Diferenzas entre revisións de «1965»

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura
(Nacementos/Pasamentos)
(Nacementos/Pasamentos)
Liña 31: Liña 31:
 
||Ramón Loureiro Calvo (Sillobre, Fene).
 
||Ramón Loureiro Calvo (Sillobre, Fene).
 
|-
 
|-
||'''Santiago Jaureguizar '''(Bilbao).
+
||Santiago Jaureguizar (Bilbao).
 
|-
 
|-
||'''<strong>Xabier Cordal Fustes''' (A Coruña).</strong>
+
||Xabier Cordal Fustes (A Coruña).
 
|-
 
|-
||'''<strong><strong>Xosé Luna Sanmartín''' (A Estrada).</strong></strong>
+
||Xosé Luna Sanmartín (A Estrada).
 
|-
 
|-
 
||Xosé Monteagudo Folgar (Moraña).
 
||Xosé Monteagudo Folgar (Moraña).

Revisión como estaba o 10 de outubro de 2021 ás 18:29

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Día das Letras Galegas

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Anxos Romeo Barreiro (A Estrada).
Arximiro Villar González (Cee).
Begoña Paz Rey (A Coruña).
Francisco Xavier Frías Conde (Béjar).
Goretti Fariña Caamaño (Baión, Vilanova de Arousa).
Lois Xosé Pereira (Lugo).
Miguel Anxo Murado (Lugo).
Pablo Bouza Suárez (Fene).
Rafael Laso Lorenzo (Xinzo de Limia).
Ramón Loureiro Calvo (Sillobre, Fene).
Santiago Jaureguizar (Bilbao).
Xabier Cordal Fustes (A Coruña).
Xosé Luna Sanmartín (A Estrada).
Xosé Monteagudo Folgar (Moraña).
Skull.png
Pasamentos



Literatura
Ángel González López “Ángel Johán” (Madrid; 1901 Lugo).
Celestino Luis Crespo y Crespo (Betanzos, ibidem 1913).
Eugenio López Aydillo (1888 Ourense).
Lois Galo Vicente Carré Alvarellos (A Coruña; ibídem 1898).
Saturnino Piñeiro Groba (Vigo; 1876 Cristiñade, Ponteareas).
Vicente Llópiz Méndez-Esperante (Barcelona; 1896 Buenos Aires).
Xulio Sigüenza Raimúndez (Vigo; 1900 A Coruña).
Outros
O xornalista exiliado César Alvajar Diéguez (París; 1892 A Coruña).
A bailarina Carolina Otero “La Bella Otero” (Niza; 1868 Valga, Pontevedra).
A pintora Julia Minguillón (Madrid; 1906 Lugo).
José Mosquera Pérez “O vello dos contos” (Santiago; 1895 San Pedro de Carballal).
José Castro Veiga “Piloto”, o derradeiro guerrilleiro antifranquista abatido polas forzas do Réxime: (Pesqueiras, Chantada; 1915 Boelle, O Corgo).
O pintor José Ramón Villar Chao (A Coruña; 1927 Viveiro).

Publicacións

Galegas

  • Alberto Míguez Alvarellos : El pensamiento político de Castelao (Antoloxía bilingüe na Editorial Ruedo Ibérico. París. Ilustracións na capa de Seoane). En carta de Basilio Losada a Ramón Piñeiro (13 / 2 / 1966) di: “Estou agora esperando que manden de Buenos Aires (…) a Escolma parisián de Castelao. Palmás viuna xa i escribiume enrabexado decindo que o Míguez tallou e recoseu por onde quixo pra darnos a imaxe de Castelao que lle conviña. Era de esperar. Dende logo, escolmando retallos pódese chegar a unha imaxe de Castelao achegada ao marxismo, pero sempre será unha imaxe parcial na que habería que ter en conta fundamentalmente as circunstancias do intre histórico en que escrebiu determinados testos”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 508).

“…O Ministro de Información, Fraga Iribarne, estaría a preparar ou inspirar unha publicación sobre Castelao artista, intentando con verdadeira ousadía manipular o rianxeiro e facer dixestibel a súa figura polo franquismo. O asunto é que Isaac Díaz Pardo, fose certo ou falso o rumor, decidiu atallar a manobra e púxose de acordo con Luis Seoane e con José Martínez, director de “Ruedo Ibérico” en París (editorial antifascista xenerosamente subvencionada polo artista e empresario galego). Fraga Iribarne, ao non poder secuestrar a edición do libro por estar este editado en Francia, denunciou ao seu autor…o reo foi achado culpabel … Inmediatamente, Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane, cos pseudónimos respectivos de Máximo Broncos e Santiago Fernández, prepararon e publicaron, tamén en Ruedo Ibérico, o libro colectivo Galicia Hoxe, que habería de marcar un fito na historia da resistencia galega ao réxime de Franco” (X.L. Méndez Ferrín; “Faro de Vigo” 24-01-2000). Alberto Míguez é destituído do seu cargo de subdirector do diario “3M”, procesado no TOP e condenado a seis meses e un día de prisión (que non tivo que cumprir) e a unha multa de 10.000 pesetas. Foi defendido no proceso por Valentín Paz-Andrade. Nunha carta de Mariví Villaverde e Ramón de Valenzuela a Neira Vilas (10 de marzo de 1967) dise: “La defensa de Paz-Andrade fue de una cobardía absoluta, poco mas o menos vino a decir: es un buen muchacho y tienen que perdonarlo. El por su parte tampoco se lució mucho mas. La sala estaba llena de gente: había corresponsales a barullo y fue penoso que se desperdiciara una oportunidad así”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 587).

