Diferenzas entre revisións de «1927»
(→Galegas) |
(→25px|Flag CPLP.gif 25px|Cataluña 25px|Flag of Spain Outras culturas) |
||
Liña 404: | Liña 404: | ||
* Vítor Matos e Sá (Lourenço Marques; 1975 accidente de aviación en España). | * Vítor Matos e Sá (Lourenço Marques; 1975 accidente de aviación en España). | ||
* Yolanda Morazzo (São Vicente, Cabo Verde; 2009 Lisboa). | * Yolanda Morazzo (São Vicente, Cabo Verde; 2009 Lisboa). | ||
+ | |||
Liña 412: | Liña 413: | ||
* Afonso Duarte (Coimbra; 1884 Ereira). | * Afonso Duarte (Coimbra; 1884 Ereira). | ||
* | * | ||
+ | |||
Liña 487: | Liña 489: | ||
* Josep Maria Espinàs i Massip (Barcelona). | * Josep Maria Espinàs i Massip (Barcelona). | ||
* Lluïsa Forrellad i Miquel (Sabadell; 2018 Bellaterra). | * Lluïsa Forrellad i Miquel (Sabadell; 2018 Bellaterra). | ||
− | |||
Liña 494: | Liña 495: | ||
* | * | ||
− | Fúndase a revista “Mundo Ibérico” que ten como meta “recoger y comentar lo más resaltante de la vida ibérica en sus tres grandes sectores de cultura y acción, bien definidos en las tres lenguas peninsulares”. Nela colaboran Gómez de la Serna, Ribera i Rovira, Fernández Almagro, Díez de Tejada, Llorenç Riber, J. M. Salaverría. Desaparece antes de que remate o ano.Antoni Rovira i Virgili: No nº 243 de “A Nosa Terra” reprodúcese traducido ao galego un artigo deste autor co título de “O amor ao libro” que antes se publicou en “La Publicitat” de Barcelona: “ Compre estimular o amor ao libro, non soio porque este amor crea o millor ambente para a produzón literaria, antes ainda porque é unha siñal de nobleza inteleitual nos homes e de forza espritual nos pobos”. | + | Fúndase a revista “Mundo Ibérico” que ten como meta “recoger y comentar lo más resaltante de la vida ibérica en sus tres grandes sectores de cultura y acción, bien definidos en las tres lenguas peninsulares”. Nela colaboran Gómez de la Serna, Ribera i Rovira, Fernández Almagro, Díez de Tejada, Llorenç Riber, J. M. Salaverría. Desaparece antes de que remate o ano. |
+ | |||
+ | Antoni Rovira i Virgili: No nº 243 de “A Nosa Terra” reprodúcese traducido ao galego un artigo deste autor co título de “O amor ao libro” que antes se publicou en “La Publicitat” de Barcelona: “ Compre estimular o amor ao libro, non soio porque este amor crea o millor ambente para a produzón literaria, antes ainda porque é unha siñal de nobleza inteleitual nos homes e de forza espritual nos pobos”. | ||
Liña 510: | Liña 513: | ||
Jacint Verdaguer (1845; 1902): no nº 237 de “A Nosa Terra” publícase o relato “O gaiteiro” que o autor publicara o 7-1-1904 na revista “Joventut”.“Vou a dar o adeus â compañeira da miña vida, a doce poesía. ¿Para qué cantar? ¿Para qué escribir mais? […] Ao pasar, rúa arriba, por diante da de Valldoncella, vin sair d’esta un galego de barba cana e figura venerabre, coroada pol-a monteira, tocando maxistralmente a flaqueada gaita co roncón ao lombo como é uso nas riveiras do Miño.[…] O pobre xuglar despois de tanxer quizais a millor tocata do seu repertorio, dirixiu a ollada deica as fenestras do Hospital na espranza de que baixase, non a paga, unha proba de agradecimento, unha esmola […] O gaiteiro non é de madeira e terá adevertido o insulto, que caeu como unha pedra encol da sua cabeza […] pero adoitado â loita pol-a vida e acostumado dende neno âs malas anadas, seguiu rúa arriba [---] Aquel acto de firmeza era unha reprensión para a miña debilidade […] Eu tomei esta inesperada leición como chegada das mans da Providencia…”. | Jacint Verdaguer (1845; 1902): no nº 237 de “A Nosa Terra” publícase o relato “O gaiteiro” que o autor publicara o 7-1-1904 na revista “Joventut”.“Vou a dar o adeus â compañeira da miña vida, a doce poesía. ¿Para qué cantar? ¿Para qué escribir mais? […] Ao pasar, rúa arriba, por diante da de Valldoncella, vin sair d’esta un galego de barba cana e figura venerabre, coroada pol-a monteira, tocando maxistralmente a flaqueada gaita co roncón ao lombo como é uso nas riveiras do Miño.[…] O pobre xuglar despois de tanxer quizais a millor tocata do seu repertorio, dirixiu a ollada deica as fenestras do Hospital na espranza de que baixase, non a paga, unha proba de agradecimento, unha esmola […] O gaiteiro non é de madeira e terá adevertido o insulto, que caeu como unha pedra encol da sua cabeza […] pero adoitado â loita pol-a vida e acostumado dende neno âs malas anadas, seguiu rúa arriba [---] Aquel acto de firmeza era unha reprensión para a miña debilidade […] Eu tomei esta inesperada leición como chegada das mans da Providencia…”. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
Josep Carner: ''Tres estels i un ròsse'' (prosa). | Josep Carner: ''Tres estels i un ròsse'' (prosa). | ||
Liña 535: | Liña 541: | ||
* Rafael Sánchez Ferlosio (Roma; 2019 Madrid). | * Rafael Sánchez Ferlosio (Roma; 2019 Madrid). | ||
* Tomás Segovia (Valencia; 2011 México). | * Tomás Segovia (Valencia; 2011 México). | ||
+ | |||
Liña 548: | Liña 555: | ||
− | |||
− | Antonio | + | Bartolomé Soler: ''Marcos Villarí''.Eduardo Marquina: ''La fuente, la ermita y el río''. |
