Diferenzas entre revisións de «1925»
(→Galegas) |
|||
Liña 162: | Liña 162: | ||
* Nº 14 (outubro): A propia vida novela de [[wikipedia: gl: Leandro Carré Alvarellos | Leandro Carré Alvarellos ]] (portada de Camilo Díaz). | * Nº 14 (outubro): A propia vida novela de [[wikipedia: gl: Leandro Carré Alvarellos | Leandro Carré Alvarellos ]] (portada de Camilo Díaz). | ||
− | * Nº 15 (novembro): Cabalgadas en Salnés, novela de [[wikipedia: gl: | + | * Nº 15 (novembro): Cabalgadas en Salnés, novela de [[wikipedia: gl: Bouza Brey | F. Bouza Brey ]] (portada de Camilo Díaz). Neste número celebran o primeiro aniversario:“E non é sô a pubricación popular de noveliñas LAR o froito das nosas actividades e quereres; o rexurdimento da revista NÓS, a Biblioteca do Seminario de Estudos Galegos, e outras pubricacións de poesías, novelas, teatro, dos mellores escritores galegos, en tomiños axeitados, encomezaron a sair tamén do noso esforzo en pro das letras galegas”. |
* Nº 16: Anxélica, novela de [[wikipedia: gl: Florencio Vaamonde |Florencio Vaamonde ]] (portada de Camilo Díaz). | * Nº 16: Anxélica, novela de [[wikipedia: gl: Florencio Vaamonde |Florencio Vaamonde ]] (portada de Camilo Díaz). | ||
− | |||
* No nº 212 de “[[wikipedia: gl: A Nosa Terra (1916) | A Nosa Terra ]]”, (“revisado pol-a censura militar”), recóllese en primeira páxina: “Intereses galegos. As carnes conxeadas”: “ A riqueza gandeira galega nunca foi tan feramente ameazada coma agora, coa importación das carnes conxeadas procedentes da Arxentina [,,,] O gando galego merez a mesma proteución que poida merecere calquera industria de calesquer rexión hispánica…”.No nº 213 de “A Nosa Terra” recóllese de Enrique Labarta Pose “Revista d’unha corrida de ¿touros? n-a vila de Noya feita por un labrego” do seu libro de1889 Bálsamo de Fierabrás.O nº 215 está “revisado pol-a censura do Goberno civil” e indícase que “dende éste número, A Nosa Terra tírase na imprensa propiedade da editorial Lar.No nº 219 na sección “Coversas filolóxicas” coméntase: ·”Algúns escritores e xornalistas deron en usar o i como conxunción en troques do e. Notamos que son xeneralmente aqueles que lle dan pouca importancia â pureza do idioma ou os que pretenden chegar axiña ao cume e non se deteñen para estudar o preciso a fin de non estragar a fala mais ainda do que xa está por influencias estrañas metidas â forza no miolo das nosas xentes da campía…”. | * No nº 212 de “[[wikipedia: gl: A Nosa Terra (1916) | A Nosa Terra ]]”, (“revisado pol-a censura militar”), recóllese en primeira páxina: “Intereses galegos. As carnes conxeadas”: “ A riqueza gandeira galega nunca foi tan feramente ameazada coma agora, coa importación das carnes conxeadas procedentes da Arxentina [,,,] O gando galego merez a mesma proteución que poida merecere calquera industria de calesquer rexión hispánica…”.No nº 213 de “A Nosa Terra” recóllese de Enrique Labarta Pose “Revista d’unha corrida de ¿touros? n-a vila de Noya feita por un labrego” do seu libro de1889 Bálsamo de Fierabrás.O nº 215 está “revisado pol-a censura do Goberno civil” e indícase que “dende éste número, A Nosa Terra tírase na imprensa propiedade da editorial Lar.No nº 219 na sección “Coversas filolóxicas” coméntase: ·”Algúns escritores e xornalistas deron en usar o i como conxunción en troques do e. Notamos que son xeneralmente aqueles que lle dan pouca importancia â pureza do idioma ou os que pretenden chegar axiña ao cume e non se deteñen para estudar o preciso a fin de non estragar a fala mais ainda do que xa está por influencias estrañas metidas â forza no miolo das nosas xentes da campía…”. |
