Diferenzas entre revisións de «1933»
(→25px|Flag CPLP.gif 25px|Cataluña 25px|Flag of Spain Outras culturas) |
(→Relativas a Galicia) |
||
Liña 206: | Liña 206: | ||
===Relativas a Galicia=== | ===Relativas a Galicia=== | ||
− | * No segundo e derradeiro número da publicación compostelá “Universitarios”, Fernández del Riego, baixo o pseudónimo de Adrián Soutelo, publica o artigo “Nuevos caminos” no que apela á transformación radical da universidade galega. No limiar deste 2º número escríbese o seguinte: “Universitarios” pretende infiltrar en el espíritu del estudiante el convencimiento de que la verdad está en la vida. La verdad no está en la cátedra y hay que sembrar y recoger en la realidad social que nos rodea. Los pequeños focos culturales, las tentativas de nuestros valores intelectuales permanecieron hasta ahora alejados de los claustros compostelanos. Por eso pretendemos llevar a la Universidad una inquietud espiritual que recoja y coordine los anhelos inconexos de las nuevas juventudes, llevar al ánimo de los estudiantes el convencimiento de la necesidad de su formación integral y abrir las puertas de nuestra vieja urbe a las corrientes modernas para demostrar con orgullo la obra de la Historia”. | + | * No segundo e derradeiro número da publicación compostelá “Universitarios”, [[wikipedia: gl: Fernández del Riego | Fernández del Riego]], baixo o pseudónimo de Adrián Soutelo, publica o artigo “Nuevos caminos” no que apela á transformación radical da universidade galega. No limiar deste 2º número escríbese o seguinte: “Universitarios” pretende infiltrar en el espíritu del estudiante el convencimiento de que la verdad está en la vida. La verdad no está en la cátedra y hay que sembrar y recoger en la realidad social que nos rodea. Los pequeños focos culturales, las tentativas de nuestros valores intelectuales permanecieron hasta ahora alejados de los claustros compostelanos. Por eso pretendemos llevar a la Universidad una inquietud espiritual que recoja y coordine los anhelos inconexos de las nuevas juventudes, llevar al ánimo de los estudiantes el convencimiento de la necesidad de su formación integral y abrir las puertas de nuestra vieja urbe a las corrientes modernas para demostrar con orgullo la obra de la Historia”. |
* As Irmandades da Fala publican: ''Vocabulario castellano - gallego'' (A Coruña).[[Ficheiro:Vocabulario galego castelan.jpg|200px|right|middle|thumb]] | * As Irmandades da Fala publican: ''Vocabulario castellano - gallego'' (A Coruña).[[Ficheiro:Vocabulario galego castelan.jpg|200px|right|middle|thumb]] | ||
* Fúndase en Sarria o periódico “Loita”, “órgano del centro republicano de Sarria”, que saía os días de feira. | * Fúndase en Sarria o periódico “Loita”, “órgano del centro republicano de Sarria”, que saía os días de feira. | ||
* Sae o 23 de decembro o primeiro número de “Claridad”, publicación bilingüe que se edita en Santiago co subtítulo de “Semanario de izquierdas”. Foi fundada e codirixida por Luís Manteiga e Luís Seoane (1934). | * Sae o 23 de decembro o primeiro número de “Claridad”, publicación bilingüe que se edita en Santiago co subtítulo de “Semanario de izquierdas”. Foi fundada e codirixida por Luís Manteiga e Luís Seoane (1934). | ||
− | * O 26 de marzo aparece en Ferrol “Erte”, subtitulado “Periódico galeguista”, dirixido por Nicolás García Pereira. | + | * O 26 de marzo aparece en Ferrol “Erte”, subtitulado “Periódico galeguista”, dirixido por [[wikipedia: gl: Nicolás García Pereira | Nicolás García Pereira]]. |
* O 25 de xullo sae en Santiago a revista gratuíta “Máis”, subtitulada “Órgano de Vanguarda Nazonalista Galega”. É o voceiro da escisión do P.G, “Vanguarda Nazonalista Galega”, grupo político dirixido por Álvaro de las Casas. No seu editorial podíase ler: “Máis es la expresión de un grupo de patriotas que, desligados de todos los partidos se juntan para luchar sin tregua por la libertad absoluta y definitiva del país gallego”. | * O 25 de xullo sae en Santiago a revista gratuíta “Máis”, subtitulada “Órgano de Vanguarda Nazonalista Galega”. É o voceiro da escisión do P.G, “Vanguarda Nazonalista Galega”, grupo político dirixido por Álvaro de las Casas. No seu editorial podíase ler: “Máis es la expresión de un grupo de patriotas que, desligados de todos los partidos se juntan para luchar sin tregua por la libertad absoluta y definitiva del país gallego”. | ||
