Diferenzas entre revisións de «1969»
(→Acontecementos) |
(→File:Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario) |
||
Liña 411: | Liña 411: | ||
|| | || | ||
Tamén en 1969 lle escribe Carlos Martínez Alonso, acompañando a resposta á enquisa que lle envía Xesús Alonso Montero: "Leín a súa obra ''Realismo y conciencia crítica en la literatura gallega'', é un libro moi bon, penso que é nesta liña onde, en compromiso i-enteiramente vencellada ó pobo, a cultura galega atopará o seu canle maior e máis perfecto de espresión".(Xesús Alonso Montero: Dicionario da nova literatura galega. (86 voces responden un inquérito, 1969). 2021 Xerais. | Tamén en 1969 lle escribe Carlos Martínez Alonso, acompañando a resposta á enquisa que lle envía Xesús Alonso Montero: "Leín a súa obra ''Realismo y conciencia crítica en la literatura gallega'', é un libro moi bon, penso que é nesta liña onde, en compromiso i-enteiramente vencellada ó pobo, a cultura galega atopará o seu canle maior e máis perfecto de espresión".(Xesús Alonso Montero: Dicionario da nova literatura galega. (86 voces responden un inquérito, 1969). 2021 Xerais. | ||
+ | |} | ||
+ | |||
+ | {| class="wikitable" | ||
+ | |- | ||
+ | || | ||
+ | Dende Coimbra, 17 de xaneiro de 1969 Ricard Salvat escribe a Luís Seoane: | ||
+ | Amigo Seoane: | ||
+ | De nuevo, muchas gracias por su cariñosa acogida y por los libros. Retratos desguello es un libro extraordinario porque además de contener unos dibujos espléndidos, en todos ellos y bajo todos ellos hay una personal visión del mundo y de cierta condición humana. El prólogo de Díaz Pardo es muy oportuno e inteligente. Ya les tendré al corriente de la marcha de nuestro trabajo y de nuestro proyecto, que tanto nos ilusiona. | ||
+ | Si pudiéramos, iríamos mi mujer y yo de La Coruña para empezar a trabajar. Cuente con mi incondicional amistad. | ||
|} | |} | ||
Revisión como estaba o 1 de outubro de 2023 ás 21:36
Índice
Cultura galega
Día das Letras Galegas
Nacementos/Pasamentos
Pasamentos |
---|
Literatura |
Ramón Rey Baltar (Gerli, Argentina; 1882 Padrón).“O doutor Ramón Rey Baltar naceu en Padrón e morre ós oitenta anos nesta Galiza Ideal na que ele tanto loitou afervoadamete coa verba e a sua pruma postas ó servizo da liberdade da patria galega” (“A Nosa Terra” nº 512). |
Outros |
A actriz Margarita Xirgú (Montevideo; 1888 Molíns de Rei). |
O arqueólogo portugués Afonso do Paço, colaborador da revista “Nós”. |
Paulino Pedret Casado (Santiago; ibídem 1899). |
Virxinia Pereira Renda, viúva de Castelao (Madrid; 1884 A Estrada). |
Antonio do Campo y de la Fuente (La Habana; 1892 Ourense). Participou en moitas actividades culturais en Cuba. |
Publicacións
Galegas
- Álvaro Cunqueiro : Un hombre que se parecía a Orestes (Premio Nadal 1968. Ediciones Destino. Barcelona. “Grial” nº 24, páx. 247); La cocina cristiana de occidente; El envés (recompilación de artigos xornalísticos publicados en “Faro de Vigo”) e a guía Pontevedra. Rías Bajas.
No “Faro de Vigo” (5 de outubro) xunto cunha pequena nota sobre os escritores J. V. Foix (1893-1897) e Salvador Espriu (1913-1985) aparecen traducidos do catalán ao galego os poemas “Ramón o Tolo” e “Xoan o Benino” de J. V. Foix e “Si a cinza” de Salvador Espriu co pseudónimo de M. Mª Seoane. O 19 de outubro tamén aparecerá no “Faro de Vigo” traducido do catalán por Álvaro Cunqueiro un poema do libro de Marta Pessarrodona: Setembre 30 co título de “Plegaria para non se non sentirse amada” baixo o pseudónimo de Manuel María Seoane.
O 16 de novembro aparece no “Faro de Vigo” baixo o pseudónimo de M. Mª Seoane. un poema do libro de Joan Teixidor El princep traducido ao galego por Álvaro Cunqueiro co título de “Venecia e Ampurias”.
- Álvaro Paradela Criado : Sabencias (Cuadernos de Amaro Orzán) (Galaxia. “Grial” nº 28, páx. 248).
- Avelino Cachafeiro Bugallo : Voando coas aas da vida (prólogo de Otero Pedrayo).
- Bernardino Graña : O león e o paxaro rebelde (Premio “O Facho”).
- Bieito Cupeiro : colabora en “A Nosa Terra”.
- Carballo Calero : Auto do prisioneiro (teatro).
- Carlos Casares : Cambio en tres (Galaxia).
- Celso Emilio Ferreiro : Terra de ningures (Edic. Xistral. Colec. Val de Lemos. Monforte de Lemos).
- Domingo Antonio Quiroga Ríos : Algunhas reflexións encol da economía pesqueira galega.
- Dora Vázquez : Un poema cada mes (Ourense).
- Emilio González López : “Blasón da lingoa galega” (“A Nosa Terra” nº 511).
- Emilio Ramón de Gregorio : Historias do 30 de febreiro.
- Florentino López Cuevillas (1886-1958): Cosas de Orense (Artigos publicados en “La Región” de Ourense. Prólogo de Otero Pedrayo. Edita o Concello de Ourense. “Grial” nº 26, páx. 510).
- Giuseppe Tavani : Poesía del Duecento nella Penisola Ibérica. Problemi della lirica galego-portoghese (Edizioni dell‘ Ateneo, Roma. “Grial” nº 25, páx.376).
- Javier Montero Mejuto : Yllas no vento.
- Joseph-Maria Piel : "A propósito de um centenario: o onomástico de Fr. Martín Sarmiento (1768)" (Separata da “Revista portuguesa de filología. Vol. XV”. Coimbra. “Grial” nº 24, páx. 254).
- Leandro Carré : As lendas tradizonaes galegas (Museo de Etnografía e História de Porto).
- Lourenzo Fragoso : colabora en “A Nosa Terra” na sección “Revoldaina”.
- Luís Seoane : Castelao artista (Edit. Alborada; Buenos Aires. “Grial” nº 28, páx. 243).
- Luís Veiga do Campo (Pseud. de Ramón Piñeiro): Xohán Vicente Viqueira. Vida, persoalidade, pensamento (Buenos Aires).
- Manuel Casado Nieto : Canta de lonxe o corazón do tempo (poemas. Galaxia) e Contos que non son contos (Castrelos).
- Manuel Lourenzo : As tres irmás parvas (estreada polo Teatro Circo).
