Diferenzas entre revisións de «1885»

De Xulipedia
Saltar ata a navegación Saltar á procura
(25px|Flag CPLP.gif 25px|Cataluña 25px|Flag of Spain Outras culturas)
(Nacementos/Pasamentos)
 
(Non se amosa 7 revisións do historial feitas polo mesmo usuario.)
Liña 4: Liña 4:
 
{| class="wikitable" style="text-align: center; margin-left: auto; margin-right: auto;" data-mce-style="text-align: center; margin-left: auto; margin-right: auto;"
 
{| class="wikitable" style="text-align: center; margin-left: auto; margin-right: auto;" data-mce-style="text-align: center; margin-left: auto; margin-right: auto;"
 
|-
 
|-
!|[[File:Child in diaper icon.svg|10px|Child in diaper icon]] Nacementos
+
! style="width: 838.807px;" data-mce-style="width: 838.807px;"|[[File:Child in diaper icon.svg|10px|Child in diaper icon]] Nacementos
 
|-
 
|-
||'''Literatura'''
+
| style="width: 838.807px;" data-mce-style="width: 838.807px;"|'''Literatura'''
 +
|-
 +
| style="width: 838.807px;" data-mce-style="width: 838.807px;"|Antonio García Hermida (Vilalba; ibídem 1939); (pseudónimos: “Daponte”; “Garcimida”; “Ragrech”, “Xan d’a Pontella”, “Don Travieso”).
 
|-
 
|-
||Antonio García Hermida (Vilalba; ibídem 1939); (pseudónimos: “Daponte”; “Garcimida”; “Ragrech”, “Xan d’a Pontella”, “Don Travieso”).
+
| style="width: 838.807px;" data-mce-style="width: 838.807px;"|Juana Teresa Juega López (Laxe; 1979 Melide).
 
|-
 
|-
||Juana Teresa Juega López (Laxe; 1979 Melide).
+
| style="width: 838.807px;" data-mce-style="width: 838.807px;"|Uxío Carré Alvarellos (A Coruña; ibídem 1967).
 
|-
 
|-
||Uxío Carré Alvarellos (A Coruña; ibídem 1967).
+
| style="width: 838.807px;" data-mce-style="width: 838.807px;"|Victoriano Taibo García (Santiago de Compostela; 1966Vigo).
 
|-
 
|-
||Victoriano Taibo García (Santiago de Compostela; 1966Vigo).
+
| style="width: 838.807px;" data-mce-style="width: 838.807px;"|Wenceslao Fernández Flórez (A Coruña; 1964 Madrid).
 
|-
 
|-
||Wenceslao Fernández Flórez (A Coruña; 1964 Madrid).
+
| style="width: 838.807px;" data-mce-style="width: 838.807px;"|'''Outros'''
 
|-
 
|-
||'''Outros'''
+
| style="width: 838.807px;" data-mce-style="width: 838.807px;"|O músico Gustavo Freire Penelas (Lugo; ibídem 1948).
 
|-
 
|-
||O músico Gustavo Freire Penelas (Lugo; ibídem 1948).
+
| style="width: 838.807px;" data-mce-style="width: 838.807px;"|O pintor Carlos Sobrino Buhigas (Pontevedra; 1978 Vigo).
 
|-
 
|-
||O pintor Carlos Sobrino Buhigas (Pontevedra; 1978 Vigo).
+
| style="width: 838.807px;" data-mce-style="width: 838.807px;"|A pintora e ceramista Oria García Ramírez (Cebreros, Ávila; 1978 Pontecesures).
 
|-
 
|-
||A pintora e ceramista Oria García Ramírez (Cebreros, Ávila; 1978 Pontecesures).
+
| style="width: 838.807px;" data-mce-style="width: 838.807px;"|O médico Roberto Nóvoa Santos (A Coruña; 1933 Santiago).
 
