Diferenzas entre revisións de «1968»
(→Nacementos/Pasamentos) |
(→Nacementos/Pasamentos) |
||
Liña 11: | Liña 11: | ||
||'''Literatura''' | ||'''Literatura''' | ||
|- | |- | ||
− | || | + | ||Ánxela Gracián (Ánxela Rodríguez Rodríguez); (San Paio de Arcos, Castroverde). |
|- | |- | ||
||Beatriz Quintela (A Coruña). | ||Beatriz Quintela (A Coruña). |
Revisión como estaba o 14 de outubro de 2022 ás 11:02
Índice
Cultura galega
Día das Letras Galegas
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos |
---|
Literatura |
Fernando Pérez Barreiro (Ferrol; 1896 Viveiro). |
Manuel Posse Rodríguez (Santiago de Compostela; 1892 Vilariño, Val do Dubra). |
Ramón González-Alegre Bálgoma (Vigo; 1920 Vilafranca do Bierzo). |
Outros |
O músico Mauricio Farto López (1909 A Coruña). |
Ramón Menéndez Pidal (Madrid; 1869 A Coruña. |
O produtor cinematográfico Cesáreo González Rodríguez (Madrid; 1903 Vigo). |
O doutor Antón Beiras García (Vigo; 1915 Santiago de Compostela). No seu enterro proferiu a homilía o Padre Xaime Seixas: “Amaba o idioma galego non solo por ser o seu, senón por ser a linguaxe habitual do pobo: do pobo traballador, do pobo labrego, do pobo mariñeiro”; […] “E deste xeito tamén nosoutros rexurdiremos con Cristo e con Antón Beiras e coa Galiza santa e coa clase obreira do mundo e coa raza negra asoballada”. Segundo Alonso Montero (“O Padre Seixas, orador proletario”; La Voz de Galicia, 16 de xaneiro de 2014), “Ninguén desde un púlpito católico en España, emitía signos máis solidarios cos “pobres do mundo” e ninguén en Galicia, na prédica eclesiástica, ao referirse ao idioma galego (un idioma de clase), consideraba un timbre de gloria “ser a lingua habitual do pobo traballador, do pobo labrego, do pobo mariñeiro”. No nº 509 de “A Nosa Terra” dise sobre Antón Beiras: “En galego falaba a cotío, e mesmo os traballos científicos apresentados nos congresos internacionais de oftalmoloxía, eran redaitados en galego que, a sua vez eran verquidos ó francés, inglés e alemán, ás lingoas oficiais dos mesmos. Foi un home que vivíu a sua vida cun enxebre estilo galego con orguleza e diñidade exemplar. Afervoado patriota, amaba ó seu povo e coele particinpaba nos degaros democráticos e de liberdade da nación galega”. |
Publicacións
Galegas
- Abelardo Santorum Alonso : Via Crucis en lingua galega.
- Alfredo Conde : Mencer de lúas (Galaxia, Vigo).
- Antonio Prado Díaz : Suspiros da i-alma.
- Arcadio López Casanova : Retratos pra tempos de pouca luz e Homenaxe a Otero Pedraio.
- Avelino Pousa Antelo : Cooperativa de esplotación comunitaria pra unha parroquia rural.
- Bernardino Graña : O futuro do teatro galego (ensaio).
- Carlos Casares : A galiña azul (Edit. Galaxia. Gaña a primeira edición do concurso de contos infantís da Asociación Cultural “O Facho” 1967. “Grial” nº 23, páx. 126).
- Celso Emilio Ferreiro : Viaxe ao país dos ananos (Col. El Bardo. Barcelona. Libro bilingüe con limiar e tradución ao castelán de Alonso Montero).En carta de maio de 1969 escribe a Neira Vilas: “Según me informa Xesús Alonso e o propio Batlló, o libro estase vendendo moi ben; somente en Galicia van 600 exemprares, o cual resulta verdadeiramente solprendente. A crítica ten sido moi favorabel; saíron cousas en Madrid, Barcelona e …Valladolid. En Galicia, salvo un artigo de Torneiro na Voz da Cruña, silencio absoluto. Manuel María mandou un comentario ao Progreso de Lugo e devolvéronllo “por exceso de original”. A min non me estrana esta actitude cerril de algunhos compatriotas nosos, entregados ou vendidos ao franquismo como Cunqueiro, etc. O que sí me estrana é a posición dos galeguistas de Galaxia, Piñeiro, del Riego, Sabell, etc, que levados do seu fedorento “anticomunismo” son capaces de chegar as mais noxentas vilezas: silenciar, calumniar, delatar… (…) Iste desafogo, amigo Neira, non é produito do que a min poida pasarme con iles persoalmente, sinon que é fillo das cabronadas que ao longo de istes anos nos veñen facendo aos progresistas, a quens non nos poden perdoar que lle teñamos arrabatada a bandeira do galeguismo que iles pretendían poseer en escrusiva. A creación e nacimento da Unión do Pobo Galego rematou de poñelos tolos”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).
Cantigas de escarnio e maldecir (baixo o pseudónimo de "Arístides Silveira". Nós. Caracas). No libro de Xosé Cid Cabido Seoane. Unha fotobiografía (Xerais 1994) Neira Vilas conta o seguinte: “As posicións de Ferreiro provocan encabuxamento na xente. Seoane non está de acordo na xeneralización do dos ananos. Caracas non é Bos Aires. Cando Paco del Riego vai falar a unha sociedade dominada por franquistas, Ferreiro chámalle Paco del Miedo.. A mediado dos 60 fusiónanse Lar Galego e Casa de Galicia. Esa fusión leva a Ferreiro para alá e dirixe Irmandade Galega, logo bótano e triunfa a directiva franquista. Del Riego, trala fusión non podía ir a outra sociedade, era a que había. Aí é cando Celso inventa o seudónimo Arístides Silveira, Paco Pixiñas… Seoane, por lealdade con Del Riego, non pode aturar iso”.
A actitude de Celso Emilio Ferreiro sobre a emigración cambia con respecto á expresada en 1959 (“Carta a Fuco Buxán”):“A xeito de S.O.S. / falo na madrugada: / pechai tódalas portas / e que xa ninguén saia”.(Viaxe ao país dos ananos).
Con data de 8 de xaneiro de 1969, Celso Emilio escribe a Neira Vilas: “Nestes días saiu en España o meu Viaxe ao país dos ananos (…) O libro saiu mutilado pola censura. Suprimiron catro poemas compretos, e varios versos de outros, sobro de todo do dedicado ao Che Guevara. De tódolos xeitos coido que será ben acollido. (…) Nestes días mandei para a coleición Val de Lemos, que en Monforte patronea Manuel María, un libriño titulado Terra de ningures. Nel vai o poema que me premiaron nos “Xogos Froraes” de Buenos Aires, mais outros dazaseis poemas, mais ben cantigas nas que gloso canciós e decires de estas terras americáns”. (O poema que obtivo a Flor Natural e o Primeiro Premio foi “Miña patria galega”). (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).
Colabora en galego na revista editada en Canadá “Si la píldora bien supiera no la doraran por defuera. Revista exterior de poesía hispana”.
