Diferenzas entre revisións de «1930»
(→Nacementos/Pasamentos) |
|||
Liña 64: | Liña 64: | ||
||'''Literatura''' | ||'''Literatura''' | ||
|- | |- | ||
− | || | + | ||Ángel Amor Ruibal (Santiago; 1869 San Breixo de Barros, Caldas de Reis). |
− | |||
|- | |- | ||
− | || | + | ||Eugenio Charlón Arias (Ferrol; ibídem 1889). |
− | |||
|- | |- | ||
− | || | + | ||Manuel Antonio Pérez Sánchez (Asados, Rianxo; 1900 Rianxo).No nº 270 de “A Nosa Terra” escribe Roberto Blanco Torres o poema “A Manuel Antonio”:Levárono unha mañán â cova¿Porqué señor, ti consentiches eso?Blasfemaban as augas abisales como furias.Natura estaba muda, irta i-enloitadaA friage do seu corpocinguiu de friage a nosa alma. |
|- | |- | ||
− | || | + | ||Xosé Iglesias Roura (Mera; 1880 Portosín. Nun artigo necrolóxico escribe Eladio Rodríguez González: “Poeta de corazón y de fibra, y gran conocedor de nuestro idioma, que para èl no tenía secretos ni ofrecía dificultades, comenzó por traducir al gallego los más famosos poemas de los principales autores alemanes, italianos, franceses y catalanes y estas traducciones, gustadas solamente por un reducidísimo círculo de amigos a quienes tímidamente las leía, fueron publicadas contra su voluntad en algunas revistas, merced a lo cual pudieron ser admiradas y elogiadas de todos, ya que ninguna desmerecía del original, y aún a veces lo superaban, al ser vertidas al gallego con una pureza de dicción y con un dominio de nuestro léxico, que no suelen poseer todos los que escriben en la lengua nativa”. |
− | |||
|- | |- | ||
− | || | + | ||Xosé María Lesta Meis (Santa María de Oza; ibídem 1887). |
− | |||
|- | |- | ||
|| | || | ||
Liña 226: | Liña 222: | ||
# Lousada Diéguez: A sinificación profunda do galeguismo. | # Lousada Diéguez: A sinificación profunda do galeguismo. | ||
Mário Cardozo: Jóias arcaicas encontradas em Portugal.Xosé Filgueira Valverde: Duas notas: a Biblioteca Lago. Kingsley Porter.Os homes, os feitos, as verbas: “Unamuno e as linguas peninsulares”: “El Pueblo Gallego reproduciu, non sabemos con que fin, unha conversa que un jornalista portugués sostivo con Don Miguel de Unamuno, na qual o apaixoado filósofo, fidel n-isto ao seu pensamento imperialista e absorvente de castelán d’adopción, decrárase nemigo das lingoas regionás. E aínda do propio portugués…” | Mário Cardozo: Jóias arcaicas encontradas em Portugal.Xosé Filgueira Valverde: Duas notas: a Biblioteca Lago. Kingsley Porter.Os homes, os feitos, as verbas: “Unamuno e as linguas peninsulares”: “El Pueblo Gallego reproduciu, non sabemos con que fin, unha conversa que un jornalista portugués sostivo con Don Miguel de Unamuno, na qual o apaixoado filósofo, fidel n-isto ao seu pensamento imperialista e absorvente de castelán d’adopción, decrárase nemigo das lingoas regionás. E aínda do propio portugués…” | ||
− | |||
Liña 242: | Liña 237: | ||
# Paz Andrade: A nosa definición autonomista (discurso). | # Paz Andrade: A nosa definición autonomista (discurso). | ||
Tenente Afonso do Paço: Pesos de rêde e chumbeiras (ilustraciós).A perda d’un veterano do galeguismo, Euxenio Charlón = bondade e enxebreza.Os homes, os feitos, as verbas: “Ao final xa está legalmente constituída a “Asociación de Escritores Gallegos” qu’era unha das orgaizaciós mais percisas na nosa terra. Elementos sinaladísimos da nosa inteleitualidade xuntáronse en Ourense, nomeando a seguinte directiva:Presidente: Ramón Otero Pedrayo.1º Vice: Antón Vilar Ponte.2º Vice: Alfonso R. Castelao..3º Vice: Antón Noriega Varela.Segredario