|-
 
|-
||O médico Roberto Nóvoa Santos (A Coruña; 1933 Santiago).
+
| style="width: 838.807px;" data-mce-style="width: 838.807px;"|O xeógrafo e escritor Fernando Martínez Morás (A Coruña; 1937 León).
 
|-
 
|-
||O xeógrafo e escritor Fernando Martínez Morás (A Coruña; 1937 León).
+
| style="width: 838.807px;" data-mce-style="width: 838.807px;"|O político socialista Manuel Cordero Pérez (Riomol, Castroverde; 1941 Buenos Aires).
 
|}
 
|}
 
{| class="wikitable" style=" text-align: center; margin-left: auto; margin-right: auto;" data-mce-style="text-align: center; margin-left: auto; margin-right: auto;"
 
{| class="wikitable" style=" text-align: center; margin-left: auto; margin-right: auto;" data-mce-style="text-align: center; margin-left: auto; margin-right: auto;"
Liña 294: Liña 296:
 
'''Nacen:'''
 
'''Nacen:'''
 
* [[wikipedia: ca: Miquel de Palol i Felip | Miquel de Palol i Felip]] (Girona; 1965).
 
* [[wikipedia: ca: Miquel de Palol i Felip | Miquel de Palol i Felip]] (Girona; 1965).
* [[wikipedia: ca: Miquel Ferrà  | Miquel Ferrà ]] (Ciutat de Mallorca; ibídem 1947).
+
* [[wikipedia: ca: Miquel Ferrà i Juan | Miquel Ferrà i Juan ]] (Ciutat de Mallorca; ibídem 1947).
  
 
'''Morren''':
 
'''Morren''':
Liña 328: Liña 330:
  
 
* [[wikipedia: es: Alonso Quesada  | Alonso Quesada ]] (Rafael Romero Quesada) (Las Palmas de Gran Canaria; ibídem 1925).
 
* [[wikipedia: es: Alonso Quesada  | Alonso Quesada ]] (Rafael Romero Quesada) (Las Palmas de Gran Canaria; ibídem 1925).
* [[wikipedia: es: Américo Castro  | Américo Castro  ]] (Cantagallo, Brasil; 1972 Lloret de Mar).
+
* [[wikipedia: es: Américo Castro  | Américo Castro  ]] (Cantagalo, Brasil; 1972 Lloret de Mar).
  
  
Liña 374: Liña 376:
  
 
'''Nacen''':
 
'''Nacen''':
* Azarías H. Pallais (Nicaragua; 1954).
+
* [[wikipedia: es: Azarías H. Pallais | Azarías H. Pallais ]] (Nicaragua; 1954).
  
* David Herbert Lawrence (Eastwood, Reino Unido; 1930 Vence, Francia).
+
 
* Dezso Kosztolányi (Szabadka; 1936 Budapest).
+
* [[wikipedia: es: David Herbert Lawrence | David Herbert Lawrence  ]]  (Eastwood, Reino Unido; 1930 Vence, Francia).
* Ezra Pound (Ohio; 1972 Venecia).
+
* [[wikipedia: es: Dezso Kosztolányi  | Dezso Kosztolányi ]] (Szabadka; 1936 Budapest).
* François Mauriac (Bordeaux; 1970 París).
+
* [[wikipedia: gl: Ezra Pound | Ezra Pound ]] (Ohio; 1972 Venecia).
* Karen Blixen (Rungsted, Dinamarca; 1962).
+
* [[wikipedia: gl: François Mauriac   | François Mauriac ]] (Bordeaux; 1970 París).
* Nikos Kazantzakis (Heraclio; 1957).
+
* [[wikipedia: gl: Karen Blixen   | Karen Blixen ]]  (Rungsted, Dinamarca; 1962).
* Sinclair Lewis (Minnesota; 1951Roma).
+
* [[wikipedia: gl: Nikos Kazantzakis | Nikos Kazantzakis]] (Heraclio; 1957).
* Stanislaw Ignacy Witkiewicz (Polonia; 1939).
+
* [[wikipedia: gl: Sinclair Lewis | Sinclair Lewis]] (Minnesota; 1951Roma).
 +
* [[wikipedia: es: Stanislaw Ignacy Witkiewicz  | Stanislaw Ignacy Witkiewicz ]] (Polonia; 1939).
  
