Diferenzas entre revisións de «1928»
(→Galegas) |
(→Galegas) |
||
Liña 140: | Liña 140: | ||
* [[wikipedia: gl: Paulino Pedret Casado |Paulino Pedret Casado ]]: Primeira colaboración en “A Nosa Terra”. “As dereitas e o galeguismo. Unha opinión”, (no nº 255). | * [[wikipedia: gl: Paulino Pedret Casado |Paulino Pedret Casado ]]: Primeira colaboración en “A Nosa Terra”. “As dereitas e o galeguismo. Unha opinión”, (no nº 255). | ||
− | * [[wikipedia: gl: Plácido R. Castro | Plácido R. Castro ]] colabora en “A Nosa Terra”. | + | * [[wikipedia: gl: Plácido R. Castro | Plácido R. Castro ]] colabora en “A Nosa Terra”. No nº 251 " O noso novo Profeta". |
* [[wikipedia: gl: Portela Valladares | Portela Valladares ]]: “Do mar, nas ribas fragosas”, no nº 251 de “A Nosa Terra”. | * [[wikipedia: gl: Portela Valladares | Portela Valladares ]]: “Do mar, nas ribas fragosas”, no nº 251 de “A Nosa Terra”. |
Revisión como estaba o 26 de xuño de 2022 ás 13:00
Índice
Cultura galega
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos |
---|
Literatura |
Evaristo Martelo Paumán del Nero (A Coruña; ibídem 1853). |
Francisco Porto Rey (1876 Vilagarcía). |
Xesús Fernández González (Santiago; 1870 Chantada?). |
Outros |
O escritor, crítico musical e periodista Antonio Garrido Villazán (Madrid; 1855 A Coruña). |
O químico José Rodríguez Carracido (Madrid; 1856 Santiago). |
O escritor Antonio Cerviño González (Tui; 1853 Areas, Pontevedra). |
O pintor Román Navarro García Vinuesa (A Coruña; ibídem 1854). |
Publicacións
Galegas
- Álvaro de las Casas : “Xa van pintar as uvas”, no nº 251 de “A Nosa Terra”.
- Amado Carballo (1901-1927): O galo (prólogo de Otero Espasandín e portada de Maside).“Sae â lús coincidindo co primeiro aniversario da sua morte, editado por “Nós”, recopilado por varios amigos seus, contribuíndo â edición moitos dos seus admiradores e amantes da cultura galega e con ouxeto de destinar o producto da sua venda â viuda do chorado poeta. A Editorial “Nós” póndose a tono con tan xenerosa finalidade fixo un alarde de edición, pois “O Galo” é unha maravillosa amostración de bon gusto e de cuidada imprentación. Un verdadeiro alarde na edición de libros galegos”. No nº 254 de “A Nosa Terra”.
- Antón Goy Díaz : Entr’o clavo i-a ferradura. (Contos e poemas d’o ferreiro Mocles. Gráficas G. Castro.
- Antón Losada Diéguez : “No día”, no nº 251 de “A Nosa Terra”.
- Antón Villar Ponte : “Azorín y Galicia” (Revista do Centro Galego, Montevideo, nº137, xuño). No nº 251 de “A Nosa Terra”: “O camiño longo”: “Mais dous anos sin libertade política poden ser fecundos para o conquerimento da libertade interior, da libertade das nosas almas individuaes. E isto xa é moito. Que sin a segunda crás de libertade, a outra pouco importa”. No nº 50 de “Nós”: “O problema da Lingua”: “Pois corolario de somellante problema é o absurdo de que un maxistrado ou xuez non galego entenda en pleitos de aldeáns nosos; que os notarios que exercen no noso agro non coñezan o noso idioma; que os escolantes que fan o ensiño dos meniños do noso rús poidan seren alleos ó país; que os cregos, inda sendo galegos, prediquen e recen en castelán, nas parroquias campesiñas, e que o portugués se non cultive antre nós. A incompatibilidade espiritoal e material de todo isto co’a i-alma da nosa terra berra a eito”.
- Antonio Noriega Varela : Como falan os brañegos.
- Ánxel Fole publica o seu primeiro artigo, no xornal lugués “La Provincia”: “Del panorama literario. Reflexiones en torno al centenario de Góngora”. Escribe "Canciones con ton y son" (poemas inéditos en libro).
- Avelino Rodríguez Elías : “O formoso cazador”, poema en “A Nosa Terra” nº 247. No 248 “Teoloxía e matemáticas”.
- Ben-Cho-Shey : “Vinganza macabra”, no nº 249 de “A Nosa Terra”.
- Camilo Díaz Valiño : "Conto de guerra" (relato con ilustracións do autor e publicado por Ánxel Casal no prelo de “Nós”). Colabora no nº 251 de “A Nosa Terra” cun artigo sobre o Mestre Mateo.
