Diferenzas entre revisións de «1979»

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura
(File:Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario)
(File:Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario)
Liña 334: Liña 334:
 
Pergunto-lhe se recebeu essa publicação; em caso contrário, vou mandar-lhe o meu exemplar”.
 
Pergunto-lhe se recebeu essa publicação; em caso contrário, vou mandar-lhe o meu exemplar”.
 
(Consello da Cultura Galega).
 
(Consello da Cultura Galega).
 +
 +
Volta a escribirlle o 15/07/1979:
 +
Quando a sua carta de 22 de maio chegou ao Rio, eu estava dando um curso de trinta aulas em Belo Horizonte. Ao voltar, logo fiquei envolvido nos preparativos de minha mudança. Afinal, mudamo-nos para cá no dia 6 deste mês. Na paz destas serras pude enfim ler Cen chaves de sombra e agora posso responder à sua carinhosa carta.
 +
Fiquei tristíssimo ao saber da morte do prefaciador e do ilustrador do seu livro. Lembro-me de ter visto quadros de Luís Seoane na Galicia. Quanto o Lorenzo Varela, o seu «Limiar» e o seu «Homenaxe Cativo» dão uma idéia de seu alto valor. Dou-lhe pêsames sentidos pela morte desses dois amigos fraternos.
 +
O seu livro interessou-me prodigiosamente. Nele há de tudo: lirismo e épica, reminiscências poéticas de autobiografia e historia nacional, balada popular e poesia culta, meditação e balanço. Por meio dele, pode-se reconstruir o que foi a sua existência durante tantos anos trágicos. A mim também aquelas datas dizem muito. Na longínqua Hungria nós também sofríamos com as notícias terríveis que de 1936 em diante nos chegavam da Espanha. Já prevíamos naquele um ensaio do futuro que o nazismo nos preparava; e efetivamente, já em 1940 eu me encontrava num campo de concentração, de onde no ano seguinte partiria para o exílio. Sofríamos com a Espanha e a Galicia, embora quase nada soubéssemos a respeito delas. Agora que as conheço, que lhes entendo a língua e a mensagem, que nelas conto amigos queridos, que basta fechar os olhos para rever-lhes as paisagens –agora é que posso sentir retrospectivamente tudo o horror daquela época.
 +
A sua poesia tem unha vibração particular: mesmo quando alude aos acontecimentos da sua própria vida, sente-se que você fala em nome de uma coletividade; e respira-se em toda ela uma dramaticidade profunda, aguçada pela íntima inspiração folclórica. Dou-lhe parabéns pela sua força, pelo seu dom de comunicação e por ter captado de maneira tão sensível o «genius loci». E felicito-o por não ter abandonado a poesia no meio das vicissitudes de uma vida tão ativa e por servir-se dela para exaltar a memória dos amigos mortos. O seu volume é uma obra de arte e um monumento: para mim completa a imagem que guardara da Galicia no fundo do coração.
 
|}
 
|}
  

Revisión como estaba o 9 de maio de 2021 ás 21:30

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Día das Letras Galegas

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Dores Tembrás (Bergondiño, A Coruña).
Ledicia Costas (Vigo).
Lucía Novas Garrido(Bueu).
María Comesaña Besteiros (Vigo).
María Lado Lariño (Cee).
Mario Regueira Fernández (Ferrol).
Olalla Cociña Lozano (Viveiro).
Rebeca Baceiredo (Ourense).
Roberto Abuín (Rianxo).
Rocío Leira Castro(Pereiriña, Cee).
Outros
A escritora e actriz Déborah Vukusic (Ourense).
O debuxante Francisco Javier Da Silva Irago “Kiko Da Silva” (Vigo).







Skull.png
Pasamentos




Literatura
Álvaro Paradela Criado (Freixeiro; 1911 A Coruña).
Celso Emilio Ferreiro (Vigo; 1912 Celanova).


EPI (LOGO) TAFIO(Pra cando Celso Emilio Fine, no ano MMC)


Benzoado de Deus

ferreiro das palabras aceirudas

alcendeu frágoas no escuro

i esparexeu faíscas como estrelas.

Martelou na bigorna do seu tempo

pra domear anguria dos coitados

e facer un mañán

de seituras fecundas.

Pra il, labrada en pedra montesía,

unha sinxela laude:

Niste lugar acouga

un poeta, non máis,

que morreu de paixós polo seu povo.

Rexurdirá da cinza

na lembranza dos seus e nas historias

que os abós contarán á sombra dos carballos

nos solpores vindeiros.


É o ano 73. As Ediciós Roi Xordo, de Xenevra, sacan do prelo o Cimenterio Privado de Celso Emilio. Son sesenta e nove epitafios. Ao mostrarmos, denantes de os mandar a Suiza, prégame que lle faga a él tamén un epitafio. E xa que leva un prólogo de Luís Felipe Vivanco, eu fíxenlle un epílogo. Un Epi (logo) Tafio. Pra o ano MM, que a Celso lle pareceu pouco e lle aumentóu unha C. Xosé Sesto.


Darío Álvarez Blázquez (Vigo; 1910 Tui).
Eduardo Blanco Amor (Vigo; 1897 Ourense).


O 12 de decembro de 2009, escribe Luís González Tosar en “La Voz de Galicia” o artigo “Blanco Amor, trinta anos despois”: “Pero hoxe, Blanco Amor segue a ser incómodo. Non é que, a estas alturas dos mundos, ninguén se atreva a difamalo –en público, claro- por homosexual, menos aínda a negarlle altura literaria. O que fan é exactamente o mesmo que hai trinta, corenta anos… Ningunéano, non lle dan categoría. Ben certo é que a homofobia e a miseria moral van, sempre, do ganchete. Blanco Amor non ten, despois de tanto tempo, case nada. Nin un padroado que leve o seu nome, nin podentes persoeiros que o manteñan en pé, nin fillos que se preocupen pola reedición da súa obra…”.


Juana Teresa Juega López (Melide; 1885 Laxe).
Luís Seoane (A Coruña; 1910 Buenos Aires).

“Muitas veces teño dito, en público e por escrito, que ti e mais Seoane fóchedes os dous homes que formaron a miña concencia galega: ti porque deches un contido ao meu sentimento galego nuns anos que foron decisivos; o Seoane pola súa paixón, pola nobleza e a iracundia xenerosa do seu talante de home (…) ¡Que gran home o Seoane! Non sei si é ou non un gran poeta, posiblemente non, pero os seus poemas estaban tan carregados de paixón galega, de honestidade e de fe, que despois de que un coñecera ao autor convertíanse en auténtica poesía”.

