Diferenzas entre revisións de «1954»

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura
(Galegas)
(Galegas)
Liña 126: Liña 126:
 
* [[wikipedia: gl:  Ramón Rey Baltar |  Ramón Rey Baltar ]] “Verduguillo”: “Ao son da zanfona. Desfile de Somas” (“A Nosa Terra” nº 488).“Ao son da zanfona. Ano Santo” (“A Nosa Terra” nº 490).
 
* [[wikipedia: gl:  Ramón Rey Baltar |  Ramón Rey Baltar ]] “Verduguillo”: “Ao son da zanfona. Desfile de Somas” (“A Nosa Terra” nº 488).“Ao son da zanfona. Ano Santo” (“A Nosa Terra” nº 490).
 
* [[wikipedia: gl:  Uxío Carré Alvarellos |  Uxío Carré Alvarellos ]]: ''Escolma de poesías''.
 
* [[wikipedia: gl:  Uxío Carré Alvarellos |  Uxío Carré Alvarellos ]]: ''Escolma de poesías''.
* [[wikipedia: gl:  Valentín Paz-Andrade |  Valentín Paz-Andrade ]]: ''Pranto matricial'' (poemas. Buenos Aires) e ''Producción y fluctuación de las pesquerías'' e ''Principios de economía pesquera''. Dende Baracaldo (22 do mes de Santiago, 1955), escríbelle Ramón Cabanillas: "Supoñíate en Bogotá por unha crónica pubricada nun xornal de Bilbao. Recibo o ''Pranto Matricial'' que sabía editado e non o conecía; “Teu destiño” é unha xoia; a versión ó castelán é boa e conserva toda a frescura; e o retrato de Maside é definitivo e insuperabre: e él en persoa, ó meu parecer unha obra de mestre, e vouno separar do libro e poñelo nun coadro. Eu ando moi mal, sobro de todo da vista, pois xa non vexo un burro a tres pasos.(Ramón Cabanillas. 3 Obra completa. Akal Editor 1981). Con data de 27/04/1975 [[wikipedia: pt: Paulo Rónai | Paulo Rónai ]] escribe a [[wikipedia: gl: Valentín Paz Andrade | Valentín Paz Andrade ]] dende Rio de Janeiro: “Acabo de receber a sua carta amiga de 26 de março, acompanhada de dois presentes valiosos: a bela edição pentalingue de seu Pranto Matricial e a substanciosa coletânea de estudos do Círculo das Artes sobre O Futuro da Língua Galega.
+
* [[wikipedia: gl:  Valentín Paz-Andrade |  Valentín Paz-Andrade ]]: ''Pranto matricial'' (poemas. Buenos Aires) e ''Producción y fluctuación de las pesquerías'' e ''Principios de economía pesquera''. Dende Baracaldo (22 do mes de Santiago, 1955), escríbelle Ramón Cabanillas: "Supoñíate en Bogotá por unha crónica pubricada nun xornal de Bilbao. Recibo o ''Pranto Matricial'' que sabía editado e non o conecía; “Teu destiño” é unha xoia; a versión ó castelán é boa e conserva toda a frescura; e o retrato de Maside é definitivo e insuperabre: e él en persoa, ó meu parecer unha obra de mestre, e vouno separar do libro e poñelo nun coadro. Eu ando moi mal, sobro de todo da vista, pois xa non vexo un burro a tres pasos.(Ramón Cabanillas. 3 Obra completa. Akal Editor 1981).
 +
Con data de 27/04/1975 [[wikipedia: pt: Paulo Rónai | Paulo Rónai ]] escribe a [[wikipedia: gl: Valentín Paz Andrade | Valentín Paz Andrade ]] dende Rio de Janeiro: “Acabo de receber a sua carta amiga de 26 de março, acompanhada de dois presentes valiosos: a bela edição pentalingue de seu Pranto Matricial e a substanciosa coletânea de estudos do Círculo das Artes sobre O Futuro da Língua Galega.
 
Sinto no seu poema um lamento pungente pelo amigo perdido, mas também o pranto torrencial de toda uma nação sobre o poeta que a encarnava, ao mesmo tempo que vejo nele um afresco de grande força patética e pictórica de todo um país, essa Galicia que não conheço mas que já começo a adivinhar e a amar... E é uma festa para o filólogo amador que sou ver o seu texto ecoado em mais quatro idiomas ibéricos.
 
Sinto no seu poema um lamento pungente pelo amigo perdido, mas também o pranto torrencial de toda uma nação sobre o poeta que a encarnava, ao mesmo tempo que vejo nele um afresco de grande força patética e pictórica de todo um país, essa Galicia que não conheço mas que já começo a adivinhar e a amar... E é uma festa para o filólogo amador que sou ver o seu texto ecoado em mais quatro idiomas ibéricos.
 
Quanto ao volume de ensaios, ele me faz compreender melhor o problema da língua galega dentro do contexto espanhol. O estudo do Amigo sobre a evolução transcontinental da língua galaico-portuguesa constitui uma argumentação lúcida em favor do bilingüismo, ao mesmo tempo que uma convincente afirmação de identidade fundamental do português e do galego. O simples fato de que um leigo como eu entende, sem dicionário, 90 por cento do seu estudo e dos demais que compõem o volume é uma prova do acerto de suas alegações.
 
Quanto ao volume de ensaios, ele me faz compreender melhor o problema da língua galega dentro do contexto espanhol. O estudo do Amigo sobre a evolução transcontinental da língua galaico-portuguesa constitui uma argumentação lúcida em favor do bilingüismo, ao mesmo tempo que uma convincente afirmação de identidade fundamental do português e do galego. O simples fato de que um leigo como eu entende, sem dicionário, 90 por cento do seu estudo e dos demais que compõem o volume é uma prova do acerto de suas alegações.