- Carballo Calero : Trinitarias (en castelán). Pronuncia no “Centro Obrero da Cultura” de Ferrol a conferencia: “En torno a las ideas comunistas de Platón”.
- Corona González colabora en “A Nosa Terra”. No nº 244 " Vaidades encol do reco". No nº 245 " O fogo".
- Dolores Parga Serrano: Cántigas.
- Eduardo Blanco Amor : Romances Galegos (Edit. Céltiga, Buenos Aires). No nº 249 de “A Nosa Terra” figuran uns versos pertencentes a este libro.
- Eleuterio González Salgado “Leuter” : colabora en “A Nosa Terra”. No nº 251: “Sinfonía de cegos en cinco cadros”.
- Enrique Labarta Pose (1863-1925): Poesías en gallego y castellano (Barcelona).
- Fortunato Cruces Angueira : Cousas gallegas.
- Francisca Herrera Garrido : Familia de lobos (novela en castelán).
- Francisco Lanza Álvarez colabora en “A Nosa Terra”.
- Gonzalo López Abente : María Rosa (teatro. Estreo en 1921). No nº 251 de “A Nosa Terra”, o poema “As rechinolas”.
- José María López: Contos de pol-a vila ou sean parolas e comentarios feitos ô son do lume en varias cuciñas de unha aldea da provincia de Lugo en Noites de Xeada (Alcalá de Henares).
- Juan Bautista Armada y Losada : Libro de cantigas. En tierras galaico-lusitanas. Impresiones. Reminiscencias del vagar.
- Lino Pérez : “Encol da música galega. A obra da Sociedade d’Arte “Pondal”.
- Lois Galo Vicente Carré Alvarellos : Alevamento (Asinado co pseudónimo Luís G. Vicencio).
- Luis Villardefrancos Calé : “Xaniño” no nº 250 de “A Nosa Terra”.
- Manuel Antonio : De catro a catro (Edit. Nós) e comeza o poemario Viladomar (1972).
- Manuel Lugrís Freire : As Mariñas de Sada (poemas). No nº 251 de “A Nosa Terra” “Solidaridade”
- Mario Canda : Cantigas e cantares (prólogo de Eladio Rodríguez).
- Millobre Pinto: colabora en “A Nosa Terra”.
- Paulino Pedret Casado : Primeira colaboración en “A Nosa Terra”. “As dereitas e o galeguismo. Unha opinión”, (no nº 255).
- Plácido R. Castro colabora en “A Nosa Terra”. No nº 251 " O noso novo Profeta".
- Portela Valladares : “Do mar, nas ribas fragosas”, no nº 251 de “A Nosa Terra”.
- Primitivo Rodríguez Sanjurjo : colabora en “A Nosa Terra”. No nº 251” O cabalo do Apóstol Santiago”.
- Ramón Martínez López : colabora en “A Nosa Terra”.
- Ramón Otero Pedrayo : Os camiños da vida (A Coruña. “Grial” nº 52, páx. 259 e nº 110, páx. 289) e Problemas y paisajes geográficos de Galicia (Madrid). No nº 244 de “A Nosa Terra” na sección “Temas do día” trata a polémica xurdida en torno ao libro La trahison des clercs de Julien Benda: “Sabe o autor que por riba (e no centro) de gregos e bárbaros erguense as puras torres d’unha Civitas Dei en cuias pedras traballaron e traballarán os mais escolleitos espritos nazonalistas”. No nº 245 “Arredor de Pastor Díaz e do estilo conservador” e o poema “Domingo d’outono”. No nº 246 “O labio dos libros”. No nº 247: “Meu probe amigo”. No nº 248, 249, 250, 252, 253, 255 “Esquemas e lembranzas”. No 251, “Cabaleiros de Sant-Iago”.
- v : “Espricación de unha preferenza”, no nº 251 de “A Nosa Terra”.
- Ricardo Carballal (¿?; 1922 A Coruña): De min pra vós (contos do pobo). “Estes contos son tirados de “A Nosa Terra” onde Carballal deixou escritas infinitas probas do seu valor literario e do seu patriotismo fervoroso”. No nº 254 de “A Nosa Terra”.
- Ricardo Carballo Calero : “Poemas da noite”, no nº 255 de “A Nosa Terra”.
- Roxelio Rodríguez Díaz : Cartas abertas e contos enxebres.
- Salvador Cabeza de León : “Delteil e Mistral” no nº 251 de “A Nosa Terra”.
- Xosé Núñez Búa : colabora en “A Nosa Terra”. No nº 251 “Señor Alberte o caseiro”.