Basilio Losada en carta a Ramón Piñeiro (30 de xuño).

Outros
O escultor Antón Faílde Gago (Ourense; ibídem 1907).
Manuel Monteagudo Rodríguez, introdutor do Esperanto en Galicia (A Coruña; ibídem 1883).
Vicente Loriente Cancio (1900 Castropol).

Publicacións

Galegas

  • Albino Prada Blanco e Abel López : A outra economía galega.
  • Alexandre Cribeiro : Indo pra máis perto (contén o traballo premiado en 1962 “Doente na espranza”).
  • Alfonso Magariños : Galicia: conflicto e supervivencia (Edicións Castrelos. “Grial” nº 68, páx. 245) e Quienes somos los gallegos (Epidauro; “Grial” nº 68, páx. 245).
  • Alfonso Pexegueiro : Circos de auga (poemas).
  • Álvaro Cunqueiro : Os outros feirantes (Galaxia. “Grial” nº 63, páx. 121). O 8 de xullo escribe en “La Región”: “Yo soy un escritor profesional que vive de la literatura y tengo que escribir en una lengua que solucione mis problemas, pero tengo el apetito moral e intelectual de escribir en gallego”.
  • Andrés Santiago Suárez Suárez: Luaña. Mitos, costumes e crencias dunha parroquia galega (Galaxia).
  • Antón Alonso Ríos : O siñor Afranio ou como me rispéi das gadoupas da morte (Edicións Castrelos).
  • Antonio Fraguas : Murguía. O patriarca.
  • Antonio Prado Díaz: Lembranzas dun tempo (verso).
  • Antonio Rey Soto (1879-1966): Poemas en galego.
  • Ánxel Sevillano : Historias do canizo (Vigo).
  • Arturo Romaní García : Xogos infantiles de Galicia.
  • Augusto Pérez Alberti : Xeografía de Galiza (Madrid) e Testimonios de climas semiáridos en el Cuaternario gallego.
  • Benxamín Casal : Achegamento á minería galega (Santiago).
  • Carballo Calero : Estudos rosalianos e Libros e autores galegos. Dos trovadores a Valle-Inclán.
  • Carlos Casares : Os escuros soños de Clío (relatos. Edición do Cerne. Santiago. (“Grial” nº 70, páx. 496).
  • Carme González Ledo : Recendos (poemas con prólogo de Juan Naya).
  • Celestino Puga Lorenzo: Choros (Pontevedra).
  • Celso Emilio Ferreiro (1912-1979) O libro dos homenaxes (Madrid. Póstumo).
  • Claudio Rodríguez Fer : Poemas de amor sen morte (Antonio Ubago. Editor. Granada. (“Grial”nº 69, páx. 371).
    Rodriguez fer.jpg
  • Constantino Rábade Castiñeira : Lenda antiga dun home que quererá voar (Cadernos da Escola Dramática Galega).
  • Dino Pacio Lindín : Terra húmeda (Lugo).
  • Dora Vázquez : Irmá (poemas) e Contos pra nenos.
  • Edelmira Cacheda : Churruscadas (teatro).
  • Emilia Estévez Villaverde : As travesuras de Felipiño (lit. inf. e xuv).
  • Eduardo Moreiras Collazo : O libro dos mortos (Ediciós do Castro. “Grial” nº 68, páx. 241).
  • Gerald Denley Poeta alófono (Londres 1926-2003 A Coruña): poemas no número 66 de “Grial”.
  • Guillermo Rojo : Aproximación a las actitudes lingüísticas del profesorado de EXB en Galicia (ICE Santiago).
  • Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes : Símbolos de Galicia (a bandeira, o escudo, o himno). (Padroado Rosalía de Castro).
  • Jaime García-Lombardero y Viñas: Unha visión dos problemas de historia económica de Galicia: a formación social do Antigo Réxime (Vigo).
  • Kristina Berg : Dona Galicia.
  • Lois Vázquez Fernández : Terra lostregada.
  • Lorenzo Varela (1916-1978): Lorenzo Varela. Poesía (limiar de Rafael Dieste, contendo “Torres de amor” (en castelán) “Catro poemas pra catro grabados”, “Lonxe” e “Homenaje a Picasso” (Ediciós do Castro) e Lorenzo Varela. Homaxes (En edición Cuco-Rei de Luís Seoane e que comeza con esta nota: “Cando este libro se estaba compoñendo na imprenta, xa todo diagramado e coidado por Luis Seoane, acontecéu o pasamento do noso mestre, que deixóu sin concretar a tapa –a que vai agora é o boceto que tiña feito para tallar o grabado en madeira- Asimesmo quedóu sin concretar a adicatoria do libro, que él facía coma un homaxe seu a Lorenzo Varela e á súa compañeira Marika Gerstein”).
  • Manuel Antonio (1900-1930): Correspondencia (Edición, limiar e notas de D. García Sabell).
  • Manuel García Sánchez: Cambian os tempos (teatro).
  • Manuel Lourenzo e Francisco Pillado Mayor : O teatro galego.
  • Manuel Luís Acuña Sarmiento (1900-1975): Fírgoas. Poemas 1930-1933 (reprodúcense textos excluídos da primeira edición de 1933).
  • Manuel María : Catavento de neutrós domesticados ; As rúas do vento ceibe (Ed. Xistral. A Coruña. “Grial” nº 67, páx. 119) e Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela (teatro).
  • Manuel Rivas : Libro do Entroido (poemas. A Coruña).
  • Manuel Rodríguez López: Soldada mínima (Ediciós do Castro).
  • María Margarita Rodríguez Otero: Verbas esquencidas.
  • Miguel Ángel Novoa Iglesias: Tempo e terra. Surcos de hastío (Ponteareas).
  • Miguel González Garcés : Antoloxía, estudio, selección e traducción dos poemas en lingua galega de Luís Pimentel.
  • Millán Picouto : Os cigarróns.
  • Otero Pedrayo (1888-1976): O fidalgo e a noite (manuscrito de 1970; en “Cadernos da Escola Dramática Galega”).
  • Ramón Baltar Domínguez : Castelao ante la medicina, la enfermedad y la muerte (Ed. de los Bibliófilos Gallegos; Santiago).
  • Ramón López Suevos : Do capitalismo colonial (Santiago).
  • Ramón Villares Paz : López Ferreiro na historiografía galega (“Grial” nº 42).
  • Tomás López: Poesías dun labrego emigrante (bilingüe).
  • Uxío Novoneyra : Poemas caligráficos (Prólogo de Raimundo Patiño).
  • Valentín Paz-Andrade : Cen chaves de sombra (poemas. Para este poemario compuxo Lorenzo Varela “Homenaxe cativo a Valentín Paz-Andrade”).
  • Vítor Vaqueiro : Lideiras entre a paisaxe (poemas. Colección Mogor de Edicións Castrelos).
  • Xavier Rodríguez Barrio : Chegaron as chuvias (Sada).
  • Xavier Seoane : A caluga do paxaro (“Grial” nº 66, páx. 506).
  • Xesús Santos Suárez: Unha marea con Manuel Antonio. Canto en catro tempos.
  • Xoán Xulio Alfaia : A palabra da terra (1973 – 1976).
  • Xosé Dono : O bufón (teatro).
  • Xosé Lois García : Castelao i Catalunya (Ed. en galego e catalán. Edit. Alvarellos; Lugo) e Memoria doutros corpos (poemas).
  • Xosé Manuel Martínez Oca : A figueira e A negra (relatos).
  • Xosé Manuel Rodríguez Pampín : Ifixenia non quere morrer (nº 55 de “Grial”).
  • Xosé María Álvarez Cáccamo : Galego cero (manual para o coñecemento da lingua, con prólogo de Alonso Montero. Edicións Castrelos. Vigo. “Grial” nº 64, páx. 246).
  • Xosé María García Rodríguez : Unha monxa portuguesa. Sonetos do seu amor.
  • Xosé María Monterroso Devesa-Juega “Xosé Devesa”: Nau enfeitizada: claroescuros corunheses (Sada) e Galegos e galeguismo (antoloxía. Pontevedra).
  • Xosé Martiño Montero Santalla : Directrices para a reintegración lingüística galego-portuguesa (Ferrol).
  • Xulio López Valcárcel : Víspera do día (Follas Novas. Santiago de Compostela).
  • Xosé Ramón Pena : A poesía de Manuel Antonio nas literaturas galegas de vanguarda.
  • O Grupo Rompente publica: Fora as vosas sucias mans de Manuel Antonio e de xeito individual a serie “Tres tristes tigres”:

- Antón Rodríguez Reixa: As ladillas do travesti.- Alberto Avendaño Prieto: Facer pulgarcitos tres.- Manuel María Romón Alonso: Galletas Kokoschka non.

  • Un grupo de filósofos entre os que está Ramón Regueira Varela publica en Vigo Introducción á Filosofía, primeira obra estritamente filosófica escrita en galego.
  • “Galaxia” e “O Facho” editan Contos para nenos, no que se recollen cinco contos premiados no concurso convocado pola citada asociación da Coruña (Lista de honor do IBBY 1982).
  • Sae á luz a “Revista Galega de Estudios Agrarios”, dirixida por * Xaime Isla Couto .
  • Aparece o único número da revista en galego “Bonaval”, dirixida por Xoán Manuel Carreira Antelo e cun consello de redacción composto por Manuel Castelao, Ramiro Fonte, Ánxel Rei Ballesteros, Luís Rei Núñez, Lois Rodríguez Andrade, Xesús M. Valcárcel e Xulio L. Valcárcel.
  • O 17 de maio sae dedicado ao poeta Manuel Antonio o número 1 de “Rompente”, boletín vencellado a Edicións Rompente de Vigo.
  • En Santiago aparece a revista de banda deseñada “Xofre” (única entrega). Nela participan Miguelanxo Prado , Fran Jaraba ou Xan López Domínguez.
  • No Colexio Universitario de Vigo edítase a revista de Filoloxía “Senara”, dirixida por Emilio Montero.
  • Por iniciativa da libraría Couceiro nace a publicación “Bendado” (“Boletín de información cultural galego-portugués”). En marzo edítase o número 0 de “Raigame”, “Boletín informativo da Irmandade Galega de Madrid”, escrito en galego.
  • Amadeu J. Soberans saca á luz catro anacos de pergamiño dunha tradución ao galego-portugués dun texto que en francés corresponde coa “Suite du Merlín”, que foron descubertos de forma casual en circunstancias semellantes ás do Pergamiño Vindel e que polo tipo de escritura pertencerían á primeira metade do século XVI.
  • Edicións Robrenyo de Barcelona fai a edición bilingüe galego-catalá do libro de Manuel Antonio De quatre a quatre, con tradución de Joan Barceló i Cullerés e limiar de Costa Clavell. Tamén se fai unha edición bilingüe galego-castelá deste libro con tradución de Miguel González Garcés, na colección “Adonais” de poesía.
  • Publícase unha antoloxía bilingüe de Luís Pimentel en edicións Giannini, tamén ao coidado de González Garcés.
  • Desaparece en Vigo o diario “ El Pueblo Gallego ” (1924); o titular de portada do 30 de xuño, o seu derradeiro número, era “O goberno afoga a nosa voz” e nel aparece unha entrevista de María Xosé Porteiro con Xosé María Castroviejo, figura central do diario durante o franquismo.
  • “El Diario Español” de Montevideo publica o nº 1 do “Suplemento Gallego” (até novembro de 1982).
  • O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia publica o libro colectivo Carlos Maside , un pintor para unha terra (Santiago. “Grial” nº 67, páx. 117).
  • A Sección de Arqueoloxía e Prehistoria do Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento publica o volume colectivo Prehistoria e Arqueoloxía de Galicia. Estado da cuestión (“Grial” nº 66, páx. 513).