  • Álvaro Cunqueiro : A noite vai coma un río (Grial) e El Camino de Santiago e a versión francesa e inglesa desta guía turística (en edición de Faro de Vigo). Nomeado Pregoeiro Oficial do Camiño de Santiago e director de “Faro de Vigo”.
  • Andrés Torres Queiruga : Notas pra unha teoloxía do galeguismo (“Grial” nº 9).
  • Anne Marie Morris . Poeta alófona (Illinois 1916; ibídem 1999): Voz fuxitiva (Galaxia. Colec. Salnés. Prólogo de Ernesto Guerra da Cal. Ver “Grial” nº8, páx. 247).
  • Arcadio López Casanova : Sonetos da espranza presentida (colec. Ronsel de poesía. Lugo. “Grial” nº 10, páx. 492). Dende Monforte, escribe Manuel María a Neira Vilas (29 de marzo de 1963): “Arcadio López-Casanova é un mozo de 19 anos, lugués de nación, que estudia Filosofía e Letras en Santiago i é un dos millores alumnos da Universidade. Leva terceiro e cuarto de Facultade. I é tamén, pro meu xeito de ver, con moito, o mellor poeta novo de Galicia. É un home valente, intelixente e honesto. A súa poesía en galego, ainda inédita é dunha forza verdadeiramente impresioante. Iste ano levou o primeiro premio en galego nas Festas Minervales compostelás. Xa ten ainda ben poemas para un libro en galego que coido pubricará Illa nova. Istes días vai ir a Barcelona, viaxe que aproveitará para dar un recital ou unha conferencia no Centro Galego. Eu téñolle un afecto e unha ademiración estraordinaria”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).
  • Augusto María Casas Blanco : Servidume da treva (Colección Salnés de poesía. “Grial” nº 9, páx. 373).
  • Carlos A. Zubillaga Barrera : Castelao no arte galego (Ediciones Ronsel. Montevideo. “Grial” nº 12, páx. 249). 1966?
  • Celso Emilio Ferreiro publica en “Terra e Tempo”, órgano de expresión clandestino da UPG, varios poemas baixo o epígrafe “Cantigas da UPG”.
  • Crecente Vega (1896-1948): publícase a segunda edición de Codeseira con prólogo de Trapero Pardo (Lugo).
  • Domingo García-Sabell : Seoane, grabados (Edit. Galaxia), Picasso, empapelado e Concepto y vivencia. En torno al sistema intelectual de Américo Castro (Oxford. “Grial” nº 12, páx. 242).
  • Elsa Fernández (1933-1964): Lonxanía (Edit. Alén Mar con debuxos de Seoane). En carta de Basilio Losada a Ramón Piñeiro (22 de agosto) fai o seguinte comentario: “Recibín hai días o libro de poemas de Elsa Fernández. Os poemas pouca cousa son, pero o libro é fermosísimo. Leva grabados de Seoane, que fixo tamén a portada, e un retrato de Laxeiro”. (Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; Galaxia; páx. 466).
  • Emilia Estévez Villaverde : Á soma do Monterreal (Talleres Tipográficos E. Paredes Valdés. Pontevedra).
  • Germán Cid Justo: Mis pobres versos. Poemas en galego e castelán (Prólogo de Celso Emilio Ferreiro. Editorial La Región. Ourense).
  • José Luís López Cid : "O cazador de paxaros" (publicado na revista “Vieiros”).
  • José Luis Pensado Tomé : Estudios etimológicos galaico-portugueses (Universidad de Salamanca. “Grial” nº 11, páx. 122).
  • José María Álvarez Blázquez : "Literatura popular gallega en torno a Pardo de Cela" (Separata de “Cuaderno de Estudios Gallegos”. T. XX. Santiago. “Grial” nº 12, páx. 251).
  • Manuel Espiña Gamallo e Xosé Morente publican os Evanxeos en galego co título A palabra de Deus (Obradoiros de Moret, A Coruña).
  • Manuel Lucas Álvarez : Estructura económico-social de Galicia en la Edad Media (A Coruña).
  • Manuel María : no nº 508 de “A Nosa Terra” figura o seu poema “Acuso a clase media”.
  • Manuel Rodrigues Lapa : Cantigas d‘escarnho e de mal dizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses (Galaxia. “Grial” nº 8, páx. 238) e Miscelânea de lingua e literatura portuguesa medieval. O 26 de abril en carta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada escribe: “Nistes días temos eiquí ó amigo Rodrigues Lapa, que gosta de facer vida de estudante en Compostela.(…) O xénero de escárneo e mal decir sigue reflorecendo, non sei si fertilizado pola publicación do libro de Lapa. Onte trouxéronme istes dous poemas, que son, polo visto, as mostras máis recentes que circulan polo país. Mándochos prá túa coleición. En realidade pedinos pensando na túa curiosidade literaria e nas túas dotes de arquiveiro, pois penso que é ben que alguén garde estas cousas para o día de mañá”. En resposta de Basilio Losada (9 de maio): “Vexo que o éxito da edición das Cantigas de Escarnho refléxase nunha verdadeira guerra poética, na que o mesmo toca dar que recibir…”.O 19 de maio contesta Ramón Piñeiro: “… As cantigas de escarnho –ou, máis ben de maldecir- repetoutearon supetamente na nosa terra. Algunhas mostras son espléndidas. Pro, nos nosos tempos, iste deporte poético resulta arriscado, poisque o seudónimo dificilmente pode protexer ó autor das iras dos protagonistas. Tu mesmo terás identificado ó poeta a simple vista, así que maxínate os aludidos. O primeiro incidente xa ocurriu e foi bastantemente penoso. Supoño que lembras a “Bailada de fodienda nas Cies” –certamente feita con indudábel talento poético- referida ó matrimonio Ferrín na súa época de noivado. O Ferrín chegou á conclusión de que o autor de tal “Bailada” – e tamén dunha anterior cantiga tiduada “O fillo do xuez, comprometido” –era o Arcadio. Deciciu vengar a ofensa. O Día das Letras Galegas presentouse eiquí coa dona. Atopou ó Arcadio no Derby e díxolle que tiña que falar con il. Na mesma porta do café zoscoulle unha labazada e tumbouno. Saíron decontado Marino Dónega e mais Silvio Santiago e impediron que proseguise zoupándolle […] Figúrome que iste incidente esmagará ise agromar poético que tanto pulo anovador manifestaba. Unha inxuria tan persoal, aínda sendo poética, nona acepta doadamente o home dos nosos días”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 432, 437 e 438).
  • María Xosé Queizán : A orella no buraco (Galaxia. “Grial” nº 10, páx.488).
  • Maximino Brocos : “María Miramontes e Ramón Suárez Picallo” (“A Nosa Terra” nº 508).
  • Rafael Dieste : Diálogo de Manuel y David (Ediciones Teseo. Vigo. “Grial” nº 12, páx. 236).
    Xohana torres.jpg
  • Rafael Silva e J. R. Barreiro Fernández: El Pórtico de la Gloria (Prólogo de García Sabell. Santiago. “Grial” nº 11, páx. 119).
  • Ramón Otero Pedrayo : A aldea galega no seu decorrer histórico.
  • Ricardo Palmás Casal : Pelerinaxe (Ediciones Hoxe. Montevideo. “Grial” nº 10, páx 494).
  • Xenaro Mariñas del Valle : A revolta e outras farsas (Galaxia. “Grial” nº 11, páx. 112).
  • Xesús Carro García : A pelengrinaxe ao Xacobe de Galicia (Galaxia. “Grial” nº 8, páx. 244).
  • Xohana Torres : Á outra banda do Iber (teatro. Galaxia. “Grial” nº 9, páx. 370).
  • Xosé Alvilares Moure : "O crego i-o uso do idioma galego" (Conferencia pronunciada no Nadal de 1963 no Círculo das Artes de Lugo. Apéndice de Alonso Montero: “Literatura relixiosa en galego”. Círculo das Artes de Lugo). Recensión de Ramón Piñeiro en “Grial” nº10).
  • Xosé Neira Vilas : Xente no rodicio (Galaxia. “Grial” nº 8, páx. 249). Con data de 1 de maio, escríbelle Leandro Carré: “Estes días estou á lêr, precisamente, o seu libro de contos Xente no rodicio que ven de pubricar Galaxia. A linguaxe que emprega é correita e o estilo sinxelo e serio mais sentido. Gústanme eses contos que amostran a vida das xentes homildes no rodopío do rodicio que as abala no decurso dos días e dos anos impracábele e crúa. E unha relazón de realidades, de tristeiras realidades do vivir campesiño, rural e inculto”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).

Referíndose a esta obra, con data de 11 de febreiro escríbelle Ben-Cho-Shey: “Hoxe recollín o orixinal do seu libro de contos aprobado pola censura. Leínos afeito e gustáronme moito. Teñen fondura, emoción i están escritos nun léisico enxebre que, sendo escolleito, non resulta pedante. Pola contra, están feitos con soltura e naturalidade” (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).O 20 de setembro escríbelle Ramón Piñeiro: “Oportunamente lin, certamente con gran placer, os seus libros de prosa galega Memorias dun neno labrego e mais Xente no rodicio. Tanto un como outro, destacan notablemente polo idioma, que é certamente exemplar. Ben se pode decir que vostede é un dos bos coñecedores da nosa língoa, que manexa literariamente con fluidez e coa súa natural espresividade, sin violencias nin artificios”. Epistolario Ramón Piñeiro–Xosé Neira Vilas. Cadernos Ramón Piñeiro XXXII. Xunta de Galicia 2015.En “A Nosa Terra” nº 508 Neira Vilas escribe o artigo “Suárez Picallo e Follas Novas”, datado en La Habana no mes de febreiro: “Compre decir que esas verbas, eses desexos, guiaron sempre os nosos pasos no trafego de levar ós fogares galegos da América, coma un presente cordial, a testemuña do esprito dun povo que ó longo dos séculos se ven manifestando con voz propia. Voz da que Suárez Picallo foi perante anos e latitudes, xenuino e afervoado mensaxeiro”.