- Valentín Paz Andrade : “Simboloxía xacobea. A crús, a cuncha e a estrela”.
- Vicente Risco : O porco de pé (novela. “Grial” nº 40, páx. 248). “É unha das obras que mellor representan o pensamento de Risco. Ten un certo senso de totalidade, de compendio e de síntese. A maior parte das ideas nela expostas, que son recorrentes no conxunto da obra, pódense atopar nos escritos ensaísticos. Desde a estética ata a política, desde a representación da historia ata a concepción do home, non hai ningún aspecto relevante do pensamento de Risco que non apareza nas páxinas desta novela. Nela está o seu autor en retrato de corpo enteiro, resumindo quizais o máis esencial de canto escribiu ó longo de cincuenta anos”. (Carlos Casares: Para ler a Vicente Risco. Galaxia 1997, páx. 63).
En carta de Vicente Risco ao historiador portugués Carlos de Passos (abril de 1935) escribe: “Envieille todos aquiles libros dos que tiña eixemprares na miña casa ou nas librerías de Ourense. PercureiO Porco de pé, mais eiquí n-Ourense non hai; mandeino pedir a Santiago, e se aínda quedan, enviareille un co maor gusto, somentes pra satisfacer a súa curiosidade. É unha farsada satírica da sociedade galega, moi influída, no procedemento literario pol-as cousas de James Joyce. Tamén hei ver se me queda algun eixemprar d’outra cousiña pequenaA Coutada, que en parte coido eu que revela algo do meu modo de pensar”. (Patricia Arias Chachero: “O historiador portugués Carlos de Passos e a súa relación cos intelectuais galegos”; “Grial” nº 227; 2020).Ensaio dun programa pró estudio da literatura popular galega(“Nós”);Elementos de metodología de la Historia(A Coruña);O bufón de El Rei(teatro).Políteca do noso tempo(artigos en “A Nosa Terra”). Na revista “A Águia” de Porto, publícase entre xaneiro e setembro a serie de Risco de sete artigos titulados "Da Galiza Renascente", sobre o renacemento da cultura galega no século XX, cun apartado especial adicado á literatura. O 25-VII sairá no periódico vigués “El pueblo gallego” o seu ensaio "O idioma galego na nosa vida e na nosa cultura".
“En O porco de pé, Vicente Risco ofrece ao público unha sátira contra o caciquismo en Galiza que a ditadura de Miguel Primo de Rivera non fixo máis que agravar. Na cidade de Oria transcorren os feitos que enfrontan a don Celidonio Latas Tinajero, tendeiro maragato requirido pola política municipal cando se enriquece, e o doutor Bieito Alveiros, teósofo da vella fidalguía, que abandona a torre de almafí para participar nas eleccións empurrado polo demo de verdade. Os sucesos son comentados no parladoiro de escritores e artistas do café Novelty, aos que xa ninguén dá tino na nova era, simbolizada polo triunfo do porco de pé. Todos, mesmo o Alveiros, acaban rendéndose a él. (Olivia Rodríguez González. Diario “Nós” 14/05/2021).
No nº 246 de “A Nosa Terra”, no apartado “Políteca do noso tempo”: “Nazonalismo e Internazonalismo”.
No nº 247, Comenta o libro La trahison des Clercs (1927) de Julien Benda a raíz dun artigo do escritor portugués Raul Proença.
No nº 248: “Da crise do liberalismo”.
No 249 “O antipalramentarismo”.
No nº 250 “A responsabilidade da repersentación parlamentar”.
- Víctor Casas colabora en “A Nosa Terra” coa sección “Cousas”. No nº 246: " Do momento". No nº 250 “Encol da lírica galega. Resposta a un artigo tendencioso”.
- Víctor M. Balboa: colabora en “A Nosa Terra”.
- Victoriano Taibo : No nº 251 de “A Nosa Terra” aparece un poema seu co comentario “De Enxangadas libro que se vai a publicar”.
- Xavier Prado “Lameiro” : Cóxegas e moxetes (poesía; prólogo de José Adrio Martínez. Ourense), Monifates (teatro) e Farsadas (teatro).
- Xesús San Luís Romero : "A volta do bergantiñán" (poema longo).
- Xohán Fernández Merino: colabora en “A Nosa Terra”.
- Xosé Alonso Obregón : Na miña aldea.
- Xosé Filgueira Valverde : estréase a súa obra de teatro infantil en galego Agromar. Farsa pra rapaces publicada no 1936 co pseudónimo de “J. Acuña” e cun prólogo do própio autor. No nº 255 de “A Nosa Terra” “Don Diego Xohán de Ulloa”.
- Xosé Vázquez López colabora en “A Nosa Terra”.
