçal: Bruixa de dol (poesía).
Marta Pessarrodona: Memòria (poesía).
Miquel Àngel Riera Nadal: La bellesa de l’home.
Miquel de Palol: Quan? (poesía).
Miquel Martí i Pol: L’hoste insòlit (poesía).
Olga Xirinacs Díaz: Llençol de noces (poesía).
Oriol Vergés: El superfenomen.
Pau Faner i Coll: Potser només la fosca.
Sebastià Serrano Farrera: Lingüística i qüestió nacional (Premi Joan Fuster d’assaig 1978).
Teresa Pàmies: Vacances aragoneses.
Vicenç Altaió: Sempre som afany (poesía).
Vicenç Riera Llorca: Plou sobre mullat.
Máis culturas:
Nacen:
- Najat el Hachmi (Nador, Marrocos).
- Roberto Saviano (Nápoles).
Morren:.
- Agustín Acosta y Bello (1886 Cuba).
- Juana de Ibarbourou (1895 Uruguai).
- Mika Waltari (1902 Finlandia).
- René Marqués (1919 Portorrico).
- Rodolfo Usigli (1905 México).
- Jean Rhys (London; 1890 Dominica).
Alejandro Paternain: Dos rivales y una fuga e Oficio de réquiem.
Alejo Carpentier: El arpa y la sombra.
Augusto Roa Bastos: Lucha hasta el alba (contos).
Cabrera Infante faise cidadán británico: La Habana para un infante difunto.
Gonzalo Rojas Pizarro: Transtierro.
Jaime García Terrés: Honores a Francisco terrazas.
José Ignacio Cabrujas: El día que me quieras (teatro).
Juan Carlos Onetti: Dejemos hablar al viento.
Julio Cortázar: Octaedro.
Manuel Puig: Pubis angelical.
Ramón Xirau i Subias: Poesía y conocimiento.
Renato Prada Oropeza: El lenguaje narrativo. Prologómenos para una semiótica narrativa.
Ricardo Garibay: Las glorias del gran Púas.
Bob Holman: Tear To Open.
Charles Bukowski: Shakespeare never dide this.
Cormac McCarthy: Suttree.
Derek Walcott: O reino da mazá estrelada.
Erín Moure: Empire, York Street.
Gregor von Rezzori: Memorias dun antisemita.
Italo Calvino: Se una notte d’inverno un viaggiatore.
James Graham Ballard: Compañía de soños limitada.
Jean Echenoz: Le Méridien de Greenwich.
John Ashbery: Como sabemos.
John Barth: Letters.
John Berger: Pig earth (Traducida ao galego no 2007 para Rinoceronte Editora por Xoán Abeleira co título de Porca terra).
Katherine Pancol: Moi d’abord.
Kenzanburo Oé: Xogos contemporáneos.
Léopold Sédar Senghor: Élégies majeures.
Max Gallo: Un affaire intime.
Michael Ende: A historia interminable.
Norman Mailer: The executioner’s song.
Paul Theroux: The Old Patagonian Express.
Penelope Fitzgerald: Offshore.
Philip Roth: The Ghost Writer.
René Char: Fenêtres dormantes et porte sur le toit.
Sam Shepard: Buried Child.
Seamus Heaney: Traballo de campo. Traducida ao galego por Vicente Araguas para a Biblioteca Galega de Clásicos Universais.
Umberto Eco: Lector in fábula.
William Kennedy: Ironweed.
Tamén sucedeu...
- CINE:
- Francis Ford Coppola: Apocalipse Now.
- Mario Camus fai a adaptación para TV de Fortunata y Jacinta de Pérez Galdós.
- (1 de marzo) Victoria da UCD nas eleccións xerais. Adolfo Suárez confírmase como líder da transición española.
- Legalización da masonería.
- Desarticulación do GRAPO (Grupo Revolucionario Antifascista Primero de Octubre).
- Aprobados os estatutos de autonomía do País Vasco e Catalunya (25 de outubro).
- Asínase o tratado de adhesión de Grecia á Comunidade Europea.
- Celébranse nos 9 países da CEE as primeiras eleccións directas ao parlamento europeo.
- Thatcher accede ao poder na Gran Bretaña.
- Ondeada de bombas en Irlanda do Norte.
- A URSS invade Afganistán.
- Jomeini, líder da revolución islámica, entra en Teherán, trala derrota do Sha a quen acusan de facer unha política prooccidental. Os estudantes de Irán que secuestraran a todo o persoal da embaixada norteamericana en Teherán, deixaron libres as mulleres e os negros.
- As tropas da Fronte Sandinista entran triunfais na capital de Nicaragua; Ernesto Cardenal encargado do Ministerio de Cultura.
- O ditador Anastasio Somoza fuxe a Miami.
- Amín fuxe de Uganda.
- O exército vietnamita apodérase da capital de Camboya e expulsa do poder ao réxime prochino do sanguiñento Pol Pot, que chegou ao poder no 1975.
- Exipto e Israel asinan un tratado de paz en Washington.
- Os militares convocan eleccións no Ecuador, sendo elixido Jaime Roldós.
- Accidente na central nuclear de Harrisburg, en Pensilvania.
- O Nobel da Paz para a madre Teresa de Calcuta.