Revisión como estaba o 26 de decembro de 2020 ás 21:47
Índice
Cultura galega
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos |
---|
Literatura |
Enrique Labarta Pose (Barcelona; 1863 Baio). |
Florencio Vaamonde Lores (A Coruña; 1860 Bergondo). |
Manuel Comellas Coímbra (Mandiá; 1853 Ferrol). |
Manuel Lago González (Santiago; 1865 Tui).No nº 211 de “A Nosa Terra” recóllese a noticia da súa morte e publícase o seu poema “Alborada”. |
Outros |
Pablo Iglesias (Madrid; 1850 Ferrol): “La muerte no nos separa de Iglesias. La imagen de su vida de ternura, de amor y de firmeza, queda definitivamente incorporada al tesoro moral de nuestra conciencia de hombres libres, demócratas, obreros del ideal inmortal del Socialismo”. ¿? |
O anarquista e xornalista Ricardo Mella y Cea (Vigo; ibídem 1861). |
O escritor e historiador Benigno Teijeiro Martínez (Paraná, Argentina; 1846 Ortigueira). |
Publicacións
Galegas
- Álvaro María de las Casas : colabora en “A Nosa Terra”. No nº 214 figura o poema “Penedos”. No 215 “A campana choca”.
- Amador Iglesias Soto : Albores de un astro. (Asinada como Asslegi Toiso. Poemario bilingüe galego-castelán).
- Antonio Couceiro Freijomil : Lóstregos. Con prólogo en verso de Francisco Álvarez de Nóvoa. Ampliados publicáronse no diario ourensán “Galicia” co título de Do meu feixe.
- Antonio Noriega Varela : “Aquela que me namora…” poema en “A Nosa Terra” nº 214. No 215 “Do tempo dos caciques”.
- Ánxel del Castillo López : A dona das torres (Nº 12 da Colec. Lar. 22/08).No nº 215 de “A Nosa Terra”: “¡Santiago benditiño…!
- Bernardo Bermúdez Jambrina (¿? A Coruña 1918 Avilés): “Muiñeira”, poema no nº 219 de “A Nosa Terra”.
- Blanco Amor publica na primeira páxina de “El Despertar Gallego” o artigo “El ayer, el hoy y el mañana de la colectividad gallega”.O 12 de abril, no suplemento “Los Domingos de La Nación”, asina o artigo “Momento actual de la poesía gallega. Los precursores”. O 17 de maio “Estado actual de la poesía gallega. Segundo momento”, o 28 de xuño “El paisaje gallego” e o 25 de xullo “De la tierra gallega”.
- Bouza Brey : Cabalgadas en Salnés (Colec. Lar Nº 15).
- Eduardo Blanco Amor : “Momento de la poesía actual gallega” (ensaio en “La Nación”, Argentina).
- Eugenio López Aydillo : Los grandes poetas gallegos. Valentín Lamas Carvajal (Madrid).
- Evaristo Correa Calderón : Conceición singela d’o ceo (II volume da colección Libredón).
- Florencio Vaamonde Lores : Anxélica (Col. Lar. Nº 16).
- Francisca Herrera Garrido : Martes de antroido (A Coruña) e A neta da naipeira (no nº 20 de “Nós”). Tamén o ensaio “Rosalía Castro” no Diario Español de Buenos Aires.No nº 215 de “A Nosa Terra”: “Lembranza d’unha invitación agasallosa”.
- Gonzalo López Abente : Buserana (Número 11 da colec. Lar. 18/07).
- Heraclio Pérez Placer : “Avelaiñas”, no nº208 de “A Nosa Terra”.
- Herminia Fariña : “O retorno do gando”, poema no nº 211 de “A Nosa Terra”.
- José Rey González : Latexos. Cantigas da terra (Poemario bilingüe. Pontevedra).