- Manuel Lueiro Rey participa no libro colectivo Poemas al Che, onde se reúnen poetas das catro linguas peninsulares (La Habana).
- Manuel María : Versos pra un país de minifundios (Edicións Nós de Buenos Aires) e Versos pra cantar en feiras e romaxes (Montevideo. Patronato da Cultura Galega. Ilustrado por Luís Seoane). No nº 511 de “A Nosa Terra” (maio - xuño) infórmase: “Nun aito de eistraordinario releu foi presentado o Libro de Manuel María Versos pra un País de Minifundios. Nese acto, que tivo lugar o 25 de marzo, falaron Manuel Puente e Víctor L. Molinari.
Aparece na editorial Adonais de Madrid unha antoloxía bilingüe sobre Manuel María: Antología poética. Escolma poética (Basilio Losada).
- Marcial Suárez Fernández : O acomodador e outras narracións (Galaxia. “Grial nº 25, páx.379).
- Neira Vilas : A muller de ferro (Galaxia. “Grial” nº 28, páx. 246) e Inquedo latexar (poemas). Algúns dos contos da Muller de ferro tiñan dedicatorias que, segundo Ramón Piñeiro podían ocasionar problemas coa censura e foron retiradas. Nunha carta a Ramón Piñeiro do16 de xaneiro indícalle: “Que lle pareceu dos contos de A muller de ferro? Tíñallo mandado, como sabe, ó noso amigo Del Riego, con 15 dibuxos de Posada, moi axeitados ós respeitivos temas. (Dempois do envío indiqueille as seguintes adicatorias: A obra: A Emilia e Xesús Alonso Montero / “Marcha”, a Arturo Reguera / “O señor Manuel”, a X. L. Méndez Ferrín / “A casa engruñada”, A Saleta e Manuel María / “O Corgo” A Basilio Losada Castro / “Valentín e o coto”, A Annalisa e Raimon, e “O home dos ferranchos”, A Laxeiro”. En carta de 3 de abril contéstalle Ramón Piñeiro: “Decíalle tamén que, como sin dúbida sabe, nos derradeiros meses houbo certas alteracións no panorama do país. Como é natural, non podemos por menos que telas en conta. O noso plan de publicacións ten que se axustar ós cauces da súa viabilidade. Por eso lle indicaba que as engádegas adicatorias que vostede me comunicaba pra o seu libro representan un atranco”.
Con data de 10 de abril insiste Neira Vilas: “Souben que se levantou o estado de esceición. Polo tanto, non creio que o programa de Galaxia sexa afectado. E en canto a A muller de ferro (a miña serie de fábulas) penso que ó engadirlle esas adicatorias, cos simpres nomes, sin texto adicional algún, non siñifica nada. Con franqueza: gostaríame ver pronto pubricada esa obriña”. Epistolario Ramón Piñeiro–Xosé Neira Vilas. Cadernos Ramón Piñeiro XXXII. Xunta de Galicia 2015.
- Matilde Lloria : Dou fe (Deputación de Ourense).
- Otero Pedrayo : Síntesis histórica do século XVIII en Galicia (Galaxia. “Grial” nº 27; páx. 112 e nº 52, páx. 263).
- Ramón Lorenzo : Notas sobre léxico gallego-portugués y castellano (Heidelberg).
- Víctor Luis Molinari : Castelao, mito y realidad de una esperanza.
- Xesús Alonso Montero : O que cómpre saber da lingua galega (Federación de Sociedades Galegas de Buenos Aires. Debuxo da cuberta de Seoane).
- Xesús Cambre Mariño : Educación e desenrolo: Estrutura e problemas do ensino en Galicia i en España (Galaxia. “Grial” nº 25, páx. 383).
- Xesús Conde González : Cando Colás foi á lúa.
- Xesús Rábade Paredes : Xuntos cara ó mañán (Lugo).
- Xosé Alvilares Moure : ¿Proceso a la Iglesia gallega? (Ed. Marova. Madrid. “Grial” nº 27, páx. 116).
- Xosé Fariña Jamardo : Cando Colás foi á lúa e Co sorriso nos beizos.
- Xosé Isorna Ferreirós: Galicia ¿poderás? (Pontevedra) e A Guadalupe de Rianxo (Pontevedra).
- Xosé Ramón Fernández Oxea “Ben-Cho-Shey”: O catón galego (Edicións do Castro; obra preparada no 1936 para a aprendizaxe da lectura, con ilustracións de Luís Seoane e limiar de Alonso Montero).
- Edición do Divino Sainete de Curros, en Ediciós do Castro. Preparada por Alonso Montero, leva un epílogo de Andrés Torres Queiruga: “Refleisións teolóxicas encol do Divino sainete”.
- Galaxia publíca o libro colectivo Introducción á economía galega de hoxe (Odón Luís Abad Flores, Xosé Manuel Beiras; X. Isla, S. Martínez-Risco, M. Orjales; C. Otero Díaz, D. Quiroga. Galaxia. “Grial” nº 27, páx. 109).
- Carlos Martínez e Gabriel Aresti fan a tradución ao castelán e ao eusquera de O catecismo do labrego de Lamas Carvajal.
Relativas a Galicia
- En outubro, nun artigo titulado “A emigración galega” no “Correo de Galicia” de Buenos Aires, Celso Emilio Ferreiro expón a súa decepción ante o panorama desolador da emigración galega que resume nunha entrevista da revista “Triunfo”: “Salvo pequeños y heroicos grupos beneméritos, la emigración gallega que me encontré en esta parte de América está desgalleguizada, neutralizada, cosificada y borrosa. No es un pueblo, es un tropel confuso y difuso que, como no se ha integrado en la cultura del país adoptivo, vive en un permanente ghetto espiritual, y además se deja dirigir por gente logrera del gremio mercantil, desaprensiva y sistemáticamente ignorante que negocia con la morriña folklórica”.
- Con data de 5 de novembro, no Seminario Maior de Ourense comeza a publicarse a revista bilingüe “Miña fala”.
- O 22 de febreiro Raimundo García Domínguez “Borobó” funda en Madrid a revista bilingüe quincenal “Chan”. O director era Jesús Tobío Fernández. O derradeiro número foi o 33, de setembro do1970. Subtitulábase “La revista de los gallegos” e acolleu textos tanto en galego como en castelán.
- No nº 5-6 de 1969-1970 da “Revista Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses” aparece un artigo de Juan Naya Pérez co título de “Los poetas gallegos y Curros Enríquez” no que se recollen vintecinco textos ofrecidos ao poeta de Celanova na súa coroación o 21-X-1904.
- Aparece “Ferrol Diario”.
- No nº 510 de “A Nosa Terra” (xaneiro) infórmase: “Invitados pola comisión organizadora das Xornadas Patrióticas Galegas e a dos Xogos Frorais do idioma Galego respeitivamente, estiveron de visita nesta cidade o poeta Celso Emilo Ferreiro i-o escritor X. L. Méndez Ferrín. Ambolos dous figuras relevantes da Galiza aitual comprometidos coa causa da sua liberdade nacional e representantes das duas xeneracións que se suceden no tempo […] A concencia de Galiza, polo que se ve, está viva e latexante nas novas xeneracións e provocará a rebelión i-a loita aprol da sua soberanía”.
