Diferenzas entre revisións de «1927»
(→Sumarios) |
(→Sumarios) |
||
Liña 246: | Liña 246: | ||
− | + | <span>O pelingrino por R. A.Villar Ponte: A fontenla viva da nosa cultura.</span>R. Otero Pedrayo: Notas encol da paisaxe romántica. | |
Xosé Filgueira Valverde: A paisaxe no Cancioneiro da Vaticana.Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza.Os homes, os feitos as verbas. | Xosé Filgueira Valverde: A paisaxe no Cancioneiro da Vaticana.Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza.Os homes, os feitos as verbas. | ||
Liña 266: | Liña 266: | ||
Nº 41 (maio). | Nº 41 (maio). | ||
+ | <span>F. Bouza Brey: Triadas no mar e na noite.</span> | ||
− | |||
Correa Calderón. Cibdade galega en 1840. F. L. Cuevillas e F. Bouza Brey. Bibliografía da prehistoria galega. | Correa Calderón. Cibdade galega en 1840. F. L. Cuevillas e F. Bouza Brey. Bibliografía da prehistoria galega. | ||
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de GalizaOs homes, os feitos as verbas. | Arquivo Filolóxico e Etnográfico de GalizaOs homes, os feitos as verbas. |
Revisión como estaba o 16 de xaneiro de 2020 ás 12:01
Índice
Cultura galega
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos |
---|
Literatura |
Alfredo Fernández “Nan de Allariz” (Madrid; 1875 Xinzo de Limia). |
Luís Amado Carballo (Pontevedra; ibídem 1901).No nº 241 de “A Nosa Terra”: “Porque Amado Carballo era do mais exquisito e escollido da actual xeneración de poetas e escritores en idioma galego.Tiña para nós ademais o chorado amigo unha outra condición que aumenta o noso pesar. Era galeguista dos bós, militante e entusiasta soldado do exército dos bós e xenerosos”. |
Pío Lino Cuíñas Pereira (Vigo; ibídem 1851). |
Outros |
En accidente aéreo o aviador Joaquín Loriga y Taboada (Madrid; 1895 Lalín). |
O aviador José Piñeiro González (Santiago; 1878 Mugardos). |
O pianista Carlos Sobrino Rivas (Londres; 1861 Pontevedra). |
Publicacións
Galegas
Álvaro de las Casas: “Canto de berce”, no nº 240 de “A Nosa Terra”.
Antón Zapata García: “Alando a Traiña”, poema no nº 243 de “A Nosa Terra”.
Antonio Rey Soto: La copa de cuasia.
Armado Cotarelo: Contos de Nadal colleitos do pobo (A Coruña).
Augusto María Casas: no núm 6 de “La Gaceta Literaria” (15 de marzo), publica o poema “Chançon da choiva”:Na vidraça da xanelarechoucha bicos e choiva:cantigas de donicela,garimos dondos de noiva.
Avelino Gómez Ledo: Borreas.
Avelino Rodríguez Elías: O sobriño do abade (teatro).No nº 236 de “A Nosa Terra” o poema “O meu fado”. No 236 “Perdeuse o meniño”. No 242 “O cañón de pau”.
Basilio Álvarez no nº 242 de “A Nosa Terra” recóllese un discurso que pronunciou en Madrid o 12 de outubro.
Ben-Cho-Shey: “O enterro da moza”, poema no nº 236 de “A Nosa Terra”.
Castor de Aira Barrera: Facetas (poemario bilingüe).
Corona González (París): “Prós pais que tein fillas” (“A Nosa Terra” núm. 235): “A muller pra abrirse camiño na vida pasa moitos mais apuros e desgostos –sen contar os traballos- que o home. É necesario ensinarlle a traballar, pra ser independente, e facerlle comprender que non é necesario o casamento, nen ser monxa, pra ser feliz n-este mundo. Só pode adequerir a sua independencia por medio do traballo…”.