- Leandro Carré : “Os saltimbanquis”, no nº 210 de “A Nosa Terra”. No 216 “Cinzas”.
- Lois Tobío :Aportación ó estudo da historia da pesca da balea nas costas de Galiza.
- Luís Amado Carballo : “Os sete poemas do vran”, no nº 215 de “A Nosa Terra”.
- Luís G. Vicencio : colabora en “A Nosa Terra”.
- M.Magariños Negreira: “Descripzón da regueifa en Negreira” (“A Nosa Terra”, núm. 218).
- Manuel Lugrís Freire : “Oración a fala”, no nº 216 de “A Nosa Terra”.
- Manuel Posse Rodríguez : Paisaxes (portada de Camilo Díaz).
- Portela Valladares : colabora en “A Nosa Terra”. No nº 215: “Caminhos de Compostela”.
- Ramón Alvariño : colabora en “A Nosa Terra”. No nº 216 “Cousas para nenos”.
- Ramón Cabanillas : Estoria do bendito San Amaro (ilustrado por Castelao. Mondariz-Balneario. Edición Lar). Fora publicado no xornal “Galicia” o 1 / 1 / 1925.
- Ramón Otero Pedrayo : Pantelas, home libre (novela).En “A Nosa Terra” nº 214. “Nouturnio”, poema.No 218 “A serra da Martiña”.
- Ramón Suárez Picallo : Marola (comedia dramática).
- Ricardo Frade Giráldez : ¡Vaites!…¡Vaites! (Santiago).
- Valentín Lamas Carvajal : “O toque d’óración”, poema en “A Nosa Terra” (nº 209 do 1 de febreiro).
- Vicente Risco : O lobo da xente e A trabe de ouro e a trabe de alquitrán (Número 10 da Colec. Lar 4/07).No nº 209 de “A Nosa Terra” “A terra e a evolución humana”.No nº 212: “O hispanismo d’Antonio Sardinha”.No nº 215: “Lembrando os Precursores”.No nº 216: “Estudos sobre o Romantismo”.
- Víctor Casas : colabora en “A Nosa Terra”. No núm. 217: “O fútbol e a política”.
- Victoriano Taibo : Da vella roseira (Santiago). No nº 211 de “A Nosa Terra”: “É unha coleición de fermosos e orixinás cántigas ateigadas de beleza e pensamento â par que de sabor recial. N’este mesmo número pubricamos algunhas escollidas ao azar que son unha mostra das que contén o libriño que acaba de sair”.
- Wenceslao Fernández Flórez : “Grao de sal”, no nº 216 de “A Nosa Terra”.
- Xan de Pazos: colabora en “A Nosa Terra”.
- Xan Pla Zubiri : colabora en “A Nosa Terra”.
- Xoán Xesús González Formoso: Ana María (novela no número 13 da colección Lar).
- Xesús Fernández González : Antón Piruleiro (número 7 da colección “Lar”).
- Xosé Filgueira Valverde : Os nenos. Ilustrado por L. Pintos e cuberta e contracuberta de Castelao. No nº 219 de “A Nosa Terra” coméntase: “Filgueira Valverde presíntese n-este seu primeiro libro que tera grande éxito como un bon escritor a quen agardan trunfos e loureiros merescidos. O libriño vai adicado aos nenos irlandeses fillos dos mártires das revoltas da illa irmá pol-a sua liberación. A adicatoria e dino introito do notabre libro que está á venda en todal-as librerías”.
- O 3 de xaneiro sae á rúa o número 3 da revista “ Lar ”: O pastor de doña Silvia de Aurelio Ribalta, con portada de Camilo Díaz.
- O nº 4, do 17 de xaneiro é a novela de Leandro Carré Alvarellos : Naiciña (portada de Camilo Díaz).
- O nº 5 sae o 31 de xaneiro coa novela de Amado Carballo : Os probes de Deus (portada de Camilo Díaz).