- O Instituto del Libro de La Habana edita os Poemas al Che. 85 poetas de España y América rinden homenaje al guerrillero. O editor Ambrosio Fornet incluiu a petición de Neira Vilas varios poemas galegos que xunto con outros en catalán e en éuscaro tentara publicar en Barcelona José Batlló e que polo veto da censura enviou a Cuba. Batlló faría unha reedición en facsímile en España no 1976 en Libros de Cordel.
- Alonso Zamora Vicente: La realidad esperpéntica (Aproximación a “Luces de bohemia”) (Editorial Gredos. Madrid. “Grial” nº 24, páx. 251).
- Antón Risco: El terrorista (Barcelona).
- Antonio Meijide Pardo: Contribución de los catalanes al desarrollo de la industria pesquera de Vigo 1750-1815 (Madrid).
- Cándido Viñas Calvo: En Galicia una vez (Vigo).
- Carlos Platero Fernández: Un episodio de los tiempos celtas (As Palmas).
- Christina Lilliestierna: Vivir na fin do mundo (baseada na súa vida en Galicia. Traducida ao galego no 1983 por Camino Noia).
- Emilio González López: Los políticos gallegos en la Corte de España y la convivencia europea (Galaxia. “Grial” nº 26, páx. 505).
- Germán Vázquez: Páginas de Monforte (Ediciones Celta. Lugo. “Grial” nº 28, páx. 249).
- Jorge Juan Eiroa: Alma y los unicornioseEl enaciado
- José Barreiro Gómez: Sistematización de lo personal y lo sobrenatural según A. Amor Ruibal Ed. Celta. Lugo. “Grial” nº 26, páx. 504).
- José Filgueira Valverde: El viaje a Galicia de Urrabieta Vierge (1880) (Bibliófilos gallegos. “Grial” nº 28, páx. 245).
- José Luis Prado Nogueira: La rana (Madrid).
- Josefa Emilia Sabor Riera: Métodos para enseñar Biblioteconomía.
- Juan Farias Díaz-Noriega: La tripa de la ciudad (sobre os traballadores galegos en París).
- Luis Iglesias Souza: Cancionero tardío.
- Manuel Casado Nieto: Un lugar en el tiempo (Edit. Planeta.Barcelona. “Grial” nº 22, páx. 500).
- María do Carme Kruckenberg : Memoria de mi sueño. (Noroeste. Vigo).
- Ramón Francisco Romero de Lema: La lengua de Cristóbal Colón (A Coruña).
- Victoria Armesto: Galicia feudal (Galaxia. “Grial” nº 27, páx. 120).
- A novela en castelán de Mª Victoria Moreno Márquez Alcores de Donalvar clasificada entre as catro finalistas do Premio Café Gijón.
Acontecementos
- Alonso Montero viaxa a Buenos Aires nos meses de xullo e agosto, invitado como conferenciante pola Federación de Sociedades Galegas e alí coñece entre outros a Lorenzo Varela, quen lle fai a presentación en público do libro O que cómpre saber da lingua galega.
- O profesor Alonso Montero distribúe entre as persoas do mundo literario galego que non tivesen obra publicada antes do ano 1936, unha enquisa á que responderon 86 persoas. Os resultados non foron publicados ata o 2021 en Edicións Xerais no libro Dicionario da nova literatura galega (86 voces responden a un inquérito), en edición, estudo introdutorio e notas de Ramón Nicolás.Respondendo a esta enquisa, engade María Camiño Noia: “Paréceme importante señalar a cantidade de obras malas que están sendo editadas pola Editorial Galaxia. Non quero poñer os nomes dos libros e autores porque penso que está na mente de todos cales son as obras boas e as malas. Considero que pode ser perxudicial para nosa literatura a publicación de todo o que esté escrito en galego inda que careza de calidade estilística, e o que me parece peor é, que esas obras teñan unha crítica non só favorable sinón dun xeito absurdo no que parece que somentes por estar escrita en galego é algo anxelical e perfecto”.Respondendo á pregunta ¿Cales son os dous libros que máis falta nos fan?, Faustino Rey Romero contesta: “Un libriño de leitura amena e instructiva ó mesmo tempo prós nenos das escolas primarias; e prós maores, un que se podía titular Cabronario, no que contén as moitas cabronadas do Poder Central que deron orixe ó complexo de inferioridade de quenes falan galego diante dos que falan castelán”.
- Celso Emilio renuncia ao Padroado da Cultura Galega, por considerar que se desentendían dos problemas de Galicia e dedícalles ós seus membros o poema “Cagallóns de mula vella”:
“Cagallóns de mula vella, /mexos de vaca preñada /fluxos de cona mestruada,/zudre cheirento de ovella, /augas podres da canella, / raspas de calzón cagado / todo xunto e misturado / con merda fresca da xente /para facerlle un bon presente /ós membros do Padroado. / Guiso de bosta resesa, / preve tártaro de caca, / entremeses de cloaca, / pitiscos de pixa tesa, /cagarruta en mahonesa,/queixo de moco adobado / todo envolto i amasado /con gases de peido quente /para facerlle un bon presente / ós membros do Padroado. /Toda a xente en unánime consenso /dice que sodes merda, pero eu penso / qué culpa ten a merda pra que a xente /a compare convosco inxustamente”.
- En xullo, Álvaro Cunqueiro viaxa a Venezuela, invitado pola Hermandad Gallega de Caracas.
- Xosé L. Méndez Ferrín é detido por segunda vez pola Brigada Político-Social e póñeno a disposición do Tribunal de Orde Pública acusado de asociación ilícita e propaganda ilegal. Fernández del Riego accede a realizar a tradución pericial ao castelán dunha novela inédita do autor de Vilanova dos Infantes para que os xuíces a xulgasen como proba acusatoria. Ramón Nicolás no libro Francisco Fernández del Riego. Vida e obra dun obreiro do galeguismo (Xerais 2022) recolle as palabras coas que o propio Ferrín relata a actuación do seu amigo:
Del Riego atenuou ou inda modificou naquel texto moitos puntos, co afán de me favorecer, e fixo a traducción nuns poucos días (coido que noites). Non valeu de nada porque fun condenado a dous anos de prisión, pero a valentía e a solidariedade de Del Riego brillaron coma sempre nas situacións difíciles.
- A institución eclesiástica autoriza a utilización da lingua galega na liturxia; acéptase de maneira provisional “O misal galego”.
