Diferenzas entre revisións de «1971»

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura
(25px|Flag CPLP.gif 25px|Cataluña 25px|Flag of Spain Outras culturas)
(Acontecementos)
 
(Non se amosa 2 revisións do historial feitas polo mesmo usuario.)
Liña 31: Liña 31:
 
|-
 
|-
 
||José Cernadas Sande (Carnota).
 
||José Cernadas Sande (Carnota).
 +
|-
 +
||Lionel Rexes Martínez (París).
 
|-
 
|-
 
||Luís Pousa Rodríguez (Lugo).
 
||Luís Pousa Rodríguez (Lugo).
Liña 222: Liña 224:
  
  
 +
* No mes de decembro inaugúrase no Instituto de Lugo unha “Exposición didáctica de Lingüística Hispánica” dirixida polo profesor Alonso Montero coa colaboración de Carmen Beltrán na que se expuñan, ademais de libros, carteis con textos de interese filolóxico ou literario. Nun deles figuraban as palabras de Sancho Panza referentes aos capítulos da Ínsula Barataria, nas que renuncia á súa condición de gobernador. Estas palabras aparecían en castelán, en galego, traducidas por Ánxel Fole, en catalán, por Ricard Salvat, en portugués por Pilar Vázquez Cuesta e en éuscaro por Juan San Martín. O catálogo correspondente ofrecía o texto en castelán e en vasco. (Xesús Alonso Montero: ''Actividades filolóxicas –non exentas de signos políticos- no Instituto Masculino de Lugo de 1960 a 1976'' (2024 Xunta de Galicia).
 
* Desaparece a audición radiofónica “[[wikipedia: gl: Galicia Emigrante | Galicia Emigrante]]” (Buenos Aires 1954).
 
* Desaparece a audición radiofónica “[[wikipedia: gl: Galicia Emigrante | Galicia Emigrante]]” (Buenos Aires 1954).
 
* Inaugúrase o Centro Rexional de TVE en Galicia.
 
* Inaugúrase o Centro Rexional de TVE en Galicia.
Liña 342: Liña 345:
 
* [[wikipedia: pt: Manuel Jorge Marmelo | Manuel Jorge Marmelo]] (Porto).  
 
* [[wikipedia: pt: Manuel Jorge Marmelo | Manuel Jorge Marmelo]] (Porto).  
 
* [[wikipedia: pt: Valter Hugo Mãe | Valter Hugo Mãe]] (Saurimo, Angola).
 
* [[wikipedia: pt: Valter Hugo Mãe | Valter Hugo Mãe]] (Saurimo, Angola).
* [[wikipedia: pt: Alfonso Cruz  | Alfonso Cruz ]] (Figueira da Foz).
+
* [[wikipedia: pt: Afonso Cruz  | Afonso Cruz ]] (Figueira da Foz).
  
  

Revisión actual feita o 16 de xuño de 2024 ás 11:19

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Día das Letras Galegas

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Ana Acuña (Marín)
Armando Requeixo Cuba (Mondoñedo).
Baldo Ramos (Celanova).
Carlos Solla (Pontevedra).
Domingo Villar (Vigo; ibídem 2022).
Elisabeth Oliveira (Lille, Francia).
Estevo Creus (Cee).
Ígor Lugrís (Melide).
Jacobo Barros López (A Coruña; 2002 Papúa Nova-Guinea).
José Cernadas Sande (Carnota).
Lionel Rexes Martínez (París).
Luís Pousa Rodríguez (Lugo).
María Carreira López (Castroverde, Lugo).
Xesús Fraga (South Kensington).
Outros
O ilustrador, deseñador, pintor, director e guionista de curtametraxes José Carlos Sardiña Rodríguez (Fene).
O pintor e debuxante Juan Carlos Abraldes (Barcelona).
O debuxante Santiago Gutiérrez (Vigo).
O ilustrador e humorista gráfico Xosé Tomás Díaz Teijo (Betanzos).
Xacobe Fernández Serrano (Vigo) ilustrador, pintor e debuxante.
O actor Luís Tosar (Xustás, Cospeito)
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Avelino Díaz: (Buenos Aires; 1897 Santa Comba de Orrea, Riotorto).
Faustino Rey Romero (Buenos Aires; 1921 Isorna, Rianxo).“Il tamén como Curros arremetía contra a inxusticia, por aduviada que se presentase, sen importarlle ren a orixe […]. Home creador, tanto no campo lírico, onde ocupa un xusto lugar sobranceiro, como no espiñoso da Filosofía. […] Xornalista baril, que con xurdias razóns se non arredaba da verdá, por aceda que fose, conscente da misión esclarecedora do xornalismo […] Galego de lei, que aproveitóu todo intre pra facer a súa profesión de fé galeguista, calada, non argalleira, sin aturar a máis lene crítica que embazara a súa posición” (“A Nosa Terra” nº 517).
Manuel Masdías Sánchez (Ferrol; 1899 Churí, As Mariñas).
Outros
Manuel Fuentes Jorge, poeta, novelista e dramaturgo en castelán (Santiago; ibídem 1899).
Pedro Barrié de la Maza, Conde de Fenosa (A Coruña; ibídem 1888).
O mecenas Antonio Fernández López “Antón de Marcos” (Lugo; ibídem 1903).
O cardeal Fernando Quiroga Palacios (Madrid; 1900 Maceda, Ourense).
O xornalista Ángel Huete Rodríguez (1917 A Coruña).
O músico Antonio Iglesias Vilarelle (Pontevedra; 1889 Santiago).
Francisco Javier Sánchez Cantón (Pontevedra; ibídem 1891).
A pintora Concha Vázquez (Santiago; ibídem 1906).

Publicacións

Galegas

  • Álvaro Cunqueiro : Xente de aquí e de acolá (Galaxia. “Grial” nº 34, páx. 497). No 1988 editarase unha tradución ao francés de Rosendo Ferrán: Gens d’ici et de là e no 1993 outra de François Maspero co título de Galiciens, corbeaux et parapluies (Actes Sud). No 1989, Sheila Ingrisano fai a tradución ao inglés People from here and beyond (Iberia: Líneas aéreas de España) e no 2011 Kathleen March fai outra tradución ao inglés para Smail Stations Press Folks from here and there (“Grial” nº 193).

Cunqueiro traduce do catalán “Perecer non coido…” da obra de J. V. Foix KRTU, co pseudónimo de Manuel María Seoane (“Faro de Vigo”, 7 de febreiro). De Josep Sebastià Pons traduce co mesmo pseudónimo “O vale segredo”(“Faro de Vigo” 30 de maio) e de Carles Riba “Fuges quan per haver-te…” (“Faro de Vigo”, 17 de xullo). O 22 de agosto aparece no “Faro de Vigo” “Xogo de tenis”, poema de Josep Carner tamén traducido do catalán, asinando como M. Mª Seoane e o 31 de outubro “Deusa púnica” de Tomás Garcés, do libro Plec de poemes.