Eduardo Blanco Amor: Os Nonnatos (Céltiga nº 58, Buenos Aires).
Eladio Rodríguez González: Oraciós campesiñas.No nº 239 de “A Nosa Terra”, o poema “O novo día”.
Eleuterio González Salgado “Leuter”: “O herdeiro” no nº 237 de “A Nosa Terra”. No 230 “Un verdadeiro caso d’adulterio”.
Evaristo Correa Calderón: Margarida a da sorrisa d’ aurora (primeiro conto de fadas de autor en galego. Revista Nós). Aparece tamén nos nº 243 e 244 de “A Nosa Terra”. No núm. 1 de “La Gaceta Literaria” publica o poema “Arela do neno doente”:Quijer ser pajarinhoque voa ao sol, minha maeQuijer ser coma aquelabarca branca que se vae!...E no núm. 16 do 15 de agosto o artigo “El nuevo idioma gallego”.
Fermín Bouza Brey: “Lied”, poema no nº 239 de “A Nosa Terra”.
Francisca Herrera Garrido: “Follas murchas”, poema no nº 239 de “A Nosa Terra”.
Francisco Porto Rey: A tola de sobrán. (Teatro. A Coruña).
Francisco Salgado y López Quiroga: Cantares d’a Terra (Segundo volume. O primeiro é de 1922).
Luís Amado Carballo: Proel (Escrito en 1924. Edit. Alborada, Pontevedra). Deste libro aparecen no nº 234 de “A Nosa Terra” : “Festa”, “Poema para Helena Verdia” e “Hora sensual”.No nº 239, o poema “Os piñeiros mortos”.No nº 240, o poema “Mosteiro”.
Luís Pimentel colabora en verso e por primeira vez en galego na revista madrileña “La Gaceta Literaria”.
Magariños Negreira: “Cousas de artistas”, no nº 239 de “A Nosa Terra”.
Manuel Lugrís Freire: Ardencias (4 partes: “Acordes de mocedade”, “Da Mariña”, “De outrora” e “En prosa”).No nº 239 de “A Nosa Terra”, “O día mais grorioso”.
Manuel Portela Valladares: “Esqueixes de iniciazón”, no nº 239 de “A Nosa Terra”.
Rafael Dieste: A fiestra valdeira (Santiago. “Grial” nº 78, páx. 502).
Ramón Cabanillas: A rosa de cen follas. Breviario dun amor (Mondariz. “Grial” nº 54, páx. 537 Portada deseñada por Castelao).No nº 237 de “A Nosa Terra” publícase o poema que leu na homenaxe que recibiu en Vigo:“Na emoción e ledicia de esta hora,que fai tan doce a vosa xentileza,unha soave tristezavén a bicar miña alma soñadora”.
Ramón Otero Pedrayo: Escrito na néboa (A Coruña) e Problemas de xeografía galega. Notas encol das formas de poboación labrega (A Coruña). O 15de febreiro no apartado “Letras D’afora” da revista “Nós” traduce uns poemas de Rilke, incluíndo un pequeño percorrido pola súa vida e obra.No 232 de “A Nosa Terra”: “Encol da paisaxe xeográfica”.No 233 “Esquemas e lembranzas”.No 234 “Na Lanzada”: “Os xeólogos din qu’ista é unha costa vella. será certo, mais a impresión é millor d’unha mocidade loitadora, orixe de novas formas insospeitadas no futuro. Os homes apenas lixaron a virxe soidade d’iste anaco de costa atromentada. […] Despois, pouco adentro, en Vilalonga, no acougo d’unha galería â moda, ben quente i-alaxada corría o viño espadeiro cantando nos vasos as cántigas amadas pel-os abades gobiardescos. ¿Quén diría que a pouca distanza estoupaba o fero mar da Lanzada?”.No 236: “Na clase”: “Aquil lampantín non perdíu en tres cursos o ser da aldeia ¡Ogallá non s’avergoñe endexamais d’ela! Teño fe noutro enredante: non acerta unha resposta mais vinlle os ollos mollados unha vegada en que falando do Carral e dos segadores, dos cruceiros, dos camiños e das leendas do norte, tuda a hora da crase arrecendeu vagamente a outonos e primaveiras galegas”.No 239: “Betula fidelis”: “Agora fai poucos días camiñando en compaña de Risco e Ben-Cho-Sey, pra comprir a romaxe ô San Andrés de Teixido entrei no reino dos bidueiros […] Non cantan coralmente como os piñeirales sinon que cada arbre ten o seu dicir armoñoso ou desfeito con voce de niño, d’auga, de consello, d’ironia”.No nº 240 “Chegou un home das Américas”: “Chegou probe, desfeito, comesto por ruin doenza. Non soupo aforrar e ven a que o cuiden c’os aforros da muller…”.No nº 241: “Castelos no hourizonte”.No nº 242: “Na lama dos orixes”.No nº 243 “Terra de Arthur e de Amadís”.
