Diferenzas entre revisións de «1964»

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura
(Galegas)
(Publicacións)
Liña 133: Liña 133:
  
 
[[Ficheiro:Valenzuela.jpg|right|middle|thumb]]
 
[[Ficheiro:Valenzuela.jpg|right|middle|thumb]]
* [[wikipedia: gl:  María Manuela Couto Viana|  María Manuela Couto Viana ]]: ''Frauta lonxana''. Colección Salnés
+
* [[wikipedia: gl:  María Manuela Couto Viana|  María Manuela Couto Viana ]]: ''Frauta lonxana''. Colección Salnés. Galaxia.
  
 
* [[wikipedia: gl:  Ramón de Valenzuela | Ramón de Valenzuela ]]: ''As bágoas do demo'' (teatro).
 
* [[wikipedia: gl:  Ramón de Valenzuela | Ramón de Valenzuela ]]: ''As bágoas do demo'' (teatro).

Revisión como estaba o 4 de xullo de 2023 ás 13:21

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Día das Letras Galegas

Alfonso Daniel R. Castelao

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos


Literatura
Alberte Fortes (Pontevedra).
Aníbal Calvo Malvar (A Coruña).
Antón Riveiro Coello (Xinzo de Limia).
Francisco Xavier Redondo Abal (Pontevedra).
Helena de Carlos Villamarín (Barca de Barbantes, Cenlle).
Henrique Dacosta López (Ferrol).
Julio Béjar (A Coruña).
Manuel Rei Romeu (Berres, A Estrada).
Manuel Xosé Neira López (Meilán, Lugo).
Marga Romero Lorenzo “Marga do Val” (Vigo).
María dos Anxos Alfaya Fernández “An Alfaya” (Beade, Vigo).
María Xesús Lama López (santa Uxea, Guntín).
Raúl Dans Mayor (A Coruña).
María Rita Mas Ibáñez (Vigo).
Silverio Cerradelo (Ourense).
Teresa López Fernández (A Coruña).
Xerardo Méndez Álvarez (Colón, República de Panamá).
Xoán Francisco García Suárez (Serra de Outes).
Xosé Manuel Millán Otero (Beluso, Bueu; 2020 Vigo).
Xurxo Martínez Crespo (Ferrol).
Outros
O pintor Antonio Murado (Lugo).
O pintor Ramón Manuel Astray Vázquez (A Coruña).
O pintor Alejandro Carro (Lugo).
A ilustradora Penélope Ares (Lugo).
O ilustrador e debuxante Elisardo Daniel Barcala Dorado (As Pontes de García Rodríguez).
A pintora Loreto Blanco Salgueiro (Moaña).
O músico Nicasio Grandaílle Peña (Neda, A Coruña).
Manuel Oliveira, director do Centro Galego de Arte Contemporánea (Porto do Son).
Skull.png
Pasamentos


Literatura
Cándido Alfonso González (Buenos Aires; 1905 Carballo).
Elsa Fernández (Buenos Aires; ibidem 1933). No nº 507 de “A Nosa Terra” dáse conta da noticia: “Fala galego de seu e participa das arelas patrióticas que apulan ma emigración por unha Galiza ceibe e independente. Nembargantes, non coñecía, non chegou a coñecer Galicia, a terra do seu sangue, mais a degoraba coñecer; era o seu soño. Confiaba no tempo, na súa xuventude, pra lle dar comprimento a súa cobiza”. Antonio Pérez Prado, compañeiro na Asociación Argentina de Hijos de Gallegos escribiu anos despois: “Entre las cosas que nunca podré aceptar figura, ciega, su muerte; entre lo que siempre me lastimará reconozco la pena de que Elsa no haya visto, con aquellos ojos tristes, la Galicia de sus antepasados”.

O 14 de maio, en carta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada: “Eu recibín unha carta do marido de Elsa. Deixoume abraiado, porque il escríbeme, seis días despois da morte da súa muller, unha carta que ela me quixo escribir moitas veces en vida e que nunca se estreveu”.

María Miramontes (Buenos Aires; 1895 Santa María de Guísamo, Bergondo): “Con unha diferencia de mes ou mes e medio finaron, no Sanatorio do Centro Gallego de Buenos Aires, duas persoalidades ilustres de Galicia, María Miramontes e Ramón Suárez Picallo.¿Quén se lembrou de María Miramontes, viuda de Ánxel Casal, o direitor e propietario da “Editorial Nós” […] A María Miramontes, galeguista coma o seu Ánxel Casal e coma Ramón Suárez Picallo, un dos amigos máis entrañables dise exemplar matrimonio, débenselle en grande parte moitas aventuras editoriais galegas…”. (“A Nosa Terra” nº 508 de marzo de 1965. Maximino Brocos: “María Miramontes e Ramón Suárez Picallo”.
Ramón Suárez Picallo (Buenos Aires; 1894 Sada).En “A Nosa Terra” nº 508 (marzo de 1965), escribe Antón Alonso Ríos o artigo “Despedida a Ramón Suárez Picallo”: “A grande vocación do Suárez Picallo foi a oratoria.Sentía a emozón da frase espresiva i-armónica, dita por ile con persoale cadenza, en un ton resoante e barile”.No mesmo número escribe Isaac Díaz Pardo o artigo “Picallo Quería que o Enterrasen no Fiunchedo”: “Sería ben que os emigrantes galegos de Bos Aires, ou de toda América, lle colocasen unha placa sinxela na sua casa de veloy que dixera algo asín como:“O 4 de Novembro de 1894 nasceu nesta casa o bo e xeneroso Ramón Suárez Picallo, emigrante, xornalista, abogado, político, quen amou a Galiza e ó seu povo labrego e mariñeiro e morreu de saudade en Bos Aires o 14 de outubro 1964 soñando con que algún día o levaran a enterrar ó “Fiunchedo””.
Wenceslao Fernández Flórez (Madrid; 1885 A Coruña).
Outros
O pintor Arturo Souto (México; 1902 Pontevedra).Escribe Isaac Díaz Pardo en “La Voz de Galicia” (9 de xullo): “La pintura gallega pierde uno de sus más firmes puntales, pero Galicia pierde además uno de sus magníficos hombres”.
Morre Gala, un dos xemelgos de Rosalía e Murguía (1871). En carta de Ramón Cabanillas a Fermín Penzol (2-I-1953) comenta: “Esquirbeume Pérez Cosme, o Tesoureiro do Centro Galego da Habana, decíndome que restabreceran a pensión de Dª Gala Murguía e que ademais lle ían xirar 100 dólares”. Cartas a Fermín Penzol. Cadernos Ramón Piñeiro XXVII. Xunta de Galicia 2013.
O arquitecto Manuel Gómez Román (Vigo; ibidem 1875).
José Goñi Aizpurua (Madrid; 1908 San Sebastián). Fundador e director de “La Noche” (1946-1967) e director de “El Correo Gallego”.
O mestre de forxa artística Jenaro Tarrío Loureiro (1888 Santiago).
O alcalde de Lugo Ángel López Pérez (Lugo; ibidem 1873).
O Catedrático de Literatura Española Erasmo Buceta (1892 Pontevedra).