Relativas a Galicia

  • En Santiago, Bernardo París funda a revista “Coordenadas”.
  • Edítase en Ourense o único número de “Doble cero”, revista literaria subtitulada “Palabra e imagen”.
  • Co subtítulo de “Cuadernos de poesía, arte y pensamiento”, aparece en Ourense o nº 0 da revista “Soportal”, dirixida por Julia Rodríguez Blanco.
  • Silverio Cañada publica en edición facsímil o primeiro tomo da revista “La Ilustración Gallega y Asturiana”. (“Grial” nº 68, páx. 242).
  • No xornal “El País” (28 de xaneiro) aparece o artigo de Lorenzo Varela falecido uns meses antes “Guimarães Rosa y Galicia”.
  • Publícase o libro Nuestro amigo Ramón Otero Pedrayo (Vigo).
  • Abel Bouhier: La Galice. Essai geografhique d‘analyse et d‘interpretation d‘ un vieux complexe agraire (La Roche-sur-Yon).
  • Álvaro Cunqueiro: Laude de vírgenes románicas.
  • Andrés Pociña Pérez: Juan Ramón Jiménez y los poetas gallegos (Granada).
  • Anxo Tarrío Varela: Las competencias del lector realista (Vigo).
  • Castelao: 12 estampas (Museo de Pontevedra e Galaxia).
  • Fernando Mon Rodríguez: Luis Caruncho (Madrid).
  • Francisco Fernández del Riego: Diccionario castellano-gallego.
  • Isidro Gonzalo Bango Torviso: La arquitectura románica en Pontevedra.
  • José Antonio López Taboada: Economía e poboación en Galicia (A Coruña).
  • José Manuel Vázquez Varela e Antonio de la Peña: Los petroglifos gallegos. Grabados rupestres prehistóricos al aire libre en Galicia (A Coruña).
    Petroglifos.jpg
  • Luciano García Alén: Contribución al estudio de la alfarería popular en Galicia (A Coruña).
  • Luis Iglesias Souza: La vela y el viento.
  • Luis Moure Mariño: Temas gallegos (Madrid).
  • Manuel Blanco Tobío: Cinco zorros plateados.
  • Manuel Reimóndez Portela: Estatuto dos 16.
  • Manuel Vilanova e Xosé Mª Álvarez Cáccamo: La poesía gallega de postguerra.
  • Marcial Gondar Portasany e Javier San Martín Salas: Bases para unha antropoloxía aplicada na Galicia rural.
  • Marcial José González Vigo e Julio Giz: El dios de Roma que lloró por Lugo (Lugo).
  • Mariano José Vázquez Alonso: El libro de los signos (Barcelona).
  • Marina Mayoral: Cándida, otra vez (Barcelona).
  • Maruja Pino Piñeiro: El marinero del canero maruxa.
  • Miguel González Garcés: Antoloxía, estudio, selección e traducción dos poemas en lingua galega de Luís Pimentel (A Coruña).
  • Pegerto Saavedra: Economía rural antigua en la montaña lucense. El concejo de Burón.
  • Pérez Vilariño: Dependencia y discriminación escolar en Galicia (Edit. Akal de Madrid).
  • Rosario Miralbés, Mª Pilar de Torres e Rafael Rodríguez: Mapa de límites de las parroquias de Galicia (Santiago).
  • Sara Freijido Fidalgo: Arte y técnica de las Cántigas de amor: estudios sobre los cancioneros gallego-portugueses. Cantigas d’amigo y Cantigas d’amor (Tese de doutoramento dirixida por Martín de Riquer no 1977. Universitat de Barcelona).
  • Uxío Labarta : Galicia mariñeira: historia económica y científica (Santiago).
  • Víctor Iglesias Viqueira: 'Pensamientos de Mi-Au.
  • Xosé Manuel Rodríguez Pampín fai a versión galega de O evanxelio dos nenos.
  • Xosé Ramón Fernández Oxea: Escudos de Lugo.
  • Xosé Ramón García Martínezo: Pequena flora de Galicia (Santiago).

Acontecementos

  • Real Decreto 20/7/79 para a incorporación da lingua galega como materia obrigatoria no ensino non universitario.
  • Fúndase en Vigo “Edicións Xerais de Galicia”.
  • Celso Emilio Ferreiro asiste ao Primeiro Congreso de Escritores de España (Almería) e ao Primeiro Congreso de Escritores en Lengua Española (As Palmas de Gran Canaria).
  • A discográfica “Ruada” edita o disco “Aló cando os animais falaban”, recompilación de contos tradicionais, contados por Manuel Lourenzo.
  • Na xuntanza anual dos romanistas alemáns en Saarbrüken, Xosé Schaihle leu unha comunicación sobre a “Historia da lingua galega e os problemas de Galicia e da súa lingua nos últimos tempos” (“Grial” nº 67, páx. 123).
  • Fúndase o colectivo galego de teatro “Mari-Gaila” (Santiago).
  • Arde o estudo parisino de Leopoldo Nóvoa : “No tenía dinero y empecé a mezclar la pintura industrial, la de los albañiles, con las cenizas. Las cenizas pasaron, así, a formar parte de mi pintura”.
  • Francisco Fernández Rei : a súa tese doutoral “O verbo. Contribución á dialectoloxía galega” foi a primeira redactada e defendida en lingua galega na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago.
  • Acompañado de Piedade Cabo, Lois Pereiro percorre en tren os países celtas.
  • A Sección Galega do Instituto de Literatura e Lingüística de La Habana monta unha exposición de homenaxe a João Guimarães Rosa , co gallo da publicación en Cuba de Gran sertão: Veredas.
  • Nace o Centro Galicia de Buenos Aires froito da unión dos centros provinciais (Ourensán, Pontevedrés, Lucense e Coruñés).
  • Nunha festa antinuclear celebrada en Pontevedra, foron detidas catro persoas entre elas o cantante Suso Vaamonde.
  • Coa chegada ao poder de José López Portillo, Carlos Velo entra no cárcere tras ocupar postos de responsabilidade no “Centro de Producción de Cortometraje” e no “Centro de Capacitación Cinematográfica” e de fundar en 1976 o “Centro de Producción Audiovisual”.
  • Aberto á circulación o 27 de abril o treito A Coruña-Santiago, primeiro da autoestrada do Atlántico.
    MILLADOIRO.jpg
  • O petroleiro grego Andros Patria, cargado con 208.000 toneladas de cru, naufraga nas illas Sisargas e provoca unha marea negra.
  • Fuxan os Ventos: “Sementeira”.
  • Derradeira actuación de José Afonso en Galicia (Parque de Castrelos de Vigo).
  • Milladoiro saca o seu primeiro disco “A Galicia de Maeloc”.
  • Benedicto: “Os nomes das cousas”.
  • Colmeiro: “Bodegón con laranxas”.
  • Antonio Rosón substituído por Xosé Suárez Quiroga no seu cargo de presidente da Xunta de Galicia provisional.
  • UCD gaña as eleccións lexislativas. En Galicia tamén, ao saíren elixidos 29 parlamentarios.
  • Primeiros comicios municipais: Domingo Merino de “Unidade Galega” elixido alcalde da Coruña. Manuel María concelleiro do BN-PG en Monforte de Lemos. Lueiro Rey elixido concelleiro na vila do Grove na lista do PCG.
  • Mobilización multitudinaria contra o “Estatuto da aldraxe”, que situaba a Galicia nun segundo nivel en materia competencial.
  • Nace a asociación política “Galicia Ceibe”.
  • En outubro celebra a UPG o seu 2º Congreso, na Coruña.