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | Emilio Prados: ''Vuelta''. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | Ernesto Giménez Caballero: ''Los toros, las castañuelas y la Virgen''.Ernesto Giménez Caballero funda e dirixe en Madrid “La Gaceta Literaria”, “Revista de letras-arte-ciencia” (1927-1932). | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | No primeiro número publícase o artigo de Gómez de la Serna “Cómo Ramón Gómez de la Serna aprecia a Almada Negreiros”. O escritor portugués chega a Madrid este ano e permanecerá ata 1932. Durante a súa estadía no noso país colaborará en periódicos e revistas como “El Sol”, “ABC”, “Blanco y Negro”, “La Esfera”, “Nuevo Mundo”, “Mundo Gráfico”, “Crónica”, “Revista de Occidente”. En “Novela Mundial”, dirixida por J. G. Mercadal, comparte o labor de ilustrador con Penagos e Souto. Decora a “Fundación del Amo”, o teatro Muñoz Seca, o cine Barceló e San Carlos. O primeiro número saiu o 1 de xaneiro. Tiña como obxectivo abrir un espazo a todas as linguas peninsulares. A partir do nº 49 incluirá uns apartados denominados “gacetas” onde se informaba nos seus propios idiomas da actualidade cultural e literaria de Cataluña, Portugal, Galicia e Hispanoamérica. No número inicial João de Castro Osório proclama a reconciliación ibérica e supranacional no artigo “A esperança lusiada e fraternidade iberica”. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | Ernesto Giménez Caballero dividía o ámbito xeográfico da nova literatura en tres triángulos netos e un preforme: “Alpha” (Cataluña), “Beta” (Castilla), “Gamma” (o sur) e “Delta” o que está en situación de preformación (Galicia-Portugal). A lista que compón este último apartado está formada por: Evaristo Correa Calderón, Augusto María Casas, Eduardo Blanco Amor, Luís Amado Carballo, Luís Pimentel, Manuel Antonio, José Régio, Afonso Duarte, Diego de Macedo, Almada Negreiros, António Ferro, João Gaspar Simões, Mário de Sá Carneiro, António de Navarro, Fernando Pessoa e Carlos Queirós. O autor omite conscientemente a Vicente Risco, Ramón Otero Pedrayo e Alfonso Rodríguez Castelao, posiblemente, pola polémica desatada sobre a paternidade das primeiras traduccións do Ulises de James Joyce a unha das linguas peninsulares (neste caso ao galego antes que ao castelán). | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | No nº 3 (febreiro) publícase unha nota sobre a tradución de História da civilização ibérica de Oliveira Martins. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | No nº 6 (15 de febreiro) Miguel Osório de Castro fala das obras de Raul Brandão e Aquilino Ribeiro, informando tamén da literatura española en Portugal e das traduccións dos sonetos de Antero de Quental. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | No nº 7 (1 de abril) Augusto d’Esaguy fala das Cartas de amor de Henrique de Vilhena. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | O nº 8 do 15 de abril leva un editorial titulado “Madrid, meridiano intelectual de Hispanoamérica” que resultou moi polémico, e con ataques por parte do periódico “Martín Fierro” de Buenos Aires, de “La Pluma” de Montevideo e outros”. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | No nº 9 (1 de maio) fálase de Guerra Junqueiro e a literatura brasileña. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | No nº 11 (1 de xuño) aparece unha entrevista de E. Gascó Contrell a António Sergio sobre o iberismo e América Latina. Tamén se fai referencia a “Seara Nova”. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | Nos números 12 e 13 (xuño e xullo), Antonio Espina escribe sobre a obra de Almada Negreiros. Tamén está presente Almada nos números 14 e 17, reproducíndose neste último o retrato que lle fixo a Ernesto Giménez Caballero. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | No nº 18 (15 de setembro) reprodúcese “Españoles vistos por portugueses”. En números posteriores aparecen colaboracións de Fidelino de Figueiredo.(En ''Sobre el iberismo y otros escritos de literatura portuguesa'' de César Antonio Molina. Edit. Akal. Madrid 1990). | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | García Lorca: ''Canciones'' e estréase ''Mariana Pineda''. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | Terceiro centenario da morte de Góngora: conmemoración literaria. A publicación en Madrid dunha Antología en honor de Góngora reúne a un grupo de literatos que recibirán o nome de “Generación del 27”. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | Julio Camba: ''Sobre casi todo e Sobre casi nada''. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | Manuel Altolaguirre: ''Ejemplo''. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | Manuel Azaña: ''El jardín de los frailes''. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | Tomás Viñas de San Luis: ''Versiones latinas de poesías hispanas'' (Barcelona. Publicaciones calasancias). O volume acolle cincuenta poemas entre eles “Negra sombra” de Rosalía e ¡Quen poidera chorar! de Lamas Carvajal. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | Valle-Inclán: ''La corte de los milagros'' e ''La hija del capitán''. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | Wenceslao Fernández Flórez: ''Relato inmortal''. | ||
+ | |||
+ | |||
Liña 562: | Liña 682: | ||
'''Nacen''': | '''Nacen''': | ||
* Raúl Gustavo Aguirre (Buenos Aires; 1984). | * Raúl Gustavo Aguirre (Buenos Aires; 1984). | ||
− | |||
* Günter Grass (Danzig; 2015). | * Günter Grass (Danzig; 2015). | ||
Liña 573: | Liña 692: | ||
* | * | ||
− | + | Carlos Oquendo de Amat: ''Cinco metros de poemas''.Duhamel: ''Salavin''. | |
− | + | ||
+ | |||
+ | Enrique López Albújar: ''Nuevos cuentos andinos''. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | Huidobro instálase en New York e entra en contacto co mundo do cine. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | Leopoldo Lugones: ''Poemas solariegos''. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | Ricardo E. Molinari: ''El imaginero''. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
− | |||
− | |||
− | |||
− | + | Eugene O’Neill: ''Strange interlude'' (teatro). | |
+ | |||
+ | |||
+ | François Mauriac: ''Thérèse Desqueyroux''. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | Fritz Krüger: ''O léxico rural do noroeste ibérico'' (traducido do alemán ao castelán no 1947). | ||
+ | |||
+ | |||
+ | Halldór Laxness: ''O gran tecelán de Cachemira''. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | Henri Michaux: ''Qui je fus'' (poesía). | ||
+ | |||
+ | |||
