Diferenzas entre revisións de «1925»
(→20px|Flag of Portugal 20px|Cataluña 20px|Flag of Spain Outras culturas) |
(→Acontecementos) |
||
Liña 258: | Liña 258: | ||
Cándido Fernández Mazas colabora nas páxinas de “La zarpa” con caricaturas e debuxos. | Cándido Fernández Mazas colabora nas páxinas de “La zarpa” con caricaturas e debuxos. | ||
− | |||
− | |||
Fúndase o Banco Pastor por iniciativa de Ricardo Rodríguez Pastor e Pedro Barrié de la Maza. | Fúndase o Banco Pastor por iniciativa de Ricardo Rodríguez Pastor e Pedro Barrié de la Maza. | ||
Liña 265: | Liña 263: | ||
O 7, 8 e 9 de outubro, celébrase en Lugo o “I Congreso de Economía Gallega”, promovido polo alcalde Eduardo Rosón. | O 7, 8 e 9 de outubro, celébrase en Lugo o “I Congreso de Economía Gallega”, promovido polo alcalde Eduardo Rosón. | ||
+ | |||
O 28 de agosto remata a primeira viaxe da fotógrafa Ruth Matilda Anderson a Galicia. O 14 de novembro regresaría acompañada da tamén fotógrafa Frances Spalding percorrendo Galicia ata o 31 de maio de 1926. | O 28 de agosto remata a primeira viaxe da fotógrafa Ruth Matilda Anderson a Galicia. O 14 de novembro regresaría acompañada da tamén fotógrafa Frances Spalding percorrendo Galicia ata o 31 de maio de 1926. | ||
Liña 274: | Liña 273: | ||
O 28 de xaneiro estréase no Teatro da Zarzuela en Madrid La casa de la Troya, película baseada na novela de Pérez Lugín do mesmo nome. Lugín sería o director artístico e Manuel Noriega o director escénico. Colaborou o empresario asturiano Antonio Moriyón . | O 28 de xaneiro estréase no Teatro da Zarzuela en Madrid La casa de la Troya, película baseada na novela de Pérez Lugín do mesmo nome. Lugín sería o director artístico e Manuel Noriega o director escénico. Colaborou o empresario asturiano Antonio Moriyón . | ||
− | |||
− | |||
− | |||
− | |||
==Premios== | ==Premios== |
Revisión como estaba o 7 de maio de 2020 ás 11:11
Índice
Cultura galega
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos |
---|
Literatura |
Enrique Labarta Pose (Barcelona; 1863 Baio). |
Florencio Vaamonde Lores (A Coruña; 1860 Bergondo). |
Manuel Comellas Coímbra (Mandiá; 1853 Ferrol). |
Manuel Lago González (Santiago; 1865 Tui).No nº 211 de “A Nosa Terra” recóllese a noticia da súa morte e publícase o seu poema “Alborada”. |
Outros |
Pablo Iglesias (Madrid; 1850 Ferrol): “La muerte no nos separa de Iglesias. La imagen de su vida de ternura, de amor y de firmeza, queda definitivamente incorporada al tesoro moral de nuestra conciencia de hombres libres, demócratas, obreros del ideal inmortal del Socialismo”. ¿? |
O anarquista e xornalista Ricardo Mella y Cea (Vigo; ibídem 1861). |
O escritor e historiador Benigno Teijeiro Martínez (Paraná, Argentina; 1846 Ortigueira). |
Publicacións
Galegas
Álvaro María de las Casas: colabora en “A Nosa Terra”. No nº 214 figura o poema “Penedos”. No 215 “A campana choca”.
Amador Iglesias Soto: Albores de un astro. (Asinada como Asslegi Toiso).
Antonio Couceiro Freijomil: Lóstregos. Con prólogo en verso de Francisco Álvarez de Nóvoa. Ampliados publicáronse no diario ourensán “Galicia” co título de Do meu feixe.
Antonio Noriega Varela: “Aquela que me namora…” poema en “A Nosa Terra” nº 214. No 215 “Do tempo dos caciques”.