Publicacións

Galegas

  • Agustín Rodríguez Caamaño escribe no diario "La Noche" o artigo "A liturxia e os cregos galegos" (15-10-1964).
  • Álvaro Cunqueiro : Tesouros novos e vellos (Discurso de ingreso na Real Academia Galega. Prólogo de Rof Carballo. Galaxia. “Grial” nº 5, páx. 399 e “Grial” nº 72, páx. 267). Visita Bretaña como periodista co encargo de contratar uns gaiteiros para o festival de Vigo. Le o discurso de ingreso na Real Academia Galega sobre Tesouros novos e vellos; foi respondido por Francisco Fernández del Riego.

O 10 de novembro, en carta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada escribe: “O Cerezales deixa a direición do “Faro” -vai pra Madrid coido que de subdireitor de “El Alcázar”- e queda de direitor do “Faro” o gran Cunqueiro. Ningún xornal de España tivo nunca un direitor tan “literario”. Veremos como se apaña”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Galaxia Páx.372.

  • Anne Marie Morris Poeta alófona (1916 Illinois; 1999): Publica no nº 6 de “Grial” "Análisis de En los ecos del órgano”.
  • Antonio Rey Soto : Obras completas (4 volumes 1965, 1966, 1967; no primeiro volume aparecen as súas composicións en galego).
  • Avelino Gómez Ledo : fai a tradución de O libro das Xeórxicas de Virxilio.(Instituto Padre Sarmiento de Estudios Gallegos. Santiago de Compostela. “Grial” nº 6, páx. 531).
  • Castelao : "As cruces de pedra na Galiza" (discurso de ingreso na RAG en 1934. Pubs da Real Academia Galega. A Coruña. Ver 1950).
  • José Santiago Crespo Pozo : Contribución a un vocabulario Castellano-Gallego (Revista “Estudios”. Madrid. “Grial” nº 6, páx. 534).
  • Luís Seoane ilustra Elegía a Gabriel Fauré de G. Diego e publica "El padre Feijóo y las artes visuales" na “Revista del Departamento de Letras de la Universidad de la Plata”.
Valenzuela.jpg
  • Xan Estrada : Os ríos galegos.
  • Xesús Alonso Montero : "Cen anos de literatura galega" (en colaboración con Epifanio Ramos de Castro. Lugo). Trátase do catálogo da exposición bibliográfica celebrada no Círculo das Artes de Lugo en 1963.
  • Xosé Luís Méndez Ferrín : Arrabaldo do norte (novela. Galaxia. “Grial” nº 7, páx. 116). O censor Manuel Picos Vilavella, o 10 de febreiro asina a seguinte valoración “…La observación del ambiente y de los personajes está hecha con escrupulosa atención y en un estilo de suave insistencia, matizado de escasas frases realistas (únicamente en las páginas 30, 36, 37, 72, 84, 85 y 126). A juicio del lector suscrito se puede autorizar sin reparo la publicación de Arrebaldo do norte, que, además, carece de tendencia política.

En carta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada (30 de novembro) comenta: “Lin xa Arrabaldo do norte. Gostoume moitísimo. Non é unha obra perfeitamente madurecida. Ferrín está aínda nunha fase asimilativa, pero dunha obra a outra váiselle vendo un adianto ben patente. É un gran narrador en potencia, probablemente o mellor narrador de Galicia nun futuro próximo”. (Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 387).

Relativas a Galicia

  • Xosé Mª Álvarez Blázquez funda Edicións Castrelos, na que aparecerían coleccións populares como “O Moucho” e “Pombal”.
  • Publícanse, traducidos ao inglés por Charles David e escolmados por Filgueira Valverde uns poemas de Rosalía de Castro: Poems of Rosalía de Castro (The Ministry of Foreing Affairs. Madrid. “Grial” nº 7, páx. 106).
  • Galaxia publica Manuel Colmeiro. 25 dibuxos dos anos 1935-36. (Limiar de Rafael Dieste. “Grial” nº 8, páx. 240).
  • Ve a luz o Catálogo da Exposición Bibliográfica “Cen anos de Literatura Galega” que tivo lugar no Círculo das Artes de Lugo dende o 9 ao 19 de Nadal de 1963 (Xesús Alonso Montero e Epifanio Ramos de Castro. Gráficas Bao. Lugo. “Grial” nº 7, páx. 121).
  • Aparece o primeiro artigo en galego en “ Cuadernos de Estudios Gallegos” (1944), asinado por F. Bouza Brey.
  • En abril Díaz-Plaja publica en “Destino” unha nota sobre a revista “Grial”: “Veo ahora Grial, la excelente –sobria, seria, científica- “revista galega de cultura”, que viene publicando esa magnífica empresa editorial y espiritual que es Galaxia, de Vigo. Es un ejemplo de fidelidad y, a la vez, de universalidad…”.
  • Fundación da Unión do Pobo Galego (UPG) por Méndez Ferrín, Celso Emilio, Luís Soto, Bautista Álvarez, Raimundo Patiño... A finais de ano os membros da UPG residentes en México edítan o nº 1 de “Terra e Tempo”.
  • Sae en Madrid o primeiro número da publicación periódica “Airiños Aires” dirixida por Cipriano Torre Enciso.
  • O número da revista “Galicia” do Centro Galego de Buenos Aires correspondente a xullo- agosto está dedicado ao Padre Feijoo.
  • En Montevideo e dirixida por Carlos Zubillaga Barrera edítase “Nós”, subtitulado “Órgano oficial de la Asociación Uruguaya de Hijos de Gallegos”. Sairán 4 números case exclusivamente en castelán.
  • Ángel Rodríguez González: La Inquisición en Galicia durante los siglos XVI y XVII.
  • Antón Tovar: La Lanzada: versos hacia el mar. Inclúe tres poemas en galego.
  • Carlos Rivero Troncoso: Los dientes de la sombra.
  • Darío Álvarez Blázquez: Francisco Sánchez, el Escéptico. Un gallego precursor (Vigo. “Grial” nº 7, páx. 114).
    Frio barja.jpg
  • Dora Vázquez Iglesias: Palma y corona (Madrid).
  • Emiliano Aguirre: Las Gándaras de Budiño, Porriño, Pontevedra. “Grial” nº9, páx. 374).
  • Emilio Silva Castro: A tragèdia espiritual de Unamuno (Rio de Janeiro).
  • Enmanuel Anati: The rock-carvings of Pedra das Ferraduras at Fentans (Pontevedra).
  • Faustino Rey Romero: La angustia ensanchada (Braga).
  • Francisco Javier Río Barja: Los estudios climatológicos de Galicia desde el punto de vista de la Geografía (Santiago).
  • Giuseppe Tavani: Lourenço. Poesie e Tenzoni (Modena. “Grial” nº 10, páx. 486).
  • Gonzalo Torrente Malvido: Hombres varados (Barcelona) e La valada de Juan Campos.
  • Isaac Díaz Pardo: El ceramista Arranz y su escuela (Ed. do Castro). Pasa en Magdalena dende o 26 de outubro até maio de 1965.
  • José Luis Arias: La cita tremenda.
  • Lois Vázquez Fernández: Huellas (Palencia).
  • María do Carme Kruckenberg : Tauromaquia en línea y verso (Vigo. Con debuxos da autora).
  • Ramón Fernández Mato: Galicia como emoción y realidad.
  • Rodrigo A. de Santiago: Método completo de gaita (Galaxia. “Grial” nº 4, páx. 261).
  • Salustiano Portela Pazos: La guerra de la Independencia en Galicia (Santiago. “Grial” nº 7, páx. 119).
  • Víctor Luis Molinari: La herida sin tiempo (Ediciones Orense).