Revisión como estaba o 9 de maio de 2021 ás 12:58

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Antón Cortizas Amado (Ferrol).
Carmen Blanco García (Lugo).
César Carlos Morán Fraga (Toral de los Vados, León).
Emilio Álvarez González (Carballedo).
Emilio González Legazpi (Nois, Lugo).
José Daniel Buján Núñez (A Coruña).
Miguel Ángel Novoa Iglesias (Bugarín, Ponteareas). ¿?
Sabela Álvarez Núñez (Lugo).
Victorino Pérez Prieto (Hospital de Órbigo, León).
Xavier Seoane Rivas (A Coruña).
Xesús Pisón (Ferreira do Valadouro).
Xosé Benito Calvo Rego “Tucho Calvo” (La Guaira, Venezuela).
Outros
O debuxante e ilustrador Pepe Carreiro Montero (Vigo).
O ilustrador Carlos Rodríguez Silvar (Ferrol).
O pintor Antón Lamazares (Maceira, Lalín).
O ilustrador Ignacio Manuel Hortas Rodríguez (Carmenes, León).
O pintor e fotógrafo Marcelino de Santiago Viqueira “Kukas” (Santiago).
O artista plástico Rafael López Loureiro (Cedeira).
O fotógrafo Plácido López Rodríguez (Gomesende, Ourense).
O escultor Leandro Seixas Díaz (Pígara, Guitiriz).
O escultor Álvaro González de la Vega (Paradela, Lugo).
A pintora Menchu Lamas (Vigo).
O historiador Xavier Castro Pérez (Cangas).
O historiador e pintor Alfredo Erias Martínez (Presedo, Abegondo).
O cineasta Manuel Luciano Piñeiro Martínez “Chano Piñeiro” (Forcarei; 1995 Vigo).
A filóloga Carme Becerra Suárez (Santiago de Compostela).
Skull.png
Pasamentos


Literatura
Amador Iglesias Soto (Becerreá; 1899 Triacastela).
Sarah Escarpizo Lorenzana Souto (Madrid; 1878 Cangas).
Outros
O escritor Eduardo Dieste (Santiago de Chile; 1881 Uruguai).
O escritor Antonio Amador Villar Novais (Buenos Aires; 1899 Buxán, Rois).
O pintor Carmelo Francisco González Rodríguez (Ferrol; ibídem 1897).
O pintor Manuel Bujados (1889 Viveiro).
Acribillado a balazos o guerrilleiro Francisco Martínez Leira (Pancho) ao ser denunciado por un parente (A Mediña, Pontedeume; ibídem 1916).
O militar José Millán-Astray Terreros (Madrid; 1879 A Coruña).

Publicacións

Galegas

  • Álvaro Cunqueiro : “Crónica de la derrota de las naciones” (separata da revista “Atlántida” da Coruña). No verán de 1954, o mestre Pallarego recolle o canto do Malvís na horta de Luaces. Cunqueiro deu a coñecer a partitura aos seus lectores:“O Malvís canta por Bach, hainos tamén rossinianos, mais son poucos... O Malvís que puxo no pentagrama don Pallarego, mestre de cámara e barbeiro titulado, ten o seu fogar e campo de voos na horta xunto a esoutra que xardinea a da miña irmá Carme...”. Nalgunha ocasión Cunqueiro puxo letra ao malvís de Pallarego:

“Salamina, Manila,Salamina, Manila,y Seviiiiiya! Señores Via, Señores Viaviaviaviajeros! Amanece en Seviiiiiya!” “Veleta, veleta de seda Vendo. Rica veleta!”. Tiña pensado Cunqueiro publicar os cantos dos paxaros que atopaba polos camiños: “Cando teña escritos os cantares de todos buscarei frautista para repetilos, e darei conferencias no inverno, inventando abril, poñendo a cada canción o comentario: A nación do paxaro, o seu nome latino, os seus traballos, a súa retórica e a súa poética”.


Cunqueiro escribe a Fernández del Riego:“Mañá, por correo certificado, mándoche o original de Merlín e familia […] Preciso diñeiro que engadir ó que teño para iste viaxe (Madrid). Eu quero que ó recibo do meu original, trates cos teus amigos de Galaxia, e lles saques un mínimo de mil pesetas…”. (Álvaro Cunqueiro: Cartas ao meu amigo. Epistolario mindoniense a Francisco Fernández del Riego 1949-1961. Galaxia 2003).

  • Antón Zapata García (1886-1953): A roseira da soidade (prólogo de Otero Pedrayo. A Coruña).
  • Augusto María Casas Blanco : Isa folla que vai polo río (Edicións Monterrey).
  • Avelino Gómez Ledo: Poemas composteláns.
  • Bernaldo Souto : “Castelao. Patriota” (“A Nosa Terra” nº 488).
  • Bieito Cupeiro : “Progreso e Comunicacións” (“A Nosa Terra” nº 489). No 491 “Emigración e Hispanidade”.
  • Cándido Alfonso González : Mal de ollo (Obra teatral. Buenos Aires).
  • Celso Emilio Ferreiro : Curros Enríquez (Ensaio biográfico. Moret. A Coruña) e O soño sulagado (poesía. Vigo, col. Alba).
  • Domingo García-Sabell : Seoane e Rosalía.
  • Ernesto Guerra da Cal : Lengua y estilo de Eça de Queiroz (Universidade de Coimbra).
  • Fernando Pérez Barreiro : Ducia e pique de fábulas (Lugo).
  • Fiz Fernández : “Castelao, Dibuxante” (“A Nosa Terra” nº 488).
  • Francisco Fernández del Riego : Galicia no espello (Premio Centro Galego de Buenos Aires). No nº 490 de “A Nosa Terra” (16 de xullo), infórmase de que “Invitado pol-o Centro Galego de Bós Aires, chegou a esta capital do Prata, para asistir ás xornadas galegas que se celebrarán a partir do 18 de corrente até o 31 do mesmo, o ilustre escritor, Francisco Fernández del Riego, xa ben coñecido antre nós pol-os seus artigos na revista “Galicia”.
  • Francisco Luis Bernárdez : “El idioma prohibido”, no nº 490 de “A Nosa Terra”: “En “Criterio”, prestixiosa revista católica que se edita neste país, o eminente escritor arxentino Francisco Luís Bernárdez, pubricou co tídoo de “El Idioma Prohibido”, un esgrevio e ben documentado alegato denunciando ante o mundo ao goberno falanxista hespañol de perseguir asañadamente ao ilustre e antergo idioma de Galiza. Francisco Luís Bernárdez, que é un dos máis autros valores intelectuais d’América, que ama afervoadamente á patria dos seus maores; que coñece intimamente a lingoa galega, na cal verteu brilantes e maduradas páxinas literarias, e pol-o seu apaixoado amor á liberdade da cultura, pubricou o valente e acusador artigo que moito nos honoramos de transcribir das prestixiosas páxinas de “Criterio”. No artigo escribe: “Nadie que conozca medianamente la historia de la cultura hispánica puede ignorar lo mucho que ésta debe al noble y esforzado pueblo gallego […] resulta verdaderamente inexplicable, de puro absurdo, que el gobierno del general Franco, es decir, de un hijo de Galicia persiga de manera tan implacable al pueblo de las cuatro provincias del noroeste hispánico en lo que él tiene de más espiritual, o sea en su idioma. Porque la triste realidad es que cada vez son mayores las trabas puestas por el régimen franquista al libre cultivo de la lengua de Rosalía, y que a la hora actual no se permite en el suelo galaico el uso de ella sino en escala estrictamente doméstica”.
  • Gonzalo Rodríguez Mourullo: Nasce un árbore (Edicións Monterrey; colección Frol e Froito. Vigo).
  • José Luís López Cid : Os cazadores de dotes (teatro; revista Posío).
  • Luís Pimentel colabora na revista “Alborada” do Centro Galego de Barcelona.
  • Manuel Casado Nieto : Orballo ispido (Colección Xistral).
  • Manuel María : Advento e Terra Cha (Edicións Celta de Lugo, con limiar de Ánxel Fole). Son 55 poemas. A segunda edición, con 91 aparece en 1967, publicada polo “Círculo de las Artes de Lugo”. Nunha quinta edición, de 1989 (Edicións Xerais), chegará aos 110 poemas e na sexta, de 2001 114 poemas (Produccións Culturais Artesa). Co gallo da publicación do libro Terra Chá de Manuel María, escribe Cunqueiro en “La Voz de Galicia” (30 de maio) un artigo titulado “Terra Cha: ir e vir”: “E a Terra Chá, coma un país nunha bóla de cristal, tédela na cunca das vosas mans se nas vosas mans tedes estes fermosos versos de Manuel María”.
Terra cha manuel maria.jpg