- Ricard Salvat monta xunto cos estudantes da Universidade de Coimbra o espectáculo “ Castelao e a súa época”, no que colaboraron Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo e Alonso Montero. Un día antes da estrea, o espectáculo foi prohibido e Salvat acompañado á fronteira española. No ano 2023, entre o 28 de setembro e o 7 de outubro, celébrase en Coimbra a “Mostra de Teatro Galego”. Entre as actividades, o día 30 de outubro, ten lugar a mesa redonda “Castelao e a súa época em Coimbra”, con Antonio Iglesias Mira, Carlos Valente, Isabel Pinto, João Viegas, Ricardo Seiça Salgado e Xesús Alonso Montero.
Recóllese o seguinte no xornal publicado con ese motivo: “Castelao e a sua época: recordando a passagem por Coimbra de Ricard Salvat, Luís Seoane, Isaac Díaz Pardo e Xesús Alonso Montero. Entre Novembro de 1968 e Abril de 1969, o encenador catalão Ricard Salvat esteve em Coimbra a dirigir um curso de teatro organizado polo CITAC – Círculo de Iniciação Teatral da Academia de Coimbra. Desse curso resultou a criação do espectáculo “ Brecht+Brecht”, com textos do dramaturgo alemão, estreado em Fevereiro de 1969. E deveria ter resultado a estreia de um segundo espectáculo, intitulado “Castelao e a sua época”, cujo guião integrava o segundo acto da peça “Os vellos non deben de namorarse”, do escritor galego Afonso Daniel Castelao, bem como poemas, canções e textos de mais de três dezenas de diferentes autores/autoras, da Galiza, de Portugal, da Catalunya e de outros pontos da Península Ibérica. [...] Da equipa artística deste espectáculo, escolhida por Ricard Salvat, fizeram parte três nomes fundamentais da cultura Galega: Isaac Díaz Pardo e Luís Seoane (concepção plástica do espectáculo) e Xesús Alonso Montero, que se deslocou a Coimbra para proferir uma conferência sobre Castelao. A música do espectáculo, a cargo do compositor português José Niza, integrava canções inéditas a partir de poemas de Rosalía de Castro, incluindo o “Cantar da Emigração”, cuja interpretação por Adriano Correia de Oliveira, também ele membro do CITAC, viria a tornar-se um símbolo da luta estudantil. Em plena Crise Académica de 1969 e sob a forte repressão das autoridades do Estado Novo, o espectáculo acabaria por não estrear, proibido pela censura. Na véspera da estreia, após o ensaio geral, a PIDE foi buscar Ricard Salvat à casa onde residia e expulsou-o do país, entregando-o à policia espanhola na fronteira de Vilar Formoso.
- No Nadal créase no Instituto de Literatura e Lingüística da Academia de Ciencias de Cuba unha Sección de Lingua e Literatura Galegas dirixida por Xosé Neira Vilas.
- Nas cortes franquistas, Antonio Rosón e Filgueira Valverde, os dous procuradores, solicitaron a presencia da lingua galega en dous niveis de ensino primario, solicitude que foi aprobada e recolleita nos artigos 14 e 17 da Ley General de Educación. Segundo Alonso Montero (Suplemento “Fugas” de La Voz de Galicia, 19 de xuño de 2015): “…na argumentación, o un e o outro ativéronse sempre a criterios estritamente pedagóxicos. Rosón (asesorado por Ramón Piñeiro) citou oportunamente textos da Unesco sobre o bilingüismo (…). Filgueira Valverde acolleuse a un nome fóra de toda sospeita: o dun frade bieito do século XVIII, o P. Sarmiento (1695-1772), só movido por razóns estritamente didácticas á hora de sinalar as virtudes da lingua materna dos nenos no exercicfio do ensino”. Neste artigo Alonso Montero recolle o final da alocución de Filgueira: «Sé que los niños gallegos se sentirán en cierto modo, redimidos cuando no sufran esto que el P. Sarmiento llamaba “bárbara costumbre” y “necedad inaudita” del intento de enseñar “otra lengua en otra lengua”. Yo os ruego encarecidamente que aceptéis este precepto, y entonces, en la lengua de Galicia, en la lengua de los niños gallegos, yo os diría: “Deus volo premie. Mellor ben non podiades facernos”».
- Fúndase a editorial Xistral (Manuel María e Ánxel Xohán).
- Laxeiro viaxa a Amsterdam, para visitar unha mostra antolóxica de Rembrandt, un dos artistas máis admirados por el.
- Fúndase en Ribadavia a Agrupación Cultural Abrente.
- A “Asociación Cultural de Vigo” inaugura espazos en galego en Radio Popular e en La Voz de Vigo. Teñen que ser traducidos ao castelán antes da súa emisión para seren autorizados polos delegados locais de Información e Turismo.
- O 21 de decembro, no Palacio de la Mutualité de París celébrase o “I Festival de la canción de los pueblos de España”. A canción galega está representada por Xerardo Moscoso, Miro Casabella e Amancio Prada.
- Luís Seoane fai por encargo da editorial bonaerense “Esquema XX” seis gravados en madeira para ilustrar dous contos de Kafka “El buitre” e “Una confusión cotidiana”, traducidos ao castelán por Jorge Luis Borges.
- José Afonso saca o disco “Contos velhos rumos novos”.
- Pedro Olea filma en Galicia a película El bosque del lobo, con José Luis López Vázquez como protagonista.
- Laxeiro: “Bailaríns”.
Premios
- Recibe o Pedrón de Ouro o canónigo Manuel Espiña.
- Concurso Nacional de Contos Infantís O Facho: O león e o paxaro rebelde de Bernardino Graña.
- O xornaleiro e sete testemuñas máis que sairía publicado no 1971 (Edicións Galicia do Centro Galego de Buenos Aires), recibe un dos “Premios de Narrativa do Centro Galego de Bos Aires”. En carta de 15 de xaneiro de 1970 escribe Manuel María a Neira Vilas: “Fallouse o concurso do Centro Galego de Bós Aires. Premiaron a Méndez Ferrín, sobor dun ensaio encol da cultura galega i un libro de narraciós meu, O xornaleiro e sete testemuñas mais. Son relatos moi vividos”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 277).
Epistolario
|
|
|
|
|
Con data de setembro, Manuel María escribe a Neira Vilas, residente en Cuba: “No ano 1967, o día 9 de maio, no estadio da Residencia de Estudantes de Santiago de Compostela, Raimon deu, na súa língoa, un recital das súas propias canciós que tivo un ésito cramoroso. Este festival foi o que fixo comprender a tódolos que a el asistimos a necesidade imperiosa de crear unha nova canción en galego. Unha canción feita no noso idioma, con problemas de oxe, á outura do noso tempo e con música e sensibilidade dos nosos días.Por estes anos, 1967 e 1968, a Universidade Galega deu mostras dunhas inquedanzas e dun inconformismo non habitual entre nós. Inquedanzas e inconformismo que levaron ós nosos estudantes a ollar cara ós problemas galegos, a sentirse solidarios con eles i a interesarse polo idioma galego, proscrito e usado somentes polas clases populares e por uns cantos inteleituás máis ou menos galeguistas. Nestas circunstancias naceu a nova canción galega e apareceron os cantantes galegos i en galego”. (“Grial” nº 173).