- Xulio Sigüenza: Cantigas e verbas ao ar (prólogo de Juana de Ibarbourou e dedicado a Amado Carballo. Montevideo). No nº 250 de “A Nosa Terra” figura o poema deste libro “Medo”.
- Na revista “ A Nosa Terra ”, aparece a advertencia “este número foi revisado pol-a censura”. No nº 249 de “A Nosa Terra” (1 de xuño) figura o seguinte escrito co título de “Unha chamada cordial”: “Vimos ouservando e con fonda amargaura que con moita frecuencia pubrícanse artigos xornalísticos que levan a firma de novos escritores galegos que unhas veces escriben en galego e outras castelán, onde constantemente deitanse adxetivos e formas despeitivos para algúns dos escritores galegos, que escribiron galego sempre, que non están inspirados no molde avargandista que aqueles preconizan. Un xeito arrogante e hasta petulante de decir as cousas despreciando casi todo o feito e lle reconoscendo moi pouco valor.[…] No momento autual tan intresante caben todos e cada un tên o seu papel a representar. E xa que ô fin arelado é o mesmo nós pedimos aos novos mais cordialidade e agarimo para os que eles chaman vellos na seguranza de que o beneficio d’esta comunión no traballo pol-o noso rexurdir Galicia será quen se beneficie que é o que a todos débenos intresar por riba de todo. E despois d’iso, que cada ún aporte â cultura galega todo o que seipa e poida sen pararse a pensar se o que fan e fixeron os demais é millor ou peor que o que eles fagan. Nos comezos, e agora estamos como quen dí comenzando, todo cabe e todo convén…”.
No nº 253 co título de “Un homenaxe ao idioma galego” recóllese a seguinte noticia: “ Pol-a gran revista de Bós Aires “Céltiga”, portavoz na Arxentina dos ideaes de redención galega, enterámonos do homenaxe que algúns xornás de Bós Aires, xornás indíxenas non revistas galegas, rendiron ao noso idioma. Con motivo da chegada aló dos xogadores do Club Celta os xornás “El Mundo”, “La República”, “Crítica” e “La Calle”, pubricaron editoriás saudando ao equipo galego escritos, e ademais ben escritos, no noso idioma”. No mesmo nº 253 dáse a noticia: “Castelao, o xenial dibuxante, noso entrañabre irmán, vai sair para Bretaña pensionado para estudar os cruceiros n’aquel país céltico.
No nº 255 de “A Nosa Terra” aparecen “Notas inéditas de Frey Martín Sarmiento extractadas dos seus pepeis manuscritos no Arquivo da Universidade Galega. A defensa dos nosos inxenios no XVIII” e “O aldraxe ós galegos na literatura española. Extractos do traballo inédito: Os galegos no teatro castelán, do mestre Cabeza de León”.
- Nos nº 225-226 da revista de Buenos Aires “ Céltiga ”, aparece publicada a conferencia pronunciada no local da Federación de Sociedades Galegas o 19 de decembro de 1927 co gallo da “Semán Galega”, polo profesor paraguaio Eloy Fariña Núñez sobre o tema “Vicente Risco, la filosofía moderna y el renacimiento gallego”. Tamén se publica na revista “Nosotros”.
Relativas a Galicia
- En marzo comeza a publicarse en Vigo o semanario anarquista “Despertad”, dirixido por José Villaverde Velo.
- En Chantada publícase “La Voz del Agro”, subtitulado “Semanario independiente”.
- En xaneiro ve a luz “El Obrero de Nazareth” co subtítulo de “Revista mensual con censura eclesiástica, órgano del Círculo Católico de Obreros de Ferrol y de sus obras filiales”. No nº 12, do mes de decembro, publica nela Frei Gumersindo Placer o artigo “El primer drama gallego de D. Francisco María de la Iglesia”. Desaparece en xullo de 1930.
- En agosto, sae en La Habana, a revista mensual bilingüe “Ideal gallego”, continuadora do periódico co mesmo nome. Desaparece o 15-5-1930. O seu director era José M. Sánchez Brea. A presencia do idioma galego é escasa.
- Abdón Rodríguez Santos: Paisajes mentales (Madrid).
- Alejandro Pérez Lugín (1870-1926): Arminda Moscoso (Ordenada e ampliada por Alfredo García Ramos).
- Cándido Viñas Calvo: Horas huídas (Vigo).
- Francisco Carreras Candi (Barcelona 1862-1937): Geografía general del Reino de Galicia (Barcelona).
- Filgueira Valverde, Tobío Fernández, Cordal Carús e Magariños Negreira: Vocabulario popular galego-castelán.
- Gabino Díaz de Herrera: El teniente azul.
- Glicerio Barreiro: Rimas descriptivas. Lugo, aspectos y semblanzas (Lugo). En Vigo represéntase a obra súa Amor na cume.