- O 9 de maio publícase o nº 6 : Martes d’antroido, novela de Francisca Herrera e Garrido (Portada de Camilo Díaz).
- O nº 7 é Como son os do grorioso (Antón Piruleiro) de Xesús Fernández e González (Portada de Camilo Díaz) que sae o 23 de maio).
- Nº 8 Pantelas, home libre de Ramón Otero Pedrayo (Portada de Camilo Díaz), que sae o 6 de xuño).
- Nº 9 A terra chama, novela de Uxío Carré Aldao (Portada de Camilo Díaz) (20 de xuño).
- Vicente Risco Nº 10 O lobo da xente de (portada de Camilo Díaz). (4 de xullo).
- Gonzalo López Abente Nº 11 Buserana de (portada de Camilo Díaz; 18 de xullo).
- Ánxel del Castillo López Nº 12 A dona das torres de (portada de Camilo Díaz, 22 de agosto). Neste número a revista expón:“… Se os nosos lêtores quixeran axudarnos na nosa labor recomendando a pubricación LAR entre as súas amistades, ademais de nos favorecer contribuíndo a afianzar esta nosa querida novela, farían unha obra de cultura, de patriotismo, e asegurarían a vida da pubricación que precisa de todos para se soster e mellorar”.
- Nº 13 (setembro): Ana María, novela de Xoán Xesús González (portada de Camilo Díaz).
- Nº 14 (outubro): A propia vida novela de Leandro Carré Alvarellos (portada de Camilo Díaz).
- Nº 15 (novembro): Cabalgadas en Salnés, novela de F. Bouza Brey (portada de Camilo Díaz). Neste número celebran o primeiro aniversario:“E non é sô a pubricación popular de noveliñas LAR o froito das nosas actividades e quereres; o rexurdimento da revista NÓS, a Biblioteca do Seminario de Estudos Galegos, e outras pubricacións de poesías, novelas, teatro, dos mellores escritores galegos, en tomiños axeitados, encomezaron a sair tamén do noso esforzo en pro das letras galegas”.
- Nº 16: Anxélica, novela de Florencio Vaamonde (portada de Camilo Díaz).
- No nº 212 de “ A Nosa Terra ”, (“revisado pol-a censura militar”), recóllese en primeira páxina: “Intereses galegos. As carnes conxeadas”: “ A riqueza gandeira galega nunca foi tan feramente ameazada coma agora, coa importación das carnes conxeadas procedentes da Arxentina [,,,] O gando galego merez a mesma proteución que poida merecere calquera industria de calesquer rexión hispánica…”.No nº 213 de “A Nosa Terra” recóllese de Enrique Labarta Pose “Revista d’unha corrida de ¿touros? n-a vila de Noya feita por un labrego” do seu libro de1889 Bálsamo de Fierabrás.O nº 215 está “revisado pol-a censura do Goberno civil” e indícase que “dende éste número, A Nosa Terra tírase na imprensa propiedade da editorial Lar.No nº 219 na sección “Coversas filolóxicas” coméntase: ·”Algúns escritores e xornalistas deron en usar o i como conxunción en troques do e. Notamos que son xeneralmente aqueles que lle dan pouca importancia â pureza do idioma ou os que pretenden chegar axiña ao cume e non se deteñen para estudar o preciso a fin de non estragar a fala mais ainda do que xa está por influencias estrañas metidas â forza no miolo das nosas xentes da campía…”.
Relativas a Galicia
Aparece na Coruña a revista mensual “Domecq en Galicia” (1928).
O 22 de agosto aparece en Buenos Aires a revista “Alborada. Órgano de la Asociación Benéfica Cultural del partido de Corcubión”.
O 25 de maio fúndase en Vigo “Vida Céltiga”, subtitulada “Revista semanal gráfica-literario-informativa”. Nesta revista, asina Teixeira de Pascoaes o poema en portugués “No aniversario da rula do Sar”, como homenaxe a Rosalía de Castro. Desaparece o 3 de agosto.