+ | Hermann Hesse: ''O lobo estepario''. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | Howard Phillips Lovecraft: ''The Colour Out of Space''. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | Julien Benda: ''La trahison des clercs''. No nº 247 de “A Nosa Terra” (1 de abril de 1928), Vicente Risco no artigo “Políteca do noso tempo”, comenta o libro ''La trahison des Clercs'' de Julien Benda a raíz dun escrito do escritor portugués Raul Proença: “En canto unha nación rebasa as suas fronteiras naturás, e quer impôr alén o seu poder, mesmo a sua cultura, en canto d’algún xeito quer dominar, alí acaba e remata o nazonalismo, e comenza o seu contrario: o imperialismo. O patriotismo nazonalista detense nas fronteiras da terra natal, e mais alá, é somentes respeito â soberanía e â independenza allea, cultural e política”.[…] Julien Benda confunde lamentablemente duas cousas tan craras, tan nidiamente opostas, e semella que Raul Proença tamén”. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | Marcel Proust (1871-1922): ''Le temps retrouvé'' (derradeira entrega de ''A la recherche du temps perdu''). | ||
+ | |||
+ | |||
+ | Mijaíl Bulgákov: ''Apuntamentos dun médico rural''. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | Paul Claudel: ''Le livre de Christophe Colomb''. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | Rainer Maria Rilke. No nº 241 de “A Nosa Terra” publícase unha tradución do seu poema “A unha amiga” feito poucos días antes de morrer por Luís Amado Carballo: | ||
+ | |||
+ | |||
+ | “Quen nos dixo que todo desaparece? | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | Do paxaro que ferimos | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | Quen sabe si os voos ficarán, | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | E cicais as frores dos agarimos | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | Sobrevivennos a nos e o seu chán. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | Non é o xesto o que dura, | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | Mais él vos pon a armadura | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | D’ouro –dos xionllos aos frós- | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | e a batalla foi tan pura | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | qu’a leva un anxo a pur de vos”. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | |||
+ | Thornton Wilder: ''The bridge of San Luis Rey''. | ||
+ | |||
+ | |||
+ | Virginia Woolf: ''Cara ó faro''. Publicada en galego no 1993 pola Editorial Sotelo Blanco. (“Grial” nº 121). Tamén hai unha tadución de Manuela Palacios e Xavier Castro para a Biblioteca Galega de Clásicos Universais. | ||
+ | |||
+ | Vladimir Maiakovski: ''Novi Lef''. | ||
+ | Yuri Olesha: ''Envy''. | ||
Liña 590: | Liña 825: | ||
+ | '''Tamén sucedeu...''' | ||
+ | * José Afonso grava o seu primeiro disco: “Baladas de Coímbra”. | ||
+ | * | ||
+ | Nacen | ||
Liña 599: | Liña 838: | ||
− | |||
− | |||
− | |||
− | |||
− | |||
Revisión como estaba o 28 de decembro de 2020 ás 11:55
Índice
Cultura galega
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos |
---|
Literatura |
Alfredo Fernández “Nan de Allariz” (Madrid; 1875 Xinzo de Limia). |
Luís Amado Carballo (Pontevedra; ibídem 1901).No nº 241 de “A Nosa Terra”: “Porque Amado Carballo era do mais exquisito e escollido da actual xeneración de poetas e escritores en idioma galego.Tiña para nós ademais o chorado amigo unha outra condición que aumenta o noso pesar. Era galeguista dos bós, militante e entusiasta soldado do exército dos bós e xenerosos”. |
Pío Lino Cuíñas Pereira (Vigo; ibídem 1851). |
Outros |
En accidente aéreo o aviador Joaquín Loriga y Taboada (Madrid; 1895 Lalín). |
O aviador José Piñeiro González (Santiago; 1878 Mugardos). |
O pianista Carlos Sobrino Rivas (Londres; 1861 Pontevedra). |
Publicacións
Galegas
- Álvaro de las Casas : “Canto de berce”, no nº 240 de “A Nosa Terra”.
- Antón Zapata García : “Alando a Traiña”, poema no nº 243 de “A Nosa Terra”.
- Antonio Rey Soto : La copa de cuasia.
- Armando Cotarelo : Contos de Nadal colleitos do pobo (A Coruña).
- Augusto María Casas : no núm 6 de “La Gaceta Literaria” (15 de marzo), publica o poema “Chançon da choiva”:
Na vidraça da xanela
rechoucha bicos e choiva:
cantigas de donicela,
garimos dondos de noiva.
- Avelino Gómez Ledo : Borreas.
- Avelino Rodríguez Elías : O sobriño do abade (teatro). No nº 236 de “A Nosa Terra” o poema “O meu fado”. No 236 “Perdeuse o meniño”. No 242 “O cañón de pau”.
- Basilio Álvarez no nº 242 de “A Nosa Terra” recóllese un discurso que pronunciou en Madrid o 12 de outubro.
- Ben-Cho-Shey : “O enterro da moza”, poema no nº 236 de “A Nosa Terra”.
- Castor de Aira Barrera: Facetas (poemario bilingüe. Tip. G. Castro. Lugo).
- Corona González (París): “Prós pais que tein fillas” (“A Nosa Terra” núm. 235): “A muller pra abrirse camiño na vida pasa moitos mais apuros e desgostos –sen contar os traballos- que o home. É necesario ensinarlle a traballar, pra ser independente, e facerlle comprender que non é necesario o casamento, nen ser monxa, pra ser feliz n-este mundo. Só pode adequerir a sua independencia por medio do traballo…”.
- Eduardo Blanco Amor : Os Nonnatos (Céltiga nº 58, Buenos Aires).
- Eladio Rodríguez González : Oraciós campesiñas. No nº 239 de “A Nosa Terra”, o poema “O novo día”.
- Eleuterio González Salgado (“Leuter”): “O herdeiro” no nº 237 de “A Nosa Terra”. No 230 “Un verdadeiro caso d’adulterio”.
- Evaristo Correa Calderón : Margarida a da sorrisa d’ aurora (primeiro conto de fadas de autor en galego. Revista Nós). Aparece tamén nos nº 243 e 244 de “A Nosa Terra”.
No núm. 1 de “La Gaceta Literaria” publica o poema “Arela do neno doente”:Quijer ser pajarinhoque voa ao sol, minha maeQuijer ser coma aquelabarca branca que se vae!...
E no núm. 16 do 15 de agosto o artigo “El nuevo idioma gallego”.
- Fermín Bouza Brey : “Lied”, poema no nº 239 de “A Nosa Terra”.
- Francisca Herrera Garrido : “Follas murchas”, poema no nº 239 de “A Nosa Terra”.