Premios

  • Premios da Crítica Galicia:

- Creación literaria: Álvaro Cunqueiro por Os outros feirantes.


- Ensaio e Pensamento: Albino Prada Blanco e Abel López Rodríguez por A outra economía galega.


- Investigación: Manuel Núñez Rodríguez por Arquitectura prerrománica.


- Ciencias e Artes da Representación: Grupo Troula.


- Música: Rogelio Groba Groba .


- Iniciativas Culturais: Seminario de Estudos Galegos.

  • Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho: O rei de nada de Sabela Álvarez Núñez.
  • Premio de Teatro Infantil O Facho: Todos os fillos de Galaad de M. Lourenzo.
  • Premio Modesto R. Figueiredo de narrativa curta para Víctor Freixanes por A caza das cascudas.
  • Premio da Crítica de narrativa galega: Álvaro Cunqueiro por Os outros feirantes.
  • Premio da Crítica de poesía galega: Eduardo Moreiras por O libro dos mortos.

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Falece Luís Seoane (A Coruña; 1910 Buenos Aires). Basilio Losada en carta a Ramón Piñeiro (30 de xuño):“Muitas veces teño dito, en público e por escrito, que ti e mais Seoane fóchedes os dous homes que formaron a miña concencia galega: ti porque deches un contido ao meu sentimento galego nuns anos que foron decisivos; o Seoane pola súa paixón, pola nobleza e a iracundia xenerosa do seu talante de home (…) ¡Que gran home o Seoane! Non sei si é ou non un gran poeta, posiblemente non, pero os seus poemas estaban tan carregados de paixón galega, de honestidade e de fe, que despois de que un coñecera ao autor convertíanse en auténtica poesía”.

Dende a Coruña, Luís Seoane escribe a Díaz Pardo (19 de febreiro): “Meu querido amigo: Confirmo con esta carta as verbas ditas persoalmente a tarde do dezaseis deste mes na miña casa. Deixo, por propia vontade, de pertenecer a calquera clase de sociedade que houbese tido contigo no pasado. Entre elas o Laboratorio de Formas, e Cerámicas de Sargadelos, as accións que me corresponden nesta sociedade, e ao Museo Carlos Maside, e, neste caso, ademais, a membro do seu patronato. Non me quedan aspiracións de nengún xénero para o porvir…”.

O 12 de abril, escríbelle Paulo Rónai a Valentín Paz Andrade dende Rio de Janeiro: “Num estranho livro intitulado Voces femeninas de la Poesia Brasileña (de título espanhol, mas que contém também traduções em francês, inglês e árabe), de Adovaldo Fernandes Sampaio e publicado pela editora Oriente, de Goiânia, acabo de encontrar três traduções suas para o galego, de Bruna Lombardi. Pergunto-lhe se recebeu essa publicação; em caso contrário, vou mandar-lhe o meu exemplar”. (Consello da Cultura Galega).

Volta a escribirlle o 15/07/1979: Quando a sua carta de 22 de maio chegou ao Rio, eu estava dando um curso de trinta aulas em Belo Horizonte. Ao voltar, logo fiquei envolvido nos preparativos de minha mudança. Afinal, mudamo-nos para cá no dia 6 deste mês. Na paz destas serras pude enfim ler Cen chaves de sombra e agora posso responder à sua carinhosa carta. Fiquei tristíssimo ao saber da morte do prefaciador e do ilustrador do seu livro. Lembro-me de ter visto quadros de Luís Seoane na Galicia. Quanto o Lorenzo Varela, o seu «Limiar» e o seu «Homenaxe Cativo» dão uma idéia de seu alto valor. Dou-lhe pêsames sentidos pela morte desses dois amigos fraternos. O seu livro interessou-me prodigiosamente. Nele há de tudo: lirismo e épica, reminiscências poéticas de autobiografia e historia nacional, balada popular e poesia culta, meditação e balanço. Por meio dele, pode-se reconstruir o que foi a sua existência durante tantos anos trágicos. A mim também aquelas datas dizem muito. Na longínqua Hungria nós também sofríamos com as notícias terríveis que de 1936 em diante nos chegavam da Espanha. Já prevíamos naquele um ensaio do futuro que o nazismo nos preparava; e efetivamente, já em 1940 eu me encontrava num campo de concentração, de onde no ano seguinte partiria para o exílio. Sofríamos com a Espanha e a Galicia, embora quase nada soubéssemos a respeito delas. Agora que as conheço, que lhes entendo a língua e a mensagem, que nelas conto amigos queridos, que basta fechar os olhos para rever-lhes as paisagens –agora é que posso sentir retrospectivamente tudo o horror daquela época. A sua poesia tem unha vibração particular: mesmo quando alude aos acontecimentos da sua própria vida, sente-se que você fala em nome de uma coletividade; e respira-se em toda ela uma dramaticidade profunda, aguçada pela íntima inspiração folclórica. Dou-lhe parabéns pela sua força, pelo seu dom de comunicação e por ter captado de maneira tão sensível o «genius loci». E felicito-o por não ter abandonado a poesia no meio das vicissitudes de uma vida tão ativa e por servir-se dela para exaltar a memória dos amigos mortos. O seu volume é uma obra de arte e um monumento: para mim completa a imagem que guardara da Galicia no fundo do coração.

Sumarios


GRIAL Nº 63

Kathleen N. March: As variantes creacionistas na obra de Manoel Antonio. Siro: Simplicissimus, Gulbransson e Castelao. Salvador Lorenzana: O galeguismo ideolóxico de Vicente Risco. María Xosé Queizán: A nova narrativa ou a loita contra o sentimentalismo. R. Carballo Calero: Aos amores serodios. Xosé Luís Pérez Queimadelos: A escalada. Lawrence Durrell: Eternos contemporáneos (trad. de César López). Froilán López: Onomástica galega. García de Diego e a lingua galega. Francisco Luís Bernárdez: Poema das mans labregas.