  
Liña 421: Liña 424:
  
 
'''Tamén sucedeu...'''
 
'''Tamén sucedeu...'''
* Van Gogh: “Os comedores de patacas”.
+
* [[wikipedia: gl: Van Gogh | Van Gogh]]: “Os comedores de patacas”.
 
* Comeza a guerra da independencia de Cuba contra España.
 
* Comeza a guerra da independencia de Cuba contra España.
 
* Constitúese o Partido Liberal.
 
* Constitúese o Partido Liberal.
Liña 427: Liña 430:
 
* Regulación dos colexios privados.
 
* Regulación dos colexios privados.
 
* Epidemia de cólera en toda España.
 
* Epidemia de cólera en toda España.
* A plaga da filoxera exténdese por toda a Península.
+
* A [[wikipedia: es: Plaga de la filoxera de la vid en España  | plaga da filoxera]] exténdese por toda a Península.
* Incidente diplomático con Alemaña pola illas Carolinas, aceptándose a mediación do Papa.
+
* Incidente diplomático con Alemaña pola [[wikipedia: gl: Illas Carolinas | Illas Carolinas]], aceptándose a mediación do Papa.
 
* Declaración dos vispos a favor do réxime.
 
* Declaración dos vispos a favor do réxime.
* Gumersindo de Azcárate: “El régimen parlamentario en la práctica”.
+
* [[wikipedia: es: Gumersindo de Azcárate| Gumersindo de Azcárate]]: “El régimen parlamentario en la práctica”.
* Engels publica o II tomo de “Das Kapital” de Marx.
+
* [[wikipedia: es: Engels | Engels]] publica o II tomo de “Das Kapital” de Marx.
* Contubernio en Berlín para a colonización de África. As resolucións non obrigan a respectar as propiedades dos países non asistentes nin os dereitos dos pobos nativos.
+
* [[wikipedia: es: Conferencia de Berlín | Conferencia de Berlín]] para a colonización de África. As resolucións non obrigan a respectar as propiedades dos países non asistentes nin os dereitos dos pobos nativos.
 
* O Rei de Bélxica merca O Congo.
 
* O Rei de Bélxica merca O Congo.
 
* Gran Bretaña e Alemaña anexiónanse Nova Guinea.
 
* Gran Bretaña e Alemaña anexiónanse Nova Guinea.
* Pasteur: vacina contra a rabia.
+
* [[wikipedia: es: Louis Pasteur| Louis Pasteur]]: vacina contra a rabia.
 
* Morren:
 
* Morren:
  
- Alfonso XII con 28 anos (1857 Madrid). María Cristina xura a Constitución, converténdose en rexente.
+
- [[wikipedia: gl: Afonso XII de España| Afonso XII ]] con 28 anos (1857 Madrid). [[wikipedia: es: Regencia de María Cristina de Habsburgo| María Cristina ]] xura a Constitución, converténdose en rexente.
 
 
  
- O xeneral Serrano.
+
- O xeneral [[wikipedia: es: Francisco Serrano Domínguez| Serrano ]] .

