Diferenzas entre revisións de «1925»
(→Sumarios) |
(→Galegas) |
||
Liña 128: | Liña 128: | ||
Luís G. Vicencio: colabora en “A Nosa Terra”. | Luís G. Vicencio: colabora en “A Nosa Terra”. | ||
− | + | <span>M.Magariños Negreira: “Descripzón da regueifa en Negreira” (“A Nosa Terra”, núm. 218).</span> | |
− | |||
Manuel Lugrís Freire: “Oración a fala”, no nº 216 de “A Nosa Terra”. | Manuel Lugrís Freire: “Oración a fala”, no nº 216 de “A Nosa Terra”. | ||
Liña 197: | Liña 196: | ||
Nº 16: Anxélica, novela de Florencio Vaamonde (portada de Camilo Díaz). | Nº 16: Anxélica, novela de Florencio Vaamonde (portada de Camilo Díaz). | ||
+ | |||
===Relativas a Galicia=== | ===Relativas a Galicia=== | ||
Revisión como estaba o 16 de xaneiro de 2020 ás 09:25
Índice
Cultura galega
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos |
---|
Literatura |
Enrique Labarta Pose (Barcelona; 1863 Baio). |
Florencio Vaamonde Lores (A Coruña; 1860 Bergondo). |
Manuel Comellas Coímbra (Mandiá; 1853 Ferrol). |
Manuel Lago González (Santiago; 1865 Tui).No nº 211 de “A Nosa Terra” recóllese a noticia da súa morte e publícase o seu poema “Alborada”. |
Outros |
Pablo Iglesias (Madrid; 1850 Ferrol): “La muerte no nos separa de Iglesias. La imagen de su vida de ternura, de amor y de firmeza, queda definitivamente incorporada al tesoro moral de nuestra conciencia de hombres libres, demócratas, obreros del ideal inmortal del Socialismo”. ¿? |
O anarquista e xornalista Ricardo Mella y Cea (Vigo; ibídem 1861). |
O escritor e historiador Benigno Teijeiro Martínez (Paraná, Argentina; 1846 Ortigueira). |
Publicacións
Galegas
Álvaro María de las Casas: colabora en “A Nosa Terra”. No nº 214 figura o poema “Penedos”. No 215 “A campana choca”.
Amador Iglesias Soto: Albores de un astro. (Asinada como Asslegi Toiso).
Antonio Couceiro Freijomil: Lóstregos. Con prólogo en verso de Francisco Álvarez de Nóvoa. Ampliados publicáronse no diario ourensán “Galicia” co título de Do meu feixe.
Antonio Noriega Varela: “Aquela que me namora…” poema en “A Nosa Terra” nº 214. No 215 “Do tempo dos caciques”.
Ánxel del Castillo López: A dona das torres (Nº 12 da Colec. Lar. 22/08).No nº 215 de “A Nosa Terra”: “¡Santiago benditiño…!
Bernardo Bermúdez Jambrina (¿? A Coruña 1918 Avilés): “Muiñeira”, poema no nº 219 de “A Nosa Terra”.
Blanco Amor publica na primeira páxina de “El Despertar Gallego” o artigo “El ayer, el hoy y el mañana de la colectividad gallega”.O 12 de abril, no suplemento “Los Domingos de La Nación”, asina o artigo “Momento actual de la poesía gallega. Los precursores”. O 17 de maio “Estado actual de la poesía gallega. Segundo momento”, o 28 de xuño “El paisaje gallego” e o 25 de xullo “De la tierra gallega”.
Bouza Brey: Cabalgadas en Salnés (Colec. Lar Nº 15).
Eduardo Blanco Amor: “Momento de la poesía actual gallega” (ensaio en “La Nación”, Argentina).
Eugenio López Aydillo: Los grandes poetas gallegos. Valentín Lamas Carvajal (Madrid).
Evaristo Correa Calderón: Conceición singela d’o ceo (II volume da colección Libredón).
Florencio Vaamonde Lores: Anxélica (Col. Lar. Nº 16).
Francisca Herrera Garrido: Martes de antroido (A Coruña) e A neta da naipeira (no nº 20 de “Nós”). Tamén o ensaio “Rosalía Castro” no Diario Español de Buenos Aires.No nº 215 de “A Nosa Terra”: “Lembranza d’unha invitación agasallosa”.
Gonzalo López Abente: Buserana (Número 11 da colec. Lar. 18/07).