− | * Promovida por Álvaro Cunqueiro, publícase nunha imprenta de Ribadeo, aínda que con sede en Mondoñedo a folla de poesía “Papel de color Mondoñedo”, co subtítulo de “Oficina lírica do leste galego”. Sairán cinco números até 1935. | + | * Promovida por [[wikipedia: gl: Álvaro Cunqueiro | Álvaro Cunqueiro]], publícase nunha imprenta de Ribadeo, aínda que con sede en Mondoñedo a folla de poesía “Papel de color Mondoñedo”, co subtítulo de “Oficina lírica do leste galego”. Sairán cinco números até 1935. |
* O 16 de abril sae o primeiro número de “Terra!”, subtitulado “Órgano quincenario do Grupo Galeguista de Redondela” (25-VII-1933). | * O 16 de abril sae o primeiro número de “Terra!”, subtitulado “Órgano quincenario do Grupo Galeguista de Redondela” (25-VII-1933). | ||
* Antonio Rey Soto escribe o “Epigrama” para o libro de Juan García Morales, que prologa Basilio Álvarez. | * Antonio Rey Soto escribe o “Epigrama” para o libro de Juan García Morales, que prologa Basilio Álvarez. | ||
* En abril e xullo saen os números 7 e 8 da revista Resol: O nº 7, é unha homenaxe á lírica portuguesa e está escrito en portugués; o nº 8 é unha breve escolma do neno na literatura, que a pesar de estar publicado no Día de Galicia, só ten un texto en galego, de Castelao. | * En abril e xullo saen os números 7 e 8 da revista Resol: O nº 7, é unha homenaxe á lírica portuguesa e está escrito en portugués; o nº 8 é unha breve escolma do neno na literatura, que a pesar de estar publicado no Día de Galicia, só ten un texto en galego, de Castelao. | ||
− | * Publícase o 5 de xaneiro o único número de “Adiante”, Semanario da Mocedade Galeguista de Celanova. Estaba dirixido por Celso Emilio Ferreiro. | + | * Publícase o 5 de xaneiro o único número de “Adiante”, Semanario da Mocedade Galeguista de Celanova. Estaba dirixido por [[wikipedia: gl: Celso Emilio Ferreiro | Celso Emilio Ferreiro]]. |
* O 1 de agosto nace “La Voz de Barcala”, “Órgano mensual de la Federación Agropecuaria del Distrito de Negreira”, dirixido por Manuel Riveiro Barreiro. | * O 1 de agosto nace “La Voz de Barcala”, “Órgano mensual de la Federación Agropecuaria del Distrito de Negreira”, dirixido por Manuel Riveiro Barreiro. | ||
− | * Preséntase en Lalín o 18 de xullo o primeiro número de “Razón”, co subtítulo de “Periódico independiente”, sendo fundado e dirixido por Jesús Iglesias Surribas. | + | * Preséntase en Lalín o 18 de xullo o primeiro número de “Razón”, co subtítulo de “Periódico independiente”, sendo fundado e dirixido por [[wikipedia: gl: Jesús Iglesias Surribas | Jesús Iglesias Surribas]]. |
* Antonio Nieto Oliva: ''Collar de estrellas'' (Ourense). | * Antonio Nieto Oliva: ''Collar de estrellas'' (Ourense). | ||
* Antonio Ramos Varela: ''Un suceso en los arrabales. Estampa dramática en un acto'' (Edit. Niké). | * Antonio Ramos Varela: ''Un suceso en los arrabales. Estampa dramática en un acto'' (Edit. Niké). |
Revisión como estaba o 26 de marzo de 2021 ás 23:10
Índice
Cultura galega
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos |
---|
Literatura |
José García Acuña (A Coruña; 1873 Betanzos). |
Manuel Amor Meilán (Lugo; 1867 A Coruña). |
Outros |
Eugenio Alfredo de la Iglesia Santos (A Coruña; ibídem 1861). |
O filántropo Juan García Naveira (Betanzos; ibídem 1849). |
O escritor José García Acuña (A Coruña; 1873 Betanzos). |
O compositor Egidio Paz Hermo (Buenos Aires; 1873 A Pobra do Caramiñal). |
O médico Roberto Nóvoa Santos (Santiago; 1885 A Coruña). |
O político e médico Alejandro Rodríguez Cadarso (1887 Noia): Reitor da Universidade Galega, consagróu a ela todol-os seus esforzos, introducindo nas suas aulas sentires e reformas que ata o momento, ficaran alonxadas do corazón do noso primeiro Centro Docente. O que hai alí feito a prol da cultura autóctona, anque en mui pequena medida, débeselle a íl. Cadarso, como Reitor, foi o contrapedal que detiña a corrente inocua e impositiva do profesorado eistranxeiro, que ceibaba os seus anceios de coloniaxe espritual e de cultura pra nosa Terra…”. (“A Nosa Terra” nº 319). |
Publicacións
Galegas
- A. Bóveda : “V. N. G.”, no nº 311 de “A Nosa Terra”.
No 312 “Un patriótico acordo do Comité Central que porá en evidencia aos farsantes e aos traidores”.
No 318: “106.000 votos. Vencidos, non, en pé”.
- Álvaro Cunqueiro : Poemas do si e non (ilustrado por Seoane) e Cantiga nova que se chama riveira (con ilustracións de Seoane. Ed. Nós).
No nº 318 de “A Nosa Terra”: “Unha nazón i-unha política”.
- Aquilino Iglesia Alvariño : Corazón ao vento (poesía; ilustrado por Seoane). Reside en Vilagarcía de Arousa, despois de abandonar os estudos eclesiásticos.