  • Álvaro Paradela Criado : Dous contos (“Rosa de Laíño” e “Luarela ou Raiosol”) e La Galicia que duele.
  • Amado Ricón Virulegio: Eduardo Pondal: novos poemas (Vigo).
  • Antón Villar Ponte (1881-1936): Pensamento e sementeira (ensaios, conferencias e discursos; Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires. “Grial” nº 33, páx. 376).
  • Ánxel Fole inicia a sección “Los grandes poetas del siglo” en “El Progreso” de Lugo, onde ademais do seu nome, empregará os pseudónimos de Neumandro, F. de N. (Fole de Navia) e Lucencio.
  • Avelino Pousa : ¿Valen ou non as cooperativas de esplotación comunitaria pra o campo galego?
  • Basilio Losada : Poetas gallegos de postguerra (Ocnos. “Grial” nº 35, páx. 111).
  • Bieito Cupeiro : colabora en “A Nosa Terra”.
  • Blanco Amor : Castelao (Ed. do autor; Ourense). Con data de 27 de marzo, Ben-Cho-Shey escribe dende Madrid a Neira Vilas: “O caso do Blanco Amor é pior. Non atopou na nosa terra o acollemento que il agardaba e merecía, dunha parte porque as súas ideias chocan cas dos mandamais e doutra porque os postos onde íl podería traballar e seguir a sua traieutoria literaria están copados e os posesores forman o cadro para defender o pan. Agora leva unha tempada longa en Barcelona onde atopa un clima mais axeitado i europeo que o de eiqui e dende alá mándalle a “La Región” uns artigos cheos de laios e de reproches xustos pro que coido non debera esteriorizalos, pois somos moitos os que estamos en situaciós parecidas e aturamos” (Xosé Neira Vilas : Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010). En Barcelona Basilio Losada preséntalle a Ricard Salvat e danlle un traballo na Compañía Nacional Guimerá. Estrea unha adaptación de El caballero de Olmedo.
  • Carballo Calero : Catro pezas (A sombra de Orfeo; Farsa das zocas; A arbre; Auto do prisioneiro) e Sobre lingua e literatura galega (Galaxia. “Grial” nº 34, páx.503).
  • Carlos Durán, Mª Teresa Barro, Xavier Toubes, M. Fernández Gasalla e Fernando Pérez Barreiro Nolla: Plan pedagóxico galego (Galaxia).
  • Castelao (1886-1950): publícase a conferencia de 1939 Galicia y Valle Inclán (Edit. Celta, Lugo).
  • Daniel Cortezón : Pedro Madruga e Os Irmandiños.
  • Domingo García-Sabell : A pintura como comunicación (Conferencia pronunciada no Museo Carlos Maside o 30 de agosto. Ediciós do Castro) e Testimonio personal (ensaios. Seminarios y Ediciones. Madrid. “Grial” nº 35, páx. 117).
  • Eduardo Pondal (1835-1917): Eduardo Pondal: novos poemas.
  • Emilio Ramón de Gregorio : Miúdo e a campaíña dos grilos (lit. inf).
  • Enrique Vidal Abascal : A crisis da universidade europea (Real Academia Gallega. “Grial” nº 32, páx. 246).
  • Fiz Vergara Vilariño : Pra vós (poemas. Prólogo de Alonso Montero. Editorial Celta).
  • Francisco Fernández del Riego : Manual de historia da literatura galega (Galaxia. “Grial” nº 36, páx. 244).
  • Gonzalo López Abente (1878-1963): Monza de frores bravas para Nosa Señora da Barca (15 poemas publicados co gallo do Día das Letras Galegas).
  • Guillermo Abeixón : Choio e o rei Talento (lit. infantil).
  • Javier Montero Mejuto : Loureiros na noite.
  • José María López Penelo (1906-1970): Dándolle á roda. Contos e cousiñas d‘acó e d‘aló.
  • Ketty Quintana Lacaci : Anacos do meu tempo.
  • Luís Rodríguez Fernández : Nas lareiras.
  • Manuel Lueiro Rey : Un tempo de sol a sol (Ed. do Centro de Betanzos, Buenos Aires). En 1974 sae na editorial Moret, na Coruña, con ilustracións de Seoane e La noche espera el alba (poesía de denuncia social).
  • Manuel María : O xornaleiro e sete testimuñas máis (Edicións Galicia do Centro Galego de Buenos Aires). Recibiu en 1969 un dos Premios Narrativa do Centro Galego de Bos Aires. Ilustracións de Antonio Abreu Santos.
  • Manuel Masdías Sánchez (1899-1971): Poesías (volume recompilado polo seu fillo Antonio Masdías Quintela).
  • María Victoria Fernández-España : Galicia feudal (Galaxia).
  • Matilde González Palau “Matilde Lloria”. Poetisa alófona (Almansa 1912; 2002 Valencia) : Caixiña de música (Concello de Ourense. Prólogo de Otero Pedrayo e ilustracións de Arturo Baltar).
  • Maximino Castiñeiras : Os do meu tempo.
  • Méndez Ferrín : Retorno a Tagen Ata (novela. Edicións Castrelos. “Grial” nº 32, páx. 238).
  • Neira Vilas : Cartas a Lelo (Ediciós do Castro. “Grial” nº 35, páx. 115); O cabaliño de buxo (Ediciós do Castro. “Grial” nº 33, páx. 372) e o Espantallo amigo (Edit. Celta). Con data de 8 de xuño de 1972, escríbelle unha carta Núñez Búa: “Cartas a Lelo, que ven ser outro xeito formal de Memorias de un neno labrego leino con moita atención (…) Eres o único escritor galego, que viviu de neno a vida de labrego dende dentro e que dende dentro a deita en verbas sen miga de literatura. Por iso eres un gran literato. Ti si que esganaches a metáfora. A túa prosa é traballada, por sere á luz como auga do manantial, que sal delgada, limpa, fresca, porque moito tivo que andar e desandar, baterse, ir e vir polas entrañas da terra deica poder xurdir pra matarnos a sede. Ningún escritor galego expresou tan sinxela e tan traballadamente coma ti o sentimento humanizado, iso, sentimento humanizado da Terra”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 350).

En resposta a unha carta de Ramón Piñeiro escríbelle Neira Vilas (28 de agosto de 1972): “Seguindo co seu comento: di ben Vde. que Toño e Lelo poideran ser un mesmo: eu. En boa medida é así. O que conta Toño, igual que conta o Balbino das Memorias, se non me pasou a min (non me pasou certamente na maioría dos casos) pasou por min. Se non “foi” en min, foi noutros ou puido ser en calquera rapaz da miña infancia e da miña comarca ullán”. (Epistolario Ramón Piñeiro–Xosé Neira Vilas. Cadernos Ramón Piñeiro XXXII. Xunta de Galicia 2015).

  • Paco Martín : Muxicas no espello (Lugo).
  • Pura Vázquez : O desacougo (poemas escritos en Venezuela).
  • Rafael Dieste : A vontade de estilo na fala popular; discurso de entrada na Academia (1970) coa resposta de García Sabell. (Edic. do Castro. “Grial” nº 31, páx. 122).
  • Vicente Risco (1884-1963): Un caso de Lycantropía (O home-lobo) (Discurso lido por Vicente Martínez-Risco o 23 de febreiro de 1929 para o ingreso na Real Academia Galega, xunto coa resposta de Ramón Cabanillas. Real Academia Gallega. “Grial” nº 32, páx. 244).
    Adios maria.jpg
  • Xesús Mariño Lago (1929-1958): Fonte senlleira (Deputación de Pontevedra . Con ilustracións de Agustín Portela Paz).
  • Xoán Xosé Santamaría Conde : O problema galego da fala (Vigo).
  • Xoán Xulio Alfaia : O paseo (Galaxia. “Grial” nº 35, páx. 109).
  • Xohana Torres : Adiós, María (novela gañadora do Premio Galicia do Centro Galego de Buenos Aires no 1970. Ediciones Galicia. Centro Gallego de Buenos Aires. “Grial” nº 33, páx. 364).
  • Xosé Fariña Jamardo : O mesón do birollo.
  • Xosé Filgueira Valverde : Quintana viva. (Galaxia. “Grial” nº 38, páx. 509).
  • Xosé Isorna Ferreirós : A nai galega (Ourense).
  • Xosé Luís García Mato : Contos e lendas da Terra Cha.
  • Xosé María Álvarez Blázquez : A pega rabilonga e outras historias de tesouros. Publica, na súa colección Pombal, o volume Aires da miña terra e outros poemas de Curros, desoíndo o Ministerio da Censura.
  • Xosé María García Rodríguez : Cativo da miña tristura (poemas. Galaxia. “Grial” nº 32, páx. 247).
  • Xosé Núñez Búa : Revoeira. Homes, feitos, verbas (Montevideo. Patronato da Cultura Galega).
  • Xosé Vázquez Pintor : Gándaras (poemas con prólogo de Varela Buxán).