Relativas a Galicia

  • A empresa Cartonajes ANMI publica en Lugo, Platero e mais eu. Homenaxe galego a Juan Ramón Jiménez i a Platero, almanaque para 1966 promovido por Ángel Gómez Camarón, con tradución de 15 capítulos do libro e ilustracións (Sebastián Martínez Risco, Otero Pedrayo, Celso Emilio, Alonso Montero, Manuel María, Méndez Ferrín, Camilo G. Suárez Llanos, Arcadio López Casanova, Mª Xosé Queizán, Ben-Cho-Shey, Xohana Torres, Ánxel Fole, Carballo Calero... e os artistas Saturno Lois, Colmeiro, Grandío, Díaz Pardo, Virxilio, Maside, Laxeiro, M. Pesqueira, Blas Lourés, Manuel del Río...). Estaba coordenado por Xesús Alonso Montero. Foi prologado por Ánxel Fole co ensaio “Juan Ramón Jiménez visto por nós”. Comezaba con este texto: “Cartonaxes Anmi quere que os seus amigos e clientes camiñen este ano d’acabalo do burro máis famoso e humano que se coñece. Colaboran nesta camiñata os debuxantes e tradutores galegos…”. Cartonajes ANMI era un obradoiro que se dedicaba a facer bandexas e caixas para doces, empanadas… O seu dono era Ángel Gómez Camarón de ideas socialistas e amigo de Ánxel Fole. O día 7 de marzo de 2014 escribe Alonso Montero en “La Voz de Galicia”: “Platero e mais eu, ademais de reproducir o burro que protagoniza un capítulo de Cousas, de Castelao, contiña unha chea de efemérides, ao longo dos doce meses, de contido político-social pouco gratas aos censores da época”.
  • Primeiro número de “Terra e Tempo”, voceiro da UPG (Santiago): “Este primeiro número de TERRA E TEMPO quere chegar a ti, compañeiro, coas palabras auténticas da nosa terra: coa voz do labrego, do mariñeiro e do obreiro industrial, que compoñen os tres estamentos fundamentais da nosa nacionalidade”.
  • No nº 508 de “A Nosa Terra” hai varios artigos de reacción sobre os resultados dunha enquisa do Faro de Vigo (13-25 de agosto de 1964) na que os cregos rurais se amosan en contra da liturxia en galego.
  • No mes de marzo sae en Caracas a publicación “Irmandade”, subtitulada “Boletín mensual de la Hermandad Gallega”, dirixida nun principio por Celso Emilio Ferreiro.
  • Aparece a “Revista Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses”, co subtítulo de “Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses. Boletín creado por el Excelentísimo Ayuntamiento de La Coruña”, figurando como director Antonio Gil Merino.
  • Na revista “Islas”, creada no 1961 en La Habana como voceiro da Universidade Central de Las Villas, Santa Clara, publicase o traballo de Neira Vilas “La poesía de Novoneyra”, no número de outubro-decembro, onde aparecen traducidos vinte e un poemas do poeta do Courel, acompañados de ilustracións de René Portocarrero.
  • Albino Núñez Domínguez publica o 19 de xuño en “La Noche” a versión en galego do poema de A. Machado “Retrato”, que segundo Claudio Rodríguez Fer, poidera ser a primeira tradución ao galego dun texto machadiano.
  • En carta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada (1 de maio) di: “Outra boa historia é a dos Albino Núñez e demais comparsa ourensana. Alí hai dous núcleos moi aitivos e particularmente virulentos, o risquista e mais o marxista, que, paradoxicamente, coinciden moi fraternalmente contra nós. Como é natural, ambos atacan asañadamente a Galaxia, e no orde persoal a Otero Pedrayo en primeiro lugar i a min en segundo. O Albino i os seus son do grupo do Soto (…) e, polo mesmo, avencellados con todo ise gremio dos Ferrín, os Arxona, os Celso Emilio, etc., que agora xeirean ben co Alonso Montero, O cribeiro, o Cuña, etc., inda que van en dous carros distintos pro coinciden en axuntar as súas forzas pra nos daren a batalla a nós en nome dun galeguismo “popular”, “social”, “realista”, “progresivo”, etc. Pra eso lévase a cabo unha campaña cínica e despiadada contra tódolos nomes que consideran máis ou menos representativos da liña galaxia (...).En esencia, a batalla marxista contra o galeguismo básase nistes dous puntos de apoio: acusalo de culturalista i evasionista e desacreditar as persoas que, en opinión diles, o poden representar diante da opinión pública. Pra intentar semellante batalla non cabe máis que un recurso: mentir, falsear cinicamente os feitos. Pois ben, esa é xustamente a arma que manexan”. (Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; Galaxia; páx. 431).
  • A revista “La estafeta literaria” (1944) publica este ano en tres números un “Mapa literario de Galicia” e un dicionario de escritores.
  • O Círculo das Artes de Lugo edita o volume Galicia y Francia de Epifanio Ramos de Castro e Xesús Alonso Montero (“Grial” nº 10, páx. 498).
  • A Universidade Nacional de la Plata publica o libro Fray Jerónimo Feijoo y Montenegro. Estudios reunidos en conmemoración del II centenario de su muerte “Grial” nº 10, páx. 490.
  • A. Barreiro Gómez: Sistematización del conocer-ser-tiempo según Ángel Amor Ruibal (Ediciones Celta. “Grial” nº 12, páx. 250).
  • Albino Núñez Domínguez: Toponimia galaica.
  • Anisia Miranda. Becados (Editora Juvenil. La Habana).
  • Antonio Meijide Pardo: Mercaderes catalanes en Galicia. Juan Carré y Bartra. 1806-1844 (Santiago) e “El hambre de 1768-1769 en Galicia y la obra asistencial del estamento eclesiástico compostelano” (Separata da revista “Compostellanum”. Santiago. “Grial” nº 12, páx. 252).
  • Carlos Martínez-Barbeito: Evocación de José Cornide (Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses. “Grial” nº 11, páx. 124).
  • Díaz Pardo: El escultor Emiliano Barral e 20 desnudos de Cecilia la acróbata (Ambos os dous en Ed. do Castro).
    Diaz pardo2.jpg
  • Domingo Álvarez Álvarez: Jergas de Galicia. Las de los tejeros, carteros, albañiles y paragüeros (Tomiño “Grial” nº 15, páx. 115).
  • Emilio Canda Pérez: Caminos de Damasco. Comedia dramática en dos actos.
  • Felipe Bello Piñeiro: Cerámica de Sargadelos. Ediciós do Castro. “Grial” nº 11, páx. 120.
  • Gian Lorenzo Mellini: Maestro Mateo a Santiago de Compostela (Sadea-Sansoni, editori, Florencia. “Grial” nº 16, páx. 249).
  • Gonzalo Torrente Malvido: La raya (Premio Café Gijón) e La muerte dormida.
  • José Fernández Méndez: Dibuxos de Cebreiro.
  • José Santiago Crespo Pozo: Blasones y linajes de Galicia. Parte genealógica (Tomo III. Editorial de los Bibliófilos Gallegos. Santiago. “Grial” nº 16, páx. 250).
  • Juan Miguel Moreiras Montero: Escritores traducidos al gallego.
  • Juan Naya: Noticia histórica de las galerías coruñesas y relación de arquitectos de La Coruña desde que se creó el cargo hasta el presente (Instituto José Cornide de Estudios coruñeses “Grial” nº 12, páx. 254).
  • Manuel Rodrígues Lapa: Miscelánea de lingua e literatura portuguesa medieval (Instituto Nacional do Livro. Ministerio de Educação e Cultura. Río de Janeiro. “Grial” nº 16, páx. 231).
  • María Victoria Carballo-Calero Ramos: Escultura contemporánea en el Museo de Lugo (“Grial” nº 11, páx. 123).
  • Ramón González-Alegre Bálgoma: Por entre el arpa y la saudade (Vigo).
  • Ricardo Mora:Hombres y dornas (Vigo. Datado en 1950).
  • Salvador de Madariaga: Retrato de un hombre de pie (Barcelona).
  • Santiago Montero Díaz: Diego Gelmírez: Historia de una fama (Madrid).
  • Sigrid Buschmann: Beitrage zum etymologischen Wörterbuch des Galizische (Bonn. Volume I).
  • T. Barros: Los procesos abstractivos del arte contemporáneo (Ed. Do Castro).
  • Victoria Armesto: Dos gallegos, Feijoo y Sarmiento (A Coruña).

Acontecementos

  • Cátedra de Lingua e Literatura galega na Universidade de Santiago.
  • A UPG saca un documento baixo o título “Acusamos” que é o primeiro manifesto dun partido político sobre o asunto da liturxia en galego. Nel declara ao clero galego enemigo do pobo por non incorporar o galego á liturxia. Esta acción da UPG orixinou un contramanifesto, o “Informe da Mocedade Galega Católica”, liderada por Fontenla. Sobre isto fala Basilio Losada na súa carta a Ramón Piñeiro (22 de agosto): “Vin a folla que argallou Fontenla como resposta aos da U.P.G, Non me parece gran cousa nin pola folla en si nin como maniobra política. Penso que vai provocar unha escisión aínda máis forte entre a xente galega. E ademais, o feito de que a Xerarquía se decate de que hai unha posición de violencia, un ala estremista e violentamente acusatoria, e aínda amenazadora, no galeguismo poida que seña beneficioso”. (Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; Galaxia; páx. 467).
  • O 25 de xullo, na tradicional misa a Rosalía, o xesuíta Xaime Seixas di a primeira misa en galego, utilizando o ritual recén publicado (referencias en “Grial” nº 10). Xa antes, noutros lugares, misara en galego, sen permiso ou como el indicaba “co permiso do Espíritu Santo”, segundo informa Alonso Montero no artigo “O Padre Seixas, orador en galego” (La Voz de Galicia, 18 de xaneiro de 2014). A segunda misa tivo lugar en Betanzos o 8 de novembro, oficiada polo Padre Vicente Lousa.