- Armando Cotarelo : Los hermanos Eans Mariño, poetas gallegos del s. XIII (Madrid) ; Encol do nome de Martín Códax (Santiago) e Lembranza biográfica de D. Mateo Segade Bugueiro.
- Ben Cho Shey : “Loita contra o ridículo”, no nº 310 de “A Nosa Terra”.
- Benito Veloso Prado: Noites de inverno e Toda carne come o lobo.
- Blanco Amor : En “Nós” (nº 118) aparecen tres capítulos de A escadeira de Jacob “Novela inédita de E. Blanco Amor que axiña pubricará a Editorial Nós”.
- Bouza Brey : Nao senlleira(Edit. Nós).
- Carmen Lobeiras Pantín: colabora en “A Nosa Terra”.
- Castelao : No nº 300 reprodúcese traducido ao galego un discurso seu nas Cortes, tomado de “El Pueblo Gallego”, co titular "Novo aldraxe á Galicia a sempre aldraxada.
- Evaristo A. Mosquera : colabora en “A Nosa Terra”.
- F.L.C. : no núm. 305 de “A Nosa Terra”: “Complexo de inferioridade”: “Se houbera medicos pras doenzas dos pobos como os hai pras doenzas das persoas, ainda había ser ben coller a Galicia, metela nun dises carros que se fan pros doentes e levala ao médico pra que a mirara con vagar. […] E o sabio doctor acadaría un por un os datos e arringlaría tecnicamente os síntomas; falta de tension, falta de reaición ante os aldraxes, tendencia do coma, desvalorización dos caracteres propios, valorización escesiva e desproporcionada das cousas alleas, insensibilidade histerica, timideza, encollimento, cobardía, perguiza. E no remate do cadro de síntomas viría o diagnostico. Complexo de inferioridade, por intoisicación Hespañolista”.
- Faustino Santalices compuxo unhas coplas que cantou o 20 de maio, acompañado da zamfona, co gallo do “Día Universal do Aforro” no acto en que se inaugurou a “Caixa de Aforros de Ourense”. O autor lonxe de convidalos a ingresar os seus aforros , disuádeos:
Non aforredes cadela
que esta vida é para gozar,
e, xa que a vida é tan curta,
vale máis non aforrar.
Se por sorte tedes cartos,
meteinos en uchas vós,
porque gardalos nos Bancos
e gardalos prós ladrós.
Non aforredes, vos digo,
amigos e forasteiros,
que é faguerlle o caldo groso
ós honrados pistoleiros.
(Xesús Alonso Montero: “Faustino Santalices e os banqueiros”. La Voz de Galicia 17 de abril de 2015).
- Filgueira Valverde : “A nación galega”, no nº 300 de “A nosa Terra”.
- Francisco Fernández del Riego : Índice cultural e artístico do renacimento galego.
No nº 298 de “A Nosa Terra”: “Universitarismo e galeguidade”.
No nº 300 “A reforma universitaria”.
No 301: “Encol dun artigo sobre a nosa universidade”.
No 311: “Un caso exemplar de incomprensión”.
No 312: “O centralismo e nós”.
No 313: “O camiñar do nacionalismo”.
No nº 314: “Escolas de formación campesiña”.
No nº 317: “A realidade política”.
No nº 319: “Francisco Maciá: símbolo”: “Chama ardente no fogar do esprito, queimóu na lareira da rebeldía todol-os xeitos de opresión da sua Terra”.
- Luís Suárez Delgado: colabora en “A Nosa Terra”.
- Manuel Beiras García : colabora en “A Nosa Terra”. No nº 310: “A política galeguista”.
- Manuel Luís Acuña Sarmiento : Fírgoas (Nós; poemas con portada de Manuel Prego).
- Margarita Losada y Pardo : De estirpe galiciana (novela. Ao final inclúe varios poemas seus, un en galego).
- Nicolás García Pereira : estréase o seu drama en verso Brétemas (Ferrol).
- Rafael Dieste : Rojo farol amante. Percorre Galicia coas “Misiones Pedagógicas”.
- Ramón María Aller Ulloa : “O Universo é… un número” (artigo en galego na revista “Logos” nº 30).
- Ramón Otero Pedrayo : Ensayo histórico sobre la cultura gallega (Edit. Nós. En galego en 1982). No núm 118 de “Nós” escribe R. C. C. “Ademais, o libro desenvólvese com’un poema, c’un ritmo ergueito e domeñante e co-a outa lingoage de todol-os seus libros, onde, coma na arquiteitura barroca, que níl tén tan agudo intérprete, a sólida cencia vése estremecida d’entusiasmo. É un dos libros que han quedar do noso esforzo d’istes anos, coma guieiro pra quen queira comprender o que Galicia sinificou no pasado e debe sinificar no porvir”.
No nº 302 de “A Nosa Terra”: “Estatutismo e Nazonalismo”.
No nº 311: “As chamadas do hourizonte”.
- Ramón Villar Ponte : Breviario de Autonomía (Nós. Santiago).
- Ricardo Carballo Calero : “O novo esprito”, no nº 298 de “A Nosa Terra”: “Alerta ante este perigro. Que non se nos malee, que non se nos desvirtúe, que non se nos extravíe o vello esprito, o esprito clásico, que dóu vida ao galeguismo moderno e que encarnan os Risco, os Otero, os Castelao”.