GRIAL Nº 64

Joseph M. Piel: Sobre miragens de pré-história onomástico-lexical galega, a propósito do gal. Becerreá. R. Carballo Calero: Sobre a nosa lingua. Margarita Soto Viso. Aportación á música galega de Marcial del Adalid coas súas cancións. Araceli Herrero: Pimentel na historia da poesía. Xavier Carro: Análise temático da leenda de traslación do corpo do Apóstolo Santiago. Claudio González Pérez: Ollando constitucións: As linguas minoritarias. R. Carballo e C. García: Li Hsing-Tao. Pilar Pallarés: 4 poemas. Marino Dónega: Requiem por Luís Seoane. Luz Pozo Garza: No Pórtico da Groria tes os ollos abertos. Tomás Barros: Na morte de Luís Seoane. Anxo G. Guerra: Castellanismos e hiperenxebrismos na poesía de Manuel Antonio. Luís Seoane. Lorenzo Varela. María-Camiño Noia: Notas sobre “Seguino”, autoridade citada no Dicionario de Rodríguez. Nicandro Ares Vázquez: Grulfe e Vilarmousende: dous topónimos lugueses. Carlos Durán: Algunhas precisións sobre a ortografía.


GRIAL Nº 65

SEOANE

Rafael Dieste: Gozos e crucilladas do artista. Xosé Díaz: Dibuxo. Domingo García-Sabell: Luís Seoane. Relembro. Marino Dónega: O afora e máis o adentro de Luís Seoane. R. Carballo Calero: Lembranzas de Luís Seoane. Isaac Díaz Pardo: Notas encol da obra e da personalidade de Luís Seoane. Xohán Ledo: Grabado. Ramón Piñeiro: A Galicia de Seoane. Siro: Dibuxo. Xulieta Gómez Paz: Dinámica da saudade. Salvador Lorenzana: Galicia na obra de de Luís Seoane. V. Paz-Andrade: Vidas converxentes e mortes paralelas. Raimundo Patiño: Seoane “Botella ó mar” no tempo. Miguel González Garcés: Luís Seoane, Grabador. Salvador García-Bodaño: A tua remota distancia. Trichi: Grabado. Novoneyra: A elexía perdida. Euloxio R. Ruibal: “A volta do vello emigrante”. Eduardo Blanco Amor: Luís Seoane no exilio. Celestino F. de la Vega: A pintura emblemática de Luís Seoane. Álvaro Cunqueiro: Luís Seoane, meu ilustrador. Basilio Losada: Seoane, unha visión da Historia de Galicia. Lois Tobío: Seoane, na lembranza. Alberte: Grabado. Francine Sucarrat: A poesía de Luís Seoane. Ánxel Fole: Historias que ninguén cré. A miña deuda con Luís Seoane. Alberto Girri: Tributo. Antonio Odriozola: Bibliografía de Luís Seoane. Luís Seoane: Cronoloxía e exposicións.


GRIAL Nº 66

Domingo García-Sabell: Carta a Pierre Emmanuel. María dos Ánxeles Borreguero: Galicia na poesía de Celso Emilio Ferrerio. Lois Vázquez: O neno creador. Ramón Villares Paz: López Ferrerio e a historiografía galega. Rafael Chacón Calvar: Diglosia e historia. Luís Alonso Álvarez: As revoltas preindustriáis en Galicia: O Ludismo. Geral Denley: Novos poemas galegos. Boris Vian, no vinte cabodano da súa morte (Trad. de Xesús González Gómez). Xesús Fernández Ferrerio: Un conto de misterio. Lois Vázquez: Responso pra Celso Emilio Ferrerio. Froilán López: Santoro, apelido. Marino Dónega: Rosalía no Ano Internacional do Neno. Concepción Fernández: Teoría da lingua galega en Xan Vicente Viqueira. Xavier Castro: Aspectos económicos do galeguismo na Segunda República.

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

NobelPREMIO NOBEL DE LITERATURA: Odysseas Elytis

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen

  • Filipa Leal (Porto).



Morren:

  • António Agostinho Neto (Moscú; 1922 Luanda).
  • Guedes de Amorim (Lisboa; 1901 Sá, Sedielos).
  • Joaquim Novais Teixeira (1899 Guimarães).
  • Joaquim Paço d’Arcos (1908 Lisboa).


En Lisboa aparece a revista “Sema” dirixida por João Miguel Barros e Maria José Freitas.

Adélia Prado (Brasil): Solte os cachorros.


Agustina Bessa Luís: Fanny Owen (Tradúcese ao castelán no 1988 en Grijalbo); Conversações com Dimitri e Outras Fantasias e Florbela Espanca (Biografía).


Albano Martins: Paralelo ao vento (poesía).


Alberto Pimenta: Heterofonia.


Alexandre O’Neill: A saca de orelhas.


Alexandre Pinheiro Torres: Os romances de Alves Redol.


Alexandre Vargas: Cyborg.


Altino do Tojal: O Oráculo de Jamais.


Álvaro Manuel Machado: Introdução à literatura latino-americana contemporânea; As origens do Romantismo em Portugal e Agustina Bessa Luís.


Andrée Crabbé Rocha: Garcia de Resende e o Cancioneiro Geral.


António Franco Alexandre: Os objectos principais.


António Lobo Antunes: Memória de elefante e Os cus de Judas.


António Manuel Couto Viana: As pedras do céu.


António Mota: A aldeia das flores.


António Ramos Rosa: Figurações e Círculo aberto.


Antunes da Silva: A fábrica.


Arlindo Barbeitos (Angola): Nzoji (Sonho).


Armando da Silva Carvalho: Técnicas de engate (poesía).


Augusto Santos Silva: Oliveira Martins e o socialismo. Ensaio de leitura crítica.


Carlos Drummond de Andrade (Brasil): Esquecer para lembrar.


Carlos Ervedosa (Angola): Roteiro da literatura angolana.


Chico Buarque (Brasil): Chapeuzinho amarelo.


Costa Andrade (Angola): No velho ninguém toca.


Cristóvão de Aguiar: Raiz comovida II. Vindima de fogo.


David Mourão-Ferreira: Lâmpadas no Escuro (ensaio).


Domingos Monteiro: O Sobreiro dos Enforcados e Outras Narrativas.


Eduarda Dionísio: Retrato dum amigo enquanto falo.


Eduardo Pitta: Um ção de angústia progride (poesía).


Ernesto Manoel de Melo e Castro: As palavras só-lidas.


Eugénio de Andrade: Rosto Precário.


Eugénio Lisboa: Versos e alguma prosa de Jorge de Sena.


Faure da Rosa: Nós e os outros.


Fernando Echevarría: Media vita (poesía).


Fiama Hasse: Quem move as árvores.


Filomena Cabral: Muxima (poesía).


Guilherme de Castilho: Raul Brandão. Vida e obra.


