Diferenzas entre revisións de «Repositorio web»

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura
(Revistas / Publicacións)
(Revistas / Publicacións)
Liña 12: Liña 12:
  
 
*[https://www.cirp.gal/w3/publicacions  Catálogo de publicacións do CRPIH]
 
*[https://www.cirp.gal/w3/publicacions  Catálogo de publicacións do CRPIH]
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades
+
Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. O Centro Ramón Piñeiro está encargado de promover, desenvolver e dar difusión a proxectos e programas galegos de estudos lin­güísticos, literarios, históricos e antropolóxicos.
  
 
*[http://consellodacultura.gal/libros.php  Catálogo de publicacións do Consello da Cultura Galega]
 
*[http://consellodacultura.gal/libros.php  Catálogo de publicacións do Consello da Cultura Galega]

Revisión como estaba o 22 de agosto de 2021 ás 18:21

Repositorio web

Revistas / Publicacións

“Pra ledicia de todos e pra enseño de moitos, sae oxe Nós” O 30 de outubro de 1920 Galicia foi testemuño do nacemento dunha nova revista que saíu do prelo co significativo título de Nós: boletín mensual da cultura galega. Pero non foi unha publicación máis, Nós converteuse nun dos referentes da cultura galega do século XX, de tal xeito que resulta imposible imaxinar a Galicia de hoxe sen a súa contribución.

A REVISTA GRIAL NA REDE Pomos a disposición dos interesados da nosa cultura, en formato PDF os 156 primeiros números da revista Grial, correspondendo os 100 primeiros á etapa en que a codirixiron Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego (1963-1988), e os 56 restantes á etapa dirixida por Carlos Casares (1989-2002). Nos próximos meses achegaremos a xeira en que Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo (2002-2019) levaron o temón. A publicación na nosa web coincide co 70 aniversario da fundación de Editorial Galaxia (1950) e, en realidade, da propia revista, pois, xa no ano 1951, unha das primeiras preocupacións dos fundadores da editora foi publicar unha revista que consideraban un instrumento imprescindible para os obxectivos do seu proxecto político e cultural. Como naquela altura o réxime non autorizaba a publicación de novas revistas, e moito menos en galego, optaron por darlle carácter de cadernos monográficos, que se publicarían con regularidade trimestral, intentando así solucionar os impedimentos administrativos. Naceu así a Colección Grial, da que só se puideron publicar catro volumes entre 1951 e 1952, o tempo que precisou a censura franquista para fanar o proxecto. Houbo que esperar ata 1963, cando ao abeiro dunha nova Lei de prensa, o réxime abriu a man para a publicación de novas cabeceiras, para que se autorizase Grial. Revista Galega de Cultura. O Grial converteuse, dende aquela, por máis de de 57 anos de ininterrompida publicación, nun instrumento imprescindible da nosa cultura, con presenza non só no mundo cultural galego, pois durante estas décadas a revista chegou a un importante número de universidades europeas e americanas. Grial tivo, desde o seu inicio, cinco grandes obxectivos, aínda vixentes nos nosos días: 1. Ser vehículo responsable da actividade cultural galega. 2. Ser vehículo de incorporación a Galicia da cultura universal, en especial a europea. 3. Facer presente fóra de Galicia a cultura galega. 4. Contribuír ao prestixio cultural da lingua galega, tanto dentro como fóra de Galicia. 5. Incorporar a mocidade á defensa da cultura galega. 2 Grial é o fío que nos vencella coas institucións que nos precederon na defensa de Galicia, como o Seminario de Estudos Galegos, as Irmandades da Fala e a xeración Nós, da que Galaxia se sente continuadora. Grial é unha obra construída, de xeito desinteresado, por varias xeracións, entregadas con ilusión e esperanza á reconstrución da nosa cultura. A Xosé Manuel Soutullo, que durante máis de 30 anos foi o seu secretario de redacción, debemos o coidado desta edición electrónica e do índice de colaboradores que tamén se ofrece, a quen agradecemos o seu bo facer e á súa entrega altruísta á idea de construción cultural que supón Grial. Revista Galega de Cultura. ANTÓN VIDAL ANDIÓN Presidente de Editorial Galaxia Vigo, xaneiro de 2021

Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. O Centro Ramón Piñeiro está encargado de promover, desenvolver e dar difusión a proxectos e programas galegos de estudos lin­güísticos, literarios, históricos e antropolóxicos.