Acontecementos

  • Xosé María Álvarez Blázquez lé o 28 de novembro o discurso de ingreso na Real Academia Galega que versará sobre “Cantares e romances vellos prosificados”.
  • Aníbal Otero elixido Membro Numerario da RAG.
  • A asociación “O Facho”, comeza a impartir cursos de lingua e literatura galegas.
  • Rodrigues Lapa imparte na segunda quincena de abril, no I. P. Sarmiento un curso de filoloxía galega patrocinado pola Fundación Penzol.
  • O Faro de Vigo fai unha enquisa a 42 cregos do mundo rural na que só dous están conformes coa liturxia en galego (Reaccións no nº 508 da Nosa Terra de marzo de 1965): “Os que coñecemos o permanente estado de traición para os intreses de Galiza que ó longo dos tempos ten sido norma invariable do clero de Galiza, non nos causaron ningunha solpresa as torpes e groseiras declaracións deses cregos en resposta ás preguntas formuladas […]“Non. Os que nunca ergueron unha voce de protesta contra o caciquismo expoliador, os aliados dos expoliadores do povo galego, os que nunca se ergueron contra da emigración e da miseria, os que endexamais quixeron ouvir ningunha queixa popular e pola contra medraron esplotando a súa iñorancia e sometimento, carescen de autoridade pra opinar non somentes como membros dunha comunidade a que traicionan, senón tamén como pastores de almas, posto que soio pode falar o verbo da redención aquel que xa está redimido, endexamais os sometidos, os esclavistas e treidores”. Nese mesmo número de “A Nosa Terra” engádese: “Coa firma dos segredarios xeral de Governo e Coordinación, señores Antón Alonso Ríos e Antón Alonso Pérez, respeitivamente, o Consello de Galiza dirixiuse ó Arcebispo de Santiago de Compostela e ós bispos diosesanos de Mondoñedo, Lugo, Ourense, Tui – Vigo e ó Arzebispo de Toledo, espresando a súa protesta polo que considera unha ofensa á cultura de Galiza o negárense as autoridades eclesiásticas a implantar o idioma galego na sagra liturxia”.
  • En carta de 23 de agosto, escribe Basilio Losada a Ramón Piñeiro: “Vou seguindo a enquisa do “Faro” cos abades das aldeas. Dáme verdadeira pena. Son xente que non teñen a menor migalla de interés pola xente posta baixo o seu apostolado. Muitos deles insultan ferozmente aos labregos: chámanlles sórdidos, mezquinos, avarentos, desleales, desconfiados,. Unha verdadeira pena. Encol do emprego da língoa na Liturxia a resposta como era de esperar é negativa. As razóns son do máis pintoresco: vexo hoxe que dous deles din que a xente da súa aldea entende mellor o castelán que o galego. (…). Outros dicen que si falan en galego na Eirexa a xente perderíalle o respeto ao crego. Mellor sería que pensaran si non o perden –si non llo perderon xa- por prestar a rédito (e moitas veces con usura), por vivir de xeito pouco exemplar ou por non haber erguido xamais a voz en defensa de quen debían. Unha das acusaciós meirandes que se lle pode facer á Eirexa de Galicia é que nunca erguen a voz en defensa dos paisáns, que nunca ergueu a voz falando craramente do problema emigratorio.(…) O P. Totosaus atopou aos cregos moi apegados ao terreo, sen formación e sin interés en formarse, muitos deles pouco exemplares na súa vida privada, retrógrados e superados na súa conceición do mundo, e aínda dos problemas da eirexa, cun estilo de funcionarios que cadra ben mal ao que un crego de aldea debe ser. (Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; Galaxia; páx. 346, 347). Con data de 4 de setembro respóstalle Ramón Piñeiro: “As respostas dos cregos no “Faro” causaron verdadeira sensación en Galicia. Moita xente desconocía a mentalidade do noso clero rural e agora tiveron ocasión de a ver tal como é. O curioso é que os máis asombrados e ofendidos son os propios católicos conscientes”. (Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; Galaxia; páx. 350).Volve retomar o tema Ramón Piñeiro o 22 de novembro: “Si, a aititude dos bispos galegos no tocante ó emprego litúrxico do noso idioma era de agardar. Desgraciadamente, nin xiquera nunha cousa tan espritoal como é o verbo queren estar co seu pobo. Prefiren estar co Poder cesáreo. En fin, todo eso irá cambiando pola presión popular. Eiquí, como en todo o occidente, haberá que contar de agora en diante coa opinión popular. O noso esforzo débese de orientar a facer que esa opinión seña conscientemente galega”. (Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; Galaxia; páx. 383).
  • Créase o Instituto “José Cornide” de Estudios Coruñeses por iniciativa do alcalde Eduardo Sanjurjo de Carricarte.
  • Borges visita Santiago, onde se encontrará con Ramón Piñeiro. En carta a Basilio Losada escribe Ramón Piñeiro: “Verdadeiramente, trátase dun home moi sinxelo, moi cordial e de gran vivacidade espritoal”.
  • Laxeiro: “El mundo” e “Entierro aldeano”.
  • Luís Seoane: “Homenaje a Venecia” (gravados en madeira. Bonino. Buenos Aires).
  • Avelino Abuín de Tembra, nomeado Secretario Xeral do Patronato Rosalía de Castro.
  • En maio inaugúrase a Fundación Penzol.
  • Xosé Velo abre en São Paulo xunto co militante socialista Bartolomé González Llorente a librería Nós, que máis tarde se convertería na editorial “Publicacións Galicia Ceibe”.
  • Avelino Abuín de Tembra e Maximino Rodríguez Buján fundan o Patronato do Pedrón de Ouro co obxectivo de premiar a personalidade galega viva que destacara en calquera dos ámbitos da cultura galega. Este ano sae premiado Faustino Rey Romero.
    Museo san anton.jpg
  • Créase o “Museo Arqueológico Provincial de La Coruña”, situado no castelo de Santo Antón.
  • Créase en Montevideo o “ Patronato da Cultura Galega ” que despregou un labor de reivindicación dos dereitos do pobo galego e de denuncia da censura e persecución exercida contra a nosa lingua. Así mesmo promoverá a produción editorial en galego.
  • Coren (Cooperativas Orensanas), independízase da firma americana Swift, e constrúe unha fábrica de pensos e unha cooperativa dedicada á produción de ovos con vinte granxas de mil galiñas cada unha.
  • Instálanse en Galicia os primeiros teleclubes.
  • Expropiacións para o salto de Castrelo do Miño.