Haroldo de Campos (Brasil): Signância: quase céu.


Helder Macedo: Poesia (1957-1977).


Helder Moura Pereira: Entre o Deserto e a Vertigem.


Henrique Guerra (Angola): O círculo de giz de Bombô (teatro).


Herberto Hélder: Photomaton & vox (poesía).


Ilse Losa: O barco afundado.


João Apolinário: Poemas cívicos.


João Bigotte Chorão: Camilo: a obra e o homem.


João Miguel Fernandes Jorge: Actus tragicus.


João Ubaldo Ribeiro (Brasil): Vila Real.


Joaquim Pessoa: Português suave.


Jorge Amado (Brasil): Farda, fardão, camisola de dormir e Do recente milagre dos pássaros (contos).


Jorge de Sena: Sinais de Fogo.


Jorge Guimarães: Mulher mar.


José Cardoso Pires: O Burro-em-pé (conto).


José Carlos Ary dos Santos: Ary por Ary.


José Carlos Seabra Pereira: Do fim do século ao tempo de “Orpheu”.


José Martins Garcia: Morrer devagar (contos).


José Viale Moutinho: Os Laços (poesía).


Lêdo Ivo (Brasil): Confissões de um poeta.


Luandino Vieira (Angola): João Vêncio. Os seus amores.


Luís Cajão: As torrentes da memória: histórias e inconfidências do arco-da-velha.


Luís de Miranda Rocha: A fasia.


Luís de Sttau Monteiro: Crónica atribulada do Esperançoso Fagundes (teatro).


Luis Miguel Nava: Películas.


Luiz Pacheco: Textos de guerrilha I.


M.S. Lourenço: Pássaro paradípsico.


Manuel Alegre: Nova do Achamento (poesía).


Manuel Antunes: Repensar Portugal.


Maria Alberta Menéres: O robot sensível.


Maria Isabel Barreno: A Morte da Mãe.


Maria José de Lancastre: Fernando Pessoa, una sola multitudine (con Antonio Tabucchi. 2 volumes 1979-1983).


Maria Judite de Carvalho: O homem no arame.


Maria Lúcia Lepecki: Meridianos do texto.


María Manuela Couto Viana: Encruzilhadas.


Mário Martins: A Bíblia na Literatura Medieval Portuguesa.


Mário Ventura: Outro tempo, outra cidade.


Mário-Henrique Leiria: Lisboa ao voo do pássaro.


Maria Ondina Braga: A Casa Suspensa.


Natália Correia: O Dilúvio e a Pomba (poesía).


Nélida Piñón (Brasil): A Força do Destino.


Nuno Bragança: Directa.


Orlando da Costa: Canto civil.


Pedro Alvim: RDA, ida e volta.


Prista Monteiro: Os faustos.


Reynaldo Valinho Álvarez (Brasil): Roteiro solidão e Canto em si e outros cantos.


Rodrigues Lapa : Estudos Galego-Portugueses (Colecçao Noroeste. Sá da Costa Editora. Lisboa. “Grial” nº 66, páx. 511): “Em Universidades do Brasil fiz um ciclo de lições sobre literatura galega dos nossos dias e demorei-me um tanto no estudo do idioma e seu vocabulário poético. (…) Foi um deslumbramento nos meus jovens discípulos”.


Rubem Fonseca (Brasil): O cobrador (contos).


Salette Tavares (Mozambique): Brincar.


Teresa Salema: Nós, outros (con Casimiro de Brito).


Urbano Tavares: Desta água beberei.


Vasco Graça Moura: Herculano, poeta.


Vergílio Ferreira: Signo Sinal.


Wanda Ramos: E contudo cantar sempre.


Yvette K. Centeno: Algol (poesía).


Zélia Gattai (Brasil): Anarquistas graças a Deus.







Cataluña


Nacen:

Morren:

  • Guillem Colom (Palma de Mallorca; 1890 Sóller).
  • Maurici Serrahima (Barcelona; ibidem 1902).


PREMI VÍCTOR CATALÀ: Joan Casas i Fuster por Pols de terrat.


PREMI D’HONOR DE LES LLETRES CATALANES: Manuel de Pedrolo i Molina .


PREMI JOSEP PLA: Jaume Miravitlles : Gent que he conegut.


Albert Manent: Jaume Bofill i Mates i Guerau de Liost.


Àlex Susanna: De l’home quan no hi veu (poesía).


Antoni Marí i Muñoz: El preludi (poesía).


Blai Bonet i Rigo: Cant de l’arc (poesía).


Emili Teixidor: Sic trànsit Glòria Swanson.


Gabriel Janer Manila: Com si els dits m’haguessin tornat cuques de llum.


Guillem Viladot i Puig: La llei de pedra i altres històries.


Isabel Clara Simó i Monllor: És quan miro que hi veig clar' (Premio Víctor Català 1978).


Joan Colomines i Puig: Anna com Formentera.


Joan Navarro Tercero: Vaixell de folls (poesía).


Joan Vinyoli: Cercles e Obra poètica 1975-1979 (Limiar de Miquel Martí i Pol).


Josep Lluís Seguí: Quadre de cavalls e 'Diari de bordell.


Josep Maria Llompart: Urbanitat i cortesia.


Josep Piera: Crits baden la tarda melodiosa (poesía).


Maria-Mercè Marçal: Bruixa de dol (poesía).


Marta Pessarrodona: Memòria (poesía).


Miquel Àngel Riera Nadal: La bellesa de l’home.


Miquel de Palol: Quan? (poesía).


Miquel Martí i Pol: L’hoste insòlit (poesía).


Olga Xirinacs Díaz: Llençol de noces (poesía).


Oriol Vergés: El superfenomen.


Pau Faner i Coll: Potser només la fosca.


Sebastià Serrano Farrera: Lingüística i qüestió nacional (Premi Joan Fuster d’assaig 1978).


Teresa Pàmies: Vacances aragoneses.


Vicenç Altaió: Sempre som afany (poesía).


Vicenç Riera Llorca: Plou sobre mullat.




Flag of Spain

Nacen:

Morren:

  • Blas de Otero (1916 Bilbao).
  • Tomás Navarro Tomás (Massachusetts; 1884 La Roda, Albacete).



PREMIO CERVANTES: Gerardo Diego (España) e Jorge Luis Borges (Argentina).


PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA JESÚS FERNÁNDEZ SANTOS Extramuros.


PREMIO NACIONAL DE POESÍA LEOPOLDO DE LUIS Igual que guantes grises.