Ánxel del Castillo López: A dona das torres (Nº 12 da Colec. Lar. 22/08).No nº 215 de “A Nosa Terra”: “¡Santiago benditiño…!
Bernardo Bermúdez Jambrina (¿? A Coruña 1918 Avilés): “Muiñeira”, poema no nº 219 de “A Nosa Terra”.
Blanco Amor publica na primeira páxina de “El Despertar Gallego” o artigo “El ayer, el hoy y el mañana de la colectividad gallega”.O 12 de abril, no suplemento “Los Domingos de La Nación”, asina o artigo “Momento actual de la poesía gallega. Los precursores”. O 17 de maio “Estado actual de la poesía gallega. Segundo momento”, o 28 de xuño “El paisaje gallego” e o 25 de xullo “De la tierra gallega”.
Bouza Brey: Cabalgadas en Salnés (Colec. Lar Nº 15).
Eduardo Blanco Amor: “Momento de la poesía actual gallega” (ensaio en “La Nación”, Argentina).
Eugenio López Aydillo: Los grandes poetas gallegos. Valentín Lamas Carvajal (Madrid).
Evaristo Correa Calderón: Conceición singela d’o ceo (II volume da colección Libredón).
Florencio Vaamonde Lores: Anxélica (Col. Lar. Nº 16).
Francisca Herrera Garrido: Martes de antroido (A Coruña) e A neta da naipeira (no nº 20 de “Nós”). Tamén o ensaio “Rosalía Castro” no Diario Español de Buenos Aires.No nº 215 de “A Nosa Terra”: “Lembranza d’unha invitación agasallosa”.
Gonzalo López Abente: Buserana (Número 11 da colec. Lar. 18/07).
Heraclio Pérez Placer: “Avelaiñas”, no nº208 de “A Nosa Terra”.
Herminia Fariña: “O retorno do gando”, poema no nº 211 de “A Nosa Terra”.
José Rey González: Latexos. Cantigas da terra (Poemario bilingüe. Pontevedra).
Leandro Carré: “Os saltimbanquis”, no nº 210 de “A Nosa Terra”. No 216 “Cinzas”.
Lois Tobío:Aportación ó estudo da historia da pesca da balea nas costas de Galiza.
Luís Amado Carballo: “Os sete poemas do vran”, no nº 215 de “A Nosa Terra”.
Luís G. Vicencio: colabora en “A Nosa Terra”.
M.Magariños Negreira: “Descripzón da regueifa en Negreira” (“A Nosa Terra”, núm. 218).
Manuel Lugrís Freire: “Oración a fala”, no nº 216 de “A Nosa Terra”.
Manuel Magariños Negreira: “Descripzón da regueifa en Negreira”, no nº 218 de “A Nosa Terra”.
Manuel Posse Rodríguez: Paisaxes (portada de Camilo Díaz).
Portela Valladares: colabora en “A Nosa Terra”. No nº 215: “Caminhos de Compostela”.
Ramón Alvariño: colabora en “A Nosa Terra”. No nº 216 “Cousas para nenos”.
Ramón Cabanillas: Estoria do bendito San Amaro (ilustrado por Castelao. Mondariz-Balneario. Edición Lar). Fora publicado no xornal “Galicia” o 1 / 1 / 1925.
Ramón Otero Pedrayo: Pantelas, home libre (novela).En “A Nosa Terra” nº 214. “Nouturnio”, poema.No 218 “A serra da Martiña”.
Ramón Suárez Picallo: Marola (comedia dramática).
Ricardo Frade Giráldez: ¡Vaites!…¡Vaites! (Santiago).
Valentín Lamas Carvajal: “O toque d’óración”, poema en “A Nosa Terra” (nº 209 do 1 de febreiro).
Vicente Risco: O lobo da xente e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (Número 10 da Colec. Lar 4/07).No nº 209 de “A Nosa Terra” “A terra e a evolución humana”.No nº 212: “O hispanismo d’Antonio Sardinha”.No nº 215: “Lembrando os Precursores”.No nº 216: “Estudos sobre o Romantismo”.
Víctor Casas: colabora en “A Nosa Terra”. No núm. 217: “O fútbol e a política”.