En Sada ve a luz a revista quincenal ilustrada “Mariñana”, dirixida por Eduardo García Ramos.No nº 219 de “A Nosa Terra” (1 de nadal), dise: “A revistiña sadense “Mariñana” apareceunos agora contraria â fala galega. Sempre as persoas que saen do mais baixo son as que mais empeño teñen en aparentar distinción na maneira de falar, e por eso odian a sua propia fala que lles lembra a homildanza do seu orixe ou que, coidan eles, fai que os demais os consideren pol-o que pretenden deixar de ser”.
O número de xullo da revista “Centro Gallego” do Centro Galego de Montevideo recolle unha conferencia de Juana de Ibarbourou sobre Rosalía de Castro.
A portada do nº 6 da revista de Coimbra “Tríptico” está debuxada por Álvaro Cebreiro.
Álvaro de las Casas: Sol de media noche (Ourense) e La ciudad de las sonrisas (Ourense).
Eladio Puga Rodríguez: Visita na terra (León).
Evaristo Correa: El arte racial de Suárez Couto (Lugo).
Gerardo Doval: Un problema nacional. Los foros en Galicia. Una fórmula equitativa para su total liberación.
José Devolx y García: Nuevas poesías (Madrid).
Juan Dantín Cereceda: Distribución geográfica de la población en Galicia (Madrid).
Juan González del Valle: Valentín Lamas Carvajal. Colección de poesías en gallego (A Coruña).
Juan Tizón Herreros: Espiando al diablo (Dez relatos).
Pablo Pérez Costanti: Notas viejas galicianas (Vigo).
Primitivo Rodríguez Sanjurjo: Errores de la actual división de España y fundamentos geográficos para una nueva división en provincias.
Salvador García-Bodaño Fernández: Páginas de mi vida (A Coruña).
Xoán Xesús González: Hacia una morfología de la vida gallega (Santiago).
Acontecementos
Castelao e Losada Diéguez crean a Coral Polifónica en Pontevedra.
Rafael Dieste deixa o “Galicia” e incorpórase á redacción de “El Pueblo Gallego”.
Suspensión gubernativa do xornal “Galicia” de Vigo.
Amado Carballo enferma de tuberculose.
Laxeiro regresa de Cuba á súa aldea, onde traballará de barbeiro.
Xaime Prada ilustra as páxinas de “Céltiga” de Buenos Aires.
Cándido Fernández Mazas colabora nas páxinas de “La zarpa” con caricaturas e debuxos.
Fúndase o Banco Pastor por iniciativa de Ricardo Rodríguez Pastor e Pedro Barrié de la Maza.
O 7, 8 e 9 de outubro, celébrase en Lugo o “I Congreso de Economía Gallega”, promovido polo alcalde Eduardo Rosón.
O 28 de agosto remata a primeira viaxe da fotógrafa Ruth Matilda Anderson a Galicia. O 14 de novembro regresaría acompañada da tamén fotógrafa Frances Spalding percorrendo Galicia ata o 31 de maio de 1926.
Ten lugar o Primeiro Congreso das Nacionalidades Europeas que ten por obxectivo o dereito á autonomía e ao desenvolvemento cultural das nacións sen Estado e das minorías nacionais europeas, sempre desde o respecto ás fronteiras estatais. A primeira participación efectiva dunha delegación galega tivo lugar en 1933, en Berna, coa intervención de Plácido Castro.
Estréase na Argentina a comedia dramática de Ramón Suárez Picallo Marola.
O 28 de xaneiro estréase no Teatro da Zarzuela en Madrid La casa de la Troya, película baseada na novela de Pérez Lugín do mesmo nome. Lugín sería o director artístico e Manuel Noriega o director escénico. Colaborou o empresario asturiano Antonio Moriyón .
Premios
Epistolario
O 21 de maio Vicente Risco escríbelle a Enrique Peinador, dicindo: “Apelando ós teus sentimentos que compartes connosco, a prol da nosa Terra e da nosa cultura, quixeramos saber si podemos contar co teu apoio económico, e tamén de camiño, se ti, antre as túas amistades, nos podías proporcionar algún outro que se comprometera por un ano”. A resposta de Peinador foi decontado, entregándolle diñeiro e procurando anunciantes.