En carta a Neira Vilas de 11 de marzo de 1964 escribe Manuel María: “Eu tiña para pubricar a segunda versión do Terra Cha, na Celta e non foi posibel. Seoane tenme feito no dibuxo da portada e Díaz Pardo unhos dibuxos pra ilustrar algún dos poemas, pero o da Celta non se decidiu a facer a edición sin unhas seguridás económicas que non puiden darlle. Estaba moi ilusionado coa saída dise libro no que levo traballando hai moitos anos e no que está, coido eu retratada a miña comarca natal, en verso popular”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 236).

  • Miguel González Garcés : "Siete canciones" (separata da revista “Atlántida”, con portada de Urbano Lugrís González).
  • Ramón Cabanillas : Da miña zanfona (Colección Xistral).No nº 5 da revista “Aturuxo” (Ferrol), escribe Carballo Calero: “Nos intres que corremos, unha poesía que non interroga demasiado, devólvenos a ilusión da mocedade. Non sempre temos que cultivar a sede. De cando en cando ben nos ven un sedante. Neste senso, é ben vida a poesía de Cabanillas, contida agora no breve feixe Da miña zanfona, pubricado na colección Xistral […] A de Cabanillas é unha poesía en boa parte gnómica, comentario sen cobiza de esgotamento encol da vida nos seus diversos aspeitos. Tono de conversa, como é frecuente en Campoamor ou Antonio Machado. Algo de epigramatismo de aquél, algo do lirismo de este teñen os versos de zanfona de Cabanillas, escritos coa independencia de quen está por cima de capelas e de tertulias, i é vello e sabio de abondo pra non percurar outro aplauso que o das súas propias mans”.

Nunha entrevista en “Galicia Emigrante” Cabanillas respóndelle a Ben-Cho-Shey o seguinte a propósito do futuro da lingua: “O que está escuro é o presente. O futuro véxoo radioso, cheo de luces siderais. A nosa lingua é inmorredoira; nada poderán contra dela os inimigos da casa –fóra non ten máis que devotos- e todos os cativos e mesquiños desviamentos e persecucións de hoxe esvaeceranse ao paso dos días. “A luz virá…”, dixo Pondal”. (“Grial” nº 183).Ramón Cabanillas en carta a Francisco Fernández del Riego do 20 de novembro dille entre outras cousas: “Unha cousa desexo que digas a Seoane. Non teño interés máis que en suprimir unha das miñas composicións inserta en Vento mareiro (1ª edición), o soneto “A un cacique”. Foi un desafogo de circunstancias: estaba doído e fóiseme a pruma: chegaron horas máis sereas; sin falar do asunto, atopeime con atencións e espricacións cabaleirosas que me fixeron trocar xuícios e razóns: é unha cousa persoalísima que nobremente teño que silenzar”.

  • Ramón González-Alegre Bálgoma : Poesía gallega contemporánea, ensayo sobre literatura gallega (Vigo).
  • Ramón Otero Pedrayo : Ensaio sobre a cultura galega (Lisboa) e Vivencias dolor y esperanza de la emigración gallega (Santiago).
  • Ramón Rey Baltar “Verduguillo”: “Ao son da zanfona. Desfile de Somas” (“A Nosa Terra” nº 488).“Ao son da zanfona. Ano Santo” (“A Nosa Terra” nº 490).
  • Uxío Carré Alvarellos : Escolma de poesías.
  • Valentín Paz-Andrade : Pranto matricial (poemas. Buenos Aires) e Producción y fluctuación de las pesquerías e Principios de economía pesquera. Dende Baracaldo (22 do mes de Santiago, 1955), escríbelle Ramón Cabanillas: "Supoñíate en Bogotá por unha crónica pubricada nun xornal de Bilbao. Recibo o Pranto Matricial que sabía editado e non o conecía; “Teu destiño” é unha xoia; a versión ó castelán é boa e conserva toda a frescura; e o retrato de Maside é definitivo e insuperabre: e él en persoa, ó meu parecer unha obra de mestre, e vouno separar do libro e poñelo nun coadro. Eu ando moi mal, sobro de todo da vista, pois xa non vexo un burro a tres pasos.(Ramón Cabanillas. 3 Obra completa. Akal Editor 1981).
Con data de 27/04/1975  Paulo Rónai  escribe a  Valentín Paz Andrade  dende Rio de Janeiro: “Acabo de receber a sua carta amiga de 26 de março, acompanhada de dois presentes valiosos: a bela edição pentalingue de seu Pranto Matricial e a substanciosa coletânea de estudos do Círculo das Artes sobre O Futuro da Língua Galega.