- Samuel Eiján Lorenzo : La estudiantina de Gomariz. Recuerdos de adolescencia (novela bilingüe publicada en “El Eco Franciscano” entre 1933 e 1935).
- Vicente Risco : Nós, os inadaptados (breve ensaio publicado en “Nós”) e Notas en col do culto do lume (O Porto). No nº 317: “Mitteleuropa” (“Do libro que aparecerá axiña”).
- Víctor Casas colabora en “A Nosa Terra”.
- Xermán Pichel Bouzas: colabora en “A Nosa Terra”.
- Xohán Luís Ramos : “Adrián Solovio”, no nº 318 de “A Nosa Terra”.
- Xoán Xesús González Formoso: A modelo de Paco Asorey (Santiago).
- Xosé Crecente Vega : Codeseira (poesía).“Iste libro, compretamente ao marxe da estética actual, reúne composicións de ambente campesiño, escritas nos metros tradicionaes, agás do emprego esceicional do verso eneasílabo acentuado á francesa. O autor versifica con soltura. Un profundo amor ás cousas enxebres da nosa terra e un senso franciscán da natureza, parello ao de Iglesia Alvariño –de cuia leitura hai calcos nas follas de Codeseira- pairan encol dos poemas do señor Crecente”. (R.C.R. en “A Nosa Terra” nº 335, do 9-VII-1934).
- Xosé Luís Parente : Con prisma azul. (Ourense. Prólogo de Otero Pedrayo).
- O Seminario de Estudos Galegos elabora unha normativa da lingua: Algunhas normas pra a unificazón do idioma galego (Santiago). Tamén publica o volume colectivo Terra de Melide.
- No nº 298 de “A Nosa Terra” avísase da nova dirección de Aquilino Iglesia Alvariño e de que o boletín mensual se convírte en semanario.
- O titular do nº 300 di así: “Galicia en pé. Toda Galicia protesta do tratado criminal con que o Goberno hespañol nos desprecia e nos aldraxa. Frente a todo, Galicia ten que buscar o seu camiño para salvarse. E ten-o de acadar. As sociedades agrarias e os concellos de Galicia contra o tratado do Uruguai”. Tamén figuran na portada: Suspensión do noso ferrocarril. Exclusión de Galiza nos cursiños de profesores.Tratado con Uruguai que arruinará a nosa riqueza gandeira. Aumento das contribucións. Ataque ao noso patrimonio artístico. Eis uns cantos agravios máis inferidos a Galiza n-ista derradeira tempada polo Poder central.
- No nº 305 (A.N.T.): “Unha embaixada de Vasconia e Cataluña ao País Galego. As tres nacións fan un pacto de irmandade e defensa mútua para a loita en fondo pol-as suas liberdades”. A continuación aparecen unhas palabras en catalán de Manuel Carrasco Formiguera: “Si nosaltres i vosaltres ho volem, Galicia, Euzkadi i Catalunya es desventllarán es redreçaran i trionfaran ¿qui podrá oposar se al franc i decidit voler d’aquets tres grands pobles en marxa?
- No nº 310 figura o artigo “Chega o traidor”: ”Din que hoxe chega a Sant-Iago, despóis dunha etapa funesta de Goberno, o Sr. Casares Quiroga na compaña do Sr. Azaña. Non sabemos cal será a aititude do pobo diante dun home fracasado que tendo nas suas mans todol-os medios pra engrandecer a Galicia, aproveitounos no seu descreto, negando e traizoando o programa porque fora ergueito ao Poder”. No nº 320 coméntase: “Da nosa prensa analfabeta”: “Unha das desditas máis grandes, que Galicia ten que soportar e a sua prensa. Salvando algunha eiscepción, a prensa de Galicia e dun analfabetismo aplastante. E, ademáis do seu pergeño físico antiestético e anciano, inicua, anodina, hoca, inculta, e por momentos, desleal e innoble”.
Relativas a Galicia
- No segundo e derradeiro número da publicación compostelá “Universitarios”, Fernández del Riego, baixo o pseudónimo de Adrián Soutelo, publica o artigo “Nuevos caminos” no que apela á transformación radical da universidade galega. No limiar deste 2º número escríbese o seguinte: “Universitarios” pretende infiltrar en el espíritu del estudiante el convencimiento de que la verdad está en la vida. La verdad no está en la cátedra y hay que sembrar y recoger en la realidad social que nos rodea. Los pequeños focos culturales, las tentativas de nuestros valores intelectuales permanecieron hasta ahora alejados de los claustros compostelanos. Por eso pretendemos llevar a la Universidad una inquietud espiritual que recoja y coordine los anhelos inconexos de las nuevas juventudes, llevar al ánimo de los estudiantes el convencimiento de la necesidad de su formación integral y abrir las puertas de nuestra vieja urbe a las corrientes modernas para demostrar con orgullo la obra de la Historia”.
- As Irmandades da Fala publican: Vocabulario castellano - gallego (A Coruña).
- Fúndase en Sarria o periódico “Loita”, “órgano del centro republicano de Sarria”, que saía os días de feira.