Victoriano Taibo: Da vella roseira (Santiago). No nº 211 de “A Nosa Terra”: “É unha coleición de fermosos e orixinás cántigas ateigadas de beleza e pensamento â par que de sabor recial. N’este mesmo número pubricamos algunhas escollidas ao azar que son unha mostra das que contén o libriño que acaba de sair”.
Wenceslao Fernández Flórez: “Grao de sal”, no nº 216 de “A Nosa Terra”.
Xan de Pazos: colabora en “A Nosa Terra”.
Xan Pla Zubiri: colabora en “A Nosa Terra”.
Xoán Xesús González Formoso: Ana María (novela no número 13 da colección Lar).
Xesús Fernández González: Antón Piruleiro (número 7 da colección “Lar”).
Xosé Filgueira Valverde: Os nenos. Ilustrado por L. Pintos e cuberta e contracuberta de Castelao. No nº 219 de “A Nosa Terra” coméntase: “Filgueira Valverde presíntese n-este seu primeiro libro que tera grande éxito como un bon escritor a quen agardan trunfos e loureiros merescidos. O libriño vai adicado aos nenos irlandeses fillos dos mártires das revoltas da illa irmá pol-a sua liberación. A adicatoria e dino introito do notabre libro que está á venda en todal-as librerías”.
O 3 de xaneiro sae á rúa o número 3 da revista “Lar”: O pastor de doña Silvia de Aurelio Ribalta, con portada de Camilo Díaz.
O nº 4, do 17 de xaneiro é a novela de Leandro Carré Alvarellos: Naiciña (portada de Camilo Díaz).
O nº 5 sae o 31 de xaneiro coa novela de Amado Carballo: Os probes de Deus (portada de Camilo Díaz).
O 9 de maio publícase o nº 6 : Martes d’antroido, novela de Francisca Herrera e Garrido (Portada de Camilo Díaz).
O nº 7 é Como son os do grorioso (Antón Piruleiro) de Xesús Fernández e González (Portada de Camilo Díaz) que sae o 23 de maio).
Nº 8 Pantelas, home libre de Ramón Otero Pedrayo (Portada de Camilo Díaz), que sae o 6 de xuño).
Nº 9 A terra chama, novela de Uxío Carré Aldao (Portada de Camilo Díaz) (20 de xuño).
Nº 10 O lobo da xente de Vicente Risco (portada de Camilo Díaz). (4 de xullo).
Nº 11 Buserana de Gonzalo López Abente (portada de Camilo Díaz; 18 de xullo).
Nº 12 A dona das torres de Ánxel del Castillo López (portada de Camilo Díaz, 22 de agosto). Neste número a revista expón:“… Se os nosos lêtores quixeran axudarnos na nosa labor recomendando a pubricación LAR entre as súas amistades, ademais de nos favorecer contribuíndo a afianzar esta nosa querida novela, farían unha obra de cultura, de patriotismo, e asegurarían a vida da pubricación que precisa de todos para se soster e mellorar”.
Nº 13 (setembro): Ana María, novela de Xoán Xesús González (portada de Camilo Díaz).
Nº 14 (outubro): A propia vida novela de Leandro Carré Alvarellos (portada de Camilo Díaz).
Nº 15 (novembro): Cabalgadas en Salnés, novela de F. Bouza Brey (portada de Camilo Díaz). Neste número celebran o primeiro aniversario:“E non é sô a pubricación popular de noveliñas LAR o froito das nosas actividades e quereres; o rexurdimento da revista NÓS, a Biblioteca do Seminario de Estudos Galegos, e outras pubricacións de poesías, novelas, teatro, dos mellores escritores galegos, en tomiños axeitados, encomezaron a sair tamén do noso esforzo en pro das letras galegas”.
Nº 16: Anxélica, novela de Florencio Vaamonde (portada de Camilo Díaz).