- Eduardo Blanco Amor : Poemas del Ángel. Blanco Amor pretendía que a edición definitiva de A esmorga en Galicia fose en Edicións Castrelos: En carta de 8 de abril escribe a Emilio Álvarez Blázquez: “Querido Emilio: Estuve ayer 3 horas en Vigo. No conseguí verte. (…) Iba para proponerte la reedición de A esmorga. Me parece que sería comercialmente oportuna, aquí y allá…”. Porén, noutra carta de 4 de xuño de 1970 indícalle: “A esmorga fue escrita para Galaxia, como tú sabes; a esa editorial le debo la publicación de mi primer libro en este mi relativo país… Sólo cuando me persuada, a conciencia, de que no es posible publicarlo bajo ese sello, dispondré otra cosa”. En carta de 13 de xuño de 1970, Emilio Álvarez Blázquez lémbralle a Blanco Amor este cambio de opinión: “… y no quiero que veas en el tono, mas bien burocrático, de esta carta, ninguna acritud. Es cierto que, en base a tu ofrecimiento, habíamos puesto ilusión en la obra, que ahora se desvanece, pero, como tú bien dices, no faltarán otros libros para hacer con nosotros”. (En “Grial” nº 184).
- Enrique Labarta Pose (1863-1925): O tío Miseria e outros contos.
- Eugenio Vázquez Gundín : Os meus cantares.
- Francisco Delgado Rodríguez : O neno mentirán e o lobo (Vigo).
- Javier Montero Mejuto : Voo de inquedanzas.
- Jesús Taboada Chivite : Guía de Monterrey (Edicións Castrelos. “Grial” nº 23, páx. 127).
- Laureano Prieto Rodríguez : Contos pra nenos (Galaxia. “Grial” nº 20, páx. 238).
- Lois Diéguez : Canciós pra un agromar branco e azul (Monforte) e A torre de Babel (novela. Galaxia. “Grial” nº 22, páx. 496).
- Luis Iglesias de Souza : Terras, xentes e cousas.
- Manuel Casado Nieto fai a versión galega de O Libro de Xob, O Eclesiastés e A Cantiga das Cantigas. (Centro Galego de Barcelona. “Grial” nº 20, páx. 239. Sobre estas traducións comenta o seguinte Ramón Piñeiro en carta a Basilio Losada de 1 de xaneiro: “Elas foron as que diron lugar á profunda xenreira que lle ten o autor a Galaxia. porque llas ofreceu a Paco del Riego nunha ocasión en que foi ahí dar unha conferencia e como Paco lle dixo que había algunhas dificultades o home ofendeuse. I o chocante é que, por ter aparecido nos xornás a noticia de que tales traducións serían publicadas por Galaxia, o Aquilino Iglesia Alvariño paroume un día na Rúa do Vilar (…) e con unha indiñación que semellaba moi profunda e sinceira, díxome “que non tiñamos direito a facer semellante cousa por canto, quéirase ou non, Galaxia representa hoxe á cultura galega e non pode respaldar traducións tan irresponsables como esas de Casado Nieto (…) Ou seña, non publicándoas incurríamos na xenreira ofendida do Casado, e publicándoas, na xenreira non menos ofendida do Aquilino. Por eso me alegro moito de que salian dunha vez, pois mentres permanecesen inéditas serían un perigro de novas xenreiras…”.
- Manuel María Fernández Teixeiro : Noticia da vida e poesía de Xosé Crecente Vega (Facultade de Letras de Coimbra. “Grial” nº 21, páx. 374); Proba documental (Colección Val de Lemos); Os soños na gaiola (Cartonajes Anmi. Lugo. “Grial” nº 24, páx. 256) e Barriga verde (farsa para monicreques, na editorial Castrelos).
- Manuel Rodríguez López : Poemas populares galegos. Edit. Celta, Lugo
- Miguel González Garcés : Poema ao meu lar.
- Pura Vázquez : Versos pra os nenos da aldea.
- Ramón González-Alegre Bálgoma : Teatro galego (5 pezas: “Farsa dos veciños”, “Un lóstrego na noite”, “Xoán Santín”, “Farsa de Xohana de Avignon” e o “Auto do virapé”). (Edicións A. B. “Grial” nº 20, páx. 244).
- Ramón María Blanco González : Dor e saudade.
- Reimundo Patiño : Castrelo de Miño.
- Valentín Paz-Andrade : Sementeira do vento (Galaxia. Colec. Salnés. “Grial” nº 22, páx. 498). Con data do 08/12/1974 recibe carta de Paulo Rónai :
“Acabo de receber a sua gentil e valiosa remessa. Ao percorrer maravilhado os poemas de Sementeira do vento, tive a revelação visual de um poeta autêntico e de uma nova língua, que me deu o desejo de um dia ouvir os seus versos ditos pela sua voz. Obrigado também pelo seu estudo La Anunciación de Valle-Inclán e pelo exemplar de Tirano Banderas, que serão leituras minhas nas próximas férias de verão”. (Consello da Cultura Galega).
- Vicente Risco (1884-1963): Orden y caos (Editora Prensa Española. Madrid).
- Vicente Vázquez Diéguez : As ponlas baixas (Limiar de Raimundo Patiño. Galaxia. “Grial” nº 21, páx. 371).
- Xesús Alonso Montero : Lengua y estilo de Curros Enríquez (en su poesía gallega) (Ediciós Celta. Lugo. “Grial” nº 22, páx. 504) e Realismo y conciencia crítica en la literatura gallega (Edit. Ciencia Nueva. Barcelona. “Grial” nº 24, páx. 249). Con data de 28 de marzo de 1969 escríbelle dende Albacete Isaac Alonso Estravís: "Devorei o seu libro Realismo y conciencia crítica en la literatura gallega. Admiro os seus atinados xuicios encol dos nosos escritores e o canle polo que debía percorrer a nosa literatura. Cicais non estea de acordo con certas matizacións sobre a relixiosidade dos nosos poetas: Curros e Rosalía. A relixión cristiana, a que Cristo predicou, non a que ensine este ou aquel crego, parte do home e do home concreto, indígnase contra todo aquelo que perxudica ao home e ennobréceo dándolle o posto que merece na creación. Por eso pra min Curros é relixioso, sigue sendo incluso relixioso nos intres en que coida refugar a relixión. Hai que ter presente que el parte da fidelidade a si mesmo e da fidelidade ao home, camiño indispensable para chegar a Deus. Cando semella atacar a relixión, ataca apariencias de relixión, deformacións de relixión, non a relixión. Coido ademais que non se pode xulgar por un poema a relixiosidade ou non relixiosidade do autor. O poeta ten que expresar a súa vivencia interna da mesma. E nesa vivencia nosa hai sombras, veñen dúbidas, hai inseguridades que si se expresa simplemente ese estado e non a reacción adoptada ante o mesmo, podemos caír nun erro ao querer xulgar o seu interior. Hai que ter presente que endeica que o home relixioso chegue a ver con claridade do morcego na noite pecha hai moito camiño que seguir. Perdoe esta pequena aclaración que fago ao seu libro que considero moi interesantísimo". (Xesús Alonso Montero: Dicionario da nova literatura galega. (86 voces responden un inquérito, 1969). 2021 Xerais.