Xeral: Álvaro de las Casas.Vice: C. Fernández Mazas.Tesoureiro: Vicente RiscoContador: Roberto Blanco Torres.Bibriotecario: Xacinto SantiagoVocaes: Valentín Paz Andrade, Rafael Dieste, Xesús Bal e Gai, P. Rodríguez Sanxurxo, Florentino López Cuevillas e F. Fernández Armesto. | Tenente Afonso do Paço: Pesos de rêde e chumbeiras (ilustraciós).A perda d’un veterano do galeguismo, Euxenio Charlón = bondade e enxebreza.Os homes, os feitos, as verbas: “Ao final xa está legalmente constituída a “Asociación de Escritores Gallegos” qu’era unha das orgaizaciós mais percisas na nosa terra. Elementos sinaladísimos da nosa inteleitualidade xuntáronse en Ourense, nomeando a seguinte directiva:Presidente: Ramón Otero Pedrayo.1º Vice: Antón Vilar Ponte.2º Vice: Alfonso R. Castelao..3º Vice: Antón Noriega Varela.Segredario Xeral: Álvaro de las Casas.Vice: C. Fernández Mazas.Tesoureiro: Vicente RiscoContador: Roberto Blanco Torres.Bibriotecario: Xacinto SantiagoVocaes: Valentín Paz Andrade, Rafael Dieste, Xesús Bal e Gai, P. Rodríguez Sanxurxo, Florentino López Cuevillas e F. Fernández Armesto. | ||
− | |||
Liña 262: | Liña 256: | ||
− | |||
− | |||
− | |||
− | |||
− | |||
− | |||
− | |||
− | |||
− | |||
===Relativas a Galicia=== | ===Relativas a Galicia=== | ||
− | |||
==Acontecementos== | ==Acontecementos== | ||
==Premios== | ==Premios== |
Revisión como estaba o 5 de xaneiro de 2020 ás 20:30
Índice
Cultura galega
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos |
---|
Literatura |
Ángel Amor Ruibal (Santiago; 1869 San Breixo de Barros, Caldas de Reis). |
Eugenio Charlón Arias (Ferrol; ibídem 1889). |
Manuel Antonio Pérez Sánchez (Asados, Rianxo; 1900 Rianxo).No nº 270 de “A Nosa Terra” escribe Roberto Blanco Torres o poema “A Manuel Antonio”:Levárono unha mañán â cova¿Porqué señor, ti consentiches eso?Blasfemaban as augas abisales como furias.Natura estaba muda, irta i-enloitadaA friage do seu corpocinguiu de friage a nosa alma. |
Xosé Iglesias Roura (Mera; 1880 Portosín. Nun artigo necrolóxico escribe Eladio Rodríguez González: “Poeta de corazón y de fibra, y gran conocedor de nuestro idioma, que para èl no tenía secretos ni ofrecía dificultades, comenzó por traducir al gallego los más famosos poemas de los principales autores alemanes, italianos, franceses y catalanes y estas traducciones, gustadas solamente por un reducidísimo círculo de amigos a quienes tímidamente las leía, fueron publicadas contra su voluntad en algunas revistas, merced a lo cual pudieron ser admiradas y elogiadas de todos, ya que ninguna desmerecía del original, y aún a veces lo superaban, al ser vertidas al gallego con una pureza de dicción y con un dominio de nuestro léxico, que no suelen poseer todos los que escriben en la lengua nativa”. |
Xosé María Lesta Meis (Santa María de Oza; ibídem 1887). |
Outros |
Publicacións
Galegas
“Nós” edita as églogas de Virxilio, en galego, traducidas por Avelino Gómez Ledo.
Álvaro Cunqueiro: o 5 de outubro publica “Ben quixera”, primeira colaboración na revista “Vallibria” de Mondoñedo.
Álvaro de las Casas: Tres conversas (“O tolo de Lastra”, “Dente de ouro” e “A gavilla”); O outro (A Coruña); Pancho de Rábade (Ourense) e Via Crucis en VI estaciós.
Amador Iglesias Soto: Cantaruxando.
Antón Lousada Diéguez: “Encol da prosa galega” (“Nós” núm. 73): “A fala galega ten dereito como todal-as língoas a facer colleita n-o lenguaxe técnico fillo o mais d’el das língoas crásicas adoando as parolas ô seu mesmo xeito. Ningunha fala se chama probe por facer tal achego”.
