Diferenzas entre revisións de «1976»
(→25px|Flag CPLP.gif 25px|Cataluña 25px|Flag of Spain Outras culturas) |
(→25px|Flag CPLP.gif 25px|Cataluña 25px|Flag of Spain Outras culturas) |
||
Liña 263: | Liña 263: | ||
* Luís Miguel Rocha (Porto; 2015 Mazarefes). | * Luís Miguel Rocha (Porto; 2015 Mazarefes). | ||
+ | |||
Liña 274: | Liña 275: | ||
* Marcelo da Veiga (1892 São Tomé). | * Marcelo da Veiga (1892 São Tomé). | ||
* Vasco Miranda pseudónimo de Arnaldo Cardoso Ferreira (1922 Junça, Almeida). | * Vasco Miranda pseudónimo de Arnaldo Cardoso Ferreira (1922 Junça, Almeida). | ||
+ | |||
Liña 571: | Liña 573: | ||
'''Morren''': | '''Morren''': | ||
* Clementina Arderiu (Barcelona; ibídem 1889). | * Clementina Arderiu (Barcelona; ibídem 1889). | ||
− | |||
Liña 642: | Liña 643: | ||
Manuel de Pedrolo: Procés de contradicció suficient (novela). | Manuel de Pedrolo: Procés de contradicció suficient (novela). | ||
+ | |||
Maria-Mercè Marçal: Cau de llunes (poesía). | Maria-Mercè Marçal: Cau de llunes (poesía). | ||
Liña 679: | Liña 681: | ||
* Use Lahoz (Barcelona). | * Use Lahoz (Barcelona). | ||
+ | |||
Liña 785: | Liña 788: | ||
* José Lezama Lima (1910 Cuba). | * José Lezama Lima (1910 Cuba). | ||
* José Revueltas (1914 México). | * José Revueltas (1914 México). | ||
− | |||
* Agatha Christie (Wallingford; 1890 Torquay). | * Agatha Christie (Wallingford; 1890 Torquay). |
Revisión como estaba o 4 de novembro de 2020 ás 20:24
Índice
Cultura galega
Día das Letras Galegas
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos | Literatura |
---|---|
Gumersindo Sánchez Guisande (Buenos Aires; 1892 Santiago de Compostela). | |
Leandro Carré Alvarellos (A Coruña; ibídem 1888 ). | |
Ramón Otero Pedrayo (Trasalba; 1888 Ourense).“Morría o símbolo de Galicia de preguerra e acordouse amortallalo co hábito franciscano, envolto na bandeira galega, velalo no chan e enterralo no cemiterio ourensán. A misa, o 12 de abril, celebrouse simbolicamente na catedral da cidade oficiada polos catro bispos galegos que, por vez primeira, entoaron o ritual en galego. O doutor Agustín Sixto Seco foi quen de convencer os prelados, mesmo a Ánxel Temiño, para que preparasen as oracións e os textos na lingua que tanto defendera o escritor” (Patricia Arias Chachero “Os testamentos de Ramón Otero Pedrayo” “Grial” nº 218). | |
Outros | |
O avogado Modesto Rodríguez Figueiredo (Baio; 1923 O Porriño). | |
O arqueólogo e etnógrafo Xesús Taboada Chivite (Verín; 1907 Verín). | |
O pintor Imeldo Corral González (Ferrol; ibídem 1889). | |
Salustiano Portela Pazos (Santiago; 1877 Rebordelo). | |
O historiador Alfonso Vázquez Martínez (Arbo; ibídem 1906). | |
O fotógrafo José Veiga Roel (Betanzos; ibídem 1894). | |
O compositor Emilio Soto Fernández (Madrid; 1904 Lebosende, Ourense). | |
O músico Emilio Teijeira Coto (O Porriño; ibídem 1900). |
Publicacións
Galegas
- Nace en novembro co nº 0 o semanario Teima , “Revista galega de información xeral”, dirixida por Ánxel Vence Lois. É o primeiro semanario de información xeral que se edita en galego dende 1936. Está editado pola Sociedade Galega de Publicacións, presidida por Domingo García Sabell. O consello de redación estaba formado por Luís Álvarez Pousa, Xavier Navaza, Víctor Freixanes, Xosé Mª García Palmeiro, Manuel Rivas, Perfecto Conde, Guillermo Campos, Xosé Platero Paz, Alfonso Sánchez Izquierdo e Xulio Xiz. (Publicáronse 35 números; o último o 11 de agosto de 1977).