Tamén en 1969 lle escribe Carlos Martínez Alonso, acompañando a resposta á enquisa que lle envía Xesús Alonso Montero: "Leín a súa obra Realismo y conciencia crítica en la literatura gallega, é un libro moi bon, penso que é nesta liña onde, en compromiso i-enteiramente vencellada ó pobo, a cultura galega atopará o seu canle maior e máis perfecto de espresión".(Xesús Alonso Montero: Dicionario da nova literatura galega. (86 voces responden un inquérito, 1969). 2021 Xerais.
- Xohana Torres : Un hotel de primeira sobre o río (teatro. Premio Castelao 1966. Galaxia. “Grial” nº 26, páx. 507).
- Xosé Isorna Ferreirós : Galicia ¿podes? (Pontevedra).
- Xosé María Álvarez Blázquez : Escolma de epigramas.
- Xosé Neira Vilas : Historias de emigrantes (Ediciós do Patronato da Cultura Galega. Montevideo. Luís Seoane fixo as ilustracións e o limiar. “Grial” nº 25, páx. 386).O 2 de agosto, Xesús Canabal escribe a Neira Vilas: “Xa fai días que chegou as miñas mans o rixinal do teu livro Historias de emigrantes (…) Chegou no intre que estabamos preparando as XIII xornadas da Cultura Galega e polo tanto a Feira do Livro Galego editado en América, que por certo foi todo un eisito (…) Pecháronse onte coa conferencia de Celso Emilio Ferreiro, que veu dende Caracas para preparar os Xogos Froraes do idioma galego que se farán en BS. Aires no mes de Setembre”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).
O 16 de febreiro de 1969 en carta de Basilio Losada a Ramón Piñeiro comenta: “Tamén recibín un libro de contos de Neira Vilas editado en Montevideo. No limiar, Seoane fai un ataque corto e ferinte, moi direitamente dirixido a Cunqueiro –por quen xa sabía que ten unha vella xenreira- e aos que colaboráchedes no volume adicado a La Saudade. Esto sorprendeume máis, pois nas dúas semáns que pasou en Barcelona sempre me tiña falado de Galaxia e das súas xentes –especialmente de García-Sabell- cunha actitude de respeto e admiración. Os contos de Neira Vilas son moi bos”.
Con data de 17 de decembro de 1969, escríbelle Celso Emilio dende Caracas: “Remato de leer Historias de emigrantes (…) Coido que o mérito meirande dos seus relatos é, percisamente, iste: que vostede sabe alumear, con moito arte, un intre da vida do persoaxe, pro non coma un feito que romata en sí mesmo, con principio e fin, sinon coma algo que comenza e que, misteriosamente, desváese na escuridade. Cada un dos seus relatos poidera ser un óptimo comenzo de novela”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).
O 26 de agosto de 1969 escríbelle Núñez Búa dende La Plata: “Historias de emigrantes ten, para os que andamos con ollar i-ouvidos espertos tripando nos eidos alleos, un realismo tan certo, tan existencial coma ninguén acadou na literatura galega. O teu galego é o da mellor enxebreza que se ten dado na nosa literatura”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 346).
Con data de 7 de marzo de 1970, Salvador Espriu escribe a Neira Vilas: “(…) A muller de ferro y el conjunto de las bellísimas Historias de emigrantes: en total treinta y nueve lecciones del muy difícil arte de contar con eficacia y acierto absoluto. Su gallego, normativo, espléndido. Muy bien las ilustraciones de Posadas y Seoane, y el prólogo de este”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).
Aparece a primeira edición feita en Galicia de Memorias dun neno labrego (Buenos Aires 1961), con prólogo de Alonso Montero e ilustracións de Díaz Pardo en Ediciós do Castro.
Como separata da revista “Papeles de Son Armadans”, 150, setembro, aparece Bágoas e outros poemas, dez composicións publicadas por Neira Vilas nese número da revista.
- Xosé Luís Franco Grande : Diccionario galego-castelán e vocabulario castelán-galego (Edit. Galaxia. Vigo). “Grial” nº 23, páx. 123).
- Xosé Ramón e Fernández Oxea : Santa Marta de Moreiras. Monografía dunha parroquia ourensán (1925-1935) (Edicións Castrelos de Vigo, baixo o patrocinio de Editorial As Burgas de Buenos Aires. “Grial” nº 24, páx. 255 Prólogo de Florentino López Cuevillas: “Pra un home do noso país que teña amor ó seu a leitura deste libro ten que constituir un pracer eistraordinario. O pracer de respirar os aires da aldea, de ouvir a zunida do vento antre as follas do millo, de escoitalas voces dos rapaces que tanguen o gando, e após diste pracer, deitará as bágoas da despedida a un mundo benquerido, que se vai pra sempre”.
Traduce ao galego cartas do periodista belga Prosper Henri-Devos: Cartas de Galicia Galaxia. “Grial” nº 22, páx. 507).
O 19 de xaneiro, Ben-Cho-Shey escríbe a Neira Vilas: “Atergo co que di da poesía teño que comunicar que fai un mes deuse por primeira vez o Premio Nacional de poesía “Rosalía de Castro” e déronllo a Xosé Luís Franco Grande. O fallo discutiuse, pro non lle ían dalo a un poeta social. (…) O da miña Santa Marta é moi longo de contar. Despoixas que o Centro Gallego de Buenos Aires acordara pagala edición pasaron cecais dez anos perante os que non foi posibel vencela rémora da burocracia daquela casa. Agora que cambearon os dirixentes non coido que as probabilidás da edición sexan maiores, anque o novo presidente prometeulle a un bon amigo meu que mandarían os cartos. Pro deica agora non chegaron. Así as cousas un grupo de amigos e paisáns de alá encabezados por Alfonso Fernández Prol e Santos Blanco, dixéronme que pagarían iles a edición, mais os cartos non dan chegado. Eu xa perdín toda esperanza de velo pubricado. Agora dime o del Riego que mandaron á imprenta unha traducción que fixera hai tempo das Cartas sobre Galicia, do escritor belga Prosper-Henri Devos, pro, agárrese, a edición terei que a pagar eu (…) Nestes días de vacaciós e a consecuencia de que apareceron en Galicia unha chea de pasquís pedindo liberdade prá nosa terra, houbo unha chea de detenciós, entre elas a de Méndez Ferrín, mais xa os puxeron a todos en liberdade”.Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010.
- A editorial Galaxia edita: Sobre cronología do vocabulário Galego-Português (Anotações ao “Dicionário Etimológico de José Pedro Machado (“Grial” nº 23, páx 115).
- Na colección O Moucho de Edicións Castrelos edítase O soño das caliveras de Quevedo.
Relativas a Galicia
- Álvaro Cunqueiro: Flores del año mil y pico de ave (Edit. Taber. Barcelona. “Grial” nº 23, páx. 120).Traduce ao galego co pseudónimo de M. Mª Seoane un poema do libro de Tomàs Garcés El senyal (1935) co título de “Mensaxe” que está dedicado ao poeta francés Jules Supervielle. Aparece en “Faro de Vigo”o 14 de xullo.