Con data de 21 de febreiro, escribe tamén a Neira Vilas: “Efetivamente eu podía facer moitas mais cousas en Grial. Pero dame noxo esa revista “culturalista” chea de ensaios encol dunhas filosofías pasadas e mortas e de tantas e tantas caralladas mais. Coido que estaba en condiciós de escribir un longo artigo ou un ensaio encol da nova canción galega, da poesía de Espriu, da de Pere Quart e dalgunhas cousas mais, vivas e necesarias. Pero as miñas cousas de aficionado morren entre tanta saudade, tanta filosofía podre e tanta cita en alemán. Así que é mellor deixalo. (…) Hai tempo que che escribín. Na miña carta falábache dunha multa de 75.000 pesetas que me puxeron por un recital en Económicas de Madrid. Eu fun a Madrid o 12, 13 e 14 de xaneiro. O 12 dín un recital nunha eirexa, o 13 outro en Económicas i outro o 14 en Cultart, que é unha libreiría moi boa de Madrid, que está en Bravo Murillo pra presentar a Nova Canción Galega e mais o meu disco de poemas. Din os recitales con tódolos permisos. Coido que houbo un error, sempre moi disculpabel. Eu recurrín i estou agardando pra saber o que pasa”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 261, 262). |
|
|
|
Na resposta de Basilio Losada (15 de marzo), dise: “Non sabía que Ferrín estivera en dificoltades (…). Poida que agora decídase a liberar a súa laboura literaria dunha abafante preocupación política (…). Condiciós lle sobran pra facer a obra narrativa máis sólida da nova xeneración. En realidade sólo el, Casares e Neira Vilas mostran unha calidade certa. Eu pola miña parte admito o compromiso en literatura, e penso que nas circunstancias actuales é comenente e aínda nalgúns casos esixible, posto que non esiste nengún outro xeito de actuación ideolóxica, pero unha cárraga escesivamente esplícita de preocupaciós políticas pode toller toda a eficacia. E por outra parte este xeito de compromiso non se lle pode esixir a ninguén, e hastra é comenente que coesista cunha literatura de simple preocupación estética –cousa que non supón dende logo criterio pra desvalorizala como están facendo ca de Cunqueiro-Moito levo discutido verbo desto co Manuel María, espléndido rapaz –por máis que pesadísimo e ás veces intratable na súa teima”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páxina 746). |
|
|
|
|
|
|
“Prisioneros Van llegando los vencidos, los vencidos,van llegando, doblados, sucios los cuerpos llenos de lacras y harapos. Por la carretera blanca, van llegando, van llegando. Grutas de miedo sus ojos, temblor de duda sus pasos. Los odios de sus mentiras ya se han amortiguado. -¡Camaradas, tengo hambre!. -¡Camarada, estoy cansado!. -Ven y descanse el amigo. ¡Toma y hártate, hermano!. ¡Les damos pan y sonrisas, les damos luz y pan blanco! (…) -¡Viva España, camaradas! ¡Camaradas, viva Franco!”
|
|
|
|
Noutra carta datada o 4 de xullo escríbelle: “Recibo con frecuencia as revistas que vostede me manda, algunhas délas, estupendas. Por certo que na Gaceta… topeime cun longo artículo de Nicolás Guillén falando do banquete que os españoles lle deron ao xefe militar e aos soldados que mataron a Maceo. Iste banquete foi organizado polo Centro Galego da Habana e celebrouse no mesmo lugar onde mataron ao héroe. O menú era galego e a mesa central do banquete estaba presidida polo escudo e a bandeira da nosa Terra. Algo horribel, macabro e vergoñento, que a ún prodúcelle unha indiñación “retroactiva”.Pois ben; non sei si sabe que alá pola década dos coarenta eu escribin e pubriquei unha modesta biografía de Curros. Tódolos papeles que manexei e versiós que consultei en averiguacións das causas da ruptura de Curros co Centro decían o mesmo: que o poeta tíñase alporizado porque habían elexido Presidente da entidade a un madrileño fillo de galegos. A min sempre me pareceu que tal versión impricaba unha imaxe mezquiña de Curros, home enteiro e difícil, pro non até o punto de armar unha revolución por un motivo tan insignificante. Sempre pensei que detrás de esta versión tiña que haber outro motivo mais profundo que xustificase a sua cólera. Evidentemente foi o banquete miserento a causa verdadeira da súa repulsa. Coinciden perfectamente as datas e as circunstancias que arrodearon o incidente. (…) Quero escribir un artigo en col diste tristeiro asunto. ¿Podería vostede suministrarme algunhos datos mais?”. Neira Vilas insistiulle a Celso Emilio en que a causa das desavinzas entre Curros e o Centro Galego había que procurala na falta de apoio que o escritor atopou en dita institución ao semanario La Tierra Gallega, fundado por el en 1894. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010). Nesta mesma carta dille: “Cando os franquistas entraron na Irmandade Galega de Caracas, invitaron a Paco del Riego a vir eiquí a dar unhas conferencias. Eu escribinlle a Paco, espricándolle todo, pro foi inutil, veu a facer o ridículo (…) A Ferrín díxolle que viña, porque nós non eramos mais que un fato de comunistas epilépticos, e os que o invitaban, un grupo honorabel de bos galegos e repubricáns garantizados. (…) Cando o ano pasado me invitaron a min a ir a B. Aires, os “Galaxias” apresuráronse a darlle ordes aos seus escasos seguidores (Prada e comparsa) pra que se opuxeran rotundamente ao meu viaxe, baixo a tesis de que eu era un perigroso comunista. (…). Lois Seoane, que, non sei por qué, tamén se opuña ao meu viaxe (é moi amigo de Paco del Riego), anda agora por Galicia a despotricar contra de min polo meu “comportamento” cos camaradas da Federación”. |
|
O 13 de decembro, Salvador Espriu escribe a Neira Vilas dende Barcelona: “Leí primero sus preciosos versos. Son quince magníficos poemas que me envía ud., pero los siento muy próximos y entrañables. ¿Cómo no a entender y a querer un catalán a Galicia? ¿Cómo no hacer mías todas y cada una de ellas las estremecidas y estremecedoras, precisas, exactas, necesarias palabras, exactas, necesarias palabras de su antológíca “Patria”? (…) Muy acertado el prólogo de Rafael Dieste, a quien leo y admiro desde mis ya lejanos tiempos universitarios. En cuanto a sus Memorias dun neno labrego, es una verdadera e indiscutible obra maestra (…). El año 1934 estuve en Compostela y compré y leí muchos libros de Risco, de Otero Pedrayo, de Castelao, es decir, de los grandes maestros de entonces y, a mi entender de siempre.(…) Manuel María, luchador, infatigable e inspirado como siempre (…) Si ve o escribe a [Celso Emilio] Ferreiro exprésele toda mi incondicional admiración. (Xosé Neira Vilas. Cartas de vellos amigos Galaxia 2010). |