Premios

  • Emilio Álvarez Blázquez obtén o Premio de Poesía do Centro Galego de Buenos Aires.
  • Otero Pedrayo recibe o Premio da Deputación Provincial de Ourense ao mellor estudo sobre a vida e obra do Padre Feijoo pola obra Vida del P. M. Fr. Benito Jerónimo Feijó Montenegro. Ensayo sobre las doctrinas y tendencias e influencia de su carácter y escritos publicada polo Instituto de Estudios Orensanos “Padre Feijóo” no ano 1972.

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario


Elvira Lacaci Morris publica no 1963 Al este de la ciudad (Barcelona. Premio da Crítica). Con data de 4 de outubro de 1964 escríbelle Basilio Losada a Ramón Piñeiro: “Díxome Costa que lle deu a María Elvira Lacaci o enderezo de vostede porque a rapaza ten moito interés en entrar en relación cos escritores galegos e vai pulindo a súa língoa pra facer un libro de poesía galega. A noticia é formidable. Pra min Lacaci é superior a Blas de Otero. Linlle estes días un libro Al este de la ciudad, que emocionoume como hai tempo non me emocionaba nengún libro de poemas. Teño ganas de falar con ela e animala a que se achegue á vida literaria de Galicia”.Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Galaxia Páx. 357.O 27 de novembro de 1964 en resposta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada escribe: “Teño unha boa que che dar: María Elvira Lacaci é tan entranabelmente galega como calquera de nós. Nada arela tanto como cantar a Galicia en língoa galega. Naturalmente que o fará, pois as dificultás son máis ben pequenas. Ela confía na miña orientación idiomática i eu, como é natural, prestareilla con moitísimo gusto. Vaille ser moito máis doado do que ela mesma coida, porque sabe o galego popular”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 385).


Morre Gala, un dos xemelgos de Rosalía e Murguía (1871). En carta de Ramón Cabanillas a Fermín Penzol (2-I-1953) comenta: “Esquirbeume Pérez Cosme, o Tesoureiro do Centro Galego da Habana, decíndome que restabreceran a pensión de Dª Gala Murguía e que ademais lle ían xirar 100 dólares”. Cartas a Fermín Penzol. Cadernos Ramón Piñeiro XXVII. Xunta de Galicia 2013.
Falece Elsa Fernández (Buenos Aires; ibidem 1933). O 14 de maio, en carta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada: “Eu recibín unha carta do marido de Elsa. Deixoume abraiado, porque il escríbeme, seis días despois da morte da súa muller, unha carta que ela me quixo escribir moitas veces en vida e que nunca se estreveu”.
O 10 de novembro, en carta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada escribe: “O Cerezales deixa a direición do “Faro” -vai pra Madrid coido que de subdireitor de “El Alcázar”- e queda de direitor do “Faro” o gran Cunqueiro. Ningún xornal de España tivo nunca un direitor tan “literario”. Veremos como se apaña”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Galaxia Páx.372.


Xosé Luís Méndez Ferrín : Arrabaldo do norte (novela. Galaxia. “Grial” nº 7, páx. 116).

En carta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada (30 de novembro) comenta: “Lin xa Arrabaldo do norte. Gostoume moitísimo. Non é unha obra perfeitamente madurecida. Ferrín está aínda nunha fase asimilativa, pero dunha obra a outra váiselle vendo un adianto ben patente. É un gran narrador en potencia, probablemente o mellor narrador de Galicia nun futuro próximo”. (Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 387).