- No nº 4 da revista “Nordés” aparece un texto de Celso Emilio Ferreiro titulado “A poesía é verdade”: “Escribo preferentemente no noso idioma porque é a miña lingua natural, na que me sinto mellor instalado e na que me espreso con plenitú. Por outra banda é evidente que a nosa lingua está proscrita e comprimida por outra. Dende iste contexto, a miña poesía intenta contribuir á superbibencia da nosa etnia e da súa conciencia particularista. Ten, pois, unha función desalleante”.
- Alfonso Pexegueiro : Seraogna (poesía; Xerais).
- Arcadio López Casanova : Memoria dunha edá (poemas; Madrid); Mesteres (poemas; Valencia. “Grial” nº 59, páx. 116 e “Grial” nº 188) e As roitas da gamela (contos infantís).
- Blanco Amor : Farsas y Autos para títeres (Edit. Cuadernos para el Diálogo, Madrid) e Aquella gente... (Edit. Seix Barral, Barcelona). As dúas son autotraducións.
- Castelao (1886-1950): Kristalezco Beguía. Eskeleto baten oroimenak (Donostia. Kriselu. Traduc. ao éuscaro de Koldo Izaguirre Urreaga. Ver 1922); Cousas de nenos (61 debuxos. Edit. Castrelos) e 175 debuxos, con limiar de X. F. Filgueira Valverde (Caixa de Aforros de Santiago de Compostela).
- Daniel Cortezón : A diáspora (teatro).
- Eduardo Moreiras Collazo : Fogo solto (A Coruña).
- Fernando Mon Rodríguez : O compromiso humán de Castelao a traveso do seu arte (A Coruña).
- Francisco Fernández del Riego : Poesía galega: do dezanove aos continuadores.
- Francisco Rodríguez Sánchez : Conflito lingüístico e ideoloxía na Galiza.
- Francisco Sesto Novás : Por unha muller e Porta aberta.
- Fiz Vergara Vilariño : Orfo de ti en terra adentro.
- García-Sabell : Ensaios II
- Juan José Moralejo Álvarez : A lingua galega hoxe (Galaxia).
- Juán Noya Gil: Fuxidos. Memorias de un republicano gallego perseguido por el franquismo (Caracas; prólogo de C. Emilio Ferreiro. Versión en galego con prólogo de Xesús Alonso Montero; Xerais 1996).
- Lois Diéguez : Galou Z-28 (Premio de Novela da Casa de Galicia de Bilbao en 1975).
- Lois Fernández Marcos : Homes do espacio.
- Luz Pozo Garza : Últimas palabras / Verbas derradeiras (Poemas. Bilingüe. Limiar de Tomás Barros e ilustracións de Luís Seoane. Edicións Nordés. A Coruña. “Grial” nº 56, páx. 251).
- Manuel María : Cantos rodados pra alleados e colonizados.O Gobernador de Lugo suspende unha conferencia que ía impartir en Sarria (6 de febreiro) co título de “A emigración en Galicia”.
- Manuel Suárez Sampedro: Cen poesías pra cen portos de Galicia.
- María do Carme Kruckenberg : A sombra ergueita.
- Méndez Ferrín : Con pólvora e magnolias (Premio da Crítica 1977) e Antón e os inocentes.
- Miguel Anxo Mato Fondo : A mazá e a cinza (a poesía galega após 1976).
- Miguel González Garcés : Poesía gallega de posguerra. Antología bilingüe (Ediciós do Castro. “Grial” nº 55, páx. 125).
- Miguel López Torre (1893-1958): Do tear esquecido (Prologado por José María Pérez Parallé).
- Neira Vilas : A marela Taravela (Edit. Celta).
- Paco Martín : No cadeixo (Galaxia).
- Ramón de Valenzuela : Historia do galeguismo político.
- Ricardo Palmás Casal : Castelao: prosa do exilio (Padroado da Cultura Galega. Montevideo).
- Silvio Santiago García (1903-1974): O silencio redimido (Premio da Crítica 1977. Galaxia. “Grial” nº 58, páx. 499 e “Grial” nº 112).
- Víctor Freixanes : Unha ducia de galegos (Galaxia).