Relativas a Galicia

  • O número 25 da revista de poesía e crítica “Fablas” editada nas Palmas de Gran Canaria está dedicado ás letras galegas.
  • A revista madrileña “Triunfo” publica no número de abril unha entrevista con Celso Emilio Ferreiro.
  • A presenza da cultura galega na revista “Colóquio Letras” dirixida por Jacinto do Prado Coelho e que publica a Fundação Gulbenkian comeza no número 2 (xuño), dentro da sección de “Cartas” coa colaboración de Ramón Piñeiro co título “Carta de Santiago de Compostela. A evolución do problema da lingua”.
  • Fernández del Riego reanuda a súa colaboración coa revista “Galicia” do Centro Galego de Buenos Aires ao asumir a dirección Valentín Fernández. O correspondente continuará a ser Juan Naya Pérez, cargo que ocupaba dende 1968. O número de xaneiro ven ser unha homenaxe a Castelao, e nel publícase unha tradución ao castelán de Os vellos non deben de namorarse feita por Manuel María.
  • En marzo reaparece a revista “Chan” (1969), pero desaparece definitivamente este mesmo ano.
  • Odón Luís Abad Flores dirixe a publicación trimestral galega “Fronte e Cocote”, subtitulada “Revista de la Escuela de Ingeniería Técnica Agrícola de Lugo” (1972). No nº 3 desta revista publícase por primeira vez na Galicia interior o poema de Novoneyra “Letanía de Galicia”. Anteriormente, este poema de 1968 editárase no 1970 na publicación da diáspora galega “Casa Galicia. Unidad Gallega, Nova York”.
  • Xosé Velo funda e dirixe a revista mensual “Paraíso 7 días”, da que saíron cinco números.
  • Alberto Balil Illana (Barcelona 1928) publica Sobre los mosaicos romanos de Galicia e Galicia y el comercio atlántico en época romana.
  • Anisia Miranda: La locomotora que no quiso ser vieja (Ed. Gente Nueva) e El tractor pionero (Ed. Gente Nueva).
  • Antonio Meijide Pardo: Economía marítima de la Galicia cantábrica en el siglo XVIII (Universidad de Valladolid. “Grial” nº 35, páx. 113).
  • Arcadio López Casanova: Lenguaje, expresión literaria, y lingüística del español.
  • Benito Varela Jácome: Santiago de Compostela (Guía turística. Everest).
  • Cándido Viñas Calvo: El cura de Ouriños y otros desvelos (Vigo).
  • Carlos Martínez-Barbeito y Morás: Emilia Pardo Bazán, coruñesa.
  • Carlos Polo López-Berdeal: Galicia en sus hombres de hoy (Madrid).
  • Carmelo Lisón Tolosana: Antropología Cultural de Galicia (Madrid).
  • Daniel Cortezón: Soñando a Goethe en primavera.
  • Dulce María Orxales Valcárcel: Te he perdido, para ti mis palabras.
  • Elías Valiñas Sampedro: El camino de Santiago. Estudio histórico-jurídico (CSIC) e a guía Camiños de Compostela (Faro de Vigo).
  • Emilia Estévez Villaverde: Santiago en la leyenda (Santiago).
  • Fernando Mon Rodríguez: Aspectos sociales del arte en Galicia (A Coruña).
  • Francisco Domínguez Romero: Señales del camino.
  • Francisco Xavier de la Colina Unda: El dolor innumerable (A Coruña) e Poemas santiagueses (A Coruña).
  • Isidro Buceta: Cantares y coplas (Prólogo de Filgueira Valverde).
  • Joaquín Calvo Sotelo: Un millón de rosas.
  • Jorge Juan Eiroa: Tierra adentro.
  • José Carro Otero: Anatomía antropológica antigua del pueblo gallego (siglos I al VII d. C.) (Universidad de Santiago. “Grial” nº 32, páx. 249).
  • José Manuel González Reboredo: El folklore en los castros gallegos (Univ. de Santiago de Compostela. “Grial” nº 33, páx. 371).
  • José María Fórneas Besteiro: Elencos biobibliográficos arabigoandaluces.
  • Lorenzo Varela publica o ensaio sobre Salvador Dalí: Los hombres. Dalí.
  • Luís Seoane: Diego Rivera (Centro Editor de América Latina. Buenos Aires); O Conde asesino de Sobrado e outros grabados (Edición Cuco Rey. “Grial” nº 36, páx. 241) e Carlos Maside (Ediciós do Castro).
  • Maruxa Orjales Valcárcel: Te he perdido. Para ti mis palabras (Vigo).
  • Ramón Mourente: Mi paso por el Centro Gallego de Buenos Aires.
  • Raúl Grien: Mujeres únicas.
  • Siro López: Humor 71 con prólogo de Xavier Alcalá.