- José María Crespo Rodríguez: Compendio de historia general de Galicia (Santiago).
- Justino Pérez Pardo: El libro de la provinciana.
- Leandro Carré Alvarellos: Diccionario galego – castelán (A Coruña).
- Plácido Ramón Castro del Río: La saudade y el arte en los pueblos célticos (con prólogo de Manuel Portela Valladares. Vigo) e traduce ao inglés Almas Brujas de Manuel Linares Rivas.
- Ramón Marcote Miñarzo: Contra España, no (La Habana).
- Salvador García-Bodaño Fernández: Hojas del corazón.
- Valentín Paz - Andrade: Los puertos nacionales de pesca.
Acontecementos
- Fole vai a Madrid a estudar Dereito, pero ao pechar a universidade por motivos políticos o goberno de Primo de Rivera, regresa a Valladolid.
- Xosé Ramón Fernández Oxea vai pensionado a Francia e Bélxica.
- Rafael Dieste pasa varios meses de estadía en Londres; despois en París.
- Morre o único fillo de Castelao, quen viaxa a Bretaña para estudar as cruces de pedra.
- Manuel Antonio embarca no barco holandés “Gelria”: Vigo, Las Palmas, Pernambuco, Río de Janeiro, Santos, Montevideo e Buenos Aires.
- Lueiro Rey, compaxina a súa formación intelectual co traballo de axudante nunha forxa no Grove.
- Primeira exposición de Manuel Colmeiro, no salón do “Faro de Vigo”.
- A Deputación de Pontevedra concédelle unha pensión a Manuel Colmeiro, que utiliza para ampliar estudos en Barcelona.
- Manuel Colmeiro: “Galicia”.
- Segunda viaxe de Arturo Souto a París, becado pola Deputación de Pontevedra.
- O poeta Víctor Castro Rodríguez retorna de México.
- Blanco Amor retorna durante un ano a Galicia como correspondente do diario “La Nación”. Coñece a Castelao e escribe Poema en catro tempos que publicaría na Argentina en 1931. No nº 255 de “A Nosa Terra”: Chegou aos nosos brazos este entrañable irmán que no grupo “Céltiga” de Bós Aires ten posto preferente e destacado. Ven como delegado especial do gran xornal bonaerense “La Nación” para facer unha serie de artigos encol do autual momento de Galicia. Fixará a sua residencia momentánea na Cruña onde pronunciará unha conferencia encol do suxestivo tema “Estática e dinámica do galeguismo” […] Compre facer resaltar o homenaxe que co viaxe de Blanco Amor vai facer á Galicia o xornal ·La Nación” de Bós Aires. Ningún xornal galego, cousa imperdonabre, destacou o feito.[…] Abóndelle saber á “La Nación” e tamén á Blanco Amor que a cousa mais antigalega que temos en Galicia é a prensa salvo moi contadas exceicións”. Permanecerá en Galicia ata o 1931.
- Basilio Álvarez, nomeado fillo predilecto de Ourense, entra nas filas do Partido Radical.
- Blanco Torres viaxa a Marrocos na compaña de Abdón Rodríguez Santos.
- O 17 de maio no Centro Galego de Montevideo Blanco Amor pronuncia a conferencia " Guia para un estudio integral del renacimiento gallego" e Ramón Suárez Picallo falou sobre " Interpretación emocional del paisaje gallego".
Premios
Epistolario
|
Ramón Villar Ponte publica no 1927 Historia sintética de Galicia (Nós. A Coruña). Con data de 13 de xaneiro de 1928, escríbelle Gonzalo López Abente: “... Primeiramente, quero che decir que che estóu moi agradecido pol-a tua fineza de me mandares o teu libro con tan laudatoria adicatoria. Despóis, e por enriba de todo, a miña embora mais cordial e quente pol-a tua “Historia de Galiza”, que lin con arela e deixoume cheo de ledicia pol-o ben que co-ela fas â nosa patria. Gustoume moitísimo e non acerto a expresarche o meu entusiasmo”. (Miro Villar: “Dez cartas de Gonzalo López Abente aos irmáns Villar Ponte. “Grial” nº 230. 2021). |
Sumarios
Nós. Boletín Mensual da Cultura Galega.