- Xoán Bernárdez Vilar : Un home de Vilameán: anatomía dunha revolución (Premio Alfredo Somoza do Patronato da Cultura Galega de Montevideo 1975. “Grial” nº 80, páx. 253).
- Xoán Xosé Fernández Abella : Poemas galegos. Inquietudes, hallazgos y otros poemas (bilingüe. Ilustrado por Carlos García Mourón).
- Xosé Fariña Jamardo : A persoalidade da parroquia galega (Sept. Vigo. “Grial” nº 56, páx. 248).
- Xosé Isorna Ferreirós: Ramón Otero Pedrayo, gloria dunha cultura (Ourense), A vellez no home galego (Barcelona) e Otero Pedrayo, home relixioso (Barcelona).
- Xosé Luís Laredo Verdejo : Os nosos devanceiros (breve historia de Galicia).
- Xosé Manuel Martínez Oca : Os algareiros (teatro).
- Xosé Manuel Rodríguez Pampín : Nova concencia da Igrexa galega (Prólogo de monseñor Araújo Iglesias. Santiago. Edit. Sept. Vigo. “Grial” nº 53, páx. 397).
- Xosé María Álvarez Blázquez : Canle segredo (gañador en 1954 do Premio Pondal do Centro Gallego de Buenos Aires. Colección Pico Sagro de Edicións Castrelos. Vigo).
- Xosé María Chao Ledo (1844-1894): Poemas galegos (3 composicións de tipo costumista, 2 vilancicos e 3 composicións líricas).
- Xosé María Costa Gómez : Cas redes cheas.
- Xosé María García Rodríguez : Poema da morte do guerrilleiro e do vello das grandes guedellas.
- Xosé María Monterroso Devesa-Juega “Andrés Terra”: Berro: letras pra cantigas (Montevideo).
- Xosé Sesto López : Refraneiro galego da muller (Editorial Castrelos; no que recolle preto de 1500 refráns clasificados tematicamente).
- Xulio González Lorenzo: O conto de nunca acabar (teatro).
- O grupo “Grupo Rompente” edita as “Follas de resistencia poética”, follas voandeiras ciclostiladas con textos anónimos ou asinados por pseudónimos. (1976-1977).
Relativas a Galicia
- “Los suplementos” nº 70 da revista “Cuadernos para el diálogo” titúlase “Lengua, cultura e periodismo en Galicia (1876-1936), traballo do xornalista Gustavo Luca de Tena.
- En marzo ve a luz “Eixo” subtitulada “Revista de la Caja de Ahorros Monte de Piedad de Santiago” e que está totalmente en castelán.
- En outubro aparece en Sada “Sada”, co subtítulo de “Sociedad Recreativa Cultural y Deportiva. Boletín informativo”, estando dirixido por José Pérez Fernández.
- Aparece a revista “Galicia Socialista” (“Voceiro do Partido Socialista Galego”).
- Comeza a publicarse en Santiago a revista “Braña”.
- Aparece en Madrid o libro colectivo Los gallegos, coordinado por Gustavo Fabra.
- Editrici Adriatica de Bari publica: Fernand’ Esqyo, la poesie”; edizione, crítica, introduzione, note e glossario a cura di Fernanda Toriello. “Grial” nº 57, páx. 375).
- Ediciós do Castro publica La Romanización de Galicia (Cuadernos del Seminario de Estudios Cerámicos de Sargadelos nº 16. “Grial” nº 55, páx. 123).
- Álvaro Cunqueiro: Tertulia de boticas prodigiosas. En outubro viaxa a Sicilia ao Congreso da Federación Internacional de Prensa Gastronómica.
- Antonio de Olano: Pecar en Madrid.
- Ánxeles Penas García: Con los pies en la frontera (A Coruña).
- Baldomero Cores: Sociología política de Galicia (A Coruña) e El Estatuto de Galicia: actas y documentos (A Coruña).
- Carmen Gloria González Prado: Tránsito de Alas (Buenos Aires).
- Carlos Villalba Freire: Cancionero de Galicia.
- Casimiro Torres Rodríguez: Egeria, monxa galega (Buenos Aires).
- Constantino García: “Interferencias lingüísticas entre gallego y castellano “ (Revista de la Sociedad Española de Lingüística).
- Eduardo González Ananín: Subida al mar.