Antón Zapata García: Eduardo Pondal. Alma, sentimento e libertá da terra galega (Buenos Aires. Texto da conferencia no Orfeón Español).
Antón Villar Ponte: “O que temos que pedir no Día de Galicia e no Día da Universidade”, no nº 275 de “A Nosa Terra”.
Antón Zapata García: “A gaita”, poema no nº 277 de “A Nosa Terra”.
Ánxel Fole comeza o poemario Santo Oficio (inédito en libro).
Aquilino Iglesia Alvariño: Señardá (cincuenta sonetos. O seu primeiro libro de versos). O limiar é unha carta de Julio de Lemos, secretario do Instituto Histórico do Minho.
Avelino Rodríguez Elías: Obras teatrales galegas (Vigo).No nº 278 de “A Nosa Terra” publica o poema “O noso elemento”.
Blanco Amor asina un manifesto nacionalista con Suárez Picallo, Alonso Ríos e outros.
Camilo Díaz Baliño: “Pra vós”, poema no nº 274 de “A Nosa Terra”:Prendinlle na cabeza do meu fillo, unha estreliñaforxada na Irmandáe quero ver brilar á lúa d’esa estreliñahastra chegar cegar.No 276 “¡Gallego!”.“Sígueme irmán,â miña veiraheiche insiñar loitar”.
Castelao: As cruces de pedra na Bretaña (Seminario de Estudos Galegos. Santiago. Imprenta Antúnez) e Cousas da vida (63 debuxos. Almanaque do Faro de Vigo para 1931). Castelao recupera vista e publica caricaturas no “Faro de Vigo”.
Cristóbal Bermúdez Peña colabora en “A Nosa Terra”.
Eugenio Montes Domínguez: Tres contos (Buenos Aires) e Versos a tres cas o neto (A Coruña. Prólogo de Rof Carballo). Deste libro figura en “A Nosa Terra” nº 278 o poema “Brétema”.
Francisco María de la Iglesia (1827-1897): D‘o mar e d‘a terra (Escolma elaborada por Gumersindo Placer. Madrid).
Froitoso Touza Sergude: colabora en “A Nosa Terra”.
Gonzalo López Abente: “Esponsás” no nº 275 de “A Nosa Terra”.
Johán Vicente Viqueira (1886-1924): Ensayos y poesías.
José Canedo: A lingüística e o nazonalismo (nº 84 da revista Nós).
José María Pereda Álvarez: Aos contos (Lugo).
Leiras Pulpeiro: Obras completas. Poesías (recompilación de Antón Villar Ponte. Edit. Nós).
Luís Bouza Brey: colabora en “A Nosa Terra”.
Luis Madriñán Neira: Arelas irtas.
Luís Pimentel colabora en verso no semanario republicano lucense “Guión”.
Manuel Bergueiro: Ollo cos estudantes (estreada en 1932 polos estudantes da Normal de Ourense).
Manuel Casado Nieto: Amor e eleuciós (sainete en verso).
Manuel Gulín: “A estadea vingadora”, no nº 268 de “A Nosa Terra”. No 269 “Crudelidade”. No 270 “Diant’a natureza”. No 271 “Un plan de inseñanza”. No 274 “O noso presente”.
Manuel García Barros: Falemos na nosa fala.
Odón Fernández Rego: Falas gaias ó meu son (poemas; Buenos Aires).
Rafael Dieste: Viaje y fin de don Frontán (Editorial Niké. Traducida ao galego no 1982 por Helena Villar Janeiro e Xesús Rábade Paredes).
Ramón Otero Pedrayo: Arredor de si (A Coruña. Recensión en “Grial” nº 31, páx. 115 e “Grial” nº 52, páx. 260) e Vidas non paralelas.Colabora en “A Nosa Terra” na sección “Esquemas e lembranzas”:No nº 268 de “A Nosa Terra”: “Enxebrismo ó rivés”.No 269: “O celta sin nome”.No 270: “O fracaso da toga” e “O mapa da Galiza”.No nº 274: “O día da Galiza”.No 277 “O perdón”.
Ramón Villar Ponte: “O que nunca morre”, no nº 274 de “A Nosa Terra”.