Acontecementos

  • Creación do Instituto da Lingua Galega (ILGA) na Universidade de Santiago. Este instituto publica Galego 1 (“Grial” nº 33, páx 363), método para o estudio da nosa lingua e xunto co ICE convoca un curso de formación do profesorado en lingua galega.Nos libros de texto Galego 1,2 e 3 (1971-1974) colaboraron Antón Santamarina, Guillermo Rojo, Ramón Lorenzo e José Luis Couceiro. En carta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada (8 de marzo) fai referencia á publicación por parte da Universidade de Santiago do Método de galego: “Dende logo, o Método está esplendidamente feito e, ademais, é moi oportuno e necesario. A maiores desto, o feito de que tomase tal iniciativa o Departamento de Filoloxía Románica, non deixa de ser, polo menos así mo parece, moi interesante e prometedor porque representa unha incorporación activa da Universidade aos problemas da nosa lingua, sobre todo agora que a lingua se debera incorporar ao ensino. No tocante ao Método penso que todos debemos estar ledos”. (Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Galaxia 2009. Páx. 842).
    Galego 1 ilga.jpg
  • Celébrase na Coruña o "Primeiro Congreso de Dereito Galego".
  • Álvaro Cunqueiro viaxa a Lisboa, onde pronuncia unhas conferencias no local da Juventud de Galicia.
  • Luís Seoane escribe a Díaz Pardo, dende Buenos Aires (13 de xaneiro): “Hoy te envío dos fotocopias de los ataques que me suministra “A Nosa Terra” con motivo de una defensa radial de Dieste, hecha con toda corrección…”. (María América Díaz: Luis Seoane. Notas ás súas cartas a Díaz Pardo (1957-1979. Ediciós do Castro 2004). A audición tivo lugar o 8/11/1970. Os artigos titúlanse “Cuco-Rei” e “Olimpo de Palla” ambos en “A Nosa Terra” de decembro de 1970 (nº 515). A raíz disto, Díaz Pardo dirixe unha carta á Irmandade Galega (19 de xaneiro) na que lle indica: “Teño algo que ver con quenes construiron o nome de “A Nosa Terra” e non teño máis remedio que manifestar meu profundo disgusto por ises dous traballos que considero deben ser reutificados para ben de todos”.
  • Os Seoane saen de Buenos Aires o 21 de abril; logo de pasar por Roma e Barcelona pasan o verán na Coruña, regresando en decembro a Buenos Aires despois de visitar Madrid. O 25 de xullo Seoane inicia en “La Voz de Galicia” a serie “Figuracións” que durará ata o 5 de setembro de 1976 (286 colaboracións de caricatura e texto). En carta a Díaz Pardo do 28 de decembro di: “No creo en todos los médicos, pero creo en algunos como García Sabell porque conozco desde antes de empezar su carrera y sé como la estudió y con que amor se dedicó a ella”.
  • O Cardeal Quiroga Palacios celebra unha misa en galego o 15 de xullo en Iria Flavia coa asistencia das autoridades civís e militares de Galicia co gallo da restauración da Casa-Museo de Rosalía: “…temos que conquerir o Rexurdimento dunha nova Galicia e acadar a axuda que precisan os máis desfavorecidos do Noso País”. Con respecto a Rosalía di: “…os seus contemporáneos chamábanlle a santiña. A santiña porque tiña fe e quería a Deus; a santiña porque sentía amor profundo aos homes, sobre todo aos máis necesitados, sobre todo aos que estaban ansiosos de encontrar unha man que os erguera”.

En resposta ao discurso do xeneral Franco na ofrenda ao Apostol Santiago: “Mis más fervientes oraciones por el bienestar y el progreso de la patria y en especial por el de esta entrañable Galicia que tanto necesita y tanto espera, para que sus numerosos hijos que están en la emigración puedan volver a sus hogares para alegría de sus familias y para el conveniente desarrollo de nuestra tierra”.

  • Do 18 ao 23 de xaneiro celébrase en Coímbra unha “Semana Cultural Galego-Portuguesa” con intervencións de Rodrigues Lapa, Orlando Ribeiro, Joseph M. Piel e Ramón Lorenzo, Ramón Piñeiro e Carballo Calero. Rodrigues Lapa pronuncia unha conferencia sobre “A Galiza, o Galego e Portugal”, publicada máis adiante como separata na revista de Coimbra “Biblos”. Tamén houbo unha exposición sobre o libro galego.
  • O 17 de maio inaugúrase en Barcelona na galería Sargadelos a “Primeira Mostra do Libro Galego en Cataluña”.
  • Xaime Quessada, De Dios e Acisclo Manzano fan unha exposición na cidade de México patrocinada polo "Padroado da Cultura Galega" que rixen Luís Soto e Carlos Velo.
  • Fórmase o grupo folk “Verbas xeitosas” na Escola Normal da Coruña.
  • Suso Vaamonde e Bibiano Morón incorpóranse a “Voces Ceibes” (1968).
  • Celso Emilio Ferreiro visita en Barcelona o seu amigo Álvaro Ruibal, escritor e periodista. Alí anuncia que ven de escribir un soneto titulado “Pie para una fotografía del caudillo”, que recita e escribe nun papel:

“Este que veis aquí, Paco del Pardo,

por la gracia de Dios tirano abyecto,

careta de Caín pluscuamperfecto,

mestizo de beata y de bastardo.

Cubrió nuestro vergel de espino y cardo,

sembró nuestro solar de un aire infecto,

al honrado español dio por el recto,

vendió la patria al yankee y al bigardo.

Hizo la España una en los cohechos,

grande en los fraudes, libre de derechos.

duro al perdón y sordo a las protestas.

Verdugo nacional de sangre ahíto,

su dramático fin está ya escrito:

ha de morir con las polainas puestas”.


  • No mes de decembro inaugúrase no Instituto de Lugo unha “Exposición didáctica de Lingüística Hispánica” dirixida polo profesor Alonso Montero coa colaboración de Carmen Beltrán na que se expuñan, ademais de libros, carteis con textos de interese filolóxico ou literario. Nun deles figuraban as palabras de Sancho Panza referentes aos capítulos da Ínsula Barataria, nas que renuncia á súa condición de gobernador. Estas palabras aparecían en castelán, en galego, traducidas por Ánxel Fole, en catalán, por Ricard Salvat, en portugués por Pilar Vázquez Cuesta e en éuscaro por Juan San Martín. O catálogo correspondente ofrecía o texto en castelán e en vasco. (Xesús Alonso Montero: Actividades filolóxicas –non exentas de signos políticos- no Instituto Masculino de Lugo de 1960 a 1976 (2024 Xunta de Galicia).
  • Desaparece a audición radiofónica “ Galicia Emigrante” (Buenos Aires 1954).
  • Inaugúrase o Centro Rexional de TVE en Galicia.
  • Manuel Garabal pinta “O Cristo de San Fiz”.

Premios

  • Celso Emilio Ferreiro gaña co seu libro Antipoemas o IV "Premio Internacional de Poesía Álamo" convocado en Salamanca na órbita da revista “Álamo”, dirixida polo poeta José Ledesma Criado. En carta dende Barcelona de Basilio Losada a Ramón Piñeiro (30 de setembro) escribe: “Por acó non hai máis novedades. Unha, si: a do Premio Álamo a Celso Emilio , É unha pena que veña agora intentando ganar fama e cartos cunha obra en castelán. Eu comprendo o bilingüismo na prosa funcional, nos traballos alimenticios, ou nos que supoñen unha posibilidade de espallamento das nosas posiciós, pero a obra de creación –e máis a poética- haina que facer en galego. Maxino a que se iba a armar en Cataluña si Espriu se presentara a un Premio Adonais, por exemplo. Dende logo, acó en Barcelona, a ocurrencia de Celso Emilio causou moi mala impresión” (Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Galaxia 2009. Páx. 874).

O 18 de novembro de 1971, Celso Emilio Ferreiro escribe a Alonso Montero: “Xa sei que os puritanos repróchanme ter concurrido ó premio Álamo polo seu carácter “movimientista”. Non se decatan que, precisamente, por o seu orixen oficial o meu desquite é moito mais compreto. Que os mesmos que me refugaron o libro en galego, señan os que agora mo premian en castelán é algo especialmente satisfactorio pra min, e si non saben comprender iste matiz eu non lles teño culpa. hai dende logo xente que descoñece o feito de que o libro foi denantes rechazado, pro nin xiquera esta xente ten dereito a pensar mal namentras non coñeza o libro premiado.Por outra parte, vistas as cousas como hai que velas, nada hai ahí que non seña do movimento, entendido non no aspecto adeministrativo, sinón no seu contesto político-moral. […]Dícenme que na custión do idioma hai que ser intransixentes. Craro que sí. Pro esta intransixencia ten un ámbito de apricación, fora do coal non ten senso razoábel invocala nin pola en práctica, salvo que se queira reducila ó absurdo. Rosalía, Pondal, Curros e Iglesia Alvariño, tamén escribiron en castelán, e a ninguén se lle ocurriu dicer que con elo pouco menos que traicioaban á lingoa galega...(A Nosa Terra, Celso Emilio Ferreiro, Extra Cultura 11, 1989).