PREMIO NACIONAL DE ENSAIO FERNANDO SÁNCHEZ DRAGÓ Gárgoris y Habidis.


PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL Y JUVENIL FERNANDO MARTÍNEZ GIL El río de los castores.


Alberti: Fustigada luz.

Álvaro Pombo: El parecido.


Antonio Buero Vallejo: Jueces en la noche.


Antonio Colinas: Astrolabio.


Caballero Bonald: Poesía.


Camilo José Cela: Los sueños vanos, los ángeles curiosos.


César Antonio Molina: Últimas horas en Lisca Blanca (León) e La cultura española durante el franquismo (Bilbao).


Eduardo Mendoza: El misterio de la cripta embrujada.


Esther Tusquets: La conejita Marcela e El amor es un juego solitario.


Fernando Arrabal: El rey de Sodoma (teatro).


Fernando Quiñones: Las mil noches de Hortensia Romero e El viejo país.


Francisco Umbral: Diario de un escritor burgués.


García Hortelano: Los vaqueros del pozo.


Guillermo Carnero: Ensayo para una teoría de la visión.


José Agustín Goytisolo: Palabras para Julia y otras canciones.


José Ángel Valente: Material memoria.


José Luis Castillo Puche: El amargo sabor de la retama.


Juan Gil-Albert: El ocioso y las profesiones.


Julio Llamazares: La lentitud de los bueyes (poesía).


Leopoldo María Panero: Narciso en el acorde último de las flautas.


Luis Antonio de Villena: Catulo (ensaio).


Luis Cernuda (1902-1963): Cartas a Eugénio de Andrade (Ed. de Ángel Crespo).


Luis Goytisolo: La cólera de Aquiles.


Manuel Longares: La novela del corsé.


Manuel Vázquez Montalbán. Los mares del Sur.


Osvaldo Soriano: Cuarteles de invierno.


Rosa Montero: Crónica del desamor.


Torcuato Luca de Tena Brunet: Los renglones torcidos de Dios.








Máis culturas:


Nacen:

  • Najat el Hachmi (Nador, Marrocos).
  • Roberto Saviano (Nápoles).

Morren:.

  • Agustín Acosta y Bello (1886 Cuba).
  • Juana de Ibarbourou (1895 Uruguai).
  • Mika Waltari (1902 Finlandia).
  • René Marqués (1919 Portorrico).
  • Rodolfo Usigli (1905 México).
  • Jean Rhys (London; 1890 Dominica).



Alejandro Paternain: Dos rivales y una fuga e Oficio de réquiem.

Alejo Carpentier: El arpa y la sombra.


Augusto Roa Bastos: Lucha hasta el alba (contos).


Cabrera Infante faise cidadán británico: La Habana para un infante difunto.


Gonzalo Rojas Pizarro: Transtierro.


Jaime García Terrés: Honores a Francisco terrazas.


José Ignacio Cabrujas: El día que me quieras (teatro).


Juan Carlos Onetti: Dejemos hablar al viento.


Julio Cortázar: Octaedro.


Manuel Puig: Pubis angelical.


Ramón Xirau i Subias: Poesía y conocimiento.


Renato Prada Oropeza: El lenguaje narrativo. Prologómenos para una semiótica narrativa.


Ricardo Garibay: Las glorias del gran Púas.



Bob Holman: Tear To Open.


Charles Bukowski: Shakespeare never dide this.


Cormac McCarthy: Suttree.


Derek Walcott: O reino da mazá estrelada.


Erín Moure: Empire, York Street.


Gregor von Rezzori: Memorias dun antisemita.


Italo Calvino: Se una notte d’inverno un viaggiatore.


James Graham Ballard: Compañía de soños limitada.


Jean Echenoz: Le Méridien de Greenwich.


John Ashbery: Como sabemos.


John Barth: Letters.


John Berger: Pig earth (Traducida ao galego no 2007 para Rinoceronte Editora por Xoán Abeleira co título de Porca terra).


Katherine Pancol: Moi d’abord.


Kenzanburo Oé: Xogos contemporáneos.


Léopold Sédar Senghor: Élégies majeures.


Max Gallo: Un affaire intime.


Michael Ende: A historia interminable.


Norman Mailer: The executioner’s song.


Paul Theroux: The Old Patagonian Express.


Penelope Fitzgerald: Offshore.


Philip Roth: The Ghost Writer.


René Char: Fenêtres dormantes et porte sur le toit.


Sam Shepard: Buried Child.


Seamus Heaney: Traballo de campo. Traducida ao galego por Vicente Araguas para a Biblioteca Galega de Clásicos Universais.


Umberto Eco: Lector in fábula.


William Kennedy: Ironweed.



Tamén sucedeu...

  • CINE:

- Francis Ford Coppola : Apocalipse Now.

- Mario Camus fai a adaptación para TV de Fortunata y Jacinta de Pérez Galdós.

  • (1 de marzo) Victoria da UCD nas eleccións xerais. Adolfo Suárez confírmase como líder da transición española.
  • Legalización da masonería.
  • Desarticulación do GRAPO (Grupo Revolucionario Antifascista Primero de Octubre).
  • Aprobados os estatutos de autonomía do País Vasco e Catalunya (25 de outubro).
  • Asínase o tratado de adhesión de Grecia á Comunidade Europea.
  • Celébranse nos 9 países da CEE as primeiras eleccións directas ao parlamento europeo.
  • Thatcher accede ao poder na Gran Bretaña.
  • Ondeada de bombas en Irlanda do Norte.
  • A URSS invade Afganistán.
  • Jomeini, líder da revolución islámica, entra en Teherán, trala derrota do Sha a quen acusan de facer unha política prooccidental. Os estudantes de Irán que secuestraran a todo o persoal da embaixada norteamericana en Teherán, deixaron libres as mulleres e os negros.
  • As tropas da Fronte Sandinista entran triunfais na capital de Nicaragua; Ernesto Cardenal encargado do Ministerio de Cultura.
  • O ditador Anastasio Somoza foxe a Miami.
  • Amín escapa de Uganda.
  • O exército vietnamita apodérase da capital de Camboya e expulsa do poder ao réxime prochino do sanguiñento Pol Pot, que chegou ao poder no 1975.
  • Exipto e Israel asinan un tratado de paz en Washington.
  • Os militares convocan eleccións no Ecuador, sendo elixido Jaime Roldós.
  • Accidente na central nuclear de Harrisburg, en Pensilvania.
  • O Nobel da Paz para a madre Teresa de Calcuta.