Ramón Villar Ponte: Historia sintética de Galicia (Nós. A Coruña).No nº 239 de “A Nosa Terra”: “Eu vos digo…”.
Roberto Blanco Torres: “A obra” no nº 239 de “A Nosa Terra”.
Salvador Cabeza de León: A insinanza do Direito román na universidá de Sant-Yago, hastra o Plan de Estudos de 1772 (publicado en “Arquivos do Seminario de Estudos Galegos”).No nº 239 de “A Nosa Terra”: “A Universidá de Santiago e o Seminario de Estudos Galegos”.
Saturnino Piñeiro Groba “Pedro Borreiro”: Fuchicadas (Editorial “El Tea”.
Urbano Rodríguez Moledo: Dólmen (poemas adicados a Miguel Ventura Balañá).
Uxío Carré Aldao: “Os meus desexos”, no nº 239 de “A Nosa Terra”.
Vicente Risco: “Da renacencia galega. A evolución do galego e os seus críticos” (No nº 233 de “A Nosa Terra”): “ […] Tamén nos compren; porque si os nosos mestres do XIX non empregaron o galego mais que na literatura, nós empregámolo pra falarmos de cencia, de filosofía, d’economía, d’historia, de política. Precisamos por isto un caudal de verbas moito meirande qu’o qu’iles precisaban.[…] As mesmas cousas que estes nemigos da evolución do galego din dos nosos escritores modernos, dixéronse na Finlandia do Profesor Snellman, e en Bohemia de Jungmann e de Safarik. Os seus argumentos, eiquí e alén, son fillos da iñorancia. Hai pouco reproducía ises argumentos nun xornal de Madrí, o gran humorista Julio Camba, que coido que non é ningunha autoridade centífica, en filoloxía polo menos…”.No nº 238 o poema “Meus amigos”. No nº 239: “O novo bautismo”.
Víctor Casas: “Arelas” no nº 239 de “A Nosa Terra”.
Victoriano Taibo: “Fogar e patria”, no nº 240 de “A Nosa Terra”.
Xosé Filgueira Valverde: O vigairo: ensaio simbólico, orixinal e inédito. Portada de Camilo Díaz.No nº 237 de “A Nosa Terra” “A morte branca”.
Xosé Francisco Lesta Meis: Estebo.Colabora en “A Nosa Terra”.
Xosé López Vázquez: “Un conto”, nos nº 240 e 241 de “A Nosa Terra”.
Xosé Manuel Cabada Vázquez: “A uns ollos”, poema no nº 232 de “A Nosa Terra”. No 233 “Lírica”. No 235 “Brétema”.
Xosé Núñez Búa: colabora en “A Nosa Terra”. No núm. 236 “A gata da fidalga”.
Xosé Vázquez López colabora en “A Nosa Terra”.
Xuán Fernández Merino: colabora en “A Nosa Terra”.
Xuan Xesús González: colabora en “A Nosa Terra”.