Revisión actual feita o 10 de xullo de 2023 ás 10:10

Flag of Galicia (civil).svg Cultura galega

Nacementos/Pasamentos

Child in diaper icon Nacementos
Literatura
Antonio García Hermida (Vilalba; ibídem 1939); (pseudónimos: “Daponte”; “Garcimida”; “Ragrech”, “Xan d’a Pontella”, “Don Travieso”).
Juana Teresa Juega López (Laxe; 1979 Melide).
Uxío Carré Alvarellos (A Coruña; ibídem 1967).
Victoriano Taibo García (Santiago de Compostela; 1966Vigo).
Wenceslao Fernández Flórez (A Coruña; 1964 Madrid).
Outros
O músico Gustavo Freire Penelas (Lugo; ibídem 1948).
O pintor Carlos Sobrino Buhigas (Pontevedra; 1978 Vigo).
A pintora e ceramista Oria García Ramírez (Cebreros, Ávila; 1978 Pontecesures).
O médico Roberto Nóvoa Santos (A Coruña; 1933 Santiago).
O xeógrafo e escritor Fernando Martínez Morás (A Coruña; 1937 León).
O político socialista Manuel Cordero Pérez (Riomol, Castroverde; 1941 Buenos Aires).
Skull.png
Pasamentos
Literatura
Rosalía de Castro (15 de xullo Padrón; 1837 Santiago de Compostela).


“Do mar pola orela

mireina pasar,

na frente unha estrela,

no bico un cantar.

A musa dos pobos

que vin pasar eu

comesta dos lobos,

comesta morréu”.


(Curros Enríquez).


O 16 de xullo, Pondal escribe a Manuel Murguía: “Rosalía ha muerto en la tierra en que ha nacido, respetada y querida de todos. Mas, ¡Rosalía no ha muerto!”. (Manuel Ferreiro: Pondal: do dandysmo á loucura. Biografía e correspondéncia. Laiovento 1991).