- Sae o 23 de decembro o primeiro número de “Claridad”, publicación bilingüe que se edita en Santiago co subtítulo de “Semanario de izquierdas”. Foi fundada e codirixida por Luís Manteiga e Luís Seoane (1934).
- O 26 de marzo aparece en Ferrol “Erte”, subtitulado “Periódico galeguista”, dirixido por Nicolás García Pereira.
- O 25 de xullo sae en Santiago a revista gratuíta “Máis”, subtitulada “Órgano de Vanguarda Nazonalista Galega”. É o voceiro da escisión do P.G, “Vanguarda Nazonalista Galega”, grupo político dirixido por Álvaro de las Casas. No seu editorial podíase ler: “Máis es la expresión de un grupo de patriotas que, desligados de todos los partidos se juntan para luchar sin tregua por la libertad absoluta y definitiva del país gallego”.
- Promovida por Álvaro Cunqueiro, publícase nunha imprenta de Ribadeo, aínda que con sede en Mondoñedo a folla de poesía “Papel de color Mondoñedo”, co subtítulo de “Oficina lírica do leste galego”. Sairán cinco números até 1935.
- O 16 de abril sae o primeiro número de “Terra!”, subtitulado “Órgano quincenario do Grupo Galeguista de Redondela” (25-VII-1933).
- Antonio Rey Soto escribe o “Epigrama” para o libro de Juan García Morales, que prologa Basilio Álvarez.
- En abril e xullo saen os números 7 e 8 da revista Resol: O nº 7, é unha homenaxe á lírica portuguesa e está escrito en portugués; o nº 8 é unha breve escolma do neno na literatura, que a pesar de estar publicado no Día de Galicia, só ten un texto en galego, de Castelao.
- Publícase o 5 de xaneiro o único número de “Adiante”, Semanario da Mocedade Galeguista de Celanova. Estaba dirixido por Celso Emilio Ferreiro.
- O 1 de agosto nace “La Voz de Barcala”, “Órgano mensual de la Federación Agropecuaria del Distrito de Negreira”, dirixido por Manuel Riveiro Barreiro.
- Preséntase en Lalín o 18 de xullo o primeiro número de “Razón”, co subtítulo de “Periódico independiente”, sendo fundado e dirixido por Jesús Iglesias Surribas.
- Antonio Nieto Oliva: Collar de estrellas (Ourense).
- Antonio Ramos Varela: Un suceso en los arrabales. Estampa dramática en un acto (Edit. Niké).
- Basilio Álvarez: Dos años de agitación política (Alcalá de Henares).
- Eduardo Dieste: Buscón poeta y su teatro (ilustrado por Arturo Souto).
- Erasmo Buceta: Algunas relaciones de la “Menina e moça” con la Literatura Española, especialmente con las novelas de Diego de San Pedro (Revista de la Biblioteca, Archivo y Museos. Madrid).
- Gabino Díaz de Herrera: Perfil de un ilustre (co pseudónimo de Mauro del Sil).
- Joaquín Calvo Sotelo: El rebelde.
- José Calvo Sotelo: La voz de un perseguido (Madrid).
- José González Carbalho: Cantados.
- José María Crespo Rodríguez: Compendio de geografía especial de Galicia (Santiago).
- Juan Antonio Correa Calderón: Treinta poemas en prosa para los treinta días del mes de abril (Lugo).
- Lino Novás Calvo: Pedro Blanco el negrero (Madrid).
- Manuel Álvarez Rivero (Manuel de Ventosela): Lágrimas del corazón.
- Manuel Banet Fontenla: A prol do Estatuto.
- Manuel Bergueiro: Trampa adelante.
- Manuel Domínguez Benavides: Un hombre de treinta años.
- Matías Usero Torrente: Las religiones del mundo desenmascaradas.
- Modesto López Teijeiro: Investigaciós etnomorfolóxicas ante a poboación do Ribeiro de Avia (Santiago).
- Salvador Mosteiro Pena: Vocabulario castellano-gallego.
- Xesús Nieto Pena e Ramiro de Sas – Murias: El conflicto del Chaco a la luz de la Historia. Editoral Cénit. Madrid).
Acontecementos
- Blanco Amor regresa a España por dous anos enviado polo diario bonaerense “La Nación”. Comeza a súa amizade con Lorca, presentados por Guerra da Cal. A barraca, con Lorca.
- O Orfeón Español representa en Buenos Aires O bufón de El Rei de Vicente Risco.
- Decreto autorizando a celebración do referendo do Estatuto.
- Comisión Central do Estatuto Galego.
- Xaime Quintanilla, nomeado membro-vocal do Comité Central de Autonomía de Galicia.
- Pacto de Compostela que dará lugar a “Galeuzca”.
- Galiza é recoñecida como nación no IX Congreso das Minorías Nacionais Europeas, organizado pola Sociedade das Nacións en Berna do 16 ao 18 de setembro.
- Castelao deseña con Bartolozzi e Lazano os decorados para Divinas palabras de Valle-Inclán.
- O escritor venezolano Rómulo Gallegos pasa o verán en Beluso (Pontevedra), voltando tamén no 1934 e 1935. Aquí continuará ou rematará as súas obras Cantaclaro e Canaima.