En carta de 23 de xullo en carta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada coméntase o feito anterior: “O 25 a misa de Rosalía será en galego. Os da mocedade editaron unha traducción galega do Ordinario da Misa que tiñan autorizada no ano 63, antes das reformas litúrxicas do concilio. Dous xóvenes coengos fixeron a traducción galega dos Evanxelios, que serán publicados axiña –están na Academia agardando un dictamen ortográfico- e a continuación seguirán traducindo todo o Novo Testamento i o Misal enteiro. Con esta base comenzarán as misas en galego, primeiro nas cidades, para lle quitar aos cregos ise complexo de inferioridade idiomática que teñen, certamente moi semellante ó das criadas. Eu teño confianza no clero xoven. Conozo algúns moi bós”. (Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; Galaxia; páx. 459). Noutra carta posterior (13 de agosto), engade: “O acontecemento resultou impresionante pola súa autenticidade espontánea. Abondou con anunciar que a Misa sería en galego pra que acudise, sin máis, un río de xente. Había de todo: catedráticos de varias universidades, diplomáticos, exgobernadores franquistas, financieiros, comerciantes, escritores, artistas, médicos, abogados, artesanos, campesiños, obreiros, universitarios, cregos, frades, monxas, etc. E todos rezaban en galego con un fervor realmente contaxioso”. (Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; Galaxia; páx. 463).

En resposta de Basilio Losada (22 de agosto), fai referencia ao crego catalán P. Totosaus: “Onte pasou pola miña casa o P. Totosaus, despois do seu viaxe por Galicia (…) Totosaus fixo a segunda misa en galego que se fixo en Galicia (…). Foi pra Totosaus unha das máis emocionantes misas que dixo na súa vida, ver o fervor das xentes, vivir a experiencia dunha misa nunha lingoa pra el tan estraña. Por certo que a versión de algunhas partes fixérona os da aldea axudados polo maxisterio de Fontenla. E a homilía tamén foi en galego”, (Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; Galaxia; páx. 465).

  • O “Patronato da Cultura Galega” de Montevideo, xestiona ante a Universidade da República a instauración do primeiro curso de lingua galega a nivel superior que se ditou, con recoñecemento curricular, no mundo.
  • Manuel Lourenzo funda o grupo teatral “O Facho”.
    Manuel lourenzo.jpg
  • Blanco Amor regresa a Galicia.
  • O Padre Silva organiza en Barcelona unhas “Jornadas de confraternización juvenil galaico-catalana” con actos culturais e unha tómbola para recadar cartos para o circo da “Ciudad de los muchachos” de Ourense. Os actos constan de conferencias de Ferrín, Francisco Domínguez Romero, C. E. Ferreiro e unha “Muestra de arte gallego” con obras de Ortiz, Patiño, Quessada, Virxilio Fernández, Manzano, Baltar… Houbo protestas de comerciantes das Ramblas e da opinión pública en xeral polo permiso concedido á tómbola que antes se lle denegara ao Hospital de San Pau e á Cruz Vermella.
  • Luís Seoane : “Bestiario” (gravados en madeira).
  • O pintor Leopoldo Nóvoa instálase en París.
  • O fotógrafo José Suárez publica un libro sobre La Mancha con fotografías en branco e negro.
  • O Concello de Pontevedra autoriza a construción dunha fábrica de celulosas na ría.
  • Fundación na Coruña do Partido Socialista Galego (PSG): Beiras Torrado, García Bodaño, Caamaño… e o seu boletín “Adiante”.
  • Os príncipes don Juan Carlos e dona Sofía visitan Santiago.
  • No mes de xullo, Franco é nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Santiago.

Premios

  • Premio Castelao de Teatro Galego: A revolta de Xenaro Mariñas del Valle .
  • Pedrón de Ouro: Isidro Parga Pondal .
  • Emilio Canda Premio Nacional de Teatro por Caminos de Damasco.
  • Fernando Ruibal gaña o primeiro premio do XXII Concurso Galego de Banda Deseñada.
  • Convócase en Cuba un concurso de narrativa infantil para conmemorar a Xornada internacional da Infancia. O primeiro premio obtivérono ex aequo, Neira Vilas (Aventuras de juguetes, publicado pola editorial cubana Gente Nueva) e Anisia Miranda (La primera aventura, que publicaría logo en galego Ediciós do Castro).