Con data de 11 de marzo escríbelle Manuel María a Neira Vilas dende Monforte: “Os domingos, de cada quince días, Radio París, na sua emisión en castelán da un programa en galego, chamado “Aló, Galicia”, de quince minutos que fai Xesús Nieto Pena, profesor en Carcassonne. Iste programa oise entre once e media e doce da noite, en hora de aquí. O derradeiro foi o domingo pasado”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 236).
Xosé Ramón Fernández-Oxea Ben-Cho-Shey escribe dende Madrid a Neira Vilas no mes de marzo: “De min pouco teño que lle contar. Sempre a traballar con pouco proveito e sin espranza. Escribo algúns artigos na Noche por soster o lume do idioma, pero todo de balde. Eu debo estar rifado cos cartos pois sempre ando a travallar sin ver un patacón e ainda aquiles diñeiros que me corresponden por dereito, páganmos tarde” (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).
Ramón Piñeiro escribe a Manuel Caamaño Suárez  : “Temos que coidar de que o futuro de Galicia sexa máis próspero e brillante que o seu pasado. Para iso nada máis necesario que a lealdade aitiva das minorías preparadas e capacitadas que son as que poderán estudar todos os nosos problemas e procurarlles a axeitada solución. O día en que os médicos, os inxenieiros, os arquitectos, os abogados, os veterinarios, etc. etc. teñan verdadeira conciencia da realidade económico-social de Galicia e sintan o deber de se consagraren xenerosamente á nobre empresa de transformar esa realidade e poñela ao nivel histórico dos tempos que vivimos, daquela a nosa Terra renacerá vigorosamente e acadará o seu pleno desenvolvemento material e espiritual”. (Manuel Caamaño: Dun tempo e dun país (Laiovento 2006).


Noutra carta a Basilio Losada de 27 de novembro escribe Piñeiro: “Mira, a revalorización social do noso idioma conta con tres camiños: o prestixio cultural das minorías que o cultivan literariamente, o prestixio oficial do ensino na escola –o bilingüismo escolar- e máis o prestixio litúrxico. Deica agora unicamente estivo en aición o primeiro, i os progresos conqueridos son verdadeiramente grandes, porque gracias a iles agora pódense recramar con autoridade os outros dous. Distes, o segundo –o bilingüismo escolar- non chegou aínda ó punto de maturidade, pro é seguro que chegará. En cambio, o camiño litúrxico está mesmo chegando a ise punto. Imos certamente moi retrasados con relación a ise país, por exemplo, pro avanzaremos rapidamente. Xa o verás. Presenciaremos -ti con moita máis razón, por seres máis novo- o pleno trunfo do noso idioma. Os graves perigos que tivo xa pasaron. Agora todo será camiñar pra diante”.Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 385).

Sebastián Martínez Risco escribe con data de 18 de novembro a Neira Vilas ; “Teñen especialísimo interés pra nosa Academia as novas que vostede me da do estado da crisis na que se atopa a nosa Asociación Protectora, e acollemos con vivo sentimento de simpatia e alento os seus anceios de termar dela canto poida pra coidar que non esmoreza. A Academia Galega, e Galiza –que procuramos estea nela representada-, deberíanlle, amigo Neira, eterna gratitude si o conseguise”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 307).
Escribe Luís Seoane a Díaz Pardo dende Buenos Aires (18 de maio): “Uno puede alcanzar aquí, como quizá en otras partes, fortuna personal. (…) Pero no podemos tener un tapiz tan deslumbrante como una niebla caída sobre las montañas de Galicia, alfombra tan lujosa como una ría, muebles que se equiparen a una mesa de pino blanqueada con lejía, ni un montón de joyas que puedan ser iguales en su belleza a una bandada de gaviotas o cuervos marinos. A ese mirlo que escuchaba desde tu estudio. (…)”.


En carta a Díaz Pardo do 2 de xuño, escribe Luís Seoane : “Nosotros continuamos pensando en volver. Os envidiamos la primavera de Galicia y las escapadas a la playa de Fontán. Nosotros miramos de vez en cuando desde la terraza el río, más que por su belleza, por su posibilidad de camino de regreso, sabiendo que después de él está el mar, y, a quince días, Galicia. Escríbeme”.

En carta de 23 de agosto, escribe Basilio Losada a Ramón Piñeiro : “Vou seguindo a enquisa do “Faro” cos abades das aldeas. Dáme verdadeira pena. Son xente que non teñen a menor migalla de interés pola xente posta baixo o seu apostolado. Muitos deles insultan ferozmente aos labregos: chámanlles sórdidos, mezquinos, avarentos, desleales, desconfiados,. Unha verdadeira pena. Encol do emprego da língoa na Liturxia a resposta como era de esperar é negativa. As razóns son do máis pintoresco: vexo hoxe que dous deles din que a xente da súa aldea entende mellor o castelán que o galego. (…). Outros dicen que si falan en galego na Eirexa a xente perderíalle o respeto ao crego. Mellor sería que pensaran si non o perden –si non llo perderon xa- por prestar a rédito (e moitas veces con usura), por vivir de xeito pouco exemplar ou por non haber erguido xamais a voz en defensa de quen debían. Unha das acusaciós meirandes que se lle pode facer á Eirexa de Galicia é que nunca erguen a voz en defensa dos paisáns, que nunca ergueu a voz falando craramente do problema emigratorio.(…) O P. Totosaus atopou aos cregos moi apegados ao terreo, sen formación e sin interés en formarse, muitos deles pouco exemplares na súa vida privada, retrógrados e superados na súa conceición do mundo, e aínda dos problemas da eirexa, cun estilo de funcionarios que cadra ben mal ao que un crego de aldea debe ser. (Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; Galaxia; páx. 346, 347). Con data de 4 de setembro respóstalle Ramón Piñeiro: “As respostas dos cregos no “Faro” causaron verdadeira sensación en Galicia. Moita xente desconocía a mentalidade do noso clero rural e agora tiveron ocasión de a ver tal como é. O curioso é que os máis asombrados e ofendidos son os propios católicos conscientes”. (Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; Galaxia; páx. 350).Volve retomar o tema Ramón Piñeiro o 22 de novembro: “Si, a aititude dos bispos galegos no tocante ó emprego litúrxico do noso idioma era de agardar. Desgraciadamente, nin xiquera nunha cousa tan espritoal como é o verbo queren estar co seu pobo. Prefiren estar co Poder cesáreo. En fin, todo eso irá cambiando pola presión popular. Eiquí, como en todo o occidente, haberá que contar de agora en diante coa opinión popular. O noso esforzo débese de orientar a facer que esa opinión seña conscientemente galega”. (Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; Galaxia; páx. 383).


Borges visita Santiago, onde se encontrará con Ramón Piñeiro. En carta a Basilio Losada escribe Ramón Piñeiro: “Verdadeiramente, trátase dun home moi sinxelo, moi cordial e de gran vivacidade espritoal”.