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario


Con data de 27 de marzo, Ben-Cho-Shey escribe dende Madrid a Neira Vilas: “O caso do Blanco Amor é pior. Non atopou na nosa terra o acollemento que il agardaba e merecía, dunha parte porque as súas ideias chocan cas dos mandamais e doutra porque os postos onde íl podería traballar e seguir a sua traieutoria literaria están copados e os posesores forman o cadro para defender o pan. Agora leva unha tempada longa en Barcelona onde atopa un clima mais axeitado i europeo que o de eiqui e dende alá mándalle a “La Región” uns artigos cheos de laios e de reproches xustos pro que coido non debera esteriorizalos, pois somos moitos os que estamos en situaciós parecidas e aturamos” (Xosé Neira Vilas : Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).

O 11 de febreiro Manuel María escribe a Neira Vilas: “O que pasa é que entre os rapaces da Nova Canción non hai un que coñoza verdadeiramente nin a hestoria de Galicia, nin a súa literatura, nin a súa música popular. Arrepía un pouco o comprobar a falta de cultura, de coñocemento galego, que teñen estes rapaces. I o máis malo de todo e que xa comenzan a ter ataques de divismo”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 292).
Con data de 8 de xuño de 1972, escríbelle unha carta Núñez Búa a Neira Vilas: “Cartas a Lelo, que ven ser outro xeito formal de Memorias de un neno labrego leino con moita atención (…) Eres o único escritor galego, que viviu de neno a vida de labrego dende dentro e que dende dentro a deita en verbas sen miga de literatura. Por iso eres un gran literato. Ti si que esganaches a metáfora. A túa prosa é traballada, por sere á luz como auga do manantial, que sal delgada, limpa, fresca, porque moito tivo que andar e desandar, baterse, ir e vir polas entrañas da terra deica poder xurdir pra matarnos a sede. Ningún escritor galego expresou tan sinxela e tan traballadamente coma ti o sentimento humanizado, iso, sentimento humanizado da Terra”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010, páx. 350).
En resposta a unha carta de Ramón Piñeiro escríbelle Neira Vilas (28 de agosto de 1972): “Seguindo co seu comento: di ben Vde. que Toño e Lelo poideran ser un mesmo: eu. En boa medida é así. O que conta Toño, igual que conta o Balbino das Memorias, se non me pasou a min (non me pasou certamente na maioría dos casos) pasou por min. Se non “foi” en min, foi noutros ou puido ser en calquera rapaz da miña infancia e da miña comarca ullán”. (Epistolario Ramón Piñeiro–Xosé Neira Vilas. Cadernos Ramón Piñeiro XXXII. Xunta de Galicia 2015).
En carta de Ramón Piñeiro a Basilio Losada (8 de marzo) fai referencia á publicación por parte da Universidade de Santiago do Método de galego: “Dende logo, o Método está esplendidamente feito e, ademais, é moi oportuno e necesario. A maiores desto, o feito de que tomase tal iniciativa o Departamento de Filoloxía Románica, non deixa de ser, polo menos así mo parece, moi interesante e prometedor porque representa unha incorporación activa da Universidade aos problemas da nosa lingua, sobre todo agora que a lingua se debera incorporar ao ensino. No tocante ao Método penso que todos debemos estar ledos”. Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Galaxia 2009. Páx. 842
Luis Seoane escribe a Díaz Pardo, dende Buenos Aires (13 de xaneiro): “Hoy te envío dos fotocopias de los ataques que me suministra “A Nosa Terra” con motivo de una defensa radial de Dieste, hecha con toda corrección…”. (María América Díaz: Luis Seoane. Notas ás súas cartas a Díaz Pardo (1957-1979. Ediciós do Castro. 2004). A audición tivo lugar o 8/11/1970. Os artigos titúlanse “Cuco-Rei” e “Olimpo de Palla” ambos en “A Nosa Terra” de decembro de 1970 (nº 515). A raíz disto, Díaz Pardo dirixe unha carta á Irmandade Galega (19 de xaneiro) na que lle indica: “Teño algo que ver con quenes construiron o nome de “A Nosa Terra” e non teño máis remedio que manifestar meu profundo disgusto por ises dous traballos que considero deben ser reutificados para ben de todos”.
Luis Seoane en carta a Díaz Pardo do 28 de decembro di: “No creo en todos los médicos, pero creo en algunos como García Sabell porque conozco desde antes de empezar su carrera y sé como la estudió y con que amor se dedicó a ella”.
Ramón Piñeiro escribe a Xavier Alcalá (16 de febreiro): “… Pro falemos dos teus poemas. Teñen unha nota xeral de pesimismo refreisivo, espresado, ás veces, con sutileza, e sempre con sensibilidade lírica de boa lei. Semellan traducir a mágoa dun rapaz con moita vida interior…”(4 de marzo): “… No Xavier que se albisca ao traveso dos poemas bótanse de ver dúas tendencias contrapostas: unha, de entrega xenerosa aos demais, de identificación radical coa comunidade; outra, de retraemento na propia intimidade, de asolagamento pasivo no indeciso lusco-fusco do pesimismo (…) Ao señalar que en canto seres biolóxicos somos configurados pola cultura, puxen un exemplo literario tomado de Castelao e un exemplo real –o teu-, que sendo andaluz de aboenza e manchego de nacemento, eres galego coma nós porque coma nós estás configurado pola mesma cultura…” (En “Grial” nº 184).
Xavier Alcalá : Voltar, seis personaxes e un fado. (Galaxia. 1972). O 26/11/1971, escríbelle Ramón Piñeiro: “Xa lin o teu libro, que vén sendo a espresión literaria de unha esperiencia dramática que viven tantos e tantos galegos, moitos deles inconscientemente: o desterro. (…) Para min non ten dúbida a autenticidade da túa vocación literaria. Penso que levas dentro un escritor e confío en que o fado o vexa con bos ollos…” (En “Grial” nº 184).
Xerardo Álvarez Gallego escribe a Neira Vilas dende Miami (1 de agosto): “(...) Por todo iso e por comunidade de ideas galeguistas, teño moito gusto en ratificar a donación para “Sección Gallega”, ó seu cárrego nise Instituto de Literatura e Lingüística, de cadros e libros que foron meus e do meu maor agarimo”.
Con data de 8 de marzo Celso Emilio escribe dende Caracas a Neira Vilas: “Da Terra non teño apenas noticias. Debido a represión desatada dempois do de Burgos, a xente ten temor de escribir, creo eu; sobor de todo escribirlle a xente “fichada” como son eu. Como lle teño dito, vivo alonxado da colectividade, alleo as loitas bizantiñas i as intrigas de pequena monta. Pro, fai un mes, veu a verme a miña casa unha comisión formada por homes que se din da ezquerda da Hermanda Gallega (…) Díxenlles que si na verdade querían facer algo, me axudasen a creación de Galeusca, que eu estaba argallando con vascos e cataláns (…). Non teño fe ninguna na emigración galega, pro coido que amparados na dinámica dos vascos (especialmente da ETA) e dos cataláns disidentes do Centro Catalán, que é unha especie de Hermandad Gallega, para bailes e timbas, cicais poidamos facer algo.” (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).
O 8 de marzo de 1971 Celso Emilio escribelle a Neira Vilas dende Caracas: “O libro de contos A fronteira infinda foime podado en bloque pola censura del Caudillo, sin discrimiñar o que poidera ser censurabel, do que de ningún xeito o é. Como fai dous meses tamén me “podaron” un libro de versos, Antipoemas que ía a editarme Xistral, penso que non se trata tanto de censurar unhos testos, como de vetar a un autor. Antipoemas verquino ao castelán, nunha versión moi libre, e mandeillo a Madrí a un editor que me ten pedido un libro de versos en castelán. Si esta versión castelán pasa, elo quererá decir que o veto non procede da censura en sí mesma, senón dos “lectores” a xornal que a censura ten en Galicia para ise cometido, xente que me coñece e que me ten no seu ficheiro privado, como home subversivo e perigroso, ao que hai que marxinar co silencio”. (Xosé Neira Vilas: Cartas de vellos amigos. Galaxia 2010).
Celso Emilio gaña co seu libro Antipoemas o IV "Premio Internacional de Poesía Álamo" convocado en Salamanca na órbita da revista “Álamo”, dirixida polo poeta José Ledesma Criado.