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Alberto Míguez Alvarellos : El pensamiento político de Castelao (Antoloxía bilingüe na Editorial Ruedo Ibérico. París. Ilustracións na capa de Seoane). En carta de Basilio Losada a Ramón Piñeiro (13 / 2 / 1966) di: “Estou agora esperando que manden de Buenos Aires (…) a Escolma parisián de Castelao. Palmás viuna xa i escribiume enrabexado decindo que o Míguez tallou e recoseu por onde quixo pra darnos a imaxe de Castelao que lle conviña. Era de esperar. Dende logo, escolmando retallos pódese chegar a unha imaxe de Castelao achegada ao marxismo, pero sempre será unha imaxe parcial na que habería que ter en conta fundamentalmente as circunstancias do intre histórico en que escrebiu determinados testos”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 508).
Alberto Míguez Alvarellos é destituído do seu cargo de subdirector do diario “3M”, procesado no TOP e condenado a seis meses e un día de prisión (que non tivo que cumprir) e a unha multa de 10.000 pesetas. Foi defendido no proceso por Valentín Paz-Andrade. Nunha carta de Mariví Villaverde e Ramón de Valenzuela a Neira Vilas (10 de marzo de 1967) dise: “La defensa de Paz-Andrade fue de una cobardía absoluta, poco mas o menos vino a decir: es un buen muchacho y tienen que perdonarlo. El por su parte tampoco se lució mucho mas. La sala estaba llena de gente: había corresponsales a barullo y fue penoso que se desperdiciara una oportunidad así”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 587).
Arcadio López Casanova : Sonetos da espranza presentida (colec. Ronsel de poesía. Lugo. “Grial” nº 10, páx. 492). Dende Monforte, escribe Manuel María a Xosé Neira Vilas (29 de marzo de 1963): “Arcadio López-Casanova é un mozo de 19 anos, lugués de nación, que estudia Filosofía e Letras en Santiago i é un dos millores alumnos da Universidade. Leva terceiro e cuarto de Facultade. I é tamén, pro meu xeito de ver, con moito, o mellor poeta novo de Galicia. É un home valente, intelixente e honesto. A súa poesía en galego, ainda inédita é dunha forza verdadeiramente impresioante. Iste ano levou o primeiro premio en galego nas Festas Minervales compostelás. Xa ten ainda ben poemas para un libro en galego que coido pubricará Illa nova. Istes días vai ir a Barcelona, viaxe que aproveitará para dar un recital ou unha conferencia no Centro Galego. Eu téñolle un afecto e unha ademiración estraordinaria”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).
Domingo García - Sabell en marzo dá unha conferencia en Barcelona á que fai referencia Basilio Losada en carta a Ramón Piñeiro (25 de marzo): “Foise xa García-Sabell. Saíu onte para Madrid, e o luns estará en Compostela. Pasamos uns días inesquecibles, e pra min especialmente importantes non sólo pola oportunidade de contacto persoal que tanto desexaba -é un home dunha enorme cordialidade humán, dun engado e dunha sinxeleza enormemente atraíntes- sinón tamén pola formidable conferencia que lle oín: a mellor conferencia que levo oído na miña vida. O tema era algo encol do diagnóstico médico, é decir, algo aparentemente alonxado dos eidos a min accesibles, pero foi muito máis, foi unha visión da nova meiciña, con perspeitiva cultural amplísima i esbozando temas básicos do noso tempo”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 411).
Elsa Fernández (1933-1964): Lonxanía (Edit. Alén Mar con debuxos de Seoane). En carta de Basilio Losada a Ramón Piñeiro (22 de agosto) fai o seguinte comentario: “Recibín hai días o libro de poemas de Elsa Fernández. Os poemas pouca cousa son, pero o libro é fermosísimo. Leva grabados de Deoane, que fixo tamén a portada, e un retrato de Laxeiro”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 466).
Manuel Rodrigues Lapa : Cantigas d‘escarnho e de mal dizer dos cancioneiros medievais galego-portugueses (Galaxia. “Grial” nº 8, páx. 238) e Miscelânea de lingua e literatura portuguesa medieval.O 26 de abril en carta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada escribe: “Nistes días temos eiquí ó amigo Rodrigues Lapa, que gosta de facer vida de estudante en Compostela.(…) O xénero de escárneo e mal decir sigue reflorecendo, non sei si fertilizado pola publicación do libro de Lapa. Onte trouxéronme istes dous poemas, que son, polo visto, as mostras máis recentes que circulan polo país. Mándochos prá túa coleición. En realidade pedinos pensando na túa curiosidade literaria e nas túas dotes de arquiveiro, pois penso que é ben que alguén garde estas cousas para o día de mañá”. En resposta de Basilio Losada (9 de maio): “Vexo que o éxito da edición das Cantigas de Escarnho refléxase nunha verdadeira guerra poética, na que o mesmo toca dar que recibir…”.O 19 de maio contesta Ramón Piñeiro: “… As cantigas de escarnho –ou, máis ben de maldecir- repetoutearon supetamente na nosa terra. Algunhas mostras son espléndidas. Pro, nos nosos tempos, iste deporte poético resulta arriscado, poisque o seudónimo dificilmente pode protexer ó autor das iras dos protagonistas. Tu mesmo terás identificado ó poeta a simple vista, así que maxínate os aludidos. O primeiro incidente xa ocurriu e foi bastantemente penoso. Supoño que lembras a “Bailada de fodienda nas Cies” –certamente feita con indudábel talento poético- referida ó matrimonio Ferrín na súa época de noivado. O Ferrín chegou á conclusión de que o autor de tal “Bailada” – e tamén dunha anterior cantiga tiduada “O fillo do xuez, comprometido” –era o Arcadio. Deciciu vengar a ofensa. O Día das Letras Galegas presentouse eiquí coa dona. Atopou ó Arcadio no Derby e díxolle que tiña que falar con il. Na mesma porta do café zoscoulle unha labazada e tumbouno. Saíron decontado Marino Dónega e mais Silvio Santiago e impediron que proseguise zoupándolle […] Figúrome que iste incidente esmagará ise agromar poético que tanto pulo anovador manifestaba. Unha inxuria tan persoal, aínda sendo poética, nona acepta doadamente o home dos nosos días”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 432, 437 e 438).
Xosé Neira Vilas: Xente no rodicio (Galaxia. “Grial” nº 8, páx. 249). Con data de 1 de maio, escríbelle Leandro Carré: “Estes días estou á lêr, precisamente, o seu libro de contos Xente no rodicio que ven de pubricar Galaxia. A linguaxe que emprega é correita e o estilo sinxelo e serio mais sentido. Gústanme eses contos que amostran a vida das xentes homildes no rodopío do rodicio que as abala no decurso dos días e dos anos impracábele e crúa. E unha relazón de realidades, de tristeiras realidades do vivir campesiño, rural e inculto”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).
Referíndose a esta obra, con data de 11 de febreiro escríbelle Ben-Cho-Shey: “Hoxe recollín o orixinal do seu libro de contos aprobado pola censura. Leínos afeito e gustáronme moito. Teñen fondura, emoción i están escritos nun léisico enxebre que, sendo escolleito, non resulta pedante. Pola contra, están feitos con soltura e naturalidade” (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).
O 20 de setembro escríbelle Ramón Piñeiro : “Oportunamente lin, certamente con gran placer, os seus libros de prosa galega Memorias dun neno labrego e mais Xente no rodicio. Tanto un como outro, destacan notablemente polo idioma, que é certamente exemplar. Ben se pode decir que vostede é un dos bos coñecedores da nosa língoa, que manexa literariamente con fluidez e coa súa natural espresividade, sin violencias nin artificios”. Epistolario Ramón Piñeiro–Xosé Neira Vilas. Cadernos Ramón Piñeiro XXXII. Xunta de Galicia 2015.
Con data de 13 de abril, escribe Otero Pedrayo a Ramón Piñeiro : “Mañán irei pasar o día a Trasalba. Os vellos ca nosa tristura, nosos metafísicos medos, as arroutadas tolas de vila, as roínas dubidosas dos nosos seres, apoiadas en caxatos de argumentos románticos, estamos millor perto das vellas roseiras que arrecenden pra todos e do amor dos soutos agora vagamente verdecentes”.
O 9 de maio escribe Basilio Losada a Ramón Piñeiro : “A semana pasada estivo en Barcelona Rof Carballo. Deu unha conferencia na Aula Magna (…) que causou verdadeiro entusiasmo. Comenzou decindo: “No puedo menos de dedicar un emocionado recuerdo a la personalidad eminente del Dr. Pi Suñer, recientemente muerto en el exilio, entre el silencio vergonzoso de la prensa de nuestro país”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 433).


En resposta de Ramón Piñeiro (19 de maio) comenta: “Alégrome de que tuveras ocasión de conocer a Rof Carballo. Como eu conozo, admiro e quero moito ós dous, non me resulta doado establecer un paralelo entre il e García-Sabell. Tomando por base o que ti apuntas na túa carta, eu diría que, en conxunto, a preparación cultural e máis amplia e sólida en Rof, mentres que Sabell é superior en sensibilidade i en brillantez. Os dous son moi intelixentes, pro temperamentalmente moi distintos: Rof máis intelectual que emotivo; Sabell máis emotivo –mesmo diría pasional- que cerebral. Estou convencido de que no temperamento de Sabell está acobillado un grande artista e no de Rof un gran intelectual. Nin un nin outro deron aínda a medida plena da súa persoalidade, en parte debido ó gran derroche de enerxías que lles absorbe a actividade profesional. Son dúas grandes persoalidades das que podemos agardar – e agardamos- unha aportación trascendente á nosa cultura. Dende logo o avencellamento persoal a Galicia é en Sabell máis pleno e rotundo. Vive máis a fondo a realidade galega i a súa reaición temperamental é máis emotiva. Pro tamén é certo que Rof, que leva toda a vida fora de Galicia, que trunfou en Madrid, que ten grandes vencellos de todo tipo coa realidade madrileña na que vive, conserva limpo e san o seu celme galego. Hoxe en día coido que iles dous, xunto con Celestino, son os intelectuales de tipo e nivel europeo con que contamos. Dos tres, o máis preparado coido que é Rof, o máis crítico, Celestino; o máis completo, Sabell, porque a unha espléndida preparación cultural une unha finísima sensibilidade, unha brillantez espresiva i unha capacidade de entusiasmo que moi raras veces coinciden en tal medida nunha mesma persoa”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 438-439).