Dende Mondáriz-Balneario, (15 de decembro), Ramón Cabanillas escribe a Rial Seijo, gerente de “Céltiga”. Buenos Aires: […] Se me ocurre, ya con las manos en la masa, que lo que sería una labor excelsamente patriótica, por parte de esas sociedades gallegas de instrucción es la publicación de un librito escolar de lectura en gallego y en diversos tipos, de texto cuidado literaria y pedagogicamente, del que debieran hacerse cuarenta o cincuenta mil ejemplares para distribución gratuita en las escuelas. ¿No hay en Buenos Aires cien organismos culturales gallegos? Pues, a cincuenta nacionales cada uno tendríamos lo bastante para realizar cumplidamente la obra. Yo no tendría inconveniente, por modesta que fuera la retribución, en escribir ese librito, sometiendo el texto a la aprobación del organismo que ahí se creare para llevar a término la empresa, si éste no prefería darme previamente la pauta. (No nº 31 de “Céltiga” do 10-4-1926 dáse conta dunha suscripción que se abriu para editar o libro, pero a idea non se fixo realidade). (Ramón Cabanillas; 3 obra completa, Akal Editor 1981).
Sumarios
Nós. Boletín Mensual da Cultura Galega.
Nº 20 ( 15 de agosto). R. Cabanillas: As pombas do perdón. Portela Valladares: A vida intensa. Francisca Herrera Garrido: A neta da naipeira. Florentino L. Cuevillas: A Edade do Ferro na Galiza (proseguimento): As fontes pr’o estudo da protohistoria galega. Quod nihil scitur (continuación); tradución de Xan Aznar Ponte. Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: Contos. Os homes, os feitos, as verbas.
Nós Nº 21 (15 de setembro).
Marqués de Figueroa: Falares miñoto.
Armando Cotarelo: Un romance galego.
Xosé Filgueira Valverde: Cantigas d’El Rei Sabio localizadas en Galicia. San Ero d’Armenteira.
F. Bouza Brey: Do arte popular galego e de unha das súas manifestazóns.
Florentino López Cuevillas: A Edade do Ferro en Galiza (proseguimento).
Quod nihil scitur (continuación). Tradución de Xan Aznar Ponte.
Augusto María Casas: Panteismo.
Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas
Nós. Nº 22 (15 de outubro).
Amador Villar Amor: O derradeiro galán.
Xosé Filgueira Valverde: San Ero d’Armenteira (proseguimento).
Lois Tobío Fernández: Unhas moedas castelás atopadas no Valadouro.
Florentino L. Cuevillas: A Edade do Ferro en Galiza (proseguimento).
Quod nihil scitur (continuación), tradución de Xan Aznar Ponte.
Archivo Filolóxico e Etnolóxico de Galiza.
Os homes, os feitos, as verbas.
Nós. Nº 23 (15 de novembro).Antonio Couceiro Freixomil: Cantares.
Ramón Otero Pedrayo: Os poetas atlánticos.
Xosé Pena Pena: A ponte de Vidán. O Congreso d’Economía Galega en Lugo. Florentino L. Cuevillas: A Edade do Ferro na Galiza (proseguimento). Quod nihil scitur (continuación), tradución de Xan Aznar Ponte. Archivo Filolóxico e Etnográfixo de Galiza. Os homes, os feitos, as verbas.
Nós Nº 24 (15 de decembro).Álvaro María de las Casas: Soneto. Leandro Carré: A regueifa. Antonio Couceiro Freixomil: Sobre o emprego do apóstrofo.
Florentino L. Cuevillas: A Edade do Ferro na Galiza. Archivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza.
Os homes, os feitos, as verbas.