Na correspondencia de Basilio Losada a Ramón Piñeiro (18 de xullo) recollese o seguinte feito: “Non sei si estará informado do asunto lamentable do Colexio Tirso de Ferrol. Por si non ten noticias voulle facer un relato a modo: os alumnos do Colexio dos PP. Mercedarios de Ferrol fixeron un viaxe de estudos por Cataluña, e un deles publicou nunha revistiña que tiran pra os alumnos baixo o tíduo Tirso un reportaxe do viaxe no que se facían referencias a Catalunña francamente aldraxantes (…) O imbécil do Direitor mandou imprentar a revistiña en Barcelona e polo visto na imprenta fixeron unha tirada maior do normal que distribuiuse rapidamente por Barcelona. A reacción foi violentísima. Eu fun un dos primeiros en recibir a folla i escribín unha violenta carta de protesta ao Direitor, especialmente polo que di de que lles pareceu unha blasfemia ver rezar aos frades (i á xente) de Montserrat en catalán. Por certo que si foron a misa noutra eirexa decataríanse de que non soio en Montserrat sinón en todas as eirexas de Cataluña faise a prédica en catalán i a xente sigue os rezos en catalán tamén…”.Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia 1961-1984; (Galaxia; páx. 339, 340, 341). Sobre este asunto houbo cartas ao director publicadas en “Destino” (27 de xuño e 4 de xullo) así como un artigo de Jose Mª Gironella publicado na Vanguardia o 11 de xullo. Noutra carta ao director de “Destino” (25 de xullo) o secretario do Centro Gallego de Barcelona, daquela Basilio Losada, fai constar a súa disconformidade cos conceptos que aparecían no escrito do boletín da revista “Tirso” do Colexio dos PP Mercedarios de Ferrol.


Josep Ferrater i Mora publicou no 1941 o Diccionario de la Filosofía que tivo varias reedicións e ampliacións. O 13 de novembro de 1964, Ramón Piñeiro escríbelle a Basilio Losada  :“Hoxe chegoume o monumental Diccionario de filosofía de Ferrater, que mesmo semella obra dun sólido teutón máis que dun espiritado mediterrán. Son moitas arrobas de información filosófica as que ahí se acumulan, ordean e crasifican. Con ser a obra máis instrumental de Ferrater, coido que é a que lle dá máis sona e autoridade. Outras que lle conozo, parecéronme ou superficiás ou tremebundamente pesadas. Esta, en cambio, é seria e de gran utilidade. Con D. Américo Castro, que lle profesa gran simpatía persoal, teño falado varias veces de Ferrater. A il nono conozco”. (Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Correspondencia (1961-1984). Galaxia Páx. 378).

Con data de 10 de setembro, Jorge Guillén escribe a Camilo José Cela: Estuvimos la otra tarde en Padrón con el doctor García-Sabell. Y al pasar por Iria contemplamos su casa, preciosa, entre los árboles. En el cementerio nos detuvimos ante la tumba de sus parientes: John Trulock, Nina Berterini[sic] de Trulock. Ayer visitamos la tumba de Valle-Inclán. ¡Lástima que sea tan “oficial” y tan fea la de Rosalía en Santo Domingo!

Sumarios


GRIAL Nº 3

Carballo Calero: A temática galega na obra de Valle-Inclán. Basilio Losada: Tradición e novedade no teatro alemán de posguerra. Bernardino Graña: Personalidá e obra de Miguel Torga. Nina Epton: O Santo Grial (Versión galega de Ramón Lugrís).García Sabell: André Gide i o Demo. Paz Andrade: As formas vivas da paisaxe. Salvador Lorenzana: Galicia na obra de Cuevillas .


GRIAL Nº 4


Salvador Lorenzana: Rodrigues Lapa e a cultura galego-portuguesa. R. Otero Pedrayo: Na procura do íntimo Mestre Feixóo. E.González López: El mundo céltico en las guerras religiosas del siglo XV. Ramón Lugrís: Os vieiros da nova Europa: Cara unha Federación de Comunidades básicas. G. Mariñas del Valle: Monifates. Raimundo Patiño: Noticia do grabador Ortiz. A nosa poesía medieval traducida ó inglés. Manuel Pais Antiqueira: Carta de Madrid. Xosé Mª Álvarez Blázquez: Gil Vicente e Galicia: I. O conto das dúas lousas. Bernardino Graña: O “Rei Lear” e “A Piollosa”. P. M.: A xeneración perdida. Jesús Bal: Personalidad musical de Galicia. X. C.: Freud, Kafka e Marthe Robert. A. Pérez Prado: Homenaxe a Castelao. M. Heidegger: ¿Por qué nos quedamos na provincia?.


GRIAL Nº 5


Herculano de Carvalho: Sobre a creación poética. Carlos P. Otero: Mínima introducción a la lingüística. J. Rof Carballo: Humorismo e sociedade . X. L. Franco Grande: 13 poemas. García Sabell: Sartre: Notas previas. Salvador Lorenzana: Drummond de Andrade e a realidade do seu tempo. Carlos Amable Baliñas Fernández: Amor Ruibal en su tiempo y en el nuestro. Ramón Lugrís: O anti-intelectualismo na vida norteamericana. Ramón Piñeiro: Galegos fóra de Galicia: Ernesto Guerra da Cal. A. L.: Polémicas literarias en Italia. Alfonso Álvarez Gándara: A nova xeneración intelectual galega. María Teresa Barros: Carta de Inglaterra: Sir Alec y Mr. Wilson.

Asociación Internacional das Linguas e Culturas ameazadas. C. Barreiros: Picasso, de onte a hoxe.


GRIAL Nº 6


Carballo Calero: Feixó e a Razón Borbónica. Álvaro Cunqueiro: As mil caras de Shakespeare. J. Manteiga Pedrares: La Realidad y la Esencia: Reflexiones en torno al pensamiento filosófico de Zubiri. Xosé Antón Arxona: Evolución histórica das linguas célticas. Xesús Precedo Lafuente (Introducción e notas) e M. Vidán Torreira (Traducción): O Cantar dos Cantares. Xosé Manuel López Nogueira: Unamuno i a súa imaxen da vida. Luís Seoane: Serafín Avendaño en Italia. Manuel María: A poesía galega de Celso Emilio Ferreiro. Cosme Barreiros: O pintor Arturo Souto. X. L. Franco Grande: Díaz Castro, nesta hora. Anne Maríe Morris: Análisis de “En los ecos del órgano”. Miguel D’Ors: Despois do “Faust” de Peter Gorski.

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Nobel


PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Jean-Paul Sartre

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa


'


Nacen

  • Amilcar Bettega (Rio Grande do Sul).
  • Joaquim Arena (São Vicente, Cabo Verde).
  • Mário Lúcio Sousa (Tarrafal, Cabo Verde).