- Aparece o Misal en galego. Os sacerdotes José Morente Torres e Manuel Espiña comparten o “Pedrón de Ouro”.
- No nº 509 de “A Nosa Terra” publícase o artigo “Manifesto de Cregos Galegos”: “Como patriotas galegos celebramos as mañifestacións deste grupo de cregos que co glorioso nome de “Os Irmandiños” toma posicións de xeito tan defiñido diante do problema galego, pois se ben Galiza tivo en todos tempos cregos que illadamente souperon interpretar a nosa realidade nacional – o cura de Fruime, Basilio Álvarez e tantos outros- ese sentimento foi sempre asolagado pol-a aición dos que Castelao definiu tan gráficamente como “prófugos do sacho”.
- Sae en México o derradeiro número da revista “ Vieiros” (Ver 1959).
- Deixa de publicarse a “Revista de Economía de Galicia” (1958).
- Publícase en Bruxelas a antoloxía poética bilingüe Terre d’Espagne / Tierra de España. Le paysage d’Espagne à travers sa poésie con selección e tradución de textos de Françoise Pechère (La Renaissance du livre. Bruxelles). No limiar explica que agrupa os poetas por territorios. O capítulo de Galicia está composto por nove autores e once poemas: Mendiño, Don Denis. Martín Códax, Rosalía de Castro (tres composicións), Fermín Bouza Brey, Iglesia Alvariño, Celso E. Ferreiro, Xosé María Díaz Castro (co poema “Penélope”) e Cesáreo Pardo Esperanza. Segundo Alonso Montero (La Voz de Galicia 21 de setembro de 2013) para a escolla, a profesora belga bebeu en dúas fontes bibliográficas: Floresta lírica española de José Manuel Blecua (1957) para a lírica medieval e na Antologia de la poesía gallega contemporánea (Madrid. Adonais, 1959), de Ramón González Alegre.
- O 28 de abril sae publicado no Faro de Vigo o poema “Ollando a Rosie na fiestra”, de Espriu. A tradución ao galego aparece asinada coas iniciais X. L. Y., posiblemente de Xosé Landeira Yrago, redactor xefe do xornal.
- Isaac Alonso Estravís fai a tradución ao galego de Poppulorum progressio de Paulo VI (SEPT) e de Pacem in Terris de Xoán XXIII (SEPT).
- En Praga, o profesor Zdenek Hampl publica o Diccionario dos escritores ibéricos.
- Publicados en Ediciones Esquema, aparecen El buitre e Una confusión cotidiana de Kafka, con grabados en madeira de Luís Seoane.
- Álvaro Fernández Suárez: La ciénaga inútil (Madrid).
- Anisia Miranda: Lidia tiene un cocuyo (Edit. Gente Nueva); Como entre todos salvaron al chivito (adaptación dun conto de Mijalkov. Ed. Gente Nueva); Conoce a Vietnam (Edic. Jornada Internacional de la Infancia).
- Antonio Bonet Correa: Arquitectura prerrománica asturiana.
- Armando Vázquez Crespo fai a tradución de Camiño de Josemaría Escribá de Balaguer.
- Cándido Viñas Calvo:Presencia y gozo del humorismo gallego (Vigo).
- Carlos Amable Baliñas Fernández: El pensamiento de Amor Ruibal: una revisión de la filosofía a la luz de la correlatividad.(Edit. Nacional. Madrid. “Grial” nº 22, páx. 502).
- Domingo García Sabell: Estudio clínico de la desnutrición (Madrid).
- Enmanuel Anati: Arte rupestre nelle Regioni occidentali della Peninsola Iberica.
- Enrique Chao Espina: Leyendas gallegas (Madrid).
- Eugenio Granell: Lo que sucedió (México).
- Faustino Rey Romero: Teoría esencial de la existencia (Instituto Salesiano de Artes Gráficas. Buenos Aires).
- Gabriel Aresti traduce ao Euskera O catecismo do labrego: Nekazariaren Dotrina. Escribe no prólogo: “O galego foi unha lingua moi importante en épocas xa pasadas, na nosa opinión máis importante que o catalán e o castelán”. En opinión de Karmelo Landa, na aproximación de Aresti a Galicia inflúen dous factores: por unha banda, a admiración cara ao papel desempeñado polo galego como lingua poética durante a Idade Media; por outra, a relación que mantivo cos emigrantes galegos en Bilbao, para resarcilos do desprezo que, ao seu parecer, lles demostraron os vascos. (Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda: “Gabriel Aresti e as letras galegas”; “Grial” nº 223).
- García Sabell: Tres síntomas de Europa (Edit. Revista de Occidente. Madrid. “Grial” nº23, páx. 116).
- Gonzalo Torrente Malvido: Tiempo provisional.
- Henri Nonn: Les Régions côtières de la Galice (Espagne).
- Jaime Ferreiro Alemparte: Antología poética de Rilke.
- José Luis Casas Teixeira: Hay que vivir.
- José Luis Prado Nogueira: El signo (Madrid).
- Juan Naya Pérez: Testimonio de una orientación artística. Cartas cruzadas entre Ovidio Murguía y su padre (Caja de Ahorros-Monte de Piedad de La Coruña y Lugo. A Coruña).
- Julio Martínez Almoyna e Antero Vieira de Lemos: La Lengua española en la Literatura portuguesa (Madrid).
- Kathleen K. Kulp: Manner and Mood in Rosalía de Casto. A Study of Themes and Style (Ediciones José Porrúa Turanzas. Madrid).
- Luis Iglesias de Souza: El aguijón.
- Luís Seoane: Retratos desguello (Ediciós do Castro) e Retratos furtivos (Ed. Brújula. Buenos Aires).
- Manuel Lueiro Rey: Vicente y el otro (publicado en Buenos Aires por problemas coa censura en España).
- Manuel Vilanova Rodríguez: La evolución de la poesía de Rafael Alberti.
- María do Carme Kruckenberg: El nieto de la sirena (relato. Colec. Jordan ; Vigo).
- Miguel González Garcés: La Coruña (Editorial Everest).
- Ramón González-Alegre Bálgoma: Teatro galego (Vigo).
- Víctor Luis Molinari: Rosalía y su mundo poético.
Acontecementos
- Celébrase en Santiago o primeiro Día da Patria Galega.
- O 26 de abril celébrase o recital da Nova Canción Galega na Facultade de Medicina de Santiago, no que actúan Benedicto, Xavier, Guillermo Rojo, Xerardo Moscoso e Vicente Araguas. Días despois, nunha xuntanza no hotel Compostela, nacerá o colectivo de canción social “ Voces Ceibes ” (Xavier, Xerardo Moscoso, Benedicto, Vicente Araguas, Guillermo Rojo, Miro Casabella. No 1971 incorporaríanse Suso Vaamonde e Bibiano Morón. O 1 de decembro ten lugar a presentación do grupo no recital do Cinema Capitol, con presentación do escritor Manuel María, quen semanas máis tarde sería sancionado pola Dirección General de Seguridad con 75 mil pts de multa pola súa intervención noutro acto na Universidade Central.