Outros

Publicacións

Galegas

  • Alberto García Ferreiro : “Luz e sombra”, poema en “O tío Marcos d’a Portela” (8 de febreiro); “Camiño de Monforte” (7, 14, 21 e 28 de xuño) e “Botón d’ouro” (12 de xullo). No parrafeo “oitenta e sete” (19 de xullo) aparece traducido ao galego un poema de Gustavo A. Bécquer. “¡Rosalía Castro!” (6 de setembro); “¡Atrás! (13 de setembro); ¡Ay! (20 de setembro); “N-a loita” (27 de setembro); “Alí…” (4 de outubro); “Homenaxe ó meu bó amigo Virxilio García” (22 de novembro); “Bruxerías” (29 de novembro).
    Morte de rosalía.jpg
  • Bernardo Barreiro de W (Vázquez Varela): Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia y el famoso libro de San Cibrán. Publicado en galego por Toxosoutos no 2009 en edición de Clodio González.
  • Eduardo Núñez Sarmiento : “Esalaciós” (Poema en “O tío Marcos d’a Portela” (18 de outubro); “Non falta nada” (6 de decembro); “A ela… ¡meu amor!” (27 de decembro).
  • Eduardo Pondal : “O zreixal”, poema en “O tío Marcos d’a Portela” (8 de novembro).
  • Francisco María de la Iglesia : “Panxoliña de Nadal”, en “O tío Marcos da Portela” (4 de xaneiro); “As bagoas d’aurora. A caron d’o agro santo onde dorme Rosalía” (25 de outubro; “segundo premio n-o certéme celebrado pol-a Sociedá d’Artesaos d’a Cruña en honor de tan distinguida poetisa”).
  • José Pérez Ballesteros : Cancionero Popular Gallego y en particular de la provincia de la Coruña (Tres tomos. Madrid. Prólogo de Teófilo Braga). En “O tío Marcos d’a Portela” (15 de marzo) aparece o seu poema “A Carmela”; “Un soño” (6 de decembro).
  • Laureano Guitián Rubinos: Unha noite na casa do tío Farruco do Pinedo. Premiado no certame literario celebrado en Lugo en outubro de 1877 (Lugo. Imprenta de Soto Freire). No 1908 publicarase na revista bonaerense “Almanaque gallego para 1909”. Tamén se lle premiaron os traballos De la instrucción primaria en Galicia: su estado actual y medios de fomentarla e La piscicultura en nuestras costas".
  • Lisardo Barreiro : “As tres hirmáns” poema en “O tío Marcos d’a Portela” (4 de xaneiro); “Xuana” (25 de xaneiro), “Aletexos” (8 de marzo) ; “Unha aperta” (19 de abril); “A Rosalía Castro” (4 de outubro).
  • Manuel Amor Meilán : “A ponte d’o demo” poema en “O tío Marcos d’a Portela” (16 de agosto); “Lembranzas e soedades” (11 de outubro); “A mau d’a santa” (1 de novembro).
  • Manuel Lugrís Freire : “Quen engañ’a quen”, composición en “O tío Marcos d’a Portela” (17 de maio).
  • Manuel Martínez González : “A Romería”, en “O tío Marcos d’a Portela” (5 de abril) co seguinte texto: “Esta composicion foi laureada n-os Xogos Frorales de Pontevedra d’o mes d’Agosto de 1882, adxudicándosell’o premio ofrecido pol-o Excmo. señor D. Raimundo F. Vilaverde, á quen ll’a dedicou dempoil o autor”; “Idilio” (27 de setembro); “A lúa de Cangas” (15 de novembro); “Bo consello” (29 de novembro).
  • A partir do nº 363 publícase na revista de Montevideo “ La Unión Gallega ”: “A fuliada. Juguete cómico en un acto y en verso gallego” de Manuel Mato Vizoso , indicando que se representara por primeira vez en Vilalba o 1 de setembro de 1881.
  • Manuel Núñez González : “¡Non era milagre!... (Poema en “O tío Marcos d’a Portela” (18 de outubro); “Alegrías e tristuras” (13 de decembro); “Lenda” (20 decembro).
  • Marcial Valladares : “Terriña por terra: a terra d’a Ulliña”, composición en “O tío Marcos d’a Portela” (17 de maio); “A castañeira en Santiago” (13 de decembro).
  • Murguía : Los precursores ( A Coruña. Primeiro libro da colección “Biblioteca Gallega”). O 17 de xullo, só dous días despois da morte de Rosalía, publica “La Voz de Galicia” o capítulo que Murguía lle dedicaba a súa dona no libro Los Precursores, aínda no prelo: “El éxito alcanzado por los Cantares fue grande, en especial fuera del país para el cual habían sido escritos. Todavía dura, pero más que en ningún otro sitio en Cataluña. Diríase que era un libro suyo. Sus críticos le dedicaron extensos artículos, sus poetas tradujeron la mayor parte de las composiciones. Era natural que así sucediese. Iniciábase para Galicia en los Cantares el movimiento que estaban llevando a cumplido término. Era un soldado que venía a combatir en sus filas: ya no se podía decir que sólo de labios catalanes salía la protesta”. […] “En sus ojos no se refleja ya otra luz que la del mal que la consume y aniquila...”.
  • Raúl Muñiz: “¡Cant’eu dixera”!... (O tío Marcos d’a Portela, 2 de agosto. “D’o novo libro Treboadas”).
  • Roque Pesqueira Crespo : “Xa non volvo”, composición en “O tío Marcos d’a Portela” (6 de setembro); “Estamos servidos!...” (20 setembro); “Retrónecas” (11 de outubro); “Cazando” (8 de novembro).
  • Roxelio Cibeira : “A feira d’os nenos” (En “O tío Marcos d’a Portela”, 25 de outubro).
  • X. Barcia Caballero : “¡Rosalía Castro! “Primeiro premio n-o certàme celebrado pol-a Sociedá d’Artesaos d’a Cruña”. (“O tío Marcos d’a Portela” , 11 de outubro).
  • Xan Fernández Casal: Colabora con algúns poemas en “O tío Marcos d’a Portela”: “Noites d’inverno” (15 de novembro).