- Francisco Porto Rey : A tola de sobrán. (Teatro. A Coruña).
- Francisco Salgado y López Quiroga : Cantares d’a Terra (Segundo volume. O primeiro é de 1922).
- Luís Amado Carballo : Proel (Escrito en 1924. Edit. Alborada, Pontevedra). Deste libro aparecen no nº 234 de “A Nosa Terra”: “Festa”, “Poema para Helena Verdia” e “Hora sensual”. No nº 239, o poema “Os piñeiros mortos”. No nº 240, o poema “Mosteiro”.
- Luís Pimentel colabora en verso e por primeira vez en galego na revista madrileña “La Gaceta Literaria”.
- Magariños Negreira: “Cousas de artistas”, no nº 239 de “A Nosa Terra”.
- Manuel Lugrís Freire : Ardencias (4 partes: “Acordes de mocedade”, “Da Mariña”, “De outrora” e “En prosa”). No nº 239 de “A Nosa Terra”, “O día mais grorioso”.
- Manuel Portela Valladares : “Esqueixes de iniciazón”, no nº 239 de “A Nosa Terra”.
- Rafael Dieste : A fiestra valdeira (Santiago. “Grial” nº 78, páx. 502).
- Ramón Cabanillas : A rosa de cen follas. Breviario dun amor (Mondariz. “Grial” nº 54, páx. 537. Portada deseñada por Castelao). No nº 237 de “A Nosa Terra” publícase o poema que leu na homenaxe que recibiu en Vigo:
“Na emoción e ledicia de esta hora,
que fai tan doce a vosa xentileza,
unha soave tristeza
vén a bicar miña alma soñadora”.
- Ramón Otero Pedrayo : Escrito na néboa (A Coruña) e Problemas de xeografía galega. Notas encol das formas de poboación labrega (A Coruña).
O 15de febreiro no apartado “Letras D’afora” da revista “Nós” traduce uns poemas de Rilke, incluíndo un pequeno percorrido pola súa vida e obra.
No 232 de “A Nosa Terra”: “Encol da paisaxe xeográfica”.
No 233 “Esquemas e lembranzas”.
No 234 “Na Lanzada”: “Os xeólogos din qu’ista é unha costa vella. será certo, mais a impresión é millor d’unha mocidade loitadora, orixe de novas formas insospeitadas no futuro. Os homes apenas lixaron a virxe soidade d’iste anaco de costa atromentada. […] Despois, pouco adentro, en Vilalonga, no acougo d’unha galería â moda, ben quente i-alaxada corría o viño espadeiro cantando nos vasos as cántigas amadas pel-os abades gobiardescos. ¿Quén diría que a pouca distanza estoupaba o fero mar da Lanzada?”.
No 236: “Na clase”: “Aquil lampantín non perdíu en tres cursos o ser da aldeia ¡Ogallá non s’avergoñe endexamais d’ela! Teño fe noutro enredante: non acerta unha resposta mais vinlle os ollos mollados unha vegada en que falando do Carral e dos segadores, dos cruceiros, dos camiños e das leendas do norte, tuda a hora da crase arrecendeu vagamente a outonos e primaveiras galegas”.
No 239: “Betula fidelis”: “Agora fai poucos días camiñando en compaña de Risco e Ben-Cho-Sey, pra comprir a romaxe ô San Andrés de Teixido entrei no reino dos bidueiros […] Non cantan coralmente como os piñeirales sinon que cada arbre ten o seu dicir armoñoso ou desfeito con voce de niño, d’auga, de consello, d’ironia”.
No nº 240 “Chegou un home das Américas”: “Chegou probe, desfeito, comesto por ruin doenza. Non soupo aforrar e ven a que o cuiden c’os aforros da muller…”.
No nº 241: “Castelos no hourizonte”.
No nº 242: “Na lama dos orixes”.
No nº 243 “Terra de Arthur e de Amadís”.
- Ramón Villar Ponte : Historia sintética de Galicia (Nós. A Coruña). No nº 239 de “A Nosa Terra”: “Eu vos digo…”.
- Roberto Blanco Torres : “A obra” no nº 239 de “A Nosa Terra”.
- Salvador Cabeza de León : A insinanza do Direito román na universidá de Sant-Yago, hastra o Plan de Estudos de 1772 (publicado en “Arquivos do Seminario de Estudos Galegos”).
No nº 239 de “A Nosa Terra”: “A Universidá de Santiago e o Seminario de Estudos Galegos”.
- Saturnino Piñeiro Groba (“Pedro Borreiro”): Fuchicadas (Editorial “El Tea”.
- Urbano Rodríguez Moledo : Dólmen (poemas dedicados a Miguel Ventura Balañá).
- Uxío Carré Aldao : “Os meus desexos”, no nº 239 de “A Nosa Terra”.
- Vicente Risco : “Da renacencia galega. A evolución do galego e os seus críticos” (No nº 233 de “A Nosa Terra”): “ […] Tamén nos compren; porque si os nosos mestres do XIX non empregaron o galego mais que na literatura, nós empregámolo pra falarmos de cencia, de filosofía, d’economía, d’historia, de política. Precisamos por isto un caudal de verbas moito meirande qu’o qu’iles precisaban.[…] As mesmas cousas que estes nemigos da evolución do galego din dos nosos escritores modernos, dixéronse na Finlandia do Profesor Snellman, e en Bohemia de Jungmann e de Safarik. Os seus argumentos, eiquí e alén, son fillos da iñorancia. Hai pouco reproducía ises argumentos nun xornal de Madrí, o gran humorista Julio Camba, que coido que non é ningunha autoridade centífica, en filoloxía polo menos…”.
No nº 238 o poema “Meus amigos”.
No nº 239: “O novo bautismo”.
- Víctor Casas : “Arelas” no nº 239 de “A Nosa Terra”.
- Victoriano Taibo : “Fogar e patria”, no nº 240 de “A Nosa Terra”.
- Xosé Filgueira Valverde : O vigairo: ensaio simbólico, orixinal e inédito. Portada de Camilo Díaz. No nº 237 de “A Nosa Terra” “A morte branca”.
- Xosé Francisco Lesta Meis : Estebo. Colabora en “A Nosa Terra”.
- Xosé López Vázquez: “Un conto”, nos nº 240 e 241 de “A Nosa Terra”.