No nº 212 de “A Nosa Terra”, (“revisado pol-a censura militar”), recóllese en primeira páxina: “Intereses galegos. As carnes conxeadas”: “ A riqueza gandeira galega nunca foi tan feramente ameazada coma agora, coa importación das carnes conxeadas procedentes da Arxentina [,,,] O gando galego merez a mesma proteución que poida merecere calquera industria de calesquer rexión hispánica…”.No nº 213 de “A Nosa Terra” recóllese de Enrique Labarta Pose “Revista d’unha corrida de ¿touros? n-a vila de Noya feita por un labrego” do seu libro de1889 Bálsamo de Fierabrás.O nº 215 está “revisado pol-a censura do Goberno civil” e indícase que “dende éste número, A Nosa Terra tírase na imprensa propiedade da editorial Lar.No nº 219 na sección “Coversas filolóxicas” coméntase: ·”Algúns escritores e xornalistas deron en usar o i como conxunción en troques do e. Notamos que son xeneralmente aqueles que lle dan pouca importancia â pureza do idioma ou os que pretenden chegar axiña ao cume e non se deteñen para estudar o preciso a fin de non estragar a fala mais ainda do que xa está por influencias estrañas metidas â forza no miolo das nosas xentes da campía…”.
Relativas a Galicia
Aparece na Coruña a revista mensual “Domecq en Galicia” (1928).
O 22 de agosto aparece en Buenos Aires a revista “Alborada. Órgano de la Asociación Benéfica Cultural del partido de Corcubión”.
O 25 de maio fúndase en Vigo “Vida Céltiga”, subtitulada “Revista semanal gráfica-literario-informativa”. Nesta revista, asina Teixeira de Pascoaes o poema en portugués “No aniversario da rula do Sar”, como homenaxe a Rosalía de Castro. Desaparece o 3 de agosto.
En Sada ve a luz a revista quincenal ilustrada “Mariñana”, dirixida por Eduardo García Ramos.No nº 219 de “A Nosa Terra” (1 de nadal), dise: “A revistiña sadense “Mariñana” apareceunos agora contraria â fala galega. Sempre as persoas que saen do mais baixo son as que mais empeño teñen en aparentar distinción na maneira de falar, e por eso odian a sua propia fala que lles lembra a homildanza do seu orixe ou que, coidan eles, fai que os demais os consideren pol-o que pretenden deixar de ser”.
O número de xullo da revista “Centro Gallego” do Centro Galego de Montevideo recolle unha conferencia de Juana de Ibarbourou sobre Rosalía de Castro.
A portada do nº 6 da revista de Coimbra “Tríptico” está debuxada por Álvaro Cebreiro.
Álvaro de las Casas: Sol de media noche (Ourense) e La ciudad de las sonrisas (Ourense).
Eladio Puga Rodríguez: Visita na terra (León).
Evaristo Correa: El arte racial de Suárez Couto (Lugo).
Gerardo Doval: Un problema nacional. Los foros en Galicia. Una fórmula equitativa para su total liberación.
José Devolx y García: Nuevas poesías (Madrid).
Juan Dantín Cereceda: Distribución geográfica de la población en Galicia (Madrid).
Juan González del Valle: Valentín Lamas Carvajal. Colección de poesías en gallego (A Coruña).
Juan Tizón Herreros: Espiando al diablo (Dez relatos).
Pablo Pérez Costanti: Notas viejas galicianas (Vigo).
Primitivo Rodríguez Sanjurjo: Errores de la actual división de España y fundamentos geográficos para una nueva división en provincias.
Salvador García-Bodaño Fernández: Páginas de mi vida (A Coruña).
Xoán Xesús González: Hacia una morfología de la vida gallega (Santiago).
Acontecementos
Castelao e Losada Diéguez crean a Coral Polifónica en Pontevedra.
Rafael Dieste deixa o “Galicia” e incorpórase á redacción de “El Pueblo Gallego”.
Suspensión gubernativa do xornal “Galicia” de Vigo.
Amado Carballo enferma de tuberculose.
Laxeiro regresa de Cuba á súa aldea, onde traballará de barbeiro.
Xaime Prada ilustra as páxinas de “Céltiga” de Buenos Aires.
Cándido Fernández Mazas colabora nas páxinas de “La zarpa” con caricaturas e debuxos.
