Diferenzas entre revisións de «Portada»

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Liña 25: Liña 25:
  
 
Xulio Simón
 
Xulio Simón
 +
 
Combarro 2020   
 
Combarro 2020   
  

Revisión como estaba o 23 de agosto de 2020 ás 18:42

Un proxecto de Xulio Simón ao que podes colaborar coas túas achegas.
venres, 15 de novembro de 2024
[Versión para móbiles]


O proxecto


Xulio Simón
Esta porta que estás a abrir é a dunha cronoloxía da literatura galega xunto coa portuguesa, catalá, española e a universal. Foron moitas horas e moitos anos os que lle dediquei a este traballo, que non foi feito con idea de publicar, só por interese persoal. O empeño dalgúns amigos que o coñecían levoume a facelo público. Ofrecinllo de balde a diferentes organismos e asociacións. Algúns non puxeron interese, outros quedaron en chamarme e outros nin sequera me recibiron. Por iso inmenso agradecemento a Basilio Losada polas súas fermosas verbas, e a Helena Losada, ambos os dous profesores meus en Barcelona. Nos meus anos na Cidade Condal, Basilio era a xanela dos galegos dende a que se podía albiscar a Nosa Terra. A miña gratitude tamén a Mª Xesús Lama.

O nome, que comezou sendo unha brincadeira dos amigos, rematou por ficar así.

Na súa elaboración, son moitas as dúbidas que xorden segundo as fontes consultadas. Algunhas resolvinas, outras seguro que non e algúns erros tamén cometería. Hai que ter en conta ademais que cando comecei co traballo non existía internet e non había a capacidade de consulta que agora hai. Todo era a base de libros. Porén, agardo que sexa de utilidade para quen o necesite. A placa está botada, calquera pode seguir poñendo chanzos, velaí o formato wiki comunal que se nutre coas vosas achegas. Agardo que polo menos axude a reforzar o coñecemento e intercambio de ideas e influencias entre os distintos pobos e culturas que configuran a Península Ibérica. E se este diálogo se proxecta máis alá dos Pireneos e do Atlántico moito mellor.

O traballo ficaría nunha gabeta se non fose polo afán, traballo e colaboración dalgúns amigos como Luís Losada e Javier Prado, que correron co traballo informático. Teño que lembrar tamén a Suso Otero e a Fran Pérez “Narf”, que de non marcharen tan cedo participarían tamén dalgún xeito na elaboración do traballo.

Aquí conto de que vai e como comezou todo

Xulio Simón

Combarro 2020


Basilio Losada


Basilio e Xulio
Teño xa 90 anos e xa non teño máis memoria dos 90 anos que unha sensación de que estou perdendo a memoria. Por iso considero moi importante o traballo de construír arquivos de memoria. Un traballo intelectual como o que temos nas mans penso para min que é memorable, porque ven cubrir os espazos baleiros da miña memoria de vello. Tamén é algo que alguén tiña que facer, e agora témolo nas mans.

Aos 90 anos ver esa inmensa cantidade de datos en relación uns cos outros, como un tecido formado por tantas vidas dedicadas ao estudo e á creación, é unha marabilla para os que vimos perdendo a memoria. Xulio Simón fixo un traballo que cubre moitos dos anos da miña vida que eu perdera neste longo camiño. Nestas follas lembrei nomes de amigos perdidos, cáseque todos; para min é reconstruír datos, xeitos, memorias. Interésame especialmente o que recolleu neste traballo memorable e por tal dedicado á memoria. A miña gratitude. Un aspecto fundamental deste traballo: a relación entre a cultura catalá e a cultura galega, tan necesaria sempre, tan necesitada de un entendemento común e dun traballo e un esforzo tamén común. Repaso nomes que contribuíron á miña formación e tamén aspectos e campos polos que eu fixen o que puiden. Que non cheguemos a sentir a literatura catalá ou vasca ou de Castela e o resto das Españas como algo alleo a nós, que poidamos así, sobre a lembranza, restaurar o que a memoria xa non salvaba dun esforzo común. Resumindo, a miña inmensa gratitude para quen puxo tantos anos de esforzo, tanta paciencia e ansias de coñecemento neste proxecto que se ofrece como un servizo para soster a memoria da comunidade e tamén para abrir portas á curiosidade cara outras culturas que nos acompañan e nos enriquecen.

Basilio Losada

Barcelona, 20 de novembro de 2019