Relativas a Galicia

  • Juan Fernández-Latorre e Andrés Martínez Salazar fundan a colección “Biblioteca Gallega”, que se iniciará con “Los Precursores” de Murguía.
  • Créase en Ferrol o semanario “Galicia”. “Ciencia-literatura-artes”, escrito en galego. Sae o 10 de maio o que parece ser o seu único número.
    A Gaita Gallega 1885 07 05 p. 1
  • Manuel Lugrís Freire (“Roque das Mariñas”), e Ramón Armada Teijeiro (“Chumín de Céltigos”) fundan en Cuba “A gaita gallega” (5-7-1885 ao 18-12-1887. Reaparece o 20 de xullo do 89 como suplemento de “El Eco de Galicia”, desaparecendo definitivamente no mes de nadal. Primeiro periódico en América redactado integramente en galego. (En Buenos Aires, a primeira publicación periódica escrita totalmente en galego foi "Terra" que comezou a saír no 1923, dirixida por Ramón Isla Couto). Tiña como subtítulo “Repinica muiñeiras, fandangos y alboradas unha vez ó mes”. O 16 de agosto publica en portada unha tocata fúnebre en honor de Rosalía. No primeiro número di: “A lingua en qu‘as nosas nais nos ensinaron a sentir as primeiras emociós; isa lingua é dina e merecente de que teña no Novo Mundo un periódico escrito somente n-ela”.Tivo moi boa acollida por parte da prensa cubana. Na publicación “Constitución” de Remedios apareceron estes versos de saúdo: Por aquí tamén falamos / a lingua da nosa Suevia; / ¡Cánto ben nos fan as cousas / que fala “A gaita Gallega!” / Dios lle dea a Chumín de Céltegos / Y-os que traballan en ela, / sorte abonda, moita vida, / e todol-o qu’eles queiran. (Xosé Neira Vilas: A prensa galega de Cuba. Ediciós do Castro 1985).

Lugrís emprega pseudónimos coma “Roque d’as Mariñas” e “K.Ñoto”. A finais de ano comeza a colaborar en “Galicia Moderna”.

  • Comeza a publicarse en La Habana (3 de maio) o semanario bilingüe, “Galicia Moderna”, baixo a dirección de José Novo García, que no seu número do 9 de agosto, dedica sentidas páxinas a falar da morte de Rosalía.Desaparece a finais de 1888. Segundo Neira Vilas “Nos seus case catro anos de vida, cumpleu con acerto unha etapa importante da prensa galega de Cuba”.[...] “É notable a presencia do idioma galego, sobre todo en canto á poesía” (A prensa galega de Cuba. Ediciós do Castro 1985).
  • En Pontevedra aparece a revista “Galicia Cómica”, dirixida por Torcuato Ulloa (1886).
  • Aparece en Vigo o xornal “El Independiente”.
  • En Pontevedra sae “El trueno”, publicación dirixida por Albino Simán co subtítulo de “Periódico tempestivo, recreativo y jocosatírico”.
  • O parrafeo oitenta e oito de “O tío Marcos d’a Portela” (26 de xullo) dedicado a Rosalía de Castro. Inclúe un poema de Lamas Carvajal:

Rousiñol d’a miña pátria,

d’a nosa ribeira rola,

pombiña con pico d’ouro,

xénio esprendente de groria;

non sei que teñen teus cantos,

non sei que teñen tuas trovas,

qu’o meu corazón inframan

cando as digo de memoria;

desque as deprendin de neno

decote se me recordan. (…).



E outro de Xavier Valcarce Ocampo:


Si, qu’é certo m’o din d’os poetas

as liras queixosas…

Rosalía… morreu!... Pero vive

n-a eterna memoria

d’a sua pátria!...

qu’os xénios non morren

¡pra terra que honran!


Filomena Dato Muruais: Romances y cantares (Ourense).


Francisca González Garrido (“Fanny Garrido” e “Eulalia de Liáns”): Escaramuzas.


Francisco Lumbreras: Hojas sueltas.


Juan Bautista Armada y Losada: Antonio Fuertes (Madrid).

Acontecementos

  • Murguía nomeado “Cronista General de Galicia”.
  • A Sociedade Lírica de La Habana “Aires da miña terra”, nomea a Curros presidente de honor.
  • Para Curros a democracia en España só é compatible cunha forma de goberno republicana e no poema “Sobre unha foxa”, elaborado á morte do rei amosa a súa teima antimonárquica:

“Meditai, lampantís da monarquía,

xunto á cova que se abre,

e decime qué queda do voso ídolo

si non ruína e sangue...”.