Roberto Blanco Torres: De esto y de lo otro (crónicas periodísticas).
Salvador Cabeza de León: Notas dun preito antre os veciños de varias freiguesías na xurisdicción de Noia e o Arcebispo de Sant-Yago sobre o aproveitamento dunha balea botada polo mar en 1577.No nº 274 de “A Nosa Terra”: “Política do Seminario de Estudos Galegos”.
Vicente Risco: El problema político de Galicia (Compañía Ibero-Americana. Madrid). Viaxa a Alemaña para seguir un curso de Etnografía na Universidade de Berlín. Segundo Carlos Casares “Os catro meses que o escritor galego pase en Centroeuropa serán decisivos de cara á evolución do seu pensamento, que a partir de entón se irá correndo cara a posicións abertamente conservadoras e que desembocará no compromiso moral cos sublevados en xullo de 1936”. (Para ler a Vicente Risco. Carlos Casares. Galaxia 1997).No nº 268 de “A Nosa Terra”: Bon ani-novo, irmaus!: “Sempre, pro mais que nunca, agora: sempre, pro mais que nunca n-iste día e n-esta hora, compre que nós, os patriotas galegos, nos adiquemos a unha propaganda constante das nosas ideias”.No nº 269 de “A Nosa Terra” (1 de febreiro), escribe: “A Ditadura finou, e veu un novo goberno que semella ir cara o restabelecimento das liberdades púbricas. Sen aderírmonos a íl, nen aprobalo d’adiantado, -nós non podemos acatar de curazón ningún goberno que non recoñeza d’algún xeito a persoalidade de Galiza-…”.No 270: “O choc-en-retour”. “É consolante de certo esta fame e sede de liberdade e democracia que pode indicar fame e sede de justiza- e iste noxo contra dos poderes persoales e extralegales”.
Víctor Casas: colabora en “A Nosa Terra” no apartado “Faíscas” e “Do momento”.
Xesús Conde González: Unha lenda de San Amaro.
Xosé Francisco Lesta Meis: Abellas de ouro (13 retratos, con ilustracións de Álvaro Cebreiro). “O Melro”, no nº 274 de “A Nosa Terra”.
Xosé Manuel Cabada Vázquez: “Primaveira”, poema no nº 276 de “A Nosa Terra”.
Xosé María Chao Ledo (1844-1894): Poesías en gallego y castellano de don José María Chao Ledo, recopiladas y editadas por el Centro Villalbés de Buenos Aires (oito composicións en galego e biografía do autor tamén en galego feita por Eduardo Lence-Santar).
Xosé Ramón Fernández Oxea e Xosé Fernando Filgueira Valverde: O baldaquino en Galicia denantes do arte barroco.
Nós. Boletín Mensual da Cultura Galega. Nº 73 (xaneiro):
- Blanco Amor: Noite.
- Lousada Diéguez: Encol da prosa galega.
Castelao: Dúas lendas.Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: Folk-lore da aldeia de Caneda, concello de Monforte de Lemos (por Xesús Rodríguez).Os homes, os feitos e as verbas.
Nº 74 (febreiro).George Chenneviere: Pamir (trad. de R. O. P.).Vience Risco: O señor feudal (debuxo de Xorxe Lorenzo).Catálogo das casstros galegos (pubricado pol-a seizón de Prehistoria do “Seminario d’Estudos Galegos de Sant-Yago).Os homes, os feitos, as verbas.
Nº 75 (marzo).
- Lousada Diéguez: A sinificación profunda do galeguismo.
Mário Cardozo: Jóias arcaicas encontradas em Portugal.Xosé Filgueira Valverde: Duas notas: a Biblioteca Lago. Kingsley Porter.Os homes, os feitos, as verbas: “Unamuno e as linguas peninsulares”: “El Pueblo Gallego reproduciu, non sabemos con que fin, unha conversa que un jornalista portugués sostivo con Don Miguel de Unamuno, na qual o apaixoado filósofo, fidel n-isto ao seu pensamento imperialista e absorvente de castelán d’adopción, decrárase nemigo das lingoas regionás. E aínda do propio portugués…”
Nº 76 (abril).Ricardo Carballo: Cançón das lavandeiras.Ramón Otero Pedrayo: Vidas non paralelas (proseguimento).Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: “Folk-lore da aldeia de Caneda, Concello de Monforte de Lemos”.Os homes, os feitos, as verbas
Nº 77 (maio).Correa Calderón: Peisaje.Antonio Fraguas Fraguas: O entroido nas terras do Sul de Cotobade.Ramón Otero Pedrayo: Vidas non paralelas (proseguimento)Arquivo Filolóxico e Etnográfico de Galiza: “Folklore da Freguesía de San Miguel de Paradela (Lugo)”.Os homes, os feitos, as verbas.