- Enrique Chao Espina: As lembranzas de Don Inda (Braga).
- Felipe Martínez Marzoa traduce ao galego Antígona de Sófocles (Vigo).
- Fernando González Laxe: Problema da pesca costeira galega (Vigo).
- Francisco Rodríguez Enríquez: La lengua gallega (Primitiva lengua visigóthica). Su origen y evolución (Buenos Aires).
- José de Cora Paradela: Panfletos y prensa antifranquista clandestina.
- José Landeira Yrago: Federico García Lorca de A a Z (Río de Janeiro).
- José Luis Pensado Tomé: Contribución a la crítica de la lexicografía gallega. Tomo I: El Diccionario Gallego-Castellano de F. J. Rodríguez y su repercusión en la lexicografía gallega (Salamanca).
- José Ramón Barreiro Fernández: El carlismo gallego (Edicións Pico Sacro. Santiago). No 2008 faise unha segunda edición ampliada, en galego.
- Lois Vázquez Fernández: Memorial de la vida (Madrid).
- Luis Alfonso Blanco Vila: Madrid al paso.
- Luis Cortés Vázquez: Leyendas de cuentos y romances de Sanabria, textos leoneses y gallegos (Edición do autor. Salamanca. “Grial” nº 62, páx. 498).
- María Xosé Rodríguez Galdo: Señores y campesinos en Galicia, siglos XIV-XVI (Ed. Pico Sacro. Santiago de Compostela. “Grial” nº 58, páx. 506).
- Mariano Tudela: La madrugada de las mercenarias (Barcelona).
- Marina Mayoral: Rosalía de Castro y sus sombras (Madrid).
- Nicanor Rielo Carballo: Literatura popular. Escolma de Carballedo (Vigo).
- Otero Pedrayo (1888-1976): Galicia, una cultura de Occidente (León).
- Pilar Vázquez Cuesta: La poesía portuguesa actual (Madrid).
- Rafael Squirru: Seoane: estudio crítico-biográfico (Ediciones Dead Weight. Buenos Aires. “Grial” nº 55, páx. 122).
- Rosario Miralbés, J. Manuel Casas Torres e Mª Pilar de Torres Luna: Galicia. Mapa e índices de localización geográfica de sus parroquias (Santiago).
- Xosé Chao Rego: La iglesia en el franquismo (Madrid).
- Xosé Ramón Barreiro Fernández: El Carlismo gallego.
- Xulio Xosé Pardellas de Blas: Consecuencias económicas biolóxicas e hixiénicas do desastre do petroleiro Urquiola (A Coruña).
Acontecementos
- Primeiras Xornadas do Ensino (Maceda, Ourense).
- Ramón Martínez López entra na Real Academia Galega co discurso: “Contribucións norteamericanas ao estudo da cultura medieval galega”.
- Lois Pereiro marcha de novo a Madrid.
- Ao falecer Valentín Fernández, director da revista “Galicia” do Centro Galego de Buenos Aires, ocupa o cargo Juan Manuel Pérez.
- Celébrase en Tarragona un coloquio internacional sobre bilingüismo no que intervén o Dr. García Sabell co tema “Lengua, cultura e bilingüismo”.
- Créase a Sociedade Galega de Historia Natural.
- Fuxan os Ventos edita o álbume “Fuxan os Ventos”.
- Amancio Prada: “Caravel de caraveles” (disco dedicado a Carmen Martín Gaite).
- Fúndase ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia), sendo o presidente Domingo Quiroga.
- Créase o “Partido Gallego Independiente”, presidido por José Luis Meilán Gil.
- O 12 de maio, o petroleiro Urquiola, con 10.000 Tm de petróleo, provoca unha marea negra á entrada da Coruña. No accidente morre o capitán. As consecuencias económicas para as rías da Coruña, Betanzos, Ares e Ferrol foron desastrosas. Comezan as obras da autoestrada do Atlántico.
- Deteñen en Galicia a 22 membros do GRAPO.
- Comezan as mobilizacións dos campesiños das Encrobas contra as expropiacións, apoiados polo seu crego Moncho Valcarce.
- O 17 de febreiro, Xosé Manuel Beiras dá unha conferencia en Benposta titulada “Pensando sobor de Galicia” denominación que agochaba as iniciais do Partido Socialista Galego, organización aínda clandestina.