R. Carballo Calero: Deus (poesía). Ramón Otero Pedrayo: Probremas de Xeografía Galega. Florentino Cuevillas e F. Bouza Brey: Prehistoria e folklore da Barbanza. Catálogo dos castros galegos, da seizón de Prehistoria do S. E. G. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas
|
Nº 50 (febreiro).
|
Emilio Mosteiro: Alalás do mar. Vicente Risco: Ensaios de Fisiognomonía (Francisco Añón). Florentino L. Cuevillas e F. Bouza Brey: Prehistoria e folklore da Barbanza. Ramón Otero Pedrayo. Probremas de xeográfia Galega. Catálogo dos castros galegos, da Seizón de Prehistoria do S. E. G. Os homes, os feitos, as verbas.
|
Nº 52 (abril).
|
F. Bouza Brey: Descordo pra ben muiñar. Ramón Otero Pedrayo: Lembranza de Añón. Vicente Risco: Vicetto ou o romantismo. Luís Iglesias: Notas entomolóxicas. Insectos de Galiza. Ramón Otero Pedrayo: Probremas de Xeografía Galega. Os homes, os feitos, as verbas. |
Nº 54 (xuño).
|
R. Carballo Calero: Mañá de outono. O Día de Galicia. Xesús Carro García: Unhas estatuas do Pórtico da Groria. Vicente Risco: Vicetto ou o romantismo. Catálogo dos castros galegos, da Seizón de Prehistoria do S. E. G.Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas.
|
Nº 56 (agosto).
|
Amado Carballo: As cantigas do berce. Ramón Otero Pedrayo: Un ensaio encol do tempo d’hoxe. Catálogo dos castros galegos, da Seizón de Prehistoria do S. E. G. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: Resposta a un questionario. Os homes, os feitos, as verbas. |
Nº 58 (outubro).
|
F. Bouza Brey: Clamor na encrucillada. M. Gómez Moreno: A eirexa de Santa Eufemia d’Ambía. Fermín Bouza Brey, M. Fontes Canal e Xosé Ramón e Fernández Oxea: A eirexa de Santa María de Mixós e as súas aras romanas. Avelino Gómez Ledo: Por terras orientals, cartas encol da miña pilingrinaxe. Catálogo dos castros galegos da Seizón de Prehistoria do S. E. G.Arquivo Filolóxico e Etnográfixo de Galiza: Respostas a un questionario. Freguesía de Riomuíños (Quintela de Leirado). Os homes, os feitos, as verbas.
|
Nº 60 (decembro).
|
Outras culturas
PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Sigrid Undset
CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa
Nacen
No nº 252 de “A Nosa Terra” (1 de setembro) figura o artigo “Risco na “Águia” do Porto”: “Na interesante revista de Porto A Águia , órgao da Renascença portuguesa, ven prubricando Vicente Risco un estudo documentado sobre a Galiza renascente moi dino de ser coñecido dos nosos leitores. Imos reproducilo nas colunas d’este boletín, pois merece de certo a maior divulgación posibel […] C’o seu estudo sobre a Galiza renascente, as persoas cultas de Portugal poderán dárense conta da importancia do movimento ideolóxico, poítico e literario da nosa terra, no século XIX e no que vai do XX. Constituirá, por outra parte, un novo e valioso documento para a Historia contemporánea da Galiza. A continuación figura o artigo “Da Galiza Renascente” nos nº (252, 253 e 256). António Botto: Dandismo.
António Pedro da Costa: Distância.
Aquilino Ribeiro regresa clandestinamente a Portugal, sendo encarcerado en Viseu.
Augusto de Castro: As mulheres e as cidades.
Branquinho da Fonseca: Posiçao de Guerra (teatro).
Cassiano Ricardo (Brasil): Martim Cererê (poesía).
Fausto José: Fonte branca.
Fernanda de Castro: Veneno do sol.
Fernando Pessoa publica O Interregno (manifesto político). Defesa e Justificação da Ditadura Militar em Portugal e o artigo "O Provincianismo Português" no xornal “Notícias Ilustrado” (12 agosto). Funda con José Pacheco, Mário Saa, António Botto e outros, a “Solução Editora”.
Ferreira de Castro: Emigrantes (narrativa).
João Cabral do Nascimento: Arrebalde.
João Sarmento Pimentel : Pimpinela.
José Leite de Vasconcelos: Opúsculos (catro volumes 1928-1938) e Antroponímia portuguesa.
José de Almada Negreiros: Deseja-se Mulher (teatro).
Júlio Dantas : No nº 248 de “A Nosa Terra” reprodúcese un artigo seu do xornal do Porto “O Primeiro de Janeiro” co título de “A lírica galega”, que remata así: “Neste momento, em que se promove uma mais forte aproximação, não apenas economica, mas tamben cultural com a Espanha, importa conhecer e acompanhar o forte movimento nacionalista galego. É interessante seguir de perto a evolução duma lingua que foi mãe da nossa, e que, imobilisada durante quatro seculos, começa a tentar de novo as azas para um vôo glorioso”. Antes fala de Amado Carballo, descoñecedor da súa morte: “Amado Carballo joven poeta que me enviou de Vigo, o seu ultimo livro, “Proel”: é, embora moderado um desses renovadores; ha nos seus versos imagens novas, audacias de espressão, extravagancias dultonicas (o “mar amarelo”, a “seda verde do vento”, a “campainha de prata do dia”, a “ría debulhando maçarocas de sol, os “foguetes verdes dos pinheiros”…)”.