- Manuel María chega a un acordo para poñer en marcha Edigsa-Xistral. O primeiro disco lanzado foi Manuel María. Poemas ditos coa súa voz (cinco poemas do aínda inédito poemario Remol.
- Impónselle unha multa a Manuel María pola súa participación nun concerto da Nova Canción en Madrid, na Facultade de Ciencias Políticas, “Galicia contra la represión”, no que se deixaron ver pancartas co lema “Viva Galicia, ceibe e socialista”.
- Un recital organizado para o 30 de marzo na Escola de Comercio de Lugo non foi autorizado. Foi o primeiro recital da canción galega prohibido pola autoridade. “Benedicto e Xavier cantaron na miña casa, acompañados por un coro amateur (Emilio Valadé, Manuel María, Saleta, Papis, os meus tres fillos…)” (Xesús Alonso Montero “La Voz de Galicia” 10/01/2009).
- En carta de Manuel María a Neira Vilas (13 de abril), escribe: “Estivemos en Lugo o derradeiro sábado de marzal pra asistir a un recital da “nova canción galega”, que se iba celebrar na Escola de Comercio e que se suspendeu. Trátase de dous rapaces universitarios –un da Cruña, Xavier, i outro compostelán, Benedito- que eu coido que cantan ben. Teñen bastante infruencia de Raimon. De tódolos xeitos está moi ben pra comenzar e supoño que, co tempo, han de atopar a sua propia persoalidade. Os poemas que cantan son de Celso Emilio Ferreiro, Lois Diéguez e letras deles mesmos, cunha intención social e con problemas moi dos nosos días. En Vigo tiveron un gran ésito”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páxina 252).
- Noutra carta datada no 28 de novembro tamén a Neira Vilas escribe: “O domingo pasado estivo eiquí en Monforte, na nosa casa, o xerente de Edigsa co fin de preparar en Compostela pró prósimo domingo a presentación da Nova Canción Galega cun recital dos cantantes no Cine Capitol e cunhas palabras miñas ó comenzo e díxome que che mandara o meu disco. Agora queren grabar outro de Celso Emilio Ferreiro”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páxina 260).
- Na correspondencia entre Basilio Losada a Ramón Piñeiro (23 de maio) dille: “Falei con Martí, de EDIGSA, despois do seu viaxe a Galicia. Pasou un día en Compostela, o 11, i entrevistouse cos rapaces da nova canción galega e mais co Manuel María. A impresión foi bastante pesimista. Díxome que cantan cunha enorme probeza musical e que conviría deixalos facerse un pouco antes de botarse á aventura da promoción discográfica”.
- O 21 de abril, en Ourense, recital a cargo de Xavier e Benedicto, que é presentado por Xesús Alonso Montero.
- O 17 de xullo, en Pontevedra, dentro do “II Festival Gallego de la Canción Moderna”, o cantautor Benedicto é multado polo Gobernador Civil con 1.000 pesetas, por cantar a canción prohibida “No al Vietnam”.
- Cunqueiro rompe a súa amizade con Celso Emilio Ferreiro polos diferentes posicionamentos políticos e literarios que adoptaban.
- Manuel María pronuncia unha conferencia no Centro Galego de Barcelona (25 de marzo), estando acompañado de Casado Nieto e Basilio Losada . En carta do 4 de xaneiro escribe Ramón Piñeiro a Basilio Losada : “Vexo que o Manuel María comenzou unha xeira epistolar dirixida a ti. Estás apañado. Non che teño ningunha envexa, porque é un home tan atrozmente ególatra, tan pesado e tan egoísta que remata por aborrecer a calquera. Intelectualmente é un irresponsable total, tanto pola súa incultura como pola súa lixeireza de xuício. De ahí que o diálogo, tanto oral como epistolar careza por completo de interés. Niste intre déixase levar dos aloumiños adulatorios dos dous grupos marxistas. Carece de importancia esta aititude ocasional porque non responde a nada auténtico. Coa mesma facilidade e polo mesmo mecanismo adulatorio estaría, i estará na primeira ocasión, noutra aititude calquera”.
- Xosé María Álvarez Blázquez principia a traballar como Profesor de Formación Humanística no Instituto Marítimo Pesqueiro de Vigo, onde conseguirá no 1970 a praza de profesor titular.
- Por primeira vez na nosa universidade, deféndese en galego unha tese de licenciatura escrita en lingua galega; trátase de “A nova narrativa galega (1954-1968)" de María Camino Noia Campos . Nunha carta de Carballo Calero a Neira Vilas (14 de xullo) dise o seguinte: “O día 9 derradeiro defendéuse por primeira vez na Universidade unha tese de licenciatura escrita en galego. Dirixida por min, e realizada por unha alumna que rematóu este ano a súa carreira, leva por tiduo "A nova narrativa galega (1954.1968)", e nela conságrase un capítulo á obra de vostede. No prósimo número de Grial aparecerá unha nota informativa verbo desto. Agardo que a esta tese seguirán outras sobre a nosa literatura, tamén redactadas en galego. Teño xa varias peticións neste senso. Por outra parte, estánse facendo numerosos estudos sobre as falas de distintos puntos de Galicia. Os nosos coñecimentos da lingua e a literatura galega van, pois, cobrando corpo e valor científico”, (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).
- Con data de 17 de xullo, Celso Emilio recibe a comunicación oficial da súa expulsión da Hermandad Gallega de Caracas.; el resposta co soneto “O espulsado”:
Por mais que miro e asexo / para esta masa informe e lerda / eu outra cousa non vexo / sinon moreas de merda.
Merda adequerida ou herda,/ merda dediante i en pos, / grandes palleiros de merda / acugulada en montós.
Merda disposta en estiba,/ merda debaixo e por riba, / merda a dereita i a esquerda.
Por iso penso que a perda / da espulsión foi positiva / pois liberoume da merda.
- Celso Emilio funda cuns amigos o "Padroado da Cultura Galega" do que será secretario xeral.
- Na audición radial de “Galicia Emigrante” do 21/I di Seoane: “Acaba de llegar a Buenos Aires procedente de Galicia, la noticia de la detención de un núcleo de estudiantes y del catedrático y Vicepresidente de la Asociación Cultural de Vigo, José Luís Méndez Ferrín, con el pretexto de propaganda ilegal y de haber aparecido pegadas a las paredes de edificios de las ciudades, carteles autoadhesivos con la leyenda “Libertad para Galicia”.
- No curso 1968-1969, Basilio Losada recibe o encargo da cátedra de galaico-portugués en Barcelona, compartindo a docencia con Sara Freijido Fidalgo.
- O día 11 de outubro Alonso Montero dá unha conferencia no Centro Galego de Barcelona sobre “Realismo e conciencia crítica na literatura galega”. Sobre o acto di Basilio Losada “No Centro estivo, no que cabe, mesurado. Fixo unha interpretación da cultura galega baixo unha falsilla marxista discretamente encoberta. Nalgúns intres estivo brilante. Dende logo, decíame despois Casado: “Nótaselle que é maís marxista que galego”.