- Xosé Manuel Cabada Vázquez : “A uns ollos”, poema no nº 232 de “A Nosa Terra”. No 233 “Lírica”. No 235 “Brétema”.
- Xosé Núñez Búa : colabora en “A Nosa Terra”. No núm. 236 “A gata da fidalga”.
- Xosé Vázquez López colabora en “A Nosa Terra”.
- Xuán Fernández Merino: colabora en “A Nosa Terra”.
- Xuan Xesús González : colabora en “A Nosa Terra”.
- Xulio Sigüenza: En “A Nosa Terra” núm. 234 publícase a súa conferencia “Eduardo Pondal e a Poesía Galega”, pronunciada en Buenos Aires o 20 de decembro de1926 co gallo da “Semana Galega”: “Si Rosalía chorou con bágoas de lume as dôres de Galicia; si Curros fustigou con látigo duro a inercia envilecedora, Pondal amostrou os camiños futuros; aquiles que fatalmente hannos levar â conquista das libertades… […] Eduardo Pondal non foi un poeta popular nin tivo a menor intención de o ser. El falou solamente para os altos espritos, e os altos espritos teñen a obriga de facer que iste poeta non descenda do seu outo pedestal de sereidade”.
No nº 241 de “A Nosa Terra”: “Mister Parking”, “Monsieur Picot”, “Samuel Yankelevich” e “Von Enrick”.
- REVISTA LAR
- Nº 29 da revista mensual Lar (xaneiro) A pecadenta silenzosa de Manuel Bergueiro López (portada de Camilo Díaz).
- Nº 30 (febreiro) O vigairo de Xosé Filgueira Valverde (portada de Camilo Díaz ).
- Nº 31 (marzo) Morta! de Celestino Noya (portada de Camilo Díaz).
- Nº 32 (abril) Escrito na néboa de Ramón Otero Pedrayo (portado de Camilo Díaz).
- Nº 33 (maio) Loita novela de Rafael Fernández Casas (portada de Camilo Díaz).
- Nº 34 (xuño) Ladaíña novela de Álvaro María de las Casas (portada de Camilo Díaz).
- Nº 35 (xullo) De como claudicou Xaquín Quiroga contos por Xacobe Casal (portada de Camilo Díaz). No remate deste número aparece unha nota que di: “…e non sendo xa adeministrador das pubricacións LAR D. Ánxel Casal rógase aos nosos suscritores e colaboradores dirixan toda a correspondencia ao Director Leandro Carré”.
- Nº 36 (agosto) O xornal de Mavi novela de Leandro Carré Alvarellos (portada de Camilo Díaz). Aparece na cabeceira Leandro Carré coma “Direitor propietario” e explícase na primeira páxina que por diversas circunstancias, entre elas o cese do administrador Ánxel Casal, levouse a cabo o traslado dos talleres e adminstración á rúa da Franxa, 34, baixo.
- Nº 37 (setembro) O ilustre Cardona novela de Wenceslao Fernández Flórez (portada de Camilo Díaz). É unha tradución do castelán de Leandro Carré).
- Nº 38 (novembro)Contos porAlfredo Canalejo (portada de Camilo Díaz).
- Nº 39 (decembro) Contos de Nadal colleitos do pobo e relatados por Armando Cotarelo Valledor. .
- Nº 40 Alevamento novela de Luís G. Vicencio (portada de Camilo Díaz).
- Ánxel Casal abandona o seu traballo en “Lar” para fundar a Editorial Nós continuando o seu labor en solitario Leandro Carré, quen en resposta a “Unhas alusiós en col da pubricación de “Lar”, publicadas no xornal de Vigo “El Pueblo Gallego” (21/7/1926) di: “Si non tivera un verdadeiro interés en contribuír á creación da novela galega hai xa tempo que Lar houbera deixado de se pubricare, posto que en vez de alentos e colaboración nesta obra non recibo senon couces dos despeitados e indiferencias dos que debían de me axudare”.(César Antonio Molina: Prensa literaria en Galicia 1920-1960. Xerais 1989).
Relativas a Galicia
- Comeza a publicación en Santiago pola Editorial Lar da Coruña, da revista “Arquivos do Seminario de Estudos Galegos”. O último volume será o VI, correspondente a 1933-34. No nº 1 publícase o artigo “Verbas limiares”, asinado por salvador Cabeza de León, Presidente do Seminario: “Quixera o Seminario –¿chegará o día en que tal aspiración se vexa satisfeita?- que toda a súa laboría fose pubricada e de ese xeito coñecida: pro non chegan os seus recursos á mesma outura a onde chega a súa vontade.[…] Coa axuda dos bos a forxa do Seminario, alcesa con tódalas lembranzas dos tempos vellos e con tódalas inquedanzas dos novos tempos, será según o noso ardente degoro, alicerce perdurabre do máis outo patriotismo e da máis inxente cultura”. (“Prosa didáctica (1916-1936)” Edición de Goretti Sanmartín Rei. A Nosa Terra).
- Na Coruña aparece “Galicia Agraria”, revista quincenal portavoz da “Federación Católica Agraria de La Coruña”, dirixida por José María Taboada Lago.
- En Vigo ve a luz “Nueva Galicia”, “Revista ilustrada, gráfica e informativa”, posiblemente dirixida polo mestre fusilado no 1937 Víctor Fraiz Villanueva.
- Nos números de febreiro e marzo a revista “Centro Gallego” do Centro Galego de Montevideo recolle unha polémica con Eduardo Blanco Amor, que daquela dirixía “El Despertar Gallego” e que cualificara o Centro Galego como “sociedad de un galleguismo poco probable”.
- A publicación “A Nosa Terra” aparece coa nota “foi revisado pola censura”.
- O periódico vigués “El Pueblo Gallego” pasa a ser propiedade de Manuel Portela Valladares, quen dirixirá a publicación, nomeando a Roberto Blanco Torres redactor- xefe. Entre outubro de 1926 e o mesmo mes de 1927 publicaranse neste xornal as prosas que logo se reunirán en Cousas. Segundo libro de Castelao. Entre este ano e 1934 tamén se publicarán neste xornal preto de noventa colaboracións de Otero Pedrayo, baixo o título de “Prosas galegas”.
Blanco Torres que se fai cargo da xefatura de redacción de “El Pueblo Gallego” (1924), dirixido por Portela Valladares, dimite do seu cargo, publicando dúas cartas no “Faro de Vigo” contra Portela, que este considera inxuriosas, polo que decide denuncialo.