Morren:

  • Cecilia Meireles (1901 Brasil).
  • Daniel Filipe (Cabo Verde; 1925 Ilha de Boavista, Cabo Verde).
  • José Osório de Oliveira (Lisboa; 1900 Setúbal).



Agustina Bessa Luís: As Relações Humanas (triloxía; 1964-65-66).


Altino do Tojal: Sardinhas e Lua (ampliada no 1974 co título Os Putos).


António Borges Coelho: Raízes da expansão portuguesa.


António Cândido de Mello e Sousa: Tese a antitese e Parceiros do Rio Bonito.


António Henrique Rodrigo de Oliveira Marques: Guia do estudante de História Medieval Portuguesa.


António Ramos Rosa: Terrear.


António Rebordão Navarro: Romagem a Creta.


Antunes da Silva: Terra do nosso pão.


Assis Esperança: Pão incerto.


Autran Dourado (Brasil): Uma Vida em Segredo.


Bento da Cruz: Ao longo da fronteira.


Carlos Drummond de Andrade (Brasil): Lição de coisas.


Clarice Lispector (Brasil): A legião estrangeira e A Paixão segundo G. H.


Domingos Monteiro: Contos do Natal (conto).


Ernesto Leal: O homem que comia névoa.


Eugénio de Andrade: Ostinato Rigore (poesía).


Fernanda Botelho: Xerezade e os outros.


Francisco Costa: Escândalo na vila.


Graça Pina de Morais: O Medo e Raquel (teatro).

Ilse Losa: Encontros no Outono.


João de Araújo Correia: Montes Pintados (crónica).


João Gaspar Simões: Almeida Garret: vida, pensamento, obra.


João Guimarães Rosa (Brasil): Campo Geral.


João Sarmento Pimentel : Memórias do capitão (2ª parte).


Jorge Amado (Brasil): Os pastores da noite.


Jorge Dias: Os Macondes de Moçambique.


José Craveirinha: (Mozambique): Chigubo (poesia).


José Leite de Vasconcelos (1858-1941): Contos populares e lendas.


José Osório de Oliveira : Espanha vista pelos portugueses.


José Régio: Ensaios de Interpretação artística (ensaio).


Luís Bernardo Honwana (Mozambique): Nós matámos o cão- tinhoso.


Luís Cajão: A estufa.


Luís Veiga Leitão: Ciclo de pedras.


Luiz Francisco Rebello: Dente por dente.


Luiza Neto Jorge: Terra imóvel.


Lygia Fagundes Telles (Brasil): Verão de aquário e Histórias escolhidas.


Maria Amélia Neto: Cicuta em março.


Maria da Graça Freire: As noites de Salomão Fortunato.


Maria de Lourdes Belchior: Poesia e mística: Frei Agostinho da Cruz.


María Manuela Couto Viana: Frauta lonxana.


Maria Teresa Horta: Candelabro.


Mário Beirão: O pão da ceia e Oiro e cinza.


Mário Cesariny de Vasconcelos: Um auto para Jerusalém.


Natália Nunes: Assembleia de mulheres.


Nuno Bermudes: Uma gota de chuva.


Orlando da Costa: Podem chamar-me Euridice.


Osman Lins (Brasil): Lisbela e o prisioneiro (teatro).


Pedro Homem de Melo: Há uma Rosa na Manhã Agreste.


Rachel de Queiroz: Mapinguari (crónica).


Sophia de Mello Breyner: O Cavaleiro de Dinamarca (lit. inf. e juv).


Urbano Tavares: Terra Ocupada (conto).


Vasco de Magalhães Vilhena: António Sérgio.O idealismo crítico e a crise da ideologia burguesa.


Víctor de Sá: Perspectivas do século XIX.


Vitorino Magalhães Godinho: Introdução às ciências sociais.


Vitorino Nemésio: Andamento Holandês e Poemas Graves (poesía).







Cataluña


Nacen:

Morren:

  • Agustí Calvet “Gaziel” (Barcelona; 1887 Sant Feliu de Guíxols).

PREMI VÍCTOR CATALÀ: Joaquim Carbó por Solucions provisionals.


A revista catalana “Serra d’or” publica os resultados dun inquérito feito a 19 críticos sobre as mellores obras publicadas en catalán nos últimos 25 anos: En novela o 1º posto foi para Plaça del Diamant de Mercé Rodoreda , seguido de Bearn do mallorquín Llorenç Villalonga. En conto Cróniques de la veritat oculta de Pere Calders e Mitesde Jordi Sarsanedas . En poesía obtivo 16 votos Elegies de Biervillede Carles Riba e 14 Vacances pagades de Pere Quart . En ensaio recibiu 18 votos Nosaltres els valencians de Joan Fuster e 14 Noticia de Catalunya de Jaume Vicens Vives . En teatro Primera historia de Esther de Espriu (17) e Homes i no de Pedrolo (11). No apartado de memoria –biografías Memories de J. M. de Sagarra e Tots els camins duen a Roma de Gaziel.



Antoni Maria Badía i Margarit: Llengua i cultura als Paysos Catalans (Edicións 62. Barcelona. “Grial” nº 10, páx. 495).


Francesc Candel: Els altres catalans.


Joan Colomines i Puig: Dos llibres (poesía) e Perdona, Franz (teatro).


Joan Fuster: Raimon.


Jordi Rubió y Balaguer: La cultura catalana del Renaixement a la Decadència.


Jordi Ventura i Subirats: Els catalans i l’occitanisme.


Josep Maria Benet i Jornet: Una vella, coneguda olor (teatro).


Josep Maria de Sagarra: La ruta blava.


Josep Maria Llompart de la Peña: Joan Alcover e La literatura moderna a les Balears.


Josep Palau i Fabre: Doble assaig sobre Picasso.


Josep Vicenç Foix: Desa aquests llibres al calaix de baix (poemas).


Martín de Riquer: Història de la literatura catalana.


Pere Calders: L‘ombra de l‘atzavara.




Flag of Spain


Nacen:



Morren:

  • Luis Martín-Santos (Vitoria; 1924 Larache, Marruecos).
  • Luisa Carnés Caballero (México D. F.; 1905 Madrid).
  • Rafael Cansinos Assens (Madrid;1882 Sevilla).




Alberti: Abierto a todas horas.

Alfonso Grosso: El capirote.


Ana María Matute: Algunos muchachos.


Andrés Ruiz: Como un cuento de otoño.