Con data de 28 de marzo de 1969 escríbelle dende Albacete Isaac Alonso Estravís a Xesús Alonso Montero: "Devorei o seu libro Realismo y conciencia crítica en la literatura gallega. Admiro os seus atinados xuicios encol dos nosos escritores e o canle polo que debía percorrer a nosa literatura. Cicais non estea de acordo con certas matizacións sobre a relixiosidade dos nosos poetas: Curros e Rosalía. A relixión cristiana, a que Cristo predicou, non a que ensine este ou aquel crego, parte do home e do home concreto, indígnase contra todo aquelo que perxudica ao home e ennobréceo dándolle o posto que merece na creación. Por eso pra min Curros é relixioso, sigue sendo incluso relixioso nos intres en que coida refugar a relixión. Hai que ter presente que el parte da fidelidade a si mesmo e da fidelidade ao home, camiño indispensable para chegar a Deus. Cando semella atacar a relixión, ataca apariencias de relixión, deformacións de relixión, non a relixión. Coido ademais que non se pode xulgar por un poema a relixiosidade ou non relixiosidade do autor. O poeta ten que expresar a súa vivencia interna da mesma. E nesa vivencia nosa hai sombras, veñen dúbidas, hai inseguridades que si se expresa simplemente ese estado e non a reacción adoptada ante o mesmo, podemos caír nun erro ao querer xulgar o seu interior. Hai que ter presente que endeica que o home relixioso chegue a ver con claridade do morcego na noite pecha hai moito camiño que seguir. Perdoe esta pequena aclaración que fago ao seu libro que considero moi interesantísimo". (Xesús Alonso Montero: Dicionario da nova literatura galega. (86 voces responden un inquérito, 1969). 2021 Xerais. |
Respondendo á enquisa de Alonso Montero, que se publicará no 2021 co título de Dicionario da nova literatura galega (Xerais), engade María Camiño Noia: “Paréceme importante señalar a cantidade de obras malas que están sendo editadas pola Editorial Galaxia. Non quero poñer os nomes dos libros e autores porque penso que está na mente de todos cales son as obras boas e as malas. Considero que pode ser perxudicial para nosa literatura a publicación de todo o que esté escrito en galego inda que careza de calidade estilística, e o que me parece peor é, que esas obras teñan unha crítica non só favorable sinón dun xeito absurdo no que parece que somentes por estar escrita en galego é algo anxelical e perfecto”. |
Tamén en 1969 lle escribe Carlos Martínez Alonso, acompañando a resposta á enquisa que lle envía Xesús Alonso Montero: "Leín a súa obra Realismo y conciencia crítica en la literatura gallega, é un libro moi bon, penso que é nesta liña onde, en compromiso i-enteiramente vencellada ó pobo, a cultura galega atopará o seu canle maior e máis perfecto de espresión".(Xesús Alonso Montero: Dicionario da nova literatura galega. (86 voces responden un inquérito, 1969). 2021 Xerais. |
Dende Coimbra, 17 de xaneiro de 1969 Ricard Salvat escribe a Luís Seoane: Amigo Seoane: De nuevo, muchas gracias por su cariñosa acogida y por los libros. Retratos desguello es un libro extraordinario porque además de contener unos dibujos espléndidos, en todos ellos y bajo todos ellos hay una personal visión del mundo y de cierta condición humana. El prólogo de Díaz Pardo es muy oportuno e inteligente. Ya les tendré al corriente de la marcha de nuestro trabajo y de nuestro proyecto, que tanto nos ilusiona. Si pudiéramos, iríamos mi mujer y yo de La Coruña para empezar a trabajar. Cuente con mi incondicional amistad. |
Sumarios
GRIAL Nº 23
|
GRIAL Nº 24
Lois Tobío: O nomeamento de Gondomar como embaixador en Londres. Carlos Alonso del Real: Las raíces de Galicia. X. M. López Nogueira: Karl Jaspers alén do límite. Salvador Lorenzana: O pintor Nuno Gonçalves e unha pintura galego-portuguesa. Lois Amado Carballo: Dous contos: Maliaxe e Os probes de Deus. Carlos Durán: O sono da razón. Amable Veiga: Fonología gallega. Fonemática: El sistema consonántico, II. Oposiciones entre consonantes. Mª Teresa Otero Sande: Rosalía, persoaxe tráxico. Antonio Odriozola: El primer libro en lengua vasca, y la bibliografía de Cela y Cunqueiro. X. M. L. N.: Grabados de Ortiz. |
GRIAL Nº 25
Micaela Misiego: Encol da moderna novela psicolóxica. Ramón Otero Pedrayo: Institucións xurídicas e administrativas na Galicia do XVIII Antonio E. Mallo: El símbolo de la rosa en Valle-Inclán. Amado Ricón Virulegio: As dúas facianas do viaxe de Don Xosé Cornide a Portugal. Xosé Filgueira Valverde: Aucto de como Santa María foi levada aos ceos pra a festa de Nosa Señora de Agosto. Refeito con testos galegos dos séculos XIII e XIV. R. Carballo Calero: Centenario de Noriega Varela. Jan Knappert: A función da lingoaxe nunha situación política (Trad. de Xesús Cambre Mariño). Ángel Amor Ruibal: La lengua gallega y su léxico etimológico. Jean Paul Sartre: Un análise do teatro burgués (Trad. Cosme Barreiro). Paulino Pedret Casado: O meu galeguismo. Joaquim de Montezuma de Carvalho: Coincidencia en Fernando Pessoa e Alfonso Castelao. Justin O’Brien: Unha carta inédita de André Gide. |
GRIAL Nº 26
Andrés Torres Queiruga: A “Teoloxía da morte de Deus” dende a obra de Amor Ruibal no seu centenario. X. L. Méndez Ferrín: Orixes da poesía galega do século XX: O formalismo. Martín Sarmiento: Castellanos de Orense. Emilio González López: A poesía de Valle-Inclán: A transición do simbolismo ó espresionismo, “El pasajero”. Ramón Otero Pedrayo: A lagarada. Castelao, Ramón Cabanillas, Manuel Antonio e Amado Carballo: Seis prosas esquecidas. Xosé M. R. Pampín: O neno i a lúa. Carlos Durán: Unha nova teoría sicolóxica. Leopoldo R. L. Rodríguez: Impresións encol do “Finnegans Wake” de James Joyce. Micaela Misiego: Carta aberta. Francisco Luís Bernárdez: Juyao Bolseiro, juglar gallego del siglo XIII. Pierre Fougeyrollas: Os pobos de Francia. (Trad. de Xesús Cambre Mariño). Guillermo Roxo: O primeiro paso pra unha verdadeira cultura galega. Xavier Rodríguez Baixeras: Carta sobre da unificación lingüística. Gloria Baamonde: Versiós galegas. A lenda de Guillem de Cavestany. Carlos Rodríguez: Semellanzas na música popular. |
Outras culturas
PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Samuel Beckett
CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa
Nacen
Adolfo Casais Monteiro: Poesias completas. Alberto de Lacerda: Selected poems (edic. bilingüe).