En carta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada (22 de outubro) escribe: “Resulta curioso ouservar a evolución –completamente xeneralizada- da xente de letras, que cada vez dispón de menos tempo libre prá cultura. Está visto que esta civilización rexida por criterios económicos, que vai trunfando en todas partes, ten de bo a súa positiva eficiencia pra elevar os niveles do benestar e ten de malo a súa implacábel aniquilación do tempo libre. É non é cousa que se poida remediar. Imponse de seu. Por eso, empresas culturás como o Grial, que só se poden alimentar do tempo libre, do tempo desinteresado dos inteleituás, non poderán pervivir moito tempo. Cada época ten as súas leis internas. Na nosa, as leis internas están trazadas pola economía. Con todo, nunha perspeitiva lonxana, non creo que seña xustificado o pesimismo. Cando se acaben as necesarias conquistas económicas, é seguro que se sentirá novamente a necesidade do tempo libre e dos bens desinteresados que só no tempo libre agroman. Entón, o mundo florecerá en espléndidos Griales”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 484).
A UPG saca un documento baixo o título “Acusamos” que é o primeiro manifesto dun partido político sobre o asunto da liturxia en galego. Nel declara ao clero galego nemigo do pobo por non incorporar o galego á liturxia. Esta acción da UPG orixinou un contramanifesto, o “Informe da Mocedade Galega Católica”, liderada por Fontenla. Sobre isto fala Basilio Losada na súa carta a Ramón Piñeiro (22 de agosto): “Vin a folla que argallou Fontenla como resposta aos da U.P.G, Non me parece gran cousa nin pola folla en si nin como maniobra política. Penso que vai provocar unha escisión aínda máis forte entre a xente galega. E ademais, o feito de que a Xerarquía se decate de que hai unha posición de violencia, un ala estremista e violentamente acusatoria, e aínda amenazadora, no galeguismo poida que seña beneficioso”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 467).
O 25 de xullo, na tradicional misa a Rosalía, o xesuíta Xaime Seixas di a primeira misa en galego, utilizando o ritual recén publicado (referencias en “Grial” nº 10). Xa antes, noutros lugares, misara en galego, sen permiso ou como el indicaba “co permiso do Espíritu Santo”, segundo informa Alonso Montero no artigo “O Padre Seixas, orador en galego” (La Voz de Galicia, 18 de xaneiro de 2014). A segunda misa tivo lugar en Betanzos o 8 de novembro, oficiada polo Padre Vicente Lousa.


En carta de 23 de xullo en carta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada coméntase o feito anterior: “O 25 a misa de Rosalía será en galego. Os da mocedade editaron unha traducción galega do Ordinario da Misa que tiñan autorizada no ano 63, antes das reformas litúrxicas do concilio. Dous xóvenes coengos fixeron a traducción galega dos Evanxelios, que serán publicados axiña –están na Academia agardando un dictamen ortográfico- e a continuación seguirán traducindo todo o Novo Testamento i o Misal enteiro. Con esta base comenzarán as misas en galego, primeiro nas cidades, para lle quitar aos cregos ise complexo de inferioridade idiomática que teñen, certamente moi semellante ó das criadas. Eu teño confianza no clero xoven. Conozo algúns moi bós”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 459).Noutra carta posterior (13 de agosto), engade: “O acontecemento resultou impresionante pola súa autenticidade espontánea. Abondou con anunciar que a Misa sería en galego pra que acudise, sin máis, un río de xente. Había de todo: catedráticos de varias universidades, diplomáticos, exgobernadores franquistas, financieiros, comerciantes, escritores, artistas, médicos, abogados, artesanos, campesiños, obreiros, universitarios, cregos, frades, monxas, etc. E todos rezaban en galego con un fervor realmente contaxioso”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 463).



En resposta de Basilio Losada (22 de agosto), fai referencia ao crego catalán P. Totosaus: “Onte pasou pola miña casa o P. Totosaus, despois do seu viaxe por Galicia (…) Totosaus fixo a segunda misa en galego que se fixo en Galicia (…). Foi pra Totosaus unha das máis emocionantes misas que dixo na súa vida, ver o fervor das xentes, vivir a experiencia dunha misa nunha lingoa pra el tan estraña. Por certo que a versión de algunhas partes fixérona os da aldea axudados polo maxisterio de Fontenla. E a homilía tamén foi en galego”, Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 465).

En marzo, Eduardo Blanco Amor deixa a dirección da revista “Galicia” do Centro Galego de Buenos Aires a Luís Seoane (nº 543), quen en carta a Díaz Pardo (21de xuño) escribe: “Cada vez veo mi porvenir más confuso en el sentido de no percibir claramente un destino para el futuro. Estoy muy arrepentido de aceptar la dirección de la revista del Centro…”.


Noutra carta do 7 de xullo dille: “El arte está comprometido siempre, aunque a veces resulte difícil de entenderlo a los agitadores del compromiso y a los otros, los que piensan que el artista debe ser ajeno a las cuestiones de los hombres”.


En carta do 5 de novembro escríbelle Luís Seoane a Díaz Pardo: “En cuanto a la Argentina estamos como si quisiéramos llegar a alguna costa lo mismo que náufragos sobre una tabla, siempre a punto de que una nueva tormenta o algún tiburón trate de impedirlo (…) Dime como está el otoño en Galicia y si las rías guardan recuerdo de nosotros, de todos los que un día las abandonamos. Aquí los fuertes vientos del norte o del sur acaban por llevarse todos los recuerdos. De nada queda memoria”.


En carta de Víctor Luis Molinari a Neira Vilas (17 de setembro) dille: “El kiosko de ventas de libros del Centro Gallego está atendido por Tacholas, actor y amigo entrañable”.(Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx.325).
Albino Núñez Domínguez publica o 19 de xuño en “La Noche” a versión en galego do poema de A. Machado “Retrato”, que segundo Claudio Rodríguez Fer, poidera ser a primeira tradución ao galego dun texto machadiano.


En carta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada (1 de maio) di: “Outra boa historia é a dos Albino Núñez e demais comparsa ourensana. Alí hai dous núcleos moi aitivos e particularmente virulentos, o risquista e mais o marxista, que, paradoxicamente, coinciden moi fraternalmente contra nós. Como é natural, ambos atacan asañadamente a Galaxia, e no orde persoal a Otero Pedrayo en primeiro lugar i a min en segundo. O Albino i os seus son do grupo do Soto (…) e, polo mesmo, avencellados con todo ise gremio dos Ferrín, os Arxona, os Celso Emilio, etc., que agora xeirean ben co Alonso Montero, O cribeiro, o Cuña, etc., inda que van en dous carros distintos pro coinciden en axuntar as súas forzas pra nos daren a batalla a nós en nome dun galeguismo “popular”, “social”, “realista”, “progresivo”, etc. Pra eso lévase a cabo unha campaña cínica e despiadada contra tódolos nomes que consideran máis ou menos representativos da liña galaxia (...).En esencia, a batalla marxista contra o galeguismo básase nistes dous puntos de apoio: acusalo de culturalista i evasionista e desacreditar as persoas que, en opinión diles, o poden representar diante da opinión pública. Pra intentar semellante batalla non cabe máis que un recurso: mentir, falsear cinicamente os feitos. Pois ben, esa é xustamente a arma que manexan”.Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 431).


En carta a Ramón Piñeiro (25 de abril), escribe Basilio Losada : “As obras completas de Riba –merqueinas onte- son unha maravilla. Unha edición fermosísima. É tremendo o pulo que a edición en catalán conqueriu nos derradeiros tempos. Ver os catálogos é algo abraiante, as mellores firmas das literaturas modernas están sendo vertidas ao catalán polos mellores escritores, teñen unha coleición –mellor dito, dúas- de novelas policiales. A feira do libro foi un gran trunfo pra o libro catalán. ¡Cando conqueriremos nós algo semellante! Dende logo hai que ter en conta o lastre que supón a nosa masa labrega, falta como é lóxico de sensibilidade política e cultural, e, máis aínda da nosa burguesía, que non lee nin en galego nin en castelán”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 426).

Sumarios

“GRIAL” Nº 7

Eduard Spranger: A forza enxendradora da moral. Ramón Lugrís: George F. Kennan e o problema da coeisistencia pacífica. Carlos P. Otero: Con la benia de la Academia. Carlos Casares: Narraciós. I. Millán González-Pardo: En lembranza de T. S. Eliot. M. M. S.: Eliot crítico. Rubén García: San Pedro de Mezonzo y la Salve Regina. Salvador Lorenzana: A xeneración “Nós” na cultura galega. Xohán Ledo: A obra arquitectónica de Gómez Román. M. Rodrigues Lapa: As “jarchas” e as orixes da lírica galego-portuguesa. J.L. Franco Grande: África se busca a si misma. Plácido R. Castro: Lembranza de Robert Burns.


GRIAL Nº 8

Otero Pedrayo: A aldea galega no seu decorrer histórico. J. Manteiga Pedrares: La realidad y la esencia. Reflexiones en torno al pensamiento filosófico de Xavier Zubiri. Plácido R. Castro: As Rubáyiát de Omar Kayyam. Camilo G. Suárez-Llanos: Notas pra unha visión actual do problema da Literatura galega. Roberto Martínez Andrade: Momentos de la cultura europea. M. Rodrigues Lapa: Un episodio das guerras de Restauración. Invasión da Galiza en 1665. Jules Feiffer: Arnold a gatas. Basilio Losada: Mostra de arte galego en Barcelona. X. A. Arxona: Encol da representación política de Galicia na Baixa Idade Media. Xohana Torres: Stanislawski e o teatro moderno. Sobre unha cantiga de Pero Annes Solaz.