Julio de Lemos: no nº 254 de “A Nosa Terra” figura o artigo “Minho-Galiza” deste autor, “Secretário-perpetuo do Inst. Hist. do Minho”.
Mário Beirão: A noite humana.
Mário de Andrade (Brasil): Macunaíma.
Mário Saa: A explicação do homem.
Pedro Cardoso (Cabo Verde): Algas e corais.
|
Nacen:
- Màrius Sampere i Passarell (Barcelona; ibídem 2018).
- Sebastià Sorribas i Roig (Barcelona; ibídem 2007).
Morren:
- Conrad Roure (1841 Barcelona).
- Ignasi Iglésias (Barcelona; 1871 Sant Andreu de Palomar). Ignacio Iglesias o gran dramaturgo e poeta, o dramaturgo do pobo, popular humilde e precursor do moderno teatro catalán, acaba de morrer en Barcelona. […] Por eso nós, interpretamos este sentir, choramos co-a mesma emoción a desgracia que hoxe aqueixa á aquel pobo irmán”. No nº 254 de “A Nosa Terra”.
Aparece o famoso Manifest Groc asinado por Salvador Dalí, Sebastià Gasch e Lluís Montanyà.
Aparece en Mallorca a revista “Nostra Terra” (1936).
Antoni Rovira i Virgili: Teatre de la Natura (artigos). No nº 253 de “A Nosa Terra” figura en galego un artigo seu tomado de “La Publicitat”, sobre o “XIV aniversario da morte de Xohán Jaures”: “É posibre que haxa, nas xovens xeneracións, xente que creía que Jaurés é unha falsa groria. Compre decir que é excesiva a facilidade con que algúns escritores d’istas “novas xeneracións” falan despectivamente das grandes figuras das xeneracións pasadas”.
Carles Riba: Sis Joans (conto).
Joan Oliver “Pere Quart”: Una tragèdia a Lil.liput (relato curto).
Josep Carner: El giravolt de maig (teatro).
Josep Maria de Sagarra: El comte Arnau.
Josep Maria Millàs-Raurell: La llotja (teatro).
Josep Pla: Vida de Manolo (Biografía) e Cartes de lluny.
Lluís Nicolau d‘Olwer: El pont de la mar blava.
Puig i Ferreter: El cercle màgic e Vida interior d´un escriptor.
Nacen:
Publícase el Almanaque de las Artes y las Letras para 1928 de Gabriel García Maroto. Por estas datas Almada Negreiros residía en Madrid, polo que probablemente sexa el o que elixiu o espazo dedicado a Portugal. Tamén contribúe con varios debuxos e un texto titulado “Norte-Sur” que comeza así: “No todo el mundo, y particularmente los latinos y meridionales, se han dado aún cuenta de que estamos sometidos a la hegemonía nórdica. Europa, como toda idea vital, tiene sus propias fuerzas contrarias y sin las cuales no hay armonía ni evolución. Estas fuerzas contrarias de Europa, son el Norte y el Sur…”. Xunto a el, o poema de Mário de Sá Carneiro “O recreio” e o de Fernando Pessoa “Pierrot bebado” que probablemente sexa o único poema do autor publicado en vida nunha revista española e que previamente se publicara no único número da revista lisboeta “Portugal futurista”. Compartían estas páxinas coas sinaturas de Juan Ramón Jiménez, Ernesto Giménez Caballero, Francisco Ayala, Guillermo de Torre, Antonio Machado, Adriano del Valle, Rafael Alberti, Emilio Prados, José Moreno Villa, Federico García Lorca, Rogelio Buendía, Fernando Villalón, Benjamín Jarnés, Corpus Barga, Pablo Neruda… e tamén escritores cataláns.
No nº 18 (15 de febreiro) da revista “Gaceta Literaria” anunciase unha exposición do libro portugués.
Azorín: Félix Vargas. Ernestina Champourcín: Ahora.
Ernesto Giménez Caballero: Yo, inspector de alcantarillas e Hércules jugando a los dados.
Gabriel Miró: Años y leguas.
García Lorca: Romancero Gitano.
Jacinto Benavente: Pepa Doncel.
Jorge Guillén: Cántico (1ª versión. Terá catro edicións ampliadas).
José Antonio Muñoz Rojas: Versos de retorno.
José María de Hinojosa: La flor de California.
Julio Senador Gómez Maestro: Los derechos del hombre y los del hambre (Valladolid).