Alexandre O’Neill: De ombro na ombreira.
Alfredo Guisado: Tempo de Orfeu (1915-1918) (Portugalia Editora. Lisboa. Cun estudo de Urbano Tavares Rodrigues. “Grial” nº 36, páx. 240).
Álvaro Ribeiro: A literatura de José Régio.
Ana Hatherly: 39 tisanas.
Andrée Crabbé Rocha: As aventuras de anfitrião.
António Aleixo (1899-1949): Este livro que vos deixo e Auto do Ti Jaquim.
António Borges Coelho: Ponte submersa.
António Franco Alexandre: Distância.
António José Saraiva: Inquisição e cristiãos-novos.
António Ramos Rosa: A construção do corpo.
António Torrado: A chave do castelo azul.
Armando da Silva Carvalho: Os ovos d’oiro.
Carlos de Oliveira: Micropaisagem (poesía). No 1987 aparece en castelán en Pre-Textos: Micropaisaje.
David Mourão-Ferreira: Tópicos de Crítica e de História Literária (ensaio).
Domingos Monteiro: A Vinha da Maldiçao (conto).
Eduardo Guerra Carneiro: Algumas palavras.
Fernanda Botelho: Terra sem música.
Fernando Guimarães: A poesia da “Presença” e o aparecimento do Neo-Realismo (ensaio).
Gastão Cruz: As aves (poesía).
Graça Pina de Morias: Jerónimo e Eulália.
Helder Macedo: Poesia (1957-1968).
Hilda Hilst (Brasil): O verdugo (teatro).
Jacinto do Prado Coelho: A Letra e o Leitor.
João Bigotte Chorão: Aventura interior.
João Cabral do Nascimento: Descaminho.
João Gaspar Simões: Crítica III: Romancistas contemporâneos.
João Guimarães Rosa (Brasil 1908-1967): Estas estórias.
João Palma-Ferreira: A porta do inferno.
Joel Serrão: Do sebastianismo ao socialismo em Portugal.
Jorge Amado (Brasil): Tenda dos milagres.
Jorge de Sena: Peregrinatio ad Loca Infecta (poesía).
José Hermano Saraiva: Aos estudantes.
José Manuel Mendes: Salgema.
Luís Forjaz Trigueiros: Novas perspectivas.
Luísa Dacosta: Vovó Ana, Bisavó Filomena e Eu.
Luiza Neto Jorge: Dezanove recantos.
Manuel da Silva Ramos: Os três seios de Novélia.
Manuel Lopes (Cabo Verde): Os flagelados do vento leste.
Manuela Saraiva de Azevedo: À sombra d’Eça e Camilo.
Maria Judite de Carvalho: Os Idólatras.
Maria Lúcia Lepecki: O tempo no romance português contemporâneo: Fernanda Botelho.
Maria Ondina Braga: Estátua de Sal.
Maria Velho da Costa: Maina Mendes.
Mário Braga: O reino circular.
Mário Cláudio: Ciclo de Cypris (poesía).
Mário Dionísio: Não há Morte nem Princípio.
Mário Martins: Estudos de cultura medieval.
Miguel Franco: Legend do cidadão Miguel Lino.
Natália Correia: Mátria (poesía) e O Encoberto (teatro).
Natércia Freire: A segunda imagem.
Nélida Piñón (Brasil): Fundador.
Nuno Bragança: A noite e o riso.
Nuno Teixeira Neves: Introdução a um realismo difícil e Liberdade de imprensa e dignificação da palabra.
Óscar Lopes: Ler e depois.
Osman Lins (Brasil): Guerra sem testemunhas.
Pedro Homem de Melo: Povo que lavas no Rio (poesía).
Ruy Belo: Homem de palabra(s).
Sebastião da Gama(1924-1952): O segredo é amar.
Sum Marky (São Tomé): Tempo de Flogá.
Vergílio Ferreira: Invocação ao Meu Corpo (ensaio).
Vitorino Magalhães Godinho: O socialismo e o futuro da península.
|
Nacen:
Morren:
- Higini Anglès i Pàmies (Roma; 1888 Maspujols).
- Miquel Forteza (1888 Palma de Mallorca).
PREMI VÍCTOR CATALÀ: Robert Saladrigas por Boires.
PREMI D’HONOR DE LES LLETRES CATALANES: Jordi Rubió i Balaguer.
PREMI JOSEP PLA: Baltasar Porcel: Difunts sota els ametllers en flor.
Créase a fundación Jaume Bofill.
Albert Manent: Literatura catalana en debat e Josep Carner i el Noucentisme.
Ángel Marsá escribe en “Correo Catalán” (13 de marzo) o artigo “El Nadal, la mitología y otras querencias”: “Cuantan las crónicas que la juventud florida de las letras bilingües barcelonesas torció el gesto cuando supo, finida la selecta gastronomía de los juzgadores, que el consabido “preciado galardón” recaía en la prosa atildada y barroca de Álvaro Cunqueiro (…) la novela de Álvaro Cunqueiro es una pura filigrana, elaborada a trasmano de las innovadoras corrientes de la narrativa más inmediata (…) Para quien se satisfaga con un tebeo, Álvaro Cunqueiro no significa nada, es pura mitología, un verdadero anacronismo. Pero a veces los anacronismos son auténtica novedad frente a la escasez de novedades auténticas”.
Antoni Maria Badia i Margarit: La llengua dels barcelonins.
Antoni Rovira i Virgili: Siluetes de catalans.
Avel.li Artís-Gener: Prohibida l’evasió.
Baltasar Porcel en “Álvaro Cunqueiro, un hombre de nación gallega”, na revista “Destino” (9 de marzo) realízalle unha entrevista a Álvaro Cunqueiro, na que éste afirma: “Al escribir en castellano no siento ninguna responsabilidad en cuanto al estatus del idioma –sobre su destino, sus problemas literarios, etc.-. Pero cuando escribo en gallego veo que tengo encima de mis hombros una gran parte de la responsabilidad sobre el presente y el futuro de la lengua de Galicia… El gallego es todavía una lengua coloquial, sin ninguna norma oficial ni casi oficiosa, contrariamente a lo que ocurre con el castellano y el catalán, y tiene así una libertad de manipulación superior a estas dos: puedes violentar la sintaxis, crear la palabra etc.”
Clementina Arderiu: L‘esperança encara (poemes).
Emili Teixidor: L’ocell de foc.
Gabriel Janer Manila: L’abisme.
Joan Brossa: El Saltamartí (poesia).
Joan Colomines i Puig: Poemes clam.
Joan Perucho: Botánica oculta o el fals Paracels.
Joan Sales: Incerta glòria (edición definitiva, sen censura, corrixida e ampliada).
Joan Teixidor: Una veu et crida e Cinc poetes (crítica literaria).