- Aparece “Nueva Cañiza”, “Semanario local independiente, defensor de los intereses de la comarca”, dirixido por Gerardo Fuentes Gómez.
- Xoán Xesús González dirixe en Santiago o semanario “El País Gallego”, que aparece o 3 de xaneiro.
- Jaime Vilas Cageao funda en Santiago a revista quincenal “Terra”. Contou con colaboracións de Otero Pedrayo, Castelao, Cotarelo Valledor, Rof Carballo, Jesús Bal, Filgueira Valverde, Fermín Bouza Brey…
- Luis Iglesias Iglesias publica en galego nos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos: “Aves de Galicia”.
- A editorial “Nós” publica “Grabados en linóleum” de Xaime Prada, primeiro álbum linoleográfico publicado en Galicia.
- A editorial “Nós” publica "As romaxes de Nosa Señora da Franqueira. Apuntes dun ofrecido", discurso co que Ramón Cabanillas entra no Seminario de Estudos Galegos.
Acontecementos
- Diverxencias entre Leandro Carré e Ánxel Casal provocan a súa separación e Casal crea “Edicións Nós”, en tanto que Carré prosegue o seu labor en “Lar”.
- Fúndase o Museo de Pontevedra; Castelao é membro fundador xunto con Daniel de la Sota, Sampedro, Sánchez Cantón, Losada Diéguez, Millán, Riestra, Álvarez Limeses, Argenti e Filgueira Valverde.
- Trasládase a Pontevedra a “Misión Biológica de Galicia” (1921 Santiago).
- Coincidindo coa publicación de A rosa de cen follas, ten lugar no mes de marzo a designación de Armando Cotarelo Valledor e Ramón Cabanillas Enríquez como membros da Real Academia Española.
- Ramón Cabanillas nomeado “Cronista General de Galicia”.
- Otero Pedrayo elixido académico da Real Academia Española da Lingua.
- Tertulias galeguistas no café Méndez Núñez en Pontevedra: Alexandre Bóveda, Castelao, Losada Diéguez, Filgueira Valverde, Álvaro Xil, Fermín Penzol, Manolo Méndez e Valentín Paz- Andrade.
- Castelao: amenaza de cegueira.
- No Instituto de Lugo conmemórase o 31 centenario da morte de Góngora.
- Fole marcha a Valladolid a estudar Dereito e Filosofía e Letras.
- Rafael Dieste regresa á redacción de “El Pueblo Gallego” e ingresa no Seminario de Estudos Galegos coa lectura de A fiestra valdeira. O seu irmán Eduardo é destinado en Londres como cónsul xeral.
- Cunqueiro comeza os seus estudos na Facultade de Filosofía e Letras da Universidade de Santiago.
- Alexandre Bóveda toma posesión como Xefe de Contabilidade na Delegación Provincial de Facenda.
- O 23 de xuño, aterra no Monte do Toxo, en Lalín, un avión ao mando de Joaquín Loriga, sendo a primeira aterraxe dun avión en chan galego.
- Sexta e derradeira viaxe de Alfonso XIII a Galicia.
- Isidro Parga Pondal funda en Santiago o Laboratorio de Xeoquímica de Galicia.
- O 18 de marzo, recepción de Ánxel del Castillo como membro da Real Academia Galega coa lectura de “Arquiteitura prerrománica en Galicia”, contestándo o académico Martínez Morás.
- Hemingway visita a Coruña: “esta é unha gran cidade, todo o metida no vello Atlántico como lle permite Europa, fermosas rúas anchas, sen beirarrúas nin cunetas e a primeira boa comida que comín en todo o verán. O país é moi parecido a Newfoundland e só escampa entre chuvia e chuvia, pero a chuvia é tan natural que parece que non te mollas” Tamén estivo en Santiago que lle pareceu “A cidade máis fermosa de Europa”.
- Enrique Barreiro fai o documental “Pontevedra, cuna de Colón”.
- Ángel Lázaro Machado: Confesión.
- Antonio Amador Villar Novias: Versos con sol y pájaros (Buenos Aires).
- Antonio Rey Soto: Los surcos de España e Los gallegos en Guatemala.
- Armando Cotarelo: El castellano en Galicia (Madrid).
- Augusto María Casas Blanco: Panal y flor (prólogo en verso de Manuel Machado).
- Gabino Díaz de Herrera: Abril (Madrid) e Vibraciones del espíritu en la materia (Barcelona).
- Glicerio Barreiro: Rosas negras. Otros poemas (Lugo).
- José García Sánchez publica Mi aldea. Tipos y costumbres de algunas aldeas de Galicia.
- Manuel González Ramos: Tesis histórica de Colón gallego (Santiago).
- Salvador García-Bodaño Fernández: Nubes y sombras (relatos; A Coruña).
- Victoriano García Martí: Una punta de Europa (prólogo de Ortega y Gasset).
- Xavier Bóveda: Los motivos eternos.
- Xulio Sigüenza: La ruta aventurera.
Premios
Epistolario
Sumarios
Nós Boletín Mensual da Cultura Galega.
Álvaro María de las Casas: Poesía. Margot Sponer: Algunhas notas dos meus estudos sobre filoloxía galega. Xosé Filgueira Valverde: A paisaxe no Cancioneiro da Vaticana. Quod nihil scitur. Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: “Folklore de San Andrés de Teixido”. Os homes, os feitos as verbas. |
Nº 38 (febreiro).
O pelingrino por R. A. Villar Ponte: A fontenla viva da nosa cultura. R. Otero Pedrayo: Notas encol da paisaxe romántica. Xosé Filgueira Valverde: A paisaxe no Cancioneiro da Vaticana. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos as verbas. |
Vicente Risco: Os europeos en Abrantes. R. Otero Pedrayo: A volta. F.L. Cuevillas: Papeletas pra un inventario das mámoas galegas. F. Bouza Brey. Notas de arqueoloxía e folk-lore arousáns. M. Bergueiro: Glosas hestóricas. Arquivo filolóxico e Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos as verbas.
|
Nº 40 (abril).