En carta dende Barcelona de Basilio Losada a Ramón Piñeiro (30 de setembro) escribe: “Por acó non hai máis novedades. Unha, si: a do Premio Álamo a Celso Emilio , É unha pena que veña agora intentando ganar fama e cartos cunha obra en castelán. Eu comprendo o bilingüismo na prosa funcional, nos traballos alimenticios, ou nos que supoñen unha posibilidade de espallamento das nosas posiciós, pero a obra de creación –e máis a poética- haina que facer en galego. Maxino a que se iba a armar en Cataluña si Espriu se presentara a un Premio Adonais, por exemplo. Dende logo, acó en Barcelona, a ocurrencia de Celso Emilio causou moi mala impresión” (Ramón Piñeiro / Basilio Losada: Do sentimento á conciencia de Galicia. Galaxia 2009. Páx. 874).

O 18 de novembro de 1971, Celso Emilio escribe a Alonso Montero: “Xa sei que os puritanos repróchanme ter concurrido ó premio Álamo polo seu carácter “movimientista”. Non se decatan que, precisamente, por o seu orixen oficial o meu desquite é moito mais compreto. Que os mesmos que me refugaron o libro en galego, señan os que agora mo premian en castelán é algo especialmente satisfactorio pra min, e si non saben comprender iste matiz eu non lles teño culpa. hai dende logo xente que descoñece o feito de que o libro foi denantes rechazado, pro nin xiquera esta xente ten dereito a pensar mal namentras non coñeza o libro premiado.Por outra parte, vistas as cousas como hai que velas, nada hai ahí que non seña do movimento, entendido non no aspecto adeministrativo, sinón no seu contesto político-moral. […]Dícenme que na custión do idioma hai que ser intransixentes. Craro que sí. Pro esta intransixencia ten un ámbito de apricación, fora do coal non ten senso razoábel invocala nin pola en práctica, salvo que se queira reducila ó absurdo. (A Nosa Terra, Celso Emilio Ferreiro, Extra Cultura 11, 1989).

Dende São Paulo, (26 de outubro), escribe Xosé Velo a derradeira carta a Celso Emilio Ferreiro: "... Os cucos de maio, outono aquí, desta primavera subecuatorial, só me dan un ano para vivir.[...] Os "líderes galegos", fóra do Castelao e o Bóveda, ten sido grolos. Da ilustrísima e elocuentísima negatividade de Otero Pedrayo, á sempre rastrera burrice do erudito Del Riego, burro, erudito, cobarde e mal intencionado, pouco lle resta ¿Non é? Xa non hai nada organizado que preste... ( Xosé Velo.Textos escollidos. Deputación de Pontevedra 2022).

Sumarios

GRIAL Nº 31

Xosé M. Beiras: Estruturalismo e cencia económica. Xosé Manuel González Reboredo: Folklore dos castros do Incio. Jaime Ferreiro Alemparte: Fuentes germánicas en las “Cantigas de Santa María”, de Alfonso X el Sabio. Salvador García-Bodaño: Noticia de Avilés de Taramancos. Antón Avilés de Taramancos: 10 poemas. Paz López Facal: Tamén hai lobos tristes. Paul Bowles: A hiena. Carlos Durán: A Vixilia da Razón. Aurora Marco López: Estudiosos da lingua: Don Manuel Rodríguez Rodríguez. Víctor Fuentes: La aparición del proletariado en la novelística española: Sobre “la Tribuna” de Emilia Pardo Bazán. Xosé S. Crespo Pozo: A Biblia medieval portuguesa cómpre chamala galego-portuguesa. Joaquim Montezuma de Carvalho: Elogio do escritor galego Ernesto Guerra Da Cal. Álvaro Cunqueiro: O viaxe a Galicia. Salvador Lorenzana: O mundo de Michel Butor.

GRIAL Nº 32

Constantino García: Orixen e problemas do método de galego. Micaela Misiego: As orixens vikingas do Príncipe Hamlet. Amable Veiga Arias: Fonología gallega. Fonemática: El sistema consonántico III. Xesús Cambre Mariño: Os movimentos de rexionalización nos vellos estados europeus. Xosé Yglesias: A Terra da despedida (Trad. Carlos Durán). Ánxeles Pena: 14 poemas. María Teresa Barro, X. Toubes, C. Durán, M. F. Gasalla, F. Pérez Barreiro: Plan pedagóxico galego. Antonio Odriozola: Cuadro sinóptico de los cuentos y novelas cortas de Valle-Inclán recogidos en libro. Ruth Whittredge: Los libros de cuentos de Valle-Inclán. Estudio bibliográfico. Isabel Miramontes Nieto: Nota sobre a muller nas “Cousas” de Castelao. Vicente Risco: Teixeira de Pascoaes na súa época. Salvador Lorenzana: Encol do Seminario de Estudos Galegos. Félix Grande: Weiss, Marat e Sade.

GRIAL Nº 33

Emilio González López: A guerra da Independencia en Galicia: A insurrección rexional galega e as Xuntas do Reino de Galicia. Salvador Lorenzana: Leendo a Kafka. José Villa-Amil y Castro: Rodrigo Gómez: Cuadro histórico de las costumbres de la nobleza gallega en el siglo XIII. Xavier Alcalá: O Estudante. Apuntes pra un romance. Félix Pita: Un rosto pra François Villon (Trad. De S. L.). Marino Dónega: Un home, unha aventura, un tempo: Fernando Osorio do Campo. Carmen Caneda: Unha nota de leitura: “Os vellos non deben de namorarse” de Castelao. Antonio E. Mallo: Contribución á bibliografía de Valle-Inclán. Data do seu segundo viaxe a Madrid. Álvaro Cunqueiro: Compostela. Mª do Carmen García: “O Porviso”. Matilde Felpeto Lagoa: Arredor de “Merlín e familia”.

GRIAL Nº 34

Ramón Martínez López: Nova ollada aos Cancioneiros. Roman Jakobson: Carta a Haroldo de Campos sobre a textura poética de Martín Códax. Micaela Misiego: As orixens vikingas do Príncipe Hamlet. Jaime Ferreiro Alemparte: Vinculación literaria de dos escritores gallegos en castellano: doña Emilia Pardo Bazán y don Ramón del Valle Inclán. Carlos Durán: O pensamento lateral do doutor E. de Bono. Arthur Rimbaud: Unha tempada no inferno (Trad. de Xesús González Gómez). Luz Pozo Garza: Poema en cinco lembranzas pra Rosalía. D. García–Sabell: Carta a Álvaro Cunqueiro. Carlos Francisco Moura: O galego Pero Díez, um dos primeiros europeus que descreveram o Japão. Mª Xosé Fernández Jiménez: Lendo as “Prosas Galegas” de Cuevillas.