- Estréase Camiñar a cegas de Ramón Blanco Rey (Editada no 1990 nos Cadernos da Escola Dramática Galega).
Premios
- Premio Abrente de Teatro: Laudamuco señor de ningures de Roberto Vidal Bolaño.
- Primeira edición dos Premios da Crítica de poesía e de narrativa galegas, concedidos pola “Asociación Española de Críticos Literarios” onde se valora o que se considera o mellor poemario e a mellor obra en prosa escrita en galego e publicada o ano anterior:
Premio da Crítica de poesía para Celso Emilio Ferreiro por Onde o mundo se chama Celanova.
Premio da Crítica de narrativa galega: Carlos Casares por Xoguetes pra un tempo prohibido.
- Pedrón de Ouro para Isaac Díaz Pardo.
- Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho: Cascabel, o cabaliño do circo de Ana María Fernández Martínez.
Epistolario
Eduardo Blanco Amor escribe a Neira Vilas (15 de febreiro): “(…) Agora respiro un pouco mellor. Soio por poder escribir un pouco o que me pete, no tarreo privado e no literario, sexan benvidos os cartos do premio Barrié de la Maza que, coa elegancia da súa espontaneidade, ampara a miña vellez trocando os kilovatios-hora dos nosos ríos, en horas de lecer para facer incruso versos, si me ven por eí o antoxo” (Neste ano a Fundación Barrié concédelle unha bolsa vitalicia de 250. 000 pesetas anuais).(Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia). |
O 11 de marzo Otero Pedrayo escribe a Abelardo Moralejo: “Mi querido y recordado amigo: Muchas gracias. En mi constante estado de tristeza desde la pérdida de mi pobre esposa sólo me animan y confortan las pruebas de recuerdo de los buenos amigos. De ellos Vdes. de los primeros y de los más presentes en mi espíritu, unidos a los pasados y hermosos años de docencia universitaria (…)”. |
En carta a Ramón Piñeiro, escribe Rodolfo Prada (24 de xaneiro):“…Merecementos do Partido Galeguista, como vostede ben sabe, son: - O ter sido os seus diputados (Castelao, Otero Pedrayo e Suárez Picallo) os que máis alta votación obtiveron; e os primeiros que no Parlamento ergueron as súas voces a prol dos dereitos esenciais de Galicia: Autonomía e fala. - O ter sido guieiro na campaña do Estatuto Galego e do Plebiscito… - A gloria dos seus mártires, como Alexandre Bóveda, Ánxel Casal, Víctor Casas e tantos outros… En resposta do 3 de febreiro, dille Ramón Piñeiro: “E esa foi a nosa longa e dura batalla política: preparar unha conciencia galeguista capaz de actuar con eficacia política no futuro. No pasado, o galeguismo era un partido entre tódolos que actuaban en Galicia; no futuro, será un imperativo de tódolos partidos galegos. A maioría de edade política de Galicia consiste mesmamente en que deixe de existir un partido galeguista para que sexan galeguistas tódolos partidos…”. O 12 de febreiro respóstalle Rodolfo Prada: “… non tendo vostedes aí outro plan que o de non pertencer a ningún partido nin grupo, nós aquí teriamos que nos cruzar de brazos e ollar os touros dende a barreira…”. |
O 6 de maio contesta Ramón Piñeiro:“… vívese unha pugna entre tres tendencias: a do inmobilismo franquista, con forza nos instrumentos de Poder; a do aperturismo monárquico, con forza nos medios conservadores do país e con apoio diplomático; a da oposición democrática, con apoio potencial na opinión e con apoio político exterior. En realidade, tal como están as cousas, o árbitro é o Exército e semella que escolle o camiño de apoio ao aperturismo monárquico…”(“Grial” nº 111). |
Con data de 26 de xullo, Lorenzo Varela escríbelle a Luís Seoane e á súa muller Maruxa: “Pero te va a dar mucha rabia, en cambio, un gran hallazgo mío: para acabar con el problema de la capitalidad galaica: hay una gran solución: París. Y todos contentos. Frente a París supongo que nadie se puede sentir minusválido, por muy coruñés o muy santiagués que sea. Ya sé que Seoane al principio estará en contra, pero cuando oiga hablar de San Xermán e de Nosa Señora, e das Leiras Elíseas, etc., se dará cuenta que un fantasma celta está recorriendo el mundo (…) y hasta hará un mural para poner a la entrada do Outeirodoparnaso. Si es posible tan espléndido como el que se ve a la entrada de la fábrica de El Castro. Fuera broma: espero poder algún día escribir, con la misma claridad que lo percibí, como una revelación, sobre la galleguidad de París”. |