Eladio Rodríguez González: Almas viaxeiras. R.Otero Pedrayo: Beethoven. Vicente Risco: Os europeos en Abrantes (proseguimento). F. L. Cuevillas. Papeletas pra un inventario das mámoas galegas (proseguimento). Quod nihil scitur (proseguimento). Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos as verbas.
|
F. Bouza Brey: Triadas no mar e na noite. Correa Calderón. Cibdade galega en 1840. F. L. Cuevillas e F. Bouza Brey. Bibliografía da prehistoria galega. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos as verbas.
|
Nº 42 (xuño).
|
Castelao: O retrato, Peito de lobo, O segredo. R. Otero Pedrayo: Meditaciós composteláns. Vicente Risco: Da mitoloxía popular galega. Os mouros encantados. Magariños Negriera: As arelas da mosca semipanteista. F. L. Cuevillas e F. Bouza Brey. Bibliografía da prehistoria galega. Os homes, os feitos, as verbas.
|
Nº 44 (agosto).
Evaristo Correa Calderón: Os fidalgos de Neira de Rei. Florentino L. Cuevillas: Dúas estacións dolménicas. Xosé Filgueira Valverde: Artistas aldeáns. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas. |
Fermín Bouza Brey: Teño … Vicente Risco: Os mouros encantados. Ramón Otero Pedrayo: Problemas de Xeografía Galega. Notas en col das formas de poboazón labrega. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas. |
Nº 46 (outubro).
Outeiro Espasandín: Poema. Ramón Otero Pedrayo: Problemas de Xeografía Galega. Notas en col das formas de poboazón labrega. Florentino L. Cuevillas e F. Bouza Brey: Prehistoria e folklore da Barbanza. Catálogo dos castros galegos, da Seizón de Prehistoria do S. E. G.A riqueza artística da Galiza. Dúas imaxes de Xan de Juni. Os homes, os feitos, as verbas. |
Antón Zapata García: O chasco e o pimpín. Florentino L. Cuevillas e F. Bouza Brey: Prehistoria e floklore da Barbanza. Euxenio Montes: Poemas. Catálogo dos castros galegos, da Seizón de Prehistoria do S. E. G. Magariños Negreira: A meu tío, quixéron-o roubar. Os homes, os feitos, as verbas. |
Nº 48 (decembro).
Antón Couceiro Freixomil: Novos cantares. Vicente Risco: Ensaios de Phisiognomonía. Don Xohán Antonio Saco e Arce. Ramón Otero Pedrayo: Problemas de Xeografía Galega. Notas en col das formas de poboazón labrega. Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas. |
Outras culturas
PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Henri Bergson
Nacen:
- Josep Maria Espinàs i Massip (Barcelona).
- Lluïsa Forrellad i Miquel (Sabadell; 2018 Bellaterra).
Morren:
- Bernat Artola (Madrid; 1904 Castellón de la Plana).
Fúndase a revista “Mundo Ibérico” que ten como meta “recoger y comentar lo más resaltante de la vida ibérica en sus tres grandes sectores de cultura y acción, bien definidos en las tres lenguas peninsulares”. Nela colaboran Gómez de la Serna, Ribera i Rovira, Fernández Almagro, Díez de Tejada, Llorenç Riber, J. M. Salaverría. Desaparece antes de que remate o ano.
Antoni Rovira i Virgili: No nº 243 de “A Nosa Terra” reprodúcese traducido ao galego un artigo deste autor co título de “O amor ao libro” que antes se publicou en “La Publicitat” de Barcelona: “ Compre estimular o amor ao libro, non soio porque este amor crea o millor ambente para a produzón literaria, antes ainda porque é unha siñal de nobleza inteleitual nos homes e de forza espritual nos pobos”.
Apel-les Mestres: Llegendes i tradicions del Montseny.
Carles Riba: Els marges (artigos).
Carles Soldevila: Bola de neu (teatro).
Guerau de Liost: Sàtires.
Jacint Verdaguer (1845; 1902): no nº 237 de “A Nosa Terra” publícase o relato “O gaiteiro” que o autor publicara o 7-1-1904 na revista “Joventut”.“Vou a dar o adeus â compañeira da miña vida, a doce poesía. ¿Para qué cantar? ¿Para qué escribir mais? […] Ao pasar, rúa arriba, por diante da de Valldoncella, vin sair d’esta un galego de barba cana e figura venerabre, coroada pol-a monteira, tocando maxistralmente a flaqueada gaita co roncón ao lombo como é uso nas riveiras do Miño.[…] O pobre xuglar despois de tanxer quizais a millor tocata do seu repertorio, dirixiu a ollada deica as fenestras do Hospital na espranza de que baixase, non a paga, unha proba de agradecimento, unha esmola […] O gaiteiro non é de madeira e terá adevertido o insulto, que caeu como unha pedra encol da sua cabeza […] pero adoitado â loita pol-a vida e acostumado dende neno âs malas anadas, seguiu rúa arriba [---] Aquel acto de firmeza era unha reprensión para a miña debilidade […] Eu tomei esta inesperada leición como chegada das mans da Providencia…”.
Josep Carner: Tres estels i un ròsse (prosa).
Josep Maria López-Picó: L´oci de la paraula.
Josep Pla: Relacions.
Josep Vicenç Foix: Gertrudis (prosa).
Tomàs Garcés: El somni (poemas).
Máis culturas:
Nacen:
- Raúl Gustavo Aguirre (Buenos Aires; 1984).
- Günter Grass (Danzig; 2015).
- John Ashbery (Rochester, New York; 2017 Hudson, New York).
- Harry Mulisch (Haarlem; 2010 Amsterdam).
- Martin Walser (Alemaña).
Morren:.
- José González Carbalho (Buenos Aires; ibídem 1899). Fillo de emigrantes galegos).
Carlos Oquendo de Amat: Cinco metros de poemas.Duhamel: Salavin.
Enrique López Albújar: Nuevos cuentos andinos.
Huidobro instálase en New York e entra en contacto co mundo do cine.
Leopoldo Lugones: Poemas solariegos.
Ricardo E. Molinari: El imaginero.
Eugene O’Neill: Strange interlude (teatro).
François Mauriac: Thérèse Desqueyroux.
Fritz Krüger: O léxico rural do noroeste ibérico (traducido do alemán ao castelán no 1947).
Halldór Laxness: O gran tecelán de Cachemira.
Henri Michaux: Qui je fus (poesía).
Hermann Hesse: O lobo estepario.
Howard Phillips Lovecraft: The Colour Out of Space.