Fúndase o Banco Pastor por iniciativa de Ricardo Rodríguez Pastor e Pedro Barrié de la Maza.
O 7, 8 e 9 de outubro, celébrase en Lugo o “I Congreso de Economía Gallega”, promovido polo alcalde Eduardo Rosón.
O 28 de agosto remata a primeira viaxe da fotógrafa Ruth Matilda Anderson a Galicia. O 14 de novembro regresaría acompañada da tamén fotógrafa Frances Spalding percorrendo Galicia ata o 31 de maio de 1926.
Ten lugar o Primeiro Congreso das Nacionalidades Europeas que ten por obxectivo o dereito á autonomía e ao desenvolvemento cultural das nacións sen Estado e das minorías nacionais europeas, sempre desde o respecto ás fronteiras estatais. A primeira participación efectiva dunha delegación galega tivo lugar en 1933, en Berna, coa intervención de Plácido Castro.
Estréase na Argentina a comedia dramática de Ramón Suárez Picallo Marola.
O 28 de xaneiro estréase no Teatro da Zarzuela en Madrid La casa de la Troya, película baseada na novela de Pérez Lugín do mesmo nome. Lugín sería o director artístico e Manuel Noriega o director escénico. Colaborou o empresario asturiano Antonio Moriyón .
Premios
Epistolario
O 21 de maio Vicente Risco escríbelle a Enrique Peinador, dicindo: “Apelando ós teus sentimentos que compartes connosco, a prol da nosa Terra e da nosa cultura, quixeramos saber si podemos contar co teu apoio económico, e tamén de camiño, se ti, antre as túas amistades, nos podías proporcionar algún outro que se comprometera por un ano”. A resposta de Peinador foi decontado, entregándolle diñeiro e procurando anunciantes.
Sumarios
Nós. Boletín Mensual da Cultura Galega.
Nº 20 ( 15 de agosto). R. Cabanillas: As pombas do perdón. Portela Valladares: A vida intensa. Francisca Herrera Garrido: A neta da naipeira. Florentino L. Cuevillas: A Edade do Ferro na Galiza (proseguimento): As fontes pr’o estudo da protohistoria galega. Quod nihil scitur (continuación); tradución de Xan Aznar Ponte. Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: Contos. Os homes, os feitos, as verbas.
Nós Nº 21 (15 de setembro).
Marqués de Figueroa: Falares miñoto.
Armando Cotarelo: Un romance galego.
Xosé Filgueira Valverde: Cantigas d’El Rei Sabio localizadas en Galicia. San Ero d’Armenteira.
F. Bouza Brey: Do arte popular galego e de unha das súas manifestazóns.
Florentino López Cuevillas: A Edade do Ferro en Galiza (proseguimento).
Quod nihil scitur (continuación). Tradución de Xan Aznar Ponte.
Augusto María Casas: Panteismo.
Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas
Nós. Nº 22 (15 de outubro).
Amador Villar Amor: O derradeiro galán.
Xosé Filgueira Valverde: San Ero d’Armenteira (proseguimento).
Lois Tobío Fernández: Unhas moedas castelás atopadas no Valadouro.
Florentino L. Cuevillas: A Edade do Ferro en Galiza (proseguimento).
Quod nihil scitur (continuación), tradución de Xan Aznar Ponte.
Archivo Filolóxico e Etnolóxico de Galiza.
Os homes, os feitos, as verbas.
Nós. Nº 23 (15 de novembro).Antonio Couceiro Freixomil: Cantares.
Ramón Otero Pedrayo: Os poetas atlánticos.
Xosé Pena Pena: A ponte de Vidán. O Congreso d’Economía Galega en Lugo. Florentino L. Cuevillas: A Edade do Ferro na Galiza (proseguimento). Quod nihil scitur (continuación), tradución de Xan Aznar Ponte. Archivo Filolóxico e Etnográfixo de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas.
Nós Nº 24 (15 de decembro).Álvaro María de las Casas: Soneto. Leandro Carré: A regueifa. Antonio Couceiro Freixomil: Sobre o emprego do apóstrofo.
Florentino L. Cuevillas: A Edade do Ferro na Galiza. Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza.