Nº 78 (xuño).Amador Villar Amor: As chancas de Rosa.Tenente Afonso do Paço: Pesos de rêde e chumbeiras.Ramón Otero Pedrayo: Vidas non paralelas (proseguimento).Os homes, os feitos, as verbas.
Nº 79 (Día de Galicia).Bouza-Brey: Trova das sete naos.Castelao: Sant’Iago na Bretaña.Fernández Mazas: Gorigori do tempo.Álvaro de las Casas: Pancho de Rábade.Ramón Otero Pedrayo: As águias do Imperio i-a Barca Apostólica.Xosé Filgueira Valverde: A Duquesa de Chevreuse en Santiago.Roberto Blanco Torres: Meus cabalos.
- Bouza Brey: Materiaes de Prehistoria Galega. Os machados de talón de Noalla.
Vicente Risco: Da Alemaña I A Viaxe.Os homes, os feitos, as verbas.
Nº 80 (agosto).O Día da GalizaRamón Otero Pedrayo: A siñificación espiritoal do Día da Galiza (discurso).Alfonso R. Castelao: O Galeguismo no arte (discurso).
- Paz Andrade: A nosa definición autonomista (discurso).
Tenente Afonso do Paço: Pesos de rêde e chumbeiras (ilustraciós).A perda d’un veterano do galeguismo, Euxenio Charlón = bondade e enxebreza.Os homes, os feitos, as verbas: “Ao final xa está legalmente constituída a “Asociación de Escritores Gallegos” qu’era unha das orgaizaciós mais percisas na nosa terra. Elementos sinaladísimos da nosa inteleitualidade xuntáronse en Ourense, nomeando a seguinte directiva:Presidente: Ramón Otero Pedrayo.1º Vice: Antón Vilar Ponte.2º Vice: Alfonso R. Castelao..3º Vice: Antón Noriega Varela.Segredario Xeral: Álvaro de las Casas.Vice: C. Fernández Mazas.Tesoureiro: Vicente RiscoContador: Roberto Blanco Torres.Bibriotecario: Xacinto SantiagoVocaes: Valentín Paz Andrade, Rafael Dieste, Xesús Bal e Gai, P. Rodríguez Sanxurxo, Florentino López Cuevillas e F. Fernández Armesto.
Nº 81 (setembro).Ramón Cabanillas: Poesía.Armando Cotarelo Valledor: A mocedade do P. Feixóo (1676-1709).Arturo Noguerol Buján: Notas políticas.Ramón Otero Pedrayo: Notas encol do sentimento da paisaxe n’ antiga epopeya irlandesa.Vicente Risco: Da Alemaña.Álvaro de las Casas: Roteiros lírecos, Ribadavia.Os homes, os feitos, as verbas.
Nº 82 (outubro).Bouza-Brey: Temas en corazón.Armando Cotarelo Valledor: Cancioeiro da agulla.Filgueira Valverde: Parábola dos catro mestres canteiros.Álvaro de las Casas: Roteiros lírecos. Allariz.Vicente Risco: Da Alemaña.Os homes, os feitos, as verbas
Nº 83 (novembro)Manuel Bouzo: As cancelas do mar (poesía).Manuel Fernández Castas: Notas en col do asturiense na bisbarra d’A Guardia.
- Canedo. Libredón e a súa historia.
Vicente Risco: Da Alemaña.Os homes, os feitos, as verbas: Castelao na Bretaña
Nº 84 (decembro).Noriega Varela: Sonetos (trad. de Guido Battelli).
- Gómez Ledo: Virxilio en galego.
- Canedo. A lingüística e o nazonalismo.
Phileas Lebesgue: O camiño de Sant’Iago.Armando Cotarelo Valledor: Cancioeiro da agulla.Os homes, os feitos, as verbas.