Heraclio Pérez Placer: “Avelaiñas”, no nº208 de “A Nosa Terra”.
Herminia Fariña: “O retorno do gando”, poema no nº 211 de “A Nosa Terra”.
José Rey González: Latexos. Cantigas da terra (Poemario bilingüe. Pontevedra).
Leandro Carré: “Os saltimbanquis”, no nº 210 de “A Nosa Terra”. No 216 “Cinzas”.
Lois Tobío:Aportación ó estudo da historia da pesca da balea nas costas de Galiza.
Luís Amado Carballo: “Os sete poemas do vran”, no nº 215 de “A Nosa Terra”.
Luís G. Vicencio: colabora en “A Nosa Terra”.
M.Magariños Negreira: “Descripzón da regueifa en Negreira” (“A Nosa Terra”, núm. 218).
Manuel Lugrís Freire: “Oración a fala”, no nº 216 de “A Nosa Terra”.
Manuel Magariños Negreira: “Descripzón da regueifa en Negreira”, no nº 218 de “A Nosa Terra”.
Manuel Posse Rodríguez: Paisaxes (portada de Camilo Díaz).
Portela Valladares: colabora en “A Nosa Terra”. No nº 215: “Caminhos de Compostela”.
Ramón Alvariño: colabora en “A Nosa Terra”. No nº 216 “Cousas para nenos”.
Ramón Cabanillas: Estoria do bendito San Amaro (ilustrado por Castelao. Mondariz-Balneario. Edición Lar). Fora publicado no xornal “Galicia” o 1 / 1 / 1925.
Ramón Otero Pedrayo: Pantelas, home libre (novela).En “A Nosa Terra” nº 214. “Nouturnio”, poema.No 218 “A serra da Martiña”.
Ramón Suárez Picallo: Marola (comedia dramática).
Ricardo Frade Giráldez: ¡Vaites!…¡Vaites! (Santiago).
Valentín Lamas Carvajal: “O toque d’óración”, poema en “A Nosa Terra” (nº 209 do 1 de febreiro).
Vicente Risco: O lobo da xente e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (Número 10 da Colec. Lar 4/07).No nº 209 de “A Nosa Terra” “A terra e a evolución humana”.No nº 212: “O hispanismo d’Antonio Sardinha”.No nº 215: “Lembrando os Precursores”.No nº 216: “Estudos sobre o Romantismo”.
Víctor Casas: colabora en “A Nosa Terra”. No núm. 217: “O fútbol e a política”.
Victoriano Taibo: Da vella roseira (Santiago). No nº 211 de “A Nosa Terra”: “É unha coleición de fermosos e orixinás cántigas ateigadas de beleza e pensamento â par que de sabor recial. N’este mesmo número pubricamos algunhas escollidas ao azar que son unha mostra das que contén o libriño que acaba de sair”.
Wenceslao Fernández Flórez: “Grao de sal”, no nº 216 de “A Nosa Terra”.
Xan de Pazos: colabora en “A Nosa Terra”.
Xan Pla Zubiri: colabora en “A Nosa Terra”.
Xoán Xesús González Formoso: Ana María (novela no número 13 da colección Lar).
Xesús Fernández González: Antón Piruleiro (número 7 da colección “Lar”).
Xosé Filgueira Valverde: Os nenos. Ilustrado por L. Pintos e cuberta e contracuberta de Castelao. No nº 219 de “A Nosa Terra” coméntase: “Filgueira Valverde presíntese n-este seu primeiro libro que tera grande éxito como un bon escritor a quen agardan trunfos e loureiros merescidos. O libriño vai adicado aos nenos irlandeses fillos dos mártires das revoltas da illa irmá pol-a sua liberación. A adicatoria e dino introito do notabre libro que está á venda en todal-as librerías”.
O 3 de xaneiro sae á rúa o número 3 da revista “Lar”: O pastor de doña Silvia de Aurelio Ribalta, con portada de Camilo Díaz.
O nº 4, do 17 de xaneiro é a novela de Leandro Carré Alvarellos: Naiciña (portada de Camilo Díaz).
O nº 5 sae o 31 de xaneiro coa novela de Amado Carballo: Os probes de Deus (portada de Camilo Díaz).
O 9 de maio publícase o nº 6 : Martes d’antroido, novela de Francisca Herrera e Garrido (Portada de Camilo Díaz).