Sumarios
GRIAL Nº 51 Xosé Martiño Montero Santalla: Unificación ortográfica galego-portuguesa.Francisco Ramil: Sobre o conto de animáis de Galicia.Carlos-Peregrín Otero: Vargas Llosa: Teoría y praxis.Mª Luz Casal Silva: O “Conto gallego” de Rosalía.Arcadio López-Casanova: As roitas da gamela.Michel Butor:Conversa arredor dunhas pinturas de Alessandro Magnasco (Trad. Salvador Lorenzana).B. N. Teensma: Hai festa en Chantada.Xesús González Gómez: Paul Eluard.Domingo García - Sabell: Páxinas do Xornal.Joseph M. Piel: Nótulas de Onomástica trovadoresca.Luís de Zulueta: El poeta de Galicia. Ante el centenario de Cabanillas.Álvaro Cunqueiro: Manuel Colmeiro.Francisco Fernández Rei: Consideracións encol de “El verbo gallego”, de Antonio Santamarina.Antonio Costa Gómez: O misticismo sensual.Carlos Durán: Devolución de poderes a Escocia e Gales.Xoana María Fernández Reiriz: A festa de San Xoán nalgúns autores galegos.Luís de Alba: O itinerario dos peregríns a Compostela.Paulo Ronai: Unha correspondencia singular (entre Guimarães Rosa e Edoardo Bizzarri). |
GRIAL Nº 52
HOMENAXE A OTERO PEDRAYO Salvador García-Bodaño: Pranto dende a fiestra da tua morte.Domingo García-Sabell: Don Ramón, tal e cómo foi.Salvador Lorenzana: A andadura espiritual dun escritor.Carlos Baliñas: Os estilos de don Ramón.Carlos Casares: Otero Pedrayo e o Cenáculo ourensán.Andrés Torres Queiruga: Otero Pedrayo: Unha chamada ao compromiso integral con Galicia. Escolma:Lembranzas do meu vivir.Poemas inéditos.Vintecatro cartas.Álvaro Cunqueiro: Zacharías Werner.Xulio Francisco Ogando Vázquez: Don Ramón, vencello de unidade.Xosé Devesa: Canto ao mestre morto.Luís Mariño: Joyce e don Ramón.X. A. Fernández Roca: Algunhas anotacións pra un estudo crítico de “Arredor de sí”. |
GRIAL Nº 53 Joan Coromines: Sobre a unificación ortográfica galego-portuguesa.Emilio González López: A monarquía suevo-galaica e a súa organización eclesiástica: parroquias e mosteiros.Salvador Lorenzana: Polos vieiros proustianos.Xosé Fariña Jamardo: O habitat galego.Castelao: Álbum de autocaricaturas e Unha evocación de Castelao: ¡Meu Pontevedra! .Xavier Alcalá: Evaristo o do cine.Xoán Ramón Vidal e Xavier Alcalá: O mouriscón.Xoán Xulio Alfaia: Poemas.Vicente Risco: O idioma galego na nosa vida e na nosa cultura.Fausto Dopico: Juan Francisco Castro: un ilustrado galego entre a reforma e a superación da sociedade feudal.Carlos Durán: Sobre a ortografía galega: unha iniciativa.Xan Verdini Deus: Análise temático do libro V de “Follas Novas”, de Rosalía de Castro.Manuel González González: Notas encol da publicación de “O léxico de O Grove”.Álvaro Labrada: Ossián en Wetzlar e Carlota en Weimar.Xoán X. Santamaría Conde: Algunhas reflexións encol da economía galega. Lembranza dunha semana cultural galega no Porto (do 30 de marzo ao 6 de abril de 1935). |
GRIAL Nº 54
Homenaxe a Cabanillas (no centenario do seu nacimento).Ramón Otero Pedrayo: Evocación de Ramón Cabanillas.Salvador Lorenzana: Home do seu país e poeta do seu tempo.Arcadio López-Casanova: Estructuras internas na poesía de CabanillasXerardo Muñoz Sánchez-Brunete: Os temas ossiánicos na poesía de Ramón Cabanillas.Mª Mercedes Fernández Dans: Os persoaxes de “O Cabaleiro do Santo Grial” e os das aventuras de Galaad na “Queste” francesa.Ramón Villares Paz. No cincuentenario da lei de redención de foros (1926-1976). Aproximación ao problema.Domingo García Sabell: Retrato de Saul Bellow.Ramón Cabanillas: .Notas inéditas e Tres cartas autobiográficas.Aquilino Iglesia Alvariño: Na coronación de Ramón Cabanillas.Fermín Bouza-Brey: O mensaxe de Ramón Cabanillas.Joseph M. Piel: Ausónio, Fr. Martín Sarmiento e o peixe “reo”.Luís Mariño: Unha ollada sobor do erotismo: Nota encol da significación do libro de García-Sabell.Álvaro Cunqueiro: Ramón Cabanillas de Cambados. |
Outras culturas
PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Saul Bellow
Nacen:
Morren:
- Clementina Arderiu (Barcelona; ibídem 1889).