Xulio Sigüenza: En “A Nosa Terra” núm. 234 publícase a súa conferencia “Eduardo Pondal e a Poesía Galega”, pronunciada en Buenos Aires o 20 de decembro de1926 co gallo da “Semana Galega”: “Si Rosalía chorou con bágoas de lume as dôres de Galicia; si Curros fustigou con látigo duro a inercia envilecedora, Pondal amostrou os camiños futuros; aquiles que fatalmente hannos levar â conquista das libertades… […] Eduardo Pondal non foi un poeta popular nin tivo a menor intención de o ser. El falou solamente para os altos espritos, e os altos espritos teñen a obriga de facer que iste poeta non descenda do seu outo pedestal de sereidade”.No nº 241 de “A Nosa Terra”: “Mister Parking”, “Monsieur Picot”, “Samuel Yankelevich” e “Von Enrick”.
Nº 29 da revista mensual LAR (xaneiro) A pecadenta silenzosa de Manuel Bergueiro López (portada de Camilo Díaz).
Nº 30 (febreiro) O vigairo de Xosé Filgueira Valverde (portada de Camilo Díaz).
Nº 31 (marzo) Morta! de Celestino Noya (portada de Camilo Díaz).
Nº 32 (abril) Escrito na néboa de Ramón Otero Pedrayo (portado de Camilo Díaz).
Nº 33 (maio) Loita novela de Rafael Fernández Casas (portada de Camilo Díaz).
Nº 34 (xuño) Ladaíña novela de Álvaro María de las Casas (portada de Camilo Díaz).
Nº 35 (xullo) De como claudicou Xaquín Quiroga contos por Xacobe Casal (portada de Camilo Díaz).No remate deste número aparece unha nota que di: “…e non sendo xa adeministrador das pubricacións LAR D. Ánxel Casal rógase aos nosos suscritores e colaboradores dirixan toda a correspondencia ao Director Leandro Carré”.
Nº 36 (agosto) O xornal de Mavi novela de Landro Carré Alvarellos (portada de Camilo Díaz). Aparece na cabeceira Leandro Carré coma “Direitor propietario” e explícase na primeira páxina que por diversas circunstancias, entre elas o cese do administrador Ánxel Casal, levouse a cabo o traslado dos talleres e adminstración á rúa da Franxa, 34, baixo.
Nº 37 (setembro) O ilustre Cardona novela de Wenceslao Fernández Flórez (portada de Camilo Díaz). É unha tradución do castelán de Leandro Carré).
Nº 38 (novembro) Contos por Alfredo Canalejo (portada de Camilo Díaz).
Nº 39 (decembro) Contos de Nadal colleitos do pobo e relatados por Armando Cotarelo Valledor.
Nº 40 Alevamento novela de Luís G. Vicencio (portada de Camilo Díaz).
Ánxel Casal abandona o seu traballo en “Lar” para fundar a Editorial “Nós” continuando o seu labor en solitario Leandro Carré, quen en resposta a “Unhas alusiós en col da pubricación de “Lar”, publicadas no xornal de Vigo “El Pueblo Gallego” (21/7/1926) di: “Si non tivera un verdadeiro interés en contribuír á creación da novela galega hai xa tempo que Lar houbera deixado de se pubricare, posto que en vez de alentos e colaboración nesta obra non recibo senon couces dos despeitados e indiferencias dos que debían de me axudare”.(César Antonio Molina: Prensa literaria en Galicia 1920-1960. Xerais 1989).
Relativas a Galicia
Acontecementos
Premios
Epistolario
Sumarios
Nós Boletín Mensual da Cultura Galega.
Nº 37 (xaneiro).
Álvaro María de las Casas: Poesía.Margot Sponer: Algunhas notas dos meus estudos sobre filoloxía galega.Xosé Filgueira Valverde: A paisaxe no Cancioneiro da Vaticana.Quod nihil sciturArchivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: “Folklore de San Andrés de Teixido”.Os homes, os feitos as verbas.
Nº 38 (febreiro).