  • O xuíz Mella Montenegro, que condenara a Curros, condena a Silverio, irmán de Lamas Carvajal, que se fixo responsable dun escrito no que atacaba ao alcalde do Carballiño, a tres meses e un día. Durante o tempo en que o seu irmán cumpriu a condena, “O tío Marcos” reproduciu na súa portada o campesiño detrás dunha rexa protexida por un soldado: Dende o parrafeo noventa e un (16 de agosto ata o parrafeo noventa e cinco (15 de setembro).
  • En “O tío Marcos d’a Portela” aparece o día 8 de febreiro:

“Rapazas d’o Carballiño,

d’o Ribeiro e de Maceda,

meus tesouros, miñas xoyas,

miñas rolas, miñas nenas,

todas cantas feitizan

desa nosa rexión gallega,

co eses churrusqueiros ollos

que amor e pracer lostregan,

vide a loumiñar as coitas

d’este d’as brancas guedellas

vello débre, arrangallado,

que xa non pode co-as pernas.

Según me contaron onte,

pol-o mandado d’Audencia

irei dous meses e un dia

a parolar á cadea..

  • ”Nos números do 15 e do 22 de febreiro de “O tío Marcos d’a Portela” aparece recollida a sentenza da Audiencia de Ourense.
    O Ciclón
  • No “Parrafeo satenta e dous” de “O tío Marcos” (5 de abril) aparece: “Deixou de ser alcalde o alcalde d’o Carballiño. Deron co-él en terra, dinantes d’entrar eu n’a cadea. A xusticia de Dios non é com’a d’os homes. A vara d’o mando, trocóuselle en vara de medir (…). Agora que deixou de ser alcalde, supoño que non terá talento. A cousa non ten volta. Si ó porlle a vara n-a mau lle meteron o talento n-a cabeza, ó tirarlla tamén ll’o sacaron e pode ser que saise con meolos, pois o talento que se pranta ou que s’inxerta, fai como as malas erbas, prende que renega e non s’arrinca de raíz sin que saya con terrós". "E como teño deprendido que os terrós d’a cabeza son os miolos, por eso falo. Si tal socedeu quedou aviado: a sua cabeza alcontrarase mais valeira que unha cabaza”.
  • O “Parrafeo noventa” do 9 de agosto de “O tío Marcos d’a Portela” leva o encabezamento de “N-a cadea”: “Sin mais faladurias díuseme á saber que aquela misma noite tiña que dormir n-a cadea. Viñen pol-o meu pé y-entrei sin me deter n-a porta como perico pol-a sua casa. Aloxamento gratis e nove cadelas diarias por estar mau sobre mau: cuasque como si dixéramos un empregado. ¡Quén diria que os conservadores m’habian de dar un emprego! Pero díronmo á medias, porque n-a credencial xa me prantaron a cesantía. O tres d’o videiro Outubre hay órde pra me botar fora pra que busque a miña nai gallega”. No “Parrafeo noventa e cinco” (13 de setembro): “Xa pol-os meus respetos campo n-as ruas d’a vila: xa son libre com’os paxaros pra m’espoldrexar n-as romaxes e n-as feiras d’o pais: xa os ruxidores airiños d’a miña terra aloumiñanme a frente sin pasaren retorcendose pol-as reixas de ferro…”.
  • O periódico de Santiago “O Ciclón” organiza un certame de gaiteiros no que hai un premio de 100 pesetas donado pola Deputación da Coruña para o gaiteiro que mellor interprete a Alborada.
  • Alfredo Brañas dirixe o xornal “El Libredón”.
  • O pintor Dionisio Fierro pasará tres anos en Galicia.
  • Urbano González Varela volve a España (1879), estudando en Madrid.