- Entre os días 15 e 27 de abril a Galería Toisón de Madrid organiza a “Muestra de Arte Gallego”, con obra de vinteseis artistas galegos, entre eles Díaz Pardo , Acisclo Manzano , Grandío , Laxeiro, Quessada, Seoane e Ortiz. O folleto, con texto en galego e castelán de Basilio Losada levaba un gravado de Reimundo Patiño.
- Ramón Chao nomeado xefe do Servicio Cultural en español e portugués de Radio France.
- O arquitecto Andrés F. Albalat presenta en Madrid un proxecto de cidade para a costa norte de Galicia, entre a Coruña e Ferrol que tivo gran repercusión pero nunca se levou a cabo.
- Por desavinzas entre Fernández del Riego e a directiva do Centro Galego de Buenos Aires, este deixa a representación da revista “Galicia” sendo elixido como correspondente en Galicia Juan Naya Pérez .
- Anne Marie Morris , agradece a Ramón Piñeiro en carta de xullo, un envío que lle solicitara, comunicándolle que dormira coa caixa “debaixo dos cabezales”. En carta anterior, manifestáralle a Ramón Piñeiro o desexo: “Quero un pouco de terra de Galicia, o que chega para encher unha culler máis ou menos, mais quero que esta sexa terra particular, a que está onde Rosalía adoitaba sentarse ao escribir” (Alonso Montero. La Voz de Galicia 7/02/2009).
- Créase na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Barcelona un "Seminario de Lingoa e Literatura Galega" por iniciativa de Martín de Riquer, sendo encargado do Seminario o profesor Basilio Losada .
- O Consello de Galicia de Buenos Aires convida como conferenciantes a Celso Emilio Ferreiro (xullo) e a Xosé Luís Méndez Ferrín (setembro). Pola súa parte o Centro Galego leva a José Luís Varela.
- Carlos Martínez Alonso pronuncia, en novembro, no Centro Galego de Vizcaia, a conferencia “A cultura na Galiza, hoxe”.
- O decreto de expulsión dos xudeos dictado polos Reis Católicos no 1494 foi abolido polo estado español.
- Primeiros movimentos de protesta na universidade galega: a forza pública invade e desaloxa a Universidade de Santiago. Convócase unha folga xeral.
- Inaugúrase o 22 de xuño, o treito de ferrocarril Viveiro-Vegadeo, co que se remata a parte galega do percorrido.
- Fúndase Radio Popular de Lugo.
- Taxa de mortalidade infantil por mil nacidos vivos: Galicia 40,68 / España 32, 42.
- Constitúese a Federación Mundial de Asociacións Galegas, nunha reunión celebrada en Ourense.
- O 16 de outubro inaugúrase en Ferrol a Ponte das Pías.
- Díaz Pardo instálase definitivamente en Galicia. Fai o prólogo para Retratos desguello de Luís Seoane (Ed. do Castro).
- Florencio Delgado Gurriarán viaxa a Galicia en xullo, despois de 32 anos e de pasar por tres países diferentes. En setembro regresa a México.
- Laxeiro : “Maternidade”.
Premios
- Cunqueiro gaña o 25º premio Nadal de Novela con Un hombre que se parecía a Orestes.
- Pedrón de Ouro: Xosé Morente Torres.
- Convócase o primeiro Concurso de Contos Infantís “O Facho”: A galiña azul de Carlos Casares.
- Nos primeiros “Xogos froraes do idioma galego” en Buenos Aires, resultaron premiados Celso Emilio Ferreiro e Xosé Sesto López. A Celso Emilio déronlle o Premio Rosalía que conlevaba a Flor natural para o tema “Canto á muller galega”. O título do poema era “Miña Matria Galiza”. Xosé Sesto acadou o Premio Eduardo Pondal, para o tema “Canto á nosa estirpe celta”. O título do poema era “A soma de Fisterra”. Os accésit aos dous primeiros premios foron outorgagos a Manuel María. No xurado estaban Víctor Luis Molinari, Juana de Ibarbourou e Francisco Luís Bernárdez. No acto formal da entrega de premios, na capital arxentina foi de mantedor Méndez Ferrín, pero non estiveron presentes nin Celso Emilio nin Xosé Sesto. (Xosé Sesto: “Autobiografía con Celso Emilio”. A Nosa Terra. A Nosa Cultura 11,Celso Emilio Ferreiro. 1989).
Epistolario
|
|
|
|
|
|
|
|
Xosé Neira Vilas: Historias de emigrantes (Ediciós do Patronato da Cultura Galega. Montevideo. Luís Seoane fixo as ilustracións e o limiar. “Grial” nº 25, páx. 386).O 2 de agosto, Xesús Canabal escribe a Neira Vilas: “Xa fai días que chegou as miñas mans o rixinal do teu livro Historias de emigrantes (…) Chegou no intre que estabamos preparando as XIII xornadas da Cultura Galega e polo tanto a Feira do Livro Galego editado en América, que por certo foi todo un eisito (…) Pecháronse onte coa conferencia de Celso Emilio Ferreiro, que veu dende Caracas para preparar os Xogos Froraes do idioma galego que se farán en BS. Aires no mes de Setembre”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010). O 16 de febreiro de 1969 en carta de Basilio Losada a Ramón Piñeiro comenta: “Tamén recibín un libro de contos de Neira Vilas editado en Montevideo. No limiar, Seoane fai un ataque corto e ferinte, moi direitamente dirixido a Cunqueiro –por quen xa sabía que ten unha vella xenreira- e aos que colaboráchedes no volume adicado a La Saudade. Esto sorprendeume máis, pois nas dúas semáns que pasou en Barcelona sempre me tiña falado de Galaxia e das súas xentes –especialmente de García-Sabell- cunha actitude de respeto e admiración. Os contos de Neira Vilas son moi bos”.
Con data de 17 de decembro de 1969, escríbelle Celso Emilio dende Caracas: “Remato de leer Historias de emigrantes (…) Coido que o mérito meirande dos seus relatos é, percisamente, iste: que vostede sabe alumear, con moito arte, un intre da vida do persoaxe, pro non coma un feito que romata en sí mesmo, con principio e fin, sinon coma algo que comenza e que, misteriosamente, desváese na escuridade. Cada un dos seus relatos poidera ser un óptimo comenzo de novela”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).
|
|
|
|
|
|
|
|
|
Noutra carta do 31 de agosto, comunícalle a Díaz Pardo: “Acepté ser académico de número en la Academia Nacional de Bellas Artes de aquí. Lo hice pensando en Galicia, en la Academia Gallega, en donde jamás fui propuesto para correspondiente…” e na mesma carta: “Por aquí estuvo unos días Celso Emilio Ferreiro, que no dejó demasiada buena impresión…”.Sobre isto contéstalle Díaz Pardo en carta de 6/09: “No me es posible compartir tu berrinche con C. E. Ferreiro ni creo que aquí lo compartiría nadie de los nuestros. Su prestigio como poeta y en función de su conducta crece de manera sorprendente (…) Los estudiantes lo han convertido en un poeta símbolo…”.