- Inaugúrase en Lalín un monumento, obra de Asorei, en memoria do aviador Joaquín Loriga.
- Fole preséntase nas listas do Partido Republicano Radical Socialista como candidato ás eleccións a deputados. Cartéase con Guillén. Participa en Santiago nunha tertulia con García-Sabell, Seoane, Arturo Cuadrado, Luís Manteiga, Arturo Souto... autodenominada “Clan dos Nerunderen”.
- Seoane ingresa no Partido Galeguista.
- Polas festas do Apóstolo, xorde en Santiago unha iniciativa de Arturo Cuadrado á que se une Seoane, e que se denominou “Barraca de Feira Resol”, unha barraca de arte, que se desprazaba ata os máis afastados currunchos, con esculturas, cadros, conferenciantes...: Maside, Colmeiro, Eiroa, Laxeiro, Seoane.
- Homenaxe a Murguía no Teatro Cervantes de Buenos Aires.
- Blanco Torres reside na Coruña, onde dirixe “El Noroeste”.
- Inicia a súa actividade o grupo de teatro “Airiños”, na parroquia rianxeira de Asados.
- Quinta viaxe de Hemingway a Galicia.
- Torrente Ballester afíliase ao Partido Galeguista nunha agrupación presidida por Ricardo Carballo Calero.
- Leandro Pita Romero nomeado ministro da Mariña.
- Fúndanse as “Mocedades Galeguistas” de Vigo.
- Plácido Ramón Castro del Río representa o Partido Galeguista no IX Congreso de Nacionalidades Europeas celebrado en Berna os días 16, 17 e 18 de setembro.
- Segundo o Ministerio de Traballo, en decembro, o número de parados ascendía en Galicia a 22. 691.
- A primeira emisora de radio instálaa en Galicia a empresa Unión Radio no mes de xaneiro en Santiago de Compostela. O oftalmólogo coruñés Xerónimo Sal Lence foi un dos principais promotores da utilización da radiodifusión en Galicia para lograr obxectivos políticos e sociais. O xornal “El Compostelano” informa da intervención do doutor o 3 de febreiro na emisora: “El viernes pronunció su anunciada conferencia en la estación emisora Unión Radio Galicia, en Compostela, el ilustre doctor Sal Lence, de La Coruña, que se expresó en gallego, como hace siempre que habla en público, por pertenecer al partido galleguista”. Logo recolle en castelán a súa intervención: “Hoxe o máis remoto campesiño da máis remota aldea ten a posibilidade, mediante un aparato receptor, de recoller na súa antena noticias diarias de todo canto de interese poida ocorrer no mundo. Como xa por fortuna temos unha Central galega radio emisora, por ela deben desfilar unha vez por semana en ciclo de conferencias de divulgación as persoas máis representativas da cultura do noso país para facer chegar aos máis apartados recunchos da rexión aquelas suxestións que estimasen útiles ao coñecemento do noso pobo.” (“Grial” nº 180).
- Ramón Barreiro realiza o documental “Por una Galicia mejor / Por unha Galiza nova” a prol da campaña polo Estatuto.
Premios
Epistolario
|
Sumarios
Nós Boletín Mensual da Cultura Galega.
Augusto María Casas: Da túa saudade. Armando Cotarelo Valledor: Encol do nome de Martín Códax. Xesús Carro García: O botafumeiro da catedral compostelán. Bouza Brey: Miscelánea: Un miniaturista compostelán do S. XVIII. X. Lorenzo: Consagración da eirexa de Lugo. Bouza-Brey: Dous novos machados de talón. Bouza-Brey: Unha obra de Frei Manoel dos Mártires. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. Os homes os feitos, as verbas. |
Nº 110 (febreiro).
Álvaro Cunqueiro: Fiestra. Álvaro de las Casas: Monroy (vidas noiesas). Aquilino Iglesia Alvariño: Noriega Varela, poeta da montaña (conferencia).Vicente Risco: Da Alemaña. Os homes, os feitos, as verbas. |
Xosé Luís Parente: Romance do paxiño loiro. Luís Tobío Fernández. A eirexa de Santa María de Viveiro. Xaquín Lorenzo: Notas pra un cuestionario de Etnografía. Embarcacións (Prólogo de Vicente Risco). Vicente Risco: Da Alemaña. Os homes, os feitos, as verbas. |
Nº 112 (abril).
F. Bouza-Brey: Tópico no porto. Marvin Chauncey Ross: O Esmalte cloisonné da crús de Allariz. Vicente Risco: Da Alemaña. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: O que se di d’algúns animaes no Auntamento de Monterroso (Lugo). Os homes, os feitos, s verbas.
|
|
Nº 114 (xuño).
E. Blanco Amor: Canzón VII. Ultreya. 3ª xeira. Barbanza. Lino Goméz Canedo: Notas pr’o estudo da toponimia compostelán. Francisco Lanza: Falan os de Ribadeo. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: O que se di d’algús animaes no auntamento de Monterroso (Lugo). Os homes, os feitos, as verbas.
|
F. Bouza-Brey: Agarimo. A cultura galega hoxe en día. R. Carballo Calero: Nasces na primadeira (versos). R. Otero Pedrayo: Orballeira na rúa. M. L. Acuña: Camiñantes (3 sonetos). Vicente Risco: Nós os inadaptados. Xurxo Lourenzo e Luciano Fariña: Tres estacións de arte rupestre da serra do Leboreiro. Os homes, os feitos, as verbas. |
Nº 116 (agosto).