Outras culturas
PREMIO NOBEL DE LITERATURA GEORGE BERNARD SHAW
Nacen:Arnaldo França (Praia, Cabo Verde; ibídem 2015).Bento Gonçalves da Cruz(Peirezes, Montalegre; 2015 Porto).Daniel Filipe (Ilha de Boavista, Cabo Verde; 1964 Cabo Verde).Isabel da Nóbrega (Maria Isabel Guerra Bastos Gonçalves) (Lisboa).Jaime Salazar Sampaio (Lisboa; ibídem 2010).José Cardoso Pires (Saõ João do Peso; 1998 Lisboa).Luís Filipe Lindley Cintra (Lisboa; 1991 Sesimbra).Luiz Pacheco (Lisboa; 2008 Montijo).Manuela Margarido (Cabo Verde; 2007 Lisboa).Maria Helena da Rocha Pereira (Cedofeita; 2017 Porto).Rubem Fonseca (Juiz de Fora, Minas Gerais; 2020 Río de Janeiro).
Francesc Candel (Casas Altas, Racó d’Ademús; 2007 Barcelona).Josep Maria Llompart de la Peña (Ciutat de Mallorca; 1993).Maria Beneyto i Cuñat (Valencia; ibídem 2011).
Ana María Matute (Barcelona; ibídem 2014).Ángel González (Oviedo; 2008 Madrid).Armando López Salinas (Madrid; ibídem 2014).Carmen Martín Gaite (Salamanca; 2000 Madrid).Ignacio Aldecoa Isasi (1969 Madrid).José Antonio Llardent (Oeiras, Portugal; 1987 Madrid).José María Rodríguez Méndez (Madrid; 2009 Aranjuez).José Ruibal (Xeve, Pontevedra; 1999 Cuenca).Luis Riaza (Madrid; ibídem 2017).
Carlos Castaneda (Carlos César Salvador Arana Castañeda) (Cajamarca, Perú; 1998 Los Ángeles, EEUU).Emilio Carballido (Córdoba, México; 2008).Enrique Buenaventura (Cali, Colombia; ibídem 2003).Ernesto Cardenal (Granada, Nicaragua; 2020 Managua).Haroldo Conti (Chacabuco, Argentina; 1976 Lista de desaparecidos da ditadura militar en Buenos Aires).Horacio Armani (Trenel, La Pampa; 2013 Buenos Aires).Rosario Castellanos (Ciudad de México; 1974 Tel Aviv).Luis Spota (Ciudad de México; ibídem 1985).
Alain Decaux (Lille; 2016 París).Andrea Camilleri (Porto Empedocle, Sicilia; 2019 Roma).Gerard Durrel (A India; 1995).Gore Vidal (New York; 2012 Los Ängeles).Harry Harrison (Stamford; 2012).James Salter (New York; 2015).William Styron (Virxinia, EEUU; 2006).Yukio Mishima (Kimitake Hiraoka ) (Tokio; 1970).Zygmunt Bauman (Poznan, Polonia; 2017 Leeds).
Co número de febreiro, o 5, remata a publicación da revista “Athena”.O 17 de marzo falece en Lisboa a nai de Fernando Pessoa.Alberto Pimentel: A açucena de ouro.Antero de Figueiredo: D. Sebastião: rei de Portugal 1554-1578.António Botto: Piquenas Esculturas.António de Cértima: Volúpia do Mar e Legenda Dolorosa do Soldado Desconhecido de África.António Ferro: Mar alto (teatro).António Sardinha: Ao Ritmo da Ampulheta e A Aliança Peninsular.Carlos Malheiro Dias: Exortação à mocidade.Eça de Queirós (1845-1900): A Capital; O Conde de Abranhos e Alves & Cª .“No largo, a manhá resplandecia. Depois dos dias de chuva, aquele sol delicioso dava á cidade a alegria dum renascimento: até dois moços que num patio lavavam uma carruagem a baldes de água e os galegos que palravam à beira do chafariz, pareciam tão satisfeitos como os canários que gorjeavam nas janelas” (A capital).Fernanda de Castro: Mariazinha em África.Fialho de Almeida: Vida errante.Francisco Costa: Verbo austero.João Albasini (Mozambique): O livro da dor (Libro fundador da literatura mozambicana).Mário Saa: A Invasão dos Judeus (Pessoa é un dos personaxes analizados).Menotti del Picchia (Brasil): Chuva de pedra (poesía).Miguel Torga regresa a Portugal do Brasil onde estava emigrado.Oswald de Andrade (Brasil): Pau-Brasil (poesía).Raul Proença: Guia de Portugal I.Teixeira de Pascoaes: Sonetos. No nº 209 de “A Nosa Terra” figuran os poemas “A Galiza”, dedicado a Ramón Cabanillas e “A Rosalía de Castro”.Tomaz da Fonseca: Erro de origem. Transformismo religioso.