Julien Benda: La trahison des clercs. No nº 247 de “A Nosa Terra” (1 de abril de 1928), Vicente Risco no artigo “Políteca do noso tempo”, comenta o libro La trahison des Clercs de Julien Benda a raíz dun escrito do escritor portugués Raul Proença: “En canto unha nación rebasa as suas fronteiras naturás, e quer impôr alén o seu poder, mesmo a sua cultura, en canto d’algún xeito quer dominar, alí acaba e remata o nazonalismo, e comenza o seu contrario: o imperialismo. O patriotismo nazonalista detense nas fronteiras da terra natal, e mais alá, é somentes respeito â soberanía e â independenza allea, cultural e política”.[…] Julien Benda confunde lamentablemente duas cousas tan craras, tan nidiamente opostas, e semella que Raul Proença tamén”.
Marcel Proust (1871-1922): Le temps retrouvé (derradeira entrega de A la recherche du temps perdu).
Mijaíl Bulgákov: Apuntamentos dun médico rural.
Paul Claudel: Le livre de Christophe Colomb.
Rainer Maria Rilke. No nº 241 de “A Nosa Terra” publícase unha tradución do seu poema “A unha amiga” feito poucos días antes de morrer por Luís Amado Carballo:
“Quen nos dixo que todo desaparece?
Do paxaro que ferimos
Quen sabe si os voos ficarán,
E cicais as frores dos agarimos
Sobrevivennos a nos e o seu chán.
Non é o xesto o que dura,
Mais él vos pon a armadura
D’ouro –dos xionllos aos frós-
e a batalla foi tan pura
qu’a leva un anxo a pur de vos”.
Thornton Wilder: The bridge of San Luis Rey.
Virginia Woolf: Cara ó faro. Publicada en galego no 1993 pola Editorial Sotelo Blanco. (“Grial” nº 121). Tamén hai unha tadución de Manuela Palacios e Xavier Castro para a Biblioteca Galega de Clásicos Universais.
Vladimir Maiakovski: Novi Lef.
Yuri Olesha: Envy.
Tamén sucedeu...
- José Afonso grava o seu primeiro disco: “Baladas de Coímbra”.
Nacen
Eugene O’Neill: Strange interlude (teatro).François Mauriac: Thérèse Desqueyroux.Fritz Krüger: O léxico rural do noroeste ibérico (traducido do alemán ao castelán no 1947).Halldór Laxness: O gran tecelán de Cachemira.Henri Michaux: Qui je fus (poesía).Hermann Hesse: O lobo estepario.Howard Phillips Lovecraft: The Colour Out of Space.Julien Benda: La trahison des clercs. No nº 247 de “A Nosa Terra” (1 de abril de 1928), Vicente Risco no artigo “Políteca do noso tempo”, comenta o libro La trahison des Clercs de Julien Benda a raíz dun escrito do escritor portugués Raul Proença: “En canto unha nación rebasa as suas fronteiras naturás, e quer impôr alén o seu poder, mesmo a sua cultura, en canto d’algún xeito quer dominar, alí acaba e remata o nazonalismo, e comenza o seu contrario: o imperialismo. O patriotismo nazonalista detense nas fronteiras da terra natal, e mais alá, é somentes respeito â soberanía e â independenza allea, cultural e política”.[…] Julien Benda confunde lamentablemente duas cousas tan craras, tan nidiamente opostas, e semella que Raul Proença tamén”.
Marcel Proust (1871-1922): Le temps retrouvé (derradeira entrega de A la recherche du temps perdu).Mijaíl Bulgákov: Apuntamentos dun médico rural.Paul Claudel: Le livre de Christophe Colomb.Rainer Maria Rilke. No nº 241 de “A Nosa Terra” publícase unha tradución do seu poema “A unha amiga” feito poucos días antes de morrer por Luís Amado Carballo:“Quen nos dixo que todo desaparece?Do paxaro que ferimosQuen sabe si os voos ficarán,E cicais as frores dos agarimosSobrevivennos a nos e o seu chán.
Non é o xesto o que dura,Mais él vos pon a armaduraD’ouro –dos xionllos aos frós-e a batalla foi tan puraqu’a leva un anxo a pur de vos”.Thornton Wilder: The bridge of San Luis Rey.Virginia Woolf: Cara ó faro. Publicada en galego no 1993 pola Editorial Sotelo Blanco. (“Grial” nº 121). Tamén hai unha tadución de Manuela Palacios e Xavier Castro para a Biblioteca Galega de Clásicos Universais.Vladimir Maiakovski: Novi Lef.Yuri Olesha: Envy.
Morren:
Àngel Ruiz i Pablo (1865 Es Castell, Menorca).Josep Pin i Soler (1842 Tarragona).Magí Morera i Galicia (Lleida; ibídem 1927).
Manuel Díaz Rodríguez (1871 Venezuela).Ricardo Güiraldes (París; 1886 Buenos Aires).
Nacen:
O músico Narciso Yepes (Lorca; 1997 Murcia).
O debuxante Hugo Pratt (Rimini; 1995 Grandvaux, Suíza).
CINE:Jean Epstein: A caída da casa Usher (Impresionismo francés).Abel Gance: Napoleón.Robert Wiene: Amencer (Expresionismo alemán. Rodada en Estados Unidos).Buster Keaton: O maquinista da Xeneral.Pudovkin: A fin de San Petersburgo.Estréase a primeira película sonora O cantor de jazz de Alan Crossland, aínda que en realidade é un filme mudo con cancións.
Primeira viaxe de Dalí a París onde se encontrou con Picasso.
Dalí: “La miel es más dulce que la sangre”.
Nace en Valencia de forma clandestina a Federación Anarquista Ibérica (FAI).
Fúndase CAMPSA.
Fúndase Iberia.
Nova lexislación laboral en Italia: só se permiten os sindicatos fascistas e decláranse ilegais as folgas e os cerres patronais.
Comeza a guerra civil en China.
Son executados en Boston os traballadores anarquistas italianos Sacco e Vanzetti.
Na URSS, Trotski e Simeniev son expulsados do PCUS.
Charles Lindberg foi o primeiro piloto que cruzou o Océano Atlántico sen escalas e en solitario. Aterrou co Spirit of Saint Louis ás 22, 20 horas do 21 de maio en Le Bourget, París, despois de 33 horas e 32 minutos seguidos de voo.
Morre o pintor madrileño Juan Gris (Boulegne-sur-Seine; 1887).