Outeiro Espasandín: Paisaxes da neve. Álvaro de las Casas: A volta. Ramón Otero Pedrayo: Estampas de viaxe. Francisco Lanza: Falan os de Ribadeo. Florentino López Cuevillas e Xaquín e Xurxo Lorenzo: Catálogo de castros galegos. Terra de Lobeira. Os homes, os feitos, as verbas.
|
Aquilino Iglesia Alvariño: Poema. Francisco F. del Riego: Índice cultural e artístico do Renacimento galego. Florentino López Cuevillas e Xurxo Lorenzo: Catálogo dos castros galegos. Terra de Lobeira. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza.
|
Nº 118 (outubro).
R. Carballo Calero: Codio. E. Blanco Amor: A escadeira de Jacob. Francisco Lanza: Falan os de Ribadeo. Florentino López Cuevillas e Xurxo Lorenzo: Catálogo dos castros galegos. A Terra de Lobeira. Francisco F. del Riego: Índice cultural e artístico do Renacimento galego. Os homes, os feitos, as verbas.
|
Curros Enríquez: Nel giardino, una notte, seduta (Trad. Guido Battelli). P. Pedret Casado: Das origens da poesía lírica en Portugal por M. Rodrigues Lapa. Vicente Risco: Da Alemaña. Francisco F. del Riego: Índice cultural e artístico do Renacimento Galego. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: Leendas e supersticiós d-Arnoya. |
Nº 120 (decembro).
Xosé Loís Parente: Entón tamén. Marvín Chauncey Ross: O bágoo en forma de “Tau” na Galiza. Ramón Otero Pedrayo: Os tristes viños de Hungría. Vicente Risco: Da Alemaña. P. P. C. Miscelánea: unha variante dun refrán popular recollida polo P. Sobreira. Os homes, os feitos, as verbas. |
Outras culturas
PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Ivan Bunin
CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa
Nacen
António Ferro: Salazar.
Aquilino Ribeiro: Maria Benigna (romance).
Fausto José: Remoinho.
Ferreira de Castro: Eternidade.
Fernando Pessoa atravesa unha grave crise de neurastenia pero continúa cunha intensa actividade literaria. Prepara o orixinal de Indícios de Oiro de Mário de Sa-Carneiro para que sexa publicado en “Presença”.
Francisco Costa: Algemas de ouro (poesía).
Gilberto Freyre (Brasil): Casa grande & Senzala.
Jorge Amado (Brasil): Cacau.
José Leite de Vasconcelos: Etnologia portuguesa (8 volumes).
José Osório de Oliveira: Espelho do Brasil e Essai sur la Littérature Coloniale Portugaise.
Manuel Rodrigues Lapa: O livro da falcoaria de Pero Menino.
Miguel Torga remata a carreira de Medicina en Coimbra.
Oswald de Andrade (Brasil): Serafim Ponte Grande.
Vinícius de Moraes (Brasil): O caminho para a distância.
|
Nacen:
Morren:
- Jaume Bofill i Mates “Guerau de Liost” (Barcelona; 1878 Olot).
- Morre en Barcelona o presidente da Generalitat Francesc Macià, que é substituído no seu cargo por Lluís Companys. (25 de decembro). No nº 319 de “A Nosa Terra”: “Morre Maciá nunha hora excepcional da vida de Cataluña. El era o nexo que unía nun feixe inquebrantable, aos cataláns de todol-os matices, pese as suas diferencias ideolóxicas, darredor do país nos pasos iniciales da súa autodeterminación política”.
Creación da Universitat Autònoma coa tarefa vital de facilitar e extender o ensino en e do catalán.
Salvador Espriu participa cun grupo de profesores e estudiantes nunha viaxe organizada polo goberno da República consistente nun cruceiro polo Mediterráneo visitando entre outros lugares, Exipto, Palestina, Turquía, Italia e Grecia, espazos xeográficos que terán un papel importante na súa obra.
Bartomeu Rosselló-Pòrcel: Nou poemes.
Carles Soldevila: Valentina (novela).
Felip Cortiella: La brava joventut (teatro).
Josep Carner: El veire encantat.
Josep Maria de Sagarra: El cafè de la Marina (teatro).
Manuel Sanchis Guarner: La llengua dels valencians.
Martí Genís i Aguilar: Estampes de l’Esbart.
Sebastià Juan Arbó: Notes d´un estudiant que va morir boig (novela).
Tomàs Garcés: Notes sobre poesia.
Nacen:
Alejandro Casona: La sirena varada. Eduardo Marquina: El monje blanco y Teresa de Jesús.
García Lorca: Bodas de sangre.
José Bergamín: Mangas y capirotes.
José María Pemán: El divino impaciente.
Lorca viaxa a Montevideo e a Buenos Aires, onde se encontra cos emigrantes galegos. No teatro Avenida de Buenos Aires, co gallo da representación de Bodas de sangre saúda os galegos, que “llegan sonando ese cuerno blando de metal que es su idioma”. Aquí nacerá o tema para o poema “Cántiga do neno da tenda”.