Francisco de Ramón Ballesteros: Dúas historias do alén encol da Santa Compaña.

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Nobel


PREMIO NOBEL DE LITERATURA: Pablo Neruda

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa

Nacen





Morren:

  • Armando Côrtes Rodrigues (Ponta Delgada; 1891 Vila Franca do Campo, Illa de São Miguel, Açores).
  • Augusto de Castro (Estoril; 1883 Porto).
  • Jorge Barbosa (1902 Cabo Verde).
  • Mário Saa (Ervedal; 1893 Caldas da Rainha).





Nunha conferencia pronunciada en Coimbra o 18 de xaneiro co título de “A Galiza, o Galego e Portugal”, publicada posteriormente na revista “Biblos”, di Rodrigues Lapa: “… Portugal não pára nas margens do Minho; estende-se naturalmente, nos dominios da paisagem, da lingua e da cultura, até às costas do Cantábrico. O mesmo se pode dizer da Galiza: que não acaba no Miño, mas se prolonga, suavemente, até as margens do Mondego. Estando em Coimbra, estamos pois nos confíns da velha Galécia, somos galegos daquém-Minho. Não importa que a Galiza dalém-Minho viva sob uma outra bandeira”. (…) “Terra do sim e do não, estranha e maravilhosa, esta velha Galiza ainda dará muito que falar de si mesma nunha España vindoura. Será que a teremos um dia como a luz da Ibêria, segundo os vaticínios de Pondal?”. Ruy Belo está de lector de portugués na Universidade Complutense de Madrid (1971-1977).


Agustina Bessa Luís: A Brusca (conto).


Alberto Ferreira: Real e realidade I; Perspectiva do Romantismo português e Antologia de textos pedagógicos do século XIX português (3 volumes 1971-1975).


Alberto Pimenta: Os entes e os contraentes.


Alfredo Margarido: La pensée politique de Fernando Pessoa.


Álvaro Guerra: Memória.


Amândio César: Novos parágrafos de literatura ultramarina.


António Alçada Baptista: Peregrinação interior.


António Aurélio Gonçalves (Cabo Verde): Virgens loucas.


António Henrique Rodrigo de Oliveira Marques: A Primeira República Portuguesa (Para uma visão estrutural).


António Pina Coelho: Os fundamentos filosóficos da obra de Fernando pessoa (2 volumes).


António Quadros (António Augusto Melo Lucena Quadros): O morto; Ode didáctica e Meditação 21 laurentinas e dois fabulírios falhados.


Armando Martins Janeira: Antologias universais.


Carlos de Oliveira: O Aprendiz de Feiticeiro (comentarios e impresións) e Entre Duas Memórias (poesía).


Clarice Lispector (Brasil): A imitação da rosa.


Domingos Monteiro: Histórias deste Mundo e do Outro e O Destino e a Aventura.


Ernesto Manoel de Melo e Castro: Antologia da novísima poesia portuguesa.


Fausto Lopo de Carvalho: Actualidade do pensamento de Ramalho Ortigão.


Fernanda Botelho: Lourenço é nome de Jogral.


Fernando Echevarría: Ritmo real (poesía).


Fernando Guimarães: As mãos inteiras (poesía).


Fernando Namora: Os Adoradores do Sol.


Herberto Hélder: Vocação animal (poesía).


Joaquim Barradas de Carvalho: O descobrimento do Brasil através dos textos.


Jorge Dias: Estudos do carácter nacional português.


J. H. Santos Barros: Imagem fulminante.


João Maria Vilanova (Angola): Vinte canções para Ximinha.


João Medina: A ilha está cheia de vozes.


João Miguel Fernandes Jorge: Sob Sobre Voz (poesía).


João Palma-Ferreira: A viagem.


João Ubaldo Ribeiro (Brasil): Sargento Getúlio.


Jorge Borges de Macedo: As companhias de comércio em Portugal nos séculos XVII e XVIII e Ensaios de história.


José Carlos Ary dos Santos: Resumo.


José Gomes Ferreira: O irreal quotidiano –histórias e invenções.


José Lima de Freitas: Voz invisível.


José Marmelo e Silva: Anquilose.


José Palla e Carmo: Do livro à leitura.


José Régio (1901-1969): Confissão dum Homem Religioso (Memorias) e Colheita da Tarde (poesía).


José Rodrigues Miguéis: Nikalai! Nikalai! e Á Múmia.


José Sebastião da Silva Dias: O eclecticismo em Portugal no século XVIII. Génese e destino de uma atitude filosófica.


Luís Cajão: Um castelo na Escócia.


Luís de Sttau Monteiro: Sua excelência (teatro).


Luiz Pacheco: Exercícios de estilo.


M. S. Lourenço: Arte combinatória.


Manuel Alegre: Um Barco para Ítaca (poesía).


Manuel Ferreira: Voz de prisão.


Manuela Saraiva de Azevedo: Columbano. Maria da Graça Freire: Portugueses e negritude.


Maria de Lourdes Belchior: Os homens e os livros. Séculos XVI e XVII.


Mário Braga: Os olhos e as vozes.


Mário Martins: Guia geral das horas de El-Rei D. Duarte.


Nelson de Matos: A leitura e a crítica.


Orlando da Costa: Sem flores nem coroas.


Pedro Homem de Melo: Fandangueiro.


Raul de Carvalho: Poemas inactuais.


Romeu Correia: Roberta.


Ruy Cinatti: Memória descritiva.


Salette Tavares (Mozambique): Lex icon.


Sant’Anna Dionísio: Da urbe e do burgo.


Sidónio Muralha: Poemas.


Tomás de Figueiredo (1904-1970): A outra cidade (contos).


Urbano Tavares: Deserto com Vozes (crónica) e Ensaios de Escreviver.


Vergílio Ferreira: Nítido Nulo. No 1972 ve a luz a versión en castelán, de Basilio Losada, na editorial Seix Barral.


Vítor Manuel Aguiar e Silva: Maneirismo e barroco na poesia lírica portuguesa.


Vitorino Magalhães Godinho: A estrutura da antiga sociedade portuguesa e Humanismo científico e reflexão filosófica: ensaios.






Cataluña


Nacen:


Morren:

  • Carles Pi i Sunyer (Caracas; 1888 Barcelona).
  • Ferran Soldevila (1894 Barcelona).
  • Joan Pons i Marquès (Palma; 1894 Soller).
  • Josep Maria Millàs-Raurell (1896 Barcelona).


PREMI VÍCTOR CATALÀ: Gabriel Janer Manila por El cementiri de les roses.

PREMI D’HONOR DE LES LLETRES CATALANES: Francesc de Borja Moll i Casanovas.


PREMI JOSEP PLA: Gabriel Janer: Els alicorns.