Os homes, os feitos, as verbas.
Outras culturas
PREMIO NOBEL DE LITERATURA GEORGE BERNARD SHAW
Nacen:Arnaldo França (Praia, Cabo Verde; ibídem 2015).Bento Gonçalves da Cruz(Peirezes, Montalegre; 2015 Porto).Daniel Filipe (Ilha de Boavista, Cabo Verde; 1964 Cabo Verde).Isabel da Nóbrega (Maria Isabel Guerra Bastos Gonçalves) (Lisboa).Jaime Salazar Sampaio (Lisboa; ibídem 2010).José Cardoso Pires (Saõ João do Peso; 1998 Lisboa).Luís Filipe Lindley Cintra (Lisboa; 1991 Sesimbra).Luiz Pacheco (Lisboa; 2008 Montijo).Manuela Margarido (Cabo Verde; 2007 Lisboa).Maria Helena da Rocha Pereira (Cedofeita; 2017 Porto).Rubem Fonseca (Juiz de Fora, Minas Gerais; 2020 Río de Janeiro).
Francesc Candel (Casas Altas, Racó d’Ademús; 2007 Barcelona).Josep Maria Llompart de la Peña (Ciutat de Mallorca; 1993).Maria Beneyto i Cuñat (Valencia; ibídem 2011).
Ana María Matute (Barcelona; ibídem 2014).Ángel González (Oviedo; 2008 Madrid).Armando López Salinas (Madrid; ibídem 2014).Carmen Martín Gaite (Salamanca; 2000 Madrid).Ignacio Aldecoa Isasi (1969 Madrid).José Antonio Llardent (Oeiras, Portugal; 1987 Madrid).José María Rodríguez Méndez (Madrid; 2009 Aranjuez).José Ruibal (Xeve, Pontevedra; 1999 Cuenca).Luis Riaza (Madrid; ibídem 2017).
Carlos Castaneda (Carlos César Salvador Arana Castañeda) (Cajamarca, Perú; 1998 Los Ángeles, EEUU).Emilio Carballido (Córdoba, México; 2008).Enrique Buenaventura (Cali, Colombia; ibídem 2003).Ernesto Cardenal (Granada, Nicaragua; 2020 Managua).Haroldo Conti (Chacabuco, Argentina; 1976 Lista de desaparecidos da ditadura militar en Buenos Aires).Horacio Armani (Trenel, La Pampa; 2013 Buenos Aires).Rosario Castellanos (Ciudad de México; 1974 Tel Aviv).Luis Spota (Ciudad de México; ibídem 1985).
Alain Decaux (Lille; 2016 París).Andrea Camilleri (Porto Empedocle, Sicilia; 2019 Roma).Gerard Durrel (A India; 1995).Gore Vidal (New York; 2012 Los Ängeles).Harry Harrison (Stamford; 2012).James Salter (New York; 2015).William Styron (Virxinia, EEUU; 2006).Yukio Mishima (Kimitake Hiraoka ) (Tokio; 1970).Zygmunt Bauman (Poznan, Polonia; 2017 Leeds).
Co número de febreiro, o 5, remata a publicación da revista “Athena”.O 17 de marzo falece en Lisboa a nai de Fernando Pessoa.Alberto Pimentel: A açucena de ouro.Antero de Figueiredo: D. Sebastião: rei de Portugal 1554-1578.António Botto: Piquenas Esculturas.António de Cértima: Volúpia do Mar e Legenda Dolorosa do Soldado Desconhecido de África.António Ferro: Mar alto (teatro).António Sardinha: Ao Ritmo da Ampulheta e A Aliança Peninsular.Carlos Malheiro Dias: Exortação à mocidade.Eça de Queirós (1845-1900): A Capital; O Conde de Abranhos e Alves & Cª .“No largo, a manhá resplandecia. Depois dos dias de chuva, aquele sol delicioso dava á cidade a alegria dum renascimento: até dois moços que num patio lavavam uma carruagem a baldes de água e os galegos que palravam à beira do chafariz, pareciam tão satisfeitos como os canários que gorjeavam nas janelas” (A capital).Fernanda de Castro: Mariazinha em África.Fialho de Almeida: Vida errante.Francisco Costa: Verbo austero.João Albasini (Mozambique): O livro da dor (Libro fundador da literatura mozambicana).Mário Saa: A Invasão dos Judeus (Pessoa é un dos personaxes analizados).Menotti del Picchia (Brasil): Chuva de pedra (poesía).Miguel Torga regresa a Portugal do Brasil onde estava emigrado.Oswald de Andrade (Brasil): Pau-Brasil (poesía).Raul Proença: Guia de Portugal I.Teixeira de Pascoaes: Sonetos. No nº 209 de “A Nosa Terra” figuran os poemas “A Galiza”, dedicado a Ramón Cabanillas e “A Rosalía de Castro”.Tomaz da Fonseca: Erro de origem. Transformismo religioso.