Max Aub: Narciso.
Miguel de Unamuno: Romancero del destierro.
Pérez de Ayala: El curandero de su honra.
Ramón Gómez de la Serna: El caballero del hongo gris.
Valle-Inclán: Viva mi dueño.
Victoriano Crémer: Tendiendo el vuelo (poemas).
Victoriano García Martí: La tragedia de todos.
|
Máis culturas:
Nacen:
- Carlos Fuentes (Panamá; 2012 Ciudad de México).
- Fernando Lamberg (Valparaíso, Chile; 2011 Caracas).
- Gabriel García Márquez (Aracataca, Colombia; 2014 Ciudad de México).
- Manuel Scorza (Lima; 1983 Madrid).
- Salvador Garmendia (Barquisimeto; 2001 Caracas).
- Alan Sillitoe (Notthingham; 2010).
- Anne Sexton (Norton, Massachusetts; 1974 Boston).
- Edward Albee (Washington; 2016 Montauk).
- Tom Sharpe (Londres; 2013 Llafranc, Girona).
- William Kennedy (Albany, New York).
- William Trevor (Mitchelstown, Irlanda; 2016 Somerset, Reino Unido).
Morren:.
- Carlos Loveira (1882 Cuba).
- José Eustasio Rivera (New York; 1889 San Mateo, Colombia).
- Salvador Díaz Mirón (1853 México).
- Italo Svevo (1861 Trieste).
- Thomas Hardy (1840 Dorchester).
Huidobro regresa a París despois de raptar a adolescente da que estaba namorado. Dirixe con Tristan Tzara a sección literaria da revista “Feuille Volante”.
Arturo Uslar Pietri: Barrabás.
Conrado Nalé Roxlo: El grillo.
Germán Luco Cruchaga: La viuda de Apablaza (teatro).
Martín Luis Guzmán : El águila y la serpiente.
Ricardo Jaimes Freyre: Los conquistadores. Drama histórico en tres actos y en verso.
Aldous Huxley: Contrapunto.
André Bretón: Nadja.
Anna Seghers: Rebelión dos pescadores de Santa Bárbara.
Bertolt Brecht: Die Dreigroschenoper (A ópera de tres cuartos).
D. H. Lawrence: O amante de lady Chatterley.
David Herbert Lawrence: O amante de lady Chatterley (narrativa).
Ding Ling: Diario da señorita Cha-fei.
Georges Bataille: Histoire de l’œil.
Howard Phillips Lovecraft: The Dunwich Horror.
Jean Rhys: Postures.
Junichirô Tanizaki: Os insectos prefiren as estrugas.
Louis Aragon: Traité du style.
Mijaíl Shólojov: O Don apacible (1928-1940).
René Char: Les cloches sur le cœur.
Stefan George: Novo Imperio (poesía).
William Butler Yeats: The tower.
William Faulkner: O ruído e a furia (traducido ao galego por Xurxo Borrazás para a editorial Galaxia no 2007).
Tamén sucedeu...
- Nacen:
- O fotógrafo Alberto Schommer (Vitoria-Gasteiz; 2015 Donostia).
- Ernesto “Che” Guevara (Rosario, Argentina; 1967 La Higuera, Bolivia).
- O pintor Bernard Buffet (París; 1999 Tourtour).
- O director de cine Stanley Kubrick (New York; 1999).
- CINE:
- King Vidor: E o mundo marcha.
- Pudovkin: Tempestade sobre Asia.
- Jacques Feyder: Teresa Raquin.
- Luís Buñuel con Salvador Dalí: Un perro andaluz. (estreo en París).
- Carl Theodor Dreyer: Pasión de Juana de Arco.
- Picasso visita o taller de Julio González e iniciase na escultura de metal. Fai o proxecto da maqueta para o monumento a Apollinaire.
- Segunda estancia en París de Salvador Dalí.
- Miró: “Interiores holandeses”.
- O médico inglés Alexander Fleming descobre a penicilina.
- Escrivá de Balaguer funda en Madrid o Opus Dei.
- Catedráticos e estudiantes contra a ditadura primorriverista.
- Devaluación da peseta.
- Créase a liga española de fútbol.
- Carmona elixido presidente en Portugal. António de Oliveira Salazar , nomeado ministro de Finanzas.
- Chiang Kai-shek é nomeado presidente de China.
- Primeiro plan quinquenal na URSS.
- Guerra do Chaco entre Bolivia e Paraguai.
- O Reino Unido convértese no primeiro país que concede o voto ás mulleres.
- Morren:
- O escultor italiano Medardo Rosso (Milán; 1858 Torino).
- O director de cine Mauritz Stiller (Estocolmo; 1883 Helsinqui).