Sinto no seu poema um lamento pungente pelo amigo perdido, mas também o pranto torrencial de toda uma nação sobre o poeta que a encarnava, ao mesmo tempo que vejo nele um afresco de grande força patética e pictórica de todo um país, essa Galicia que não conheço mas que já começo a adivinhar e a amar... E é uma festa para o filólogo amador que sou ver o seu texto ecoado em mais quatro idiomas ibéricos. Quanto ao volume de ensaios, ele me faz compreender melhor o problema da língua galega dentro do contexto espanhol. O estudo do Amigo sobre a evolução transcontinental da língua galaico-portuguesa constitui uma argumentação lúcida em favor do bilingüismo, ao mesmo tempo que uma convincente afirmação de identidade fundamental do português e do galego. O simples fato de que um leigo como eu entende, sem dicionário, 90 por cento do seu estudo e dos demais que compõem o volume é uma prova do acerto de suas alegações. Tomo a liberdade de remeter-lhe em anexo um dos meus últimos artigos cujo assunto há de interessá-lo e, reiterando os meus agradecimentos, subscrevo-me com cordial estima. Seu amigo e leitor (Consello da Cultura Galega).

  • Xesús Lorenzo Varela : Lonxe (Limiar de Arturo Cuadrado e gravados de Seoane. Ediciones Botella al Mar. Buenos Aires). Dedica este poemario Lonxe a “Maruxa e Luís Seoane, fiestras, si se olla para fóra, o mundo, si para dentro Galiza”.
  • Xosé María Álvarez Blázquez : Romance do pescador peleriño (Edicións Monterrey) .
  • Xosé Ramón Fernández Oxea : Andrómenas. Contos pra o pobo (Prólogo de Eduardo Blanco Amor. Edicións Monterrey; colección “Frol e Froito”). No prólogo escribe Blanco Amor: “Dase, coido que por primeira vez, nas nosas letras novas, este venturoso fenómeno dun libro modesto, pensado para o pobo, i escrito na lingua do pobo; sin retorcimentos culteranos, sin apriorismos de forzadas violencias imitativas, sin perpetrados arripíos dun valeiro intelectualismo pedantón e infecundo”.
  • Xosé Rubinos Ramos : Gabanza da Cruña (A Coruña).
  • Na colección “Leixado do Vento” de Edicións Monterrey edítase Cancioneiriño da Virxe, un folleto de oito páxinas con trinta composicións populares de devoción mariana.
  • Publícase en París a escolma: Poemas. Rosalía de Castro. Eduardo Pondal. Curros Enríquez (Edicións Monte Medulio, nome simbólico da resistencia creado por César Alvajar). Foron 215 exemplares numerados, incluíndo 15 litografías de Laxeiro, Colmeiro e Baltasar Lobo e tres textos introdutorios a cada poeta de García-Sabell, Otero Pedrayo e Ramón Cabanillas. Tamén colaborou na edición o socialista José Calviño Ozores. Nunha carta de Ramón Piñeiro a Isidoro Millán (02-02-1955) escribe: “A gran antoloxía “Rosalía-Pondal-Curros”, na que, como sabes, Cabanillas fixo a escolma e mail-o prólogo de Curros, xa está editada. Sin duda trátase do libro millor editado de toda a literatura galega. Certo que o conxunto dos tres poetas ben merecían a honra de seren presentados con todo o requintado arte da máis outa bibliofilia europea. A ver cando podemos editar así unha tradución galega da Odisea feita por ti”. Noutra carta (07-03-1955) comenta: “ Dille a Cabanillas que o seu exemplar de colaborador da antoloxía “Rosalía-Pondal-Curros”, que se acaba de editar en París con todol-os requintes da máis outa bibliofilia europea, quixéronllo enviar por correo certificado e non lle diron curso en Correos por teren orden da aduana española de non cursar ningún libro “editado en castelán ou demáis lenguas hispánicas”. Mandaranllo por man en canto teñan ocasión”. (Cartas a Fermín Penzol. Cadernos Ramón Piñeiro XXVII. Xunta de Galicia 2013).
  • A revista “Cántico”, de Córdoba, acolle no nº 3 unha escolma de poesía galega en edición bilingüe, precedida dunha “Carta sobre la actual poesía gallega” de Álvaro Cunqueiro.

Relativas a Galicia

  • Emilio González López: Galicia, su alma y su cultura (Buenos Aires).
  • Francisco Luis Bernárdez: “El idioma prohibido” (Na revista arxentina “Criterio” o 13 de maio).
  • Isabel Calvo de Aguilar: Antología biográfica de escritoras españolas e La danzarina inmóvil.
  • José Manuel Pita Andrade: La construcción de la catedral de Orense.
  • José María Castroviejo: Rías Bajas de Galicia; La ciudad de Santiago e Los gozos del Año Santo.
  • Lauro Olmo: Del aire (poemas).
  • Miguel González Garcés: Poema del imposible sosiego (A Coruña).
  • Valentín Paz - Andrade: Principios de Economía Pesquera (editado pola FAO).
  • Vicente García de Diego: Diccionario Etimológico Español e Hispánico.
  • Xesús Carro García: Estudios jacobeos.
  • Xulio Francisco Ogando Vázquez: Los grandes juristas gallegos (Vigo).
  • A Universidade de Salamanca publica a tese de doutoramento de Luis Leocadio Cortés Vázquez. El dialecto galaico-português hablado en Lubián (Zamora). Toponimia, textos y vocabulario.