O Consello da Cultura Galega é un órgano estatutario da Comunidade Autónoma de Galicia de carácter asesor e consultivo, que ten como finalidade promover, difundir, asesorar e preservar os valores culturais do pobo galego. Ten personalidade xurídica propia e plena capacidade para o cumprimento dos seus fins, goza de total autonomía orgánica e funcional e actúa con independencia e obxectividade respecto dos poderes da comunidade autónoma e da súa Administración. A súa creación, no ano 1983, é orixinal no panorama autonómico, ao ser a única institución deste estilo que figura recollida nun Estatuto de autonomía. O Pleno do Consello da Cultura Galega está formado por representantes de diferentes institucións culturais: academias, universidades, fundacións e centros de investigación especializados, e por personalidades sobranceiras dos diversos campos da cultura galega.

O 14 de abril de 1931, tralo triunfo nas zonas urbanas das candidaturas republicanas nas eleccións municipais celebradas dous días antes. Foi o inicio de cinco anos de importantes reformas no ensino ou na cuestión relixiosa que buscaban a modernización do Estado español e que tamén levaron á aprobacións dos Estatutos de Autonomía de Catalunya, Euskadi e Galicia. Uns procesos que foron definitivamente paralizados tralo Golpe de Estado de xullo de 1936. Repasamos aquí algunha destas datas clave a partir das portadas da prensa galega do momento.

Arquivos

Galiciana. Arquivo Dixital de Galicia é a plataforma de xestión dos centros integrados no Sistema de Arquivos de Galicia que proporciona datos recolectables a Galiciana. Patrimonio Dixital de Galicia e, a través dela, aos principais servizos de agregación e recolección nacionais e internacionais como Hispana, Europeana ou OAIster. Permite a consulta a través dun punto único tanto de documentos que teñan obxectos dixitais asociados como aqueloutros non dixitalizados de arquivos como o Arquivo de Galicia, os arquivos históricos xestionados pola Xunta de Galicia (Arquivo do Reino de Galicia, e Arquivos Históricos Provinciais de Lugo e Ourense), os de administracións locais, de centros docentes (universidades e centros de ensino medio fundamentalmente), de institucións e organismos cultural e sindical de interese para Galicia (Arquivo da Real Academia Galega, Arquivo da Fundación Penzol e da Fundación Luís Tilve) e de institución eclesiásticas. Está xestionada pola Subdirección Xeral de Arquivos e Museos da Dirección Xeral de Políticas Culturais.

Repositorio dixital do Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI) do Museo do Pobo Galego. Contén rexistros sonoros e audiovisuais procedentes das coleccións de patrimonio inmaterial do Museo.

Fondos do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e doutras institucións da Provincia.


Bibliotecas

Naceu como institución no ano 1989, coa promulgación da Lei de bibliotecas, que contempla a súa posta en marcha baixo a denominación de Centro Superior Bibliográfico de Galicia e sinala o seu papel como cabeceira do sistema bibliotecario e como conservadora e difusora do patrimonio bibliográfico de Galicia. A Biblioteca de Galicia configúrase como un centro moderno, xestor, difusor e conservador tanto de materiais tradicionais impresos, como de novos soportes a través de consultas e servizos realizados in-situ, na súa localización da Cidade da Cultura, como realizados en liña ou a través de consultas á súa ampla e pioneira biblioteca dixital.

Galiciana é a biblioteca dixital de Galicia impulsada pola Secretaría Xeral de Cultura da Xunta de Galicia e xestionada pola Biblioteca de Galicia. O proxecto ten como obxectivo a dixitalización dos fondos bibliográficos máis relevantes para Galicia. A súa finalidade é lograr a máxima visibilidade dos recursos dixitais integrados nela e a interoperabilidade cos principais proxectos de dixitalización existentes hoxe en día (Hispana e Europena). Galiciana integra actualmente, ademais de fondos propios da Biblioteca de Galicia, obras dixitalizadas en colaboración coas principais bibliotecas patrimoniais galegas. Nela pódense consultar recursos dixitalizados en institucións culturais tan importantes para Galicia como a Universidade de Santiago de Compostela, o Museo do Pobo Galego, a Fundación Penzol de Vigo, a Real Academia Galega, o Seminario de Mondoñedo ou a Biblioteca de Estudos Locais da Coruña.

A Biblioteca Virtual de Prensa Histórica, xestionada pola Subdirección Xeral de Coordinación Bibliotecaria do Ministerio de Cultura e Deporte, é unha hemeroteca dixital na que se ofrece aos cidadáns un extenso, variado e crecente repertorio de prensa histórica e revistas culturais en linguas españolas. Esta hemeroteca, tanto polo seu volume como pola calidade dos seus fondos, constitúe un dos principais proxectos de dixitalización de prensa que se realizaron en España e ten, no ámbito internacional, un peso considerable. A organización dos seus contidos, así como as súas funcións avanzadas de busca no texto das publicacións, convértena nunha inestimable ferramenta para a investigación histórica, sociolóxica, cultural ou xenealóxica. O proxecto é o resultado da cooperación do Ministerio de Cultura e Deporte coas comunidades autónomas e outras institucións, como concellos, ateneos, fundacións, universidades e institucións privadas, que conservan coleccións de prensa histórica e as ceden para a súa dixitalización.