|
|
Sumarios
GRIAL Nº 19
Micaela Misiego: Thomas Wolfe, poeta da soidade. Xosé Álvaro Porto Dapena: As vocales átonas, e, o, a, en contaito con labial. Elisardo López Canedo e Alfonso Gándara Feijóo: Proyección literaria de la emigración gallega. Nostalgia. Salvador Lorenzana: Narradores e teóricos do “Nouveau roman”. D. García - Sabell: Páxinas do xornal. Léopold Sédar Senghor: Un poeta senegalés. A volta do fillo pródigo. R. Otero Pedrayo: Desvelamento de Santiago. Letras galegas. O Premio Rosalía de Castro. J. García Durán: O bilingüismo infantil e a formación da persoalidade. A. González Fontán: Cultura e sociedade. R. C. C.: As tensións creadoras na obra de de Valle-Inclán. Francisco Luís Bernárdez: Dos aldeas gallegas. R. C. C.: “Geada”. Carlos Sobrado: Caillois fala das pedras. |
Micaela Misiego Ormr i auga. Pilar Vázquez Cuesta: Sobre la lira lusitana de Curros Enríquez: Poesías perdidas y nuevamente halladas. Xosé Manuel Beiras: Vicente Risco e nós. Notas pra unha leria. Xosé-Álvaro Porto Dapena: Poesía coreán en galego. Paul Claudel: “Vía Crucis” (Trad. de Xosé Filgueira Valverde). X. M. López Nogueira: Dialéctica e Poesía: Sobre un libro de X. L. Franco Grande. Emilio González López: Valle-Inclán y la Pardo Bazán: “Divinas palabras” y “El tetrarca en la aldea”. X. L. Franco Grande: Carta a un mozo galego de hoxe. Cosme Barreiros: Encol dun arte social. Epistolario de Valle-Inclán: Dez cartas dirixidas a Pérez Galdós. María Camino Noya Campos: Dous contos.
|
GRIAL Nº 21
|
D. García-Sabell: A realidade humá de Rosalía.Xosé-Álvaro Porto Dapena: Estudo morfo-semántico do apreciativo galego. ¿O sufixo –iño, diminutivo garimoso? Ramón Piñeiro: Carta a Jean Pierre García. Carlos A. Zubillaga Barrera: Epistolario americano de los hermanos sagra. Antón Villar Ponte: Nouturnio de medo e morte. Yasunari Kawabata: Dous contos (Trad. de S. Seoane). Micaela Misiego: A nova poesía: Allen Ginsberg ou a rebelión. Ramón Lorenzo: Dámaso Alonso y su obra. M. Rodrigues Lapa: Uma edição do trovador Airas Nunes. A. Labrada: O Graal. Javier Fernández: A festa dos Maios na Gran Bretaña. Allué Andrade: Cinco pezas para cémbalo. Carlos Durán: Carta de Inglaterra. |
Outras culturas
PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Yasunari Kawabata
CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa
Nacen
Morren:
Ana Hatherly: Eros frenético.
António Barahona da Fonseca: Impressões digitais.
António Manuel Couto Viana: Desesperadamente vigilante.
António Modesto Navarro: Libelo acusatório.
Armando da Silva Carvalho: O comércio dos nervos (poesía).
Augusto Abelaira: Bolor.
Carlos de Oliveira: Sobre o Lado Esquerdo (poesía).
Carlos Drummond de Andrade (Brasil): Boitempo.
Carlos Eurico da Costa: A fulminada imagem.
David Mourão-Ferreira: Os Amantes.
Dinis Machado: Mulher e arma com guitarra espanhola.
Dórdio Guimarães: Canto Psicadélico.
Eduardo Lourenço: Sentido e forma da poesia Neo-Realista.
Ernesto Manoel de Melo e Castro: Rodalume.
Eugénio de Andrade: Os Afluentes do Silêncio.
Fernando Guedes: Poesias escolhidas.
Fernando Luso Soares: A outra morte de Inês.
Ferreira de Castro: O instinto supremo.
Ferreira Gullar (Brasil): Por você por mim.
Herberto Hélder: O bebedor nocturno (poesía) e Apresentação do rosto.
João de Araújo Correia: Horas Mortas (prosa).
João Palma-Ferreira: Três semanas em maio.
João Ubaldo Ribeiro (Brasil): Setembro não tem sentido.
Joaquim Barradas de Carvalho: As fontes de Duarte Pacheco Pereira no “Esmeraldo de situ orbis”.
Jorge Borges de Macedo: A cultura portuguesa no mundo contemporâneo.
Jorge de Sena: Arte de Música (poesía).
José Cardoso Pires: O Delfim. No 1970 aparece en castelán na editorial Seix Barral.
José Marmelo e Silva: O Ser e o Ter Seguido de Anquilose.
José Régio: Cântico Suspenso (poesía).
José Rentes de Carvalho: Montedor.
Luandino Vieira (Angola): Vidas novas (contos).
Luís de Miranda Rocha: O corpo e o muro (poesía).
Luís de Sttau Monteiro: As mãos de Abraão Zacut.
Luiz Francisco Rebello: História do teatro português.
Manuel da Fonseca: Um Anjo no Trapézio (conto).
Manuel Mendes: História Natural.
Maria Alzira Seixo: A expressão do tempo no romance português contemporâneo.
Maria da Graça Freire: O rio era vermelho.
Maria Judite de Carvalho: Flores ao telefone.
Maria Ondina Braga: A China Fica ao Lado (conto).
Mário Sacramento: Há uma estética neo-realista?.
Mário Ventura: O desejo dos insensatos.
Natália Correia: A Madona.
Orlando Ribeiro: Mediterrâneo. Ambiente e tradição.
|
Nacen:
- Antoni Martí Monterde (Valencia).
Morren:
PREMI VÍCTOR CATALÀ: Jaume Vidal Alcover por Les quatre llunes.
PREMI JOSEP PLA: Terenci Moix: Onades sobre una roca deserta.
Giuseppe Tavani: Poesia catalana di protesta.
Agustí Bartra: Ecce homo (poesía) e Crist de 200.000 braços (narrativa).
Antoni Rovira i Virgili: Viatge a l‘URSS.
Avel.li Artís-Gener: Paraules d’Opoton el Vell.
Baltasar Porcel: Els argonautes (novela).
Blai Bonet i Rigo: Comèdia.
Gabriel Ferrater: Les dones i els dies (poesía). Traducido ao galego no 2022 por Manuel Outeiriño para Chan da Pólvora.
Joan Colomines i Puig: La vida a cada pas (poesía).
Joan Oliver “Pere Quart”: Circumstàncies.
Joan Fuster: Heretgies, revoltes i semons.
Joan Perucho: Aparicions i fantasmes (narrativa) e Moró, les essències de la terra (ensaio).
Josep Dalmau i Olivé: Agonia de l’autoritarisme catòlic.
Josep Maria Espinàs: La collita del diable.
Llorenç Villalonga: La gran batuda.
Manuel de Pedrolo: Temps obert. (Un camí amb Eva).
Maria Aurèlia Capmany: Dones, flors i pitança (teatro).