Acontecementos

  • O Consello de Galiza diríxese ao “Congreso pola Liberdade da Cultura”, celebrado en Chile, cun texto asinado por Antón Alonso Ríos, como secretario: “Consejo de Galicia, nombre pueblo gallego, denuncia ante ese Congreso sistemática persecución régimen falangista español al idioma gallego, prohibiendo conferencias en gallego, trabajos periodísticos en gallego y trabando desenvolvimiento cultural gallego. Solicita ese Congreso expresar protesta ante UNESCO y ante el mundo”.(“A Nosa Terra” nº 490).
  • No transcurso da VIIIª conferencia da UNESCO celebrada en Montevideo (12/11-10/12) repártese non oficialmente entre os delegados de case todos os países do mundo un folleto de 32 páxinas titulado: DENUNCIA diante a Unesco da perseguizón do idioma galego pol-o Estado Hespañol. O texto, en galego, francés e inglés é entregado á entrada das sesións por Antón Crestar e Manuel Meilán. A Delegación española estaba constituída por Pedro Laín Entralgo, Antonio Tovar, Joaquín Ruiz Giménez e Manuel Fraga Iribarne. A Denuncia foi redactada en xuño, en castelán por Ramón Piñeiro, levada en xullo a Buenos Aires por Fernández del Riego e impresa en novembro por Rodolfo Prada, quen a traduciu ao galego. En entrevista que lle fai Luís Álvarez Pousa a Ramón Piñeiro e publicada póstumamente, en “Tempos Novos” (nº 43, decembro, 2000): “Fraga reaccionou de seguida e, utilizando argumentacións demagóxicas por efectistas e mentireiras, tentou convencer ós representantes dos diferentes países de que o informe non pasaba de ser un panfleto escrito con fins exclusivamente políticos por un grupo de resentidos” (...) “Aduciu que Franco nacera en Galicia e que, por iso mesmo, era impensable que reprimise a lingua dos seus antepasados”.
  • O nº 491 de “A Nosa Terra” (novembro), leva o titular: “Os galegos de Bos Aires Denuncian Diante da UNESCO a Persecución do seu idioma Nacional Pol-o Estado Hespañol”. A continuación transcríbese dito informe. Neste mesmo número figura o artigo “Repercusión na Arxentina da Persecución do Falanxismo o Idioma Galego”, no que se di: “Por obra e gracia de ese Xoán Aparicio, o doutrinario falanxista convertido nunh-a especie de Goebels hespañol de pacotilla, o idioma galego sofre hoxe unha persecución endexamáis coñecida. Como Direitor Nacional de Prensa proscribe o idioma galego de todol-os diarios galegos, trábase e impídese a aición de editoriais que pubrican libros en galego e chégase a prohibir o uso do galego na mesma Academia Galega, creada para o estudio e cultivo do noso idioma. Menciónase tamén a revista arxentina “Criterio” a quen agradecen “a acollida que un problema tan vital para Galicia tivo nas súas columnas”. En “Criterio” Francisco Luis Bernárdez publicou o artigo “El idioma prohibido”. O periodista Bartolomé Mostaza, crítico literario do periódico madrileño “Ya” publicou “El gallego no es un idioma prohibido” e publicouse tamén a resposta a este artigo, de Rodolfo Prada.
  • En xaneiro aparece na Coruña a revista bimensual “Atlántida” (Mariano Tudela, José María de Labra e Urbano Lugrís). No primeiro número hai un longo poema de Lugrís “La balada del Puerto de Os”; este ás veces asinaba as colaboracións literarias como “Ulyses Fingal”. A revista foi suspendida por orde gubernativa en febreiro do 1956, con motivo dos incidentes ocurridos á morte de Ortega y Gasset. O nº 13, dedicado a Valle-Inclán xa non se distribuíu.
    Presencia de galicia en méxico 1954 b.jpg
  • Publícase en Buenos Aires “Adiante, Órgao das Mocedades Galeguistas”, dirixido por C. Carlés Tizado. Saen dous números, un o 1 de xaneiro e outro o 2 de maio.
  • Tamén en Buenos Aires, edítase “Nuestra obra”, co subtítulo de “Órgano oficial de la Sociedad Hijos del Ayuntamiento de Coirós”.
  • Os exiliados galegos en México editan o volume Presencia de Galicia en México cun duplo obxectivo: dunha banda facer presente a cultura e a historia de Galicia para os mexicanos e doutra deixar constancia do agradecemento que o exilio galego tiña co país que preside Lázaro Cárdenas.
  • En Madrid, aparece o 1 de outubro, “Ilustración Gallega”, subtitulada “Revista de Galicia para España y América”; estaba dirixida por Emilio Canda. No nº 1 aparecen os “Seis poemas galegos” de Lorca.
  • Entre este ano (abril) e decembro de 1957 sairán na cidade de Braga, catorce números da revista “Quatro ventos”, publicación galaico-portuguesa-brasileira, subtitulada “Revista lusíada de literatura e arte”. Na súa dirección colaboraron escritores portugueses, galegos e brasileiros. Por parte galega, figuraban Leandro Carré, Otero Pedrayo e Sebastián Martínez Risco. Entre os seus colaboradores estaban Eugénio de Andrade, Alfredo Margarido, Carlos Eurico da Costa, David Mourão Ferreira e Manuel Bandeira, Bouza Brey Victoriano Taibo, Iglesia Alvariño, Xosé María Álvarez Blázquez, Gonzalo López Abente, Leandro Carré, García-Sabell, Manuel María, Avilés de Taramancos, Pura Vázquez, Eduardo Moreiras, Ramón Piñeiro e Fabeiro Gómez. O número 7 (outubro de 1955) foi unha homenaxe a Galiza e conta con numerosas colaboracións de autores galegos. O limiar está escrito por Sérgio da Silva Pinto e titúlase “Em louvor da Galiza”.
  • Luís Seoane publica as serigrafías “Campesinos” (Ediciones Bonino).
  • En Buenos Aires, no mes de xuño aparece a revista “Galicia Emigrante” por iniciativa de Luís Seoane, director e autor de todas as portadas. Contou con 37 números ata que desaparece en maio de 1959. No editorial do primeiro número afirma: “Esta revista aspira a ser espejo en esta capital de la vida y actividad de los emigrantes gallegos”. Existe unha edición facsímile publicada por Ediciós do Castro en 1994. O 10 de outubro e co mesmo nome de “Galicia Emigrante” comeza a transmitirse dende Radio Libertad de Buenos Aires unha audición radiofónica dominical ata xullo de 1971. Dirixíano Luís Seoane e Xosé A. Fernández e o programa, por imperativos da lexislación arxentina debía incluír algúns espazos en castelán. Ver 1973 e 1989.
  • En novembro a revista gráfica ilustrada “ Vida Gallega”, que aparecera en Vigo en xaneiro de 1909 comeza unha 2ª etapa de mans de José Iglesias Presa, sendo dirixida por Fabriciano Fernández Sierra e despois por Eduardo Torres Barrio.
  • Rafael Dieste regresa a Buenos Aires e á Editorial Atlántida.
  • Rof Carballo dá varias conferencias en Montevideo, en Buenos Aires e en São Paulo.
  • María do Carme Kruckenberg viaxa a Estados Unidos, onde coñece a Lorca, Salvador de Madariaga, Jorge Guillén, Marina Romero, Laura de los Ríos.
  • Deixa de publicarse en xaneiro a revista “Vida Gallega”, órgano da Sociedad de Beneficencia de Naturales de Galicia de La Habana (xuño 1938).
  • Ve a luz, dirixida por José Luis Cano a revista “Ínsula”, subtitulada “Revista de letras y ciencias humanas”, onde ás veces aparecen temas relacionados coa literatura galega.
  • Díaz Pardo: “Labregos” (óleo).
  • O 25 de abril inaugúrase o aeroporto de Peinador.
    VGO panorámica
  • Créase en Pontevedra a fábrica de celulosa ENCE.