O noso proxecto é de todas aquelas persoas e entidades que se interesan polas artes, as letras e a cultura galegas, porque acreditamos no traballo colectivo. Sempre haberá unha maneira de nos axudar.


Exposicións

Galicia, de Nós a nós reúne na Cidade da Cultura máis de 300 pezas na mostra máis completa e ambiciosa sobre a Xeración Nós e unha das citas culturais imprescindibles do outono de 2020, no que se conmemora o centenario da publicación da revista Nós.

As miradas de Isaac é a primeira grande exposición sobre Díaz Pardo despois do seu falecemento (5 de xaneiro de 2012) e faise facéndoa coincidir co centenario do nacemento (22 de agosto de 1920) co obxecto de situar como merece na historia de Galicia ao responsable de achegas tan relevantes como Sargadelos, o Laboratorio de Formas, Ediciós do Castro, o Instituto Galego de Información ou o Museo de Arte Contemporánea Carlos Maside


Centros documentación / Bases de datos

O Centro de Documentación de Escritores Galegos nace co obxectivo de conservar e pór á disposición dos investigadores/as e de todas as persoas interesadas desde todas as culturas, aqueles materiais xerados polos escritores e escritoras en lingua galega, así como a súa actividade social: obra de creación e de investigación, obra crítica e calquera outro tipo de documentación que poida enriquecer o coñecemento do feito literario en galego. A creación deste Centro de Documentación parte da carencia dunha entidade aglutinadora da documentación sobre as escritoras e os escritores vivos, mais tamén da necesidade que a figura do escritor/a ten de contar cun centro que os axude na súa difusión e recepción social. É por iso que o Centro de Documentación de Escritores da AELG é o lugar en que se recolle toda a información e documentación depositada polos escritores e que será procesada para poder dispor dunha ampla fonte documental á que ter acceso áxil desde a rede.

PalMed é unha base de datos que ofrece a transcrición paleográfica de todos os testemuños manuscritos da lírica galego-portuguesa. O seu obxectivo é facilitar o labor dos investigadores interesados na realización de estudos paleográficos, grafemáticos, lingüísticos e ecdóticos sobre a produción trobadoresca do occidente ibérico.

Pseudónimos galegos en ogalego.eu

Unha interesante colección de documentos publicados durante a guerra civil española polo bando republicano. Os xéneros tratados abarcan un amplo abano: poesía escrita na fronte, crónicas de guerra, folletos propagandísticos, discursos dalgúns destacados personaxes da época ou libros ilustrados sobre as Brigadas Internacionais ou sobre a destrución que causaron os bombardeos na cidade de Madrid. Todos eles teñen como eixo central a defensa da causa republicana e o apoio moral e material ás tropas e aos cidadáns que se sitúan na retagarda. Esta colección a adquire a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia no ano 1988 á viúva do seu creador, Manuel Chamoso Lamas. No ano 2018 a Biblioteca de Galicia completa a catalogación das 175 pezas que forman esta colección. Ata o momento dixitalizáronse un total de 68 pezas, xa que as restantes ainda teñen os dereitos de autor vixentes. Trátase fundamentalmente de monografías e folletos, que Galiciana-Biblioteca Dixital de Galicia presenta agora agrupadas nun novo micrositio, facilitando así a consulta de todos estes materiais.

conxunto formado por unha base de datos e un repositorio dixital sobre a poesía galega dos séculos XIX, XX e XXI. Supón o resultado dun traballo colaborativo, en proceso desde 2009 e aberto ao público en xaneiro de 2011, destinado a servir de referencia para o estudo e investigación da poesía galega contemporánea no espazo cultural de seu e nas coordenadas das súas relacións interculturais e interliterarias.

Historia da Literatura Galega

Este proxecto supón o primeiro observatorio literario galego con características que van máis alá dunha base bibliográfica, xa que non só achega a creación senón tamén a recepción de todo tipo de obras literarias, así como doutros elementos sistémicos, acompañados todos eles dunha descrición do seu contido e mesmo da súa historia cando se trata de revistas e premios.

Novidades literarias.


Epistolarios

proxecto Epístola

Arte epistolar Luz Pozo Garza envíos, poemas e debuxos para Carmen Blanco e Claudio Rodríguez Fer

Lois Tobío foi un escritor, xornalista, diplomático, tradutor, defensor de Galicia e da cultura galega no mundo. Son máis de 400 cartas escritas entre 1939 e 1999 que dán conta das intensas relacións que Tobío mantivo nos ámbitos privado e público. A través delas compartiu non só as súas vivencias, senón que serviu de espazo de reflexión e documentación de iniciativas que nos axudan a entender e repensar a historia recente.


Outras webs