PREMI VÍCTOR CATALÀ Antoni Mus por Vida i miracles de n’Aineta dels matalassos.
PREMI D’HONOR DE LES LLETRES CATALANES Pau Vila i Dinarés.
PREMI JOSEP PLA Carles Reig: Contraataquen.
Nace o diario “Avui”, primeiro en catalán despois da guerra civil. Agustí Bartra: Rapsòdie d‘Ahab.
Albert Manent: La literatura catalana a l’exili.
Damià Huguet: Carn de Vas (poesía).
Feliu Formosa i Torres: Cançoner (poesía).
Francesc Parcerisas: Dues suites (poesía).
Gabriel Janer Manila: El rei Gaspar.
Gaspar Jaén i Urban: Cadells de la fosca trencada (poesía).
Giuseppe Tavani: Foix, Pere Quart, Espriu: tres maneres de fer poesia.
Jaume Pont: Límit(s) (poesía).
Joan Brossa: Quiriquibú (teatre) e Maneres.
Joan Perucho: Monstruari fantàstic (Traducida ao galego por Xavier Rodríguez Baixeras no 1998 para Galaxia).
Joan Sales: Cartes a Màrius Torres.
Jordi Teixidor: Dispara, Flanagan (teatro).
Josep Maria Benet i Jornet: Revolta de bruixes (teatre).
Josep Maria Castellet: Literatura, ideología y política.
Josep Maria Llompart: Quinze poetes gallecs (Editorial Moll. Mallorca. Limiar de Basilio Losada). Leva esta significativa dedicatoria: "A la memòria del meu para, amb qui vaig estimar Galicia". O 30 de outubro escribe Basilio Losada a Ramón Piñeiro: “Realmente é increible o axuste perfeitísimo ao testo orixinal. O Llompart é un dos mellores poetas catalás de hoxe, conoce moi ben o galego, ten sensibilidade e traballou minuciosamente (…) Os dialectalismos de Llompart –mallorquín- acáenlle moi ben á versión. Trátase dunha escolma libre. Escolleu os poemas que a el máis lle gostan, sin pretender establecer características de escolas nin artellar xogos de influxos ou contrareacciós”.
Josep Palau i Fabre: Quaderns de l’alquimista (ensaio).
Luis Romero: El final de la guerra (castelán).
Lluís Urpinell: Exili forçós al Walhalla (Premi de Poesia Salvat Papasseit).
Manuel de Pedrolo: Procés de contradicció suficient (novela).
Maria-Mercè Marçal: Cau de llunes (poesía).
Miquel Martí Pol: El llarg viatge (poesía); Cinc esgrafiats a la mateixa paret (poesía) e Quadern de vacances.
Montserrat Roig: El temps de les cireres.
Narcís Comadira: Desdesig (poesía) e Les ciutats (poesía).
Pau Faner i Coll: El camp de les tulipes e Un regne per a mi.
Quim Monzó: L´udol del griso al caire de les clavegueres (narrativa).
Ramon Gomis: Llumí d’or (teatro).
Terenci Moix: La caiguda de l’imperi sodomita i altres històries herètiques.
Teresa Pàmies: Amor clandestí.
Víctor Sunyol: Histèria de morts (poesía).
Xavier Pericay: La terminal del goig.