Premios

  • Gonzalo Rodríguez Mourullo recibe o Premio Ánxel Casal de contos do Centro Galego de Buenos Aires cun conxunto de relatos: Homes sinxelos.
  • A novela Días turbulentos de Ángel Oliver Villar, finalista do Premio Nadal.

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario


Cunqueiro escribe a Fernández del Riego: “Mañá, por correo certificado, mándoche o original de Merlín e familia […] Preciso diñeiro que engadir ó que teño para iste viaxe (Madrid). Eu quero que ó recibo do meu original, trates cos teus amigos de Galaxia, e lles saques un mínimo de mil pesetas…”. (Álvaro Cunqueiro: Cartas ao meu amigo. Epistolario mindoniense a Francisco Fernández del Riego 1949-1961. Galaxia 2003).

En carta a Neira Vilas de 11 de marzo de 1964 escribe Manuel María: “Eu tiña para pubricar a segunda versión do Terra Cha, na Celta e non foi posibel. Seoane tenme feito no dibuxo da portada e Díaz Pardo unhos dibuxos pra ilustrar algún dos poemas, pero o da Celta non se decidiu a facer a edición sin unhas seguridás económicas que non puiden darlle. Estaba moi ilusionado coa saída dise libro no que levo traballando hai moitos anos e no que está, coido eu retratada a miña comarca natal, en verso popular”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 236).


Ramón Cabanillas en carta a Fernández del Riego do 20 de novembro dille entre outras cousas: “Unha cousa desexo que digas a Seoane. Non teño interés máis que en suprimir unha das miñas composicións inserta en Vento mareiro (1ª edición), o soneto “A un cacique”. Foi un desafogo de circunstancias: estaba doído e fóiseme a pruma: chegaron horas máis sereas; sin falar do asunto, atopeime con atencións e espricacións cabaleirosas que me fixeron trocar xuícios e razóns: é unha cousa persoalísima que nobremente teño que silenzar”. ("Grial" nº 54, 1976).

Ramón Cabanillas emigra a Cuba no 1910, collendo no porto de Vigo o vapor “Dania”:

“Para saber qué era aquelo de América, embarqueime para Cuba no setembro de 1910. Alí fixen amistade con Pepe Fontenla Leal, gallego excelentísimo, gran amigo de Curros e que foi o verdadeiro fundador da “Asociación Iniciadora e Proteutora da Academia Galega” (Carta de Cabanillas a Carballo Calero do 8 de novembro de 1954).

“A miña vida en Cuba foi intresante, mais nin ven ó caso nin teño vagar. Os amigos pubricáronme No desterro, nunha edición arrepiante que non revisei. Como eiquí foi ben acollida e Murguía me adicou dous artigos moi aupadores, para quitarme o mal sabor de boca pubriquéi Vento mareiro poucos meses denantes de tornar a Galicia no San Xuan do 1915”.(Carta de Cabanillas a Carballo Calero do 8 de novembro de 1954).
Dende Baracaldo (22 do mes de Santiago, 1955), escríbelle Ramón Cabanillas a Valentín Paz Andrade: Supoñíate en Bogotá por unha crónica pubricada nun xornal de Bilbao.Recibo o “Pranto Matricial” que sabía editado e non o conecía; “Teu destiño” é unha xoia; a versión ó castelán é boa e conserva toda a frescura; e o retrato de Maside é definitivo e insuperabre: e él en persoa, ó meu parecer unha obra de mestre, e vouno separar do libro e poñelo nun coadro. Eu ando moi mal, sobor de todo da vista, pois xa non vexo un burro a tres pasos.(Ramón Cabanillas. 3 Obra completa. Akal Editor 1981).
Ramiro Isla Couto (Caracas), escribe a Lois Tobío (Montevideo) con data (10/11/1954): E agora outra cousa. Che vou a enviar os dous derradeiros números de "Galicia" de Caracas. Pol-o adicado ao Dia de Galicia ollarás que Otero Pedrayo ía a vir a dar unhas conferencias e inviado pol-o Centro Galego ía a presidir os actos da Nosa Festa. As autoridades franquistas non-o deixaron vir porque dín que iste Centro é enemigo do réxime. Con tal motivo, vaise a publicar un número eistraordinario en homaxe a Otero. Pol-o entusiasmo que espertou en Galicia vai resultar unha cousa monumental, tanto, que o Centro Galego asustou-se ante o costo que lle supón, e como se fundou fai pouco tempo un Patronato da Cultura Galega, se fixo cárrego do asunto, e hai un entusiasmo tolo por levar a cabo a obra. Calcúlanse soio de Galiza unhos 50 traballos, que xa están chegando con fotos dibuxos etc. (Epistolario Lois Tobío. Consello da Cultura Galega).

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Nobel


PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Ernest Hemingway

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen

  • Frederico Gustavo dos Anjos (São Tomé).
  • Gil Nozes de Carvalho.
  • Luísa Costa Gomes (Lisboa).




Morren:

  • José Oswald de Sousa Andrade (São Paulo; ibídem 1890).




Joaquín de Entrambasaguas: “Fernando Pessoa y su creación poética” (Revista de Literatura, 5) e “La lírica de Fernando Pessoa” (Revista de Literatura 6).


A Livraria Cruz de Braga edita “4 Ventos. Revista de literatura e arte”. Nela colaboran entre outros García-Sabell, Ramón Piñeiro, Otero Pedrayo, Sebastián Martínez-Risco, Manuel María, Leandro Carré, López Abente, Fermín Bouza Brey, Iglesia Alvariño, Pura Vázquez, Victoriano Taibo… Despois de catorce números desaparece no 1957.


Adolfo Casais Monteiro: Voo sem pássaro dentro (poesía).


Agustina Bessa Luis: A Sibila . Aparece en castelán no 1981, en Alfaguara.


Alberto Ferreira: Condições sociais do pensamento moderno.


Alves Redol: Olhos de Água.


António de Sousa: Terra ao mar.


António Ferro: D. Manuel II, O Desventurado.


António Quadros: Introdução a uma estética existencial.


Antunes da Silva: O aprendiz de ladrão (contos).