Miguel de Unamuno: San Manuel Bueno, mártir.
Miguel Hernández: Perito en lunas.
Pedro Salinas: La voz a ti debida.
Rafael Alberti: Consignas e Un fantasma recorre Europa.
Ramón Gómez de la Serna: Flor de greguerías.
Wenceslao Fernández Flórez: Aventuras del caballero Rogelio de Amaral.
|
Máis culturas:
Nacen:
- Gabriel Aresti Segurola (Bilbao; 1975).
- Alejandro Paternain (Montevideo; 2004).
- Armando Uribe Arce (Santiago de Chile; ibídem 2020).
- Sergio Pitol (Puebla, México; 2018 Xalapa).
- Vicente Leñero (Guadalajara, Jalisco; 2014 Ciudad de México).
- Cees Nooteboom (La Haya).
- Cormac MacCarthy (Providence, Rhode Island).
- Edward Bunker (Los Ángeles; 2005 Burbank).
- Philip Roth (Newark, New Jersey; 2018 New York).
- Susan Sontag (New York; ibídem 2004).
Morren:.
- José María de Aguirre “Xabier Lizardi” (1896 Zarauz).
- Ricardo Jaimes Freyre (Buenos Aires; 1868 Tacna, Perú).
- John Galsworthy (Londres; 1867 Coombe, Surrey).
- Konstandínos Kavafis (Atenas; 1863 Alexandría).
- Raymond Roussel (Palermo; 1877 París).
- Stefan George (1868 Alemaña).
Alejo Carpentier: Ecué-Yamba-O.
Bioy Casares: 17 disparos contra lo porvenir (conto).
Pablo Neruda: Residencia en la Tierra (poesía).
Ricardo E. Molinari: Cancionero de Príncipe de Vergara.
Salvador Novo: Nuevo amor (poesía).
André Malraux: La condition humaine.
Dezso Kosztolányi: O tradutor cleptómano (Publicada en galego por Rinoceronte no 2008 en tradución de Jairo Dorado).
Dino Buzzati: Bàrnabo delle montagne.
Edwart Hallet Carr: The romantic exiles: a nineteenth century portrait gallery.
Giani Stuparich: La grotta.
Giuseppe Ungaretti: Sentimento del tempo (poesía).
Ignazio Silone: Fontamara.
Pär Lagerkvist: O verdugo.
Stella Gibbons: Bassett.
Wilhelm Reich: Psicoloxía de masas no fascismo.
William Butler Yeats: The winding stair.
Tamén sucedeu...
- Nacen:
- O fotógrafo Eddie Adams (New Kensington, Pensilvania; 2004 Manhattan).
- O arquitecto Álvaro Siza Vieira (Matosinhos).
- CINE:
- Max Ophüls:Liebelai.
- Leo Mac Carey:Sopa de ganso, cos irmáns Marx.
- O goberno republicano ten que enfrontarse a graves crises, como o enfrontamento entre campesiños e garda civil en Castilblanco (1931), Arnedo e Castellar de Santiago (1932) e en Casas Viejas (Cádiz) en xaneiro deste ano. Continúa tamén o hostigamento por parte dos militares e da igrexa.
- As eleccións lexislativas dan o triunfo á dereita sendo o partido máis votado a CEDA (Confederación Española de Derechas Autónomas), con 200 deputados. O lema da CEDA define ben os seus intereses: “Relixión, Familia, Patria, Orden, Trabajo y Propiedad”, sendo o seu máximo dirixente José María Gil-Robles.
- Lei de Congregacións Relixiosas que establece a separación dos relixiosos da actividade docente e agrava as malas relacións entre o presidente da República e Azaña.
- Terceiro Gabinete Republicano (12 de xuño).
- Créase o “Tribunal de Garantías Constitucionales”.
- Azaña dimite e Lerroux forma Goberno: comeza o bienio negro (12 de setembro). Lerroux presenta a dimisión e Alcalá Zamora nomea xefe do goberno a Martínez Barrio, quen disolve as cortes e convoca eleccións lexislativas.
- José Antonio Primo de Rivera funda a “Falange Española”.
- Triunfo das dereitas nas eleccións a deputados (3 de decembro). Por primeira vez votan as mulleres nunhas eleccións xerais ao Parlamento español.
- Lerroux forma novo goberno (19 de decembro).
- Créase a Unión Militar Española (UME).
- Estado Novo en Portugal. Elabórase unha nova Constitución e promúlgase o Estatuto do Traballo Nacional.
- Hitler nomeado chanceler polo presidente de Alemaña; incendio do Reichstag. Artistas e escritores comezan a abandonar Alemaña.
- Despois de 14 anos de loita contra as bebidas alcohólicas, remata nos EEUU, a chamada Lei Seca, que só serviu para potenciar o crime en Chicago e nas principais cidades norteamericanas.
- Os norteamericanos abandonan Nicaragua despois de 6 anos de enfrontarse a Sandino.
- En Cuba, folga xeral que precipita a renuncia de Machado. Batista home forte do exército.
- Aumenta a fame na URSS.