Joaquim Carbó: Amb una precisió fantástica.
Joaquim Marco escribe en “Destino” (22 de marzo) o artigo “Las fabulaciones de Álvaro Cunqueiro: Un hombre que se parecía a Orestes”: “El mundo de Cunqueiro está intimamente ligado a la geografía de donde procede. No nos resultaría extremadamente difícil señalar unas constantes en paralelo en los mundos poéticos de Cunqueiro y Valle-Inclán, a pesar de sus innegables diferencias. La raíz gallega de su obra no se demuestra tan sólo en la utilización de la lengua (muchos de sus libros aparecieron primeramente en gallego o fueron escritos en este idioma) sino en en el mundo de sus personajes, en el delirante ejercicio de humorismo, en definitiva, en su manera original de “ver””.
Jordi Bordas: La terra es belluga (teatro).
Jordi Sarsanedas: El balcó (narracións curtas).
Josep Dalmau i Olivé: L’Església subterrània.
Josep Vallverdù i Aixalà: Rovelló.
Josep Vicenç Foix: Els lloms transparents (artigos).
Ramon Folch i Camarasa: No ploris, home.
Terenci Moix: Onades sobre una roca deserta e El dia que va morir Marilyn (Edición definitiva no 1998).
Xavier Benguerel: Els vençuts (novela).
Nacen:
Antonio Colinas: Poemas de la tierra y de la sangre.
Antonio Pereira: Cancionero de Sagres.
Caballero Bonald: Vivir para contarlo (poesía).
Camilo José Cela: Vísperas, festividad y octava de San Camilo del año 1936 en Madrid e Al servicio de algo.
Daniel Sueiro Rodríguez: Corte de corteza (Premio Alfaguara).
Fernando Arrabal: El jardín de las delicias (teatro).
Francisco García Pavón: Las hermanas coloradas.
Francisco Nieva: La carroza de plomo candente.
Gil de Biedma: Colección particular.
Gloria Fuertes: Cómo atar los bigotes al tigre.
Gonzalo Suárez: La zancada del cangrejo.
Jesús Fernández Santos: El hombre de los santos.
Jorge Semprún: La deuxième mort de Ramón Mercader.
José Ruibal: El mono piadoso (teatro); El asno electrónico (teatro) e La máquina de pedir (teatro).
Miguel Delibes: Parábola del náufrago.
Pere Gimferrer: Extraña fruta y otros poemas.
Ramón Carnicer Blanco: Sobre el lenguaje de hoy.
Torrente Ballester: Off-side.
|
Máis culturas:
Nacen:
- Pablo Nacach (Buenos Aires).
- Hari Kunzru (Londres).
- Marjane Satrapi (Irán) Banda deseñada.
- Muriel Barbery (Casablanca, Marrocos).
- Stefan Brijs (Bélgica).
- Tom MacCarthy (London).
Morren:.
- Álvaro Armando Vasseur (1878 Uruguai).
- Francisco Luis Urquijo (1891 México).
- José María Arguedas (1911 Perú).
- Rómulo Gallegos (Caracas; ibídem 1884).
- Gabriel Chevallier (Cannes; 1895 Lyon).
- Ivy Compton-Burnett (London; 1884 Pinner).
- Jack Kerouac (Florida; 1922 Massachusetts).
- Witold Gombrowicz (1904 Polonia).
Alfredo Bryce Echenique: Un mundo para Julius (novela).
Antonio Skármeta: Desnudo en el tejado.
Augusto Monterroso: La oveja negra y demás fábulas.
Augusto Roa Bastos: Moriencia (contos).
Bioy Casares: Diario de la guerra del cerdo (prosa).
Borges: Elogio de la sombra (poesía) e El informe de Brodie (narrativa).
Carlos Fuentes: Cumpleaños.
Cristina Peri Rossi: El libro de mis primos.
Enrique Lihn: La musiquilla de las pobres esferas (poesía).
Ernesto Cardenal: Homenaje a los indios americanos (poesía).
Horacio Armani: Para vivir para morir.
Jorge Onetti: Contramutis.
Julio Cortázar: Último round (prosa).
Manuel Puig: Boquitas pintadas (narrativa).
Mario Vargas Llosa: Conversación en la catedral (narrativa).
Miguel Barnet; La canción de Rachel (narrativa).
Ramiro Domínguez: Los casos de Perú Rimá.
Renato Prada Oropeza: Los fundadores del alba.
Salvador Elizondo: Cuaderno de escritura e El retrato de Zoe.
Anne Sexton: Love poems.
Arthur Kopit: Indians (teatro).
Czeslaw Milosz: Cidade sen nome (poesía).
Charles Bukowski: Notes of a dirty old man e Days run away like wild horses over the hills.
Claude Simon: La bataille de Pharsale (narrativa).
Gerard Durrel: Birds, Beasts and Relatives.
Günter Grass: Anestesia local (narrativa).
Isaac Bashevis Singer: The estate (narrativa).
Jean-Marie Gustave Le Clézio: Le livre des fuites.
Kenzaburo Oé: Dinos como sobrevivir á nosa loucura.
Magda Szabó: Rúa Katalin.
Nayib Mahfuz: A taberna do gato negro.
Peter Barnes: The ruling class (teatro).
Philip Roth: Portnoy’s complaint (narrativa).
Ursula Kroeber Le Guin: A man esquerda da escuridade.
Vladimir Nabokov: Ada ou o ardor.
William Burroughs: The naked lunch (narrativa).
Wole Soyinka: The road.
Tamén sucedeu...
- CINE:
- Luis Buñuel: Tristana.
- Claude Chabrol: O carniceiro.
- Luchino Visconti: La caduta degli dei.
- Bob Dylan: “Nashville Skyline”.
- Estado de excepción en toda España (24 de xaneiro ata o 25 de marzo). Revoltas estudiantís. O estudante Enrique Ruano morre en dependencias policiais.
- O Goberno expulsa de España a familia Borbón-Parma (1 de marzo).
- Prescriben os delitos cometidos con anterioridade ao 1 de abril de 1939 co que se permitirá o retorno dos exiliados a causa da Guerra Civil (28 de marzo).
- Escándalo financeiro, político e industrial de “Matesa”.
- As Cortes proclaman sucesor a título de rei a Juan Carlos de Borbón y Borbón (22 de xullo).
- O 29 de outubro fórmase o oitavo Goberno de Franco.
- Fraga Iribarne abandona o seu cargo de ministro.
- O Goberno británico concede a Gibraltar un goberno autónomo, saltándose así as resolucións da ONU (30 de maio).
- Marrocos faise cargo da administración de Ifni, ata agora español (30 de xuño).
- Iasir Arafat, líder da OLP.
- O 20 de xullo, os astronautas Neil Armstrong e Buzz Aldrin, pisan a Lúa. O Apolo XI foi lanzado ás 9,32 horas do 16 de xullo e o regreso tivo lugar o día 24 de xullo.
- Primeiro voo de proba do avión Concorde.