Aquilino Ribeiro fai unha tradución moi libre de El Quijote ao portugués co título O engenhoso fidalgo D. Quixote de la Mancha. No prólogo escribe: “Traduzir um livro não consiste apenas em vertê-lo para termos equivalentes noutro idioma; é amoldá-lo ao clima e estética desse idioma, como se lhe fosse congénito”.


Ariano Suassuna (Brasil): O rico avarento.


Armando Martins Janeira: Nô. Teatro lírico japonês.


Armindo Rodrigues: A paz interior (poesía).


Carlos Drummond de Andrade (Brasil): Fazendeiro do ar e Quadrilha.


Esther de Lemos: D. Maria II, a rainha e a mulher.


Fernando Namora: O Trigo e o Joio (No 1958 a editorial Noguer tradúceo ao castelán co título de La llanura de fuego).


Fernando Pires de Lima: A Nau Catrineta (Porto. Prólogo de Menéndez Pidal).


Ferreira Gullar (Brasil): A luta corporal.


Figueiredo Filho (Brasil): Sonetos e canções.


Francisco Costa: Nocturno agitado.


Godofredo Rebello de Graciliano Ramos (Brasil 1892-1953): Viagem.


Isabel da Nóbrega: O filho pródigo.


Jaime Salazar Sampaio: Poemas propostos.


João Maia: Abriu-se a noite.


Jorge Amado (Brasil): Os subterrâneos da liberdade.


José Régio: A Chaga do Lado (poesía).


Júlio Dantas: Marcha triunfal.


Luís Cajão: Torre de vigia.


Luís Forjaz Trigueiros: A história e a vida.


Lygia Fagundes Telles (Brasil): Ciranda de pedra.


Manuel de Seabra: Cântico necessário.


Manuel Mendes: Pedro.


Manuela Saraiva de Azevedo: Filhos do diabo.


Maria Archer: A Primeira Vítima do Diabo.


Miguel Torga: Penas do Purgatório (poesía).


Orlando Ribeiro: Geografía de España y Portugal.


Pedro Homem de Melo: O Rapaz da Camisola Verde.


Ruben A.: D. Pedro V e Herculano e Caranguejo.


Sophia de Mello Breyner: No Tempo Dividido (poesía).


Tomás de Figueiredo: Procissão de Defuntos.


Vinícius de Moraes (Brasil): Antologia poética.


Vitorino Nemésio: O Segredo de Ouro Preto (crónica).




Cataluña


Nacen:

  • Antoni Puigvert i Romaguera (la Bisbal d’Èmporda).
  • Carles Casajuana i Palet (Sant Cugat del Vallès).
  • Josep Lluís Sirera Turó (Valencia; ibídem 2015).
  • Salvador Jàfer i Sanxis (El Ràfol de Salem, Valencia).
  • Vicenç Altaió i Morral (Santa Perpètua de Mogoda).

Morren:

  • Eugeni D’Ors (Vilanova i la Geltrú; 1881 Barcelona).


PREMI VÍCTOR CATALÀ: Pere Calders por Cròniques de la veritat oculta.Créase a Agrupació Dramática de Barcelona coa finalidade de promover o teatro (1963).


Carles Riba comunícalle a Xosé Mª Álvarez Blázquez que na súa mocidade compuxera varios poemas en galego.


Fèlix Cucurull i Tey: L’últim combat.


Jaume Vicens Vives: Notícia de Catalunya.


Joan Coromines: Diccionario crítico etimológico de la lengua castellana.


Joan Fuster: Escrit per al silenci.


Joan Teixidor : El princep (poesía). Un poema é traducido ao galego por Álvaro Cunqueiro co título de “Venecia e Ampurias”. Aparece no Faro de Vigo (16/11/1969) baixo o pseudónimo de M. Mª Seoane.


Jordi Pere Cerdà: Tota llengua fa foc.


Jordi Sarsanedas. Mites (Segundo a crítica, unha das obras máis innovadoras da literatura de posguerra).


Josep Maria de Sagarra: Memòries (prosa) e La ferida lluminosa (teatro).


Josep Maria Espinàs: Com ganivets o flames e Dotze bumerangs.


Josep Pla: Contraban; Peix fregit e L’Empordanet.


Lluís Ferran de Pol: Abans de l’alba (narrativa).


Manuel de Pedrolo: Es vessa una sang fàcil (narrativa).


Marià Villangómez Llobet: Els béns incompartibles.


Miquel Martí i Pol: Paraules al vent.


Ramon Folch i Camarasa: Camins en la ciutat (narrativa) e Un vailet entre dos reis (teatro).


Salvador Espriu: El caminant i el mur (poesía).


Tomàs Garcés : Deu poemes gallecs (traduce ao catalán poemas de Rosalía “Ombra negra”, Noriega “Ara és bedoll”, Cabanillas “Camí llarg”, Manuel Antonio “Sols”, Amado Carballo “Alta nit”, Bouza-Brey “A cau d’orella”, Iglesia Alvariño “Sota els avellaners”, Cuña Novás “El carro”, Álvaro Cunqueiro “Cantiga nova” e Euxenio Montes “Boira”). O libro, editado en Barcelona, figura simbolicamente editado en Santiago, como unha homenaxe de Garcés á cultura galega e como compensación por non querer asistir por motivos políticos ao III Congreso de Poesía que se celebraba en Santiago. Existe unha carta na Fundación Penzol, posiblemente deste ano, na que Cunqueiro escribe a Xosé Mª Álvarez Blázquez e na que lle comunica que fixo xestións ante Serrano Castilla sen conseguilo, para que o libro non tivese que circular clandestinamente. Nun breve prefacio Tomàs Garcés dá unha imaxe literaria de Galicia que el relacionaba con Vicente Risco:“Regirant vells papers, en un dels meus caleixos, he retrobat, en tinta verda, la fina lletra de Vicente Risco (1920). La tinta verda, en la ploma de Risco, donava a les paraulas un vol incisiu, àgil, d’ocell esbatanat. I m’obria les portes d’un país inconegut, ple de falgueres i de boira, reialme de la tendra enyorança. En aquells dies, Rosalía i Curros passejaven pels mateixos elisis de Verdaguer i Maragall, en daurada llunyania aparent”.

Flag of Spain


'


Nacen:

  • Antonio Gómez Rufo (Madrid).
  • Dulce Chacón (Zafra; 2003 Madrid).
  • Jacobo Siruela (Madrid).
  • José Luis Pardo (Madrid).
  • Pedro Zarraluki (Barcelona).