Premios

Mail-client-Breeze-Icon.svgEpistolario

Sumarios

Flag CPLP.gif Cataluña Flag of Spain Outras culturas

Flag CPLP.gif CPLP - Comunidade dos Países de Lingua Portuguesa



Nacen






Morren:



Guerra Junqueiro : A velhice do padre eterno. “Junqueiro vai ter certa influencia no anticlericalismo de Curros, sobre todo A velhice do padre eterno (1885) vai ser un marco importante para o enfoque anticlerical de O divino sainete (1888). Aínda que Curros, con anterioridade, xa incidira no que respecta ao seu anticlericalismo en Aires da miña terra (1880). Dos sete poemas que traduce de Junqueiro, cinco son de materia anticlerical. A fidelidade republicana leva a Curros a ter a Junqueiro como un dos grandes propulsores da chamada “Geração de 70” e un dos máximos poetas da Escola Nova portuguesa, que o era”. (Xosé Lois García. “A Nosa Terra” 8-14 de xullo de 2010).




Cataluña


Nacen:

Morren:



Os representantes de 26 sociedades catalás envían a Alfonso XIII un escrito en defensa da cultura e das institucións catalás, denominado “Memoria en defensa de los intereses morales y materiales de Cataluña”.

Emili Vilanova: Entre familia (artigos).


Miquel Costa i Llobera: Poesies.


Narcís Oller: Vilaniu (narrativa).


Pere d‘Alcàntara Penya: Records i esperances.


Teodor Llorente: Llibret de versos. (2ª edición aumentada no 1909 con prólogo de Menéndez Pelayo).




Flag of Spain

Nacen:





Morren:


Na revista “La España Moderna” (Madrid, 1885-1915) dirixida por J. Lázaro escribe Juan Valera os seus artigos sobre “Portugal contemporáneo”. No mes de marzo de 1890 publicará Valera unha nota sobre Viagens na Galiza de Silveira da Mota .

Alejandro Sawa: La mujer de todo el mundo.


Emilia Pardo Bazán: El cisne de Vilamorta.


Emilio Castelar: El suspiro del moro.


Leopoldo Alas “Clarín”: La Regenta (2º tomo).


Palacio Valdés: José.





Máis culturas:


Nacen:




Morren:.

  • Victor Hugo (1802 Besançon).


Rubén Darío: Epístolas y poemas.

ZolaGerminal



Alexandros Papadiamandis: KhristosMiliones.


Anatole France: Le livre de mon ami.


Émile Zola: Germinal.


Maria Antonietta Torriani “Marchesa Colombi”: Un matrimonio in provincia.


Octave Mirbeau: Lettres de ma chaumière.


R. L. Stevenson: Doutor Jekyll e Mister Hyde.


Walter Pater: Marius the epicurean.


Tamén sucedeu...

  • Van Gogh: “Os comedores de patacas”.
  • Comeza a guerra da independencia de Cuba contra España.
  • Constitúese o Partido Liberal.
  • Novo Código de Comercio.
  • Regulación dos colexios privados.
  • Epidemia de cólera en toda España.
  • A plaga da filoxera exténdese por toda a Península.
  • Incidente diplomático con Alemaña pola Illas Carolinas, aceptándose a mediación do Papa.
  • Declaración dos vispos a favor do réxime.
  • Gumersindo de Azcárate: “El régimen parlamentario en la práctica”.
  • Engels publica o II tomo de “Das Kapital” de Marx.
  • Conferencia de Berlín para a colonización de África. As resolucións non obrigan a respectar as propiedades dos países non asistentes nin os dereitos dos pobos nativos.
  • O Rei de Bélxica merca O Congo.
  • Gran Bretaña e Alemaña anexiónanse Nova Guinea.
  • Louis Pasteur: vacina contra a rabia.
  • Morren:

- Afonso XII con 28 anos (1857 Madrid). María Cristina xura a Constitución, converténdose en rexente.

- O xeneral Serrano .