GRIAL Nº 9

X. M. López Nogueira: Existencia e sociedade I. Bernardino Graña: Campanas, templos, sombras de Rosalía. Andrés Torres Queiruga: Nota pra unha teoloxía do galeguismo. Manuel María: As augas van caudales. Manuel Lago González: Elogio de la lengua gallega. R. Otero Pedrayo: Un xoven Doctor do XIX. Salvador Lorenzana: “O cemiterio mariño” de Paul Valery. R. Carballo Calero: A arbre. A. T. Tvardovski: Non, a vida me non estolóu no meu quiñón. Darío Álvarez Blázquez: Un poeta meu amigo. J. L. Y.: Una lengua hispánica junto a los verdes castros. R. Carballo Calero: Bibliografía rosaliana. C. Barreiros: Os derradeiros pasos da novela francesa.

GRIAL Nº 10

M. Rubén García Álvarez: A cociña e a mesa na Galicia de hai mil anos.Amable Veiga Arias: Fonología gallega. Fonemática: El sistema vocálico. Emilio González López: Galicia e Irlanda. Compostela e a sede metropolitana irlandesa. Álvaro Cunqueiro: A noite vai coma un río. Ramón Piñeiro: Platón en galego. Manuel Vidán Torreira (Trad.): O mito da Espenuca, de Platón. Xosé Mª Álvarez Blázquez: O trovador lugués D. Lopo Lías en terras de Pontevedra. Ánxel Fole: Dous contos. J. M. López Nogueira: Sobre el problema de la Historia. A. Villar Ponte: Louvanza de Lago González. M. Rodrigues Lapa: A poesía galega no Brasil. Agustín Pérez Bellas: Corbú, ese desconocido. C. Barreiros: Nota sobre o teatro francés de posguerra. Basilio Losada: A nova roita do grabador Ortiz.

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Nobel


PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Mijaíl Shólojov

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen

  • José Riço Direitinho (Lisboa).
  • Judite Jorge (Pontas Negras, Açores).
  • Manuel Loff (Porto).
  • Paulo José Miranda (Paio Pires, Seixal).





Morren:

  • Augusto Frederico Schmidt (1906 Brasil).
  • Mário Beirão (Lisboa; 1890, Beja).





Alberto Ferreira: Diário de Edipo.


Alexandre O’Neill: Feira cabisbaixa.


Almeida Faria: A Paixão (romance).


Álvaro Ribeiro: Escritores doutrinados.


Álvaro Salema: Variações sobre Quixote e o ideal quixotesco.


Amândio César: Não posso dizer adeus às armas.


Ana Hatherly: Sigma (poesía).


Andrée Crabbé Rocha: A epistolografia em Portugal.


António Barahona da Fonseca: Capelas imperfeitas.


António Borges Coelho: Alexandre Herculano.


António Gedeão: O sentimento científico em Bocage.


António Quadros: História do tempo de Deus.


Armando Baptista-Bastos: O passado da serpente.


Armando da Silva Carvalho: Lírica consumível (poesía).


Carlos Eurico da Costa: Aventuras da razão.


Castelo Branco Chaves: Extractos de um diário.


Cristóvão de Aguiar: Mãos vazias.


David Mourão-Ferreira: O Irmão (teatro).


Domingos Monteiro: O Primeiro Crime de Simão Bolandas (conto).


Fernando Luso Soares: Vontade de ser ministro.


Fernando Pires de Lima: A Lenda do Senhor do Galo de Barcelos e o Milagre do Enforcado (Porto. Prólogo de Otero Pedrayo).


Gabriel Mariano (Cabo Verde): 12 poemas de circunstâncias.


Hugo Rocha: Sete vozes perenes da Galiza lírica (Livraria Athena. Porto). Ensaio sobre Martín Codax, Francisco Añón, Eduardo Pondal, Valentín Lamas, Antonio Noriega, Ramón Cabanillas e Gonzalo López Abente.


João Guimarães Rosa (Brasil): Noites do sertão.


Joaquim Paços d’Arcos: Teatro.


Jorge de Sena trasládase como profesor a Estados Unidos, exercendo na Universidade de Santa Bárbara, en California.


José Augusto França: Une ville des lumiéres: la Lisbonne de Pombal.


José Blanc de Portugal: Odes pedestres.


José Carlos Ary dos Santos: Adereços, endereços.


José Gomes Ferreira: A memória das palavras ou o gosto de falar de mim. Libro de memorias no que escribe sobre a influencia española na xénese do neorrealismo portugués: “A guerra de Espanha entrou em forma de tempestade pelas casas dos poetas dentro, partiu as vidraças das janelas, varreu a inspiração livresca, e a vida-vida tomou conta das palavras. Alguns poetas pegaram até nas espingardas para haver sangue nos versos”.


José Lima de Freitas: Pintura incómoda.


José Palla e Carmo: A poesia americana contemporânea.


Josué da Silva: Estrada para Sodoma.


Kaoberdiano Dambará (Felisberto Vieira Lopes): Noti (En Crioulo. Editado en Francia polo PAIGC).


Luís Cajão: Panorâmica de São Tomé e Príncipe.


Luís de Sttau Monteiro: O senhor que sonhava com Bolicao e A mulher que queria o fim do mundo.


Lygia Fagundes Telles (Brasil): O jardim selvagem.

Manuel Alegre: Praça da canção (poesía).


Manuel de Lima: O clube dos antropófagos.


Manuel de Seabra: Os sobreviventes.


Manuel dos Santos Lima (Angola): As sementes da liberdade.


Manuel Rodrigues Lapa: Miscelânea da língua e literatura portuguesa medieval (I. N. L. Rio de Janeiro).


Mário Braga: A ponte sobre a vida (teatro).


Mário Cesariny de Vasconcelos: Titânia e a cidade queimada.


Miguel Franco: Visita muito breve.


Miguel Torga : Poemas Ibéricos.“Los poemas ibéricos son el resultado de su amor por la Península. De la sunción de sus cotradicciones, de sus acercamientos y sus rechazos. El propio Torga siempre ha repetido que “mi patria cívica acaba en Barca de Alva pero mi patria telúrica sólo termina en los Pirineos”. Así Torga toma como suyos tanto a El Cid como a Vasco de Gama, a Santa Teresa como a Camões, a Pessoa como Lorca, etc. Fundamentalmente los Poemas ibéricos son un monumento a la convivencia, al mutuo conocimiento”. (En Sobre el iberismo y otros escritos de literatura portuguesa de César Antonio Molina. Edit. Akal Madrid 1990 Páx. 204). Foron traducidos ao castelán no 1984 por Pilar Vázquez Cuesta e no 1998 por Eloísa Álvarez.


Natália Correia: O Homúnculo.


Nelson Rodrigues (Brasil): Toda nudez será castigada (teatro).



Orlando Mendes (Mozambique): Portagem.


Orlando Vitorino: Tongatabu (teatro).


Romeu Correia: Bocage (teatro).


Ruben A.: A torre de Barbela.


Rubem Fonseca (Brasil): A coleira do cão (contos).


Salette Tavares (Mozambique): Letras de Pedro Sete e Forma e criação.


Tomás de Figueiredo: Teatro I.


Tomaz Ribas: Giovanna.


Urbano Tavares: Dias Lamacentos (conto).


Vasco Graça Moura: Semana inglesa.


Vergílio Ferreira : Alegria Breve (No 1973 Basilio Losada fai a tradución ao castelán para a Editorial Seix Barral) e Espaço do Invisível I (ensaio. 4 vols.).


Yvette K. Centeno: O barco na cidade.







Cataluña


Nacen:

  • Albert Sánchez Piñol (Barcelona).
  • Pere Tobaruela (Barcelona); escritor tamén en galego.
  • Vicenç Llorca i Berrocal (Barcelona).

Morren:

  • Ernest Martínez Ferrando (1891).
  • Miquel de Palol i Felip (1885 Girona).

PREMI VÍCTOR CATALÀ: Víctor Mora por El cafè dels homes tristos.