Morren:

  • Jacinto Benavente (Madrid; ibídem 1866).



Alfonso Sastre: La mordaza.

Américo Castro: La realidad histórica de España.


Ana María Matute: Pequeño teatro.


Caballero Bonald: Memorias de poco tiempo (poesía).


Calvo Sotelo: La muralla.


Carmen Conde: Vivientes los siglos.


Carmen Laforet: La llamada.


Elena Quiroga: Algo pasa en la calle.


Eugenio de Nora: España, pasión de vida.


Francisco José Alcántara: La muerte le sienta bien a Villalobos.


Gloria Fuertes: Antología y poemas de suburbio e Aconsejo beber hilo.


Ignacio Aldecoa: El fulgor y la sangre.


Jesús Fernández Santos: Los bravos.


José Antonio Muñoz Rojas: Cantos a Rosa.


José Hierro: Estatuas yacentes.


José López Rubio: La venda en los ojos.


José María Pemán: Edipo.


José María Valverde: Versos del domingo.


Juan Goytisolo: Juego de manos.


Luis Castillo Puche: Con la muerte al hombro.


Luis Riaza: El caballo dentro de la muralla (teatro).


Manuel Álvarez Ortega: Hombre de otro tiempo.


Max Aub: Las buenas intenciones.


Rafael Alberti: Baladas y canciones del Paraná.


Rafael Morales: Canción sobre el asfalto.


Rafael Santos Torroella: Nadie: poemas del avión.


Ricardo Fernández de la Reguera: Cuerpo a tierra.


Tomás Salvador: Cuerda de presos.


Torrente Ballester: Farruquiño.


Vicente Aleixandre: Historia del corazón.


Vicente Núñez: Elegía a un amigo muerto.




Máis culturas:


Nacen:

  • David Grossman (Jerusalén).
  • Einar Már Gudmundsson (Reykjavik).
  • Hanif Kureishi (Bromley, Londres).
  • Iain Banks (Dunfermline, Escocia; 2013).
  • Karin Fossum (Sandefjord, Noruega).
  • Katherine Pancol (Casablanca).
  • Kazuo Ishiguro (Nagasaki).
  • Stieg Larsson (Västerbotten; 2004 Estocolmo).

Morren:.

  • Azarías H. Pallais (1885 Nicaragua).
  • Emilio Ballagas (La Habana; 1908 Camagüey).
  • Vitaliano Brancati (Torino; 1907 Pachino).


Cabrera Infante crítico de cine na revista “Carteles” co pseudónimo “G. Caín”.

Armando Uribe Arce: Transeúnte pálido.


Bioy Casares: El sueño de los héroes (prosa).


Gabriela Mistral: Lagar (poesía).


Jaime García Terrés: Correo nocturno.


José González Carbalho: Libro de canciones para Rosalía de Castro.


José María Arguedas: Diamantes y pedernales (narrativa).


Luis Spota: Las grandes aguas.


Manuel Mújica Laínez: La casa (prosa).

Nicanor Parra : Poemas y antipoemas. No 1970 (15 de xaneiro), Manuel María escribe a Neira Vilas: “Un libro que me voltou tolo, que moito, moito me gustou foi o de Nicanor Parra, Poemas. ¡Qué gran poeta! ¡Qué perto, ademais, do meu xeito de entender a poesía! Son poemas que penso que ún podería escribir si fora un gran poeta como é Parra. Moi ben, moi ben. Teño que voltar con Parra de novo. Hai tempo que non leo un libro que me guste tanto. Cecais dende os Poemas de Ernesto Cardenal ou de Viaxe ao país dos ananos, do Celso Emilio Ferreiro”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 276).


Pablo Neruda: Odas elementales.


Raúl Gustavo Aguirre: La danza nupcial.


Sebastián Salazar Bondy: Náufragos y sobrevivientes; No hay isla feliz e En el cielo no hay petróleo.


Victoriano Crémer: Libro de Santiago (poemas).



Ernst Jünger: O libro do reloxo de area.


Françoise Sagan: Bonjour tristesse.


Heinrich Böll: Casa sen amo (narrativa).


John R. Tolkien: The Lord of the Rings (3 volumes 1954-1955).


Kingsley Amis: Lucky Jim.


Max Frisch: Non son Stiller.


Michel Butor: Passage de Milan.


Níkos Kazantzaquis: Cristo volta a ser crucificado.


Paul Claudel: Mémoires improvisés.


Simone de Beauvoir: Les mandarins.


Truman Capote: Breakfast at Tiffany’s.



William Golding: Lord of the flies.



Wislawa Szymborska: Preguntas plantexadas a unha mesma.


Wolfgang Koeppen: Morte en Roma.


Yukio Mishima: O rumor das ondas.



Tamén sucedeu...

  • CINE:

- Federico Fellini: La Strada.

- Luis Buñuel: El río y la muerte.

- Lindsay Anderson: O Dreamland.

  • Tarradellas, nomeado presidente da Generalitat no exilio.
  • Remata a Guerra de Indochina que enfrentou as forzas do Vietminh (Liga pola independencia do Vietnam) e as autoridades coloniais francesas, cuias tropas foron derrotadas en Dien Bien Fu. Pola Conferencia de Xenebra: Vietnam queda dividido en Vietnam do Norte, comunista baixo Ho Chi Min, e Vietnam do Sur apoiado por occidente.
  • Comeza a guerra arxelina de independencia (ata 1962).
  • Nasser, presidente da República de Exipto.
  • O 6 de xuño realízase con carácter experimental o primeiro enlace europeo de televisión, co nome de Eurovisión.
  • O presidente de Guatemala, Jacobo Arbenz Guzmán, forzado a abandonar o país a causa da invasión da República por forzas comandadas polo coronel Castillo Armas, co apoio do exército de Estados Unidos. A orixe deste suceso está na profundización da política reformista, nacionalista e antiimperialista de Arbenz, cuia expresión máis emblemática é a reforma agraria que afectou directamente os intereses da oligarquía cafeteira e da Compañía Agrícola de Guatemala, filial da norteamericana United Fruit Co.
  • Créase a Asociación Europea de Enerxía Atómica para fomentar os usos industriais da enerxía atómica.
  • Morren:

- O pintor Henri Matisse (Niza; 1869 Le Cateau).

- A pintora Frida Kahlo (1907 Coyoacán, México).

- O fotógrafo Robert Capa , pseudónimo de Andrej Friedmann (Vietnam; 1913 Budapest).