Francesc Trabal: L‘any que ve.Joan Salvat-Papasseit: (1894-1924): Óssa Menor (poemas).Joaquim Ruyra: Les coses benignes.Josep Carner: El cor quiet (poemas) e Les bonhomies (artigos e contos).Josep Maria de Sagarra: Cançons de totes les hores (poemas).Josep Maria López-Picó: Elegia.Josep Pla: Coses vistes. (Experiencias de viaxes e reflexións) e Russia.Josep Sebastià Pons: Cante- perdiu (poemas coa tradución francesa).Martí Genís i Aguilar: Records i contes.Miquel Llor: Història gris.Pau Vila i Dinarès: Assaig de geografia humana de la muntanya.Prudenci Bertrana: Jo! Memòries d‘un metge filòsof.
Polémica entre as vangardas pola aparición do surrealismo.
Américo Castro: El pensamiento de Cervantes.Azorín: Doña Inés.Dámaso Alonso: El viento y el verso.Gabriel Miró: El obispo leproso.Guillermo de Torre publica en Madrid Literaturas europeas de vanguardia.Miguel de Unamuno: La agonía del cristianismo e De Fuerteventura a París.Ortega y Gasset: La deshumanización del arte.Valle-Inclán: No nº 208 de A Nosa Terra” (1 de xaneiro), figura o poema “Cantigas de vellos”.
Borges: Luna de enfrente (poesía) e Inquisiciones.Carlos Pellicer: México (poemas).Eduardo Mallea: Cuentos para una inglesa desesperada.Gabriela Mistral: Ternura (poesía).Huidobro: Manifestes; Automne régulier e Tout à coup.José Gorostiza: Canciones para cantar en las barcas.Oliverio Girondo: Calcomanías.Pablo Neruda: Tentativa del hombre infinito (poesía).Salvador Novo: XX poemas.
André Gide: Les faux-monnayeurs.Boris Pasternak: Relatos.Eugene O’Neill: Desire under the elms (teatro) e The great god Brown (teatro).Eugenio Montale: Ossi di seppia (poesía).Ezra Pound: Cantos (16 primeiros).Franz Kafka (1883-1924) : O proceso.Iván Bunin: O amor de Mitia.John Dos Passos: Manhattan Transfer (Traducido ao galego por Mercedes Pacheco Vázquez para Sotelo Blanco no 2005).Liam O’Flaherty: The informer (O delator).Lu-Yin: Haibin guren.Marcel Proust: Albertine disparue (pertencente a A la recherche du temps perdu).Virginia Woolf: A señora Dalloway.
Morren:
Alberto Pimentel (Alberto António Sardinha (Elvas; 1888 Monforte, Alentejo).Augusto de Almeida Pimentel) (Queluz; 1849 Cedofeita).Carolina Michaëlis de Vasconcelos (Porto; 1851 Berlín).No nº 219 de “A Nosa Terra”: “Non afecta sô a Portugal a morte da eminente filóloga, senon que Galicia sofre tamén unha grande perda, porque os estudos predileitos da notabre crítica eran os das linguas e literaturas romance que por igual interesan aos dous pobos irmans…”.
Alonso Quesada (Rafael Romero Quesada) (Las Palmas de Gran Canaria; ibídem 1885).