O nº 7 é Como son os do grorioso (Antón Piruleiro) de Xesús Fernández e González (Portada de Camilo Díaz) que sae o 23 de maio).
Nº 8 Pantelas, home libre de Ramón Otero Pedrayo (Portada de Camilo Díaz), que sae o 6 de xuño).
Nº 9 A terra chama, novela de Uxío Carré Aldao (Portada de Camilo Díaz) (20 de xuño).
Nº 10 O lobo da xente de Vicente Risco (portada de Camilo Díaz). (4 de xullo).
Nº 11 Buserana de Gonzalo López Abente (portada de Camilo Díaz; 18 de xullo).
Nº 12 A dona das torres de Ánxel del Castillo López (portada de Camilo Díaz, 22 de agosto). Neste número a revista expón:“… Se os nosos lêtores quixeran axudarnos na nosa labor recomendando a pubricación LAR entre as súas amistades, ademais de nos favorecer contribuíndo a afianzar esta nosa querida novela, farían unha obra de cultura, de patriotismo, e asegurarían a vida da pubricación que precisa de todos para se soster e mellorar”.
Nº 13 (setembro): Ana María, novela de Xoán Xesús González (portada de Camilo Díaz).
Nº 14 (outubro): A propia vida novela de Leandro Carré Alvarellos (portada de Camilo Díaz).
Nº 15 (novembro): Cabalgadas en Salnés, novela de F. Bouza Brey (portada de Camilo Díaz). Neste número celebran o primeiro aniversario:“E non é sô a pubricación popular de noveliñas LAR o froito das nosas actividades e quereres; o rexurdimento da revista NÓS, a Biblioteca do Seminario de Estudos Galegos, e outras pubricacións de poesías, novelas, teatro, dos mellores escritores galegos, en tomiños axeitados, encomezaron a sair tamén do noso esforzo en pro das letras galegas”.
Nº 16: Anxélica, novela de Florencio Vaamonde (portada de Camilo Díaz).
Relativas a Galicia
Acontecementos
Premios
Epistolario
Sumarios
Nós. Boletín Mensual da Cultura Galega.
Nº 20 ( 15 de agosto). R. Cabanillas: As pombas do perdón. Portela Valladares: A vida intensa. Francisca Herrera Garrido: A neta da naipeira. Florentino L. Cuevillas: A Edade do Ferro na Galiza (proseguimento): As fontes pr’o estudo da protohistoria galega. Quod nihil scitur (continuación); tradución de Xan Aznar Ponte. Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: Contos. Os homes, os feitos, as verbas.
Nós Nº 21 (15 de setembro).
Marqués de Figueroa: Falares miñoto.
Armando Cotarelo: Un romance galego.
Xosé Filgueira Valverde: Cantigas d’El Rei Sabio localizadas en Galicia. San Ero d’Armenteira.
F. Bouza Brey: Do arte popular galego e de unha das súas manifestazóns.
Florentino López Cuevillas: A Edade do Ferro en Galiza (proseguimento).
Quod nihil scitur (continuación). Tradución de Xan Aznar Ponte.
Augusto María Casas: Panteismo.
Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas
Nós. Nº 22 (15 de outubro).
Amador Villar Amor: O derradeiro galán.
Xosé Filgueira Valverde: San Ero d’Armenteira (proseguimento).
Lois Tobío Fernández: Unhas moedas castelás atopadas no Valadouro.
Florentino L. Cuevillas: A Edade do Ferro en Galiza (proseguimento).
Quod nihil scitur (continuación), tradución de Xan Aznar Ponte.
Archivo Filolóxico e Etnolóxico de Galiza.
Os homes, os feitos, as verbas.
Nós. Nº 23 (15 de novembro).Antonio Couceiro Freixomil: Cantares.
Ramón Otero Pedrayo: Os poetas atlánticos.
Xosé Pena Pena: A ponte de Vidán. O Congreso d’Economía Galega en Lugo. Florentino L. Cuevillas: A Edade do Ferro na Galiza (proseguimento). Quod nihil scitur (continuación), tradución de Xan Aznar Ponte. Archivo Filolóxico e Etnográfixo de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas.
Nós Nº 24 (15 de decembro).Álvaro María de las Casas: Soneto. Leandro Carré: A regueifa. Antonio Couceiro Freixomil: Sobre o emprego do apóstrofo.
Florentino L. Cuevillas: A Edade do Ferro na Galiza. Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza.
Os homes, os feitos, as verbas.