Loita dos universitarios polo Sindicat Democràtic.

Avel.lí Artís-Gener regresa do exilio mexicano.


Baltasar Porcel: Els escorpins.


Guillem Viladot i Puig: Sopes amb pa torrat (poesía).


Joan Coromines: El que s’ha de saber de la llengua catalana (Palma de Mallorca).


Joan Colomines i Puig: La sentència (teatro).


Joan Fuster: Causar-se d’esperar.


Joan Perucho: Roses, diables i somriures.


Josep Ferrater Mora: La filosofia en el món d’avui.


Josep Maria Castellet: Poesia, realisme, història.


Josep Maria Espinàs: Això també és Barcelona.


Josep Maria Llompart de la Peña: La Literatura Moderna a les Balears.


Llorenç Villalonga: Desbarats (teatro).


Manuel de Pedrolo: Joc brut e Cendra per Martina.


Maria Aurèlia Capmany: Vent de garbí i una mica de por (teatro).


Matilde González Palau “Matilde Lloria”: Altissim regne.


Miquel Àngel Riera Nadal: Poemes a Nai.


Ramon Folch i Camarasa: La visita e Tota aquesta gent.


Terenci Moix: Besaré tu cadáver e El desorden.


En carta a Ramón Piñeiro (25 de abril), escribe Basilio Losada: “As obras completas de Riba –merqueinas onte- son unha maravilla. Unha edición fermosísima. É tremendo o pulo que a edición en catalán conqueriu nos derradeiros tempos. Ver os catálogos é algo abraiante, as mellores firmas das literaturas modernas están sendo vertidas ao catalán polos mellores escritores, teñen unha coleición –mellor dito, dúas- de novelas policiales. A feira do libro foi un gran trunfo pra o libro catalán. ¡Cando conqueriremos nós algo semellante! Dende logo hai que ter en conta o lastre que supón a nosa masa labrega, falta como é lóxico de sensibilidade política e cultural, e, máis aínda da nosa burguesía, que non lee nin en galego nin en castelán”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 426).





Flag of Spain

Nacen:

  • Alberto Granados (Madrid).
  • Fernando Palezuelos (Bilbao).
  • Javier Gomá Lanzón: (Bilbao).
  • Jordi Gracia (Barcelona).
  • José Alberto García Avilés (Granada).
  • Juan Mayorga (Madrid).



Morren:

  • Alejandro Casona (Alejandro Rodríguez Álvarez) (Madrid; 1903 Besullo, Cangas de Narcea).




Ángel González: Palabra sobre palabra.


Carlos Barral: Usuras.


Daniel Sueiro Rodríguez: Estos son tus hermanos (México) e La noche más caliente.


Elena Quiroga de Abarca: Escribo tu nombre.


Emilio González López: Historia de la Literatura Española: La Edad Moderna (Las Américas Publishing Company. New York. “Grial” nº 23, páx. 118).


Francisco Brines: El santo inocente.


Gil de Biedma: En favor de Venus.


Ignacio Agustí: Diecinueve de Julio.


José Miguel Ullán: El jornal.


Juan Farias: Los niños numerados (Publicado no 1997 en galego en Edicións Xerais).


Leopoldo de Luis: Antología de la poesía social.


Luis Riaza: Los muñecos (teatro).


Manuel Martínez Mediero: Jacinta se marchó a la guerra (teatro).


Ramón J. Sender: Valle-Inclán y la dificultad de la tragedia (Ed. Gredos. Madrid. “Grial” nº 13, páx. 386).


Vicente Aleixandre: Retratos con nombre.







Máis culturas:


Nacen:

  • Xuan Bello (Paniceiros, Asturias).
  • Jaime Bayly (Lima).
  • Santiago Gamboa (Bogotá).


  • Augusten Burroughs (Pittsburgh, Pensilvania).

Morren:.

  • Sebastián Salazar Bondy (1924 Lima).
  • Ferdinand Bordewijk (1884 Holanda).
  • Jacques Audiberti (1899 Francia).
  • Randall Jarrell (Chapel Hill, Carolina do Norte; 1914 Nashville, Tennessee).
  • Thomas Stearns Eliot (Londres; 1888 Saint-Louis).


Alejandra Pizarnik: Los trabajos y las noches.


Armando Uribe Arce: Los veinte años e Posesión minera.


Clara Isabel Alegría Vides: Vía única (poesía).


Edmundo Desnoes: El cataclismo.


Emilio Carballido: Te juro Juana que tengo ganas (teatro).


Enrique Buenaventura: Historia de una bala de plata.


Ernesto Cardenal: Oración por Marilyn Monroe y otros poemas.


Jorge Díaz Gutiérrez: Estréase El nudo ciego.


Jorge Edwards: El peso de la noche.


José Triana: La noche de los asesinos (teatro).


Juan García Ponce: Cruce de caminos.


Juan Gelman: Cólera Buey (poesía).


Manuel Mújica Laínez: El unicornio.


Osvaldo Dragún: Heroica de Buenos Aires.


Ricardo Garibay: Beber un cáliz.


Salvador Elizondo: Farabeuf o la crónica de un instante.


Sebastián Salazar Bondy (1924-1965): El tacto de la araña.



Alain Robbe-Grillet: La maison de rendez-vous.


Alberto Moravia: L‘attenzione.


Arthur Kopit: The day the whores came out to play tennis (teatro).


Bohumil Hrabal: Trens rigurosamente vixiados.


Charles Bukowski: Crucifix in a deathhand.


Cormac McCarthy: The Orchard Keeper.


Dario Fo: La colpa è sempre del diavolo.


David Lodge: The British Museum is falling down.


Harry Harrison: Plague from space.


Italo Calvino: Le cosmicomiche.


Louis Aragon: La mise à mort.


Marcuse: Cultura e sociedade.


Milan Kundera: A broma.


Peter Weiss: A mediación (teatro).


Pierre Debray : Le dossier des nouveaux prêtres (Table Ronde. París). Traducido por Basilio Losada no 1966 para Caralt co título Documentación sobre los nuevos curas.


Randall Jarrell: The Lost World.


Robert Coover: The origin of the Brunists.

Stanley Payne : Falange. Historia del fascismo español. Editorial Ruedo Ibérico. París.Sobre este libro comenta Basilio Losada en carta a Ramón Piñeiro (11 de abril): “Ten un gran respeto pola figura “humán” de J. Antonio, aínda que mostra os seus fallos básicos de conceición política. O que é moi interesante é a esplicación que atopa o autor pra xustificar que un home de formación e vocación liberal caíra no feixismo. Búscalle unha motivación sentimental: os ataques á figura do seu pai, precisamente pola parte dos inteleitoales liberales que el máis ademiraba. Está moi ben vista a fluctuación e a loita hastra caír nas poutas da dereita máis reaccionaria. Pola contra, ten o libro unha gravísima omisión: non fala pra nada, polo menos nas páxinas que eu levo lido, da represión na retaguardia levada a cabo xeneralmente por falanxistas”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 419).


Uwe Johnson: Dous puntos de vista.


Wole Soyinka: Os intérpretes.




Tamén sucedeu...

  • CINE: Luis Buñuel: Simón del desierto.
  • Salvador Dalí: “La estación de Perpiñán”.
  • Aldo Rossi: L‘Architettura della città.
  • Bob Dylan: “Highway 61 Revisited”.
  • Folgas e manifestacións de universitarios e obreiros no mes de marzo.
  • Apartados das súas cátedras José Luis Aranguren, Agustín García Calvo e Tierno Galván. José María Valverde renuncia á súa en solidariedade con eles.
  • Sétimo Goberno de Franco (7 de xullo).
  • Estados Unidos inicia os bombardeos regulares sobre Vietnam do norte e chegan a Vietnam do sur os primeiros infantes de mariña.
    Revolucion china.jpg
  • Comeza en China a revolución cultural.
  • India e Pakistán en guerra por Caxemira.
  • Singapur sepárase de Malasia e convértese en estado independente.
  • Desembarco norteamericano para aplastar o movemento revolucionario dominicano.
  • O cosmonauta soviético Alexei Leonov abandona a cápsula realizando o primeiro paseo espacial.
  • Golpe de estado de Mobutu no Congo.
  • O presidente arxelino Ahmed Ben Bella é derrocado polo coronel Bumedian.