A revista catalana “Serra d’Or” no seu número de abril recolle a opinión de 19 críticos literarios sobre os mellores títulos publicados en catalán e nos diferentes xéneros dende 1964 a 1970: En novela acadou 11 votos El día que va morir Marilyn, de Terenci Moix, seguida de Totes les bésties de cárrega, de Manuel de Pedrolo e Un lloc entre els morts de Maria Aurèlia Capmany. No conto, con 11 votos La meva Cristina de Mercè Rodoreda, e El balcó de Jordi Sarsanedas. En poesía 11 votos para Les dones i els dies, de Gabriel Ferrater seguido de Circunstáncies, de Pere Quart e Els miralls, de Pere Gimferrer. No ensaio Teoría de la sensibilitat de Xavier Rubert de Ventós acadou 11 votos, seguido de L’Art catalá contemporani, de Cirici Pellicer; La cultura catalana del Renaixement a la Decadència de Jordi Rubió i Balaguer e Catalanisme i revolució burguesa de Jordi Solé Tura. En teatro Ronda de mort a Sinera, de Salvador Espriu e Ricard Salvat, Teatre de Joan Brossa e Desbarats de Llorenç Villalonga. No apartado de Biografías-Memorias: Quadern gris, de Josep Pla (13 votos), Diari 1952-1960 de Joan Fuster (10 votos) e Josep Carner i el Noucentisme de Albert Manent (6 votos). (“Grial” nº 33, páx. 382).


Gabriel Janer Manila: Han plogut panteres (novela).


Guillem-Jordi Graells e Oriol Pi de Cabanyes: La generació literària dels 70.


Joan Brossa: Des d‘ un got d‘aigua fins al petroli e Calç i rajoles (teatro).


Joan Colomines i Puig: Entre la multitud (poesía).


Josep Maria Castellet: Iniciación a la poesía de Salvador Espriu.


Josep Vallverdù i Aixalà: En Roc Drapaire.


Josep Vicenç Foix: Mots i maons o a cascú el seu (artigos).


Luis Romero: Desastre de Cartagena (castelán).


Manuel de Pedrolo: Darrera versió per ara (teatro).


Maria Aurèlia Capmany i Xavier Romeu: Preguntes i respostes sobre la vida i la mort de Francesc Layret, advocat dels obrers de Catalunya (teatro) e L’ombra de l’escorpí (teatro).


Marià Manent i Cisa: Palabra y poesía y otras notas críticas (en castelán).


Montserrat Roig: Molta roba i poc sabó… i tan neta que la volen. (Premi Victor Català 1970).


Rafael Ninyoles: Idioma i prejuici (Editorial Moll. Palma de Mallorca. “Grial” nº 33, páx. 378).


Salvador Espriu: Setmana Santa (poesía).


Terenci Moix: Món mascle (narrativa).


Teresa Pàmies: Testament a Praga (Premio Josep Pla 1970).


Tomàs Garcés: Plec de poemes. Figura un “Tríptic galaic”, que contén “Sense brida ni genet”, “Monfero” e “L’ombra de Rosalia”. Deste libro traducirá Álvaro Cunqueiro ao galego, co pseudónimo de M. Mª Seoane “Xogo de tenis” (“Faro de Vigo” 22 de agosto de 1971).


Vicent Andrés Estellés: Llibre de meravelles (poesía) e La clau que obri tots els panys.

Flag of Spain

Nacen:




Morren:


Ana María Matute: La torre vigía.

Antonio Buero Vallejo: Llegada de los dioses.


Antonio Prieto Martín: Espejo del amor y de la muerte.


Claudio Rodríguez: Poesía 1953-1966.


Claudio Sánchez Albornoz: Estudios visigodos.


Concha Castroviejo: Los días de Lina (Edit. Magisterio Español. Madrid. “Grial” nº 35, páx. 120


Daniel Sueiro Rodríguez: Los verdugos españoles.


Francisco Ayala: El jardín de las delicias.


Francisco Brines: Aún no.


Francisco García Pavón: Vendimiario de Plinio.


Ian Gibson: La represión nacionalista de Granada en 1936 y la muerte de Federico García Lorca (Edit. Ruedo Ibérico).


Javier Marías: Los dominios del lobo.


Jesús Fernández Santos: Libro de las memorias de las cosas.


José Ángel Valente: Número trece.


José Batlló: Canción del solitario.


José Luis López Aranguren: Juventud, universidad y sociedad.


José María Valverde: Enseñanzas de la edad.


José Martín Helizondo: Actos experimentales.


Juan Eduardo Cirlot: 44 sonetos de amor.


Luis Antonio de Villena: Sublime solarium.


Manuel Martínez Mediero: El convidado e Las planchadoras (teatro).


Manuel Vázquez Montalbán: Crónica sentimental de España.


Miguel Romero Esteo: Pontifical.


Pablo García Baena: Almoneda.


Rafael Morales: La rueda y el viento.


Vicente Verdú: Si usted no hace regalos le asesinarán.







Máis culturas:


Nacen

Morren:.

  • Conrado Nalé Roxlo (1898 Argentina).


  • Georgios Seferis (Atenas; Esmirna 1900).
  • Henry Buckley (Sitges; 1904 Mánchester).



Gabriel Aresti Segurola: Harrizco herri hau (Este pobo de pedra).


Alejandra Pizarnik: El infierno musical e La condesa sangrienta.


Augusto Roa Bastos: Cuerpo presente (contos).


Carlos Fuentes: Los reinos imaginarios.


Eduardo Galeano: Las venas abiertas de América Latina; Siete imágenes de Bolivia e Violencia y enajenación.


Elena Poniatowska: La noche de Tlatelolco.


Haroldo Conti: En vida.


José María Arguedas: El zorro de arriba y el zorro de abajo (narrativa).


José María Bellido: Milagro en Londres.


Juan Gelman: Fábulas.


Mario Benedetti: El cumpleaños de Juan Ángel.


Nicanor Parra: Los profesores.


Ricardo Garibay: Rapsodia para un escándalo e La casa que arde de noche.



Allen Ginsberg: Noticias do planeta.


Charles Bukowski: Post office.


Don Delillo: Americana.


Edgar Lawence Doctorow: The book of Daniel.


Fleur Jaeggy: L’angelo custode.


Frederick Forsyth: The day of the jackal.


Gregory Corso: Ankh.


Hans Magnus Enzensberger: Elementos para unha teoría dos medios de comunicación.


Harold Pinter: Old times.


Heinrich Böll: Retrato dun grupo con señora.


Ismaíl Kadaré: Crónica da cidade de pedra.


John Banville “Benjamín Black”: Nightspawn.


John Updike: Rabbit Redux.


Michel Tournier: Vendredi ou la vie sauvage.


Peter Viertel: Bicycle on the beach.



Tamén sucedeu...

  • CINE:

- Luchino Visconti: Morte en Venecia.

La naranja mec nica-890086143-large.jpg

- Stanley Kubrick: A laranxa mecánica.

- François Truffaut: As dúas inglesas e o amor.

- Alain Tanner: La salamandre.

  • José Afonso grava en París Cantigas do Maio no que inclúe o tema “Grândola, vila morena”.
  • Créase o IRYDA (Instituto Nacional de Reforma y Desarrollo Agrario).
  • Publicada a nova Lei Sindical.
  • A guerra de Vietnam exténdese a Laos e Camboya.
  • Idi Amin toma o poder en Uganda.
  • Comeza a guerra entre Pakistán oriental e occidental: a India axuda á formación do estado independente de Bangla Desh (Pakistán Oriental).
  • China popular admitida na ONU.
  • As mulleres obteñen en Suíza o dereito ao voto.
  • Morre en New York Louis Armstrong.