O pelingrino por R. A.Villar Ponte: A fontenla viva da nosa cultura.R. Otero Pedrayo: Notas encol da paisaxe romántica.
Xosé Filgueira Valverde: A paisaxe no Cancioneiro da Vaticana.Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza.Os homes, os feitos as verbas.
Nº 39 (marzo).
Vicente Risco: Os europeos en Abrantes. R. Otero Pedrayo: A volta. F.L. Cuevillas: Papeletas pra un inventario das mámoas galegas. F. Bouza Brey. Notas de arqueoloxía e folk-lore arousáns. M. Bergueiro: Glosas hestóricas.
Arquivo filolóxico e Etnográfico de Galiza.Os homes, os feitos as verbas.
Nº 40 (abril).
Eladio Rodríguez González: Almas viaxeiras. R.Otero Pedrayo: Beethoven.
Vicente Risco: Os europeos en Abrantes (proseguimento). F. L. Cuevillas. Papeletas pra un inventario das mámoas galegas (proseguimento).
Quod nihil scitur (proseguimento).Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza.Os homes, os feitos as verbas.
Nº 41 (maio).
F. Bouza Brey: Triadas no mar e na noite.
Correa Calderón. Cibdade galega en 1840. F. L. Cuevillas e F. Bouza Brey. Bibliografía da prehistoria galega. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de GalizaOs homes, os feitos as verbas.
Nº 42 (xuño).
Gonzalo López Abente: Balbor.Ramón Cabanillas. As romaxes de Nosa Señora da Franqueira. R. Otero Pedrayo: O século XIX. F. L. Cuevillas e F. Bouza Brey: Bibliografía da prehistoria galega.
Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza.Os homes, os feitos, as verbas.
Nº 43 (xullo).
Castelao: O retrato, Peito de lobo, O segredo. R. Otero Pedrayo: Meditaciós composteláns.
Vicente Risco: Da mitoloxía popular galega. Os mouros encantados.Magariños Negriera: As arelas da mosca semipanteista. F. L. Cuevillas e F. Bouza Brey. Bibliografía da prehistoria galega.
Os homes, os feitos, as verbas.
Nº 44 (agosto).
Evaristo Correa Calderón: Os fidalgos de Neira de Rei.Florentino L. Cuevillas: Dúas estacións dolménicas.Xosé Filgueira Valverde: Artistas aldeáns.Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza.Os homes, os feitos, as verbas.
Nº 45 (setembro).
Fermín Bouza Brey: Teño …Vicente Risco. Os mouros encantados.Ramón Otero Pedrayo: Problemas de Xeografía Galega. Notas en col das formas de poboazón labrega.Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza.Os homes, os feitos, as verbas.
Nº 46 (outubro).
Outeiro Espasandín: Poema.Ramón Otero Pedrayo: Problemas de Xeografía Galega. Notas en col das formas de poboazón labrega.Florentino L. Cuevillas e F. Bouza Brey: Prehistoria e folklore da Barbanza.Catálogo dos castros galegos, da Seizón de Prehistoria do S. E. G.A riqueza artística da Galiza. Dúas imaxes de Xan de Juni.Os homes, os feitos, as verbas.
Nº 47 (novembro).
Antón Zapata García: O chasco e o pimpín.Florentino L. Cuevillas e F. Bouza Brey: Prehistoria e floklore da Barbanza.Euxenio Montes: Poemas.Catálogo dos castros galegos, da Seizón de Prehistoria do S. E. G.Magariños Negreira: A meu tío, quixéron-o roubar.Os homes, os feitos, as verbas.
Nº 48 (decembro).
Antón Couceiro Freixomil: Novos cantares.Vicente Risco: Ensaios de Phisiognomonía. Don Xohán Antonio Saco e Arce.Ramón Otero Pedrayo: Problemas de Xeografía Galega. Notas en col das formas de poboazón labrega.Arquivo Filolóxico e Etnográfico de GalizaOs homes, os feitos, as verbas.