Máis culturas:
Nacen:
- Phil LaMarche (New Hampshire).
Morren:.
- Francisco Urondo (Mendoza; 1930 Santa Fe).
- Haroldo Conti (Secuestrado e desaparecido na Argentina; 1925 Chacabuco).
- José Lezama Lima (1910 Cuba).
- José Revueltas (1914 México).
- Agatha Christie (Wallingford; 1890 Torquay).
- André Malraux (Créteil; 1901 París).
- Mao Zedong (1893).
- Patrick Dennis (Edward Everett Tanner) (New York; 1921 Illinois).
- Raymond Queneau (París; 1903 Le Habre).
Bernardo Atxaga: Ziutateaz(Da cidade).
Alejo Carpentier: El recurso del método.
Amanda Berenguer: Composición de lugar.
Arturo Fontaine: Nueva York (poesía).
Arturo Uslar Pietri: Oficio de difuntos.
Borges: La moneda de hierro.
Cabrera Infante: Ejercicios de esti(l)o.
Cristina Peri Rossi: Diáspora.
Ernesto Cardenal: La santidad de la revolución.
Jorge Díaz: Mata a tu prójimo como a ti mismo (teatro).
Jorge Enrique Adoum: Entre Marx y una mujer desnuda.
José Emilio Pacheco: Islas a la deriva (lírica).
Juan José Arreola: Inventario.
Marco Antonio Flores “El Bolo”: Los compañeros.
María Rosa Lida (1910-1962): El cuento popular y otros ensayos.
Alain Robbe-Grillet: Topologie d’une cité fantôme.
André Malraux: La corde et les souris.
Bob Holman: Bicentennial Suicide: a novel to be performed.
Cormac McCarthy: The Gardener’s Son.
Danilo Kis: Unha tumba para Boris Davídovich.(Traducido do serbio por Jairo Dorado Cadilla para Rinoceronte).
Derek Walcott: Uvas do mar.
Jean Giraud “Moebius” comeza a publicar Le garage hermétique.
Julien Gracq: Les eaux étroites.
Ken Follet: The Modigliani Scandal.
Lars Gustafsson: Sexismundo.
Martin Walser: Máis alá do amor (narrativa).
Raymond Carver: Will you please be quiet, please?.
Richard Ford: A Piece of May Heart.
Richard Price: Bloodbrothers.
Ryszard Kapuscinski: Un día máis con vida.
Tom Sharpe: Wilt.
William Trevor: The children of Dynmouth.
Tamén sucedeu...
- CINE:
- Eric Rohmer: A marquesa de O.- Bertolucci: Novecento.
- José Afonso grava o disco “Com as minhas tamanquinhas”.
- Comezan a publicarse os diarios “El País” e “Avui”.
- O 26 de febreiro España abandona o Sahara. A Fronte Polisaria proclama a República Árabe Saharaui Democrática.
- Nove membros da UMD condenados a diversas penas e expulsados do corpo, acusados de sedición (9 de marzo).
- Adolfo Suárez nomeado presidente do goberno trala dimisión de Arias Navarro (3 de xullo).
- O 4 de agosto o Goberno decreta unha amnistía política.
- Fúndase Alianza Popular, elixindo a Manuel Fraga como presidente.
- O presidente de goberno Adolfo Suárez, somete a referendo a Lei de Reforma Política que sae aprobada (15 de decembro).
- Folga xeral en Vitoria con tres mortos.
- Enfrontamentos en Montejurra entre as dúas ramas do carlismo.
- Os militares arxentinos implantan unha feroz ditadura tras derrocar Jorge Videla a Isabel Perón.
- Comezan en Sudáfrica as loitas contra o “apartheid”.
- Trunfo socialista de Mario Soares en Portugal.
- Un escape de gas tóxico envenena a localidade italiana de Seveso.
- O Viking II entra en órbita ao redor de Marte.
- Primeiro voo do Concorde.
- A sonda soviética Lua 24 pousa na superficie lunar.
- Morren:
- Mao Zedong.
- O director de cine Luchino Visconti (Roma; 1906 Milán).
- Man Ray (pintor e fotógrafo. París; 1890 Filadelfia).
- O escultor Alexander Calder (New York; 1898 Filadelfia).
- O fotógrafo Paul Strand (Orgeval, Francia; 1890 New York).