Francesc Trabal: L‘any que ve.Joan Salvat-Papasseit: (1894-1924): Óssa Menor (poemas).Joaquim Ruyra: Les coses benignes.Josep Carner: El cor quiet (poemas) e Les bonhomies (artigos e contos).Josep Maria de Sagarra: Cançons de totes les hores (poemas).Josep Maria López-Picó: Elegia.Josep Pla: Coses vistes. (Experiencias de viaxes e reflexións) e Russia.Josep Sebastià Pons: Cante- perdiu (poemas coa tradución francesa).Martí Genís i Aguilar: Records i contes.Miquel Llor: Història gris.Pau Vila i Dinarès: Assaig de geografia humana de la muntanya.Prudenci Bertrana: Jo! Memòries d‘un metge filòsof.
Polémica entre as vangardas pola aparición do surrealismo.
Américo Castro: El pensamiento de Cervantes.Azorín: Doña Inés.Dámaso Alonso: El viento y el verso.Gabriel Miró: El obispo leproso.Guillermo de Torre publica en Madrid Literaturas europeas de vanguardia.Miguel de Unamuno: La agonía del cristianismo e De Fuerteventura a París.Ortega y Gasset: La deshumanización del arte.Valle-Inclán: No nº 208 de A Nosa Terra” (1 de xaneiro), figura o poema “Cantigas de vellos”.
Borges: Luna de enfrente (poesía) e Inquisiciones.Carlos Pellicer: México (poemas).Eduardo Mallea: Cuentos para una inglesa desesperada.Gabriela Mistral: Ternura (poesía).Huidobro: Manifestes; Automne régulier e Tout à coup.José Gorostiza: Canciones para cantar en las barcas.Oliverio Girondo: Calcomanías.Pablo Neruda: Tentativa del hombre infinito (poesía).Salvador Novo: XX poemas.
André Gide: Les faux-monnayeurs.Boris Pasternak: Relatos.Eugene O’Neill: Desire under the elms (teatro) e The great god Brown (teatro).Eugenio Montale: Ossi di seppia (poesía).Ezra Pound: Cantos (16 primeiros).Franz Kafka (1883-1924) : O proceso.Iván Bunin: O amor de Mitia.John Dos Passos: Manhattan Transfer (Traducido ao galego por Mercedes Pacheco Vázquez para Sotelo Blanco no 2005).Liam O’Flaherty: The informer (O delator).Lu-Yin: Haibin guren.Marcel Proust: Albertine disparue (pertencente a A la recherche du temps perdu).Virginia Woolf: A señora Dalloway.
Morren:
Alberto Pimentel (Alberto António Sardinha (Elvas; 1888 Monforte, Alentejo).Augusto de Almeida Pimentel) (Queluz; 1849 Cedofeita).Carolina Michaëlis de Vasconcelos (Porto; 1851 Berlín).No nº 219 de “A Nosa Terra”: “Non afecta sô a Portugal a morte da eminente filóloga, senon que Galicia sofre tamén unha grande perda, porque os estudos predileitos da notabre crítica eran os das linguas e literaturas romance que por igual interesan aos dous pobos irmans…”.
Alonso Quesada (Rafael Romero Quesada) (Las Palmas de Gran Canaria; ibídem 1885).