Antonio Ferres: Con las manos vacías.


Blas de Otero: Que trata de España.


Camilo José Cela: Viaje al Pirineo de Lérida.


Carlos Álvarez: Escrito en las paredes.


Daniel Sueiro Rodríguez: Toda la semana.


Ernestina Champourcín: Cárcel de los sentidos.


Félix Grande: Las piedras (Premio Adonais 1963).


Francisco Nieva: El combate de Ópalos y Tasia.


Jesús Fernández Santos: Laberintos.


José Batlló: La mesa puesta.


José Hierro: Libro de las alucinaciones.


José Triana: La muerte del ñeque (teatro).


Juan Ramón Jiménez: Dios deseado y deseante. Animal de fondo.


Julio García Morejón: Unamuno y Portugal (Instituto de Cultura Hispánica).


Manuel Álvarez Ortega: Invención de la muerte.


Miguel Mihura: Ninette y un señor de Murcia.


Ramón Carnicer Blanco: Donde las Hurdes se llaman Cabrera.







Máis culturas:


Nacen:


Morren:.

  • Arturo Echeverri Mejía (1919 Colombia).
  • Brendan Behan (1923 Irlanda).
  • Vasili Grossman (Moscú; 1905 Berdichev).


Gabriel Aresti Segurola : Harri eta Herri (Pedra e Pobo). Na primavera de 1969, Manuel María escribe a Aresti, felicitándoo pola súa obra e enviándolle algúns libros seus: “Mi admirado poeta: Le escribo después de haber leído su formidableHarri eta herri(…) Ya sabía de V. y de su poesía por el común amigo Xesús Alonso Montero (…)Harri eta herries, para mi, un libro realmente impresionante. Y creo que es usted uno de los mejores poetas peninsulares, juntamente con Salvador Espriu y con nuestro Celso Emilio Ferreiro…”.

O 7 de maio de 1969 contéstalle Gabriel Aresti agradecéndolle os seus libros e enviándolle outros seus e ademais comunícalle: “É un vello proxecto de Blas de Otero e meu o facer unha antoloxía da poesía das catro nacionalidades que agora constitúen o Estado español con versión a cada unha das linguas. Vostede sería a persoa indicada para o galego”. (Victoria Álvarez Ruiz de Ojeda: “Gabriel Aresti e as letras galegas”; “Grial” nº 223).



Agustín Yáñez: Las tierras flacas.


Amanda Berenguer: Declaración conjunta.


Antonio Dal Masetto: Lacre.


Arturo Uslar Pietri: Estación de máscaras.


Cabrera Infante: Vista del amanecer en el trópico.


Carlos Fuentes: Cantar de ciegos.


Edgardo Cozarinsky: El laberinto de la apariencia (ensaio).


Eduardo Galeano: China.


Ernesto Cardenal: Salmos (poesía).


Gonzalo Rojas Pizarro: Contra la muerte.


Haroldo Conti: Todos los veranos (contos).


José María Arguedas: Todas las sangres.


Juan Carlos Onetti: Juntacadáveres.


Juan García Ponce: Figura de paja.


Juan Gelman: Cólera buey.


Luis Brito García: Los fugitivos.


Luis Spota: La carcajada del gato.


Manuel José Arce y Valladares: Sonata entre hielo y fuego.


Marco Antonio Flores “El Bolo”: La voz acumulada (poesía).


Mario Benedetti: Gracias por el fuego.


Nicolás Guillén: Antología mayor (poesía).


Ramiro Domínguez: Ditirambos para flauta y coro.


Ramón Xirau i Subias: Mito y poesía.


Ricardo E. Molinari: Un día, el tiempo, las nubes.


Sebastián Salazar Bondy: Lima la horrible.


Sergio Pitol: El infierno de todos.


Vicente Leñero: Los albañiles.



Anne Tyler: If morning ever comes.


Brendan Behan: Brendan Behan’s New York.


Claude Lévi-Strauss: Les mythologiques: le cru et le cuit.


Chinua Achebe: Flecha de Deus.


Gay Talese: The bridge.


Giorgio Manganelli: Hilarotragoedia.


Hans Magnus Enzensberger: Política e delito.


James Baldwin: Blues para mister Charlie (teatro).


Jean-Paul Sartre: Les mots. Traducida ao galego por Dulce María Fernández Graña e François Davó: As palabras, para a Biblioteca Galega dos Clásicos Universais.


John Osborne: Inadmissible evidence (teatro).


Joyce Carol Oates: With Shuddering Fall.


Le Roi Jones: O holandés.


Luigi Meneghello: I piccoli maestri.


Macluhan: Para comprender os medios.


Peter Weiss: A persecución e asasinato de Jean- Paul Marat, representado polo grupo de actores do manicomio de Charenton baixo a dirección do señor de Sade (teatro).


Robert Lowell: For the Union dead (Mortos pola Unión; poesía).


Saul Bellow: Herzog.


William Burroughs: Nova express.


William Trevor: The old boys.



Tamén sucedeu...

  • CINE:

- Luis Buñuel: Diario de una camarera.

- Luis García Berlanga: La escopeta nacional.

- Jean-Luc Godard:Bande à part.

  • Bob Dylan: “The Times They Are A-changin’”.
  • Dylan.jpg
    Holanda, Bélgica e e Italia contrarios á incorporación de España á CEE; Francia e a República Federal de Alemaña, a favor.
  • O 1 de xaneiro entra en vigor o “I Plan de Desarrollo”.
  • O cantautor portugués José Afonso é invitado pola “Sociedade Musical Fraternidade Operária Grandolense” para cantar na vila de Grándola. Como homenaxe á sociedade compuxo a canción “Grándola vila morena”.
  • Os EEUU deciden intervir en Vietnan.
  • Revoltas racistas nos Estados Unidos.
  • O Papa Paulo VI e o Patriarca Atenágoras, máximo responsable da Igrexa Ortodoxa, reúnense e difunden un comunicado conxunto que remata con séculos de incomunicación entre as súas confesionalidades relixiosas.
  • Indonesia invade Malasia.
  • China fai estoupar unha bomba atómica.
  • Repentina destitución de Nikita Kruschev. Leonid Breznev sucédelle na secretaría do Partido Comunista da URSS.
  • Loita entre gregos e turcos en Chipre.
  • Panamá rompe relacións cos Estados Unidos.
  • Constitución da OLP
  • Morre Nehru na India.

.