Marià Manent: A flor d‘oblit (prosa).
Marta Pessarrodona: Primers dies de 1968.
Miquel Tarradell i Mateu: Arte ibérico.
Pere Calders: Tots els contes (1936-1967).
Ramon Folch i Camarasa: Bon dia, pare.
Sebastiá Sorribas i Roig: Viatge al País dels Lacets (lit. infantil).
Terenci Moix: La torre dels vicis capitals.
Vicenç Riera Llorca: Roda de malcontents.
Nacen:
Morren:
Antonio Carvajal: Tigres en el jardín.
Daniel Sueiro Rodríguez: El arte de matar.
Diego Salvador: Enajenación.
Ernestina Champourcín: Cartas cerradas.
Félix de Azúa: Cepo para nutria.
Fernando Quiñones: Crónicas de mar y tierra.
Francisco García Pavón: El rapto de las Sabinas.
Gil de Biedma: Poemas póstumos.
Gloria Fuertes: Poeta de guardia.
Jorge Guillén: Homenaje.
José Agustín Goytisolo: Algo sucede.
José Ángel Valente: Breve son.
José Batlló: Tocaron mi corazón.
José Luis López Aranguren: La comunicación humana.
José María Guelbenzu: El mercurio.
José Ruibal: El hombre y la mosca (teatro); Los mutantes (teatro); El rabo (teatro); Los ojos (teatro); La secretaria (teatro; El padre (teatro); El superagente (teatro).
Juan Farias: Gran cabotaje.
Juan Gil-Albert: Los homenajes.
Juan Luis Panero: A través del tiempo.
Julia Uceda: Poemas de Cherry Lane.
Lauro Olmo Gallego: English spoken.
Leopoldo María Panero: Por el camino de Swan.
Luis Riaza: Las jaulas (teatro).
Manuel Martínez Mediero: El último gallinero (teatro).
Max Aub: Campo de los almendros.
Miguel García-Posada: El paraiso y las hachas.
Miguel Mihura: Sólo el amor y la luna traen fortuna.
Pere Gimferrer: La muerte en Beverly Hills.
Salvador Giner: Sociología.
Santiago Vilas: El humor y la novela española contemporánea.
Sergio Vilar: El poder está en la calle.
|
Máis culturas:
Nacen:
- Ignacio Padilla (México D.F.).
- Jorge Volpi (México).
- Junot Díaz (Santo Domingo).
- Andrew O’Hagan (Glasgow).
- Emmanuel Pierrat (Nogent-sur-Marne).
- Éric Vuillard (Lyon).
- John Connolly (Dublín).
- Tim Tzouliadis (Atenas).
- Tomica Bajsic (Zagreb).
Morren:.
- Joaquín Edwards Bello (1887 Chile).
- León Felipe Camino (México; 1884 Tábara).
- John Steinbeck (New York; 1902 California).
- Salvatore Quasimodo (Nápoles; 1901 Ragusa).
Gabriel Aresti Segurola: Euskal harria (Pedra vasca).
Tomás Meabe (1879 Durango; 1915 Madrid): 14 fábulas. Publicadas por Kriselu con tradución ao galego por Alonso Montero, ao catalán por Ricard Salvat, ao vasco por Gabriel Aresti. As ilustracións son de Dionisio Blanco.
Alejandra Pizarnik: Extracción de la piedra de locura.
Alfredo Bryce Echenique: Huerto cerrado (Premio Casa de las Américas).
Carlos Castaneda: Las enseñanzas de don Juan.
Cristina Peri Rossi: Los museos abandonados.
Eduardo Galeano: Su majestad el fútbol.
Enrique Buenaventura: Los papeles del infierno.
Jorge Teillier: Crónica del forastero.
Juana Ibarbourou: Elegía.
Jorge Onetti: Contramutis.
Julieta Gómez Paz: El poema y su mundo.
Manuel Mújica Laínez: De milagros y melancolías.
Manuel Puig: La traición de Rita Hayworth.
Marco Antonio Flores “El Bolo”: Muros de luz (poesía).
Mario Benedetti: La muerte y otras sorpresas.
Miguel Barnet: Biografía de un cimarrón.
Octavio Paz: Discos visuales (poesía) e Topoemas.
Rogelio Martínez Furé: Poesía anónima africana (Traducido ao galego no 2007 por Xosé Lois García para Toxosoutos).
Salvador Elizondo: El hipogeo secreto.
Cormac McCarthy: Outer Dark.
Elias Canetti: As voces de Marrakesch.
Eric Hobsbawm: Industry and Empire.
Halldór Laxness: Baixo o glaciar.
Gore Vidal: Myra Breckenridge.
Günter Grass: Sobre o evidente.
Jack Kerouac: Vanity of Duluoz.
Joe Randolph Ackerley (1896-1967): My father and myself.
Lars Gustafsson: Os irmáns Wright visitan Kitty Hawk.
Malcolm Lowry (1909-1957): Lunar Caustic.
Marguerite Yourcenar: L’oeuvre au noir.
Milan Kundera: O libro dos amores ridículos.
Mircea Eliade: Pola rúa Mântuleasa.
Raymond Carver: Near Klamath (poesía).
Soljenitsin: O primeiro círculo.
Tom Stoppard: The real inspector Hound (teatro).
W. D. Snodgrass: After experience (poesía).
Tamén sucedeu...
- CINE:
- Luchino Visconti: A caída dos deuses.
- Kubrick: 2001: Unha odisea no espazo.
- Buñuel: La vía láctea.
- José Afonso saca o disco “Cantares do Andarilho”.
- Nace en Madrid o infante Felipe de Borbón.
- O Consello de Ministros ante os enfrontamentos entre estudantes e forza pública decreta o peche de varias universidades (22 de marzo).
- Disturbios universitarios tras unha actuación do cantante Raimon na Facultade de Ciencias Políticas e Económicas de Madrid.
- O 7 de xuño, é asasinado por ETA o garda civil de tráfico natural de Malpica José Pardines Azcay.
- O 2 de agosto ETA mata en atentado ao xefe superior de policía de San Sebastián Melitón Manzanas. O Goberno declara o estado de excepción para a provincia de Guipúzcoa por un período de tres meses.
- II “Plan de Desarrollo”.
- O ministro de Información e Turismo Manuel Fraga Iribarne en representación do Xefe do Estado asina a acta de independencia de Guinea Ecuatorial, onde é elixido presidente Francisco Macías (12 de outubro).
- O profesor Marcelo Caetano sucede a Salazar como presidente do goberno de Portugal.
- O “maio francés”, revolta de estudantes e traballadores.
- As tropas do Pacto de Varsovia invaden Checoslovaquia, ante a política aperturista de Dubcek, poñendo así fin á “primaveira de Praga”
- Remata en Exipto a presa de Asuán.
- O Apolo VIII, nave tripulada norteamericana, percorre 384.000 km ata a Lúa e regresa á Terra.
- Asasinado nos Estados Unidos o candidato presidencial Robert F. Kennedy. Nixon gaña as eleccións.
- Asasinado en Menphis, Martin Luther King.